SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1976 )
FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1976 )
PROGRAMACIÓN DE FESTEXOS
DÍA 23,. DÍA DA FOGUEIRA E DA QUEIMADA
Mediada a tarde , os grupos folclóricos de Meigas e Trasgos , gaiteiros , Banda de Tambores e Cornetas da OJE , Banda Municipal de Sober, Xigantes e Cabezudos , desfilarán polas rúas da vila , dando comezo as Festas Patronais de San Xoán de 1976. Ao mesmo tempo , haberá repenique de campás .
A partires das 10 da noite, no Campo da Feirs, GRANDE FOGUEIRA DE SAN XOÁN e ao redor dela terá lugar a QUEIMADA coa que a Comisión de Festas trata de convidar a todos os sarriaos e forasteiros.
Darredor das 12 da noite da noite, na Praza do Concello, dará comezo a PRIMEIRA GRANDE VERBENA a cargo da Orquestra internacional "Macumba· de Valencia.
Darredor da 1 da noite,PRIMEIRA SESIÓN DE FOGOS ARTIFICIAIS
DÍA 24 , DÍA DO PATRÓN
A partires das 9 da mañá, Dianas e Alboradas. repenique de campás e desfile polas rúas da vila de varios grupos de Meigas e Trasgos , Banda de Tambores e Cornetas da OJE, Gaiteiros e a Banda Municipal de Viveiro.
Ás 11 da mañá, MISA SOLEMNE, cantada pola Coral Poifónica de Meigas e Trasgos, seguida de Procisión , que percorrerá o itinerario de costume .
Á 1 , inaugiración oficial, coa asistencia do Sr. Gobernador Civil da Provincia, da II MOSTRA DE ARTESANÍA E ANTIGÜIDADES que organiza Meigas e Trasgos.
A continuación CONCERTO na Praza de Xoán María López , a cargo da Banda Municipal de Viveiro.
Ás 6 da tarde, TROFEU SAN XOÁN DE FÚTBOL CD Lugo- SD Sarriana reforzada con xogadores de categoría nacional.
A partires das 7 da tarde FESTA POPULAR amenizada polas Orquestras "Trovadores " e "Macumba ".nas Prazas de Xoán María López e do Concello.
Ás 12 da noite, seguirá unha GRANDE VERBEA amenizada polas Orquestras citadas nas mesmas prazas.
Á 1 e media da madrugada, Segunda Sesión de Fogos de Artificio, patrocinados estes pola Caixa de Aforros da Coruña e Lugo.
DÍA 25.- DÍA DA COMARCA E TRAXE REXIONAL
Pola mañá, desfile das agrupacións polas rúas da vila, Dianas e Alboradas.
A partir da 1 da tarde ROMARÍA na Praia do Chanto e os concursos de empanada, gaita e ao mellor traxe rexional. Actuación dos grupos rexionais de Meigas e Trasgos.
A partires das 6 da tarde, SEGUNDA GRANDE FESTA , amenizada pola Orquestra "Macumba"
A partires das 12 da noite, na Rúa Diego Pazos, TERCEIRA GRANDE VERBENA amenizada pola orquestra anteriromente citada,
Á 1 da madrugada, Terceira Sesión de Fogos de Artificio.
Nota: Durante esta xornada , no Polideportivo, terán lugar varias probas deportivas.
DÍA 26, DÍA DO NENO
Patrocinado pola Caixa de Aforros da Coruña e Lugo.
Pola mañá, desfile polas nosas rúas de grupos rexionais infantíe e as maiorete infantís de Granaderos de Ferrol " del Caudillo".
A partires das 4 da tarde, na Praia do Chanto e Polideportivo GRANDE FESTIVAL INFANTIL, imprtantes premios en metálico, eleción de Raiña Inafntil, . pallasos internacionais, ventrilocuos, bebidas e golosías gratis para os nenos de Sárria e a súa Comarcsa. Ao memso tempo haberá unhas importantes sorpresas para todos os asisntentes.
A partires das 6 da tarde, na Rúa Diego Pazos, TERCEIRA GRANDE FESTA amenizada polas Orquestras Microns e Miramar.
A partires das 11 da noite, CUARTA GRANDE VERBENA coas mencionadas orquestras e no mesmo lugar.
Á 1 da madrugada, Cuarta Sesión de Fogos de Artificio.
DÍA 27.- DÍA DO PULPO
Pola mañá, Dianas e Alboradas, repenique de campás e desfile de agrupacións polas rúas da vila.
