SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1971 )
SÁRRIA FESTAS PATRONAIS DE SAN XOÁN XUÑO 1971
PROGRAMA OFICIAL DE FESTEXOS
23,. DÍA DA FOGUEIRAS
Ás 6 da tarde un Pregoeiro vestido á antiga usanza perorrerá as rúas da vila para darlle a coñecer a toda a veciñanza o comezo das Festas Patronais.
Ás 7, repenique xeral de campás e disparo de bombas de palenque e percorrido pola vila dos gaiteiros "Os Barros" e a Banda Municipal de Celanova coa compaña de Xigantes e Cabezudos.
Ás 11 da noite, PRIMEIRA GRANDE VERBENA na Praza de D. Xoán María López e Praza do Concello . amenizada pola Orquestra Rambalst de Betanzos , Banda de Celanova e Agrupación de Gaiteiros.
Ás 12 da noite,procederase ao acendido de A FOGUEIRA DE SAN XOÁN, no Campo da Feira , que será acompañado pola actuación musical de "Os Barros". Ao mesmo tempo degUstarase unha típica QUEIMADA.
NOTAS DAS SOCIEDADES
O CASINO.- Celebrará o tradicional Baile de San Xoán o día 28.
A UNIÓN.- No seu Parque de Festas de Verán e coa actuación do conxunto "Gran Casino" de Pontevedra
Día 24, Asalto e Baile de noite.
Día 25.- Cea Americana seguida de Verbena Extraordinaria de Gala.
24,. DÍA DO PATRÓN
Ás 9 da mañá, Dianas e Alboradas, con desfile de Xigantes e Cabezudos, pasarrúas pola Banda de Celanova , anunciarán a festividade do día-
Ás 11 e media,Entrega de Guión ao recén constituído Grupo Folclórico Local, e de seguido MISA SOLEMNE con procisión que percorrerá o itinerario de costume.
Á unha , CONCERTO na Praza de D. Xoán María López, que correrá a cargo da Banda Municipal de Celanova, e actuación do grupo BURBUXAS.
Durante a mañá terá lugar o CAMPIONATO LOCAL DE PESCA
äs 5 e media da tarde, GRANDE PARTIDO DE FÚBOL entre SELECCIÓN NORTE e SELECCIÓN SUR compostas de xogadores de primeira división-
A partires das 6 da tarde GRANDE FESTA na Praza de D. Xoán María López e Praza do Concello amenizada pola Orquestra LAMAS LA PIÑA de Ferrol,, BANDA DE CELANOVA , Orquestra RAMBALTS e OS BARROS.
Ás 12 SEGUNDA GRANDE VERBENA nos lugares citados anteriormente
A partires da 1, GRANDE SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO
25.- FESTA DAS MERENDAS
Pola mañá, dianas e alboradas.
A partires das 10 da mñá GRANDE TIRADA AO PRATO con carácter internacional
ÁS 11 E MEDIA, Primeiro partido do TROFEU EL PROGRESO DE BALONMÁN
Á 1, CONCERTO na Praia do Chanto coa Orquestra RAMBALTS
A partires das 5 da tarde, FESTA POPULAR a cargo da Orquestra RAMBALTS e "OS BARROS".
Ás 5 e media GRANDE "NOVILLADA" con un man a man entre Angel e Rafael Peralta.
A partires das 11 da noite TERCEIRA GRANDE VERBENA , na Rúa Matías López, amenizada polas agrupacións anteriormente citadas.
26,. DÍA DA COMARCA
Pola mañá, Dianas e Alboradas.
Ás 11 FINAL DO TROFEU EL PROGRESO DE BALONMÁN, na cancha da Mercé.
Ás 12, desfile de CARROS DO PAÍS engalanados dende o Cruce da Estación até a Praia do Chanto. A continuación entrega de trofeus aos gañadores e actuación dos grupos folclórico locais.
Ás 5 da tarde, PARTIDO DE BALONMÁN ( III División ) na cancha da Asunción.
Ás 7 da tarde, FESTA POPULAR no Barrio da Estación , amenizada pola Orquestra NUEVA LIRA de Vilalba.
Ás 11 da noite , CUARTA GRANDE VERBENA , no lugar anteiormente citado.
27,. DÍA DO PULPO
Pola mañá, Dianas e Alboradas.
Ás 11 e media, no Campo da Feira, nova actuación dos grupos de baile rexional , acompañados polo grupo de musica rexional "OS BARROS "
Ás 5 e media da tarde , SEGUNDA GRANDE "NOVILLADA" con picadores, nun man a man entre Sánchez Fraile e Freddy Omar "El Negrito de Venesuela".
