SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1973 )
FESTAS PATRONAIS DO SAN XOÁN . SÁRRIA 1973.
PROGRAMA OFICIAL
23.- DÍA DAS FOGUEIRAS
Ás 5 da tarde. co campo de deportes "As Insuas" PROBAS DE ATLETISMO.
Ás 7 un repenique de campás, disparo de bombas e desfile do grupo de Gaiteiros "Meigas e Trasgos " e Banda Municipal de Música de Viveiro sinalarán o comezo das festas. Ao mesmo tempo xigantes e cabezudos farán as delicias da xente miuda.
Ás 12 da noite no Campo da Feira acenderase o tradicional LUME DE SAN XOHÁN a cuxo amor se celebrará unha QUEIMADA POPULAR. A Coral Polifónica de "Meigas e Trasgos" interpretará diversas cantigas da nosa terra.
De seguido, na Praza do Concello. PRIMEIRA VERBENA, amenizada pola orquestra " Show Miller".
Á unha da madrugada PRIMEIRA SESIÓN DE FOGOS ARTIFICIAIS.
24.- DÍA DO PATRÓN
Ás 9 da mañá, dianas e alboradas a cargo fo grupo de gaiteiros de "Meigas e Trasgos" e Banda de Música de Viveiro con desfile de xigantes e cabezudos.
Ás 11 MISA SOLEMNE CANTADA EN GALEGO pola Coral Polifónica de "Meigas e Trasgos" e de seguido Procisión do Santo, que percorrerá o itinerario acostumado.
Á 1 CONCERTO na Praza de D. Xoán María López.
ás 6 da tarde, no Estadio de "As Insuas", partido de fútbol entre os equipos de 3ª División Club Lemos e C.D. Lugo-
A partires das 7 GRANDE FESTA nas praza de D. Xoán María López e do Concello coas orquestras Versalles e Show Miller.
Ás 12 da noite SEGUNDA VERBEA nos lugares xa citados.
Á 1 da madrugada QUEIMA DE FOGOS DE ARTIFICIO
25,. DÍA DA COMARCA
Ás 9 da mañá comparsas, dianas e alboradas con pasarrúas a cargo do grupo de agiteiros de "Meigas e Trasgos" e da Banda de Tambores e Cprnetas da O.J.E. de Sárria.
Ás 11 da mañá sairán do Cruce da Estación os carros do pais engalanados , que tomarán parte no CARRETO . Na Praia do Chato serán entregados valiosos premios aos gañadores. De seguido actuarán os diferentes grupos de "Meigas e Trasgos".
Ás 2 da tarde no mesmo lugar CONCURSO DE EMPANADAS E MERENDAS CAMPESTRES
A partires das 5 da tarde ROMARÍA CAMPESTRE coa actuación eq Orquestra Luz Verde.
Ás 10 da noite na rúa Diego Pazow ( Cruce do Avenida ( TERCEIRA VERBEA coas Orquestras Versalles e Luz Verde.
26.- DÍA DO DEPORTE
Pola mañá haberá partidos de Baloncesto e Balonmán e outras competicións deportivas.
Ás 4 da tqrde proba de Mini-Cars na Avenida de Portomarín.
Ás 6 JINKANA MOTORÍSTICA no Campo de Deportes "As Insuas"
Á mesma hora FESTA POPULAR no Cruce da Estación, amenizada pola Orquestra Luz Vede.
A partires das 12 da noite CUARTA VERBENA no mesmo lugar e coa Orquestra Luz Verde.
27.- DÍA DO PULPO
Pola mañá desfiles de Xigantes e Cabezusdos , e no Campo da Feira actuación dos grupos de "Meigas e Trasgos" diante das casetas do pulpo como homenaxe ás pulpeiras e feirantes.
A partires das 6 da Tarde, na rúa Diego Pazos, FESTA coa Orquestrea Luz Verde.
Ás 12 da noite comezará a QUINTA E ÚLTIMA VERBENA no mesmo lugar e amenziada pola Orquestra citada anteriormente, e cunxa actuación poñerá broche final ás Festas Patronais do presente ano.
FESTIVAIS DAS NOSAS SOCIEDADES "LA UNIÓN" E " CASINO "
LA UNIÓN: Día 23: Verbena. Día 24.- A partires das 12 da mañá, Sesión Vermú. äs 19 horas: Té-Baile seguido de Grande Verbena. Día 25.- De 12 da mañá a 2 da tarde, Concerto. Ás 22:30: Cea Americana seguida de Grande Verbena Extraordinaria. Estes festivais estarán amenizados polso Conxuntos Los Players, Los Capri e Los Flavia.
CASINO: Día 28: Grande Verbena Extraordinaria , amenizada polo Conxunto Los Flavia.
COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS 1973
Presidente de Honra: D. Euxenio Quiroga Vázquez. Alcalde de Sárria. Presidente: D. Víctor López Villarabid- Vice-Presidente: D. Euxenio López Carrozas. Segredario: D. Matías Vila López. Vice-segredaria: Srta. María Teresa Pedrero Santos. Tesoureiro ; Don Euxenio Tesoureiro: D, Euxenio López Prado Vice-Tesoureira: Srta Conchita Páramo Fernández. Contadores. D. Xaime Félix López Arias, D. Fernando Vila López, D. Omar Vilela Díaz. Vogais: Srta. Esperanza Iglesias Vidal. Srta, María Xosé Tosar López, Srta, María Xesús Arias López. Srta María Xosé Pétez Perria, D. Xosé Ramón Arias López, D. Pedro López Fernández. Seción Folclórica: Dª Carmela González de L. Vizcaíno Dª María dos Anxos Landín de Viñas. Dª Elena Marcos de Gonzálex. Sección Deportiva: D. Antonio Peña Díaz, D. Manuel Rodríguez Díaz. D. Dimss González Loureiro.
LIBRO PROGRAMA
PORTADA: "San Juan. 1973. Fiestas Patronales. Sarria Junio 23-27 ( Rodim: Manuel Rodríguez Díaz-
CONTIDO. A Noite do Vintetrés ( Fiz Vergara Vilariño ).- Salutación: Euxenio Quiroga Vázquez. Alcalde de Sárria-- ¡ Gracias!!( Víctor López Villarabid). Comisión Oficial de Festas 1973.- Pequeno Pregós prás Festas do San Xohán de Sárria, por Manuel María.- Añorando otros advientos ( Mario López Gay ).- Saludo a Sárria ( Bocelo ),-. Sárria de Galicia / ¡La de los mil prados !(Xosé Luis Portela ).- Al pasar las hojas ( Xosé de Castro ).- ¿ Para cuando el nuevo plan de Tráfico ? ( Villarabid ).- Programa das Festas.- Cousas de onte. O vraneio non tivo a culpa ( Antonio Peña Guitián ).- El Deporte ( Víctor López Villarabid ).- Aquela sinfonía ( Xaime Félix López Arias ).- Esperanza ( Victor López Villarabid ) .- Tiempo de reoirdar ( A. Vázquez ).- Lacón de Sárria ( L.V. ).- Homenaje a la Fiesta Mayor de Sárria ( Fernando Serra Adroher ). . A la hora de cerrar este programa (V.L.V.)
TEXTOS EN GALEGO
A NOITE DO VINTETRÉS ( Fiz Vergara Vilariño )
PEQUENO PRÁS FESTAS DO SAN XOHÁN DE SÁRRIA 1973 ( Manuel María )
COUSAS DE ONTE.-O VRANEIO NON TIVO A CULPA ( Antonio Peña Guitián )
AQUELA SINFONIA ( Xaime Félix López Arias
UN ANUNCIO EN GALEGO
Almacén de Materiales de Construcción : Hijo de Demetrio Älvarez
É tempo de pintar, empapelar ou blanquear.- Unha chea de fermoos coloridos pra madeira, ferros, cociñas e fachadas.- Unha pintura pra cada cousa.-Milers de dibuxos en papeles prás habitaciós. Productos antihumedad.Estanterías metáñicas.Electrodomésticos. Poñémoslle a cociña. fregadeiro e muebles novos que non raxan. Failles ver ós que te veñen a ver que a casa está limpa. Informate en Fillo Demetri Álvarez-Xosé Anton ( hoxe Rúa do Progreso ). Lugo. Casa Fundada en 1890.
