BULDAS PAPAIS PARA SANTA MARIA MADALENA DE SÁRRIA
CATRO BULDAS PAPAIS PARA O MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA
O Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, con vida conventual dende 1200 a 1836 , situado extramuros da vila de Sárria , perto das ermidas de SAN BRAIS e SANTA MARÍA DE BARBADELO tivo por anexos o mosteiro da Santa María ;Madalena da Arzúa e hospital de Ferreiros da Arzúa. Estes tres establecementos tiñan anexos senllos hospitaisnos que acollian "a peregrinos que ían cara Compostela", atendédoos e coidándoos se estaban doentes e enterrándoos nas igrexas e cemiterios propios.
Estban arenddos por relixiosos , tiduados coengos, rdo orde da Pemitencia dos Venerables Mártires de Cristo, orde autóctona sarriá , que seguía a régoa de Santo Agostiña, e gozaba de total autonomía para eleixir aos seus prioiros.
A condición de prioiro tiña que ser confirmada polo Sumo Pontífice Romano, e non estaban suxeitos a ningunha outra autoridade que a do Papa, aínda que dende a súa fundación conservaban xestos de recoñecemento de certa sumisón simbólica apos bispos de Lugo e aos Arcediagos de Sárria, con entrega de candeas e participación no herdo dos peregrinos que falecían no Hospital
En Sárria sostían o Hospital de San Roque ou Hospital da Madalena, e os relixios, cñecidos como "Madalenos" , admistraban as rendas , moi amplas das que gozaba o Mosteiro, posuidno bens na terra do Paramo, en Neira, terra de Sárria e nas granxas de Baamorto e de Pacios da Veiga ( Brollon ) na Terra de Lemos.
A Orde autóctona e autónoma foi suprimidia no reindado de Felipe II ( 1568 ) e pasou, con todos os seus bens , rendas e deritos, ao quedar forzosamente integrados os frades "Madalenos " no Orde da Regular Ouservancia de Santo Agostiño, vencellada e sometida a institución sarriá e arzuana ao mosteiro agostiño de Santo Estevo de Salamanca,
O Papa Xoán XXII premiou a esta orde sarriá cunha bulda pola que f rades, persoas piadosas e peregrinos, cumprindo certas obrigas relixiosas, podían alcanzaren AS INDULXENCIAS DE ROMA, beneficio s concedidos en determinadas festas relixiosas ao longo do ano
Poucas institucións monásticas existentes no Camiño de Santiago poden facer gala de que se lles concedesen até catro buldas e que os seus Prioiros , postos baixo a autoridade e a ptotección do Papa de Roma, gozasen de grazas e previlexios que merecen seren hoxe coñecidos, poñendo en valor o Mosteiro e o seu Hospital, e os mosteiros e hospitais anexos.
Sárria, a Diocese de Lugo e o Reino de Galicia ben poden presumiren do sostemento ao longo dos séculos dunha institució n sarriá, lucense e galega, autónoma e baixo da proteción papal , que fan do MOSTEIRO E HOSPITAL DE SANTA MARIA MADALENA DE SÁRRIA , e os seus anexos, unha institución única cuxa única finalidade foi a de dar acolllida, atención e coidados, mesmo no caso de morte, a os peregrinos que ían cara Compostela.
............................................
Bulda papal concedida ao Hospital de Peregrinos de Santa María Madalena de Sárria coa que se obriga ao convento a darlle sepultura e socorros a todos os peregrinos que " van a Santiago " e que os sacramenten e enterren cando enfermen e morran ( Xoán XXII, ano 1322 )
( 1322 )
BULDA DO PAPA XOÁN XXII
Marxe.-"É do Hospital dos Peregrinos coa que se (obriga ) o convento en que se dea sepultura e socorros a todos os peregrinos que van a Santiago e que se sacramenten e enterren cando enferman e morren".- Abaixo;( " Xoán Papa 22 ano sexto do seu pontificado que foi o de 1322- Foi elixido ano de 1317 e morreu o de 1334 que se elexiu a Benedito )"
...........................................
