CONCELLO DE SÁRRIA ( 1853 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1853 )
Alcalde : Manuel Vaamonde ( Manuel García Vaamonde )
. SESIÓNS DO CONCELLO
( 2 de xaneiro ).- Lectura dos boletíns oficiais.- Necedidade dun novo ercribente, Nomean a Eusebio Somoza, de Louseiro, co soldo de 2 reais por día.
( 27 de xaneiro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Saen a arrendamento os impostos de consumos. Arrendatario : Bernardo Díaz Tipos: Viño: 19.700 reais. Vinagre:0 ; Augardante e licores::249 reais. Aceite: 120 reais. Xabrons: 160 reais. Carnes mortas: 800 reais. Carnes vivas: 1.701 reais. Total: 22.730 reais.
( 3 de febreiro ).- Lectura de bol.etíns ofociais. Bernardo Díaz presenta demisión como contratista do arbitrio sobre os porcos cebados.-
( 21 de febreiro ).- Xuntanza cos arrendatarios ( rematantes ) de consumos que non aceptan recargas e amosan desexos de renuncia Bernardo Díaz, de Barbadelo, en Rente, é notificado da campaña dos porcos cebados.
( 10 de marzo ).- Miguel Urtiaga, capataz do camiño veciñal do Distrito, en construción, reclama o salario desde xullo ( o labor estaba paardo ) a razón de 12 reais por día. Os veciños xa fixera á maior aportación de prestación persoal.
( 31 de marzo ).- Lectura de Boletíns oficiais.- Coa colaboración dos párracos forman unha lista de pobres menesteroso. Nomeamento de repartidores para o déficit de consumos.
( 14 de abril ).- Lectura de boletíns oficiais. O Gobernador civil autoriza que 4.000 reais da partida de Beneficiencia sexa destinado a camiños a enadir aos 6.000 xa consinuados.- Autorización da repartición do déficit de consumos.
( 24 de abril ).- O mestre da escola pública Manuel Conde faleceu o 8 de abril, e nomean interinamente a Antonio López Quroga, co soldo de 9 reais diario.- Manuel Pérez, auxiliar de Manuel Conde, cobraba o mesmo. Acordan poñer anuncios para a provisión definitiva nos boletíns das catro provincias galegas, ofrecendo o soldo de 4.000, reais, pagadeiros por trimestres adiantados, co enadido das retrubucións dos escolantes podentes ( uns 2.000 reais mínimo), Casa-habitación, horta e cortiña a carón dela e o local da escola xunto da casa.
( 26 de maio ).- Lectura de boletíns oficiais.- Indicación de que non hai bens rústicos de propios e por iso resulta inútil facer venda.
( 30 de xuño).- Lectura de boletíns oficiais.- Reclamáronlle ao concello a cartilla de avaliación e resume da riqueza do Distrito, e responde que xa a mandaran en 25.09.1850.- Nomeamento de individuos asociados para a rectificación das listas electorais. Fixación dos valores dos froitos.
(5 de xullo ).-Acordan a distribución de 8.000 reais para camiños e 4.766 reais para atenderen a persoas necesitadas.- Certificación de boa conduta deManuel Díaz de Freijo, residente en Santiago.
(4 de agosto ).- Lectura de boletíns oficiais.- ( acta incompleta).
( 8 de setembro ).-Lectura de boletíns oficiais.- Sinalan a necesidde de importar 30.000 fanegas de cereais por causa da mala colleita habida.- Acordo de sinalización do Orzamento para 1854.- 37.810 reais.-Déficit: 34.969 reais. que se cargará no consumo de viño.- Aprobación das contas de 1852.
(22 de setembro ) Acordo sobre a construción do Camiño do Mazadoiro á Lamarrigueira.
(29 de setembro ).-Lectura de boletíns oficiais. Fixación orzamento.
( 13 de outubro ).- Lectura dos boletíns oficiais.- Páganlle a Cibrao Rodríguez 500 reais polo gasto de Xoves Santo e Corpus.. Certificados de boa conduta de Manuel Vaamonde, Xosé Macía de Neira e Anxo Fernández Gallego ( dende a súa nenez gañou a súa subsitenza como escribente dalgúns curiais do Xulgado do Partido.
( 20 de outubro ).- Nova inversión de 13,936 reais no Camiño de Primeira Orde en construción.- Cibrao Rodriguez recibe a encomenda de entregar os quintos nos cuarteis de Lugo. Saen a arrendamento os consumos de carnes,propios, alumeado público e aceite para o alumeado do cárcere. . Rendas satisfeitas ( 25 ferrados de centeo ) por Xosé López, de Saa de Lousiro, Herdeiros de Antonio Fernández, da Áspers e Xoán López, de Zanfoga.
( 27 de outubro ),. Formación dunha comisión para o arranxo do Pontón da Reza, no río Sárria, entre Céltigos e Oleiros.
( 8 de decembro ),. Lectura de boletíns oficiais.- O Camiño da Ponte Nova do Mazadoiro a Lamarrigueiora foi declarado de Primeira Orde, e acordan aplicar unha recarga de 1 real en arroba de viño para poder facelo.
(24 de decembro ).- Acordo sobre arbitrios.
( 29 de decembro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Seguimento da obra do Pontón da Reza.- Nomeamento de Plácido Ullo como novo escribente co gaño de 2 reais por día.
NOTA.- Curiosamente as actas só están asinadas polo concelleiro Ferreiro Díaz.
Neste ano 1853 as obras da estrada de Nadela a Valdeorras, de Sárria da Ribadeo ( por Aranza ) e da Ponte Nova do Mazadoiro á Lamarrigueira están a se desenvolver pouco a pouco sinalando a chegada da modernidade ao distrito de Sárria. A estrada de Sárria a Ribadeo ficou parada por moitas décadas en Corvelle , e finalmente acabaría poñendo en comunicación Sárria con Becerreá.
Comentarios
Publicar un comentario