....................................................................................
TEXTOS EN GALEGO
A NOITE DO VINTETRÉS
F. VERGARA VILARIÑO
SOMENTES estiven unha vez nas festas do San Xoán. Lémbrome ben: Daquela cursaba cuarto no desaparecido colexio Rosalía de Castro.
A pesares de que aquil ano a comisión tivera que andar a brincos para poder arranxar o programa, houbera bastante boas festas. Non faltou a fogueira , rente ó castelo, nin tampouco a queimada. ¡ Dios que pelicana collera o Chelo coa queimada !. Eu non quixen probar a augardente porque non me iba ben prós nervios i ademáis quería botar un pé coa Sariña, anque despóis todo todo ficou en nada , pois xunteime con uxio e máis co Gómez e antre vaso e copa consumimos a noite do vintetrés. Non me lembro se a calle Maior estaba enfeitada coas típicas bombillas de colores porque, pra min, aquela noite, todas as luces eran verdes e supoño que tamén serían prós meus compañeiros pois, a verdá seña dita, non estaban menos mollados ca min. A orquesta tocaab e tocaba sin parar mentras nós seguiamos a visitar tascas. Baixamos á Ceguñeira,. Fomos á Estación. Levamos todo a feito como quen di. Eu nos sei como foi o remate da nosa andaina , Soio sei que despertei nunha aceira cando xa o sol solagaba todo o val. Deseguida collín e funme lavar ó Chanto-
Identificación de citas: Colexio Rosalía de Castro ( no segundo e terceiro andares dunha casa na rúa Calvo Sotrlo- hoxe Rúa da Liberdade )
"Chelo" : Carlos Díaz Losada, dos Fornos de Atrás ( "Cheliño" )
"Uxío ": Uxío López Prado , da Casa do Bosque ,no Castro dos Petos ( Vilar de Sárria )
"Gómez": Guillerne Gómez Muiña.
....................................................................................................................................................................
1973.PEQUENO PREGÓN PRÁS FESTAS DO SAN XOHÁN DE SÁRRIA
Por MANUEL MARÍA
SÁRRIA é unha das terras luguesas e galegas máis definidas e fermosas.Tamén das máis fértiles. A vila érguese no cume dun monte i esparéxese polo val. , No cume do monte está ben asentado o convento da Mercede, o torreón do castelo que xa non pon medo i a gracia románica da eirexa do Salvador . Un pouco máis abaixo álzase a torre da eirexa de Santa Mariña, lixeira e esguía como si lle quixera marcar o rumbo ás aves vagamundas . Na veiga , o rumor do río- ¿ SÁRRIA ( ou Oribio ) ?-, homilde, ledo e cantareiro , que sabe de cavadas e sementeiras , arrolando coa súa música doce e pequeniña, o arboredo que se espalla nas súas augas.
SÁRRIA é unha vila encorada no seu apsado que ten vontade de facer o seu porvir. Esto nótaselle no seu comercio, na súa indistria - algunha dela moi importante - e nas súas institucións o "Casino·, "La Unión" , tan popular, tan fondadamente afincada no vivir de Sárria i en "Meigas e Trasgos" , tan intelixentemente dirixida e que atnto leva feito pra erguer o nivrl cultiural da vila con escelentes resultados. Os compoñentes de "Meigas e Trasgos" entenden a cultura como ten que ser, algo concreto, enraizado nunha terra e nun tempo e non algo astrato, sin raigañas e sin unha base auténticamente popular, O esprito de Sárria está aberto ó mundo. Por algo a vila está ó pé do Camiño de Santiago que foi por onde entrou nas Hespañas na Edade Media , o esprito de Europa i a súa cultura. Según Alfredo Brañas en Sárria houbo unha importante escola poética aló polo século XIII. O nome do xograr Afonso Gómez ( * ) é dabondo siñificativo .Os versos do poeta sarriano , aínda nos días de oxe, firen como espiñas de toxo bravo e montesío. Dende Afonso Gómez deic don Francisco Vázquez Saco, pasando polos antecesores de frei Luis de Granada e do P. Sarmiento nas veciñas terras de Sámos, por Matías López e polo cronista Diego Pazos, hai unha chea de nomes ilustres que son o mellor espoñente do esprito destas xentes e destas terras, Que son a testemuña irrebatibel de como os sarrianos tiveron sempre aberta a súa sensibiliddade á beleza i a súa intelixencia ó saber.