De todos coñecidas sexan as presentes letras aquí insertas,
Nós coa intervención divina , na presencia de Exidio Patriarca Alexandrino, de Mateu, arcebispo Duracino, de Pedro, bispo de Narbona , de Renato Satacen . de Roxerio Strogulen,de Guillerme Sarparias , xuntamente con Guillerme, notario da Cidade , de Xordano Venen , Estevo Lubuaris, Exidio de Andreanápolis, de FRancisco Frauten. de Guillerme...., de Francisco...... e doutro xénero de persoas que presentes compareceron proclamamos:
A Pía Nai Igrexa soe coidar da saúde das ànimas pola devoción dos fieis por medio de remuneracións e tamén de indulxencias emitidas e feitas poñendo coidado para que cantas veces, con piedade e devoción , o pobo de cotío as solicite con preces de salvación, lles sexn concedidas tanto para que alcancen venia e gloria como para seren mercentes da salvación eterna.
Sabedores, pois, de que en GALICIA no mosteiro de SANTA MARÍA MADALENA do orde de Santo Agostiño da PENITENCIA DOS BEATOS MÁRTIRES na diocese Lucense , frecuentemente son chegados numerosos fieis , en verdade, facendo en moitas ocasións pemitencia e que ali son confesados na antedita igrexa , por iso en cada día festivo dos de seguido sinlados concedemos indulxencia, é a saber.
Nas festividades da NATIVIDADE DO NOSO SEÑOR XESÚS-CRISTO, nas da CIRCUNCISIÓN, EPIFANÍA, CEA DO SEÑOR RESURRECIÓN., ASCENSIÓN, PENTECOSTÉS e en todos e cada un destes días, e no da Santa e Gloriosa sempre VIRXE MARÍA, nos dos beatos PEDRO e PAULO e todos os outros santos apóstolos e evanxellista , na Invención e exaltación da SANTA CRUZ, na festa do Arcanxo SAN MIGUEL, na de SAN XOÁN BAUTISTA e na do Degolamento deste evanxelista ( !! ) , nas de LOURENZO, CRISTOVO, MARCIAL, DIONISIO e dos seus compañeiros COSME e DAMIÁN, SAN NICOLAU ( na igrexa de SAN BRAIS DA VILANOVA DE SÁRRIA ) , de SANTA MARÍA MADALENA e nos días de CATARINA, e MARGARIDA, ICÍA, ANA, ÁGATA e EUFEMIA, santas mártires e virxes , na celebración de TODOS SANTOS e na adicación de tódolos anteditos facemos a concesión a cantos devotamente fagan oración nas oitavas das anteditas festividades e visiten as igrexas en todos e cada un deses días facendo oración, confesando e comungando e condemeos tamén indulxencias a cantos devotamente ATENDAN AOS PEREGRINOS de xeito que con oracións , pola comuñón do Corpo de Cristo e pola impsición do santo óleo os coiden cando doentes sexan e con outros divinos oficios, exequias e mortuorias sepulturas dentro da dita igrexa e no seu cemiterio lles dean enterramento, Ou a aqueles que en ocasión de se acharen no campo se axeonllen e recen tres avemarías . Ou a aqueles que traballando fora da dita igrexa con calquera xeitto de aportación contribúan con esmolas tanto para a fábrica como para luminarias , ornamentos ou en calquera outra maneira sexan dela axudadores.
Sempre que alguén as anteditas situacións oucondicións cumpra, alcande pola misericordia de Deus Omnipotente e dos beatos Pedro e Paulo, cuxa autoridade recibimos, pr cada una delas CORENTA DÍAS DE INDULXENCIA para eles mesmos, que pola nosa intercesión penitencial lle concedemos de vontade ao ordinario da Diocese , polo testemuño das presentes letras, para a debida confirmación seladas segundo costume de dereirto,
Dado en Roma no ano milésimo tricentésimo vixésimosegundo da Encarnación do Señor , polo Pío Xoán XXII , no ano sexto do seu pontificado.
Fonte: Arquivo Histórico Nacional. Carpeta 1.321, Sección : Clero
Versión libre en galego do texto en latín , feita por Xaime Félix López Arias.
