PETRUS FROILAZ, ABADE DE SAMOS ( século XII )

                                   PETRUS FROILAZ, ABADE DE SAMOS ( século XII )

 Bens adquiridos pola abade samonense  PETRUS FROILAZ  que enriqueceron o patrimonio do seu mosteiro-

(  6.08.1120 )   Recibiu  da raiña Urraca  a vila de BARXELA entre Castelo e Lier.

(  15.06.1125 ) Inventario dos bens por el gañados  en diversas partes:

                                              No Couto de Samos

01.- ROXOFREI,  comprada a Dídaco Petri en  20 soldos.

02.- Outra en  PANDO comprada a Nuno Suariz  en prezo de un cabalo  valorado en 100 soldos  iaqueses.

03.-  Outra en PASCAIS  que a deu  Didacus Frosiniz no ano 1014  pasando a vivir no mosteiro  e recibindo ración coma un monxe até a súa morte.

04.-  En FROLLAIS na  vila que fora de Vermudo Luzu  a terza parte da Vila de Abaixo  que a deu pola súa ánima no ano  1022.

05.- E en FROLLAIS  a metade  da vila de Munio Alfonso  que no ano 1062 pagouna por un cabalo que roubara en Santo Estevo de Cerdeirolas ( hoxe Santo Estevo de Reiriz )

06.-  En SANTA MARÍA DE LIER  a metade da igrexa , que a cambiara con dona Azenda en 1051

07.-  Outra vila en CALVOR que fora de Guterre Didaci.

08.-   Outra en SAN MAMEDE que no ano 1108  a dera Ovecus  Sancii pola súa ánima e  a da súa irmá Fronilli , de canto debera ter ali o  Conde Sancius e a Condesa Onega, a cuarta parte íntegra.

09.-  En Santa María de SUÑIDE  toda a parte de Rodericus Moniz  na igrexs,  a cuarta parte de media quinta  e recibiu en prezo soldos iaqueses.( 1115 )

10.-   E a outra metade  da quinta da cuarta parte  que fora dos fillos de MOnio Quintraz , Sancio Moniz  e Scemena Moniz  e recibiron por ela no ano 1114 unha herdade en Abuín  e Scemena Moniz outra en Souto de Bardaos.

11.- E outra quinta  da cuarta parte que fora  de Ero Suariz e da súa irmá Azenda Suariz  que recibiron por ela en 1113  trinta soldos iaqueses.

12.- Outra vila en MONDIZ   que fora de Ordonio Engolfiz que no ano   1062  deuna pola súa ánima  e polos moitos beneficios obtidos na súa enfoirmidade no ano 1124 no día  4 das quendas de abril.

13.-  En FROLLAIS  a vila de Eldonza , filla de Veremundus Luzi  pola que dera 17 soldos iaqueses.

14.- No casar de Veremundus Luzi  a metade da cortiña e da pumarega.

15,.  Na herdade de fora "  canto me correspondeu  entre os meus irmáns "  e do outro casar a cuarta parte  íntegra no soar e na aira  e na pumarega agás  a herdade de Fonte Mala.

16.-  En ROMELLE  a herdade que foi  dos fillos de Roderico  Cidiz: Eldonza  Roderici, Suario Roderici  e o seu sobriño Roderico Muniz e recibiron por ela no ano  1114 vinte moios e 8 soldos iaqueses.

17.-  No MAO  as vilas compradas  e as que homes e mulleres relixiosos deran  para remedio das súas ánimas  e a que a Raiña  dona Urraca dera pola prata que levou.

18.-  En     QUEXADE   a metade da vila que foi de Pelagio Menendiz pola que recibiu en troco  outra vila en Noceda  en 50 soldos de diñeiros  ( 1162 )

19.-  Outra vila en FOZ  que foi de Dídaco Enriquiz  e deuna a Samos para remedio da súa ánima-

20.-   En TEIXIZ e BEDULES  que foran de Iohanne  Almeniz   e recibiu outras por elas ( 1162 )

21.-  Outras en VENTOSA e RENDAR  que foran de Pelagio  Odariz.

22.-  Outra en CASTILLÓN  que foi de dona Froilo , que a dera no ano 1062 pola súa ánima.

23.-  Outra en CASTILLÓN  que fora de Menendo Moniz que a deu o ano 1114 pola súa ánima e a metade que foi  de Munio Quintilaz.

24.-  Outra en TEIMOI  que foi de Monio Moniz  e da súa irmá Gontrode  Nuniz que a deron  no ano 1068  polas súas ánimas.

25.-  Outra en CIZÁN  que a obtivo Pelagius Roderici  de Munio Roderici  e desppois Pelagius  deuna por outra en Villa de Palos ( O Bierzo ) , que fora da súa nai .