As maiortes de Montpellier desfilarán polas nosas rúas , acompañadas pola Banda de Tambores e Cornetas da OJE . Espectáculo patrocinado pola Caixa de Aforros da Coruña e Lugo,
A partires das 12 da mañá, degustación do polbo no Campo da Feira.
CUARTA E ÚLTIMA FESTA , dende as 5 da tarde , no Barrio da Estación, amenizada polas Orquestras Microns e Odisea.
A partir das 11 da noite. QUINTA E ÚLTIMA GRANDE VERBENA , no lugar anteriormente citado , e coas mencionaas Orquestras , coa que se dará fin ás festas patronais de San Xoán do ano 1976.
Darredor da 1 da madrugada Quinta e Última Sesión de Fogos de Artificio
RECINTOS FESTEIROS
CAMPO DA FEIRA.- PRAZA DO CONCELLO IGREXA DE SANTA MARIÑA- PRAZA DE XOÁN MARÍA LÓPEZ.- CAMPO DE DEPORTES DAS INSUAS.- PRAIA DO CHANTO.- POLIDEPORTIVO DO CHANTO.- RÚA DIEGO PAZOS.- BARRIO DA ESTACIÓN
**************************************************************************************
COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS
Presidente de Honra: D, Euxenio Quiroga Vázquez. Alcalde de Sárria. Presidente: D. Víctor López Villarabid. Vicepresidenta primeira: Dª Carmela González de López Vizcaíno. Vicepresidente Segundo. D. Antonio Peña Díaz. Segredario: D, Manuel Alvaredo Arias. Vicesegredario: D,Adolfo Álvarez Losada. Tesoureiro: Euxenio López Carrozas. Vicetesoureira: Srta, María Tereix Pedrero Santos. Contador: D. Euxenio López Prado. Contador Segundo: D. Pedro Quintana López. Contador Terceiro: D. Aurelio Seijas López. Contador Cuarto: D. Antonio López González. Sector Primeiro: Srta. Maruxa López Boadp. Srta. María Elena Yebra Cabarcos. D, Pedro López Fernández. D. Xosé Núñez Díaz.. D.. Pedro Rivas Barreal. Sector Segundo:: Srta, Nieves Rodríguez Gómez. Srta. María Amparo Pedrero Santos. Srta. Olga López Silvosa. D. Xosé Paz Fernández. D. Eloi Caldeiro López. D. Xosé López Quiroga. Sector Terceiro: Srta. María do Pilar Martín López. Srta. Mercé Pérez Pérez. Srta. Xulia Rodríguez Taboada. D. Xosé Manuel López Pérez. Sector Cuarto: D, Antonio López González. Srta. María Xesús Arias López.Srta. Aurora Baamonde Rodríguez. Sector Quinto: D. Xesús García Bernardo.D. Pedro González González, D. Manuel López Poy. Sector Sexto: Srta, Dorita Domínguez Rodríguez. D. Roberto Vázquez López. D. Eliseo González Armseto. D. Manuel Somoza González.
*************************************************************************************
LIBRO PROGRAMA ( 1976 )
Portada: Junio 1976. Sarria. Fiestas de San JUan. Deseño: Vista da vila , coas traseiras das casas da marxe esqueda da Rúa Maior , Torre de Santa Mariña e ao fondo o Monte da Meda. Contido: Programa Oficial de Festas, Salutación ( Euxenio Quiroga Vázquez, Alcalde de Sárria ). Ambulatorio da Seguridad Social. La Torre de Hércules y la fundación de La Coruña ( Fernando Serra Adroher ).- Comisión Oficial de Festas: Saluda ( Víctor López Villarabid ) Sarria y yo ( Bocelo ). Fiesta todo el año ( Salvador Castro ). Programación de Festexos.- Homenaxe a Euxenio López López.- Meigas e Trasgos. Banda de Tambores e Cornetas da OJE.- Sociedade A Unión.- Vista de Sárria.- Sárria, Su industria y su comercio ( Víctor Lópze Villarabid ). Carta a Ela ( Mario López Gay ). Conto do San Xoán ( Xaime Félix López Arias ).. Romance dos dous ríos sarrianos ( Fiz Vergara Vilariño ) . El Deporte ( Víctor López Villarabid ). Arrnxo treito final da Rúa Maior.
Edita: Imprensa Galicia, 100 páxinas, 60 anunciantes
*************************************************************************************
COLABORACIÓNS EN LÍNGUA GALEGA
CONTO DE SAN XOÁN
Xaime Félix López Arias
Unha das millores cousas das festas do San Xoán de Sárria é a queimada que se fai no campo da feira a carón da fogueira noitarega, entrementres os gaiteiros andan de foliada.