BULDA DO PAPA CLEMENTE SÉTIMO ( ANO 1531 ) POLA QUE CONCEDE A QUEN AXUDEN AO HOSPITAL E MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA AS MESMAS INDULXENCIAS QUE SE GAÑAN EN ROMA-
1531
Bulda do Papa Clemente VII
Marxe: " Por esta bulda consta seren os relixiosos que chamaban "Madalenos" na vila de Sárria do orde de Santo Agostiño, sendo o seu tíduo FRADES DA PETINENCIA DOS BENAVENTURADOS MÁRTIRES DE CRISTO e que a súa vocación foi a hospitalidade para socorreren aos peregrinos que ían en romaría a Santiago e que o mesmo fan nos conventos da Madalena da Arzúa e Ferreiros , suxeitos ambolosdous ao priorado de Sárria. E para maior autoridade confirmouse a elección do prioiro do dito convento de Sárria pola Súa Santidade , segundo facía os trienios até que Clemente Sétimo lle nomeou prioiro perpetuo. Noutra vila ano de 1537, E así na súa execución sempre houbo e hai hospital no dito convento onde se lles dá esmola a tódolos peregrinos que van a Santiago dándolles cama e curándoos, sacarmentándoos e se morren enterrándoos e se morren enterrándoos sen dependencia dos párrocos das dúas igrexas da vila"
" E a Súa Santidade facultou ao Prioiro do Convento da Madalena da vila de Sárria dos Frades da Penitencia dos Venerables Mártires, do orde de Santo Agostiño, dioces de Lugo, no Reino de Galicia, para que poda absolver aos seus súbditos e aos peregrinos de todos os casos reservados fora dos contidos na bulda de Lausana
,"E a Súa Santidade concede a todos os que alcancen o limiar do dito hospital e do dito convento e aqueles que desen esmola e vistaren a igrexa do dito convento nos días do Nadal e Asunción da Nosa Señora , día da Invención da Cruz, San Bartolomeu, San Vicenzo e San Sebastián, San Brais , Santa María Madalena e Santa Catarina e Santa Lucía , visitando despois das vísperas dos ditos días até posto o Sol, estando confesados, tomnando propoisito de se confesar, que gañan todas as indulxencias de Roma, E fora dela e estas indulxencias e bulda concedeu Clemente VII ano de 1531 poñendo graves penas, maldicións e censuras aos que foren contra ela"
........................................
( Corpo )
Clemente...... se sempiterno Deus.
O venerable irmán Elio Csstellinairs ao dileto fillo Prioiro de San Vicenzo de Monforte e ao Prioiro que como tal goberne os mosteiros ditos de Sárria nas dioceses Lucense e Compostelana, saúde e ben.
Hoxe chegaron a nós letras do teor seguinte : Clemente bispo, servo dos servos de Deus, para perpetua memoria das cousas e nos méritos da Igrexa Universal relaticos aos Mosteiros e outros relixiosos lugares en calquera parte particular e inmediatamente suxeitos a Nós e á Igrexa Romana , estando proveitosa e prósperamente dirixidos segundo que debido é , unidos a Nós polo Oficio Pastoral , temos como padre, en verdade , manifestación desta consideración e voluntariamente diriximos e a esas persoas polas que os Mosteiros e os seus lugares fan progresos e que están baixo a regular disciplina como servos do Altísimo e na retribución da hospitalidade santa ocupados , e por iso para que coa tranquilidade de dereito tome a decisión favorablemente a petición das partes, interpoñemos frecuentemente aos fieis e para eles indulxencias e con remisións convidámolos para que ademías sexan restituidos diante da divina gracia de maneira apropiada.
Razoablemente pola parte dos diletos fillos , o actual Prioiro e Convento do Mosteiro que por prioiros soe ser gobernado, chamado da beata MARIA MADALENA , na vila de SÁRRIA, do orde dos FRADES DA PENITENCIA DOS BEATOS MÁRTIRES , baixo da Régoa de Santo Agostiño, na Diocese Lucense, no REINO DE GALICIA, a Nós sobre diso foinos elevada unha petición que contiño como o dito Mosteiro por Nós e polos noitro tempo existentes Romanos Pontífices estivo suxeito para a parte dos diletos fillos que sexan modernos prioiros e convento do Mosteiro que por nós e neste tempo existentes , e que suxeito ao Romano Pontífice anda xunto con outro Mosteiro dito de SANTA MARÍA MADALENA no lugar da ARZÚA , do dito Orde, na diocese compostelana , de Sáarria un e no lugar da ARZUA o outro, e o outro de FERREIROS DA ARZÚA , chamado,distante dúas légoas , mais perto do lugar do dito lugar da ARZÜA , en cuxos mosteiros e hospitais os pobres peregrinos que visitantes chegan ao limiar de Santiago de Compostela ali son recebidos e con caridade tratados perpetuamente, cos débitos anexos e os froitos producidos e aumentados en Sárria e nos hospitais e mosteiros anexos anteditos , en grande cantidade, de xeito que poida ascender o a ese fin destinado a máis de cen ducados en cada un ano , segundo común estimación, sen que existan excedentes neses Mosteiros e Hospitais, e de xeito qu só é posible facer módicos investimentos nas estruturas e edificios e con facultade para os prioiros de destinaren parte dos recursos á congrua sustentación dos coengos que, en número de vinte, existen e outras persoas máis moradoras nos dous mosteiros de Sárria e que para a sustentación dos ditos peregrinos que no tempo chegan aos ditos hospitais e áo reparo de estruturas e edificios anteditos non adiquen menor cantidades ordenamos.
