O CINEMA EN SÁRRIA
O CINEMA EN SÁRRIA
Hai referenzas de que na Praza de Xoán María López, no Casino de Sárria( Rúa Maior ) e nos baixos da Casa de Acevedo ( Rúa do Porvir, agora Rúa Marqués de Ugena ) houbo as primeiras proxección de filmes na vila de Sárria, de man de ambulantes
En 1916 , Román Díaz de Freijo López, sarriao e autor de obras de teatro que foi presidente do Casino, rodou unha pelicula nun acto, "Aves nocturnas" , que non se conservou.
Sárria non tiña locais axeitados para representacións teatrais, para o que se servían dos salóns do Casino e o Salón de Actos das Escolas Publicas, e cando as Fábricas da Luz de Electra Sarriana e Eléctrica do Toleiro ( 1915 ) trouxeron á vila a electricidade, foi medrando a idea de que era necesario dotar á comunidade dun local no que se poidesen ofrecer actuacións teatrais, proxección de filmes e outras actividades ludicas.
A).- O CINE SALÓN ( SALÓN TEATRO, TEATRO DE SÁRRIA, CINE BARBAGELATA )
Matías Vázquez, "Moreno", do Comerzo, Euxenio Quiroga, Antonio Quiroga, Manuel Gutiérrez Castro, de Guitián e Matías Oñate López , Marqués de Ugena, tiveron a iniciativa de alzar un edificio onde se poidesen proxectar filmes, facer representacións teatrais, concertos e actuacións musicais para o que constituiron unha sociedade.
Destinaron para ese fin un soar na Rúa do Porvir ( agora Rúa Marqués de Ugena ) , en plano máis baixo ca rúa. Era un local de pranta baixa , cunha porta principal na metade da fachada, e con portas laterias que por motivos de seguridade abrían cara fora, permitindo un rápido desaloxo.
Entre os anos 1919 e 1949 o CINE SALÓN foi o lugar no que os sarriaos foron asistindo á consolidación do cinema mudo e a consagración do cinema falado e dos filmes en cor.
Ademais das actividades lúdicas acolleu actos politicos, confernzas e xirnadas relixiosas.
O negocio foi arrendado á Empresa Barbagelata, establecida en Monfrote, que acabaría facéndose con todas as participacións dos socios fundadores .
Proxeccións: ** 27-07.1919 ; Función de cinema e varietés no Cine Salón.** 19.10,1924; Un drama entre fieras. Episodios 4, 5 e 6. La venganza del leoprado, Tempestad en el desierto, Hacia el rescate ** 26.10,1924, Los misteiro de la selva, Episodios 7,8,9 . Cubil de Fieras, El Secuestro, Al amparo de los monos.
Cando cesou a actividade os Barbagelata venderon o local a un empresario local e finalmente , dividido en tres espazos, foi acondicionado para tres vivendas , modificando a frenteira .
B).- CINEMA CISSA ( 1947 / 1998 )
Instalado na Rúa do Porvir ( agora Marqués de Ugena )- Rúa Mestre Piquero.
Para promovelo constituiron sociedade Xosé Gayoso, Xabierm Saco Rivera e Luis Macía Vázquez, aos que se uniron algúns accionista máis, e acabou sendo propiedade do empresario Pedro Pérez, de Monforte . Ao cesar a actividade albergou por algún tempo un supermercado.
O edificio foi proxectado por Nemesio López Rodríguez, arquitecto nado nas Nogueiras-Ortoá, con exercizo profesional en Ferrol ( arquitecto municipal ).
A primeira pelicula presentada no acto de inauguración foi "Los tres caballeros" ( 1947 ). Editaron un folleto a toda cor ..
Nesta sala foron proxectados filmes das mellores distribuidoras ( Paramount, Metro, Warner, CB Films. Mercurio, Fox, Bocacio, Universal, Filmax, Suevia e outras e ademais polo seu escenario pasaron actividades teatrais, funcións benéficas , actuacións musicais e actos cívicos .
Encargados das proxecións foron entre outros Pallarolas , Arias e Díaz Lorente.Arias compartí o seu labor co exercizo da carpintaría no local que había por tras do escenario.