Ás 6 da tarde, GRANDE FESTA na Rúa Diego Pazos, amenizada pola Orquestra NUEVA LIRA
Ás 11 da noite QUINTA GRANDE VERBENA no lugar anteriromente citado.
28.- DÍA DE FOLGA
29,. DÍA DA VILA
A partires das 10 da mañá GRANDE TIRADA AO PRATO COMARCAL
Ás 5 e media da tarde GRANDE FESTIVAL TAURINO a cargo de LOS GALLITOS
Ás 7 da tarde,ÚLTIMA GRANDE FESTA , na Rúa Matías López.
Ás 11 da noite, ÚLTIMA GRANDE VERBENA , no mesmo lugar, coa que se darán por rematadas as Festas Patgronais do presente ano.
......................................................................................................................................................................
COMISIÓN VECIÑAL DE FESTAS 1971
Baixo os auspicios do Concello formouse unha Comisión Oficial de Festas que manifestou o seu proxeto de que , agás o concerto do día 24, bailes e verbenas se fixesen na parte baixa da vila, de maneira que os festexos dos días 23 e 24 deixarían os lugares tradicionais ( Rúa Maior, Praza do Concello e Praza de D. Xoán María López.) Isto deu lugar a unha forte contestación dos veciños e comerciantes da zona alta , e os "comisionados" que non quixeron ser causantes de enfrontamentos retiráronse interrumpindo as xestións para formar programación e percura de agrupacións musicais.
Varios veciños da Rúa Maior e uns poucos mozos ofrcéronse ao alcalde Euxenio Quorga Vázquez para correren coa organización das festas, e o alcalde respostou que contarían coa axuda incluida no orzamento municipal, que iso sería o único que aportaría o Concello, que a Policía Local non colaboraría coa súa persenza nas rúas e que se tivese en conta que non podía haber festas e verbenas en espazos das estradas comarcais. Malia a esas denegacións a comsión veciñal levou adiante a programación , negociando co xefe da Policía Local e a Garda Civil prestasen a colaboración acostumada e , pola vía "de facto", programaron festas e verbenas nas rúas Matías López, Diego Pazos e Cruce da Estación, ignorando que non se contaba coa autorización necsasria de Obras Publicas, e coa colocación de indicadores feitos para desviar o tráfico das direcións Lugo e Monforte, poñendo ademáis camións atravesados cortando as estradas nos cruces oportunos, e así as festas desenvolvéronse seguindo o programa "guerrilleiro" co que se enfrontaran aos proxectos do Concello.
A Comisión Veciñal funcionou de maneira colexiada , se ben, para atender ás necesidades de contratación foi presidente a efectos formais Eladio Díaz , de "Los Americanos". Os outros membros foron: Luis López García, Eliseo Gudín González, Xosé Núñez Díaz, Serafín Gallego, Pedro Fernández "Dios", Euxenio López Carrozas, Manuel Díaz López ( "Los Americanos"), Uxío López Prado, Carlos Díaz Losada "Chelo", Xosé Manuel Díaz Otero, Xaime Félix López Arias....
Tomouse o acordo de que non figurase a composición da Comisión no Libro-Programa.
..........................................................................................................................................................
NOVIDADES NAS FESTAS ( 1971 )
O día 23 tivo lugar a PRIMEIRA QUEIMADA POPULAR organizada no Campo da Feira, amenizada por un grupo de gaiteiros.
A presentación de A GARULAXE DE SÁRRIA, e BURBUXAS , grupos de danzas e gaitas, xermolo de Meigas e Trasgos , con entrega do seu guión e actuacións no concerto, o día 24, e participación no pasarrúas. sinalan o comezo dunha constante participación dos grupos folcloricos locais nas festas do San Xoán.
O CARRETO, desfile de carros do país engalanados e tirados por xugadas de vacas rubias . baixo a promoción de "Meigas e Trasgos", saíu por vez primeira no ano 1971, manténdose só por algúns anos na programación.
LIBRO PROGRAMA
SARRIA. FIESTAS PATRONALES DE SAN JUAN
Portada: Fotografía con unha vista parcial da vila dende a Rúa da Mercé
Contido: Nuestra portada.- Salutación. Eugenio Qurioga Vázquez, Alcalde.- Plaza de Toros de Sárria.- Terra loira ( Marío López Gay ), Pregón ( O Xan das Insuas, Xaime Félix López Arias ).- San Juan que hace realidad las cántigas ( Xosé Trapero Pardo ) .- Abierta a la esperanza.- Recuerdo ( Fernando Serra Adroher ).- Un filibustero sarriano en la Tortuga ( Carlos Esteban Deive ).- Sárria industrial.- Algo que nasceu na vila de Sárria ( Antonio Peña Guitián ).- Caridad cristiana.- Programa Oficial de Fiestas,. El Deporte Sarriano ( Víctor López Villarabid ).- El convento de la Magdalena... O Murallón ( Ramón do Moreno ).
47 anuncios.
.........................................................................................................................................................................
TEXTOS EN GALEGO
TERRA LOIRA
Marío López Gay
Amortaxada de trasnos o castelo fidalgo e esgrevio que onte, cal pastor de pedra gardou os camiños do sofrimento dorme agora sin ourizontes denegrido, mouro e sinxelo oa loatregos soa sigros. .
O sol murouno de petoutos ladeiros e cumes que riveiran a veiga o Sul botoulle xeada a cerzo.
Longa cóbrega sin alentos , ó pé, naceu na veiga coma avelaira ó empardecer , naceu a vila no fondo ceio i a irmandá trocouno cidá xeitosa, agarimoso leito onde o traballo i a onra fixéronse herdeiros.
Eiquí Gregorio miudo, frade Luis moi tenro bicaron a luz do abrente nun berce probe e angurento.
Esta cidá dos eidos raíña das cumes lenes rianxa e muiñeira sin teito pra nabarquelas e xílgaros foi cova de antergos mosteiros onde os hino dormen a raneira que fende antre os amieiros que trai o Oribio abaixo o trasluz do inverno.
Dena tes foi paradiso sin múseca , cobiza, canza e coitelo denantes de encher a lúa, denantes de sair o ceio , moi denantes de nacer este lume no beixo. . ( Mario L. Gay )
PREGÓN
Xaime Félix López Arias
Atízalle ó viño axiña ; porpara a gaita Queitano pois os vilegos de Sárria tamén fan festas iste ano.
Pois xa que tés que dicir o Pregón das tales festas deixa un intre de beber escondido tras das xestas.
Non é que señan moi grandes as festas que aló se fan, mais son as festas que honran ó Patrón Señor San Xoán,
Na noite do vintetrés haberá grande fogueira e beberá queimada todiña a xente que queira.
Os cativos hanse rir , hanse de rir por un tubo, ó escorrentar con vergallo xigantes e cabezudos.
Os vellos e a xente nova fartaranse de bailar pois músicos e gaiteiros non han parar de tocar
O que queira botar moza ben terá onde escoller , han de poñer luminarias , pra que as caras poida ver de tanta moza xeitosa como na festa imos ter.
¡ Ai meu Xanciño querido coma vou botar Pregón se co viño que trasego quedeime xa sen o fol !
O Xan das Insuas
ALGO QUE NASCEU NA VILA DE SÁRRIA
Antonio Peña Guitián
Na vila de Sárria nasceu , como quen dia fai poucos días, unha hirmandade formada por xentes de toda cras que teñen a finalidade de alegrar ós demáis alegrándose primeiro eles. Cando unha cousa nova ven ó mundo hai que comenzar por poñerlle un nome e xa o ten. Porque saberedes que tivo padriños e madriñas dabondo , que asistiorn ó bautizo pra ter conta da criatura e non a deixaron caer , non fora que se esnafrase.
Sí, nasceu GARULAXE DE SÁRRIA cuasi sin darse conta naide, nin siquera os seus pais . e enseguida fomos todos a arrolala e agasallala , aínda é moi mociña por agora pero enseguida - pois medra que dá xenio vela - a veredes chea de coraxe e empuxe. Pode decirse que ven a este mundo noso por unha necesidá ; pois non estaba nada ben que o home e a muller , o neno e a nena, cavilaran pra sí solos sobre as súas coitas. É moito mellor que as penas e as dozuras se sintan e se conten entre todos . pois así unhas iautras serán meirandes pero tamén máis levaderias e gozosas-
Decatámonos agora que a tal GARULAXE deben de haber xurdido fai moitos anos ; o por que non foi así , aínda non o sabemos, nin nos importa, porque estamos disposto a olvidar os olvidos pasados.Aquí estamos para correxir ise esquecimento e dicirvos que A ARULAXE DE SÁRRIA é unha xuntanza de sarriáns que loitarán, con bandeira ó frente, pola vitoria do noso folklor , que ela terá por finalidade o cantar e bailar as nosas cancións e as nosas danzas , acompañadas das nosas musecas. Coros de voces da terra , bailes diste país , museca da que pida a ialma galiciana.
