OMNIBÚS DE SÁRRIA A LUGO ( 1856 )
OMNIBÚS DE SÁRRIA A LUGO ( 1856 )
A chegada aos pés da Vila de Sárria da estrada de Nadela a Valdeorras supuxo unha mellor facilidade para a comunicación con Lugo que ata entón se viña facendo por Goián e A Ponte de Neira, ou tamén por Santa María de Vilar e A Pobra de San Xiao , seguindo cara Farnadeiros, Camiños para facer a pé, de a cabalo por arrieiros, traxinanantes, maragatos, militares, peóns oficiais , mandadeiros...
Entre 1850 e 1855 o treito da nova estrda ao longo do concello de Sárria viu rematadas as obras de fábrica ( Pontón do Pereiro, Ponte Nova do Mazadoiro , Ponte de Amboade e taxeas ) e axiña pasou a ser seguida a "Estrada Nova" polos antigos camiñantes e os pesados carrros rurais foron sustituídos por carros lixeiros para o trasporte de mercancía e carros de cabalos ao serizo das familias podentes.
En 1856 establecceuse un novo xeito de desprazamento para as persoas, un medio colectivo ao que se lle deu o nome de OMNIBUS que se puxo en servizo, por vez primeira o día 19.05.1856. Tratábase dun carro longo con varios asentos e de tiro animal, que tamén admitía portes de materiais.
O Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 9-05.1856 recolleu o seguinte anuncio:" Anúnciase o SERVIZO DE OMNIBÚS DESDE SÁRRIA A LUGO E VICEVERSA que fará as súas viaxes os días ,horas e aos prezos que abaixo se xpresarán, ofrecendo a maior comodidade e conomía. O despacho de billetes terá lugar na CASA DE D. XOÁN CARREIRA; e en Lugo, polo de agora, na de D.PEDRO PAZ, Prsaciña de San Domingos nº 2.-OS ESTATUTOS que han rexer na dita empresa están de manifesto nos despachos de billetes.
DÍAS de saída de Sárria para Lugo ( Luns e Xoves ).HORAS de Sárria para Lugo : ás tres da tarde.
PREZOS de Sárria ata A Pobra: 6 reais. Da Pobra a Lugo:8 reais-
De Lugo para Sárria: ás 8 da mañá ( Martes e Venres ). Horas de Lugo para Sárria: ás 8 da mañá-
De Lugo á Pobra: 8 reais. E da Pobra a Sárria:6 reais.
A primeira viaxe verificarase o día 19 do actual e despois correlativamente nos días e horas sinalados"
Cando se rematou o ramal da Estrada de Valdeorras entre Bóveda e Monforte de Lemos puido instalarse unha liña de dilixencias con parada en Sárria. Coa chegada o ferrocarril a Aárria esa liña remataba na Estación de Sárria, e cando o tren chegou ata O Oural as dilixencias cehgaban e saían na nova estación do Oural, e finalmente cando o remate das obras do túnel do Oural permitiu o enlace con Moforte pola vía férrea, rematou a utilidade das dilixencias monfortinas.
Comentarios
Publicar un comentario