O Convento e o Prioiro ditos do Mosteiro de Sárria poderán elixir o Prioiro do Mosteiro de Sárria en cada tempo existente , cesante ou entrante,o presentado Prioiro do Mosteiro de Sárria polo mesmo tempo eleito , e cando vacare, que o dito Convento , libre e pacíficamente co divino beneplácito poida con maiores previlexios da Sede aplicar á reparación e conservación dos edificios e á sustentación dos ditos peregrinos canto poidan alcanzar para que poidan seren relevados doutras obrigas onerosas.
Con acatamento por parte do moderno Prioiro e Convento anteditos sexan para Nós humildemente suplicantes de xeito que no resto polo antedito conceto o Prioiro do dito Mosteiro poida ser elixido e coas ordinarias e demais premisas oportunamente solicitar a designación de xeito que con benignidade Nós dignaremonos darlle aplicación.
Nós, pois, que nos Mosteiros e nos demais lugares relixiosos continua e sinceramente favorecemos o progreso , como amostra do afecto para o moderno Prioiro e Convento antedito, levantamos calisquer excomuñón, suspensión ou algún interdito por eclesiásticos dado con sentencias de censura e con penas de dereito , ou por home dadas, en calquera ocasión ou por causa lata e que de calquera maniera existan sen remoción , ao efecto presente, só, seremos absolvedores e de xeito absoluto sexan cesantes por causa das dúas suplicación inclinados coa aplicación do presente teor de autoridade presente que perpetuamente estatuimos e ordenamos para qu con ocasión de estar vacante o Priorado do Mosteiro de Sárria sexa designado un novo Prioiro por prazo de tres anos tanto por cesamento como por deceso do dito moderno Prioiro , e no tempo futuro calquera outro Prioiro do convento antedito con xerais e especiais reservacións da dignidade conventual para Nós ou para a Sede antedita , no tempo tamén existente, non poidan seren estorbados coas debidas rogacións e insólitas cláusulas e institucións e outros decretos feitos, ou facéndoos de novo , non obstante sexan tamén especiais reservacións que polos Cardeais concedidas fosen , ou sexan concedidas dalgún xeito para os ditos Coengos do Mosteiro de Sárria , concedo que por sí e entre eles poidan elixir a calquera outro coengo do dito orde , en por eles, e o Prioiro do Mosteiro de Sárria libre e decididamente.
Mandamos ademáis que cando no seu tempo sexa elixido o Prioiro do Mosteiro de Sárria dentro dos oito meses contados desde o día da elección trianual, cmputando a nona de posesión , con precisión deberán pediren da Sede antedita a confirmación e solicitándoa totalmente por medio de cartas que sexan expedidas en forma de dereito pola Cámara para as debidas aplicacións , e en todo tempo sexa mantido o compromiso de resolver a petición neste lapso de oito meses contados desde a elección a elección e calquera outra designación sexa nula e carente de forza o nomeamento.
Mando tamén que o Prioiro trianual do Mosteiro de Sárria poida ser elixido e ostentar o cargo durante tres periodos trianuais , no réxime de confirmación das eleccións en cada tres anos e a administración deste Mosteiro de Sárria se consolide nel para que rexer e gobernar en tódalas cousas e por todos , igoalmente ademais se a elección fose confirmada , resolvendo calquera outra disposición do dito Priorado , diante do lapso dos ditos oito meses polo Romano Pontífice nese tempo existente e na sede antedita por outro que nese tempo elixido sexa, teña tamén o favor por tres anos por el mesmo e non poida ser estorbado con alritacións ou outros decretos derogadores ou derogatorios e con cláusulas modificadoras ou insólitas por calquera outro feitas nimgunha forza de confirmación nese momento existente teña e careza de seguimento en proceso e así por calisquera xuices ningunha autoridade lles lcance e doutra maneira indicando e interpretando con facultade de audiencia e con autoridade de xulgar definitivamente en dereito resulte como feito nuloe sen forza segundo enriba dito queda, de xeito que ninguén ignorando esta autoridade poida atentar contra o disposto,
E facultamos en dereito á dita Sede ou ao da parte dela en calquera xeito existente Nuncio param que sexa Visitador do dito MOSTEIRO DE SÁRRIA con aitoridade e o teor antedito, e constituimos e deputamos a este Nuncio con tódalas facultades particulares que corresponde aos Visitadores dos anteditos mosteiros e doutros de perto inclindo a aplicación de previlexios e indultos e coas ordes anteditas concedidas e con outras de dereito ou de costume para que poidan faceren e exerceren , facendo e exercedno.
