EDUARDO LENCE-SANTAR E GUITIÁN E SÁRRIA
EDUARDO LENCE-SANTAR E GUITIÁN E SÁRRIA
Eduardo Lence-Santar e Guitián .- Cronista Oficial de Mondoñedo naceou o 16 de xullo de 1877. Foi fillo de Agostiño Lence-Santar e de Xosefa Guitián . En 1889 vivia cos seus pais na Rúa Maior 79 ( O Arrabaldo ) e aparece censado como estudante. A familia asentou máis adiante en Mondoñedo.
Autor de traballos de investigación e difusión histórica e de temática etnográfica referidos á Sárria e a súa comarca publicou artigos relativos á Fortaleza de Sárria, Os Maios, O Correo en Sárria, o Mosteiro da Madalena , os gaiteiros da terra, as pulpeiras da vila de Sárria, etc. Adicou algunhas composicións poéticas.
CANTARES DO EMIGRANTE
Pouco importa ter diñeiro , pouco importa ter honores, se vivo fora da terra, da terra dos meus amores
Da terra onde eu nacín, da terra onde eu gocei, , <da terra que tanto admiro da terra que sempre amei; da miña terra galega , desta miña terra amada, da miña patria, Galicia, ¡Galicia da miña i-alma !
,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
Campaíñas , campaíñas , campaíñas Goián, se non tocás de cotío, Que de soidades me dan !.
Rapazas cal as de Sárria non as hai no mundo enteiro : ¡ Que gsllamardas , que ollos , que trato tan churrusqueiro !
Teño de ir ao Santo Eufrasio . teño de ir coa miña nena, heille levar de regalo unha veliña de cera.
Adeus rúas, adeus prazas da meiga vila de Sárria, anque xa nunca vos ollo ¡ eivos de lembrar coa i-alma !
( De "Cantares", Manuel Lence-Santar e Guitián , 1912 )
En LA VOZ DE MONDOÑEDO publica artigos relacionados coa vila de Sárria e a Comarca :
* En 17.02.1906 e 24.02.1906 : DA TERRA DE SÁRRIA.- O CRISTO DE GOIÁN.
* En 24.03.1906 : DA TERRA DE SÁRRIA.- AS CARTAS
* En 9.11.1907 : DA TERRA DE SÁRRIA.- UNHA RÚA NO POLVOREIRO
En NOVA GALICIA publica :
* 18.02.1906: DA TERRA DE SÁRRIA .- DE TROULA
Comentarios
Publicar un comentario