CONTO SANXOANIÑO: O VELLO DOS CONTOS E O SEU FILLO
CONTO SANXOANIÑO
O VELLO DOS CONTOS E O SEU FILLO
( Xaime Félix López Arias )
Lembrando a Avelino Pousa Antelo
O Vello tiña face enrugada , cortada polos sucos dunha longa vida, e dubidou de petas na porta da escola, sentíndose fora de lugar .
Os escolantes andaban a xogar cunha pelota no patio-.
- É vostede o mestre..... ?
- Debo selo - dixo sorrindo un home que estaba a ler nun libro- Xa non me acai iso de darlle zocadas ás pelotas.
- Desimule... eu sonlle o Vello dos Contos.
- ¿......... ?
- Xa sei que dito así resulta un pouco raro, mais vostede coñéceme dende hai moito tempo, aínda que me teña ollado a cara..... Eu sonlle o pai do Tamborileiro Municipal.
- É un pracer saudalo e moito máis coñecelos persoalmente.
- Verá, e que eu queríalle agradecer que grazas a vostede o rapaz teña asegurado o pan para a toda vida.
- Home, tanto como iso, xa sabe, o Concello non é bon pagador-
- - Xa... Xa... Tamborileiro Municipal .... Unha sorte, don Avelino, unha sorte que a familia lle agradece, porque estando a carón das autoridades sempre se pega algo. Verdade é que o soldo non é grande; mais , e o traballo ?... Doado, moi doado , e con pouco esforzo... Repitolle o meu agradecemento.
- Pois ben, amigo meu, convídoo a un neto de viño.. E dos Peares e paga boa fama...
- Nunca desprezo unha boa grolada , e se o viño é bon até boto unha parrafada con el . Aos amigos hai que lles dar conversa e aos prados rega.
- Imos aló-
E foi así como Avelino Pousa Antelo coñeceu en corpo e imaxe ao "Vello dos Contos " e xa naquel día meteuno na escola e díxolle que platicase cos nenos e foie ensinoulles cantigas vellas , refráns e ditos , e o Pousa ía apuntando todo nunha libretiña. "Se non lle parece mal e me dá licneza " , dixolle sorrindo.
Darredor das festas do San Xoán de Sárria o "Vello dos Contos" e o "Tamborileiro Municipal " baixaron até Barreiros e pedóronlle a don Avelino que lles preparase as cantigas e que as puxese, ademáis dos ditos e refráns no programa dos festexos.
- E que teño un fillo nas Américas - xistificouse o vellote - e gosta moito de ver que o pai e o irmán andan nos papeis dos señoritos da vila....
- Pois este ano ímoslle dara unha alegría.... O Toñito de Moreno , que é bon amigo meu, halles facer a vostedes dous uns retratos de pruma que hnn quedar moi aparentes,,, E imos deixarnos de lerias e e veñán comigo ao chalé de don Antonio, que cando lle dixen que o Tamborileiro e o seu pai viñan a estaren comigo e xa teño estado eu de garola e de parola na compaña do don Antón de Marcos e gostarei agora de falar co fillo das conversas que tiven co pai.
E pola tardiña, no auto dos de Marcos,baixaron don Avelino e os seus dous amigos a Sárria e no xardín de "A Unión " o Toñito de Moreno , que entón xa querá que lle chamaran "Avari", fixolles varios retratos e escolleu os que había que mandar á imprensa.
E foi así, grazas a don Avelino Pousa Antelo,como as parrafadas en galego do "Vello dos Contos " e as cantigas do "Tamborileiro Municipal" apareceron aquel ano a carón dos seus retratos.
Con todo a cousa non saíu a dereitas , porque o retrato do Tamborileiro saiu publicado do revés e cando o viu dixo o rapazote " Ben quedou a monteira, un tanto soltos os calzóns e moi aparente o tambor ; mais , como hei tocar cos birlos tan en reviravolta ?. Vou a amolar a soá".
E don Avelino explicoulle que iso fora un erro dos da imprensa , que moitas veces as ratas de imprensa ás veces son grosos leiróns , e que para o ano seguinte xa habería arranxo.
O caso é que o "Toñito de Moreno" marchou para as Caracas de Venezuela e o "Tamborileiro Municipal " , cangado co peso dos anos viu repetida a súa fo<rzada imaxe e seguiu aparecendo retratado cos brazos e os birlos nunha postura imposible.
E un estudoso do asunto di maliciosamente que o publicar o retrato fora unha vinganza da censura , porque o Tamborileiro botaba as cantigas en galego e o seu ai facía o mesmo cos seus parrafeos e así amolar ao seu "descubridor " don Avelino Pousa Antelo , que fora quen metera recomendación para que aquel rapazote entrase na nómina do Concello.
E así , de matute , foron saíndo no libro programa das festas as palabras galegas do "Vello dos Contos" e o "Tamborileiro Municipal".,
( Iso pasou nos anos das décadas dos anos 1950 e 1960 , en tempos nos que persoas como Avelino Pousa Antelo , clasificado como "da casca amara ", loitaban pola dignificación do pobo galego e da súa lingua. )
Xaime Félix López Arias
*****************************************
Avelino Pousa Antelo foi Pregoeiro das Festas do San Xoán de Sárria abrindo os festexos co pregón prnuncido na Sociedade A Unión.
No Murallón da Memoria a iniciativa do Seminario de Estudos Sarriaos e don "Argalleiros de Barreiros" foi colocada unha lápida na que se le : "Don Avelino Pousa Antelo- Mestre de Barreiros. Primeiro Tamborileiro Municipal. "Argalleiros de Barreiros".
A Asociación Cultural Arcas e o Seminario de Estudos Sarriaos "Francisco Vázquez Saco" editaron un folleto no que se recollen os pregóns versificados a autoría de Pousa Antelo publicados en Libros-Programa das Festas do San Xoán
Notas a ter en conta- "O Tamborileiro Municipal" creado por Antonio Vázquez Rivas ( "Avari" ) e rectificado polo artista sarriao "Rubén Santiago " preside o balcón da Casa do Concello nos días das Festas do San Xoán, xunto coa imaxe da "Tamborileira Municipal" , creada por Rubén Santiago.
" O Tamborileiro Municipal " e "A Tamborileira Municipal " saen ás rúas no desfile das Pampónigas . que se deben a Cre@rte e en especial , como o resto dos seus compañeir@s á artista Verónica Quintela.
Comentarios
Publicar un comentario