A adicación a supermercado levóu á que se fixesen obras que mudaron a distribución espacial. Houbo intención de adquirir o local polo Concello que non deron resultado
C ) CINE CAPITOL ( 1966 / 1991 )
Instalado na Rúa Diego Pazos / Rúa Goya. Foi promovido por Antonio Goyanes , retornado da emigración en Venezuela, despois do intento fallido doutro emigrante, Aurelio López Fernández "Lelo", que pretendera edificalo en terreos segregados de "Villa Andrea ", na Rúa Matías López.
O primeiro filme proxectado foi "La conquista de un Imperio"
Ademías da función de sala de cinema o local acolleu obras de teatro , campañss benéficas , actos electorais dos partidos politicos, clausuras de curso escolar do Colexio da Asunción....
Na etapa final presentou programación de peliculas de corte erótico de xeito contino e coa aparición de cadeas televisivas en Lugo e Monforte que daban decote peliculas do mesmo tipo e a proliferación de tendas de aluguer de filmes para seren reproducidas nos fogares , foise perdendo o costume de iren ás salas de cinema, e finalmente o Cine Capitol pechou as súas portas-
Ao deixar de ser sala de cinema o local foi destinado á cría de animais por algún tempo, até que quedou sen uso.
D).- O CINEMA NO POSTULANTADO MERCEDARIO
Cunha pequena máquina reprodutora proxectaban os mercedarios peliculas de fondo moral para os estudantes do seu Postulantado e cando se fixo a obra nova na que se acondicionou un amplo Salón de Actos no que representaban obras teatrais , as sesións de cinema dos domingos fron ofrecidas aos nenos e nenas do Catecismo Mercedario que asistián ás sesión sen cobrar a entrada.. Entre os anos 1960 e 1964, cunha máquina que obrigaba a facer paradas para o cambio de rolos, e cando aparecían esceas con bicos ou outras accións que o frade consideraba "non aptas para menroes " poñía man diante do feixe de luz, feito que daba lugar a sorrios dos máis pequenos que eran conscientes das accións censoras do relixioso de turno.
E ).- CINE CLUBE NA UNIÓN.- Cando en Sárria as autorirdades estatais acordaron a creación dun Centro Cultural e Social para a proxección de filmes acordaron os seus responsables servienrse dos locais de A Unión, e ao ser suprimido ese Centro a máquina cineamtrográfica quedou en depósito en "Villa Aurelia "
Entre 1996 e 1998 funcionou o chamado Cine Clube da Unión , proxectano en cada mes unha pelicula en 35 MM e unha ou dúas en 16 mm. Fixeron seguimento dos Premios Oscar e celebraron un acto conmemorativo do 50 aniversario do Cinema Cissa , e nesa sala tamén proxectaron filmes para os asociados do Cine Club.. Feito importante foi a organización dun coloquio con Carme Coixet que estaba en Sárria rodando o filme "A los que aman". Tamén fixeron unha exposición de material cinematográfico
Despois dun parentese, en 2012 , os cinéfilos sarriaos retomaron a actividade do Clube con proxeciós ao ar libre na pista de baile, de cortos do sarriao Roberto Lolo, unha pelicula de Manolo Darriba ( Pacios, as fotos da meoria, 2011 ) e outras entre xullo e setembro.
Na actualidade o Cine Clube está activo e en moitos domingos, ao longo do ano, fai sesións de filmes selectos, baixo o criterio de xente moza con amplos coñecemento dos filmes esapñois e da cinematografía internacional.
F).- CINEMA AO AR LIBRE.- Nos útimos anos fixéronse proxecións ao ar libre programas polo Concello, aa autoridades culturais e a Deputación Provincial . Tivo bon suceso a proxeción realizada no espazo existente diante do Campo de Deportes da Ribela, nunha pantalla xigante e co publico aistente sintoizando a banda sonora dentro dos seus coches.
G).- A Delegación de Cultura do Concello de Sárria fai programacións , especialmente para nenos, que teñen lugar no salón de actos da Casa da Cultura. En 29.12.2012 e 4,01,2023 proxeción de " O Apóstolo".
H ).- No Mosteiro de Samos, cando era centro de formación de novicios e tiña ali a orde bieita un colexio de segundo ensino, tamén se ofreceron sesións cinematográficas , especialmente en datas sinaladas.
CURIOSIDADES
O CINEMA CISSA.- Foi unha grande sala , dotada de todo conforto, que se foi adaptando ás inovacións cinematográficas , dotada dunha moi boa sonoridade. No baixo estaba a taquilla, a oficina e os servizos hixiénicos e pasado o vestíbulo aparecía a sala de butacas e un grande escenario, que retirando a pantalla permitía adapatr o espazo para obras de teatro e programas de variedades. Por tras do escenario había un espazo que facía a función de camerino. No lateral dereito estaban a porta de evacuación e a de acceso ao camerino.
No andar alto estaba o ambigú e os bancos corridos de "xeneral" e na balconada estaban as butacas que en ocasións excepcionais eran ocupadas por autoridades e persoas destacadas. Dende perto do ambigú saía unha estreita escadiña que conducía á Sala de Máquinas , na que era señor o proxectista de turno-
A CENSURA,.No longo periodo da ditadura franquista , ademais da censura exercida riba de guións, rodaxe , montaxe e resultado final do filme había unha censura relativa á proxección nas salas de cinema que, baixo o control de censores eclesiásticos facía unha calificación en APTA PARA TODOS OS PUBLICOS ou proxectables con REPAROS, nunha gradación 1R, 2R e 3R., é dicir autorizadas con reparos.Na celebración das misas dominicais os oficiantes daban lectura ás calificacións morais dos filmes e advertían da perigosidade das sinaladas con 3R. Ademais o Concello situaba un garda municipal na entrada do cinema impedindo a entrada dos menores de idade
CINEMA DE SEMANA SANTA- A Igrexa Católica , na ocasión da Semana Santa, esixía que as emisora de radio deixasen de emitir musica lixeira, debendo presentar musica reliixosa ou clásica, e o mesmo se esixía á televisión. Os días de xoves e venres santos non se podían proxectar filmes, e nos restantes días só podían proxectar peliculas de temática relixiosa e algunhas " de romanos". Para compnesar a agarda os responsables do Cinema Cissa contrataban para o Domingo de Resurreción a estrea dalgunha superprodución con ocupación total do aforo.
A PUBLICIDADE DOS FILMES PROGRAMADOS.-
Taboeiros.- Na parede do Casino de Sárria e nalgún punto más da vila había taboeiros que indicaban o filme do día , con exposiicón de fotografías con escenas destacadas , resaltando a presenz dos protagonistas, ademásu dunha nota coa "calificación moral"-
Programas.- Nos días nos que se proxectaban filmes , ademais de cartaces remesados polas distribuidoras , que se colocaban en tendas ou en paredes para xeral coñecemento, uns rapaces estaban encargados de distribuir progrmas en cor con debuxos alusivos á temática do filme e aos protagonistas, que no reverso , impreso nalgunha das imprensas da vila, ademáis do título e algúns reclamos , completaban o texto coa data e o horario- O premio dado aos repatiodres por distribuiren a publicidade era que podían entrar á sala para ver o filme.
Na prensa.- Tamén, ocasionalmente, era anunciada a proxeción de filmes nos xornais galegos con difusión en Sárria, destacando, como curiosidade, que "El Pueblo Gallego" de Vigo incluía pequenas notas indicando o tíduo do filme e a calificación " moral"
SESIÓNS ORDINARIAS.- Tiñan lugar os domingos, días festivos, sábados e eon ocasión das feiras do 6, 20 e 27.Había tres sesióms: 5 e media, e 8 e 10:.45.en festivos e ás 8 e 10:45 nos días de diario. A menos concorrida era a última delas.
SESIÓN INFANTIL Os domingos ás 3 e media da tarde proxectaban peliculas destinadas ao publico infantil ( aptas para todos os publicos )
SESIÓN CONTÍNUA : Houbo un tempo no que se seguiu a pauta de proxección de filmes uns a continuació doutros, que non deu bons resultados económicos e foi sustituído pola proxección do mesmo filme en tres horas diferentes.
SESIÓN FÉMINAPara potenciar a rendabilidade das proxeccións estableceron o "Martes Fémina" , que constía en que mozos e varóns pagaban entrada podían "pasar" de balde a unha moza ou muller.
A ESTREA DOS GRANDES FILMES.- Os filmes máis destacados, por seren bons ou estaren moi publicitados, eran ofrecidos ao publico sarriao o 6 de Xaneiro ( Feira de Reis ), o día da Feira de San Lázaro ( Domingo de Paixón ) e o Domingo de Resurreción.
EMPREGADOS E TRABALLADORES NO CINEMA CISSA
Ademáis dos socios fundadores ou do capitalista dono do Cinema Cissa máis adiante, había un xerente encargado da xestión económica da actividade , das xestións coas distribuidoras,, da publicidade, etc.
Varias eran as funcións encomendadas a empregados como o 0 proxectista , taquilleiro, o acomodador, o encargado do ambigú, o vendedor de cacahuetes ,e as persoas que controlaban a calefación e o a limpeza dos locais.
OS NENOS E MOZOTES QUE SE COLABAN- Houbo quen conseguían entrar ás sesións sen pasaren pola taquilla. Uns entraban polo gachinelo que daba ao servizo de homez depois de pasar polo estreito espazo que hai entre a parede lalteral do leste, algo só ao alcance de corpos miudos que podesen evitar o quedaren entelados . Outros despois de facer a pasaxe agatuñaban até a visera da freinteira e contando coa colaboración dun amigo, que lles abría dende dentro unha das vidreiras do primeiro andar pasaban ao ambigú e deseguido e con presa entraban en "real".
Outros recollían restos das papeletas de entrada, que moi descoidamente eran tiradas polo persoal de limpeza no espazo que agora é a Rúa Mestre Piquero, selecionando as diferentes cores e pegaban moi hábilmente os anacos recollidos e presentában a creación feita ao porteiro , aproveitando o paso de grupos , aforrando deste xeito as pesetas das entradas baratas.
SANTIAGO PALLAROLAS ALDABO ( " Pallarolas " ) Peronaxe moi unido á traxectoria do Cinema Cissa foi o catalán "Pallarolas" electricista, montador de radios e televisores, musico e.... maquinista ou proxectista , señor da saliña onde estaban os dous proxectores dispostos para pasar os rolos. Como os filmes estaban gastados en moitos casos rompían e a proxección quedaba parada ate´coa axuda do acetato a fita era pegada, e mozos de nenos berraban unha e outra vez "Pallarolas" " Pallarolas " até que se reanudaba a marcha das máaquinas. En moitas ocasións ao longo da proxección había repetición de roturas e o "coro becerril " berraba e berraba , e en algunha oasión ferido no seu orgullo , ao non dar arranxado a desfeita, poñía un letreiro que aparecía na pantalla dicindo " La pelicula está hecha una mierda ".
O NODO.- Abría as proxeccións o onbigado pàse do Noticiero Documental no que , en branco e negro, se recollían novas do país, maiormente protagonizadas por Franco, e cando foi miistro de Información e Turismo outras exaltando a figura de Fraga Iribarne, sempre cunha visión triiunfalista reforzada por un ton de voz altisonante . Pasaban despois os avances dos filmes que se verían nas xornadas seguintes e cun anuncio de que se podía pasar ao ambigú era interrompida a proxecció, e dez ou quince minutos despois uns fortes timbrazos anunciaban que se apagaban as luces da sala e com3zaba o pase.
ACTOS DESTACADOS CELEBRADOS NO CINEMA CISSA
Homenaxe a Francisco Vázquez Saco nomeado Fillo Predileto de Sárria.
Asemblea para dar a coñecer a instalación dunha factoría produtora de cemento
Asemblea para a creación dun centro privado de ensino secundario ( Colwexio Felipe II )
Programación de actividades de verán do SUT ( Servizo Universitario de Traballo ) do SEU
Representacións para a Campaña do Nadal- Festivais benñeficos.
Representacións teatrais de afeizoados sarriaos e de compañías en xiras
Programas de "varietés " por compañías en xira.
Actos de carácter politico.
**********************************************************************************
CINEENSINO.- Foi un programa de prevención do consumo de drogas no que participaron 200 escolantes . Proxecció do filme "Pequenos invasores "
CINEMA NA CASA DA CULTURA.- Desaparecidas as grandes salas de cienma a Delegación de Cultuira do Concello programou mostras de cinema , sesións desinadas a publico infantil, etc. no salón de actos .
CINEMA AO AR LIBRE.- A Deputación Provincial de Lugo, no espazo frenteiro do Campo de Fútbol da Ribela, fixo proxeción seguida en sintonización dende o interior dos coches dos espectadores.
SALUGA FILMS .- Ramón Díaz López creou unha asociación cultural ( Saluga ) co propósito de facer un "campo de cine " e con rudimentarios medios rodou pequenos filmes. Entre eles destaca "La hija del sherif," "Los trabajos de nuestro pan ", "El caballero del bastón de oro"
PELICULAS RODADAS NA TERRA DE SÁRRIA
No Val de Láncara, e no Pazo de Láncara, foron rodadas esceas da zarzuela " Maruxa"
!967/1972 no Círculo Xuvenil "Gregorio Fernández , da OJE, cunha pequena cámara de 8 mm Manuel Rodríguez López rodou e montou numerosos documentais recollendo as actividades programadas no centro e de temas de interese sarriao, filmes que se perderon,
(23,07.2009 ) 14 nenos sarriaos participaron na creación e animación dunha escea da curtametraxe basada na obra " Mariluz Avestruz" de OQD Editors, baixo da doreción de Raquel Méndez e Eva Vila na campaña " O Mundo en galego ).
( Xullo de 2009 ) Roberto López presentou a curtametraxe de terror "La Sábana Blanca", protagonizada por Roberto Lolo, Paula Vázquez e Iolanda López. O argumento xira darredor dun matrimonio que perde un fillo en ciurcunstancias tráxicas e a nai queda xorda pola forte dor sufrida pola morte do vástago.
( Xullo de 2009 ) No Mosteiro de Samos rodaron esceas rodarone esceas do filme francés "Sorte", dirixida por Jacques Sechaud , na que narra a histroia de Christian Lhorme, atracador afeizado e solitario, que elixiu unha existenza desarraiazada que o levou á prisión. Houbo tomas na clautra, na biblioteca e nunha das celas Baseada nunha novela de Claude Lucas , tamén se rodou no Cárcere Vello de Lugo. Esta longametraxe foi producida por Sebastián Fonseca e Cedric Walter,
( Xullo 2010 ) Os días 17 e 18, na Casa da Cultura, Roberto Lolo presentou as curtametraxes " El clon" e " Cluv con v". "El clon" foi rodada en Sárria en 2010 coa participación de Lara de Miguel, Francesca Vegas e Serxio Hurtado e trátase dunha historia sobre a clonación. "Cluv con v " conta coa participación de Mariana Carballal e Marco ( da Orquestra París de Noia ) e tráta de vampiros e foi rodada en "La Unión ".
( 2011 ) Manolo Darriba rodou o filme "Pacios, As Fotos da Memoria", con participación de veciños de Pacios de Loureiro ( O Incio ).
( 1,03.2912 ) Presentación en Lugo da curtametraxe "Triste soledad de un violinista" , de Roberto Lolo, na que participaron Alberto Amarillam Soraya Arnelas de Marcos Valcárcel
************************************************************************************
O CINEMA EN SÁRRIA, DA MAN DE LUIS MACÍA VÁZQUEZ
Luis Macía foi a memoria viva da Sárria do século XX e a el se deben as novas referidas á consolidación do cinema en Sárria. ( "Sucedió en Sárria, 1994 )
..... O CINE-SALÓN
--- Un pequeno grupo de sarriaos MATÍAS VÁZQUEZ, EUXENIO QUIROGA, ANONIO QUIROGA, MANUEL GUTIÉRREZ E MATÍAS OÑATE ( Marqués de Ugena ) decidiu a construción dun local para cinematógrafo . Non tiñan afán de lucro, simplemente desexaban poder ollar bons filmes sen necesidade de se desprazar a outra localidaade , ventaxe que afectaría a todos os habitantes da Vila e a súa Comarca.
( Denantes dos ) anos vinte constuiuse un modesto local na rúa do Porvir, hoxe Marqués de Ugena, que dispoñía dos elementos necesarios para a proxeción de filmes e tamén contaba cun escenario coa súa tramoia e foxos , cuncha do apuntador e candilexas e dous camerinos. A sala estaba dividida en dúas partes, entrada xeral con asento en banco e patio de butacas que eran de madeira como entón se estilaba, Inaugurouse coa proxeción dun filme completada coa actuación dunha parella de bailes, os Boronsky, orixinaria de Rusia e que moi pouco tempo despois tivo un tráxico final suicidándose en Irún.
O Cine.Salón, que así se chamaba, tiña sesións todos os domingos e con certa frecuencia modestas compañías de teatro actuaban tamén no local. Algús dos seus membros chegaron a teren certa notoriedade en Madrid.
Tamén houbo representacións de zarzuelas, e todas as obras de afeizoados da localidade e con fins benéficos , ali tiñan lugar ; mesmo fixeron estrea de varias obras de autores locais,
Axiña cansaron os promotores daquel negocio e arrendáronllo ao señor Barbagelata , de orixe italiana, que tiña outro cinema en Monforte. Máis adiante adquiriu en propiedade o Cine Salón.
É preciso dicir que tanto os primeiros propietarios como o señor Barbagelata cedían gratuitamente o local para as funcións de teatro de afeizoados e mesmo para os ensaios.
CINEMA CISSA
1946,. Tres sarriaos , XOSÉ GAYOSO, XABIER SACO e o que isto escribe ( LUIS MACÍA ), soñaban con construiren un bon edifcio para proxecións cinematográficas e axiña conseguirom numerosos acionistas dispostos a se embarcaren na empresa,,
O arquitecto sarriao , Nemesio López Rodríguez, foi o autro dun magnífico proxecto que non tardou en se coverter en realidade e como hoxe existe, Inaugurouse en xuño de 1947 co filme · Los Tres Caballeros· de Walt Disney,
A construción foi dunha grande calidade , como o foron tamén os elementos do interior, As butacas probablemente serían das m,ellores dos cines de Galicia , observando as distancias regulamentares entre as fieirasm o que non era corrente naquel entón, Alumeado e decoración estaban en consonancia coa calidade das butacas e os medios de proxeción eran tamén inmellorables.
Con estes elementos e unha programación excelente,con contratos coa Metro, Warner, la Paramount, la Fox , etc.m creiamos que o publico respondería ás nosas previsións, Pero non foi así. A asistenza foi en xeral escasa dabono, especialmente martes e xoves , nos que a penas había espectadores,
E a construción e demias elementos rebasaran os limites que fixaramos,máis esta circunstancia non influía drasticamnte no maior ou menor beneficio , a escasa afluencia de espectadores foi decisiva para que a explotación non rendese os resultados apetecidos.
Os impostos tamén era agobiantes , xa que pagabana á Facenda e á Sociedade de Autores non polo número de espectadores , senón polo aforo. que sen dúbida era excesivo para as necesidades cinematográficas da comarca.
Por outra parte, denantes da aperura do cinema tivemos unha entrevista co señor Barbagelata por se era posible adquirir o Cine Salón da súa propiedade , pero negouse rotundamente a negociar.
Malia a que os lotes de filmes ontratados eran en xeral de primeirísima calidade , fracasabamos rotundamente cando Barbagelata proxectaba filmes de Jorge Negrete, que os días defeira daba en sesión contina co salón abarrotado. Tamén tiña o contrato do famoso filme "Gilda" Tencionaramos contratarmos eses filmes e o señor Bargagelata adiantárasenos.
Despois de repetidos fracasos foi arrendado a finais dos cincuenta e posteriormente foi vendido por 750.000 pesetas , cando costara algo máis de 600.000..............
Comentarios
Publicar un comentario