Entre os que autuarán, veredes neniños coma vermes que cuasi haberán de ter conta de que non lles caigan os calzós ; meniñas que namorará ver como, infeliciñas as probes, se acanesrán igoal que as amapoulas movidas polo vento, veredes rapaces con coraxe marcando os puntos da muiñeira , mozas garridas e picaras que ó mesmo tempo que siguen o cortexo da danza , non lles impide chusgar o ollo ó galan que as ademir, homes xa de cabelos brancos que non se avergonzarán nin moito nin pouco de cantar os nosos aires - ¡ Eles saben que non haberá sitio para celos nin envexas !. Ricos ou probes . d ' aldea ou d 'a vila hai sitio para todos . E ¡ como vos ha sorprendere o ver aos nosos gaiteiriños . pequerrechiños eles. que aínda cuasi non teñen folgo pra soprar a gaita ! .
Moitoa somos os desta confradería, e .... moitos máis hemos de ser.O día que nos vexades, viredes a nós pra entrar dentro diste fato, teredes desexos de non quedar fora.e benvidos señades , hai sitio pra todos,
Nas festas do San Xoán, vai ser a nosa estrena, vamos ofrecervos o que tivemos tempo de deprender, ben certos estamos de que saberedes apreciar o entusiasmo que poñemos, e máis que nadie o que puxo a mullere que foi a alma de todo. sempre Galicia tivo mulleres de empuxe; quizabes é porque a nosa terra ten nome de femia. Agradecémloslles a todos o moito que nos axudaron, cas súas persoas e cos seus cartiños ; inda que o que máis termos que agradecere, é o haber nacido eiquí, que foi o que nos deu a coraxe pra embarcarnos nesta tarea, Ise entusiasmo co que vemos as nosas obras, fainos ver mozas onde aínda hai nenas; e, como tales mozas, non queda máis remedio que presentalas na sociedá, e nada millor pra eso que aproveitar as festas da vila, noso queridoSan Xoán,Dios llo pague á comisión de frestas que nos buscaron un buratiño no seu programa pra que nos enseñaramos, E iste é o noso proieuto . O día 24 pola mañá, na praza de Santa Mariña entre o medio do concerto da banda ; dempois de bendecir i entregar o estandarte que será a nosa insinia, veredes a primeira autuación nosa; xa sabemos que non vades ser tacaños para aplaudir . E o día vintaseis, dende a Estación do tren sairá a través das nosas rúas e en direución ó Chanto , o desfile de carros do país e entre eles, ali na praia, terá lugar o concurso para premiar os carros que o merezan , e craro está, outra vez a autuar dos nosos gaiteiriños e danzante. Os premios serán pros carros mellor adornadiños con cousiñas do noso país, e hastra haberá un premio pro carro que mellor cante ou asubíe ; o fin, campesiños irmáns, por unha vez poderedes vir á vila co carro sin engrasar, e pasar tan campantes por diante dos municipales. As xugadas que tiren por iles , serán si é posibile de vacas do noso país e hastra será un mérito si a xugada é de bois.... si é que algún queda aínda ; compriravos moito que a parexa veña xunguida á molida, pois eu sei de máis de un que pensa cumprar unha desas pieles pra poñer de alfombra ó pé da súa cama, Elogo de eso , a comer e beber como tan ben sabemos facer os de aquí e que nunca esquenceremos,
*********************************************************************************
O MURALLÓN
Ramón do Moreno
Evos camiño que facemos moitos cando imos cara a misa e cando non e ten unha parede moi grandeira por iso chaman todos Murallón.
äs veces sobe i outras veces baixa, ( de filosifo ten máis o sobir ), subina en bicicleta moitas veces baixala é máis doado para min.
Albres que diste ó pe van en ringleira , a esquerdeira o sobir, por ali van, é camiño obligado pró Concello e cando os mortos soben non han baixar
Murallón costaneiro que sobindo fas ás vellas no medio descansar . ¡ eu recordo carreiras e carreiras feitas na cativeza dunha edá.!
Maio, 1971
( Ramón Vazquez Rivas )
**********************************************************************************
ACTIVIDADES XA DESAPARECIDAS
CHAPISTERÍA MIGUEL.- Rúa Calvo Sotelo- Garaxe Zaera ( hoxe Rúa da Liberdade )
CAFETERÍA MARBELLA, Rúa Matías López
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario