SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1975 )
FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1975 )
PROGRAMACIÓN OFICIAL DE FESTAS
DÍA 21.- DÍA INFANTIL
Organizado pola Comisión de Festas e patrocinado por BEGANO SA(concesionario de Coca Cola, Fanta e Finley )
¨Ás 11 da mañá, na praza do Concello, I CONCURSO DE PINTURA sobre asfalto ( poderán participar todos os nenos e comprendidos entre os 6 e os 11 anos )
Ás 12 da mañá no Cine Capitol Proxeción de filmes infantías,
Áa 16: 30 Competición de Mini-Bólidos na Rúa Portomarín, e a continuación CONCURSO DE PAPAVENTOS FANTA , para nenos de 9 a 11 anos.
Nota: Convidadas e inscicións Comisión Oficial de Festas,
A partires das 5 da tarde , con un alegre pasarrúas , dos grupos de Meigas e Trasgos , Banda Municipal de Sober e Xigantes e Cabezudoscomezan as Festas Patronais de San Xoán de 1975.
Ás 11 da noite PRIMEIRA GRANDE VERBENA no Cruce da Estación a cargo da orqiestra Kalú.96.
DIA 22
Ás 8 da mañá, Dianas e Alboradas. ,desfile polas rúas da vila de comparsas,Xigantes e Cabezudos , Banda de Tambores e Cornetas da OJE, grupos rexionais de Meigas e Trasgos e Banda Municipal de Sober.
Ás 12 da mañá, na Biblioteca Publica, inauguración oficial da PRIMEIRA MOSTRA DE ARTESANÍA Á 1 CONCERTO pols Banda Municipal de Sober, na rúa Diego Pazos.
Ás 6 da tarde Semifinal do Trofeu San Xoán de Fútbol-
Ás 7 da tarde PRIMEIRA GRANDE FESTA na rúa Diego Pazos coas Orquestras Compostela e Kalu-96.
A partires das 11 da noite SEGUNDA GRANDE VERBENA no lugar anteriromente citado e cos mesmos conxuntos.
Á 1 da madrugada, GRANDE SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO E ILUMINARIA
Npta_ A Sociedade A Unión , a partir das 19:30 da noite ,VERBENA a cargo de "Los Almirantes "
DÍA 23.-
Pola mañá, Dianas e Alboradas e desfile polas rúas da vila de Meigas e Trasgos e a Banda de Tambores e Cornetas da OJE,
Ás 12 , Probas de Tiro Neumático ( Organizado pola OJE )
Ás 5:30 da atrde Rally Automobilistico para veículos fabricados antes de 1936.
Ás 7 da tarde SEGUNDA GRANDE FESTA na rúa Diego Pazos cos conxuntos Los Cun-ter e Los Neptunos.
A partir das 11 da noite TERCEIRA GRANDE VERBENA nas Prazas de D, Xoán María López cos conxuntos citados anteriormente .
A esta mesma hora no Alto da Mercé comezará a grande QUEIMADA e FOGUEIRA DO SAN XOÁN
Á unha da madrugada SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO
DÍA 24.- DÍA DO PATRÓN
A primeiras horas da mañá , Dianas e Alboradas e desfile polas rúas da vila de comparsas, Xigantes e Cabezudos, Banda de Tambores e Cornetas da OJE , Banda Municipal de Sober e conxuntos rexionais de Meigas e Trasgos .
Ás 11, MISA SOLEMNE na Igrexa de Santa Mariña, cnatada pola Coral de Meigas e Trasgos . De seguida procisión co Santo que perorrerá o itinerario de costume , presidida polas primeiras autoridades da vila.
Á 1, na Praza de Xoán María López, CONCEERTO da Banda de Música de Sober,
Ás 6 da tarde final do TROFEU SAN XOÁN DE FÚTBOL
A partires das 7 da tarde , Nas Prazas Xoán María López e do Concello TERCEIRA GRANDE FESTA coas Orquestras "X" da Coruña e "Los Seis de Galicia "
A partires das 11 da noite CUARTA GRANDE VERBENA nos lugares antes citados.
Á 1 da madrugada SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO con Iluminaria.
Nota: Na Dociedade A Unión , concerto á 1:30 da tarde coa Orquestra "Los Almirantes " A partir das 7:30 Asalto-Baile e a partir das 11 da noite Gran Verbena.
DÍA 25.-
Pola mañá, Dianas e Alboradas , desfile da Banda de Tambores e Cornetas da OJE e conxuntos rexinais de Meigas e Trasgos-
Á 1 da tarde ,CONCERTO na Praia do Chanto , a cargo ds Orquestra "Variedasdes " De seguido dentro da festa campestre que se celebrará nese recinto CONCURSO DE EMPANADAS con premio para as dúas melloras,
Ás 6, CONCURSO DE BILLARDA, nas Pistas da Agrupación Escolar.
Ás 7, actuación dos conxuntos rexionais de Meigas e Trasgos , seguida da última GRANDE FESTA a cargo da Orqiuestra "Variedades ",
A partires das 11 da noite última GRANDE VERBENA no Barrio da Estación coa Orquestra Variedades e o conxunto Los Neptunos.
Á 1 da madrugada última SESIÓN DE FOGOS .
Nota: Na Sociedade A Unión , a partires das 11 da noite , Cea Americana e actuación especial de Los Players e Los Almirantes, conxuntamente no Grande Baile.
ESPAZOS FESTEIROS
PRAZA DO CONCELLO.- CINE CAPITOL.- RÚA PORTOMARÍN.- CRUCE DA ESTACIÓN.- BIBLIOTECA ( Rúa Pedro Saco ).- RÚA DIEGO PAZOS.-PRAZA XOÁN MARÍA LÓPEZ.- CAMPO DA FEIRA ( Altó da Mercé ).- CAMPO DE FÚTBOL DAS INSUAS.- PRAIA DO CHANTO.- BARRIO DA ESTACIÓN.- SOCIEDADE A UNIÓN.
**************************************************************************************
COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS ( 1975 )
Presidente de Honra: D, Euxenio Quiroga Vázquez ( Alcalde de Sárria ). Presidente: D. Carlos Arias López. Vicepresidente: D, Omar Vilela Díaz. Segredario: D, Pedro Quintana López, Tesoureiro: D, Benigno López Rodríguez. Contador: D, Xabier Díaz López. Vogais: D. Manuel Pérez López. D. Ricardo López Losada, Comisión Deportiva; D, Antonio Peña Díaz, D, Manuel Rodríguez Díaz. D. Dimas González Loureiro. Comisión Folclórica: Dª Carmela González de López-Vizcaíno. Dª Paz López de González Srta Marité López Melle-Guillade. Coordinador de Festexos: D. Víctor López Villarabid. Concdlleiro Delegado.
**************************************************************************************** LIBRO PROGRAMA DAS FESTAS ( 1975 )
Portada: Sarria.Fiestas Patronales de San JUan. Junio 1975. Fotogtrafías: Espadana de San Salvador e Torre da Fortaleza: Baile dos grupos de Meigas e Trasgos. Contido: Saluda ( Euxenio Quiroga Vázquez, Alcalde de Sárria ).- El nuevo sistema ( Víctor López Villarabid, Concelleiro Delegado ). Comisión Oficial de Festas .- Sárria y sus Fiestas Patronales ( Bocelo ).- Panorama del nuevo Colegio Nacional ( vlv ).- La Calle Mayor.- Dous poemas de Vergara Vilariño sobre temas sarrianos: Anoitecer no Val de Sárria . Cantiga das Fwestas do San Xoán.- Programa Oficial de Festas,. Escaleira da Torre da Fortaleza.- O Río Sárria.- Sárria , Camino de Peregrinaciones ( Xosé Manuel González Soto ).- Vilassar de Mar saluda a Sárria ( Fernando Serra Adroher ).- El Deporte ( Víctor López Villarabid ). Fotografías za Zona Escolar e O Chanto.
Editado por Gráficas Yebra. 92 páxinas. 68 anuncios publicitarios.
**************************************************************************************
COLABORACIÓNS EN LINGUA GALEGA
DOUS POEMAS DE VERGARA VILARIÑO SOBRE TEMAS SARRIANOS
Prós meus amigos Alfonso López Arias, Uxío López Prado, Guillermo Gómez, Paco Pote, Jiménez, Chelo ( Carlos Díaz Losada ) e Maribel Rodríguez Campo, pra que se casen axiña , pois a todos eles lles vai sendo hora de facer semellante mester.
I
ANOITECER NO VAL DE SÁRRIA
Oula, ó lonxe , un can de palleiro e pérdense na Veiga os seus ladridos . As xentes cansas vólvense do leiro mirando a terra cos ollos erguidos,.
O solpor morno non parce un aloummiño e o Val adormecéu na mansedume , Un grilo oculto xunto do camiño toca o pínfano coma de costume,
A noite , enmordiña, pouco a pouco , asolaga a planura rente a rente e a paisaxe desfaise nun salouco.
Todo xazo quedo, Estúpetamente acende seu farol un lucepouco e anuncia outra vez,, un novo abrtente.
II
II CANTIGA DAS FESTAS DO SAN XOÁN
Este ano , si Dio-lo quer , tamén irei ó San Xoán a ver as xentes sarrianas en comparsa familiar,
- ¡ Que non podo faltar,amada, ás festas do patrón de sárria !
Irei ó San Xoán sarriano ledo como un axouxer a compartir aledicia de tanta xente de ben.
- ¡ Que non podo faltar á miña festa preferida !
Irei ó San Xoán a ver e máis compartir un gozo , e lembrar tempos pasados na vila que ben recordo.
- ¡ Que non podo faltar, amada , ás festas do patrón de Sárria,
Irei ó San Xoán este ano co meu traxe de romeiro e Sárria hame recibir como un amigo de vello.
- ¡ Que non podo faltar, amiga , á miña festa preferida !
Santalla de Lóuzara, maio do 75,
Fiz Vergara Vilariño
*********************************************************************************
DE RUADA
Un ano xa vai pasado / o San Xoán está chegando / pasaron as papas raras / agora ímola andando //
Falar falase dabondo / agardar agardarèi / trunfen bastos ou espadas / a cantiga botarei //
Digan que sí ou que non / monifates repoludos / polo padrón desta vila / fálase sen desimulos / Non nos gustan os cans ceibes / e se a cousa sigue igola / recollerase a basura / cun carro e un adibal / ¡ O millor leva máis tempo / ou cecais non quede mal ! / Cadaquén ten a súa culpa / cadaquén a levará / Os cans son xordos e mudos / ¿ Os donos non falarán ? / Con unha vila tan longa / e solo con un camión / non se pode andar moito/ e madrugar non é bon.//
¡ Arde o eixo, carballeira ! / ¡ E fale Xan canto queira ! / -Pois logo, meu bon amigo / veña un bon xarro de viño ! //
Aló nunha noite pecha / cavilaba eu pra min; / ¡ Veñan o gas e o carburo , / eu poñerei o candil / ¿ A Fe-nosa non é boa ? / Crer nela eu nono digo / anda baixa de tensión / e non esquece o recibo //
A xente da nosa vila / de todo sabe falar / langureta, langureta / langureta sen parar / Entrementras as parroquias / están abondo isoladas / moitos Farrucos e Pepes / namoranse dunha carballa/ "¿ Quen dixo de facer camiños / tendo eu esta monada ? / Se o carballo fora de ouro / valía unha millonada " / Facer camiños e pistas / é unha cousa doada / se non foran pola terra / e máis os coches voaran //.
- ¡ Vállate Xuncras do diaño ! / ¿ Non has estar ti calado ?. - Outro neto beber quero / pra poñerme aína máis fero, / - ¨Á porta están xa as festas , / mellor será que te cales. / non seña que alguén diga / que é mentira canto fales, / - Non quero eu dar por certo / que millores festas foran / se algunhas pesetas máis / ceibaran os que apetoan / cadeliña tras cadela / e por canto gastan choran / /
Pois xa que ó Señor San Xoán / todos queremos dar honra / deixémomos de andrómenas / que as festas serán ben boas. / E quen non queira beilar, / que se suba nun carballo, / pois nesta vida, rapaces, / non todo ha sere traballo. / Xa bebín abondo moza, / xa parolei canto quixen, / non me revires os ollos /pois é certo canto dixen.
PEPE DAS TARAMANCAS ( Xaime Félix López Arias )
*************************************************************************************
ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESAPARECIDAS
TALLERES REMACHE. Ciclomotores. Rúa do Porvir, 6 . Sárria.
TABERNA-PARRILLA EL CORAZÓN. Baixos do Hotel Roma. Sárria
ULTRAMARINOS QUINTO. Rúa Formigueiros. 87. Sárria.
DECORACIONES LORENTE, Rúa José Antonio 16 / Agora Rúa Xela Arias- Sárria
PULPERÍA TRABUCO. Comidas Rúa José Antonio , 43 / Agora Rúa Xela Arias. Sárria
SARRIANA DE BALLESTAS. Gran Vía. 10. Sárria
LICOR PAX . Bieitos de Samos.
ULTRAMARINOS MARUJA. Rúa Matías López, 63. Sárria.
TALLER VIUDA DE RICARDO GONZÁLEZ. Rúa Vázquez Queipo- Sárria.
******************************************************************************** .
Comentarios
Publicar un comentario