MELINDROS DE SÁRRIA. TRADICIONAL DOCE POPULAR
OS MELINDROS DE SÁRRIA
Elaborados con fariña de trigo, azucre e graxa , dende moito tempo atrás, os MELINDROS DE SÁRRIA levan o enadido de esencia de anis e despois de cocidos reciben unha capa azucrada.Cando menos dende os primeiros ano do século XX foron produciodos polas docerías tradicionais e polas fábricas de galletas establecidas en Sárria: "El Buen Gusto", " La Dulce Alkianza ", " Galletas Barreal", " La Sarriana", " La Indistrial", " El Postre Madrileño", " Pallares", foorn , entre outros establecementos os que dern forza a unha tradición que se moeu máis na liña do artesanal que da produción industral.... que é seguida polas modernas docerías que seguen a ofreceren en Sárria un produto sinxelo e de calidade.
No ano 1979 L- Losada entrevistou a MATÍAS LOUREIRO MELLE, sucesor do seu pai MATÍAS LOUREIRO ALVAREDO creador da Fábrica "La Sarriana" , establecida no número 4 da Rúa Maior que gozou de grande sona , non só na vila e a comarca e mesmo en vilas e cidades alonxadas .
.....................................................................................
A vella tradición dos melindros.
ESTÁN FEITOS DE FARIÑA, AZÚCAR , GRAXA E ESENCIA DE ANÍS
Ao ser un produto artesán non reporta grandes gaños.
"Framcamente tiña moito traballo . Para darse conta no facía falla máis que ollar a actividade desenvolvida na parte traseira do negocio na parte traseira do negocio que resenta. Grandes mesas cheas de todo tipo de doces agardaban o derradeiro aranxo , ese detalle que fará que a presentación máis atrainte e que eses doces sexan "comidos" case tanto cos ollos como coa boca.
Mais Matías Loureiro , e , cecais, por se non nos prodecatabamos fíxonolo notar:
- Estou con moita tarefa. Non teño tempo para nada, ademáis non sei que lles vou dicir. Non teño cousa que dicir.
- Por exempolo, ¿ de que están feitos ?
- Normalmente levan fariña, azucre e graxa. Nada máís que iso. Os que facemos aquí levan tamén esencia de anís.
-¿ Cando comezou vostede a facelos ?
- Digamos que dende sempre, porque xa os fabricaba o meu pai. Eu seguín coa tradición.
- Maxino que me dirá que os melindros de Sárria son os mellores de cantos se fan.
- Non lle vou dicir que son os mellores , pero sí que teñen un sabor característico, Fíxese que aquí facémolos varias persoas , algunhas en cantidades industriais , pero todos se distinguen por ese sabor que fai que quen os coman saiban que son de aquí.
- ¿ E moi laboriosa a súa confeción ?
- Moito , É pura artesanía. Pense na dificultade que presenta traballarmos con pezas tan pequenas. Despois de facela , hai que cocelas e darlles o baño de azucre.
Mentres contestaba ás nosas preguntas , MatíasLoureiro atendía ao traballo realizado polo resto das persoas que se achaban na súa confeitaría . Poidemos comprobar como se trataba dun labor de equipo xa que os pasteis e tortas ían pasando de man a man , case como se dunha grande cadea de montaxe se tratara, Ao tempo que permanecía atento ás cuestións , e cunha rapidez merecente de eloxio, debuxaba riba dunha torta" Feliz cumpleaños ". Iso que logo nos chama a a tención polo ben feito que está , non parecía presnetar grandes dificiltades para o artesán.
- Dígame unha couss , ¿ económicamente compensa facer melindros ?
- Non moito. Ao ser feito de maneira artesá , non pense que deixa grandes gaños . Se se fan de xeito industrial, sí, pero en pequenas cantidades non-
- ¿ Por que os seguen a facer entón ?.
- Por tradición e porque se vende ben.Por outra parte hai que traballar para poder vivir . É típicamente sarriao e non gostaría de deixar de fabricalo. E hai que ofrecer todo o que piden.
- Maxinamos que a demanda será enorme.
- Así é. E non só de aquí. Véndese para fora , para lugares como Barcelona, Madrid e calquera outra cidade. Aquí, ademias das persoas da comarca lévano xentes que van de paso e paran para coller unha bolsa ou dúas porque ouviron falar deles.
Matías Loureiro recórdanos que os melindros poden conservarse co mesmo sabor e a mesma calidade cinco ou seis meses , gardados en bolsas de plàstico- Sinala tamén que é un produto forte-
- ¿ Cal é a cantidade aproximada que se fai aquí, na súa casa, por exemplo, mensualmente ?.
- Calculo que uns trescentos quilos ao mes.
- ¿ Tantos ?
- Iso nós , agora hai que mirar os que fan noutros lugares, O total da produción, refírome á vila, é respectable
- ¿ E o prezo ?
- Non moi elevado, a oitenta pesetas o quilo. Como ve non é moito.
- ¿ Pensa seguir moito tempo con isto dos melindros ?
- Xa lle dixen antes que eu me debo aos meus clientes. Teño que ofrecerlles o que me piden. E siguen querendo melindros, así que eu seguirei facéndoos sempre que poida poida. Forma parte do meu traballo.
- ¿ Cecais chegue a mecanizar o sistema e facer grandes cantidades comerciais ?
- Nin o pense. De iso sí que ode estar seguro. Seguirei sempre a facelos de artesanía como eu digo.
- ¿ E non poida chegar a desaparecer esa tradición tan arrizada . ¿ Non cre que ao mellor a xente cansa dos melindros ?
- Desaparecer, non. Levamos moitos anos comendo galletas tostadas e empriso seguimos como o primeiro día . Aínda que sempre se anda a percurar cousas novas , isto está moi arraizado e non se perderá. É unha tradición moi profunda...
Denantes de rematar Matías Loureiro insistiu en que el non vai deixar de facer melindros de artesanía . Seguirá traballando neles , ao tempo que atende o seu negocio no que ofrece todo tipo de produtos relacionados coa confeitaría e pastelaría.
- Agora a ver se non lle enaden nada ao que eu dixen.
E de seguido deunos a proba de algo que acababa de facer . El quedou traballando , tal como o atopamos. As mesas cheas de pasteis e de tortas . Outras cinco ou seis persoas axudábanlle no labor. Este labor tan difícil que é a de ofrecer aos demais un bon doce.
L. LOSADA
,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
PUBLICIDADE.
GALLETAS LA SARRIANA SARRIA.- " La Sarriana ". Fábrica de Galletas, Rosquillas y Bizcochos. MATÍAS LOUREIRO.. Teléfono 69 SARRIA ( Lugo )
"LA SARRIANA" Marca registrada Fábrica de Galletas.- Teléfono 69 . Sarria (Lugo )
Até o seu peche "La Sarriana ", tamén baixo a denominacióm "MATIAS LOUREIRO " imdicaba a súa radicación coa expresión SARRIA ( GALICIA )
Ademais dos melindros foron produtos de moita sona elaboardos en "La Sarriana " as rosquiñas anisados, rosca de vodas, marmelo, mazapán, bolos de leite, galletas variadas, biscoitos, linguas de gato e unha moi ampla variedade de pasteis ( cañas, cocos. milfollas.... )
.....................................................................................................................................................................
MATIAS LOUREIRO ALVAREDO
MATÍAS LOUREIRO MELLE
Ademáis da formación recibida da man do seu pai en "La Sarriana " botou un tempo formándose en obradoiros de Barcelona
..........................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario