RESPONSO DE SANTO ANTONIO
RESPONSO DE SANTO ANTONIO
Está moi espallada por toda Galicia a devoción ao santo lusoitaliano SANTO ANTONIO DE PADUA a quen recorren as xestes sinxelas en petición de axuda, en especial para conseguiren achar cousas perdidas, recuperar a saúde ....
O Responso de Santo Antonio e as oracións a el vencelladas téñenas memorizdas, e hai persoas especializadas no rezo. que son percuradas para "botar o responso". Para a efectividade da percura dos obxectos é condición indispendable que se bote o responso sen interrupcións nin trabucamentos.
Para quen coñecen o texto en castelán , e tamén para aqueles que non o coñecen, vai agora unha versión en galego, co desexo de que aqueles galegos e galegas que gardan devoción ao Santo, podan facer uso do Responso con fidelidade á súa lingua propia.
Se percuras miragres, olla: Morte e erro desterrados , Miseria e demos fuxidos , Gafos e doentes curados.
O mar sosega a súa ira, Redímense encarcerados, Membros e bens perdidos Gañan mozos e vedraños.
Xa o perigo se retira , Os pobres van remediados; Cónteno os socorridos Dígano os paduanos.
O mar sosega a súa ira, Redímense encarcerados, Membros e bens perdidos Gañan mozos e vedraños,
Gloria ao Pai , e Gloria ao Fillo, Gloria ao Espíritu Santo.
O marr sosega a súa ira, Redímense encarcerados, Membros e bens perdidos Gañan mozos e vedraños
Roga a Cristo ti por nós, Antonio Divino e Santo, para que dignos así Das súas promesas sexamos,
Amén
ORACIÓN
Facede , ouh Señor, que a intervención do voso Confesor Santo Antonio, encha de gozo a vosa Igrexa , para que, protexida sempre cos espirituais auxilios, mereza cehgar aos eternos goces. Por Cristo Señor Noso. Amén.
( Pidan a graza desexada )
( Recen 3 "Noso Pai " e Ave Marías , glorificando ao Santo. á Santísima Trindade e á Virxe María )
Comentarios
Publicar un comentario