SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1979, 1980,1981 )

                                  FESTAS PATRONAIS DE SAN XOÁN ( ANO 1979 )

 Constituído o primeiro Concello Democrático, que tomou posesión nos primeiros días do mes de xuño,  presdiddio por Manuel Lence Lóepz ( UCD )  no curto espazo de vinte días , tomou riba del a organización das festas, e non editaron máis ca  un folleto de vinte páxinas .

 FESTAS PATRONAIS DE SAN XOÁN 23,24,25, 26. SÁRRIA. XUÑO 1979

                                       PROGRAMACIÓN

                                  DIA 23.-DIA DA QUEIMADA

Äs 4 da tarde no Pavillón Poideportivo , primeiro encontro do Trofeu San Xoán  de Fútbol Sala entre os equipos lucenses  "Mármoles Framer"-"Mesón de Alberto.

Ás 6, Primeiro encontro  de Fútbol "Trofeu San Xoán" a dispitar en "As Insuas "

Ás 7, bombas de palenque, anunciarán o comezo  das festas de San Xoán de 1979 e  a BANDA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE SÁRRIA , iniciará o percorrido  que valerá ao tempo para facer a presentación oficila diante dos seus paisáns .Seguirana no desfile polas rúas da vila , os gaiteiros de Meigas e Trasgos CIT,

Ás 7 e media,  PREGÓN DAS FESTAS  a cargo de Manuel María Fernández  Teijeiro, escritor  e poeta, nos salóns da Biblioteca  Pública Muncipal.

Ás 8 e cuarto na Praza da Constitución , actuación do Orfeón de Mondoñedo.

                          I Mostra de Rock Galego

A partires das 10 da noite, GRANDE FOGUEIRA DE SAN XOÁN no Alto da Mercé  e acendido da GRANDE QUEIMADA coa que a Comisión de Festexos  convida a sarriaos e forasteiros.

A partires  das 12 da noite PRIMEIRA GRANDE VERBENA  na Praza da Constitución coa Orquestra "Los Archiduques Family",

Ä 1 da madruagda  PRIMEIRA SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO

Ao longo deste día tamén quedarán inauguradas as Feiras  de Antigüidades  e Artesanía , que organiza Meigas e Trasgos CIT e os anticuarios da vila, así como a de Cerámica  que organiza  a Asociación Ergueitos.

A Sociedade A Unión celebrará `pola noite.  Baile de Gala e Cea Americana.

                                            DÍA 24.- DÍA DO PATRÓN

Ás 9 da mañá, Dianas e Alboardas, repenique de campás  e desfile polas rúas da vila dos grupos musicais de Meigas e Trasgos CIT. , Xigantes e Cabezudos e a Banda da Escola Municipal de Musica de Sárria.

Ás 11, MISA SOLEMNE  na igrexa parroquial de Santa Mariña, cantada pola Coral de Meigas  e Trasgos CI . De seguido procisión que percorrerá o itinerario de costume.

A continuación CONCERTO a cargo da Ban da  da Escola Muncipal de Música de Sárria-

Ás 6 da tarde, en As Insuas. Trofeu San Xoán de Fútbol.

A esta mesma hora  comezará a GRANDE EFSTA nas Prazas de Xoán María Lópes e da Constitución. ., amenizada polas Orquestras " Pao " e "Archiduques ".

A partires das 12 da noite SEGUNDA GRANDE VERBENA nos lugares antes citados e polos mesmos  grupos musicais.

Á 1 da madruagda GRANDE SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO.

Este día  celebrarán bailes de gala as Sociedades A Unión e Casino.

                                                      DÍA 25 .- DÍA DO NENO

Pola mañá, Dianas e Alboradas con desfile de Xigantes e Cabezudos e as distintas agrupacións musicais .

A partires das 11 da mañá , na Praia do Chanto, actuación dos grupos de Meigas e Trasgos CIT  e grupo de gaiteiros do Incio.

Ás 12, tamén na Praia do Chanto , GRANDE FESTIVAL que Coca-Cola ofrece aos nenos de Sárria , con competicións de mini-cars  e importantes premios.

De seguido GRANDE  CONCERTO no mesmo lugar  a cargo da Banda da Escola  de Musica MunicIpal de Sárria.

A partires  das 5 e media da tarde , nas instakcións do Chanto e patrocinado pola Caixa de Aforros de Galicia GRANDE FESTIVAL INFANTIL preséntase na nosa vila  o "Teatro de Guiñol de Angelo", coas marionetas que falan , Catilo e Lolete , e un ilusionista..

Ás 7 da tarde, GRANDE FESTA  na Ciguñeira  coas Orquestras "Lembrabnzas " se "Show  Gales ".

A partires das 12 da noite,TERCEIRA GRANDE VERBENA no lugar anteriormente citado e cos mesmos grupos musicais.

Á 1 da madrugada, GARNDE SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO parocinada por  "Bodegas Franco Españolas"

Nota.- Neste día, adicado ao neno, fallarase o Certame Literario Infantil , convocao pola Comisión de Festas.

                                                                     DÍA 26,

A partires das 7 da tarde ÚLTIMA GRANDE FESTA no Barrio da Estación coas Orquestras "Mariachi Sexta Avenida" e "Caoba ",

A partires das 12 da noite, tamén neste barrio e coas mesmas Orquestras  ÚLTIMA GRANDE VERBENA

Á 1 da madrugada GRANDE SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO que virá a  poñer fin  ás festas patronais de 1979.

                                                 ESPACIOS FESTEIROS

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO.- CAMPO DE DEPORTES DAS INSUAS.- BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ( Rúa Pedro Saco, 4 ).- PRAZA DA CONSTITUCIÓN.- ALTO DA MERCÉ.- SALA DE EXPOSICIÓNS DA CAIXA DE AFORROS DE GALICIA.. SOCIEDADE A UNIÓN.- CASINO DE SÁRRIA.- IGREXA DE SANTA MARIÑA.- PRAZA DE XOÁN MARÍA LÓPEZ.-  PRAIA FLUVIAL DO CHANTO.- BARRIO DA CIGUÑEIRA.- BARRIO DA ESTACIÓN.

************************************************************************************

                                      COMISION OFICIAL DE FESTAS

Presidente de Honra: D, Manuel Lence López. Alcalde de Sárria, Prmesidente: D. Xesús Reboiro Vázquez. Segrefdarios:D. Xosé Luis Loureiro López  e  D, Xosé Manuel López Pérez. Tesoureiros: D, Armando Novo Freira. D. Ramiro Gallego.Delegación de Alumeado:D. Adolfo Álvarez Losada. Delegación de Publicidade: D, Xosé López Villarabdi.D. Manuel Loureiro López.Delegación de Deportes: Trabuco, Xulio Regueiro , Paz e SD Sarriana. Delegación de Pirotecnia:  D. Fernando Rubal. D. Bienveni- do López . Delegación de Cultura: D. Xosé  Manuel Pérez López. D. Xosé Luis Loureiro López , Meigas e Trasgos CI. Voagis:  D, Pedro López Fernández.  Srta Rosa Novo. D. Xosé L. Daga.- D. Gumersindo Regueiro.D. Xulio López Aros.

 *********************************************************************************

                                  FOLLETO-PROGRAMA

Portada: Fiestas Patronales de San Juan. Sarria. Junio. 1979.  23, 24,25 ,26. Fotografía  da Torre da Fortaleza  e Fonte de San Salvador.  Torre de Santa Mariña.  Contido: Salutación ( Manuel Lence López. Alcalde de Sárria ). Comisión Oficial de Festas.- Saluda ( Xesús Reboiro Vázquez. Predente da Comisión de Festas ).- Programación.-  Disculpa ( A Comisión Oficial de Festas ).

Edita:  Imprensa Galicia.  16 páxinas.  11 anunciantes-

**********************************************************************************

 Non recolleu ningunha colaboración literaria ou informativa en galego

*********************************************************************************

                                 ANUNCIANTES INCLUÍDOS NO FOLLETO-PROGRAMA

Litmar.- Discoteca. Sala de Festas . Cagetería.  Vodas . Banquetes e Comuñóns.  Calvo Sotelo/ Rúa da Liberdade.

Caixa de Aforros de Galicia.

Bazar América .  José Antonio , 40 / Rúa Xela Arias

Almacenes Viñas. Calvo Sotelo 92-94 / Rúa da Liberdade

Hostal Londres. Calvo Sotelo / Rúa da Liberdade

Talleres Neiras. Calvo Sotelo / Rúa da Liberdade, Pasa á Estrada de Lugo.

Almacnes JESA , Calvo Sotelo, 96 / Rúa da Liberdade.

Relojería Salgado Calvo Sotelo 59 / Rúa da Liberdade

Álvaro  López Toirá. Concesionario Renault.Pacios-Farbán

Manuel González Zaera. Prefabricados de Hormigón. Sárria

Oural. O Cemento Galego. Oural -Sárria ( Lugo)

*************************************************************************

                              FESTAS DO SAN XOÑAN ( 1980 )

                                PROGRAMA DE FESTEXOS

                                                    DIA 21

Pola mañá, repenique de campá, disparo de bombas de palenque e desfile polas rúas de Xigantes e Cabezudos, acompañado do Quinteto Rexionañl " Airiños d ? Antigua "

A partires das 11  Primeior Trofeu de Futbito Infantil-

Ás 3 e media,  Trofeu San Xoán de Fútbol  Sárria.

Ás 5, pasarrúas  pola Banda da Escola de Música.

Ás 7,   PREGÓN que pronunciará  o xornalisat D. Xosé Trapero Pardo. Ao remate concerto da Banda  da Escola de Musica.

Ás 8, PRIMEIRA GRANDE FESTA  , no Recinto das Festas: Rúa Nova e Rúa das Camelias ( de Vera ) , a cargo da Orquestra " Singra",

Ás  12mPrimeria Grande Verbena , coa mesma orquetra , rematando cunha sesión de fogos .

8 da tardemInauguracíón da VI MOSTRA DE ANTIGUEDADES E ARTESANÍA, na Sala de Exposicións de Caixa Galicia.

                                         DÍA 22  

Á   9 da mañá, dianas e alboradasm polo  Quinteto "Aires d' Antigua   " e Banda da Escola de Música de Sárria , acompañados de Xigantes e Cabezudos.

Ás 10,  Primeiro Trofeu de Tiro con Arco " Vila de Sárria ", puntuable para o Campionaro de España ( Co patrocinio da Comisión de Festas ).

Ás 12, Final de Trofeu Tutbito Infantil

Á 1,  Concerto  pola Banda da Escola de Musica , no Recinto das Festas.

Ás  6 da tarde, no Campo de Fútbol "As Insuas" Semifinal  Trofeu San Xoán de Fúbol.

A  partires das 8 GRANDE FESTA  no Recinto das Festas ,a cargo das Orquestras  Sintonía de Vigo e Singra.

Ás 11  SEGUNDA GRANDE VERBENA , no Recinto das Festas e coa mesmas orqestras.Ao remate  sesión de bombas de palenque , retretas e  fogos deartificio.

                                                        DÍA 23- DÍA DA CAIXA

Ás 9 da mañá, dianas e alboradas,  e desfile polas rúas de Xigantes e Cabezudos, ao que seguiráb o Cuarteto Rexional Airiños d`Antigua e Grupo Infantil de Meigase Trasgos,

Á 1, farán o percorrido pola Vila as  Majorettes Brigantinas que patrocina acaixa de Aforrros de Galicia,

Ás 5 , segundo desfile das Majoretees Brigantinas.

Ás 6 I CERTAME  DE GRUPOS DE GAITEIROS CONCELLO DE SÁARIA, co patrocinio de Caixa de Aforros de Galicia,

Ás 7 e media, Semifinal Trofeu San Xoán de Fútbol sala

Ás  8,  GRANDE FESTA , coa Orquestra "Galaxia " no mesmo recinto das Festas.

Ás 11, FOGUEIRA DE SAN XOÁN no alto do Campo da Feira , onde se procedera ao alcendido  da GRANDE QUEIMADA coa que a Comisión  convida a todos os sarriaos  e forateiros.

Ás 12 da noite,  TERCEIRA GRANDE GRAN VERBENA  na Praza da Constitución ,  a cargo da Orquestra Galaxia,

Á 1,  SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO

                                                    DÍA 24-DÍA DO PATRÓN

Ás 9 da mañá,dianas e alboradas, repenique de campás  e desfile polas rúas  de Xigantes e Cabezudos, polo Quinteto "Airiños d'Antigua " e a Banda da Escola de Musica de Sárria.

Ás 11, MISA SOLEMNE   na Igrexa parroquial de Santa Mariña, camtada pola Coral Polifónica de Meigas e Trasgos ( CIT) . De seguido  Procisión que fará o percorrido de costume.

Ao rematar a procisión,  CONCEERTO MUSICAL  a cargo da  Banda  da Escola Municipal de Musica  de Sárria.

Ás 6 e media da tarde,  no Campo de As Insuas, TROFEU SAN XOÁN DE FÚTBOL entre os equipos Lemos-Vista Aalegre.

Ás 7 e media, GRANDE FESTA nas Prazas de  Xoán María López e da Constitución , amenizada polas Orqeuestra X de Pntevedra  e Gaaxia.

Ás 8 e media,  Final Trofeu San Xoán de Fútbol Sala.

Ás 12 da noite , CUARTA  GRANDE VERBENA  nos luagres antes citados e cos mesmos grupos musicais.

Á 1 da madrugada  Extraordinaria Sesión de Fogos de Artificio.

FESTIVAIS DA UNIÓN E O CASINO- A Unión:  ä 1 da atrde, sesión vermú. A partires das / The-Baile , e ás 11 da noite , Grande Verbena  Extraordinaria . a cargo da Orquest ra Bogambo Xhpw.

Casino :  Extraorinario de Gala.

                                                   DÍA 25.- ADICADO AO NENO

Pola mañá, dianas e alboradas,  con desfile polas rúas de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo Quinteto "Airiños d' Antigua.

Ás 11 na Praia do Chanto  ( Pavillón de Deportes ) , organziado pola Comisión de Festas,  e patrocinado por BEGANO SA , concesionario de Coca Cola,  Entrenamento de Mini-Bólidos. Ás 12, Proba Oficial.

Á 1, Concurso de Pintura..

Ás 4 da tarde, Sesión de Cine Infantil  ( entrada gratis ). En todos este actos  actuarán os grupos de Miegas e Trasgos (CIT ),

Ás 6,  Romaría Campestre,  na Praia do Chanto, amenizada polo Quinteto " Airiñas d' Antigua ".

A partires das /,  GRANDE FESTA , no Recinto das Festas, amenizada pola Orquestra Acuarela.

Ás 12 da noite QUINTA GRANDE VERBENA .

Á 1  da madrugada  Grande Sesión de Fogos de Artificio.

SOCIEDADE A UNIÓN: A partires das 11 e media da noite, Grande Verbena de Gala,  con Cea Americana , onde actuarán as Orquestras Bogambo Show  e Los Duendes,

DIA 28.- SÁBADO.- Por iniciativa do Concello de Sárria, actuación da  Agrupación de Teatro " Conde  Gatón", de Ponferrada, patrocinada polo MIisteriode Cultura  e a colaboració da Sociedade A Unión. Ás 10 e media  da noite porá en escea  no Parque da Unión  "Alicia en el País de las Maravillas",en versión musical especialmente adicda  aos nenos.

DÍA  29. DOMINGO.- Ás 6 da tarde, nos salóns da Unión, terá lugar a presentaciónda "Historia de la Villa y Coaerca de Sárria "!, do noso ilustre paisán  Don Diego Pazos e García, en edición facsimil ,  confecionada por Editorial "Alvarellos"  sobre a edición orixinal de 1916.

A presentación  correrá a cargo de  Don Antonio Díaz Fuentes e será seguida dun acto  de descubrimento dunha  placa adicada polo Concello e o  pobo de Sárria á memoria do autor  na casa onde naceu e viviu,na Rúa Marqué de Ugena  desta Vila

Actuarán a continuación  a Coral de Meigas e Trasgos  e a Banda da Escola de Musica  Municipal de Sárria.

Ás  10 e media da noite,  segunda representación  da Agrupación "Conde Gatón ".

Todos os actos serán públicos e gratuítos , a cuxo fin  a Sociedade A Unión dará libre acceso  ao seu parque e local social.

                                                  ESPACIOS FESTEIROS

PAVILLÓN DE DEPORTES DO CHANTO.- SALÓN DA BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL.- RECINTO DAS FESTAS . RÚA NOVA-. RÚA DAS CAMELIAS.-CAMPO DE FÚTBOL DAS INSUAS.- SALA DE EXPOSICIÓNS DA CAIXA DE GALICIA.-  IGREXA DE SANTA MARIÑA,.PRAZA XOÁN MARÍA LÓPEZ.- PRAZA DA CONSTITUCIÓN.- SOCIEDADE A UNIÓN.- CASINO DESARRIA,. PARQUE DO CHANTO.- SALA DE CINE.- CASA DE PAZOS

********************************************************************************** 

                                        COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS

Presidente de Honra: D. Manuel Lence López. Presidente: D. Xosé Manuel Perez López.- Subcomisión de Fianznas. Concelleiro Delegado: D Armando Novo Freire.  Segredario: Luis Daga López. Vogais:  Carlos A. Díaz López.- Guillerme López Tourón.-  Pedro Rivas Barreal.-  Manuel Rivera Alvaredo.-  Pedro López Fernández.-  Xosé Toural Loureiro.  Subcomicsión de Orquestras  e Ornamentación: Concelleiro Coordinador: Xesus Reboiro Vázquez.  Vogais: Adolfo Álvarez Losada. Xosé Antonio Parga López. Xosé López Villarabid.- Pabño López Barrera.-  Eliseo Gudín González. Roxelio Fernández González. Subcomisión de Planificación. Concelleiro Coordinador: Xosé Manuel Pérez López. Meigas e Trasgos CIT , SD Sarriana, A.C.  Ergueitos.- (ABEMU ) Asociación de Amigos da Banda Escola  de Música.

 *********************************************************************************

                                              LIBRO PROGRAMA  ( Recuperación do formato )

Portada: Fiestas de San Juan. Sárria. 1980.  Debuxo : Antigo escudo de Sárria, con coroa maquesal.-  Programa Oficial de Festas,. Comisión Oficial de Festas,. Salutación del Alcalde ( D. Manuel Lence López )..Saluda O  Presidente da Comisión de Festas  ( Xosé M. Pérez-).- Conto do San Xoán ( Xaime Félix López Arias ).-.- Conto lostrego.  ¡ O teu comandante ! ( Anxel Fole.- Andando a Terra. O Viaxe a Sárria  ( por M. Hotas Vilanova, Manuel María Fernández Teixeiro ).- Sobre os Museus Coamrcais e a súa función Cultural (  Felipe Arias Vilas ).- Programa de Festexos,.Balance del Deporte Sarriano(Víctor López Villarabid ).                                                                                                                             Edita:   Gráficas Yebra.- 76 páxinas.- 56 anuncios publicitarios.  

 *************************************************************************************

                                COLABORACIÓNS EN LINGUA GALEGA

                        SALUDA. O PRESIDENTE DA COMISIÓN DE FESTAS

                                                                                                                   Xosé Manuel Pérez López 

Un ano mási, as Festas de S. Xoán chegan á súa cita puntual cos veciños da vila de Sárria e da comarca.

Iste ano, a maioría dos días de Festa concentrranse  nun mesmo lugar. A opinión de veciños dos distintos Barrios  que configuran a vila cos que se tivo unha xunta e máis razós de tipo económico, foi o que valorou a Corporación Municipal  para pronunciarse a favor de concdntrar  a maioría dos días de Festa.

Asemade, dentro do programa de actividdes, a realizarse ao longo delas, surxe o PRIMEIRO CERTAME DE GAITAS GALEGAS"AXUNTAMENTO DE SÁRRIA", co patrocinio económico da Caixa de Aforros de Galiciam e que marca un vieiro  para anos vindeiros, no senso de ir percurando unhas festas máis acordes  co a nosa identidade galega.

Tódalas persoas  que estamos nas distintas subcomisiós  puxemos o traballo i esforozo   na esperanza  que, tanto, os conveciños. como aqueles que nos fagan unha visita  durante as Festas, compartan cnnosco a ledici i esparcimento istos días.

A tódolos que, dalgún xeito, colabouraron para leva  ó bon fin os Festexos; Comercio, Induistria, Asociacións Culturais, particulares, etc., como ós que nons horarooon cos seus artigos para o programa de Festas, o noso agradecemento"

                                                                            Sárria, Festas de S. Xoán, 1980

*********************************************************************************

                                                CONTO DO SAN XOÁN

                                                              Xaime Félix López Arias

Cando pasóu o que eu vos conto traballaba nos " Almacenes Siglo XX" un rapaz de Castelo de Somoza, fillñ de un caseteiro de mal nome Guedellos, ao que lle non viña mal o alcume  pois era pouco amigo de barbeiros. O fillo en anda se parecía ao pai e coma tiña unha boa pranta e era falangueiro. louzao e ben parecido puxérono de dependente na seición de tecidos-

E déronse en namoriscar dil todas as mozas da vila, pois o tendeiro que coidaba ben o seu negocio tiña por costume vestir il aos empregados , facéndolles por amostra  bons traxes co xastre da casa, e o Belarmino ( Belarmino Covelo López, de nome de pía ) co seu toque aquel de brillantina, o seu traxe mil raias, garabata e pano  ao descoido, mesmamete parecí Rodolfo Valentino, e o condanícaro iiña inda pra máis unha fala coma o mel-

Pra il non había máis cavilacións que a tenda, e mesmamete non se prodecatóu  que en todo o día non facía sennon atender a rapazas que entraban e saían sen parar na seición de tecidos e que sempre se lles esquecía  calquera cousa, ou somentes  querían saber os precios.

Unha delas, ciuo noem agora non lembro, fila ela  dun tal señor fiscal do paertido. levóu tan adianet a súa paixón que deu en encher  libretas con poesías nas que cantaba á lúa, ás nubiñas de prata ós beixos beira do río ao seu "Belarmino , de nombre adorado, / amigo del alma / sueño enamorado ", e anque eu non poido asegurar  que a cousa pasou a maiores, o certo é que o pai da mociña cortou polo pé as aficións poéticas da filla mandándoa a toda presa a deprender costura e unha miguiña de farncés coas Mares Adoratrices.

E non parou ahí a cousa pois pidiulle ao patrón do Belarmino que lle chamara a atención  e lel dixera que se andivera con coidado. O Belarmino, alleo cecáisa todo, escoitóu pampo e roibo como a mapoula dos campos as retrónicas do amo, que non se tomóu moi en serio o seu papel de censor.

Mais a mociña do fiscal non era a úneca. Nin pensa-lo. Houbo naquel entón unha "belarmintiis crónica , que pasóu coma un furacán polos corazóns doentes das donceliñas burguesas e das fillas dos rentitas. E inda padecerom tal doenza máis de dúas santas e  astas eposas que nin con oracións arreo conseguían  quitar do pensamento  a aquel condenado mozo... De isto non teño probas, digo tal cousas pra que non se me vaia ter por mentireiro, pois certamente  eu non son notario e non pode ser infalível verdade  todo canto conto.

O Belarmino que pra non ter máis problema  decidira matar o tempo lendo librow da biblioteca do amo, anque era prudente, pasoulle o que a moitos....Perdeuse pola politica.

Vou a falarvos do choio, anque eu ben sei que non me creredes.. E deulle , pesie aos seus poucos anos, por formar un Sindicato Local de Dependientes "La Equidad ", e pouco fallóu pra que, coincidindo coa Feira do Lazaro, non montara  unha folga por todo o alto,,,  E foi coma se unha forte bomba de palenque estoupara de súpeto. Houbo que su cobirlles a soldada e poñerse en régoa  con canto os papeis oficiais dicían, con grande alegría dos dependentes e xuramentos polo baixo á cárrego de almacenistas, tendeiros e maioristas .. D seguro  que se a torre de Santa Mariña  houbera caído  riba praza   o seu estrondo non houbera resoado tan forte nos corazóns dos vilegos con  posibles.  E foron os atrancos dos do pano fino os que dificulatron  que na vila se crease, baixo a inspiración do Belarmino, o pñrimeiro Clube obreiro da provincia..

Por moito tempo aquil fillo dun caseteiro de Castelo de Somoza  foi tema de conversa  no Casino , e todos coincidían en    sinalar o perigoso  que pra toda a sociedade era un elemento  que mesmamente predicaba a revolta social.E nunha desas longas tertulias  foi cando alguén dixo que de ningún xeito se podería  tolerar que un "esfolagatos" coma o Belarmino andivera quentándolles   a cabeza con ideias absurdas  a outros "esfolagatos" coma il, e que era millor que non houbera na vila  xente de caste parecida. " O primeiro e a tranquilidade" , afirmou sentencioso un almacenista de viños.

E todos, e máis os pais de mozas casdeiras, fixeron canto poideron para que o amo botara do almace´n ao Belarmino.

- Sínto ben, Belarmino ,- díxolle o patrón -.Ti es traballandor e horado, non teño queixa ningunha de ti.. e iso que me custaches pesetas dabodo, e non vaias pensar que as sinto . ¿ Eh ?. Ti bem sabes coma pèmnso... Fágoche a conta  porque andan a premer en mín e non me queda outra sída. Quédame a conciencia tranquila pois non che han fallar camiños polo mundo...

Isto foi uns días  inantes do San Xoán e il xa tencionaba de se marchar prá Arxentina. pra onde o chamara  un curmán da súa mai que aló tiña posta tenda.

Facíase por aquil entón romaría na vizosa carballeira das Insuas  e un dos núemeros fortes era o grande concurso de empanas.

Anque non lles gustou moito aos pousafoles ramistas, tiveron que presentóu  o Belarmino. e que viña a coincudr  co remate do Sindicato Local de Dependientes, pra o que  a marcha do Belarmino era o golpe de gracia.

Chegou o día 25 e e ntrea chea de empanadas  levou o premio  a do Belarmino, que era meirande  que unha roda de carro.

O xurado non se fixo de rogar cando con moito boas palabras os convidou a que encetaran a empanada.... e tan dignos proceres  non se fixeron de rogar. Os compañeiros do Belarmino, con moita galanía,  foron levando anacos a todo o señorío, e non houbo quen non  loubara o ponto e sabor de tan bon mantimento.

Rematadas as festas  o Belarmino marchóu pra América.

O día 12 de Santiago recibiuse no Casino un paqute  que viña de Vigo, e nunca tan agardada foi a chegada do seu presidente, Ao abrilo aparecerom hastra oito ou nove peles de  gato e un soio papeliño escrito en letra gótica alemana dicía "O Esfolagatos".

A máis de un dos presenets  viñéronselle ás mentes unhas forte  gañas de agolsarm e veu a desfeita da tertulia con un silencio de xenreira mal contida...

Mais non crades qeu Belarmino Covelo López  era un mal bicho, un resentido, ou perigo prá sociedade. Nada de iso, Uns días despois , nunha carta moi galana, pedíalles disculpas e xuraba solemnemente  que a empanada do 25 fora feita con coellos  da señora Daniela  da Pedreira.. e en proba da súa boa intención mandóu un paquetiño de libros, por se querían facer unha biblioteca, todos eles dunha chamada "Biblioteca  Social Crisiiana ", entre os que andaban encíclicas papais  e folletos de autores  católicos, como il decía, " por se hai neles cousa que lles poda ser de millor proveito que unha empanada de coello ".

Segundo as miñas noticias  o Belarmino , aló por Buenos Aires, chegou a Subscertario de Traballo ou algo parecido.

 E eiquí, dende aquil ano, perdeuse o costume de que o Xuardo e os ramistas  e señorío en xeral comeran da empanada gañadora.

Era polo vintetantos... Mirade canto tempo correu dende entón-

                                                               Xaime F. López Arias

**************************************************************************************

                                  CONTO LOSTREGO - ¡O TEU COMENDANTE !

                                                                                                   (  POR ANXEL FOLE )

Fora pola madrugada do día vintecinco do mes de San Xoán na Vila  de Sárria.

O Carlos, o Bieito e máis eu volviamos da Vila  da romería das Insuas.

E nunha rúa calquera nos sentabamos nus troncos que ali había, Moi perto estaba un omnibus  que levaría festeiros á Vila de Potomarín. E chegou un home dus setenta anos, facendo eses  e falando solo. Parecía que falaba da súa muller, a Ruperta, polo que decía. E veña de dar golpes coa súa cachba  ós troncow das álbores da veira da carretera.

. Has de sabere, Ruperta, que non me gosta nada que me faltes  ó respeto.

¿ Quen es tí pra me botar en cara os vasos que eu bebo ou deixo de beber ?

Aquela era a Ruperta, co pano atado  por enriba da testa e o pano das nachas na mao..

- ¿ Estás  ehí lacazán ? Andiven tras  tí sin atoparte, por tódalas tascas  da Vila, E tí, bebe que tebeberás.

- S non bebín, cuase nada,

-Calta, perdido. qeu solo cas do Parrullo botaches dous netos. que mo dixo o Langrán de Cimonde,

O coche  íbase enchendo de viaxeiros.

- ¿ Non che dará vergonza dos teus fillos e dos teus netos ?. Está botando a casa pola ventá-çSoóu a voz  do home da Ruperta

- ¿ E ti sabes con quen estás falando ?

- Pois co lacazán e perdulario do meu home, o Antón de Mougaos.

 ¿ O teu home, caracho ?...O teu amo e señor, O teu alcalde..O teu gobernador..O teu alguacil.. O teu xuez,,, O teu Dios.. ¡ O teu comendante !

Abofé que nos doían as tripas de tanto rire.

¡ O teu comendante 

                                                                        Anxel Fole

********************************************************************************

                                          ANDANDO A TERRA

                             O VIAXE A SÁRRIA

                                                       ( Por  M. Hortas Vilanova)    Manuel María  Fernández  Teixeiro )

Agora que é San Xohán, preséntase a ocasión  de dar unha volta pola vila luguesa de Sárria, co motivo das súas festas patronás.

Dende do outo do Castro podemos contemprar unha das panorámicas máis fermosas e solprendentes de Galicia.Os montes, na lonxanía, son azules ou dun verde esvaído, case irreal.  Pico do Cebreiró,Montes do Páramo, Pena Ventureira, Meda e Serra do Oribio, Cara ó nacente queda o Samos  monástico secula e, coas lembranzas vivas do  P. . Feixóo  e do poeta Ramón Cabanillas,Pró poente, o Miño, o Pastor de Ríos que dixo Iglesia Alvariño, un pouco lonxano mais fondamente presentido.Os nomes deArxemil, Betote, Corbelle, Toldaos, Albán, Loureiro, Fafián ; Frades, Meixente, Fontao,, Lier enchen os nosos beizos e os nosos ensoños de lumiosa resonanias de rimos  labregos, rexidos  polas sazós das sementeiras e recolleitas , as únicas  medidas capaces de conter a vida,  

O val esténdese ós nosos pés,  dediante da nosa ollada aluciada, Acocadas  contra o Castro  percuran refuxo as antergas e fermosas  casas da vila, A unha banda érguese o Convento da Mercede, coa súa beleza grave e  sobria. ä outra banda aínda está o torreón, que é o único que queda en pé do vello castelo, desfeito polo tempo mais mostrando os seus dentes cara o ceo, nun inútil e imaxinario desafío, Un pouco más abaixo atopámonos   coa gracia románica  e poética da igrexa de San Salvador. E logo. despóis de andar demoradamente a Rúa Maior , estreita e nobre pra que non fuxa ningún soño, atopamps a mpderna  eirexa  de Santa Mariñs cuia torre semella marcarlle a roita - e seguro que lla marca -ás  nubes viaxeiras  e caprichosas , que non se sabe de onde veñen ou pra onde van. O único que sabemos é que contempran a Sárria con tenrura e solpresa.

Polo val, o río, musical e transparente, cmo un poema perfecto que tivera miles  de séculos pra luir o seu cantar puro, sixelo e labrego  con recendo a uz e a carqueixa frolida,

 Neste tempo, Sárria  é moito máis fermosa aínda. A razón é que son as festas do San Xohán que tra, detrás de sí unha tradición  que se remonta ós nosos mesmos orixes, or eso o lumem a lumeirada,  fogueira, cachela, cacharela ou lume novo que fan os sarrianos  se alcende no castro como o facía os nosos devanceiros de  anteriores á romanización. .E  o rito purificador das chamasue nos dá calor e vida e queima as nosas morrallas e impurezas, A mañá do día de San Xohán é cando baila o sol.E rí cando morre o día, Xa o dice o romance popular aónimo.

                                                                Mañanciña de San Xohán,   

                                                                mañanciña   a máis garrida 

                                                                 que baila o sol cando nace

                                                                  e rí cando morre o día.

Sárria  sabe celebrar como é debido as súas festas maiores. o ano pasadoincruso restrenóu banda de musica propia. Nesta data todo é festa, as  froles comenzan a  ser froitos.  O centeo xa encanado  mostra a espranza  sa colleita prósima,  As patacas e  os millos  están medrados.  As  albres  mostran fachendosas o seu verdor en prenitude. Os días son tépedos e as  noites garimosas, As herbas teñen os seus mellores  recendos  e conservan tódalas súas virtudes máxica, A torre do Castelo, medio agachada entre  a alboreda, non semella tan fosca e desafiante  e convírtese nun misterio a medio descobrir, As campás   -´as do Convento da Mercede  graves e solemnes , as de San Salvador  co seu acento labrego e medioeval e a súa frescura  de mencer  que nos lembra  as trovas de Afonso Gómez e as de Santa Maiña  con non sei que   estranas saudades - tocan nuiñeiras ledas e espranzadas.

A sorrisa das rapazas -  cecáis polo infruxi da noite de San Xohán . é máis  crara e resprandecente, Os mozos sinten meirande o corazón dentro do peito, a bater como un paxaro engaiolado que loitara  por recobrar a libertade    e voar, ceibem no ar azul. Os nenos axexan as  niñadas novas, Os vellos toman  a a raxeira  ou o fresco da tardiña lembrando tempos idos e apurando, pouco a pouco, o tempo presente como un viño de calidadeó que hai que saborear lentamente e de vagar.  Eë que en Sárria son as festas do San Xohán, As gaitas dicen   cancións que o río escoita en silencio pra despois repetilas demoradamente unha e outra vez  ó longo de todo o ano. Os foguetes   estalan enchendo de   estronicio medio mundo. O seu eco resoa no val e no corazón dos sarrianos. Na nosa lembranza os versos do poeta  Fiz Vergara Vilarió , que cantou a Sárria  con beleza e emoción:

 ¡ Ouh Sárria ¡                                                                                                                                       bandeira de lecer                                                                                                                                         ergueita                                                                                                                                                               ós catro ventos,                                                                                                                                     magnolia que perfumas                                                                                                                                    a miña tristura inefábel                                                                                                                          Pronunciar o teu nome                                                                                                                                       é decir,                                                                                                                                                               xente sinxela,                                                                                                                                                 val garimoso,                                                                                                                                                    río solermiño.

   Todas estas cousas   e algunhas máis   xa as dixen noutra ocasión en Sárria. Mais gusto de repetilas e comentalas cos meus amigos sarrianos. E áinda me gustaría averiguar  por que dice o poeta Fiz Vergara que sárria é unha magnolia. Pra  min é un Casro , un río e un castelo. É un val prodixioso no que caben tódalas  cores do mundo, no que cantan todos os pazaros . Mais Fiz Vergara ten razón. Os poetas nunca minten. Outro ano haberá que espricar  porque Sárria é unha magnolia, O empeño vale a pena.

                                                                                             ( Manuel María )

**********************************************************************************

                SOBRE OS  MUSEOS COMARCAIS  E A SÚA FUNCIÓN CULTURAL

                                                                                                           Por FELIPE ARIAS VILAS

Asegún o Consello  Internacional dos Museos  ( ICOM )  dependente da UNESCO un Museo, pra ser tal cousa, debe ser un "Establecemento cultural permanente que conserva e presenta coleccións de  obxetos de carácter cultural oucinetíficos  con fins de estudo, distracción e educación".

 Estes fins das entidades museísticas  cumpriránse máis ou menos  asegún os tipos de Museos , pois, por exempl, non será nin pretenderá ser  o mesmo un Museo Arqueoloxico que un Museo Taurino, poñamos por caso. ^Pero hai sempre tres funcións  primordiais a  cumprir:

a )..- A función conservadora. Non se trata somentes  de gardar baixo tellado unhas pezas  que, doutro xeito, se derramarían , anque este sexa  un dos fins do Museo, senón que, dentro da conservación, inclése  a vixilancia  sobre o estado dos obxetos e a súa consolidación, ou restauración se fose procedente; incluese tamén o medi ambiente, isto é, a temperatura e a hunidade, cuxas condicións idñoneas son etre 15 e 24 grados e o 50% e o 60 %, respectivamente ( condicións que en case  ningúnMuseo galego se poden cumprir hoxendía.....) E amáis de tido isto a función conservadora dub Museo está vencellada á seguridade dos bens hist´rico.artísticos que nel se gardan, ponto este que é fundamental nas condicións actuais  de ameaza desa clase sobre o Patrimonio cultural.

b).-  A función cientifica,Un  Museo, grande ou pequeno,nacional ou comarcal, e asegún as súas posibilidades, debe serun centro de investigación  onde se estuden os fondos que nel seconserva, así  como o entorno  de onde proceden eses fondos e do propio Museo.E isto sen esquecer a posta ó día  sobre as técnicas museoloxicas,en continuo avance, mediante unhabibliografía especializda cada vez máis abondante,

c),. A función educativa. Ven sendo considerada ás veces como a función primordial dun Museo é, efectivamente,e isto é o que pode dar sentido por sí só  á existencia  dun Centro cultural desta sorte,Os Museos son lugares de educación complementaria e permanente, entidades que coadxuvan á formación da persoam unha especie de ensino fóra da Escola, do Instituto ou da Universidade.A ilustración da cultura material e mesmo espiritual dun país ou de toda a Humanidade faise así accesibel a nenos e maiores, a tódalas clases sociais.Para iso, mostranse os obxetos dun xeito ordenado, loxico e didácticom que se pode complementar ( nos casos que é posibel ) con    técnicas audiovisuais, e que vai, ou debe ir, acompañado de publicación de libros, de folletos, etc que posibiliten  a difusión culural a tódolos niveis, sen excluir por suposto, a organización  de cursiños, series de conferencias, e todo tipo de actividades encamiñadas neste senso.

Non imos facer aquí unha relación dos tipos de Museos que existen, pois os criterios pra facelo son moi variegados e as clasificacións   serían case infindas, : asegún a súa dependencia , o seu contido, a súa organización, a súa extensión ou zona de inluencia, etc. Se tomamos , por exemplo, este último criterio , atoparemis Museos de carácter  estatal, nacional ou rexional, provincial , comarcal, municipal , parroquial, etc, Fixémonos no caso dos museos Comarcais, polo que podera afectar a Sárria  nun futuro. Un Museo Comarcal  ten razón de ser nunha  zona  ou comarca natural , cun centro máis ou menos definido, que teña u Patrinomio  cultural rico, unhas demandas culturais reais , unhas posibilidades de activación e sostenimento  neste senso em en finm que a comarca pida e esixa un Museo e non se force ó contrario,

Polo que sabemos, e prescindindo das outras premisasm a comarca natural , non administrativa de Sárria ten un Patrimonio arqueoloxico , artístico e etnográfico  senlleiramente rico   e interesante, mesmo en comparación con outras comarcas do Occidente ibérico,Non é cuestión  de insistir  aquí no abondante número de xacementos arqueloxicos, cada día máis ameazados, no ricaz románico vencellado ó Camiño de Santiago, ou en calquera aspecto de  etnografía material e espiritual do noso país, do cal son unha partee  importante as súas mesmas festas,

Agora ben,amais do devandito, un Museo Comarcal . se se fai necesario , poderá crearse e desenvolverse  cumprindo unhas condicións de carácter xeral  que non son outras que as referentes  ás tres  funcións museísticas  que citabamos ó comezo:  garantías de conservación e seguridade  dos fondos, unha mínima actividade investigadora  sobre estes e o seu entorno e, sobre todo, o  cumprimento dun papel cultural  e dunha función educativa  dirixida "a todo o pobo" , tódolos niveis e grupos sociais e non só ós escolares anque estes  teñan , por dereito propio certa  preferencia .O  que non tería sentido  sería facer  un Museo . ou mellor falado, unha "Colección"   pró disfrute  duns poucos eruditos  ou duns grupos privilexiados .Xa que logo, unMuseo Comarcal é extraordinariamente  útil. no senso cltural  e social, cando está integrado na sociedade  que o arrodea e á que ten que servir , cando esa comunidade  que o crea faino vivir e aproveitase , toda ela, dun Centro destes,

 E para rematar un Museo Comarcal non pode estar aillado, non pode facer o papel de  "guerrilla" cultural :a súa coordinación  con outros Museos e os  seus técnicos é fundamental, e non só nos primeiros ,tempos, ó botarse a andar, senón sempre.Neste senso, e no caso galego que nos ocupa, deberán ter algún tipo de ligazón cos actuais Museos Provinciais, pola súa banda , coordinados e olaborando nun Museo nacional como está empezando a ser o Museo do Pobo Galego.

                 Lugo, Maio 1980

                                                        Felipe Arias Vilas

*************************************************************************************

                    ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESAPARECIDAS

TABERNA LA PARRILLA ( HOTEL ROMA ) 

BANCO DE BILABO ( establecido  en 1980  en Catro Camiños / Gran Vía. )

TALLERES CADI  ,Diego Pazos, 106

LIBRERÍA FELIPE II.- Marquesa Casa. López

PRO PORC SA Vilar de Sárria

 

**********************************************************************************

                           FESTAS DO SAN XOÁN ( 1981 )

                           PROGRAMA DE FESTEXOS

                                         DIA 23. MARTES

Ás 5 da tarde, repenique de campás e descarga de bombas de palenque, anunciarán o comezo das FESTAS DO SAN XOÁN 1981, De seguido pasarrúas pola Banda da Escola Municipal de Música de Sárria .acompañada de Xigantes e Cabezudos e o Quinteto " Os Agarimos"-

Ás 7.inaugiración  da FEIRA EXPOSICIÓN SAN XOÁN 81 coa actuación da Banda da Escola Muicipal  de Música de Sárria  e grupo de danzas e gaitas de Meigas e Trasgos CIT.

Ás 8  e media  quedará aberta ao público  a FEIRA EXPOSICIÓN DE ANTIGÜIDADES E       ARTESANÍA que organiza Meigas e Trasgos CIT e os anticuarios da Vila no local da Caixa de Aforros de Galicia 

A partires das 10  e media, GRANDE FOGUEIRA DE SAN XOÁN  no Alto da Mercé e acendido  da GRANDE QUEIMADA  coa que a Comisión de Festas  convida aos sarriaos e forasteiros.

Ás 12 e media da noite,  PRIMEIRA GRANDE VERBENA  na Praza de D. Xoán María López . a cargo da Orquestra "Los Jaslas"-

Do día 22 ao día 28  finais do Primeiro Campionato  San Xoán de Tenis na Pista de Tenis de Tachín

                            DIA 24 MÉRCORES.-  DÍA DO PATRON      

ADICADO ÁS AMAS DE CASA  POLO COMITÉ ORGANIZADOR                                                     DA FEIRA EXPOSICIÓN   SAN XOÁN  81

Ás 9 da mañá,  Dianas e Alboradas,  repenique de campás e desfile de Xigantes e Caezudos, acompañados polo Quinteto " Os Agarimos" e a Banda da Escola Municipal de Música de Sárria.

Ás 11 MISA SOLEMNE na igrexa parroquial de Santa Mariña,cantada  pola Coral Polifónica de Meigas e Trasgos CIT, Deseguido Procisión e CONCERTO MUSICAL da Banda da Escola Municipal de Musica de Sárria. 

Ás 12  da mañá no Pavillón Municipal de Deportes  PRIMEIRO ENCONTRO DE BALONCESTO entre os equipos Club Fluvial de Monforte e SD Sarriana.

Ás 6 e media da tarde TROFEU SAN XOÁN DE FÚTBOL

Ás 7  FESTA POPULAR na Praza de D. Xoán María López amenizada pola Orquestra "Los Mariscales "  e no Recinto Feiral polas Orquestras" Compostela" e " Los Jaslas ".´

Ás 12 da noite SEGUNDA GRANDE VERBENA nos lugares citados e coas mesmas Orquestras,´

Á 1  GRANDE SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO

Notas: O Casino celebrará o tradicional Baile de Noite con actuación da Orquestra "Amistad" de  Vigo.

A Unión , ás 12 e media  da mañá, Sesión Vermú. pola tarde Te Baile e pola noire grande verbena coa Orquestra Alborada. Nestas festas   nos locais da  Sociedade celebrarase  unha Exposición de Artesanía.

                                             .DÍA 25 , XOVES

                        ADICADO AOS MEDIOS INFORMATIVOS

A partires das primeiras horas da mañá, actuación  do Grupo de Gaitas de Meigas e Trasdos CIT.

As 12, CARREIRA DE CAMAREIROS patrocinada por Eduardo Mourelle, representante de González Byass.

Á  1 da tarde SESIÓN VERMÚ a cargo da Orquestra  "Palma" de Pontevedra.

Ás 6 e media da tarde BALONCESTO.O  gañador do día 24 xogará contra o Breogán CB  de Lugo, disputando o Trofeu Comisión de Festas  de  Sárria.

Ás 7, FESTA POPULAR no Recinto Feiral.  a cargo das Orquestras""e" Gran Casino´´

Ás 12 da noite, TERCEIRA GRANDE VERBENA no Recinto Feiral, co<a actuación das Orquestras Palma e Gran Casino.

Nota:     A  Sociedade A Unión ás 12 e media da mañá, Sesión Vermú , coa Orquestra " GranVeracruz",A  partires das 23 horas, Grande Verbena, coas Orquestras  "Gran Veracruz "e "Ledicia",

                                                     DÍA 26  -VENRES

                                                ADICADO AO NENO

POLO COMITÉ DA FEIRA EXPOSICIÓN SAN XOÁN 81 E A COMISIÓN DE FESTAS

Ás 11 da mañá CONCURSO DE PINTURA

Ás 12, no Recinto Feiral, organizada pola Comisión de Festas, patrocinada por Begano SA, concesionaria de Coca Cola., Entrenamento de mini bólidos-

Á 1, proba oficial. En todos estes actos actuará o Grupo de Gaitas de Meigas e Trasgos CIT. Todos os nenos serán agasallados  e terán entrada gratis á Feira Exposición San Xoán 81.

Ás 4 da tarde SESIÓN DE CINE INFANTIL ( entrada gratis )

Ás 5 da tarde, no Campo de Deportes "As Insuas " emocionante  PARTIDO DE BEISBOL entre os equipos Lume Sárria Feminino  e Lume Sárria Masculino.

Ás 7, GRANDE FESTA no Recinto Feiral  coa actuación de "Los Jaslas "-

Ás 12 da note, CUARTA GRANDE VERBENA no Recinto Feiral e coas mesmas Orquestras..

                                                   DÍA 27.SÁBAO

ADICADO AO EXPOSITOR  POLO COMITÉ DA FEIRA EXOSICIÓN SAN XOÁN  81

DIA DO PULPO, con actuación do Grupo de Gaitas de Meigas e Trasgos CIT 

Ás 4 da tarde, no Pavillón Municipal de Deportes, comezan as 24 horas do I TROFEU SAN XOÁN DE FÚTBOL SALA organizado pola Comisión de Festas  en colaboración con Deportes Isajor.

Ás 7, FESTA POPULAR coa actuación das Orquestras "Brasil" de Rianxo e " Los Chicos del Jazz"-´

Ás 12 da noite QUINTA GRANDE VERBENA onde actuarán as Orquestras "Brasil" w "Los Chcos del Jazz"

Á 1 da madrugada GRANDE SESIÓN DE FOGOS ACUÁTICOS no Paaseo do Malecón

                                                       DÍA 28 ,DOMINGO

                                                       ADCADO A LUGO

POLO COMITÉ DA FEIRA EXPOSICIÓN SAN XOÁN 81  E A COMISIÓN DE FESTAS 

Ás 12 da mañá, no Recinto Feiral, actuación do Grupo Folclorico "Xacarandaina" da Coruña.

Á 1, SESIÓN VERMÚ  con actuación da Orquestra " Los Chicos del Jazz".

Ás 4 da tarde,  Final das 24 Horas 24 de Fútbol Sala.

Ás 7,  FESTA POPULAR  con " Los Chicos del Jazz" , actuando tamén toda a tarde o  Grupo de Danzas "Xacarandaina " da Coruña.

Ás 12 da  noite SEXTA E ÚLTIMA VERBENA  con "Los Chcos del Jazz", coa que rematarán  as FESTAS DO SAN XOÁN 1981.

                                            ESPAZOS FESTEIROS

RECITO FEIRAL: PRAZA DE GALICIA E PATIO DO COLEXIO FREI LUIS DE GRANADA.- SALA DE EXPOSICIÓNS DE CAIXA GALICIA ( Rúa Marquesa Casa López ).- ALTO DA MERCÉ.-PRAZA DE XOÁN MARÍA LÓPEZ.- PISTA DE TENIS DE TACHIN ( Vilar de Sárria ).. IGREXA DE SANTA MARIÑA.-PAVILLON MUNICIPAL DE DEPORTES.- CASINO DE SÁRRIA.- SOCIEDADE LA UNIÓN.- SALA DE CINE.-PASEO DO MALECÓN DO RÍO SÁRRIA.- CAMPO DE DEPORTES AS INSUAS

************************************************************************************ 

                                           COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS

Presidente de Honra: D. Manuel Lence López, Alcalde de Sárria. Presidente: D, Xosé Díaz ValcÁrcel. Segredario: D, Armando Novo Freire. Tesoureiro: D. Xesús Reboiro Vázquez,  Vogais:  Dª Paz López Rodríguez,  D, Xosé López Díaz. D. Xosé López Villarabid.  D. Xosé Antonio Parga López,  D, Antonio Valcárcel Díaz,  D, Basilio Gayo Sánchez,  D. Antonio Viñas Cedrón. Colaboran as Sociedades, SD Sarriana,  Meigas e Trasgos CIT, A Unión, Casino de Sárria, Asocación Banda   da Escola de Musica ABEMU 

*************************************************************************************

                                           LIBRO PROGRAMA    ( Recuperación da publicación )

Portada:  Sarria. Fiestas de San Juan del 23  al 28 de junio 1981 Debuxo: Gaiteiro. Fogueira. e Queimada.  Saluda del Alcalde ( Manuel Lence López ),. Saluda., El Presidente  de la Comisión de Fiestas (  Xosé Díaz Valcárcel ),.  Comisión Oficial de Festas.-  A nena descalza ( María do Carme Taboada Besteiro ).-  Conto Sanxoaniño ( Xaime Félix López Arias ).-  Programa de Festexos.-  Balance Deportivo Sarriano ( Víctor López Villarabid ) .- La tesis de Sárria ( Xosé de Cora ).- Viñeta cómica, en lembranza de Luis Daga López.-

Edita; Ofset Yebra ( Rúas Matías López ).- 82 páxinas., 61 anunciantes.

*****************************************************************************t*******

                                          COLABORACIÓNS EN LINGUA GALEGA

                                              A NENA DESCALZA

                                                                                     María do Carme Taboada Besteiro

Para todos os Centros Culturais , e prá xente que asite a eles, ca espranza  de que aumentando o saber , poda facer un mundo  no que as nenas e os nenos  vivan  sin problemas  coma istes que ten A NENA DESCALZA.

A noite era quente, desas.... /  sin estrelas nin/ luar, /  con prefumes de herba seca /  que xa no palleiro / está,/ A noite ,era deass noites / en que,querendo /  escoitar , / oise a múseca dos grilos / e das arráns o / crocar,/ A noite .... era unha noite / sin estrela  nin / luar ,/ porque as tebras do agosto /tápanlles  o / rebrilar, / Soio a lus dos vagalumes /salbisca entre o / silveiral 7  i a do pequeno candil / que sai por un / fiestral,/ Cos pés doridos...mancados,/ mentras a cea  se / fai,  / na eira sentuse a nena / cansa de tanto / xogar / Con un ¡ai ! e  repousando / a cabeza na / torada, / abriu os olliños  tristes /  mentras lleamente / voaba, / ¡ Como escudriña, en silenzo, / en a escura lonxanía  ! /  ¡tan quietiña.... que buscaba ? /  ¡ Quen sabe que buscaría ? / Mais, repente, estremecedo ,/ que cuase que... que se caie, / levantouse da pedriña / a toda velocidade, /  Foi que, resgando o feitizo, / daquela noite / aldeá , /ouviu a nena os motores  / dun avión / retumbrar / I aló ... na altura, moi alto / intermiñente  / alumar,  / unha lus roxa, mpo roxa... / que candia o relumbre / vai,/ Brazos en alto botose / acorrer pra o / agarrar. / ¡ agarda, le dixo, agarda ! / ¡ mira que che vou / contar !  Cando viu que se alexaba  / sin podela ela / parar , /  / con desgarrda inocencia  / escomenzo a / berrar  ; /  "Adeus,,,,!  ¡ Adeus , avión... ! / e cando volvas  / pasar, / traime , a min, unhas  sandalias  / pra que me poida / calzar,"/  As meigas e máis os trasgos  / a nena  non pediu /  nada. / Ela  pedíalle  a xente / do alto... ¡ nin a  / escoitaba,//

Mº do Carme  Taboada Besteiro  ( Sárria, 24 de xunio de  1981 )

*************************************************************************************

                                         CONTO SANXOANIÑO

                                                                                          Xaime Félix López Arias

MIROU SAN XOÁN  cara abaixo por entremedias dunha nubiña branca  ó tempo qu se escoitaba o repenicar das campaíñas rebuldeiras.

Outro Santo que ó seu carón estaba díxolle:

-Seica  se lembran de tí en Sárria, pois vexo ali  moito mundo. A  Praza reverte de xente.

-Xente hai  abondo, non cho discuto.A festexeiros non hai  quen lles gañe ós de Sárria , mais no tocante a devoción , non sei que che diga... O meu eche un caso raro....Téñenme por Padrón  e paso o ano nunha capela escura  da beira, ali metido nun recanto, e logo  fanme unha novena,  unha msa cantada  e sácanme en procisión e.. ¡ deica outra !. Téñenme por Padroeiro  e póñenme de prestado  en altar alleo. e non o digo porque teña ciumes , pro coido que a un Padrón  hai que lle t er algún detalle , e no só chega falar  de un unha vez  cada ano..

- Iso son apreciacións túas...Amáis eu coido que calquera día has levar unha solpresa,A vila medra e cando fagan unha igrexa nova , que de seguro que a fan, os sarriaos han adicarcha  a tí... Entón  has ficar contente ¿ Non che sona ben iso de parroquia de "San Xoán de Sárria" ?

O Padrón non  poido esconder certo lostrego de ledicia fuxidía que pasou pola súa fronte.

- Sona  ben, si.Mais eu dos de Sárria non me fío. Anque fagan festas polo meu día, eu,..., u coido que non me queren.

- ¿ Como non te van  queres, home ? ¿ Non te teñen por Padrón ?...

. Inda así,,, inda así...

- ¿ E logo por que che se veñen ás mentes eses pensamenos  ? ¿ Non será que hoxe estas saudoso ou tes unha hora baixa  ?

.  Non, eu ben sei, o que digo...¿ Agora estamos no 1981 ?..

- Estamos.

´Pois escota de vagar o que che conto.... hai algúns anos, pasa de sete ou oito, estaban facendo a procisión. Botaron a nada rpola "Calle Maior " arria, músicos, gaiteiros , nenos, vellos , mozas e cregos, xa ían máis para alá da Casa Serrador  cando todos principiaron a facer a mesma pregunta... ¿ E o Santo ? ¿ O Santo ? ¿ Onde está o Santo ?----

- ¡ Non  me digas que non te levaban na procisión!

- Certo. Ali a carón  do altar maior me deixaron  e ramistas, autoridades e devotos non se prodecataron  da miña ausencia hastra que levaban andado un bon anaco .....!  Ninguén me quería levar  e pouco menos que houbo que facer unha leva forzosa pra que me sacaran da igrexa !.... Que de non ser dese xeito ficaría alí tristeiro  e esquecido no día da miña festa.

.- ¡ Algo de razón non che falla !., e logo ¿ por que non colleran as andias ?

- Cuestión de peso e recorrido, supoño. Din que pesa moito a miña imaxe e que é moi longo o camiño da procisión. ¡ levián e o meu peso e corto o recorrido se fose eu a pasarlles factura... ! ¿ Unha vez no ano !¡ E logo dias que estou nunha hora baixa !.

- ¡ Bph, cousas túas ! .. Iso foi unha só unha vez, Dende aquela sempre sacaron a imaxe en procisión. ¿ Non é certo ?

- ¡ Non te engañes, home, non te engañes !... Agora a cousa vai a pior...

- ¿ A pior ?.....

-  ¿ Non me crés ?. Agora para que collan as andias e eu sair da igrexa os ramistas teñen que pagarlle a catro homes...

- ¡ Rara devoción é esa !...

E por tras do lene veo da nubiña branca o noso Padrón  deixou cair, un pouco tristeiro  a súa benzón de tódolos anos que, cal bico garimoso, espallouse por veigas e tellados percurando corazóns abertos,

E cecais un día os sarriaos lembremos o noso San Xoán Bautista  e lle paguemos con algunha cativeira alegría,

Porque nós, ser somos u caso raro.

                                                           Xaime F. López Arias

/( A imesaxe de San Xoán Bautista , que agora está no presbiterio a man dereita do altar maior,da igrexa de Santa Mariña  é da autoría do escultor Isidoro Brocos, e a tradición dí que ´para facela empregou madeira de nogeira procedente do Incio. )

*************************************************************************************

                                        ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESAPARECIDAS

BANCO DE GALICIA.- BANCO CENTRAL.-BANCO DE VIZCAYA.-BANCO PASTOR.-BANCO DEL NOROESTE.-BANCO HISPANO AMERICANO.- CAIXA GALICIA

MADERAS ISIDRO E. DÍAZ BALBOA.- Gram Vía Alfonso IX

AUTOSERVICIO MARINO.- Calvo Sotelo 82 / Rúa da Liberdade

MESÓN CHURRASCO ALBORADA.-   Paseo do Malecón do Río Sárria

TABLEVAL SA.- San Xulián da Veiga

ORIBIO SA Construcciones y Contratas, Rúa Formigu-eoiros 77

AGRO LUGO. Maquinaria Agrícola ( Cruce do Avenida )

RECAMBIOS DAFRA . Rúa Matías López ( Casa Cotedo )

ALMACENES CELTA. Calvo Sotelo 78 /80 / Rúa da Liberdade

CONSTRUCCIONES ANICETO SILVA. Vigo de Sárria

AUTOS PARDO Calvo Sotelo 103 / Rúa da Liberdade

MUBLENORTE. Sárria.

******************************************************************************



 

Comentarios

Publicacións populares