CONCELLO DE SÁRRIA ( 1867 )
CONCELLO DE SÁRRIA ( 1867 )
SESIÓNS CORPORATIVAS
( 1 de xaneiro ) POSESIÓN DO NOVO CONCELLO
Alcalde :Manuel Rivera Macía. 1º Tenente de Alcalde: Francisco López de Rego. 2º Tenente de Alcalde : Antonio Balboa Sarmiento. Concelleiros: : Euxenio Neira Solance, Xoán Antonio Ulloa, Pedro Xoán Díaz Goyanes,Manuel Vázquez Cabañas, Gabrile Díaz Capón, Xosé Lois Rivas, Pedro Pardo, Xosé Macía de Neira, Xosé Fernández Monteagudo, Vicenzo López, Manuel López Silva, Manuel Ferreiro Díaz, Frutuoso Rodríguez.
( 3 de xaneiro ) Nomeamento ao chou dos rexedores. Procurador Síndico: Euxenio Neira Solance. Celebración de sesións: os xoves.- CASA CONSISTORIAL: Obras efectuadas segundo proxecto do arqitecto Rafael de Luque. Comisión para informe.- Sobre unha petición do médico Castro, acordan cinguirse á lei non observada.
( 10 de xaneiro ) Informe da comisión sobre recepción das obras do Consistoio, o conttratista Xosé Fernández recibe 13.972 reais. .- Orzamento adicional; 2958, 333 escudos . Ingresos:5.489, 567 escudos. Renuncia do Secretario por ser incompatible coa súa función de Provisor do Xulgado. Secretario internino: Antonio Vázquez Macía. Renuncia do Depostario de Fondos- Administrador da Obra Pía: Xoán Antonio Ulloa. Nomean a Xosé García, do Comerzo.
( 17 de xaneiro ).- Nomemento de peritos da Xunta Pericial ( todos do medio rural )
( 24 de xaneiro ).- Representante na Xunta Carceraria: Pedro X, Díaz Goyanes.
( 7 de febreiro ).- Nomeamento da Comisión do Censo Electoral. Exenci´´on do cargo de perito a un veciño de Nesperira.- EMPEDRADO DAS RÚAS: Autoización da anovación das beirarrúa e empedrado das rúas da vila.- Instalación na nova Casa Consistorial dun arquivo e xogo de baldas: 200 escudos. PONTE VELLA: Arranxo dos petris da Ponte Vella e alcantarillas. Necesidade da obra, por 200 ducados, e reclamar do Director de Camiños Veciñais os planos e orzamento.
( 20 de marzo ). Adopción da repartición veciñal de impostos,
( 21 de marzo ).- Orzamento: 6.627,371 escudos, de gastos. Ingresos: 1,610,372 escudos,. Comunicación ao Gobernador Civil sobre a provisión da praza de médico de pobres.
( 10 de abril ).- Recargas e contribucións.
( 9 de maio ).- Nomeamneto de 16 repartidores e 4 suplentes. Francisco Torres, da vila de Sárria, apropiouse no Carballal de parte do camiño que vai a Triacastela e Castela.
( 27 de maio ).- Elección de secretario corporativo en propiedade, Candidatos: Antonio Díaz de Freijo e Antonio Vázquez Macía. Nomeamento de comisión informativa,
( 29 de maio ).- NOVO SECRETARIO DO CONCELLO: .- Méritos alegados :Antonio Díaz de Freijo Silva e Soto.: Foi Secretario do Páramo. Administrador de Rendas Estancadas do Courel Sárria e Quiroga, oficial auxiliar da Contaduría de Fondos do Orzamento desta Provincia,, Comisionado de Rendas,, Presidente da segunda sección de Estatística desta provincia,, Vogal permanente da mesma, Rexedor do Concello de Sárria, Alcalde algúns meses e tenente de alcalde un bienio, Tres anos de estudo de Gramática Latina. Antonio Vázquez Macía, alegou ter cursado todo o ensino secundario, e foi o elixido.
( 27 de xuño).- Comisión para o cobramento de partidas na Tesouraría de Facenda. Reclamación por contribucións.
Prezos dos Froitos de 1866 , para rendas: ; Fanega de trigo ( 6,4 escudos ); Fanega de centeo ( 5 escudos ); Fanega de orxo-cebada ( 3,2 escudos ); Fanega de millo ( 4,8 escudos ); Fanega de noces ( 3,2 escudos ); Fanega de fabas raxadas ( 3,6 escudos ); Fanega de fabas brancas ( 3,2 escudos ); Fanega de fabas negras ( 2,8 escudos ); Fanega de avea ( 2,4 escudos ); Fanega de castañas secas ( 6,4 escudois ); Fanega de castañas verdes ( 1,6 escudos ); Patacas ( 1,6 escudos ); Un porco cebado ( 9 escudos ); Un porco aberto ( 7,1 escudos ); Un carneiro ( 1,1 escudos ); Un cabirto ( 0,8 escudos ); Un par de capóns ( 1,4 escudos ); 1 galiña ( 0,3 escudos );Un polo ( 0,15 escudos ); Un canado de viño ( 3,12 escudos ); Unha dúcea de anguías curadas ( 0,3 escudos ); Unha dúcea de anguías frescas ( 0,3 escudos )Dúcea de ovos ( 0,1 escudos );Unha libra de carne salgada ( 0,2 escudos ), Unha libra de manteiga de vaca ( 0,2 escudos ); Libra de cera en entena ( 1 escudo );Un carro de herba seca ( 4 escudos );Un carro de palla triga ou de cebada ( 3 escudos );r Un carro de palla centea ( 6 escudos ) ; unha arroba de liño en estriga ( 10 escudos ); Unha arroba de la ( 12,5 escudos). - Adquisición do Prontuario de Contabilidade de Xoaquín Pérez ( 14 escudos ),. Gastos da Festa do Corpus: 70 escudos.
( 26 de xullo ).- Nomeamento de cobrador de impostos,
( 1 de agosto ).- Ordeanza sucinta de MONTES comunais e públicos: O 10 % , beneficio en leñas para os proletarios que carecen dela nos meses de outubro, novembro e decembro , e prohibición de arrincar as raiceiras, xeralmete carrascas. 10 % : centeo, e o resto pastoreo nos meses de febreiro, marzo e abril.
( 7 de agosto ).-Bando pola supresión feita por Pio IX de determinadas festas relixiosas.- Miden a 34 soldados . Tallador: Manuel María Rodríguez.
( 12 de setembro ).-,. Gasto do traslado de quintos : 4 escudos o secretario e 4 ao aguacil, O tallador por oito días de traballo cobrou 8 escudos. Aportación de 32 escudos para a Feira Rexional do mes de outubro, en Lugo.
( 19 de setembro ).- Adquisición de mobles para a Casa Consistorial, adxudicada a Antonio Peña, en 260 escudos,
(19 de decembro ).- Declarados 6 prófugos.- Comisión informativa sobre o Monte da Esperela de Vilamaior..- Comisión para informa sobre ocupación dun camiño en Crecente ( Santa María de Vilar ) feita por André de Neira.- Libramento a favor de Antonio de Peña do imprte dos mobles mercados para a Casa do Concello,
Comentarios
Publicar un comentario