MESTRES DE SÁRRIA ( 1594 / 1618 )
O ENSINO PRIMEIRO EN SÁRRIA
RECORDOS DE SÁRRIA.- ALGUNHAS NOTAS RETROSPECTIVAS
( O Bacheler Pérez )
No xornal EL ECO DE SANTIAGO do 20 de novembro de 1928 publicou un artigo asinado por O BACHELER PÉREZ ( Pérez Constanti no que deu a coñecer o estado no que se encotraba o ensino na vila de Sárria e os seus mestres nos anos derradeiros do século XVI e primeiras décadas do XVII.
",,,,,, Ben se bota de ver , polos formais convenios naqueles rexistros escriturais , chamados nun tempo "Notas de Escribáns ", que non ía ázaga o Concello da vila de Sárria aos outros pobos de Galicia, en materia de primeira instrución , pois xa tiña mestre asalariado no século XVI , como o era BERNABE DE ROBELLE, a quen sucedeu en 1594 ALONSO SÁNCHEZ , nomeado o 2 de xuño por D. Xoán de Torrres. Alcalde e Xustiza Maior da Fortaleza e Marquesado de Sárria, e polo Concello que daquela presidí Gómez Ares de Páramo,
O contrato foi por dous anos , co soldo en cada un deles de 3.000 maravedisis , dándolle ao mestre casa para vivenda e escola, na que ensinará · " a ler, escribir e virtude".
Sendo veciño de Melide, onde exercía maxisterio, XOÁN FANDIÑO, natural de Pontedeume, solcitou e obtivo en 25 de abril de 1598, a praza de mestre de Sárria , outorgando comromiso por tres anos , con semellantes soldo e condicións que o anterior,Pero non debeu acabar o tempo convido, porque en 29 de xaaneiro de 1600, foi admitido por mestre ALONSO GONZÁLEZ , mediante escritura da que deu fe Gregorio Fernández de Moure, que autorizara tamén os anteriores contratos.
Ademais da asignación anual polo Concello , pagaríanlle os nenos que asistisen á súa escola " o que é de uso e costume" e · todos os días, mañá e tarde "halles facer dicir a doutrina cristiá cantada, e enm cada sábado sacaraos en procisión dende a igrexa de Santa Mariña até a de San Salvador cantandi a dita doutrina cristiá.".
En 31 de decembro de 1609 , perante o escribán Bartolome Vuelta de Teza, concertaron os servizos de ensino primeiro con MACÍAS DÍAZ DE LA ROCHA . Do salario aneiro de 3.000 maravedises , satisfaríalle o meiriño da Súa Excelencia ( Conde de Lemos e Marqués de Sárria ) 2.000 librados das penas de cámara e os 1.000 restantes a Xustiza e Rexemento do fondo chamado de "propios".
Continuaba DÍAZ DE LA ROCHA rexedno a escola en 1618, pero por estar feble e ancián , ofrecéronlle a praza de mestre , en 30 de setembro do dito ano, a MANUEL CORBALLE, por escriura a fe de Diego Fernández.
Se naqules tempos gardaban sinalada atención o Concello e o "Señor" por canto á instrución primaria se refería, , pódese supoñer que non habería de decaer nos posteriores , até a intensa reforma e patronalización polo estado deses servizo"....
Comentarios
Publicar un comentario