CONCELLO DE SÁRRIA ( 1868 )

                               CONCELLO DE SÁRRIA (  1868 )

                              ACORDOS CORPORATIVOS

( 30  de xaneiro ).- Reniuncia do cocelleiro Euxenio de Neira Solance.-  Novo Procurador Síndico:  Xosé Macía de Neira.- Orzamento adicional: Gastos: 378,530 escudos. Ingresos: 3.342,553 escudos. Comisión para coñecer dos apresos de terreos publicos feitos por André Díaz, na Pedreira, e no camiño público  da Alvarediña, por Domingos Yebra. - Co frío os lobos baixaron das montañas e o Concello acordou organizar unha batida.

( 17  de febreiro ) O Xuiz do Partido pide que lle cedan a metade das dependenzas da Casa Consistorial, cara poñente, no primeiro andar, Non aceptan a petición e comunícanlle que a parte tyaseira do edificio é do Partido e que debería instalarse ali o Xulgado.

( 5 de marzo .-Orzamento para 1868 Gastos. 6,392 escudo.Ingresos : 1.632,949 escudios.. Obriga de André Díaz n e Domingos Yebra dos terreos que ocuparan ilegalmente. Informe sobre unha parede feita en Vilapedre cortando un camiño.

( 14 de marzo ) Reunión conxunta do Concellos e os maiores contribuíntes, para fixaren os impostos  e as recargas.

( 21 de marzo ) Repartición veciñal dos impostos.

( 26 de marzo ) Acordo de que o Xulgado se insalle na parte traseira da Casa Cosotorial, que está habilitada para  cárcere, e inutilizada,  podendo aumentarlle un andar `para vivenda dos xuices.-  O párraco de San Salvador , don Anxo Ferreira, pide que cedan  a cela prioral do antigo mosteiro de agostiños, gabientes  contiguos e o baixo, edificio devolto ao Estado por ser gravosa  a súa conservación. Os baixos estaban ocupados polo alcaide do Cárcere do Partido ali instalado.

( 2 de abril ) O talladorManuel María Rodríguez mediu a 32 soldados.- Nomeamento de repartidores de impostos.

( 30 de abril ) Petición de que sinale a Sárria como sede da GARDA RURAL, podendo servir para o seu aloxamento a parte do Covento pedida polo párraco de San Salvador. Os utensilios e menaxe serían por conta do Concello.

( 14 de maio ) Comisión para entrega dos quintos. O Secretario e o aguacil cobraron a razón de  4 escudos por día cada un. O  tallador por oito días de labor cobrou 8 escudos.

( 25 de xuño )  Rectificación  das listas electorais . Comisión de concelleiros e maiores contribuintes. Xosé Lois Rivas designado  membro da Xunta Local de Primeiro Ensino

Prezos dos fotos, polas rendas de 1867: ( Fanegas )  Trigo ( 6 escudos ). Centeo: 3,4 escudois.  Orxo-cebada: 3,2 escudos; Millo( 2,8 escudos ), Noces ( 3,2 escudos ). Fabas brancas ( 3,6 escudis ). Fabas raxadas ( 2,4 escudos ). Fabas negras ( 2 escudos ). Avea ( 2 escudos ). Castañas secas ( 4 escudos ). Fabas verdes( 0,8 escudos );, Patacas ( 1,2 escudos ). Un porco cebado: 8,4 escudos ), Un porco aberto ( 6,8 escudos ), Un carneiro ( 1 escudo ). Un cabirto: 1 escudo;  Un par de capóns ( 1,2 escudos ), Unha galiña ( 0,3 escudos ).. Un polo ( 0,15 escudos ). Un cabnado de viño ( 4 escudos ), Dúcea de anguías curadas ( o,3 esc udos ), Dúcea anguías frescas  ( 0,3 escudos ). Dúcea de ovos ( 0,125 escudos ).Unha libra de carne salgada (0,25 escudos ). Libra de manteiga de vaca ( 0,25 escudos ). Libra de queixo ( 9,2 escudos ). Libra de cera en entena( 0,8 escudos ) Un carro de herba seca ( 4,6 escudos ). Un carrp de palla centea ( 4 escudos ). Un carro de palla triga  e cebada ( 3 escudos ). Uha arroba de de liño en estriga ( 10,6 escudos ). Arroba de la( 12,5 escudos), Solicitude de inscrición de fincas no rexistro da propiedade. Unha delas propiedade do Excmo Sr. don Apolinar Suárez de Deza e Caamaño.

( 20 de xullo )  Nomeamento de cirurxano a favor de Ramón de Csastro. Tamén opositara Lourenzo Rivas e González<

( 30 de xullo ) Deiden ao chou cales serán os 7 concelleiros que teñen que abandoar a Corporación.

( 13 de agosto ) Comisión para informar encol dunha casa que están a facer no Agro de Carral,, en Fafián. Decisión sobre dous soldados.

( 5 de setembro )Preside  a sesión Francisco López de Rego, Sobre declaración de soldados, referente a un veciño de Meixente residente en Madrid desde tres anos antes.

( 22 de outubro ) CONSTITUCIÓN DO NOVO COCEELO.  Reunións: Os xoves ás 10 da mañá

( 29 de outubro ) Alcalde ; Manuel Vaamonde. Primeiro Tenente de Alcalde: Manuel Macía de Neira. Segundo Tenente de Alcalde:  Antonio Peña Villamarín. Concelleiros: Xosé Lois Rivas, Xoán Carreira,  Xosé García, Manuel de la Vega,Frutuoso Rodríguez, Pedro Parado, Antonio López de Freijo, Francisco de Castro, Antonio López Valcarce, Ramón Moreira,  Xoán Sarry,  Bieito de Arcos, Xosé López Valcarce.

Acordo  de anchear a PRAZA DO MERCADO ( a carón da igrexa de Santa Mariña, Compran en 1,171 escudos un terreo e caseta á viuva de  de Neira, Xosefa  Solance Recuero,

( 5 de novembro )  Oficio dirixido aos perdáneos para arranxo dos camiños  do concello, estragados  polas inundacións e fortes chuvias do verán. O Pedáneo de Vilar de Sárria queda encargado de arranxar as alcantarillas e petrís  da PONTE VELLA por conta dos alugueres  da Casa Taberna que a aprroquia ten  na esgtremeira da dita ponte, impoñéndolles  aos veciños a obriga de carretaren os materiais.

( 16 de novembro ) Establecemento de dos Colexios Electorais: Un en Sárria ( Covento ) e outro en Vilar do Monte ( Casa de Salvador García )

( 27 de decembro )  Reclamación presentada  por Laureano Álvarez Pereira , Manuel Sanjurjo,  Beranrdo López Saco,  e Pedro Peñamaría sonte coaccións  exercidas na votación por paarte dos aguacís do Concello. O Concello desestímaa  destacadno a liberdade habida na elección.

( 30 de decembro ) Presentan apelación  contra a desestimación da rcclamación, sinalando  que nun dos colexios houbu unanimidade e  en outro houbo  500 votos para unha candidatura contra 85 noutras . sendo iso proba de "pucheirazo",. Fan declaración de catro prófugos-

.................................................................................................................................................................

1868,  coa copra de caseta e terreos ao norte da igrexa románica de Santa Mariña e da Torre do Reloxo público con destino a PRAZA DO MERCADO  sinala o comezo da dotación dun espazo publico dentro da vila, durante anos chamado A ALAMEDA ( actual Praza de Xoán María López ), onde se celebraban os Mercados dos Domingos, as festas e ruadas, o paseo e outros actos multitudinarios.

Comentarios

Publicacións populares