E mando que polo Prioiro moderno ou polo no tempo existente , no dito MOSTEIRO DE SÁRRIA , por el ou por outros substituto ou substitutos , e todos e cada un dos súbditos a el suxeitos .AOS PEREGRINOS QUE NOS DITOS HOSPITAIS SEXAN RECEBIDOS DILIXENTEMENTE ESCOITEN A CONFESIÓN DE TÓDOLOS SEUS PECADOS MESMO AQUELES DELICTOS RESERVADOS Á SANTA SEDE , agás as contidas nas presentes en Sárria , no día da Cea do Señor en que legalmente e de costume poden absolver e a eles direitamente , ou por medio de comisario, concedemoslle a facultade que coa autoridade antedita e co teor da presente licencia poidan plena e libremente concederen a saudable indulxencia penitencial e igoalmente concedemos indulxencias sabedores de que nos Mosteiros e Hospitais anteditos , nas estruturas e edificios , deben facerse reparacións e dar mantenza tanto aos relixiosos como aos peregrinos neles acollidos para remediaren as súas necesidades e a saúde das almas para todos eles propagada cousa sexa, pola misericordia de Deus Omnipotente e dos beatos apostolos Pedro e Paulo de quen autoridade plena teño concedida teño, a tódos e cada un dos fieis peregrinos , sen distinción de sexo, que nestes Hospitais no tempo cheguen e polos ministros e oficiais servidores do Hospital e no réxime de administración e gobernación existentes , por eles , ou por medio de deputados que no tempo se achen , en verdade penitentes e confesos que nestes Hospitais morran estando contritos e e confraternizados neste MOSTEIRO DE SÁRRIA , sexan absolvidos das penas reservadas polos Coengos do dito MOSTEIRO DE SÁRRIA e polos familiares no tempo existentes de todos e cada un deles , se fieis e en verdade penitentes e confesos fosen, ou memso tendo no corazón propósito de confesar que poidan seren absolvidos no dito MOSTEIRO DE SÁRRIA na NATIVIDADE e na ASUNCIÓN da Gloriosa Nai de Deus a Virxe María , e na Invención da SANTA CRUZ, SAN BARTOLOMEU e SAN LOURENZO e SAN SEBATIÁN e SAN BRAIS e SANTA MARÍA MADALENA e SANTA CATARINA e SANTA LUCÍA, dende cando saian as primeiras raiolas do día até o ocaso nos días das ditas festividades devotamente visiten as igrexas , fagan o sinal da Cruz e devotamente se dirixan a Deus e entreguen esmola no dito MOSTEIRO DE SÁRRIA ou outra axuda dean aos ditos Coengos ou aos familiares no tempo moradores , e concedemos particulares indulxencias e remisións para os pecadores que polo celo dos fieis entreguen a alma dentro ou extramuros dos hospitais.
CORENTA DÍAS DE INDULXENCIA e outros tantos en cada ano son concedidas a aqueles que nos días e estacións sinalados visiten as igrexas e ademais pola autoridade e teor da misericordia de Deus ampliámola duplando asminduoxencias coas súa revocacións semellantes ou desemellantes con induilxencias para A CRUZADA e para a FÁBRICA DO PRINCIPE DOS APOSTOLOS NA URBE ROMANA tamén co motivo semellante e por ciencia certa cali<squer outras feitas ou por facer anulámolas para sempre , comprehendias as nelas exceptuadas sempre que elas sexan dadas tantas veces conste no seu pristino estado sexan restituidas e mandamos deban seren obxecto de censura e seren censuradas.
Non onbstante as premisas censuradas sexan aplicadas por Provinciais ou Sínodais Concilios , con especiais ou xerais constitucións e para as nacións e mosteiros e ordes anteditos aplicadas , con xuramento ou confirmación ou co reforzamento de calquera firmeza de estatutos e costume estivese feito en contrario ou por calquera Legado tamén que as teña dado para estes Hospitais , Igrexa e Mosteiro de Sárria para favorecer aos visitantes e por razón de pías esmolas gastadas no seu sostemento ou por outras calisquer indulxencias perpetuamente ou por certo tempo concedidas , nalgún día teñan caducado en dereito, e por Nós concedidas fosen só sexn nulas no que se refire á vixencia e ao momento.
para ningún home o contido nesta páxina de absolución poida ser posto á venda , nin poidaser infrinxido con decretos de ordenación de constitución , con concesión de indultos , ou con demandas de decretos ou de vontade, ou uso temerario ou en contrario. Se calquera tamén contra este feito, tencionase atentar , incurra na indignación do omnipotente Deus e dos beatos Pedro e Paulo , os seus apóstolos ,cando modifique o enriba dito.
Dado en Roma a carón de San Pedro no ano da Encarnación do Señor milésimo quincuacentésimo trixésimo primeiro , no duodécimo día , no ano oitavo do seu Pontificado en dereito.
E con relación -a aplicación das vías de diferenciación do presente escrito mandamos que que sempre pasen por dous ou pola vista de dous homes ou por outros máis as letrss e o nelas contido, onde e cando sexa feita actuación pola parte do moderno e polo tempo existente Prioiro e Convento anteditos, ou por algúns outros sexades requerido solemnemente por público notario e nese espacio de tempo con axuda de defensa, asistentes sexades e o fagades con toda autoridade de dereito polas letras outorgada e o nelas contido sexa ouservado firmememente cos singulares previlexios que nestas letras están concedidos, e os manteñades pacíficamente non permitindo que sexan molestados en ningunha maneira segundo o enriba contido nas presentes letras.
Os en calquera xeito contraditores e rebeldes sexan comprehendidos polas censuras e penas eclesiásticas, sen haber lugar a apelación , e poidan se o precisan solicitar o auxilio do brazo secular para o que preciso sexa. Porén .....ou se calquera conxunta ou parcialmente vai contra das ditas letras non poida ditar indulto e suspensión se interdito e tampouco non poidan, en non facéndoom dar aplicación non é por plenas e expresas letras de verbo a verbo relativas ao indulto.
Dado en Roma a carón de San Pedro no ano da Encarnación do Señor milésimo quincuacentésimo trixésimo segundo no primeiro día de xaneiro no ano nono nono do seu Pontificado, A Lufus A. Sanidu. Io della Casa Chrit, acbat.- Jo Isulus.O Lreilo.- A Cave.- L. de Calatayud.
Fonte: Arquivo Histórico Nacional.- Carpeta 1323, 19. Clero. Vesrión libre en galego realizada por Xaime Félix López Arias, en novembro de 1994. Publicada na obra "Santa María Madalena de Sárria" ( Xaime López Arias.
BULDA DO PAPA CLEMENTE VII ( ANO 1534 ) SINALANDO OS PREVILEXIOS DO OSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA E RECOÑECEDNO O SEU PRIORADO A ÁLVARO PÉREZ DE SÁRRIA.
( 1534 )
Clemente..... e sempiterno Deus .
Ao dileto Fillo ÁLVARO PÉREZ DE SÁRRIA como prioiro de mosteiro, que como tal prioiro ordinario o vés gobernando , dito de Santa María Madalena de Sárria , do Orde de Santo Agostiño na Diocese lucense. Saúde de ben,
O celo da vida relixiosa e tamén os costumes honestos , a laudable probidade e os méritos da virtude , por todos coñecidos que diante de Nós con fidedigno testemuño de comendatario presentados foron , móvennos a que che concedamos o Priorado como gracia de liberalidade , do xeito que dende hai algún tempo os demais o tiveron e cos beneficios eclesiásticos con potestade e sen potestade seculares, e do modo que no orde regular e dende entón de xeito que facendo segundo como Nós concedemos as gracias, fíxose expedición de cartas expectativad no mes de abril e por outras cartas naquel momento do expresado mes,. de fora da Curia Romana chegaron outras que en sendo abertasque por vacante a colación e por disposición de dereito reservasemos semos decididores pois naquel entón sería acto nulo e sen valor, contra dereito, porque aínda que con autoridade ignorantemente foi alcanzada, fomos sorprendidos por tela dado sen sabermos outros feitos, Como e de que maneira o PRIORADO DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DA VILA DE SÁRRIA, do orde Santo Agostiño , é gobernado por prioiros ordinario e que cando foi nomeado ALFONSO DE VILLASOTO, noutro tempo pío prioiro, obtiveras o priorado por morte do pio Alfonso, e que o que no mes de abril prósimo pasado, estando esta Curia pechada nos días rabeiros, o que se obtivera fora vacuo e xaz ao presente nulo de todo. canto por diante Nós con ese vicio podesemos dispoñer sen que poida ter reservación e estando enfrontado e encontrado co antedito co antedito decreto.
Nós , atí que levas como dileto fillo o convento do dito Mosteiro dende o mesmo día no que o dito Alfonso morreu, e non pediches nin agardaches cartas canónicas no dito Mosteiro e dende aquel día estiveches canónicamente ausente no mosteiro de xeito impío e impiamente arredado do expreso orde, nese tempo elixido prioiro do mosteiro, aínda que só de feito e Nós nese día demosche a agardada posesión con nula confirmación ou seguida da dita posesión do dito Mosteiro con pretexto de elección tomaches o priorado por tres anos igoalmente de feito , tamén con nulos frutos , indebidamente recibiches os anteditos méritos atento á especila gracia que facer quixeches, que calquera acción de excomuñón , suspensión ou calquera outro interdito e eclesiásticas sentencias , censura e penas de dereito ou por medio de home , pola dita ocasión e causa decretada por se naqueles momentos de calquera maneira oscurecedor fuches nas cousas feitas só máis aló dun ano, consecuentemente con esta serie de actos documentados, absolvedores queremos ser e abolvémoste como xulgadores do xeito irregular de obter o teu priorado que é conventual, e pola restitución dos frutos do ano, e dos anexos, haberá que pagar cen ducados de ouro para a Cámara segundo e como é a estimación do valor dun ano, iso aínda que con severidade non excedan do antes posto, ou se fagan outras en calquer maneira ou por outra causa que veña doutra persoa á que por liberalidade do dito Alfonso ou doutra abusiva designación por el feits s traia , e de todo elo na dita Curia e fora dela fagas tamén na presencia de Notario públia e de testemuñas carta firme en dereito como esixe a Constitución do noso predecesor Xoán XXII de feliz recordación , que mandou con especial execución para outros beneficios eclesiásticos , con toda a autoridade, para que valdeiro sexa até que vaque, ou en calquera tempo quede vacante, que esta colación aplique igoalmente o estatuto lateranenese , para que dirixíndose á Sede sexa debidamente devolta para que especialmente se rixa o Priorado pola aplicación das ditas disposicións por ser conventual, de xeito que sexa aplicado xeralmente con preferiecia ao que de xeito reservado exista e nel suceda quen por elección o asuma e que aínda alcance a coroa do dereito adicional e anexo........entre os anos que tes estado sexan habidos por presentes , queremos que expresamente pendan indecisos , con tal que esta disposición para con Nós polo dito vicio alcances de tres en tres anos con tódolos dereitos anexos e pertenzas súas en virtude da autoridade que che conferimos e que aínda proveemos discernindo na medida que é nulo e non valedeiro se fas sobre delo calisquer actos, tanto sendo sabedor como sendo iñorante, con forza de atentado e até este punto, e no futuro sucedese que atentases. do
Nembargantes o Papa Nonifacio de pía memoria teña dado decretos , ou aínda que por foro de dereito algunha constitución para o seu uso e aplicación teña dado, ou algunhas ordenanzas, para os mosteiros e ordes, e aínda que sexan aplicadas co xuramento de confirmación e con calisquer outra confirmada forza de estatutos queremos que non teña forza en contrario , ou se alguén riba desas disposicións tamén conseguiu algunhas aventaxes especiais ou outros beneficios eclesiásticos nelas, ou aínda sendo xerais, teña impetrado cartas da Sede ou dos legados, ou tamén se por elas obtivesen inhibicións ou reservación e decreto ou calquera outra cousa, sigas proceso contra todos eles ao teu favor e na execución do dito priorado.Queremossexa preferido o teu dereito, e que sexa nuloo anterior, por todo isto que por confirmación do priorado ou dos outros beneficiod poidan seren xenerados,
Prodecatámonos de que o Venerable Irmán o Bispo lucense, o orde do Convento ou calquera outros en comunidade con el teñan a facultade de indulto que para a recepción e provisión se precisa ,,,, do priorado trianual ou outros beneficios eclesiásticos e para eles colación , provisión, presentación, elección e calquera outras actuacións sexan feitas..... e nas cousas restantes nada valla ser proveido por cartas emanadas e nafa fagades , en non sendo o nesta carta contido, que aplicaredes plena e expresamente de verbo a verbo coa mención do indulto trianual.... indulxencia xeral e especial que segundo este teor exista por canto nas presentes non vaia inserto expresa e totalmente o efecto trianual... e de....con todo o teor das letras sexa toda con mención social. Polo tanto sexa nulo todo e que polos homes se faga infrinxindo estes decretos e vontade, e se con calquer uso temerario contradecíndoo viñese alguén ou tamén tencionase atentar contra o disposto incurra na indignación de Deus Omnipotente e todo o dito teña firmeza e para a aplicación da pena pague o enriba dito.