26.-  Unha vila en ERZÁN que fora de Munio Suariz  e deuna en 1062 pola súa ánima-

27.-  Outra vila en TOLDAOS   que fora do abade Rudericus  que a tivo enteira no ano 1110 en Goimil.

28.-  Outra vila en GOIMIL   que a dera Donino pola súa ánima-

29.-  Outra en REÁDIGOS  que de Exemena Quintilaz  e outra en CASTRO DO MAO   que as deu no ano 1074  a troco de alimentos  " que sustentada foi por nós até a súa morte".

30.-  Outras vilas que as deu a Raíña dona Urraca  por ouro e prata no ano 1112 en GOIMIL.

31.- Adefonso Roderiici deu os seus SERVOS  para remedio da súa ánima: Rodericus Iohane cos seus fillos e fillas e toda a súa herdade , entregado por Tareisa Adefonsi.

32.-  Dúas vilas en LOUZARA  que Urraca dera polo servizo recibido . todos os homes  e herdades que foran  de reguengo  do Courel,  do Condado e de Destriana , cantos houber polas estremas de Pedra Fita até Aira Padrón e de Miranda até Santa Mariña  e por todo o circuito  e pola Arca de Riba do Castro do Mao , que todo o deu para Samos.

33.-  Da vila de LAMAS   a terza parte que fora de  Álvaro Pelaiz que a dera no ano 1062  pola súa ánima , e a outra media  foi comprada aos fillos  de Álvaro Pelaiz  ( Petrus Alvarii  e Gontrode Pelaiz )  en 25 soldos  e pola media terza íntegra  recibiu Pedro Pelaiz  outra vila en Covelas  que dora de Didaco Guimaraz  e estaba integrada na vila de Lamas  para a parte de Samos.

34.- A igrexa de SAN MARTIÑO DE FROIÁN  con todas as súas adxuncións  que a dera o prepósito Munio  Peláis para  remedio  da súa ánima e das súas adxuncións , no Pacio unha que fora  de Menendo Didaz  e outra gañaga de don Gemendo , e outra asxunción estaba en Castelo  e fora de Menendo Aldetriz , e en Castelo outra adxunción que fora  de Eilo Citiz, e destas a igrexa de Santa María de Toiso a cuarta parte e deunas o preósito en censo no ano 1000.

35.-  Outra en VILAR  que fora de  Vermudo Flazenziz e da súa sogra  eVermudo e Eldonza Osoriz  recibiron outra na Veiga de Castelo no ano 1013.

36.-  Outra en GONDERRIZ  que fora de Iohane  Sendiniz e foi comprada  aos seus fillos Aldreto,  munio, Suario e Munio no ano 1062  en prezo de 15  soldos.

37.-  Na VILANOVA  a vila que fora  de Ero Suariz  e de Azenda Suariz, desta vila a terza parte comprada no zno 1112  en prezo de 200  soldos e valorada en 300.

38.-   Outra vila na VILANOVA   que fora de Garsía Moniz , a terza parte dela, que a dera cando quedou cego " e por moito tempo o tivemos  e o vestimos e gobernamos  demde o ano 1112 até o día da súa morte.

39.-   E outra media da terza  da vila que fora de Sancio Moniz e de  Exemena Moniz , polos que recibiron en ABUIN  ( Sancio Moniz ) e  en Souto de Bardaos ( Exemena Moniz ).

40- Outra vila na VILANOVA  que fora de Garsia Nuniz que lla comprou Munio Roderici  e caeu para a parte de Garsia Nuniz  e este deunas por outras que lle dera en Vila do Mao , que fora de Pelagio Velázquiz.

41.-  En SAN PEDRO DE FROIÁN  a vila que fora de Exemena Sancii  e en 1062 deu a metade pola súa ánima.

42.-  En SAN XULIÁN DE CHORENTE  a vila que fora de Gundisalvo Alfonso  íntegra, tanto o qie fora de avoenza  como de comprado  e deuna en 1068.

43.-  En CHORENTE  a vila que dera Didacus  Pelaiz  o día oitavo das quendas de  de xaneiro de 1117.

44.-  Na terra de PIÑEIRA a vila de ALBÁN  que fora de Alfonso Alvitiz que a deu porque o curaron en Ssmos  na súa enfirmidade.

45.-  En PIÑEIRA , en SAN MIGUEL,  a vila que fora de Suario Gatoniz  pola que aceptaron en 1068  unha égoa e 5 moios de gra.

46.-  No FONTAO  a vila que fora de García Moniz  e da súa muller dona Alduara  e pagou por ela a loitosa de  de Garcia Moniz en 1062.

47- Outra no FONTAO  que fora de Roderico Quintilaz dada o ano 1062 pola súa ánima.

48.- No COUTO DE BARBADELO unha vila que fora de  Pelagio  PLacidiz , que foi monxe en Samos,  e deuna no ano 1062.

49.-  En ALBAN DE PIÑEIRA  a herdade  de Fernando Petriz , fillo de Petro Ovequiz, que adeu no día 15 das quendas  do ano 1139.

50.-  No PÁRAMO , o ano 1062,  deu Gundisalvo Pelaiz  a cuarta parte da igrexa de San Salvador ( ROSENDE- ORTOÁ ) e de SAN PEDRO DE MASIDE; Nese ano comprou tamén  unha cuarta parte de SAN SALVADOR  e Ermesenda Roderici  en prezo de 100 soldos  de probada moeda  e o mesmo prezo pola igrexa de SAN PEDRO DE MASIDE.

51.-  No ano 1150  no día doce das quendas de novembro  deu Pettus Ovequiz  unha vila coa súa igrexa SANTA MARIA DE ORTOA.

52.-  A igrexa de SANTA MARÍA DE BELANTE  que fora de Suario Gatóniz  que recibiu por ela  no ano 1062 a vila de GOROLFE no COUTO DE SAMOS , a metade fora do seu pais Oveco  Teomiriz compráralle unha quinta parte  a Vímara Didaz , outra quinta  a Marina Didaci  e a Adosinda Roderici unha quinta.

53.-  En Triacastela  a herdade do Conde don Oveco  na vila de LAGARES  ,

54,. En SANTA MARIA DE TRIACASTELA ( hoxe Santa María da Vilavella)  todo o que tiña Munio Muniz tanto no igrexario como no leigado.

55.- Na terra "que agora vimos deSÁRRIA"  a vila que chaman PEPIN  coas súas adxuncións e as igrexas   que no ano 1062 as deu  Elio Fortes para indulxenza dos seus pecado.

56.- Nesa vila a porción  de Sebastiano Veremudi fillo de  Veremudo Ovéquiz  que a deu no ano 1062.

57.-  En LOUSADELA  a vila que fora de Dídaco Azoniz.

58.-  E outra en CORVELLE que a deu no ano 1062.

59.-  En LOUSEIRO a vila que chaman CERCENATO ( Cernado )  que fora de Ero Roderici  e da sua muller Onega Sarraceniz  dada  en 1062.

60.-  En LOUSEIRO  a vila que fora  de Menendo Moniz  e antes de Munio Quintilaz , a mertade entregada en 1074,

61.-  En VILOUZÁN   a vila que foiu  de Menendo  Menendi e Didaco Menendi ,e Menendo  dera a metade  pola súa -anima.

62.-  A vila de LAGOS na ribeira da TÓRDEA   que fora de Menendo Muniz  e dos seus  irmáns  e comproullela  Nuno Veremudiz , máis outra  que gañou. e deuna  toda en 1116.

63.- - En MOSCÁN  a vila que fora de Nepociano Godestez, da vila unha terza,  que a deu Nepociano  Didaz no ano 1115 e despois deulle o abade por ela a Rodericism  Pelaiz  73 soldos iaqueses .

64.-  En SAN XOÁN DO MURO  a vila chamada de SAN BREIXO  que a trocara Menendus  Muiz con  Martinus Pelaiz e deu outra por ela en POUSADA TESTA   e despis deu a vila de SAIETO o ano 1121 o día 17 das quendas de outubro.

65.-  En CORVELLE , baixo da aula de Santa María, a cuarta parte  do que por nai e pai  tiña Veremudius Ovequiz ( 1112 )

66.- En SAN XOÁN DE TRASLISTE , no lugar chamado TEDOUFE,   e nas herdades do abade don Pedro , a terza parte de Enego  Vímaraz, a terza  da súa muller ,e de Guter Didaz  a súa porción.

67.-  As herdades de Enego   Eriz fillo de  Ero Ciprianiz .

68.-  En EIXOL a herdade do abade,  que a tiña da súa nai Azenda Guterriz.

69.-  E na vila de LEÓN   a terza parte  da  herdade de dona Gonza  en QUINTÁ DE NANDE.

70.-   En LOUSEIRO  a vila de REBORDELOS  que fora de Ordonio  Gundisalvi e pagouna  por un homicidio que fixera no COUTO , MONTÁN , no ano 1109.

71.- Na RIBA DA NEIRA  a vila chamada VILAR SANTÁN ,  a terza parte dada por  Velasco Ordoniz no ano 1115.

72,.  No VAL DE PIÑEIRA, en RIBA DA NEIRA , na vila de BARALLA   a metade que deron  Garsia Sesnandiz  e a súa muller no ano 1062 pola outra metade de Samos  que a tiveron por toda a súa vida e despois deu  Eldonza Sarraceniz  outra vila íntegra.

73.-  No territorio de LEMOS  a vila de FOFE en EIREXALBA.

74.- En NAVIA , en SAA DE OUSELLE,  a sétima parte dunha vila  e outra en CASTELO  , comprada por Nuno Peláiz e  a súa muller Gelvira  Suáriz.

75.-  Outra que fora da nai de dona Gelvira  e deuna Nuno Peláiz  pola ánima da súa nai.

76.-  En CASTELO  a vila  que fora de Azenda Eriz , muller de Vremundo  Alfonso.

77.-  Outra sétima parte en SAA  dada no 1062 pola súa ánima.

78-  En SORRIBA  a vila que fora de Xemena  Petri e dos seus fillos  pola que aceptaron 50 moios  pola cuarta parte de toda a vila.

79.-  A media cuarta parte  dada Michaelis  Menendiz  no 1062.

80.- Por outra media parte aceptaron os sobriños de Michaelis  o prezo de 25 moios.

81.-  En FERREIROS  de  NAVIA na vila que fora de Menendo Garsie a metade  dada por Munio Garsie. ( 1114 )

82.-  En NAVIA a vila de VALGOS ,a metade dada por Munio Garsie.

83.-  Na vila chamada LIBER  a metade dada  en 1119 no dia 16 das quendas de outubro,

84.-  Outra vila que deu  en 1124 o día 6 das quendas  de xullo.

85.-   Na vila chamada ESPONSARIZ  a vila a herdade  de Michaeli Méndiz  das quintas partes  do que lle tocou por partillas  cos seus irmáns.

86.-  A igrexa de SANTA MARÍA DE EIREXALBA   dada en troco de outra  en RIBA DA NEIRA, en BARALLA   que fora de Eldonza Sarracenzi  que lla dera en arras o seu marido Ordonio Pelaiz -

87.-  Unha vila en EIREXALBA que fora do Conde don Oveco  dada no ano 1112.

88.- En GÓO   unha adxunción que fora  de Azenda Menendiz ( 1062 )

89.-  Outra en BARDAOS  que fora de Azenda Menendiz.

90.-  En VILASOUTO  na vila chamada CALVOS  , de dúas quintas unha que a deu Ordonios Poeaiz  no ano1062  e outra quinta que fora  de Aldonza Sarraceniz pola que recebera en SEXENOSA unha herdade que fora Xemena Moniz.

91.-  En CEREIXA DE SUSAO  unha herdade.

92.- ..... Alfonso  e da súa muller  Azenda Eriz...

93.- SANTA MARÍA íntegra

94.- Unha vila en PIANTES .

95.-  En SAN XOÁN DE CINSA...

96.-  A igrexa de SANTO ANDRÉ DESI...

97.- En TANQUILÁN.

98.-  Outra terza do osteiro de SAN XOÁN DE CINSA

99.-  En CINSA  a parte  de Fernando Vermuidiz pola que pagou  20 moios.

100.-  En RIBAS ALTAS  unha vila da súa avoenza que a deu  Pelagius Didaci.

101.-  En DISTRIZ unha servicualia  que fora do Conde Oveco  que a dera no ano 1112.

102.-  En RAIGADA  unha herdade que fora de Dídaco Vermudi  fillo de Vermudo Alfonso.

103.-  Na terra de BROSMOS  na VILA OUDRIZ  a vila que concambiou con Nuno Petir  e a comprara o Conde Oveco  e a súa muller Eilo Alvariz   e dérona pola ánima da súa filla Urraca Ovequiz.

104.-  En VILAOSCURA a  vila que dera Xemena Petri  pola ánima do seu marido  Sancio Ovequiz.

105.-  No VAL DE EIRÉ  as herdades  de Mariña Iohannis  dadas en 1112  pola que se pagou un  cabalo de 150 soldos.

106.- En RANAL   a quinta parte de Arental  coas súas adxuncións de NOCEDO,  VERIZ e GALEGOS.

107.-  En VERIZ   a herdade de Eldonza Ordoniz  e Godina Ordoniz.

108.-  En MARTÍN   a herdade de  Menendo Quintilaz.

109.-  En MARTÍN  a vila do Conde Oveco.

110.-  En MARTÍ  a vila que fora de  Xemena Pelaiz.

111.- Na SOMOZA DE LEMOS  na vila chamada GOO   a herdade de Martiño Pelais  e de Xemena Pelaiz.

112.-   En VALCARCE  na vila de VILASINDRE   a herdade que fora de Munio Fernandiz  e da súa irmá Mariña Fernandiz vendida en 110 soldos,

Comentarios

Publicacións populares