SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1972 )
SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1972 )
PROGRAMA OFICIAL DE FESTEXOS
DÍA 23,. DÍA DAS FOGUEIRAS
A partires das sete da tarde, o repenique xeral de campás , disparo de bombas de palenque , desfile de xigantes e cabezudos , de gaiteiros de "Meigas e Trasgos" e da "Banda de Infantería de Mariña " de O Ferrol " do Caudillo" polas distintas rúas da vila , anunciará o comezo dos festexos.
Ás oito da tarede, PREGÓN DE FESTAS a cargo do Excmo, Sr.Don Euxenio López López, Direitor Xeral de Formación Profisional e Extensión Educativa. ( na Biblioteca Pública Municipa, Rúa Pedro Saco)
Ás 11 da noite, na Praza de Xoán María López , dará comezo a PRIMEIRA VERBENA DAS FESTAS que estará amenizada pola Orquestra " Tawuata Show ".
Á mesma hora, e no CAMPO DA FEIRA, terá lugar o acendido da GRANDE FOGUEIRA DE SAN XOÁN, en cuxo trascurso procederase a efectuar unha formidable QUEIMADA : Este acto estará amenizado polo Grupo de Gaiteiros de "Meigas e Trasgos".
Á unha da madrugada PRIMEIRA SESIÓN DE FOGOS ARTIFICIAIS
DÍA 24.- DÍA DO PATRÓN
Ás 9 da mañá, dianas e alboradas polas rúas da vila, con desfile de xigantes e cabezudos , gaiteiros de "Meigas e Trasgos " e a" Banda de Infantería de Mariña".
Ás 11, MISA SOLEMNE CANTADA EN GALEGO pola "Polifónica Sarriana ", seguida de Procisión, que percorrerá o itinerario de costume -
Á 1, PRIMEIRO GRANDE CONCERTO na Praza de Xoán María López-
Ás 6 da tarde, TROFEU "SAN XOÁN" DE FÚTBOL , entre dous potentes equipos-
A partires das 7 , GRANDE FESTA nas prazas de Xoán María López e do Concello, coas orquestras "Galicia Nova ", "Tawuata Show" e " Banda de Infantería de Mariña".
Ás 12 da noite, SEGUNDA GRANDE VERBENA nos lugares anteriormente citados .
Á 1 da madrugada, SEGUNDA SESIÓN DE FOGOS ARTIFICIAIS
DÍA 25. DÍA DA COMARCA.
Ás 9 da mañá, comparsas, dianas e alboradas polas mesmas agrupacións da mañá anterior.
DESFILE DE CARROS DO PAÍS ENGALANADOS saíndo do Cruce da Estación cara a Praia do Chanto ,onde actuarán os distintos grupos de "Meigas e Trasgos" e se entregarán os premios correspondentes ao concurso de carros-
Ás 2 da tarde e no mesmo lugar , celebrarase o CONCURSO DE EMPANADAS -
Á partires das 5 na dita Praia do Chanto GRANDE ROMARÍA na que actuarán a Orquestra "Galicia Nova" e a "Banda de Infantería de Mariña".
Ás 6 e media da tarde PRIMEIRA GRAN "NOVILLADA " Ccon sensacional man a man estre os "novilleros" Fredy Omar "El Negrito" e Guillermo Ciscar "Chavalo" e a actuación dunha rexoneadora.
Ás 12 da noite, TERCEIRA GRANDE VERBENA na Rúa Diego Pazos , coa Orquestra " Galicia Nova" e a "Banda de Infantería de Mariña",
DÍA 26. DÍA DO DEPORTE
Pola mañá haberá partidos de BALONCESTO e BALONMÁN , así como competicións de AEROMODELISMO, PEDESTRISMO E MOTORISMO.
Ás 6 da tarde GRANDE CHARLOTADA , na Praza de Touros . coa actuación do Bombeiro Toureiro e os seus Ananiños.
A partires da mesma hora , FESTA POPULAR. no Cruce da Estación, amenizada pola Orquestra "Luz Verde",
De 12 da noite en diante, CUARTA GRAN VERBENA, no lugar anteriormente citado coa Orquestra "Luz Verde "
DÍA 27 , DÍA DO PULPO
Pola mañá, no Campo da Feira, actuación dos grupos MEIGAS E TRASGOS
Ás 6 e media da tarde SEGUNDA GRAN "NOVILLADA" coa participación das coñecidas figuras da arte Julio Robles e Avelino de la Fuente.
A partir das 6 da tarde QUINTA É ÚLTIMA FESTA na Rúa Diego Pazos, coa Orquestra "Luz Verde" e "Los Jaslas ".
Ás 12 da noite comezará a ÚLTIMA GRANDE VERBENA destas festas, amenizada polos dous conxuntos anteriormente citados , tamén na Rúa Diego Pazos.
FESTIVAIS DAS SOCIEDADES E SALA DE FESTAS "XUNTANZA"
O CASINO, celebrará a súa tradicional festa do San Xoán na noite do día 28 de xuño. coa actuación dunha afamada orquestra.
A UNIÓN, No seu Parque de Festas de Verán e coas Orquestras Internacionais "X da Coruña" e "Los Píndaros" , terán lugar os seguintes festexos.
DÍA 24.- Sesión Vermú, Asalto e Baile de Noite
DÍA 25.- Sesión Vermu , e pola noite Cea Americana seguida de Verbena Extraordinaria de Gala
SALA XUNTANZA.- Na súa Sala de Festas ( Rúa Portomarín ) e co Grupo "Don Juan" e "Fórmula V" , celebraranse bailes de tarde e noite os días 24, 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño.
**********************************************************************************
COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS ( 1972 )
Presidente de Honra: D. Euxenio Quiroga Vázquez, Alcalde de Sárri. Presidente: D. Víctor López Villarabid. Vicepresidente: D. Pedro López Fernández. Segredario: D. Xaime Félix López Arias. Vicesehgredario: D, Uxío López Prado. Tesoureiro: D, Euxenio López Carrozas. Vicetesoureiro: Srta.Rosa Fernández Castro. Contadora: Srta. Marité López Melle.Contadora II: Srta. Conchita González Armesto. Contadora III: Srta. María Tereixa Pedrero Santos. Vogais: Srta. María Sabela Río López. D. Antonio Caldeiro Sanmartín. D. Matías Vila López. D. Omar Vilela Díaz. D. Anxo López Folgueiras. D. Xosé Ramonm Arias López. Sección folclorica: Dª Carmela González de López-Vizcaíno DªMoncha López de Muñoz. Dª Pacita López de González. Sección Deportiva: D. Antonio Peña Díaz. D. Manuel Rodríguez Díaz. D. Dimas González Loureiro.
*************************************************************************************
Pirotecnia: D. Xesús L.Vázquez, de Sárria. Alumeado: Zavi de Ourense. Fotografías Programa : Foto Xulio e Arquivo de Meigas e Trasgos.
LIBRO PROGRAMA DAS FESTAS DO SAN XOÁN ( 1972 )
Editado por Gráficas Yebra ( Rúa Matías López )
Portada: Juinio 1972. Diestas de San Juan Sarria. Deseño: Escudo de Sárria. Toureiro con capote, Gaiteiro con monteira. Moza bailñando.Autor: Blanco Casal, de A Coruña,, sobre ideas orixinais de Gráficas Yebra.
Contido: Salutación ( Euxenio Quiroga Vázquez , Alcalde de Sárria ).- Saúdo dos Ramitas ( Uxío López Prado ).- Gracias ( Víctor López Villarabid ).- Comisión Oficial de Festas.- Sumario.- É urxente ( Manuel María ).- Irmaus ( Celso Emilio Ferriero ).- Virtudes de la Noche de San Juan ( J. Rodríguez López ).- Cousas de Onte. Os morcilleiros ( Antonio Peña Guitián ).-Mi amada Sárria ( Declaración ) de Fernando Serra Adroher.- Copriñas de troula. Pra cantar na notiña de San Xoán.- O muiño ( X, Crecente Vega, publiadado sen indicar autoría ) .- A miña aguillada ( X. Crecente Vega, publicado sen indicar autoría ).- Algunos de los componentes del grupo de gaiteros de Meigas e Trasgos...- Unha ducia de refráns.- "Bailando bajo la lluvia.- El grupo infantil de danzas, denominado "Burbuxas".-Nuestra villa vive en afán constante de superación.- Notas sobre el Monasterio. Sárria.- Dos fotografías representando dos épocas bien diferentes. Niebla en Sárria ( Antonio Gómez Yebra ).-Recuerdos de Galicia ( Antonio Gómez Yebra ).- El Deporte a examen ( Antonio Peña Díaz ).- Sárria existe ( Carlos López Rodríguez ).- Programa Oficial de Festexos.- El traje regional. El vestido femenin ( Xoán Naya Pérez ). As feiras, A lito Santalla ( Ramón do Moreno ).- No importa.( Douglas Malloch, publicado sen indicarautoría ) - ¿ Contamos contigo ?...¿ E por que non ? (Álvarez Rodríguez )
*****************************************************************************************
NOVIDADES NA PROGRAMACIÓN
A Comisión quedou formada por homes e mulleres , con presenza dun bon úmero de mozos e mozas.
Por vez primeira a MISA MAIOR foi cantada pola " Polifónica Sarriana ", promovida por "Meigas e Trasgos "
Os grupos de gaiteiros e danzas aparcen baixo o nome de "Meigas e Trasgos", entidade que colabora abertamente na organización das festas , promovendo tamén o " Carreto ), mantendo dende entó a súa presenza nos festexos populares e ta,en en actos que se desenvolvero en " La Unión",
*****************************************************************************************
TEXTOS EN GALEGO
SAÚDO DOS RAMISTAS
Non será por certo adoitado, pero pensamos que ademáis do "saludo" que o señor Alcalde bote no obrigado lingoaxe oficiala para desexar ós seus gobernados unhas festas ben ditosas , deberiamos tamén os ramitas que coelas cangamos decirlles catro palabriñas na nosa fala, pra anunciar ou pregoarlles tal divertimento.
Ben contentos estamos todos nós de séremos buscados para tal choio , ao coal fomos coa mesma ilusión da que os noivos van ó casamento . E xa que de casamento se fala, diremos que un dos grandes acertos foi o formar a Comisión de festas con homes e con mulleres ; e se a eso engadimos que os que nela predominaban era por regla xeral xente nova, xa se sabe que a encarga resulta moi agradabele.
Pra orgaizar unhas festas sin saber antes os cartos con que se conta, hai que botarlle moito da conta a quelo a cousa,Pro resultou que o pobo respondeu moi ben á nosa pedicha, i ergueu o escote doutros anos , sin necesidá de que pra eso lles i<ndicaramos moito o que as bandas et. sobiran de prezo , pois repricábannos que esas músecas escoitábanas todos os días de boca das súa mulleres , e que xa estaban afeitos a teren que botar dúas veces a man á carteira.
Non tencionamos facer as mellores festas de tódolos tempos ; dámonos por satisfeitos con que non desmerezan das dos anos pasados. E pensamos que con tal que poñades da vosa parte un pouco de boa vontade pódese cumprir a nosa arela. Si mirades as páxinas do programa que tedes diante , decatarédesvos de que xunto a númaros de anos pasados atópanse tamén outros novos , e , como en tódalas festas , cabo de atraizós correntes, veranse algunhas de verdadeiro méreto que traguerán bon xentío á vila. E craro, , si o tempiño se pon da nosa beira , todo pode sair a pracer.
Aínda que non está acaído que señamos nós os que teñamos postas máis ilusiós nun ou nouro númaro, , non podemos negar que temos certa preferencia pola NOITE DAS FOGUEIRAS por canto teñen esta de relembranza de antigos ritos dos que, vindo de moi lexos, nos trouxeron o culto ó lume. Aí vos queremos ver a todos, homes e mulleres, grandes ou pequenos , ali estarán os coros e os gaiteiriños pra cantarnos cousas das que nos fan estar moi ledos de ser fillos diste país i escoitar múseca por boca do istrumento que fai percorrer un formigueo no noso corpo. Tódolos sarriáns e forasteiros danzando arredor do lume , collidiños da man, despois de haber botado no fogo cada un de nós un papeliño donde irán apontados os nosos pecadiños ou pecadazos, as envexas, xenreiras , teimas iautros defeuttos , pra que o lume os faga desaparecer, e das súas cinzas poidamos ao fin rexurxir e ser merecedores de chamarnos verdadeiros fillos de Breogán . A fogarada rematará coa QUEIMADA de costume , que todos deberán de probar.
Supoñemos que non fallará quen queira perlongar a festa até que alborexe do día de San Xoán , pra asì aproveitarse ben do orballiño milagreiro daquela noite, dámoslle por ben empregado tal gosto sempre que iso non lle tolla ir á procesión do Santo , pois non está axeitado que somente do San Xoán da Praza i esquezamos o San Xoán da Eirexa.
¡ Sarriáns : de nós depende que as fogueiras destas festas señan as de máis sona de toda a provincia !. ¡ Temos que logralo !
Pois craro que lembramos dos nosos emigrantes ; canta mágoa telos fora. Tal é pra algús deles o recordo, que houbo quen nos xirou cartiños pra telas ; Como é de estimar o xesto !. Mentras non chegue a hora de voltaren pra sempre, namais lles pedimos que os seus aforriños sean empreads eiquío, pra que antes se poida facer esa Galiza grande coa que todos soñamos, non señades dises desleigados que ivirten os seus aforrros noutros sitios
Graciñas a todos ,Ás Autoridades e organismos que nos axudaron e permitiron, ós que deron cartiños e toda cras de aportaciós pra que as festas se poderan faguer , aos que loitaron pra conseguiñlas, as que expremeron os miolos con traballos de pruma que pubricamos, , a "Meigas e Trasgos" por todo canto puxo pra que as festas tiveran as súas notas de orixinalidade i enxebrismo ; e como non i en particular pra o ilustre señor Pregoeiro das festas , que deberá roubar tempo , sabe Deus de donde, pra vir botar a procrama do nos San Xoán, que tamén é o seu.
En poucas pañlabras, agradecemen to a todos, tanto da casa coma forasteiros , incruso pra aqueles que por non poder ir ás festas .....terán que aturalas
San Xoán de 197
( Autoría do "Saúdo dos Ramistas": Uxío López Prado
..................................................................................................................................................................
É URXENTE
Manuel María
É urxente. / Non hai , / tarefa máis / necesaria e urxente . / temos que poñer / a salvo o noso barco./ estásenos fundindo / pouco a pouco ! /
Temos que erguer / de novo a nosa casa, / agora petada / pola choiva, / combatida / pola neves, a xistra / i a xeada; coberta / de hedras e de silvas ; habitada por ratos, / raposos, corvos ,/ choias , curuxa / e morcegos./
O noso barco vaise / a pique , ¿ onde está / o capitán ? ¿Onde ?/
A nosa casa esbráse, / ¿ onde vai o pai / de familia que deixou / morrer o lume do fogar, /
..........................................................................................................................................................................
IRMAUS
Celso Emilio Ferreiro
Camiñam ao meu rente moitos homez,/ nonos coñezo.Sonme estranos, // Pero ti, que te alcontras alá lonxe, / máia alá das sabanas e das illlas , / coma un irmau che falo,// Si é túa a miña noite, / si choran os meus ollos o teu pranto , / si os nosos berros son igoales, / coma un irmán che falo, // Anque as nosas palabras sean distintas, / e ti negro i eu branco, / si temos semellanets as ferodas, / coma un irmán che falo,// Por enriba de tódalas fronteiras, / por enriba de muros e valados, / si os nosos soños son igoales , / coma un irmán che falo, // Común temos a patria,, / común a loita ambos, // A miña mau che dou / coma un irmán che falo,//
...........................................................................................................................................................................
Salto por enriba / do lume de San Xoán /pra que non me morda / nin cobra nin can
OS LUMES DE SAN XOÁN
Alfredo Brañas
¡ Que noite tan fermosa !. Xa os rapaces / fixeron os montós diante das `portas / con garabullos, toxos e loueiros,/ Pra escomezal ' a troula .//
Alcéndes a fogueira con faísca / Y-ó punto unha tremenda labara / Cinteleando chispas, salta e rube / E triscndo s ' espalla, //
¡ Viva , viva !... din todos á porfía / Brincando por encima da fogueira / Us detrás doutos, sin cuidar qu 'o lume / Lles quemase nas pernas.//
Pol-as cinzas d ' o lume así dispostas / tódol-os bois d¡aquel lugar pasaron, / Pois ó pasar curábanse n' un verbp / S' estaban embruxados.//
LEMBRANZAS
¿ Quen pode esquencer de vello / Os seus tempo de rapás ? / ¿ Quen pode esquencer a noite, / A noitiña de San Xoán, / C ' o seu séquito de bruxas , / Fogueiras, baños de mar , / Augas de rosas, parrandas,/ Troulas, bailes e aínda máis ? / ¿ Si hasta os vellos , como somos, / Os fogos imos a brincar.//
......................................................................................................................................................................
COUSAS DE ONTE.- OS MORCILLEIROS
Antonio Peña Guitián
Os primeiros versos e poetas da nosa terra que eu concín, foron os que se amostraban con motivo dos morcilleiros que tiñan lugar antes nasa casas dos labradores. sober todo nas que había varias mozas casadeira. e máis aínda si a señora ama era muller amiga da farra; neles, ao tempo que se fabricaban as moricillas, celebrábase unha especie de xogos frorais ou xustas lieterarias, Na vida aldeán, tales morcilleiros eran pouco menos que un verdadei<ro acontecemento; e , dende logo, as amas da casa chufábanse de que o seu había duardo máis tempo ou estivera máis concurrdio que o da veciña. Tiñan lugar ós dous días da morte dos marraus. con perdón, como aínda din algús, non sei por que - e co ese motivo axuntábanse na casa unha recua de mozas e outras que xa non o eran tanto pero cuasi sin esceución tamén solteiras.Naquela reunión non tiñan acceso os homes hastra o final; era como si a composición daquel fiambre tivera algún rito segredo e privativo de maus de sacerdotisas.
Eu xa daquela sospeitaba, pois a imaxinación pecadenta voaba tan axiña coma o desenrolo do cortpo , que sería mpoi interesante oir o que moitas mulleres novas decía, va que aímda que os meus anos eran poucos, parecíame que tanta muller latexando, non soio de morcillas iban falar; supoñía que co tempo podíame ser útil conocer a opinión que as rapazas tiñan dos mozos; i o caso foi que mas inxeniei pra escoiatr o concilio. Certo é que aínda por veces me resinto dunha froaxe que agarrei na manxadoira na manxadoira que había na casa dun veciño onde me fun meter pra escoitar todo sin ser visto: firaxe ocasionada porque alo ao escorecer , a dona da casa deulle por tirar unha cesta de nabos picados pra que as arreses comeran, e viñan tan mollados da terra, que me empapei igoal que un paxariño, e craro , pra non ser visto , tiven que esperar hasta o final.
E resultou que.... meu dito meu feito: alí do que menos se falou, i estou seguro de que non perdín palabra, foi de morcillas. cual me confirmóu a suposición que eu e máis os meus compinches do lugar tiñamos xa , de que as conversas das solteiras son igoaliño que as dos solteiros máis ardentes, pizca abaixo ou pizca arriba: sempre veñen a recaer ao mesmo tema, coa circunstancia de que elas de tales cousas saben máis que nosoutros. ¡ Xesús, o que alí ouvín !...
Na primeira parte pois, os homes non tiñan autuación no morcilleiro, co<mo non fora pra colgar, aló ao remate, as varas de morcillas no quenzo; pero despois, en acabando elas o seu labor, unhas chamadiñas na porta ou na ventana do vertedeiro daban a entender que chegara a hora da "medida", que viña a tal medida acompañada dunha carta de recomeda en forma de verso. Algús dos que esto ledes e vos criastes na aldea , ben vos arrecordaredes daquelas farras ; pero outros moitos iñoran o que eso era, e pra eles vóullelo contar.
A tradición esixia que na noite do morcilleiro quedase fixada a medida que iban a ter os chourizos que se farían ao día siguente; pra fixar esa medida, e máis que nada como disculpa pró diverti,mento, establecíase unha especie de concurso de méretos, ó que iban os opositores que querían, cada un dos coales facía o seu historial en verso e acompañaba tamén dentro da carta un garabullo da lonxitú que, a xuiucio dil, deberían de ter os chourizos; por suposto, coma de facer rir se trataba, as poesías atacaban aqueles a quen lles tiñan rabia ou envexa, e metínase con todos. Ben vos decatades que os versos daquelas cartas tiñán máis picante do que por certo contiña a bacía da zorza; aquelas poesías non eran por certo moi académicas , pero o inxenio que despedían, as cadencias que tiñan, o rosario de chatas, tirapelexos,motes ou alcuños dos que naide dos presentes se escapaba e hasta ás veces algúa grave calunia , facían mexar de risa á xente.Nin unha sola das rapazas se libraba da burla, e tódolos secretos dos seus amoríos direitos ou torcidos , foran presnetes ou pertenescesen xa ao pasado, saían a relocir, e ás veces o que ali saliu á luzm deu orixen de que algún casorio que estaba xa pronto , nunca se celebrara.
Prás orfas de noivo tamén había copras de esperanza, a base principalmente de facer resaltar as boas coalidás que tiña ou a dote que levaría. A alusión á nora e sogra da casa nunca faltabam e ocasionou máis dun desgusto por certo; pero sei de tres ou catro matrimonkioa que o poeta puxo os seus nomes emparexados pra facer sonar mellor a cousa, e acabaron cadrando tan ben que casaron de verdá,
A leutura das poesías non se efeutuaba hastra despois de cear; era de ver coma, unha vez recibidas as cartas, a dona da casa gardábaas na súa peiteira, poñians as mozas e cenar elas e máis a xente da casa a toda prisa , e despois, á hora de tomar o café, dábaselles entradas aos mozos que esperaban fora; e logo de mandar os nenos á cama, a señora ama iba sacando cartas que os autores iban lendo, e, ao finalm cada un deles iba amostrando a medida que propoñía.Como xa dixen eran versos que tiñan o seu donaire e fachenda, con nada de desimulos; os candidatos metínase con todo o mundo , e ademías de ensalzarse a sí mismos, aproveitaban a ocasión de atachar aos outros pretendentes poñéndolles defeutos a encher. As máis das veces , a conta das meididas dos garabullos facíanse risadas e picardías de que xa vos decatastes , e que non ven a conta acrara.
Cmo daquela na aldea non abondaba moito a xente que sabía escrebir en boa letra, e desde logo escaseaban os poetas,, noustante en cada feligresía non faltaba algún versexador que mal ou bennon fose dándolle á pruma , e , craro, parroquianos non lle faltaban. Eu conocín e tratéi moito a un deses homes, Nunca premitiu que na súa casa se celebrasem tales pasatempos, pero, amante das tradiciós, non se aparaba de qeu a costume seguira nas casas dos veciños. Dábaselle ben a cousasm pois ás veces bastaba que se lle indicara o nome dos asisetntes e nun periquete proparaba a copra; eso sí, recortando no posibre a ración de pimento que o suxeto quería que a cousa levara ; en agradecemento , o galán., se cadraba , botáballe un día de sega. Conocía en tan ben a letra daquel home e dábame tan pouco traballo descifrala, que ás veces os candidatos levábanme a min de leutor, e teño de confesar que en máis funha ocasión , sobre a mesma marcha da leitura, improvisaba eu algún versiño ben adobadiñode picante e, si se terciaba, hasta de vinagre. Recórdome dalgús dos versos qeu eu enventei ou lin, pero unhos non son moi pubricabres e outros descobrerían nombres de personas que aínda tiran pola vda, ou feitos que poderan dar que pensar mal dalguén .-------
Sárria, San Xoán de 1972.
A.P.G,
......................................................................................................................................................................
COPRIÑAS DE TROULA ( PRA CANTAR NA NOITIÑA DE SAN XOÁN )
Este pandeiro que zoupo / estreneino no San Xoán ,/ toca na vila de Sárria / e resoa en todo o Val.//
O meu home foi de troula / e veu cheo de fariña ; / el muiñeitro non é , / eu non sei a quen se arrima,//
Solteiriña, non te cases, / aproveita a boa vida, / que eu ben sei dunha acsada / que chora darrepentida.//
A miña muller é vella, / de vella non pode andar, / heina poñer por cancela / no portelo do lugar.//
Cando de costas abaixo, / acndo de costas arriba, / ¡ Canto traballiño levo / para gobetnala vida ! //
Por unha hora de troula / nove meses de penar , / tres somanilas de cama, / dous aniños arrolar. //
Eu caseime cun velliño / por decir que tiña home ; / válate xuncras o vello / que siquera á cama sobe,//
Negocio feito entre moitos, / máis que negocio é ruina; / compañia coa muller / a ás veces aínda aínda,//
Ser solteiro é boa cousa / e ser casado tamén, / deixarei pra cando morra / pensar o que me convén.//
Miña mai casade as fillas / mentras tén bon parecer, / pois non son herbas do prado / que volvan a enverdecer.//
Trasgos non os haberá / e Meigas non ceo nelas; / pero no pobo de Sárria, / duns e doutras hai ás cheas.//
......................................................................................................................................................................
O MUIÑO
X. Crecente Vega
Debecido, borrachón, / que dás voltas nun pé solo / coma un tolo / ¡ Toleirón !
Bebe auga fría / que si beberas / mouro ribeiro / certo xaceras / cousiña tola, /como rebola / na dura pedra do brandoeiro.//
Tés sede fera, / fame de can / larpeiro de auga, / larpero de pan ./ Cantando o teu larán-larán / larpando vas cando che dan,//
Roula; roulam roula,; roula /Dalle voltas á carroula; / roi o gran louro e duro / Ten alento / polvorento ,/ branco e puro; / teu alento, flor de escabdam / néboa virxen, cinta branda / d 'arredor da túa cintura, / é alegría i-é contento / i-é-fartura / no fogar, /¡ Que bonito neboeiro / tan lixeiro / zarzallar,//
Ande a roda. Ande,Ande /Ceibe a túa boca grande / branca neves miudiña / Roukam roulam roula axiña /que o teu pilo de fariña / pouco a pouco medra, medra,//
¡ Que bonita a risa branca / na túa cara de pedra ! //
Dalle á roda, dalle ó torno,/ O teu sopro voandeiros, / viravolats argalleiro ,/ será bolo no meu forno, / será pan no meu galleiro,//
Degorido, borrachón, / que dás voltas nun pé sólo . / coma un tolo,/ ¡ Toleirón ! //.
( Publicouse sen indicar o nome do autor do poema)
.........................................................................................................................................................................
A MIÑA AGUILLADA
X. Crecente Vega
Quero unha aguillada que seña un tesoiro, / que non teña falta dende a punta ó cabo , / feita dun caxoto de carballo moiro/ cruado entre silvas nun terreo escravo.//
No forno cocida i-escarapelada, / de febra moi limpa, dereita , sin nós / Pulida e xeitosa.Quero unha aguillada / das millor feitiñas que puido dar Dios,//
E ben enferrada con ferrón de aceiro ,/ porque unha aguillada que non ten ferrón / ni-é honra do dono, ni-é pau duradeiro / nin limpa un arado, nin fende un terrón.//
E por si algún día chega unha ocasión / en que Xan labrego poda ergue-a man, / quero unha aguillada que me sirva entón / pra medirlle as costas a algún pillabán. //
Ni-unha falta triste dende a punta ó cabo; / que digan os homes: ¡ a vara naceu ; / feita dun caxoto de carballo bravo , ¡ esa é a aguillada que quero ter eu !/ //
...............................................................................................................................................................
CANDO NAS FESTAS MAORES
Curros Enríquez
Cando nas festas maores / Era esperado o gueiteiro, / Botábanlle as nenas frores, / Ledas copras os cantores ,/ Foguetes os fogueteiros. //
Tras d'el en longa riola,/ D 'a gaita o compá levando / Con infernal batayola ,/ Iban correndo e choutando / Os rapaci<ños da escola //.
Tocaba... e cando tocaba ,O vento que d'o roncón / Pol' o cañuto fungaba / Dixeran que se quexaba / D' a gallega emigración. //
Por eso cando a tocar / Se puña o gueiteiro lindo / cantos viñan pra bailar / S ' escomenzaban sorrindo, /Acababan por chorar.
...................................................................................................................................................................
UNHA DÚCIA DE REFRÁNS
Quen dá o seu antes de morrer, prepárese a padecer.- Comer e rascar, soio é empezar.- Quen cartiños e pan ten , consogra con quen quer.- En ruin vila, pleito cada día.- Quen dice o seu mal, c calará o alleo.-Pan con ollos e queixo sin ollos.- Non se acorda a sogra que ela tamén foi nora.- Marido, non vexas; muller, cega sexas.- Mundo redondo, quen non sabe nadar vaise ó fondo.- Está a vella morrendo i está deprendendo.- Ir de romeira e volver de rameira.- Non hai atallo sin traballo.
.....................................................................................................................................................................
AS FEIRAS
A Lito Santalla
Non había outras pola contornada e seica fuxiron de cara Alemania,
Aló polo cimo barulleiras falas , chegaban os "´ómnibus " e viña Montaña.
Caldeiros de cobre. Pulpeiras de Sárria fan o millor pulpò como no fai nadia.
Veñen os da Veiga, outros da montañas, o señor Eufrasio trougo dúas vacas,
Manteiga nas berzas toda empanicada. " ¿ Que ma pese ben ?"... "¿ Que ven xa pesada ?".. E cando vai sol míranse as romanas no ar cos seus pratos, somella que danza,.
Ramón do Moreno
( Ramón Vázquez Rivas )
Comentarios
Publicar un comentario