Dado en Roma a carón de San Pedro no ano da Encarnación do Señor milesimo quincuacentésimo trixésimo cuarto no primeiro día de xuño-
No ano undécimo do meu Pontificado.
Fonte : Arquivo Histórico Nacional.- Carpeta 1.232.
Versión en galego realizada por Xaime Félix López Arias.- Setembro de 1994.- Está esta versión no libro "Santa María Madalena de Sárria" ,,de Xaime López Arias
.........................................................................................................................................................................
BULDA DO PAPA CLEMENTE VII ( ANO 1534 ) CONFIRMANDO A FREI ÁLVARO PÉREZ DE SÁRRIA COMO PRIOIRO DE SANTA MARIA MADALENA DE SÁRRIA.
( 1534 )
Clement ............ e sepiterno Deus
Elio Castellinaris ao Dilecto Fillo o Abade do Mosteiro de San Xulián de Samos , na Diocese lucense e aos oficiias lucensse, Saúde e Ben.
Hoxe o dileto fillo Álvaro Pérez de Sárria , prioiro do mosteiro, que temporalmente o ben gobernado, de SANTA MARÍA MADALENA DA VILA DE SÁRRIA , do orde de Santo Agostiño, na Diocese kucense e do priorado conventual do dito mosteiro en verdade e de modo expreso vacante e diante desta disposición , solicita ser confirmado tanto nos anexos como en tódolos dereitos e sendo pertinente dereito sexa aplicada a autoridade proveimos por outras nosas letras anteriores que nelas expresamente sexa contido, de xeito que por diferentes vías por apñlicación servicial mandamos agora a vós e deputámosvos de xeito que sexa feito canto nas ditas letras se diga cando a vós volas presenten por vós ou por outros. coa mesma autoridade de dereito para que sexa recibido ALVARO PEREZ prioiro do dito mosteiro e no nome da Igrexa Romana coa debida fidelidade en xusta forma que baixo bulda de dereito o instituimos e coas pertinencias anteditas o conduzades e defendades e todo modo e ao uso en que neste caso se fai e que poñades nela a ALVARO, vós ou polo procurador antedito , no Priorado de xeito que sexa admitido segundo os costumes ao seu pedimento e sexa asentado, conducido, e recoñecido con tódolos dereitos e coas obediencias universais , e que íntegramente poida responder aos contraditores da súa autoridade con apelacións de dereito que posteriormente sexan posoas na súa defensa.
Non obstante con todas cantas cousas poñemos nas ditas letras non queremos obstaculizar ao Beato e Venerable Irmán en Cristo, o Bispo Lucense a que poida con relación aos fillos do dito Convento e Mosteiro e calquera outros que en comuñón estean con eles, que, en sendo necesario, poida aplicar indulto de fe e interdito e suspensión e poidan seren excomungados cantos non recoñezan estas cartas non facéndoas plenas e expresas e de verbo a verbo.
Que as mandamos facer no meu nome na cidade de Roma a carón de San Pedro no ano da Encarnación do Señor milñesimo quicuacentésimo trixésimo cuarto , no ano undécimo do noso Pontificado.
No noe de Deus
Fonte : Arquivo Histórico Nacional. Carpeta: 1323. 21.
Versión libre , en galego, feita por Xaime Félix López Arias. Figura no libro "Santa María Madalena de Sárria" de Xaime López Arias.
****************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario