ALFONSO IX, FUNDADOR DE VILA NOVA DE SÁRRIA
ALFONSO IX REI FUNDADOR DE VILA NOVA DE SÁRRIA
ALFONSO FERNÁNDEZ . coñecido como " O Portugués ", a quen os musulmáns alcuñaban como "Baboso" pola fereza que amosaba no combate é tamén coñecido como Alfonso VIII, no cómputo dos reis excuvos de Galicia e León.
Nacei en Zamora no ano 1171 e morreu en Vila Nova de Sárria o 24 de setembor de 1230. Foi rei de León e Galicia entre os anos 1188 e 1230, aínda que con anterioridade estivo asociado no rei<nado co seu . pai. Foi fillo de Fernando II de León e Galicia e da princesa portuguesa Urraca, a primeira das súas mulleres, e curmán do Alfonso VIII, rei de Castela, co que tivo fortes desencontros.
Foi proclamado rei en 1188 , coa oposiicón da súa madrastra Urraca López de Haro e do seu irmanastro Sancho Fernández.
Cando morrera o seu pai regresou inmeiatamente a León onde foi recoñecido como Rei. Aproveitando a pretensión ao trono do seu irmanastro Alfonso VIII de Castela invadiu varias prazas leonesas e abriuse un tempo de guerra con Castela que rematou no ano 1197 coa sinatura da paz que foi rompida varias veces.
Como añinda se mantiñan as inrigas a favor de Sancho, convoocu no 1188 unha Curia Rexia e Pregoada en Leós, co obxectivo de se arrodear dos apoios necesarios á súa investidura e para solucoainar os problemas económicos da Coroa , coa particularidade de que, ademais da Nobreza e o Clero, reuiniu aos representantes das nove cidades principais , convertíndose as Cortes de León nas primeiras de Europa con particiación de elementos populares.
En 1195 morreu Sancho, esnaquizado por un oso nunha montaría, co que acabaron as intrigas pacegas.
Viuse atacado por Castela e Portugal; fixo as paces co seu curmán Alfonos VIII de Castela, aínda que reoñecéndose vasalo seu, o que lle pareceu humillante e iso fixo medrar nel un grande rancor que sería a causa de liortas e desencontros entre os dous monarcas.
Tamén fixo as paces con Portugal , mediante o seu csamento coa infanta dona Tereixa ( 1191 , filla de Sancho I de POrtugal, coa que tivo tres fillos: Sancha , Dulce e Fernando ( este morreu en 1214 sen deixar descendecia). Este matrimonio foi anulado polo Papa Calixto III ( 1194 ) polo parentesco que os uía, xa que eran curmáns.
Nese memso ano asinou con Alfonso VIII de Castela un tratado que ningún dos dous pensaba cumprir .Entrou nunha alianza con Portugal, Aragón e Navarra contra as pretensións hexemónicas do castelán.
Cando no ano 1195 se produciu a rota de Alarcos, tanto Alfonso IX de León e Galicia, como o rei de Navarra fixeron pauto cos almofades e en 1196 , todos xuntos, cairon sobre Castela, que soubo defenderse e tomou a ofensiva contra León, provocando uns anos de enfrontamentos que remataron cadno Alfonso IX casou con dona Beringuela, filla de Alfosno VIII de Castela, Esta voda tivo lugar en outubro do 1107 e desa unión naceron Fernanndo III, Leonor, Constazna e Beringuela. O Papa Inocencio III anulou este matrimonio en 1203- Alfonso IX tivo tamén amores con Tereixa Gil, da que tivo catro fillos.
No ano 1209 os monarcas asinaron un tratado de paz, e malia a ese compromiso Alfonso IV non axudou ao seu sogro na batalla das Navas de Tolosa ( 1212 ), aínda liberdade aos seus súditos para que participasen na loita, aproveitando para tomar por forza as prazas leonesas que ocuparan os casteláns e cando Alfonso VIII voltou vitorios aceptou o feito consumado e asinaron unha nova paz. ( 1213 )
En 1214 morreu Alfonso VIII despois dun longuísimo reinado.. Tra-lo curto reinar en Castela do seu fillo Henrique I ( 1214-1217 ), cunha minoría rexia , baixo da súa irmá Beringuela, muller de Alfonso IX de Galicia e León, e o poderoso Álvaro Núñez de Lara , proudiuse o normal problema sucesorio , que expresa a asunción plena de funcións pola familia real. No reinado de Henrique I foron moitas as diverxencias entre Beringuela e os Núñez de Lara, con liortas nobiliarias nas que a familia real tomou protagonismo.
Cando morreu Henrique I foi proclamada raiá de Castela dona Beringuela, que renunciou a favor do seu fillo Fernando III-
Na loita cos musulmáns en Tras Serra Alfonso IX tomou Alcántara e tratando de unir os dous reinos loitou contra o seu fillo Fernando III de Castela, sendo derrotado perto de Burgos e reconcilados pai e fillo asinaron a paz o 26 de agosto de 1218.
De seguido dirixiu os seus esforzos de conquista contra os almofades- Axudado polas ordes militares tomou Valencia de Alcántara ( 1221 ) e Cáceres ( 1229 ) á que lle deu foro , e en 1229-1230 apoderouse de Montánchez. Alange, Mérida, Badajoz e Elvas, despexando así o camiña cara Sevilla-
Ao seu impulso repoboador debéronse as fundacións do Burgo Novo de Triacastela, Vila Nova de Sárria, Portomarín , Burgo de Caldelas, Melide,Baiona, Milmanda..... Fundou o Estudo Xeral de Salamanca e deu prudentes foros para o bon goberno das pobras e das terras.
Ademáis de foros dados para varias desas vilas galegas, e tamén para outras fundadas nas Asturias, deu unhas constitucións, de carácter e aplicación xeral, polas que se terían que gobernar as pobras creadas na diocese de Lugo, datadas na dita cidade-
O 24 de setembro de 1230 Alfonso IX de Galicia e León faleceu na Vila Nova de Sárrs cando ía de pelerinaxe cara Compostela para agradecerlle ao Apóstolo a súa axuda na conquista das estremeñas terras de Mérida. A comitiva real, portano o seu cadleito, seguiu cara SAntiago onde o seu corpo foi depositado no sartego existente na Capela das Reliquias
Dúas representación de este rei, unha sedente e outra dacabalo, son imaxes que se conservan nun manuscrito medieval. , o iluminado Tombo de Toxos Outos.
*************
A Vilanova de Sárria, depois Pobra de Sárria e agora vila de Sárria naceu como vila real, polo impulso e decisión de Alfonso IX, mantendo esa co<ndición até o primeiro terzo do século XIV-E ten como sinal de identidade o referente histórico da súa fundación real.
Alfonso IX en 1186 eximiu de todo tributo real e de toda xurisdición, en non sendo a do abade, a todas as igrexas dependnetes de Samos e que quedaban fora do Couto mosterial
Coa ocasión dunha pelerinaxe a Santiago de Compstela, no ano 1209, estadno na Ponte Miñá ( Portomaría ) resolveu unha contenda entre o abade samonense Exidio e o Tenente da Terra de Sárria , que facía rapinas nos bens e nos servos de Samos.
O 27 de xullo de 1228 suscribou na Vila Nova de Sárria un doumento polo que dispensa de tributo , por devoción á Orde de Santiago, pola casa que os cabaleiros tiñan en Palas do Rei, dependen da bailía de Vilar de Donas.
Sárria horou a memria do rei Alfonso IX dándolle o nome de GRAN VÍA ALFONSO IX á rúa que con orixe n Rúa da Liberdade ( Cruce dos Catro Camiños ) vai até a Rúa Fernando de Castro ( As Insuas ) e o Hotel Alfonso IX, na Rúa do Peregrino fai lembranza de quen foi o derradeiro Rei de Galicia.
O día 22 de maio de 2007 , na Praza da Constitución da vila de Sárria, como consecuencia das obras de arranxo da Rú Maior foi inslada unha escultura sedente en pedra que homenaxea : a figura do rei fundador da Vilanova de Sárria, onde achou morte, en cuxa base se pode ler.
" Os sarriaos ao seu fundador Alfonso IX rei de León e Galicia. + Vilanova de Sárria 24.IX.1230."
Comentarios
Publicar un comentario