CÁRCERES E PRISIÓNS DE SÁRRIA
CÁRCERES E PRISIÓNS DE SÁRRIA
1.- A CADEA NA FORTALEZA DE SÁRRIA
O cárcere sarriao máis antigo do que se ten coñecemento estaba nos sotos da Fortaleza, baixo terra e en terribles condicións de humidade e de total escuridade, sempre baixo do control e vixianza dos señores da Terra de Sárria e dos seus meiriños e saións, decote movidos na arbitraria aplicación de penas e castigos.
No século XVII a Real Audiencia do Reino de Galicia mandó que se suprimisen as cadeas que estaban baixo terra e que se fixesen desaparcer enchéndoas de reblo e cegando as súas entradas.
2.- O CÁRCERE MARQUESAL NA PRAZA PRINCIPAL
Por esa reazón os Marqueses de Sárria mandaron facer unha casa segura que servise de cárcere e de vivnenda para o alcaide e foi así como na Praza Publica ( na actualidade Praza da Constitución ) se instalaron as celas nas que até 1836 foron recluídos malfeitores, ladróns e delincuentes e mesmo as persoas que tendo débedas en diñeiro eran condeadas a seren encarceradas-
Sabemos, polo Cadastro do Marqués de la Ensenada ( 1753 ) que o cárcere marquesal era unha casa de baixo e un andar.
Está documentado o feito de que no ´seculo XVIII con ocasiónde ter que facer obras na Casa do Cárcere os presos pasaron a estaren na casa partiuclar do Carcereiro, na parroquia de Santiago de Farbán, que os tiña baixo un relaxado xeito de vixianza pois consta que un escribán que tiña que facerlle un requerimento o achou tomando o sol, sentado nun poio, diante da porta.
O Càrcere sarriao era propiedade dos Condes de Lemos-Marqueses de Sárria , como señores da vila e do Marquesado, e ao ser suprimidas as xurisdicións nobiliarias, e máis adiante seren creados os partidos xudiciias coa creación da figura dos Xuices de Primeira Instancia, o cárcere sarriao entrou a formar parte do incipiente sistema carcerario español, suxeito o seu sostemento, no aspecto económico, ás aportacións comprehendias nos orzamentos dos muiños en función da poboación de cada un deles-
O primeiro Concello Constitucional dos anos 1820/1823 interesou solicitar do Conde de Lemos que colaborasen na creación du cárcere cómodo e seguro.,
O día 19.03.1823 o cárcere foi asaltado por unha partida de realistas da "faución do Burón", que rompendo tosas as portas ceibaron a todos os presos , ao tempo que asaltando a morada do Xuiz de Primeira Instancia roubaron todas as causas penais nela custodiadas.
3.- O CÁRCERE NO EX-CONVENTO DE SANTO AGOSTIÑO
Producida a exclaustración no ano 1836 o antigo mosteiro de Santa María Madalena de Sárria viu acondicionadas celas e depenencias tanto para servir de prisión como para servir de vivenda do seu alcaide , manténdose esta situació até o ano 1896.
** En 1868 o Carcereiro ocupaba varias salas do baixo onde residía coa súa familia.
** ( 4.03.1869 ) Rematan obras de arranxo nas celas destinadas a acoller presos.. Adxudícanlle o alumeado do cárcere, por medio de aceite, a Francisco Saco Quiroga , en 130 escudos.
** ( 29.08.1876 ) O Concello aproba o remate das obras de facer un pozo por un importe de 57,50 pesetas,
** ( 27.05.1881 ) O Concello comuníaclle á Deputación Provincial que ningún dos restante Concellos do Partido Xudicial fixera as aportacións económicas que por prorrata tiñan que haber entregado á Xunta Carceraria do Pardios para o sostemento do Cárcere. Situación esta de impago que sistemáticamnte se viña producindo causando grave quebranto á enonomía municipal sarriá que se vía obrigado a adiantar o que os demáis concellos non entregaban nos prazos vencidos-.
** ( 24.09.1881 ) O Alcalde se Sárria por non seren pobres solicitou do Gobernador Civil da provincia sexan embargados e vendidos bens dos presos , veciños de Castro de Rei de Lemos, chamados Anxo Losada López, Antonio López Díaz, Manuel Armesto López, Ramón Armesto López, FRancisco López, Xertrude González Pumar, Manuel Lebón Rodríguez, Antonio López Rodríguez, Xosé Armesto López, Manuel López Saavedra, e Xoán María López; e os de Vilamaior Domingos López Rodríguez e Xosé López Rodríguez.
** ( 19.02.1885 ) Foron adquridas 6 camas completas e 4 mantas para os presos en prezo de 289,50 pesetas.
** ( 22.12.1887 ) O Concello acordou dar un socorro extraordinario de 2 pesetas por preso pola festa do Noiteboa.
** ( 8.03.1888 ) Foi aprobado o gasto de 30 pesetas por un carro de palla para encher os xergóns das camas dos presos.
** ( 7.06,1888 ) Acordan facer arranxos nas celas dos presos.
** ( 1,11.1890 ) Contrataron con Manuel Castiñeira o caleado e branqueo das paredes do Cárcere en preso de 150 pesetas.
** ( 6.03.1891 ) Nomeamento de garga auxilar para o Cárcere.
4.- O CÁRCERE NA ESCOLA VELLA
Coa chegada dos relixiosos mercedarios no verán de 1896 ,,para ocupar o abandoado Mosteiro de Santa María Madalena e o trsslado da vella Escola Publica de nenos ao espléndido edificio escolar alzado por conta da testamentaría de don Matías López López, houbo necesidade de deixar libres as estancias ocupadas no cenobio polo Cárcere sendo reubicados presos e carcereiros nos locais que foran escola e casa do mestre. Esa prisión formaba parte do complexo que fora sede do Hospital de Santo Antón Abade e Escola de Gramática-Escola de Primeiras Letras , que na parte frenteira á Rúa Maior albergaba a Casa Consistorial.
( 18.08,1897 ) Mercaron 7 lámpadas de aceite para o alumeado do cárcere a Manuel Díaz e 421,07 litros de óleo en prezo de 420 pesetas.
( 7,.06.1889 ) Por traballos de arranzo nas celas pagáronlle a Pedro Cabañas López 152,57 pesetas.
( 5,12,1927 ) O Concello fixo ofrecemento ao Estado dos terreos da "Horta do Hospital" para a construción do "Cárcere Novo".
5.- A PRISIÓN PREVENTIVA
No tempo da Ditadura de Primo de Rivera con aportaciós da Xunta Carceraira do Pardido Xudicial de Sárria e do Estado foi alzada a PRISIÓN PREVENTIVA, composta de semisoto e un andar, ocupando os terreos cedidos polo Concello na entón chamada "Avenida da Feira" ( hoxe Rúa da Mercé ).
No semisoto había varias celas que comunicaban co patio e no andar principal , na ala esquerda había celas e unha cociña central e na dereita estaba a vivenda do carceriro, e a un e outro lado da entrada do establecemento estaban as oficinas. Había ademási unha galería avanzada sobre o patio para vixiar aos presos nas horas que pasaban fora das ucelas.
O conxunto do edificio, no que se deu por vez primeria en Sárria un uso de ladrillo e de traves de ferro , presentuo xa dende o comezo problemas de humidades masivas , moi perxudicias para presos e encargados do cárcere.
Ao pouco de ser inaugurada , o mesmo que aocnteceu con outras prisión preventivas, foi clausurada polo Goberno da República , e acordada a nova apetura voltou a estar operativa.
6.- DEPÓSITO DE DETIDOS E PRESOS
Xa como lugar de reclusión temporal, ao seren potenmciadas as Prisións Provinciais, pasaro a ocupar as celas detidos en liiortas, moinantes , detidos de orde dos alcaldes....
Dende o 21 de xullo de 1936 até ben pasado o remate da guerra civil, deuse unha ocupación, maiormente arbitraria e non suxeita a procedmentos legais. na que tomaron parte moi aciva os falanxistas locais, que fixeron un abusivo uso das instalacións para deter aos seus adversarios politicos, sen orden xudicial, sometédoos a todo tipo de aldraxes e vexacións, como a de facrlles beber grolos de aceite de ricino e petróleo, darlles vergalalazos ou isalos como moeda de chantaxe fronte a familiares.
A historia negra da Prisión Preventiva de Sárria presenta un alto número de detidos que en 1939 se viu incrementado co arresto de nais e esposas de fuxidos como medio de presión para que estes se entregasen ás autodiades.
Os presos que non tiña recursos eran atendiods pola Xunta Carceraria. Asistenzas a detios: 1936: . Stembro ( 16 ), Outubro ( 22 ). 1938: Decembro ( 9 ). 1939 : Xaneiro ( 17 ), Febreiro ( 15 ), Marzo ( 17 ). Abril (88 ), Maio ( 90 ), Xuño ( 13 ). Xullo ( 5 ). Agosto ( 8 ) Setembro (9 ) Novembro ( 18 ) Decembro (4 ), 1940: Xaneiro ( 6 )
En 1939 os concellos integrados na Xunta de Partido mantiñan fortes débidas polas obrigadas aportacións para o sostemento do Cárcere: O Incio (19.873,56 pesetas ). Láncara ( 8.395,25 pesetas ). Patadela ( 6.339., 62 pesetas ). O Páramo ( 5.529,22 pesetas ). Samos ( 15,508,17 pesetas. que facían un total de 55.645,82 pesetas.
Desaparecidas as detencións e internamentos por razóns politicas no cárcere esntraba somente os suxeitos a arrestos gubernativos, ou os investigados por razón de faltas, que eran custodiados polo carceriro que viía na ala Sur do edificio.
Darredor do ano 1970, sendo alcalde Euxenio Quiroga Vázquez, o letreiro cerá,mico no que se le "Prisión Preventiva", foi tapado por ouros de madira coa lenda "Albergue nº 13 ", permitino aos peregrinos que ían de paso cara Compostela que poideran durmir no interior, que carecía de todo tpo de amobtamento.
A partir dos anos 1980 deixou de servir o edificio para albergar detdos e o último carcereiro, Antonio García, deixou a vivenda pasando a residir nunha casa da súa propiedade na rúa Rosalía de Castro.
Cando se fixeron obras de ampliación da Casa do Concello, no semisito habilitouse unha dependencia para acollida de detidos con detención acordada polo Xulgado de Instrucción, que deixou moi axiña de cumprir esa función, pois ao existir cela para detidos no Cuartel da Garda Civil na Rúa Castelao ( na Ribela ).
O edificio da Prisión Preventiva foi obxecto de sucesivos acondicionamentos quedadnn adaptado, coas obras feitas por Escolas Obradoiro para Salas de Exposicións, Oficina de Turism, sede da oficina do Eixo Atlántico dn Sárria , exposición das Pampónigas, cursiños musiacias e outros etc.
O resió da antiga "Horta do Hospital" siituado á esquerda do edificio foi acondicionado para Área de Descanso e para o "Miradoiro do Cárcere" con instalación nel do cruceiro cuxa colocación promovera darredor de 1980 o Centro Cultural "Meigas e Trasgos-CIT de Sárria,
SITUACIÓN PREVIA DO EDIFICIO DO ANTIGO HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE E DA HORTA DO HOSPITAL
1.- HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE ( OBRA PÍA ) / CASA CONSISTORIAL ( Rua Maior, 1 )
O Hospital de Santo Antón Abade, adicado á atención de peregrinos que "voltaban" de Santiago dende a décafa final do século XVI , até a primeira década do século XIX, albergou máis ou menos a partires de 1740 a sede da Xustiza e Rexemento da vila e Marquesado de Sárria e na parte traseira alzaron edificio para Escola de Gramática / Escola de Primeiras Letras e Casa do Mestre ( fianis do século XVIII )
O resto dos terreos estaba ocupado pola "Horta do Hospital", con fronte á Avendia da Feira ( hoxe Rúa da Mercé )
CASA CONSISTORIAL , o antigo hospital, pasou en 1820 a ser a sede do Concello Constitucional de Sárria , e mantivo esa función até 1920, ano no que pasou a albergar a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sárria.
2.- PRIMEIRA SEGREGACIÓN , CESIÓN AO MINISTERIO DE GRAZA E XUSTIZA
Trasladada a Casa do Concello á Casa Vaamonde ( Rúa Maior / Praza da Constitución ) e establecido no edificio o Xulgado , sendo necesidade moi sentida dende máis de cen anos atrás , unha vez máis o Concello de Sárria fixo formal ofrecemento de terreos para a desexada Prisión Preventiva, para a que a Xunta Carceraria , dende décadas, viña achegando fondos-
Aceptado o ofrecemento en 1928 na que fora "Horta do Hospital" o Concello de Sárria fixo cesión du amplo soar , segregando o seguinte espazo:
Un tarreo sito na Avenida do Campo da Feira, da extensión aproximdaa de 770 metros cadrados; estrema ao Norte , con horto de dona Irene Castro, hoxe Manuel Yebra; Sur, coa antiga Casa Consistorial e Escola antiga , de propiedade do Concello; Leste, Avenida do Campo da Feira.
Cando se fixo esta segregación a parte frenteira da casa estaba ocupada polo Xulgado, e a traseira polo Cárcere. A parte de horta que daba á Rúa Maior , e a traseira onde estivera a derrubada Casa do Mestre, estaban destinadas a cultivo, e sobre ese espazo recaeu a segregación e a cesión para o novo edificio carceraios,
3.- CESIÓN DE USO PARA FACER O EDIFICIO DO CLUBE ANDURIÑA
Con destino de COMEDOR SOCIAL e Clube de Anciáns Anduriña foi cedido para servizos sociais, recaendo finalnete na Xunta de Galicia, o espazo que ocuparan a Escola Vella/ e o Cárcere, permtnno ademías a construción do amplo comedor riba de terreos da horta, ao que se accedía dende a Rúa Maior a medio de escaleira e terraza ali isntaladas.
4.- SEGUNDA SEGREGACIÓN PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO EDIFICI<O DO XULGADO DE PRIMEiRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN
O Concello de Sárria fixo cesión de terreos da Horta do Hospital, do edificio do Clube de Anciáns Anduriña e do edificio do Xulgado, do que só se salvou a fachada principal, espazos que, na súa totalidade foron ocupados pola nova edificación.
5.- RESÍO NORTE DA HORTA DO HOSPITAL
Conservado baixo o dominio do Concello de Sárris serve de asento á Área de Descanso e ao Miradoiro do Cárcres onde está o cruceiro obra do artista lucens Manuel Mallo.
SITUACIÓN CATASTRAL
Edificio que fora Hospital de Santo Antón, Aula de Gramática, Escola de Primeiras Letras, Casa do Mestre, Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, Cárcere, Escola de Musica, Xulgado de Distrito, Clube de Anciásns e Comedor Sociall Arquivo Notarial.
Foi derrubado e no soar resultante foi construído o novo XULGADO co seu anexo de Sala de celebración de xuízos.
Referenzas Catastrais
1.- Finca 9477011PH2397N0001QK
Edificio da antiga Casa Consistori<al. Rúa Maior 1. Superfice: 245 metros cadrados
A titularidade real, até a cesión á Xunta de Galicia correspondíalles ao Concello de Sárria.
Actualmente a edificación do Xulado moderno correspóndelle á Xunta de Galicia.
En outubro de 2009 figuraba como titular catastral o Minsterio de Xustiza.
2.- Finca 9477010ph2397PH2397N0000GK
Inclúe parte da antiga Horta do Hospital ( fronte á Rúa Maior ) e Rúa da Mercé , utiloizada para a amplicación do Xulgado.
A finca catastral da que forman parte estes terreos está inclusa nos terreos segregados no ano 1928 para a construción da Prisión Preventiva, e ootra pare ocupous co desparecido Clube Anduriña.
Superficie: 462 metros cadrados. Forma parte da finca castral con titularidade do Estado ( aportación feita para o Ministerio de Graza e Xustiza ).
Titularidade catastral: En 19 de outubro de 2009 figuraba como titular a Xunta de Galicia ( Consellería de Cultura )
3.- Finca 9477012PH2397N0001PK
O terreo formaba parte da Horta do Hospital e nela alzouse a Prisión preventiva , Comprhende tamén o espazo da horta que daba á Rúa Maior e o terreo que ocupara a Casa do Mestre, c9n fronte á Rúa da Mercé- Superficie : 657 m/2.
Titularidade : Dende que o edificio perdeu a súa condición de Depósito de Presos e Detidos ven estando señoreado polo Concello de Sárria, para fins culturais e sociais. Hai que ter en conta:
a).- Que malia a ter perdido a súa cndición de Prisión Preventiva o Estado non fixo desafectación da finca no seu día aportada.
b ).- O edificio , sen declaración de obra nova, non figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Sárria, e sí está inscrito o soar.
c ).- O edificio foi constuído coas aportacións en diñeiro feitas pola Xunta Carceraria e o Estado. Os fondos da Xunta procedían das aortacións anuais dos concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Sasmos e Sárria , prrrateadas en función do numero de habitantes de cada un dos Municipios. Parte eeses fondos procedíab da venda do Alfonín do Sal, propeidade dos concellos do Partido, que estaba na estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira ( na Rúa Conde de Lemos ) e do soar que fora adqurido na Rúa Maior, con desino a facer o Cárcere , que ao ser desafectados foran comprados por Xesús Guerra, Rexistrador da Propiedade. O soar no que se frustrara a intención de facer o cárcere estaba entre as casas de Irene Castro ( nº 5 ) e a Casa de Losada ( nº 7 ).
Titularidade rexistral: Figura o soar, cunto coa parcela anterior , a nome do Estado.
Ti<tularidade catastral: Minsterio de Xustiza.
Situación real , o espazo que vai dende a Rúa Maior á parede sur da Prisión preventiva está ocupada pola edificación en pranta baixa anexada á edificación de baixo e un andar alzada para sede xudicial.
4.- Finca catastral: 9477013PH2397N0001LK
MIRADOIRO DO CÁRCERE: Parcela sita na Rúa da Mercé . Está desinada ärea de Descanso e conta cun cruceiro e vexetan ali un carballo, un freixo e dúas oliveiras. É un resió da antiga Horta do Hospital, que figura incluído dentro do terreo aprtado en 1928 para facer o Cárcere Novo.
Superficie: 446 metros cadrados. ( Este dato é totalmente erróneo xa que a representación gráfica catastral inclúe terreos das fincas que estreman con ela.
O Concello de Sárria señorea este terreo e correu con todas as obras de acondicionameto da ärea de Descanso e do Miradoiro. O cruceiro promovido por Meigas e Trasgos fíxose con cargo a unha subvención de Turismo ( anos 1978/ 1981 ). Unha Escola Obradoiro instalou un escudo de Sárria feito como mosaico con teselas.
ALGUNHAS REFERENZAS DOCUMENTAIS
( 15.07.1919 ) Xunta de Reforma e Ampliación da Prisión Preventiva do Partido de Sárria.- Adopción do porxecto feito polo arquiteco Nemesio Cobreros .acordan contribuire con 18,873,08 pesetas ( existencia en caixa ) e 19.251,10 pesetas, de débedas dos concellos de Samos, Paradela e O Incio.- TotaL: 39,124,16 pesetas. Esta cantidade excedía da que fora obxecto de presuposto.Acordan elevar os planos,proxecto, presuposto e acordos ao Minsterio de Graza e Xustiza.
( 23.04.1921 ) Xunta de Reforma e Ampliación da Prisión Preventiva do Partido de Sárria.. Fixan a base da subhasta para as obras da Prisión en 46.838 pesetas, Anuncio da suhasta.
(9.12. 1922 ) Xunta de Reforma e Ampliación da Prisión Preventiva do Partido de Sárria.- Indican que a Xunta quedou constituida con suxeición ao Real Decreto de 4 de outubo de 1877. Recordan que a anterios Xunta quedar constituida en 23.06.1919 , indicando que o Cárcere estivera no esconvento de Agostiños de onde pasara á parte traseira da antiga Casa Consnstorial en 1920.
( 25.05.1924 ) Xunta de Reforma e Ampliación da Prisión Preventiva do Partido de Sárria.- Fan refeencia a plano e presuposto aumemtado, asumidos na Xunta de 23.04.1921 e acordasn facer xestións para a recuperación desa documentació que andaba perdida por ter falecido o alcalde Manuel Gutiérrez.
( 6-07.1926 ) Xunta de Reforma e Ampliación da Prisión Preventiva do Partido de Sárria.- O contratista Francisco Cabarcos fai entrega dos planos da Prisión, que estaban no seu poddr.
( 7.04.1928.- Escritura de cesión da "Horta do Hospital" feita polo Concello de Sárria a favor do Estado para alzar nela a Prisión Preventiva. Notario: Saturnino González López. Escritura nº 49.
Sesión do Concello de Sárria de 5,12, 1927: Por unanimidade aproban cederlle ao Estado un terreo propedade do Concello de Sárria para soar da Prisión Preventiva -
No outorgamento da Escriuta, actuando en nome e beneficio do Estado, comparece o Xuiz de Primeira Instancia e Instrución do Partido Xudicial de Sárria, Celso Gallego Pernas.
Descripción: Terreo sito na Avenida do Campo da Feira de extensió aproximada de 720 metros cadrados , estrema ao Nrte, con horto de dona Irene Castro. hoxe Manuel Yebra ; Sur, coa antiga Casa Consistorial; e Escola antiga, de propiedade do Concello; Leste, Rúa Maior; e Oeste, Avenida da Feira.
Figura inscrita a nome do ESTADO no Rexistro da Propiedade de Sárria ao folio 29 do Libro 80 de Sárria, Tomo 263 do Rexistro, finca 6.740.
Nota : O Concello cedeulle ao Estado a totalidade da "Horta do Hoispital" , que daba á Rúa Maior ( nº 3 ) e á Avenida da Feira ( hoxe Rúa da Mercé , reservando pare el a antiga Casa Consistorial e a Escola Vella, esta con entrada pola Avenida da Feira.
Para a construción da Prisión Preventiva deixous sen ocupar a subparcela con fronte á Rúa Maior e outra porción ao norte da Escola Vella. Tampouco se ocupou o resío inmediato ao chamado Prado de Batallón ( hoxe Miradoiro do Cárcere ). Todos eses terreos estaban incluídos na documentada cesión.
Pasadas catro décadas o Concello de Sárria fixo cesión de uso para que se alzase o edificio do comedor do Clube de Anciàns Anduriña, a favor da Direición Provinciaol de Asistencia Social, que finalmente , con autorización da Xunta de Galicia, foi derrubado para enadir ese espazp á obr da consturción do novo edificio do Xulgado de Primeria Instancia.
( 2.05.1970 ) Sesión do Concello de Sárria.- Escrito do Ministerio de Xustiza sobre cesión do inmobñe que fora Prisión Preventiva.
( 28.09.1995 ) Sesión do Concello de Sárria .- Cesióná Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia do edificio do Xulgado ( Rúa Maio 1 ) e dos espazos non edificados da antiga"Horta do Hospital" ( Rúa Maior e e Rúa da Mercé - traseira do Xulgado )., Superficie: 644 metros cadrados
0s terreos cedidos xuntom co corpo de edificio de baixo e un andar , que estaba destinado a Xulgado de Distrito e Arquivo de Protocolos Noariais ( 258 m/2 ), o espazo ocupado polo Clube de Anciáns " Anduriña" ( 135 m/2 ), e outros espazos swn edificar de 96 m/2 a ao Sureste , de 120 m/2 ao Norleste e outros 35 m/2 ,
Estremas: Fronte: Rúa Maior ; esquerda: Avenida da Mercé ; dereita, Xosé María älvarez Neira ( familia Kappler ); fo<ndo, antigo Cárcere do Partido Xudicial de Sárria.
Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Sárria no Tomo 375 do Arquivo Xeral Libro 149 do Concello de Sárria, Folio 44. Inscición primeira, Finca 16.629,
( 16,12, 2009 ).- Concello de Sárria.- Toma de coñecemento do acrodo do Concello de Samos tomado en sesión de 4.12.2009 autorizando a vcesión para que o edificio da antiga Prisión Preventiva, nas súas distintas dependenza , sexa destinado a fins culturaism sociias ou de representación de interese comarcal , e en especilal sexan destinadas para fins museísticos, divulgativos e de exposicións temáticas relacionadas coa Comarca.
( 06.042010.- Con cello do Incio.- Acordou autorizar a cesión para que o edificio da antiga Prisión Preventiva, nas súas distintas dependenzas , sexa destinado a fins culturais , sociais o de representación de interese comarcal, e en especila sexan destinadas para fins museísticos, divulgativos e de exposicións temáticas relacionadas coa Comarca.
( 12.05. 2010 ) Concello de Láncara.- Acordou autorizar a cesión para que o edificio da antiga Prisión Preventiva , nas súas distintas dependenzas, sexa destinado a fins culturais , sociais ou de representación de interese comarcal, e en especial , sexan destinados espacios para fins museísticos, divulgativos e de exposicións relacionadas coa Comarca.
( Non dispoñemos de confrirmación da posición adoptada polo Concello do Páramo. )
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
DEPOSITO MUNICIPAL DE PRESOS ( SÁRRIA )
O 20 de decembro pasou a ser xestionado polo Concello.
ELISEO SÁNCHEZ LÓPEZ, de Santo Estevo de Calvor, foi Vixiante Auxiliar do Cárcere desde o 7-12.1937, co haber diario de 3 pesetas. Formaba parte das MIlicias de FET y de las JONS.
Os haberes pola conta do Concello foronlle recoñecidos con efectos de 16.05.1934 a razón de 5 pesestas por día , e seguiu cobrando 3 pesetas diarias até 13.05.1939.
Causou baixa como Vixiante o 27-03.1949. Liquidación:
1º.- 20.06.40..................500,00
2º.- 31,12,40...................650,00
3º,. 31,12,40...................430,00
Total................................1.580,00 pesetas
Recibido por libramentos.......................... 1.850,00 pesetas
Devengadas.................................................1.580,00 pesetas
Sobrante devengados a devolver................................. 270.00 pesetas
..............................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario