SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1974 )
FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1974 )
ORDE DOS FESTEXOS
DÍA 22, SÁBADO.- DÍA DA TROULA.
ÄS 7 da tarde repenique de campás , disparo de bombas de palenque , así como alegres pasarrúas interpretados pola BANDA MUNICIPAL DE LUGO. Grupo de Gaiteiros de "Meigas e Trasagos" e Banda de Cornestas e Tambores da OJE, acompañados por xigantes e cabezudos , anunciarán a todos que Sárria está en festas. Á mesma hora, RALLYE AUTOMOBILISTICO DE COCHES ANTIGOS
Äs 11 da noite, no Barrio da Estación, PRIMEIRA VERBENA, amenizada polas Orquestras A.B.V. e Jerisalén.
DIA 23, DOMINGO.- DÍA DAS FOGUEIRAS
Pola mañá, dianas e alboradas a cargo da BANDA DE CORNETAS E TAMBORES DE LA OJE e o Grupo de Gaiteiros de "Meigas e Trasgos"
Ás 10. grande competición rexional de TIRO AO PRATO.- Pola tarde, na Rúa Diego Pazos GRANDE FESTA, na que actuarán as Orquestras A-B.V. e "Jerusalén".
Ás 12 da noite, no Campo da Feira, a "Meiga Feiticeira" procederá ao acendido da tradicional FOGUEIRA DE SAN XOÁN , co "lume novo" da QUEIMADA ritual e a actuación dos grupos de danzas e gaiteiros de "Meigas e Trasgos.- Ä mesma hora comezará na Rúa Diego Pazos a SEGUNDA VERBENA. ä unha da madrugada SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO.
DÍA 24, LUNS.-DÍA DO PATRÓN
Pola mañá , a Banda Municipal de Lugo, o grupo de Gaiteiros de "Meigas e Trasgos" e a Banda de Tambores e Cornetas da OJE Sarriá , percorrerán as rúas da Vila , anunciando a chegada do día grande das festas . Os Xigantes e Cabezudos farán o mesmo percorrido.
Ás 11, MISA SOLEMNE CANTADA EN GALEGO pola Coral de "Meigas e Trasgos" e de seguido procisión , presidida polas primeiras autoridades locais. Ás 13 horas, CONCERTO na Praza de Xoán María López, a cargo da "Banda Municipal de Lugo".
Pola tarde, no Campo de Deportes "As Insuas " disputarase o Trofeu de San Xoán de Fútbol, etre dous equipos de categoría nacional.
A partires das 7 nas prazas da Constitución e D. Xoán María López GRANDE FESTA na que actuarán as agrupacións musicais A.B.V. e THE BLACK ANGEL'S.
äs 12 da noite, nos luagres citados TERCEIRA VERBENA.- Á 1 da madrugada, SESIÓN DE FOGOS ARTIFICIAIS.
DÍA 25, MARTES.- DÍA DA TERRA
Pola mañá. dianas e alboradas- Ás 12. na Canteira de Santa Crisitña ( Treilán ) competición de TIRO- äs 13 horas, na Praia Fluvial do Chanto, actuación dos diferentes grupos de danzas de "Meigas e Trasgos" e entrega de premios a quen lozan os mellores traxes rexionais-
Ás 5 da tarde, no citado lugar CAMPIONATO DE BILLARDA.- ao que seguirá a ROMARÍA na que actuarán os Grupos A.B.V. e Black Angel's.
Ás12 da noite, na Rúa Diego Pazos, CUARTA VERBENA amenizada polas Orquestras citddas, co que se darán por rematadas as festas patronais deset ano.
FESTIVAIS DAS SOCIEDADES "O CASINO" E " A UNIÓN"
O CASINO: Celebrará o día 28 de Xuño o seu tradicional baile de San Xoán , coa actuación do Conxunto Los Flavia-
A UNIÓN.- Día 23.- Sesión Vermú e pola noite Cea Americaba, seguida de Verbena Extraordinaria de Gala . Día 24.- Sesión Vermú , asalto e Verbena. ( Estes festivais estarán amenizados polos " Play Boys" de Pontevedra.
**************************************************************************************
COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS
Presidente de Honra: D, Euxenio Quiroga Vázquez ( Alcalde de Sárria ). Presidenta: Srta, Marité Lóez Guillade-Melle Vicepresidente: D. Antonio Peña Díaz.Segredario:D. V Manuel Alvaredo Arias. Tesoureiro: D. Xosé Rivas Barreal.- Vicetesoureira: Srta, Conchita Pàramo López. Contadores: D. Mario Vila Lóepz e D, Xusto Castro López e D, Xusto Castro López. Programación Festexos: D. Víctor López Villarabid. Vogais: D. Xaime Regueiro López. D. Antonio López González. Srtas: Amparo Pedrero Santos, Lupita Díaz López, Maruxa Boado López, María Tereixa Pedrero Santos, Esperanza Iglesias Vidal. Sección Folclórica: Dª Carmela González de L. Vizcaíno.Dª Paz López González. Dª Marilé Landín de Viñas. Sección Depoprtiva: D, Antonio Peña Díaz. D, Dimas González Loureiro. D. Manuel Rodríguez Díaz.
***********************************************************************************
LIBRO PROGRAMA
Portada: Debuxo de fogos artificiais. 1974.Fiestas de Sa n Juan de Sarria. Contido: Comisión Oficial de Fiestas, Saúdo ( A Presidenta: Marité ). Salutación: Euxenio Quiroga Vázquez. Hadas y Duendez.Dedicado a todos los componentes de Meigas e Trasagos ( Fernando Serra Adroher ). Hierro fui...soy,,, ( 3º Premio de prosa no VII concurso literairo Caldense. Antonio A. Gómez Yebra ). Nieve ( Antonio A. Gómez Yebra ). Se eu non tivera sentimentos ( poema, sen indicación de autoría ).- A Fogueira ( Xaime Félix López Arias ). Espreita ( poema , sen indicación de autoría ). Temos medo ( poema sen indicación de autoría ). Emigrantes ( poema sen indicación de autoría ) Cadro conforme, amigo ( Poema sen indicación de autoría ). Un vecindario ( poema sen indicación de autoría ). Ilusión infantil ( Antonio A. Gómez Yebra ). Recordando las Aceñas ( Fr. José Cereijo, Mercedario ). Remembranzas ( Fr. José Cereijo, Mercedario ). A la Fuente Riveira ( José Luis Portela ). Así te quiero Sarria ( Benjamín Peiteado Ayude , Colexio da Mercé ). Sarria. Una de las comarcas más genuinamente lucenses ( Víctor López Villarabid ). Orden de los Festejos.- Cantiga das Festas do San Xoán ( F. Vergara Vilariño ). Análisis Deportivo ( Antonio Peña Díaz ). Festivales de las Sociedades.
Editado por Gráficas Yebra.- 102 páxinas. 80 anuncios.
**************************************************************************************
COLABORACIÓNS EN GALEGO
SAÚDO
Un ano máis chega o San Xoán de Sárria, a festa maior da vila. A ledicia chama en tódalas portas e por algúns días as rúas e as prazas énchense de mocedade e de xentes da terra e de fora dela.
Sárria, fidalga e xenerosa, amostra as súas millores galas e soio sinte saudade , chea de espranza, daqueles que hoxe están lonxe .Vai pra eles a nosa lembranza e o desexo de que nos anos vindeiros poidan estar connosco.
Eu quero dar as gracias ós ramitas . ó pobo de Sárria,ás autoridades, ó comercio, industria e agrupacións culturais polas axudas de todo xeito que me deron, ca espranza de que as festas deste ano non desmerecerán das de outros xa pasados.
As festas do San Xoán son moito máis cun rito secular que se renova ano tras ano , moito máis que un ledo saúdo ó vrau que chega. Por iso as Festas do San Xoán non han morrer. Este ano fumos nós quen levamos o facho , pró que ven non ha fallar que o leve.
As festas son os que todos queremos que señan. Co meu agradecemento pra todos , vai a seguranza de que saberán apreciar canto se dixo.
A Presidenta
Marité
( María Teresa López Melle)
***************************************************************************************
SE EU NON TIVERA SENTIMENTOS
Se eu non tivera sentimentos / daquela cantaría: / " Era un azú tan puro / como a iauga das rochas / molladas por luz d'ouro.//
Se eu non tivera sentimentos / ¡ meus, da Terra, dos Homes ! / e non me espiñaran ollos e labres / e non azoasen feridos / na fouce de gramil / e non sangraran, non sangraran / nas furnas da ialma galega... //
¡Se eu non tivera sentimentos.. ! / ¡ Ben está.. Agardaréi cicatrices., / cicatrices agardarei... //
Pro, quen me emboutar.a , / quen istas condecoraciós / impostas por unha Raíña Probe , /- Dona Vida, Galega -, / que amostro no peito dos labres / e nos labres dos ollos , / co puño nas meixelas , / nos grixallos da miña fala ?//
Onde riscos "eu", "miña" "homes", en calquera parte do mundio, / "terra" poñede a luz / dos ollos de calquer galego, //
( Poema publicado sen indicación de autoría )
************************************************************************************
A FOGUEIRA
Xaime Félix López Arias
Xa non lembro.... Son tantos os anos pasados que coido haberá poucos homes na vila que poidan falares de caso tan sonado naquel tempo.
Supoño que foi inantes da guerra. Ás veces trabúcome. A memoria vaiseme esvaíndo , pro do que estou certo e de que o "Estoupapozas " morreu dunha grande borracheira cando andaban a facer as pontes do Mazadoiro,,, ¡ Esta miña testa é tan dura !.
O "Estoupapozas era zapateiro de seu. Traballaba nun pequeno rocho do baixo da casa que don Vicente Maroto tiña non moi lonxe dos "Almacenes Siglo XX ", Il romataba todos os seus días benendo netos de viño,, daquil bon viño dos Peares, na taberna do Pepe da Ponte Ribeira. Non era bon zapateiro, mais traballaba dabondo pra pagare o aluguer do baixo, dormir e comer na pousada do Chinto de Randulfe e beber sempre netos e máis netos.
- Non sentará cabeza, tolambián - dicíalles a pousadeir., onte nen a durmir viñeches .. ¿ Onde romataches a esmorg
- ¿ E que queres que che diga, Maruxa ? Aparcín durmindo nun vagón.
Bon pagador e honrado non ten habido outro coma il na vila de Sárria. cadno aforraba algún carto dáballo a gardar ó Randulfe e se lle perguntaba pra quen aforraba dicía:
- Pro meu enterro, hom, pro meu enterro. Non quero deberlle nada a ninguén.
- Xa te enterrarán por probe.. ¿ Pensas que non te han levar ó furado ?
-Ti garda os cartos e anque chos pida non mos deas. Sobriños non teño e quero ir coma todos e non deber obligaciós
Chegaba as festas do San Xoán. Era alcalde por aquil entón don Xosé Ledo Veiga que naquel ano convidara a algúns amigos da politica que vivían en Madrid.. Sabedor do gosto que sentían polas cousas tradicionais quixo que os seus amigos viran as fogueiras e mandou que se fixeran catro : unha no Campo da Feira, outra en Santa Cristiña e dúas máis na Cha e na Aguiada, Chegaba o día Vinte e Tres e non atopara quen lle fixera a a fogueira de Santa Cristiña . Saíndo do Casino atopou ó "Estoupapozas " e díxolle:
-Matías, ¿ has ter tempo pra vir unha hora falar comigo ?
-Teño, Señor, teño.
. Logo ás doce no Axuntamento.
Ó outro día o "Estoupapozas " estaba no despacho do Alcalde,
- Se che pido un favor ¿ hasmo de facer ?
- ¿ e logo, don Xosé, cando non fixen o que vostede mandou ?... Hastra cando ando de pelícana non canto por mor do Bando que botóu hai dous meses.
- Xa sabes que o día Vinte e Tres vai haber catro fogueiras e quero que tí xuntes toxos e leña na carreteira de Goián e ás once xustas acendas a lumiada.
- Hai que me dar un fouciño... ¿ E quere que seña grande ?
- Home, con tal que se vexa dende a vila chega....
- Non teña dó, don Xosé, que a fogueira do Matías ha dar que falar,
Despediuse do Alcalde e foi ao Bar Manolita a festexar a proba de confianza que lle daba a primeira autoridade da vila.
O Vinte e Tres pola tarde saliu cara o monte levando un fouciño do servizo municipal de limpeza e un medio garrafón de viño, Traballóu arreo rozando toxos e carrexándoos cun forquito que lle emprestaron en Treilán.
Fixo unha grande morea de leña e toxos no medio da carreteira e cando rematou o seu traballo principiou a darrlle bicadas ó seu viño.Algún tempo despois estaba sorneando nunha xesteira. Pasou un longo anaco e espertóu ó escoitar o ledo repenicar das camás de Santa Mariña e San Salvador.
Todo estaba escuro e a il a borracheira inda lle deixaba vere menos,Miróu cara A Meda e viu unha lingua de lume pola banda da Aguiada .
-Xa están eses lampantís coa súa fogueira.
No alto da vila brilaba coma un facho o lume de San Xoán e axiña acendería a da Cha,
.D-eixaos que corran que fogueiras coma a do Matías non han sere,
Despreguízouse .Non atopaba a caixa dos mistos . As tres fogueiras ardían xa con forcia. O "Estoupapozas " colleu presa, Diante del estaba o montón de toxos. Pensou:
-É grande coma unha meda.
Prendeu lume, No intre as chamas principiaron a rubircara o ceo cheo de estrela da noite saxoaniña.
-Como está na carreteira non hai perigo.Voume prá verbena,Brasas non han quedare,
O "Estoupapozas " tirou monte abaixo. O relustro do lume fíxolle ver.....
- ¿ Estarei soñando ?
Non soñaba, non. A meda ardía aló enriba, mentres que os toxos seguían como os deixara pola tardiña,O lume acabara xa ca meda e corría pola rastreva, Quixo facer calquer cousa por apagar o lume que se espallaba por tódolos lados, Non puido facer nada.
Corréu cara Sárria e medio chamusgado, e xa sen a borracheira, chegou á Estación cando o Alcalde e toda a vila iban camiño de Santa Cristiña. Cando chegaron tiñan ardido ben ferrados de monte,E o máis chocante foi que non arderan os toxos que o "Estoupapozas "porparara prá fogueira,
-¿ E logo que fixeches Matias ?
. Bebín un pouco, Señor, bebín un pouco e quedeime trasposto.
.Dixeches que a túa fogiueira había dar que falar, deu que apagar e gracias que inda se xuntaraxente dabondo prá verbena, que senón,,,,
Xa sei que algúns non me han crer ou non se lembrarán do conto. Eu tamén me esquecera, pro ó ler hoxe nun vello xornal aquela noticia véuseme á memoria a fogueira do "Estoupapozas ".
Xaime F. López Arias.
**********************************************************************************
ESPREITA
ESPREITA o esmacelado son que ven de lonxe e trai dúvidas e cansancios que azanean alá, Verbas que asemellan andriñas perdidas nun mundo tristeiro baixo unha choiva de pranto,
ESPREITA , espreita....C ecais temos que ir a navegar e sortear o río da noite con lámpada da espranza , a buscar os felices cómaros da primaveira onde un neno sorrí senlleiro ao seu barquiño , a unha paxariña de papel besbellizo.
ESPREITA, asexa ... O corazón da rosa latexa, canta, O moucho coidase rei das tebras e tamén canta e o coitelo do vento leva unha fogaxe súpeta que abafa os torgos e rube hasta os cumios da montaña,
ESPREITA os límites da resistencia cos homes, dos infernos das guerras , as brasfemias arrepiantes , as mortaxas , a aldraxe, a morte das espranzas, a longa anguria , a cubiza, a inxusticiam o crime,
Vive axexante , vixía, vixía, por as colmeas da incertidume do aborrecemento e do medo na mesma ponla, Cata a sospeita e vístelle cadeas á orguleza, e ofrece o pan nídio do amore, da ledicia.
(Non se fixo figurar a autoría do poema )
***************************************************************************************
TEMOS MEDO
TEMOS medo. De perder esta frol, esta chorima, este esprendor de lúa, este recendo de mar e a sorrisa e a bágulla, a tenrura, o amor, a fidelidade , a rexeira...... Temos medo, e cavilamos: Perderemos esta ledicia, este color, esta sangue.... ¿ Onde acadar ese camiño que non ten volta ?. ¡ Ai, que non se pode virar a barca endexamáis ! O presente fuxe diante de nós, apenas un intre vivido , como auga entre os dedos, Os vieiros de mañán espreitab perto de nós, e cecáis as nosas pisadas non camiñarán por eles, e os nosos ollos non voltarán a ver ese sol. Preto están as encrucilladas , tan ao pé de nós que doi cavilar que todo quedará atrás, que nada pode reternos en este breve latexo de vida., Que todo voltará á terra:O árbore, a frol, a herba miuda, a noite, o día.... Non voltaremos o vieiro pra atrás , condenados a seguir adiante , máis adiante , sempre máis lonxe e máis esquecidos ,É certo....¡ Temos medo !,
( Non se indicou a autoría do poema )
***********************************************************************************
EMIGRANTES SIN VOLTA
HOMES veñen e van coa probe vida esfiañada, sonámbulos de algún sono degorado.
Veñen e van ou quédanse nas orelas da tristura , alleos, mortos, ollando a estrela inacesibel ,
O mundo está cheo de roitas onde se perden as arelas e se murchan as froles en lagoeiros mergurados , E os homes camiñan pregando feridos de perguntas, feridos de fame ou de medo por as tebras e o vadío
Cecáis unha fe ou unha bandeira guían os seus pasos Cecáis unha ambición pula no fondo do seu destiño. Cecáis unha chamada acendeulle a noite con estrelas e corren sen dúbida a cavarse unha calpa lonxana,
No mundo pérdense cruces anónimas de homes que se foron azaneando adeuses con panos de ledicia ou de pranto.....
( Non se fixo figurar a autoría do poemas )
*********************************************************************************************
CADRO CONFORME, AMIGO
Antonio Noriega Varela
Cadro conforme , amigo: hai motas portas cerradas prá probeza, pero as do presbyterio non se conten, nin tampouco as da Igrexa.. Bríndanlle as do espital piadoso amparo. e , sin forzalas entra donde se afirma o crimen, i onde a morte se mofa da soberbia. As do ceio, esad.. ¡ ai ! tapiarllas queren: mais ¡ Dios maldiga a empresa !, que as do ceio sorte é que as vexa o probe de par a en par abertas.
( No Libro-Programa non identificaron a autoría do poema )
********************************************************************************************
UN VINCULEIRO .
Antonio Noriega Varela
Vive en casa grande, tén as tullas cheas.... -E ¿ que almorza ?.- Sobre papas sen manteiga,
Pra aforralos zocos vai descalzo ás feiras onda os cochos durme e sin luz se deita. ¡ Este é o vinculeiro do cimbro da serra !, vive en casa grande , ten as tullas cheas ; mais ¡ xa pode o demo cargar coa riqueza !...
( Foi publicado sen indicación de autoría ).
CANTIGA DAS FESTAS DO SAN XOÁ
Fiz Vergara Vilariño
Amiga, irei ó San Xoán , queira ou non queira meu pai !
Agárdame na verbena - arriba , na calle Maior-, Si non chego pola noite, hei de chegar polo albor.
Ó San Xoán irei, amada... . e andaremos de ruada !
Subiremos ó castelo a sentarnos na campía i-eu mirarei pra tí, e tií mirarás prá vila....
Amiga irei ó San Xoán..... queira ou non queira meu pai !
Hemos bailar a fartarnos, ¡ De comer xa nos darán os meus amigos de sempre, xente baril e sin par !
Ó San Xoán irei amada, e andaremos de ruada !
¡ Que fachenda ser sarrianos e ter o sangue lanzal.... Sárria, que fermosa vila. Que festas as do San Xoán !
Amiga, iréi ó San Xoán, queira ou non queira meu pai !
F. Vergara Vilariño
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario