CASA DE MORGADE .- A PINZA ( SÁRRIA )
A CASA DE MORGADE, EN SAN SALVADOR DA PINZA ( SÁRRIA )
Na .parroquia de San Salvador na Pinza, dende 1840 pertencente ao Concello de Sárria, no Camiño de Santiago, está a CASA DE MORGADE , que pertenceu até 1820 á Encomenda de Portomarín da Orde de San Xoán do Hospital de Xerusalem ( Orde de Malta )-
A súa orixe medieval ven sinalada polo propio toponimo que fai alusión a un posuedor "Mauracatus ( Casa de Mauragato ), e teria su orixe , cando menos, no século XII
No mes de maio do ano 1210 Pedro Muñoz acorda co comendador de Portomarín, Xoán Fernández, e o feeire Pedro Xiraldez, dar á Orde de San Xoán de Xerusalen o Hospital de Mirallos , a igrexa de Ferriros e o Casal de Delle e les danlle " O HOSPITAL DE MORGADE e o seu Couto , concédenlle unha ración na súa Casa de Portomarín como a un dos seus freires así como a admisiío no seu Orde cando queira e prometen que o axudarán como se fose un os seus freires , Pedro Muñoz cosegue ademais que sexa comendador de Mirallos o friere a cuxas instanzas fixo a doazón ( do Hospital de Mirallos ) , don Pedro Xiraldez , cando este esea na terra , e que os membros da súa familia que queiran permanceeren no lugar e foran obedentes ao Orde , poidan facelo, e sexan preferidos e amparadospolos hopsitaleiros. Ademais, estes mandarán a un dos seus freires para que vivise co doante " ( La Orden de San Juan en el Camino de Santiago , La Bailia de Portomarín ( 1158-1351 )" Carlos Barquero Goñi. Universidade Autónoma de Madrid ).
En 1538 frei don Luis de Lara, Comedador da Encomenda de Poeroraín da Orde de San Xoán, fixo aforamento da CASA E COUTO DE MORGADE a favor de Francisco e Catarina de Morgade, que tiñan a obriga de lle pagar a renda de 15 fanegas de pan, un porco cebado ou nove reais de prata por el , un cabrtio e vinte ovos.
Mantívose vixente ese foro até que o 9 de xuño de 1747 don Felipe de Bargas e Orozco , Cabaleiro da Sagrada Relixión de San Xoán, como apoderado gobernador e admisintrador de todos os benes e rendas da Encoemndan de Portomarín , que tocan á Súa Excelencia o Señor don Francsco de Frias Haro, Cabaleiro Grande Cruz da dita Relixión e comendador da dita Encomenda a aforoun Rafael de Morgade , Agostiño Arias e Xosé Fernández, en renda de 15 fanegas e 1 ferrado de pan centeo, un leitón ou 9 reais de prata por el e 1 cabrito.
Sabemos pois que o Couto era da Encomenda de Portomarín , igoal que a veciña parroquia de Santa María de Ferreiros, e o resto da parroquia da Pinza formaba parte dunha pequena xurisdición independente en mans de familias fidalgas. Cando se forma o Concello de Sárria, no ano 1840, na relación de parroquias, como espazo independente, fíxose figurar o Couto de Morgade.
A demarcación do Couto principiaba no "Camiño Real" Camiño de Santiago- a carón das casas do lugar, e seguía polo dito camiño atéa Leira da Táboa, polo Rego de Furafolla, separando da parroquia de Ferriros , até o Marco de Mor do Couto en dereitura á Pena da Devesa, a carón de Fruxinde, e dalí polo Agro e Portela de Feás , Agro do Rigueiro , Monte das Raposeiras e Portela de Pousadoiro remataba no Camiño Real.
Era un Couto Redondo que en 1820 pertenceu ao Concello de San Xoán de Portomarín , pasando definitivamente ao Concello de Sárria en 1840.
Primeiro como Hospital, e deesppois como casa pertencnete á Encoemda de Portomarín, o lugar foi tradicional lugar de acollida para peregrinos e traxinantes que ían ou viñan de Compostela.
Está documentada a especialización familiar na actividade de ferreiros, explicable por estar situada na beira do camiño , que ademías de ser ruta xacobea foi camiño de entradq e saída para quen viña ou deixaba amplas zonas de Galicia.
O vencello co Camiño viña ademáis ersaltada pola existencia da Capela de Trindade. deu lugar á exstencia de espacios adiacdos dentro da acsa a acollida de peregrinos e das cabalarías que con eles viñan-
Nos tempos actuais dun estabñecemto hostaleiro no lugar permite que os peregtinos poidan acahr atención nas súas necesaidades , nun punto sinalado entre Sárria e Portomarín.
Perto da Capela da Trindade está a Fonte do Demo , decorada polo artesán sarriao "Tinín Carabanas".
Morgade ten comuicación por unha pista que ten orixe na estrada de Pedrafita do Cebreiro a Vendas de Narón . antes do Muiño do Neo.
**********************************************************************************
LIÑA ESTREMEIRA DOS CONCELLOS DO PÀRAMO, PARADELA E SÁRRIA ENTRE AS PARROQUIAS DE SAN XOÁN DE FRIOLFE, SAN MIGUEL DE BIVILLE, SAN SALVADOR DE FERREIROS E SAN SALVADOR DA PINZA.
MARCO.- Está situado na aba Sur do alto coñecido por "Pico do Faro", parte máis alta da Serra do Páramo e empotrado nunha parede e a uns 50 metros do Sur do ángulo NE , que separa terreos de monte baixo e carrasco sendo os do O. que pecha o muro propiedade de don Manuel Díaz Grandas , da Vilanova, e as do Leste comunais dos veciños de San Miguel de Biville. A uns 100 metros ao Norte do marco que se acha a torreta do Vértice Xeodésico Páramo. Vense desde este punto ao Sur a Capela de San Marco, ao SL o lugar de Castromeixe e ao O. o da Vilanova. Non se ve o marco anterior que queda a NL a uns 500 metros. A liña de termo recoñecida entre este marco e o anterior e a recta que os une.
17º MARCO.- Reoñeceu como tal unha pedra de granito de forma irregular cuxas maiores dimensións visibles son 50 centímetros de ancho na base por un metro de altura. Está situado no sitio coñecido por "Chao" e forma parte da parede que pecha a finca de don Manuel Díaz Grandas , veciño da Vilanova, reseñada no marco anterior, Polo punto onde se acha o marco cruza o muro a valgada coñecida por "Rego do Chao" e ao S. do mesmo pasa o camiño que da Serra do Onte vai á Vilanova. Vese dende este punto ao N. o Vértiice Páramo. Vese o marco anterior que queda a NL a unha distancia de 500 metros. A liña de termo recoñecida entre este marco e o anteirior é o muro de pedra que pecha a a finca anteriormente reseñada , seguíndoa en direción S. dende o Marco 16.
Comentarios
Publicar un comentario