E eu quérovos contar o que lle pasou hai algúns anos a un que de alcume lle din Virafollas de Vilela , traballador cando lle peta, bon xogador de birisca e grande amigo de tabernas, cafés, bares, bodegas, mesóns, tendas de ultramarinos e de cantos sitios haxa onde a un cristián se lle vendan cousas de beber.
Como vos iba dicindo o Virafollas de Vilela é fillo do Liortas de Vilachá, casou cunha dos Mexiricas de Rosende e veu pra Sárria cando partiron.
O certo é que os ramistas daquil ano non tiveran moito tempo pra pidir e cando se decataron tiñan a augardente por buscar. Mal que ben, xuntaron dúas cántaras e na noite do vintetrés puxéronse a queimalas, pro ben sabían que non lles chegaban. E foi así.Como sempre que hai cousas de balde a xente botouse ó asalto escontra das perolas e se te vin non te vexo non deixaron pingotada. A xente, que é de bon conformar, puxose a mirar prá fogueira, a ver se tocaban zafarrancho outra vegada,
O Virafollas de Vilela que se quedara coas gañas díxolle ó Retorta dos Esqueredos que era ramista
- E non ha haber queimada pra un amigo ?
- Acabouse.... As perolas están que nin lambidas.....
-Pois se queredes gastar cartos eu sei onde haiia boa augardente.
- Estou....Dádeme unha garrafa e traio canta queirades.
Déronlla e volveu con ela chea. A xdentiña arrimouse ás èrolas e veña de cuncas hastra que volveron a baleiralas.
O presidente da comisión vendo contento a todo o mundo mandóu traguer máis augardenet e o Virafollas volveu Murallón abaixo e Murallón arriba co garrafón ó lombo.
Cando principiou a verbena a xenet nova foise marchando , un pouco enchispada que todo hai que diciclo, e soio quedaron os da comisión. o alcalde e unha seire de devotos agardando a ver se caía algo máis de vovilisivovilis. E nesto chegaron uns cantos señores e señoras de Lugo . moi ben traxeados, que leran no xornal do día que en Sárria había fogueira e , sobor de todo, queimada e querían ver de petto " algo tan peculiar y caretnte de falasas mixtificaciones" no dicir dun deles que falaba moito e ben se lle notaba que sabía pouco.
As oitenta gorxas veciñáis xa secaran as perolas e o Retorta dos Esqueiredos mandou outra volta ó Virafollas na percura da augardennet , pois mesmamente aquiles señores eran moi importantes e non podían quedar mal con iles , sobro de todo estando, como estaba , ali o señor alcalde , e il como ben mandado colleu de garrafa e veña pola encosta embaixo.
Pasou tempo dabondo. Os de Lugo veña a parolar e parolar , por como eran educados non perguntaban pola augardente como facían algúns cara de leite fervido que a berror se metían cos da comisión e dicían que valente cousa facían e que aquelo non era nin queimaa nin raios, que había que botarlle un limón , que a apagaran cedo....mais o que é marchar , non marchaba ningué,
Como o Virafollas tardaba moito baixou a buscalo o tesoureiro . que xa sabía que a traguía da taberna da Ponte Ribeira , e ó chegar á praza de riba das escaleiras grandes atopouno cunha dúcia mási , darredor dunha pota onde andaban a facer unha queimada.
-¡ Ai, lampantín ! Tí d efesta e nós agardando á augardente.
-. Xa se marchaba agora , ´- dixeron algús dos queimadores-.
- Eu como a costa é grande baleirei algo da carga para tomaremos forcias eu e máis o burro.
- ¿ Que burro ?
. O que teño no carro.
-¿ En que carro ?
-Nese que ten un pipote cheo de augardente.
E ali estaban o carro e o burro e no carro había unha barriac de douscentos litros.
-Fixéchela boa . ¡ E agora quen paga o pipote ?
- Non teñas medo hom que solo se paga o que se beba.
E arrincaron pola calle Maior enriba. ö ver o carro co pipote fíxose a desfeita da festa e todos foron detrás berrando e cantando; os gaiteiros que xa viñan de camiño pegaron volta e puxéronse diante tocando a muiñeira de Chantada e os da banada baixaron do palque e foron tamén na procisión.
¡ Aquil ano non houbo verbena !, Todo o mundo bebéu queiamda a fartar e o Virafollas hastra lla quixo da a probar ó burro. Os de Lugo dicían que nunca cousa igoal viran, Os da musica quixeron tocar " El Sitio de Zaragiza" e saliulles a "Cumparsita ". Un mozo de fo<ra tiróu os zapatosó lume e traballo lles custóu ós compañeiros convencelo de que non pasara descalzo de pé e perna riba das bfrasas. E veña a queimar augardente e o campo cheo de xente con cuncas, vasos e hastra había chuscos que mercaran un orinal pra ver se lles tocaba máis queimada.
Nas festas daquil ano houbo que tirar menos foguetes e pouco fallou pra que a comisión non se empeñara. A augardente correu a cachón e todos estiveron contentos.
- ¡ Ai, hom ! - dixéronlle os ramistas ó Virafollas -, e se a xente cando te viu pasar pola verbena coa barrica no carro non se ven outra vegada pró campo da feira ¿ pra que traguías tanta augardente ?
- Pra min, carafio, pra min , que xa me tiñades morto de sede con tanto subuir e baixar co garrafón ó lombo.
Xaime F. López Arias
**************************************************************************************
ROMANCE DOS DOUS RÍOS SARRIAOS
Fiz Vergara Vilariño
A Xosé Manuel Irimia
O "Sarria" camuña enmorde ( *) dende a serra deica o val e ó seu rente o Celeiro tamén pasa de vagar. Entrambos ríos sarrianos teñen un vieiro longal feito sobre o chan esgrevio do seu terrón secular., Un camiño verdecente no largasío touzal onde se pousan as brétemas ó morreren as seráns, Unha canle de terra viva na terra viva e lanzal labourada con amor no silencio fraternal, ¡ Ouh río Sárria, boi bravo, garuleiro, furacán...! ¡ Poltro salvaxe da serra sin nome pra te chamar !, ¡ Río Celeiro, mociño con fachenda de galán ! ¡ Compañeiro de xugada , xunguido ó vello pai !, ¡ Ouh ríos, antergos ríos, antergos como a soedá ! ¡ Cabalos de puro sangue gallopando polo val !, Tikitiki, tikitake , tikitake, tikitac - Paso firme , testa ergueita , camiño do longo mar.
De "Cativo romanceiro de Sárria e do seu val " 1ª Premio no IV certamen poético MEIGAS E TRASGOS.
Félix Vergara Vilariño.
( * ) Fiz Vergara neste Romance escribiu " río Oribio ", que foi unha denominación que diversas persoas residente na cidade de Lugo trataron de impoñer no período que vai de 1964 a 1980, esquecendo que dende o século VI, cando menos, o río que con fontes na Serra do Iribio, A Meda e A Albalea baixa até o río Neira, foi sempre coñecido como RIO SÁRRIA, e con esa denominación figura en toda a documentación medieval ( véxase no Tombo de Samos a denominación " Ripa Sárria ), nos mapas antigos, nos moitos documentos onde figura como " río de la Sárria " , e en todos os d icionarios xeográficos a partir do século XIX.
Fiz Vergara Vilariño, bebendo nas fontes de El Progreso, onde se deu acollida á pretendida suplantación deu credibilidade ao nome co que se pretendía deturpar a denominación tradicional e histórica. Eu fíxenlle notar o erro no que caira, e cando se lle fixo unha homenaxe en Sárria, con ocasión de publicar un folleto con poemas da súa autoría e fotos de Villarabid, deu enteira aprobación a que se correxise o erro, razón pola que agora tamén se pon aquí "Río Sárria", rexeitano a espúrea e indocumentada denominación que pretenderon impoñer xentes enteramente desocoñecedoras dos antecedentes documentais e históricos do hidrónimo consagrado secularmnte.
O río Sárria deu nome a unha terra, dous condados, un marquesado, varias parroquias e lugares, á vila de Sárria ( Vilanova de Sárria ),. a unha xurisdición, a mosteiros, a un concello, a un partido xudicial........ por iso , probada até a saciedade , a denominación correcta, todos os letreiros que na estrada de Pedrafita do Cebreiro a Palas de Rei, foron colocados , e ali permanece, no cruzamento do río nas pontes de Almirón, Samos, A Ponte Nova. A Ponte de Frollais, A Ponte Vella de Vilar de Sárria e A Ponte de Agreimonde-A Pobra de San Xiao, son letreiros de bon tamaño nos que se le RIO SÁRRIA.
( Xaime Félix López Arias )
************************************************************************************
ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESAPARECIDAS
Bancos e institucións de aforro na vila de Sárria: CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE LUGO.- BANCO DE BILBAO.- BANCO HISPANO AMERICANO.- CAIXA DE AFORROS MONTE DE PIEDADE DA CORUÑA E LUGO.- BANCO DE VIZCAYA.- BANCO PASTOR ( 1976 )
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario