CONCELLO DE SÁRRIA ( 1854 )
O CONCELLO DE SÁRRIA ( 1854N)
SESIÓNS DO CONCELLO
( 1 de xaneiro ) CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL
Alcalde : Pedro Xoán Saco Quroga. 1º Tenente Alcalde: Antonio Macía Cedrón. 2º Tenente Alcalde ; Francisco Vázquez , Rexedores:Manuel Vaamonde, , Xosé María Gutián Salcegama, Antonio González,Bernardo Díaz, Xoán Díaz de Freijo, Xosé Macía, Damián Novoa, Xosé Bolaño Ribadeneira, Xoán Antonio Ulloa, Antonio López Valcarce, Xoán García Capón, Xosé García e Xoaquín Leirado.
Xoán Díaz de Freijo presenta renuncia por incompatibilidade ao ser Escribán de Número do Xulgado,
( 2 de xaneiro ).- Debido ao mal tempo non se reuniu o concello.
( 9 de xaneiro ),. Nomean Proucrador Síndico a Xoán Antonio Ulloa.- Acordan festexar con repenique de campás , cando se prouza, o nacemento de fillo ou filla agaradado pola Raíña, facer disparo de foguetes e que a musica do país saia polas rúas.- Acordo de cobramento da repartición de consumos.
( 18 de xaneiro ).- Estudo da imposición de consumos.
( 19 de xaneiro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Alistamento dr quintos.-Amillaramento de fincas.
( 26 de xanerii ).- Acordos sobre consumos.-Subhasta.
( 2 de febreiro ).-Lectura de boletíns ofociais.- Sobre o quinto Xoán Tourón.- Subhasta do arbitrio sobre consumos de alcoois.
( 16 de febreiro ).- Lectura de boletíns ofiiciais.- Repartición territorial de impostos.- A viuva de Bernardo Arias, falecido mestre da vila de Sárria, chamada Francisca Losada reclama 2.666 reais e 27 maravedis de soldos que se lle debían, e como están pendentes as contas da Obra Pía dos Hosptais de Santo Antón e San Lázaro non deciden nada sobre este asunto.-Estudo do estado de contas.- Nomeamento de repartidores do arbitrio de consumos.
( 23 de febreiro ).- Lectura de boletíns oficias.- Acordo sobre consumos.- Sobre os repartidores.
( 2 de marzo ).-.Lectura de boletins oficiais .- Acordo sobre a Beneficencia domiciliar.
( 6 de marzo ).- Acordan facer unha suscición entre os veciños para xuntar fondos para a Beneficencia domiciliar dada a pobreza do país.- CÓLERA: " Alarma diante do cóñera " acudirase coa velocidade do raio a dar socorros nos puntos atacados".
( 16 de marzo ).- Lectura dos boletíns oficiais- O mestre da Escola Pública da vila pide que invortan 600 reias no edificio da escola.- Petición de que se faga unha nova repartición de consumos.
( 23 de marzo ).- Toma psesión como rexedor Antonio Macía Cedron, que estaba en Madrid. Lectura de boletíns oficiais.
( 6 de abril ).- Lectura dos boletíns oficiais.- Queixas sobre consumos- Renuncia de Manuel Reboiro ao cargo de Axudante do alcaide do cárcere, sustituido por Francisco López Guitiá co soldo de 3 reais diarios.-A acta do sorteo de soldados enviada ao Gobernador Civil
( 13 de abril ).- Lectura de boletís oficiais.- Reuncia do capataz Miguel Urtiaga ó posto de Capataz de Camiños Veciñais.
(20 de abril ).- Lectura de boletíns oficiais.- Non houbo reclacións pola lista de impostos.
( 21 de abril ).- Acordo sobre impostos.- Acordo de subhasta.
( 11 de maio ).- Lectura de boletíns oficiais.- Dotación de 12,366 reais e 8 maravedís para facer o Camiño de Primeira Orde da Ponte Nova do Mazadoiro á Lamarrigueira ( actuais rúas , Xela Arias, Calexa, Conde de Lemos, Esqueredos e Estrada de Riba -Farbán ).
( 24 de maio ).- Lectura de boletins oficiais.- Seguen as obras do Csmiño de Primeira Orde de Sárria a Ribadeo.- Petición de creación dun Alfolí en Sárria para deposito e venda de sal.
( 1 de xuño ).- Lectura de boletíns oficiais.-Acordo sobre quintos.- Acordo de gasto de 2.500 reias para facer obras no cárcere que permitan diseminalos evitadno telos xuntos.
( 5 de xuño ).- Discusión sobre se é ou non obriga do Concello pagar o desprazamento a Santiago de Compostela para análise doo contido de oito vasos metidos nunha caixa con sustancias extraídas dun cadavre.
( 8 de xuño ).- Lectura de boletína oficiais. Sobre quintos-
( 19 de xuño ).- Lectura de boletíns oficiais.- Fixación dos valores dos froitos.- Acordan que se teña por suscritos a un adianto de imposición ao Marqués de San Martiño e ao Conde de Lemos.
(22 de xuño ).- Lectura de boletins oficiais.- Creada unha comisión para estudo dos efectos da represa de a carón da Ponte Nova do Mazadoiro e perxuizo que causa.
( 22 de xuño ).- Remesa de relación de bens ( borrador )
( 28 de xuño ).- Moi malas colleitas nos dous últimos anos. Protestas polo intento de facer un incremento de impostos.
( 29 de xuño ).- Lectura de boletíns oficiais.- Estudo da cntribución industrial e dos agravios por consumos--.
( 6 de xullo ).- Lectura de boletíns oficiais.- Sobre quintos.- Creació dunha comisión para estudar a ocupación cunha parede no camiño de Rente a Mercado da Serra.
(17 de xullo ).-Lectura de boletíns oficiais.- Aprobación das contas de 1853.
( 3 de agosto ).- Lectura de boletíns oficiais.- Manifestación de xúbilo celebrada en día 25 en celebración do Alzamento Nacional secundada pola veciñanza, aproban un gasto de 329 reais 12 maravedís considerándoo "loable obxecto" adiantado por Xosé García.
( 10 de agosto ) .- Lectura de boletíns oficiais.- Información aos concelleiros sobre os quintos.- CEMITERIO.- Para facer un novo cemiterio acordan esixir fondos das fábricas das igrexas. e formar proxecto e orzamento.-PONTE RIBEIRA.- Casto del Villar fixo plano para arranxos na ponte.- Restitución da liña no camiño de Rente.- Arrendamento de froitos.- Encomenda da entrega dos quintos a Cibrao Rodríguez.- Amillaramento e repartición da contribución-
( 17 de agosto ).- Lectura de boletíns oficiais.-RELOXO PÚBLICO.- Instalado nunha torre a carón da igrexa de Santa Mariña- O encargado Pedro Pallares pide corda para mantemento.
(24 de agosto ).- Lectura de boletíns oficias. Lista electorais para eleccións de Deputados.- O domingo día 27 a Milicia Nacional elixirá os seus tres Oficiais.
( 31 de agosto ).- Repartición de impostos.
( 7 de setembro ) .- Lectura de boletíns ofociais.- MILICIA NACIONAL: Xosé Castro Freire. de Lugo, deberá investir 4.000 reais en caixas, cornetas, fitas e cartucheiras para a Milicia local sarriá que xa estaba armada.
( 21 de setembro ).- Sobre quintos.
( 2 de outibro ).- POSESIÓN DO NOVO CONCELLO
Alcalde Primeiro: Pedro Xoán Saco Quiroga. Alcalde Segundo: Antonio Macía Cedrón.Rexedor 1º: Francisco V´zquez. Rexedor 2º : Xosé Bolaño. Rexedor 3º; Vicenzo López. Rexedor 4º : Xoán María Pazos, Rexedor 5º :Antonio López Valcarce.Rexedor 6º : Xoán López. Rexedor 7º ::Pedro Rodríguez.Rexedor 8º: Xoán Antonio Ulloa. Rexedor 9º : Xoán López Yáñez ( Procurador Síndico ). R
Elevación da petición dun Deposito e Despacho do Sal ( alfolí ).- Micaela Díaz, alugueira dunha casoupa insalubre terá que ser desaloxda dela por medo ao cólera.- MILICIA NACIONAL: Piden un cuartel no ex Convento de Agostiños ou no Salón Prioral. Pedro Farias ( Promotor Fiscal ) pide ser alta na Milicia. Tenente: Antonio Díaz de Freijo. Altas : Xosé Díaz da Áspera, Xosé Díaz, Domingos Yebra, Manuel Fernández Taíde, Francisco Guitián, Antonio García,Pedro Leiro, Xoán Colomo,Bernardo Leiro, Xosé Carrozas, Mateu Ramil.,
( 25 de outubro ).- Lectura de boletíns oficiais.- CAMIÑO DE LAMARRIGUEIRA.- A Deputación concedeu 10.000 reais , e considerando a pronta construción en que se está entenden do Camiño de Primeira Orde que atravesando por esta vila empalma coa estrada de Monforte nos puntos do Mazadoiro e Lamarrigueira, e por iso acordan investilos no camiño e na Ponte Ribeira. Coñecemento de que Bieito María Somoza foi elixido Deputado polo Psrtido.
( 28 de outubro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Orzamento municipal adicionaL: 2.324 reais e 8 maravedís.
( 2 de novembro ).-Lectura de bolrtíns oficiais.- Sobre impostos.- Pagamento de 24 reais a Pedro Pallares , encargado do reloxo público,
( 5 de novembro ).- Orzamento do ano 1845.
( 8 de novembro ).- Lectura de boletíns oficiais.- O día 16 , subhasta do arranxo da Ponte Ribeira. Deliberación para achar o xeito de cubriren o déficit orzamentario.
( 12 de novembro ).- Sobre o orzamento para o ano 1845.
( 16 de novembro ).- Lectura de boletíns oficiais.- Acordan cubrir o déficit con recargas no consumo, arbitrios, etc,
( 23 de novembro ) ,. Arrendamento da alabacería , pesos e medidas, alumeado público e aceite para o cárcere. Sobre quintos. Elección de concelleiros o día 3 de decembro.
( 26 de novembro ).- Lectura de boletíns oficiais., Xoán Carreira contrata a obra da Ponte Ribeira en en 1.078 reais e 8 maravedís.
( 7 de decembro ),. Consulta da Deputación sobre municipalidades que deben ser suprimidas.- Suspensión das eleccións municipais.- Sobre quintas.
-
Comentarios
Publicar un comentario