LOBOS EN SÁRRIA

                                      LOBOS NA TERRA DE SÁRRIA

( 6 de novembro de 1855 ).- O Concello de Sárria, por non haber fondos para premiar a cazadores de animais dañinos, non atende a petición de Pedro Rodiíguez, de San Miguel de Piñeira, que xustificou  que .dera morte a nove ( 9 ) lobos 

....................................................................................................................................................................... 

( 30 de xaneiro de 1868 ).- " O frío fixo baixar  das montañas  os lobos e outras feras dañinas. O Concello acordou organizar unha batida .

.......................................................................................................................................................................... 

( 7 de agosto de 1870 ) O Concello de Sárria inclúe no Orzamento  unha partida de 24 ducados para premiar a matadores de animais dañínos.

......................................................................................................................................................................... 

( CONCELLO DE TRIACASTELA,  5.01.1906 )  Acordan  adquriren 5  pesetas de estricnina  para exterminar os lobos  que circulan  polos montes deste municipio  e gratificar con outras 5 pesetas  á persoa que as poña.

.........................................................................................................................................................................

 ( EL PROGRESO ,  29.01.1913 ).- Dí un xornal  que no partido do Courel , con motivo  dos fortes temporais  que  produciron nestes días  grandes nevaradas  que cubren  as montañas  que cubren  as montañas   grandes  mandas  de lobos famentos , baixaron  aos pobos  causando o pánico  entre os habitantes dos mesmos.

.................................................................................................................................................................... 

( EL CORREO DE GALICIA  , 28.01.1914 )  Lugo.-  Falaron antonte en Lugo dun  suceso acontecido  no distrito de Becerreá  cara o distrito de Sárria.   Contan que  a neve dos días anteriores  fixo que grandes fatos de lobos  baixasen famentos  aos poboados  e os viciños  temerosos de que acontecesen  graves ataques destes, deixaron abandoada no campo   unha vaca   morta e  envenenada.  Unha tribo de xitanos   pasóu nos mesmos días  polo lugar onde estaba a vaca  e apoderáronse dela   asándoa e coméndoa.  Innecesario é dicir  cales serían os efectos  da comida. Din que morreron vinte persoas  a consecuencia do envenenamento,

 ( EL CORREO DE GALICIA,  3.03.1922 )  Na Barrosa, entre   Canedo e Laiosa ( O Incio )  achábanse días pasados uns nenos  pasturando  un rebaño  de ovellas . De súpeto víronse sorprendidos  pola presenza de 7 lobos  que mataron   9 reses e coméronas.

( 11 de xaneiro de 1925 ).-  Publicado  polo xornal " Galicia " : " Os viciños dalgúns lugares  da parroquia de Castro do Rei de Lemos, Concello de Paradela , están alarmadísimos  pola aparición de varios lobos   que están  causando  moitos danos nos rebaños de ovellas e cabras.   O Concello, en unión cos pobos,  farían unha boa obra  tomando  algunha medida  para procederen ao exterminio de tan temidas feras.

( Novembro de 1926 ) " Comunican de Sárria  que na inmediata parroquia de Goimil, hai algunhas noites que foron devorados polos lobos dous asnos  pertencentes  á casa coñecida por Leiras. Con este  motivo os veciños daquela bisbarra están  alarmadísimos. Interésase da autoridade gubernativa que  se ordee darlle  unha batida a estas fera.

................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO,  23.11.1926 ).-  Durante a noite  do 17 ao 18 do corrente  irrompero tamén os lobos  no pobo de Vilela ( Láncara )

Os feroces animais  deron morte a 25 ovellas  propiedade dun estimado  veciño do dito pobo de Vilela.

.................................................................................................................................................................. 

( EL COMPOSTELANO,  29.11.1926  )Unha das noites pasadas   chegaron  os lobos á aldea de Vilela ( Láncara ). Os feroces animáis  deron morte  a 25  ovellas  propiedade dun viciño do dito lugar. 

.....................................................................................................................................................................

(   EL PROGRESO, 29.01.1927 ) .- ( EL IDEAL GALLEGO , 30.01. 1927 )  Os lobos no Incio.-    Comunican do Incio que  en varios pobos do Municipio  presentáronse  estes días grandes fatos de lobos  e raposos , tendo atemorizada a toda a veciñanza. Con este motivo o Alcalde  daquel pobo  conseguiu do Gobernador Civil da provincia o correspondente permiso  para dar unha batida  a eses animáis dañinos.

........................................................................................................................................................................

 ( EL PROGRESO,  23.08.1951 )..-  SINDICATO  PROVINCIAL .- PREMIO  EN METÁLICO POR  CAPTURA DE LOBOS.

A  don Manuel  Álvarez  Pérez , veciño de As Pasantes, no concello de Triacastela  , 350 pesetas, por capturar  cinco lobiños e tres lobiñas.

........................................................................................................................................................................ 

( EL PROGRESO,  22,09.1956 )..-  PARADELA. MORTE DOUTRO LOBO

No mediodía do día 23  de febreiro  último , cando  Xosé Boado  López, veciño de Cerxedo-Castro do Rei, neste municipio, saía do seu domicilio  , observou   que os seus cans   eran ameazados  por lobos , voltou  á súa casa  e coa súa escopeta saiu outra vez  a atopar os lobos   e dun disparo deulle morte a un deles .

Este cazador  matou outro lobo o  10 de xaneiro  do ano actual   e en anos anteriores matou   outros 14 lobos máis. CORRESPONDENTE 

......................................................................................................................................................................... 

 ( EL PROGRESO,   20.05.1969 )  LOBOS EN SANTA MARÍA DE VILAR

Da parroquia de Santa María de Vilar,  perto de Vilapedre,  denuncian a aparición  dunha manda de lobos  que están causando grandes danos   no gado . Cumpriría   a organización de batidas oficialmente  autorizadas e organizadas para exterminar   estas alimañas.

...................................................................................................................................................................... 

 ( ARAGÓN EXPRES, 10.06.,1962 ) Un fato de  cinco lobos  apareceu perto dunha granxa de porcos, no concello  de Sárria, e mataron un deles,

........................................................................................................................................................................ 

(  EL PROGRESO, 25.08.1974.-  Na Granxa de don Vicenzo Chaos Montero, no Teso, parroquia de Vilar de Sárria, no prado , apareceron  6 lobos. Estableceron vixianza  e conseguiron matar 4.

Perto da Granxa de Manuel López Gómez, a uns 500 metros da anterior , mataron outros  4.

O taxista sarriao, Sr. Mourín, apropelou co seu coche outro que resultou morto.

O camioneiro Anselmo, na estrada de Lugo a Sárria, á altura de Valmao ( Vilar-Betote ) matou outro co  seu camión.

A Antonio Pombo, de Francos-Samos,   saíulle ao paso un lobo, do que se defebndeu cun forquito, dándolle morte.

O correspondente do xornal, VILLLARABID , escribiu: "   Todo isto quere dicir que  a PROHIBICIÓN  DE DAR MORTE   a esta clas  de animais ofensivos , e que tanto danos producen no gado, en tan pouco tempo de veda  se mujltiplicaron   desta maneira invadindo  todos os vales , que antes non eran obxecto deste perigo , aparecendo somente nas  montañas.

Diante de todo isto , as autoridades deben  tomar  as medidas oportiunas  para a extinción desta criminal alimaña.

Como se pode ver, don Vicenzo  ten os seus motivos  para  estar preocupado  e para ter tamén o seu criterio  encol desta  invasión que tantos danos parece estar  producindo. ¿  É ou non é asunto de  maior preocupaciòn e estudo ? . ¿ Como se nos puido gardar tal segredo  diante  desas mortes  e até o punto é xusto  non se poder defender  de que a un se lle causen  estes danos materiais  e quen sabe , se a cousa segue así , se poden  chegar mesmos a  seren físicos ?.

Ben, creo  que de lobos " hoxe xa abonda " 

...................................................................................................................................................................... 

 ( EL PROGRESO, 29.08.1974 )

                              CARTAS AO DIEITOR

                                    LOBOS

Moi señor meu: En EL PROGRESO  do día 25  do actual  co título "Nota Oficial de ADENA  ( Asociación para a  Defensa da Natureza ) publica  unha nota   encol do lobo , na que entre outros particulares  di : "  que a actual psicose   do lobo   que padecemos neste  verán . é debida , na maioría dos casos  , a unha disfunción pouco obxectiva  , como se pode comprobar   pola grande cantidade de novas   contraditorias que todos os  días  se publica ".

Respecto a esta nota   teño que obxectar  que a declaración feita por min  o día 23   do propio mes , e fiel refrexo  da verdade  e que se trata de lobos  non de chacais   e no caso de comprobación  as súas peles áchanse   convertidas en alfombras  , e todos eles foron examinados   no momento da súa morte   por técnicos na materia  , dando por resultado o seren lobos.

Hai uns  dez días   viron outros tres   e teñen o seu tobo  nunha finca  a 50 metros  da granxa  , onde crían , propiedade do señor Barreal,   de Sárria, convertida toda ela  nunha grande matugueira,

Todos os días  os lobos aparecen nun punto ou noutro , o que acontece  é que o  resiñado e pobre labrego carga co dano que lle   causa  nos rebaños de ovellas , cabras  e mesmo  gado vacún e cabalar, sen que o faga saber  por ningún medio publicitario.

Hai uns días  na granxa de ovellas  que o Avogado  de Sárria señor Moscoso, ten no pobo de Lousadela , deste concello, morréronlle  nove, estremo este que tampouco  se publicou na Prensa.

 Eu son un verdadeiro amador  das  charlas   de Rodríguez de la Fuente, que non as troco  polo mellor espectáculo, mais discrepo  totalmente  da súa maneira de pensar  no que ao lobo se refire, xa que  este animal, en todos os tempos  foi o animal do terror , como  o é o tigre ou o leóns, noutros países   poo seu xeito de atacar  e polos danos  que ven causando  en perxuizo da economía, etc., etc.

Por este motivo  e polo ben da humanidade  e economía  nacional  , prégolle  señor Direitor  insira  esta misiva  no diario EL PROGRESO , do que son suscribente.

                                    Reciba un afectuoso saúdo

                                       Vicenzo  Chaos Montero

................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO, 5.09.1974 ) .- Na primeira páxina :  Don Manuel Pérez Rodríguez , abatiu  na parroquia de San Xulián da Veiga,  a uns catro quilómetros  da vila de Sárria, esta fera que lles ofrecemos nos grabados   e de primeiras  estimou que era un lobo. Mais logo comprobaron  grandes diferenzas  na cabeza, rabo e pelo  eb relación cos lobos coñecidos  nesta bisbarra. O feito por riba do tapete  unha vez máis  se se trata  de cans asilvestrados ou  dunha nova especie  de lobos agora existente  en Galicia (  Fotos Villarabid ).

...................................................................................................................................................................... 

(  EL PROGRESO,  8.09.1974 )  MORTO LOBO.- Como se se tratase  dunha  obsesión  avísannos dun lobo morto,Nós figuramos algo de fantasía , mais non é así,Manuel Pérez Rodríguez , de San Xulián da Veiga, volveu a matar  unha alimalña ., Dous cans da parroquia  desapareceran  pouco antes , un precisamente era del  e outro  que llo levaron.

Non sabiamos  que se trataba , se era  efectivamente lobo  ou ben era un can lobo , como o que o pasado  día catro o matara  un veciño  de San Xulián.

Aló acudimos  e achamos un lobo  moi novo. Os entendidos  dixeron que sería nado  no mes de  febreiro . Foi morto  no mesmo lugar  que a alimaña  do pasado día. Chegouse  a ver  esta última noite  unha manda de  seis exemplares.

Creo  francamente  que se deben levar a cabo  esas  esas batidas  que ofreceu o señor Callejo na súa visita a esta zona , o pasado  5.

Esta  zona  debe ser liberada destas alimaña    canto antes , e conste  que non tratamos de sermos  alarmistas , nin nada que o pareza os feitos están aí.

Agora  comeza o inverno , a tempada escolar  e o habitador desta comarca   ten que andar  dabondo pola noite  e con todo iso  comezarán as alarmas , esaxeramos  e  semellarán bastante aos tempos dos  nosos avós ,

¿ Como  falará  quen  se ache   cun grupo  cun grupo  destes animaliños   unha noite ?-

Fagamos  polo tanto  todas  as cousas como  se deben  facer e todos tranquilos.,

....................................................................................................................................................................... 

( EL PUEBLO, 10.09.1974 ) .- En Lamas, perto de Sárria, Antonio Vázquez Páramo foi atacado por un lobo e viuse obrigado a agatuñar nunha árbore para se poñer a salvo. Perto da factoría de Fontecelta- Céltigos, en Santiago da Veiga mataron  un lobo.

......................................................................................................................................................................... 

 (  EL PROGRESO, 12.09.1974 )                        BATIDAS

Seguen a circular  rusmusmús  encol dos lobos,  Por iso lembramos unha vez máis  que se soliciten as batidas canto antes. Son dúas ou tres semanas  as necesarias  para solucionar  todo o papeleo ,  aínda que sabemos  moi ben  que o ICONA  trata  de axilizalo  o antes posible, Polo tanto  , cantos antes mellor.

....................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO,  21.09.1974 )                        BATIDAS

Solicitaron as batidas de lobos en San Xulián da Veiga,  Rubín e Santalla de Arxemil , Así se fan as cousas.

....................................................................................................................................................................... 

 (  EL PROGRESO, 6 ,12 . 1974 ).-  Volve  á actualidade  o comentariio encol dos lobos. Que  se aquí, que se alí , Resulta que aparecen por todas partes.

..................................................................................................................................................................... 

(  LA VOZ DE GALICIA,  5.09.2007 )  No Monte da Meda ( Láncara-Samos-Triacastela ) os lobos  mataron varias rosas. Autorizada unha batida  de cazadores , mataron 3.  En Monseiro ( Láncara )  mataron unha vaca e perto da Furela ( Samos ), moi perto das casas, mataron un tenreiro.

( LA VOZ DE GALICIA, 9.09.2013 )  9 lobos mataron en Triacastela  unha vaca rubia de 800 quilos  propiedade de Manuel Celeiro.

( EL PROGRESO,  3.04.2014 )  En Biduedo ( Triacastela )  mataron  un cuxo de raza vianesa  propiedade  de  Rocío Lago, da Casa  Gaio. 

(  EL PROGRESO,  23.09.2014 )  Os lobos devoraron  3 cabras e 2 ovellas nunha finca pechada  en Samos, estremeira coa estrada de  Pedrafita do Cebreiro , a 150 metros  da casa do dono .  Estaban dentro dun caseto que estaba abeerto e despóis de romper a alambrada.

( EL PROGRESO,  23.01.2017 ) En Toirán ( Láncara )  a 50 metros das casas o lobo atacóu  unha vaca blonda de Aquitania.

(EL PROGRESO,  21.10.2018 )  Granxas de Andreade e Vilaragunte ( Paradela )  sufriron perdas de animáis   por ataques de lobos  e  houbo reses que sufriron feridos. Os viciños  aseguran teren ollado lobos  perto das vivendas a  plena luz do día.

........................................................................................................................................................................ 

  (  LA VOZ DE GALICIA,  2.08.2020  ).-  Nunha finca da Casa Caxigueiro de Sabneche ( Barbadelo )  entre 3 e 4 lobos  mataron 20 ovellas  preñadas, dun total de 20 , valoradas  en 50 euros cada unha.

Os lobos voltaron  a facer das súas, esta vez en Sabenche , . no concdllo de Sárria . Na noite do xoves ao venres , entraron nunha finca pechada da explotación  Caxigueiro, propiedade de Borxa Álvarez , e mataron 20 da 90 ovellas   que forman a cabana.Ademias deixaron outras  seis feridas -. Todas estaban preñadas.

" Levantaron o cerro  para entrar. Os do Seprona  pensan que tiveron   que ser tres ou catro  lobos, pola cantidade  de animais que mataron., - explica Álvares - ,  que ademais de ovellas  conta con vacas  de carne na explotación. Os danos causados  polos lobos son cuantiosos  e cada ovella,por estaren preñadas , podería estar valorada en 50 euros . Tés o gasto deperdelas , de perder os años  que ían ter e de repoñelas, porque se te queres adicar   a isto ,  non che queda máis remedio, - abonda o propetario, que está  pendente de  ver  se a Xunta  lle compensa  as perdas  sofridas., Supón  que debería ser Medio Rural o que se fixera cargo ,  mais xa se verá "

.Esta non é a primeira vez que a explotación Caxigueiro  sofre un ataque de lobos.  Hai un par de anos  tamén lles aconteceu, mais entón  as perdas   foron menos , media  ducia de ovellas . Tamén o ano pasado   un lobo atacou un becerro dun veciño.  Agora a preocupaciòn entre os gandeiros  vai en aumento. " Certo que estamos preocupados , porque vivimos disto  e senteste un pouco   desprotexido" - apunta Álvarez , que considera  que o sector atravesa un momento complicado e as indesexadas visitas dos lobos   non fan  máis que enadir  problemas a un negocio  que vai perdendo pulo.- " Coa crise da covid  xa regalamos os años , e se tes que afrontar  casos destes  todo se complica  ",. queixase  Borja.

..........................................................................................................................................................................

 (EL PROGRESO,  12.06.2021 )  Na Casa Celeiro do Furco , na estrema entre Triacastela e Láncara, os lobos  matóu 14 ovellas e deixóu malferidas outras 14.

........................................................................................................................................................................ 

( LA VOZ DE GALICIA, 28.10.2022 )  Os propietarios dunha granxa  de vacas cachena  , en Triacastela,  sufriron a perda  de 14 reses  en ataque de lobos.

............................................................................................................................................................................ 

 (  LA VOZ DE GALICIA,  20.05.2023 )  En Outonín  de Abaixo ( Lóuzara-Samos ) a Xabierr Campo  3 lobos coméronlle  un becerriño de 25 días e perto da aldea, a outro viciño,  leváronlle outro cuxo.

.......................................................................................................................................................................... 

( EL PROGRESO, 7 de novembro de 2025  ).-  UN GANDEIRO DE SÁRRIA SOFRE O SEGUNDO ATAQUE  DO LOBO EN CINCO ANOS 

O animal matoulle nesta ocasión  catro ovellas  e dous años nunha explotación  de Calvor, que perdeu  en 2017 outras reses  por cans asilvestrados.

Un  gandeiro da aldea  de Barxa  , na parroquia de Calvor, denunciou  que sufriu o segundo ataque  do lobo en cinco anos . O último produciuse   a semana pasada e Xosé Vázquez  perdeu catro ovellas,  dúas delas preñadas e dous años.

Na anterior ocasión  matoulle tres animais  e a estes hai que lles sumar outros sete   no 2017 . mais isto foi por causa   de cans salvaxes. Diante desta situación. o sarriao  asegurou  que acabará optano por non ter  gado ovino porque "así non é rendible. Teño moito terreo para ter ovellas  , mais non me val a pena . Non vou estar mantendo animais  para que os coma.o lobo " queixouse.

Segundo explicou  o sarriao  o último ataque aconteceu  a mediados da pasada semana  darredor das oito e vinte da tarde . Descubriuno ao apareceren  as tres únicas reses superviventes  ( un carneiro e dous años  )  nunha finca  acarón  da súa vivenda  e na que ten vacas , e que foron fuxindo, e   ao ir cara a parcela  na que pacía o rebaño xa atopou un exemplar morto no camiño.

Descubriu ao lobo na súa finca. No cabo da finca estaba   o lobo comendo nun año,. asegurou o gandeiro. El estaba, dixo ,  a uns 300 metros  ou máis do carnívoro  e este ao sentilo fuxiu.

Xosé Vázquez   só achou dous cadáveres   e dos outro catro animais  apareceron só  restos de ósos  e  de la. Por iso o gandeiro   cre que o rebaño foi atacado  por máis dun lobo . "  Tiñan que seren  máis dun porque un só non tería  comido catro xuntas. As ovellas  podían andar polos  50-60 quilos  e os años polos 10  e paréceme  moito para   un só dunha tacada ", opinou. 

                                     **************************************

                                                       OS FOXOS DOS LOBOS

 Os " fox lupari", construcións antigas de orixe multisecular  destinadas á caza dos lobos  cara ali conducidas en batidas  ou atraídas  pola colocación  de ovellas  alí atadas para que os lobos entrasen no recinto  fondo ,  sen posibilidade de saída  , dándolles morte dende fora do curro  con total seguridade para os cazadores,  manteñen,  os ditos foxos  memoria nos seguintes lugares da Comarca :FOILEBAR , parroquia  no Concello do Incio, FOILEBAR. , no Concello de Paradela, parroquia de Castro de Rei de Lemos . FILLOVAL, aldea  no concello de Triacastela.  

                                                            .......................................................                                                 

Coñecida xa dende a Idade Media   a organización  de monterías    dirixidas por " monteiros " especializados nomeados polos señores territoriáis.   Nas terras de Samos  e o Val do Mao  está documentado o apelido  " Monteiro"  ( agora na forma castelanizada " Montero ) no século XVI.  

                                                       ..........................................................

Os "foxos de lobos " , " cortellos dos lobos"  ou " curros de lobos "  están sendo obxecto de estudo e posta en valor. No Concello do Incio  recuperóuse un deses espazos., coñecido como FOXO DOS LOBOS DE MONTEAGUDO que foi  rozado en 2002  para facelo visitable dentro dun roteiro , con un miradoiro perto   do foxo. De orixe medieval, cunha antigüidade de máis de 1.000 anos , no ano 2017 estaba un tanto descoidado.  Debeu estar activo até as primeiras décadas do século  XX.

                                                       .............................................................

Na toponimia da bisbarra quedanron e está vivas referenzas  ás antigas trampas  e construción feitas para persecución e externinio dos lobos coñecidas co nome de " couso ":

CAMPO DO COUSO ( Triacastela ).- MONTE DO COUSO  ( Piñeiro- O Páramo ).- COUSIÑO  ( Nespereira- Sárria ). COUSIÑO ( Touville- Láncara ).- COUSO  ( Freixo- Samos ).- COUSO ( Meixente- Sárria ) .- COUSO ( Piñeira-Sárria ) .- COUSO ( Santa Mariña-O Incio ) .- COUSO ( Vilarmosteiro. O Páramo ).-

Para fixar , de xeito aproximado,  as ubicacións  deses cazadoiros de lobos ,  hai que  ter en conta  leiros e montes que conservan   a denominacións de foxo ou  couso-

                                                        ...............................................................

( 1859 ) Anuncio no Boletín Oficial da Provincia: " Anuncios particulares.  Lugo, Xoaquín  Vázquez López, Mestre  garicioneiro , barrio de San Roque, nesta cidade. Cómpranse  toda clas  de peles de  montería, como son lobos,  raposos, lontras,  gatos monteses,, martarañas , furóns, lebres,  coellos, cabritos  e años".

( 1906 )  O Ministerio de Agricultura comunicoulle  á Asociación Xeral de Gandeiros do Reino  proibindo   a circulación de lobos vivos  para evitar a explotación  dunha nova industria,  ou sexa  a cría  dos ditos animáis , en, perxuizo  da gandería  e dos fondos  dos Concellos destinados  a promover a  caza  de animáis dañínos.

                                                         .............................................................

A pel dos lobos cazados , até os anos 1960 , poñianse  á venda nas feiras da comarca.  Moitas delas, por outra parte  , utiliábanse para  poñerllas á xugadas de vacas para evitar  as molestas  mosca que as aflixían nas aradas e carretos.

                                                     .............................................................

Xunta de Galicia.-  Orde  de 15 de marzo de 2021 establecemdo as bases reguladoras  das axudas para paliar  os danos producidos ,  sinalando aos sete concellos da Comarca  como espazos    aos que alcanza ese beneficio.

                                                      ...........................................................

En Sárria  ECOLOXISTAS EN ACCIÓN   . SÁRRIA ATLÁNTICA E VERDE   realiza accións na defensa  das  medidas proteccionistas   do lobo.

                                                      ........................................................

Comentarios

Publicacións populares