SÁRRIA celebra dende vello as festas do San Xohán. A noite de San Xohán é unha, - por non decir á maís- , das noites máis misteriosas e e poéticas de todo ano. As fogueiras purificadoras érguense no cume dos montes . nos recodos dos camiños e nas encrucilladas das aldeas . O orballo da noitedo San Xohán ten virtudes máxicas - O resprandor das fogueiras cega os nosos ollos . O seu lume queima as morrallas do esprito- Entón é o intre xusto no que un ten pureza dabondo pra abrir o seu corazón á ledicia festeria. A ledicia é un don que é preciso ganar. Daquela as rapazas son máis fermosas i os mozos máis comprensivos e xenerosos. os homes feitos adeprenden a sorrir . os vellos sinten rexurdir a espranza i os nenos non paran de brincar . É entón deste xeito , cando a vida se fai maravillosa . Cando un sinte degoros de vivir. A musica acada toda a súa pureza i a súa linguaxe fálanos dun xdeito novo. Todo o povo de Sárria esquence, por uns días, a loita diaria contra a vida , pra ofrecer, , nestes primeiros días do vrau recén estrenado , noviño do trinque , a propios i a estranos, a súa cordial hospitalidade. Foi un peta desta terras , Félix Vergara Vilariño , o que escribiu estes versos:
¡ Ouh Sárria ! / bandeira de lecer / ergueita / / magnolia /que perfumas / a miña tristura / inefábel. / Pronunciar/ o teu nome/ / é decir: / xente sinxela, / val garimoso, /río solermiño..
Un poeta sempre ten razón Vide pois, meus amigos, ás festas do San Xohán .de Sárria- A paisaxe da vila e do val encherá de beleza os vosos olllos . A cordialidade i a simpatía dos sarrianos quedará sempre no voso afeto. A beleza das mociñas e das mulleres desta terra será un soño que soñaredes arreo. A ledicia das festas faravos compaña por moito tempo.Cecais para toda a vida.
.........................................................................................................................................................................
COUSAS DE ONTE. O VRANEIO NON TIVO A CULPA
ANTONIO PEÑA GUITIÁN
DOS TRABALLOS DO AGRO , había dous que se me daban ben: arar e gadañar; nos demáis , nin por eso acadar a perfeción. Meu pai, que por unha banda non me deixaba de chamar zarapallón , por outra dábame a saída pra librarme daquel aldraxamento.
A nosa casa fora, non sei xa dende que tempos, casa de cregos ; e houéraos de grande valer. pois acadaron sobresaíntes méritos no oficio."Non debería rematarse esta caste na casa" asegún o meu pai. E para darme alentos decíame que non había carreira como ela para estar gordos e brancos. Certo é que quizaves o que máis espranzas lle fixera maxinar ó proxenitor fose o que eu era xeralmente quen lle axudaba á nisa ao crego , quen levaba os faroles nas procesións ou enterros, quen repinicaba as campás nos días de preceito; todo iso parecía amostrar certa incrinación á Eirexa. Ademáis de tanto ouvilosm sabía eu de memoria e cantaba coma ninguén as ladaiñas das rogacións, o "dies irae" dos enterros , os responsos polos defuntos, etc.Igoal botaba un "Memento me Deus " que un "No recordeirs ", inda que o que mellor se me daba era o "Peccante" Tales mostras eran pois no pensamento de meu pai . sinal manifesta de vocación. E pra máis , il diciame cando tal cantaba, que o facía moi ben.
Pero.... a dicir verdade, a min non me chistaba poñerme tan cedo de loito,e non tendo atrevemento de respostarlle de súpeto que non, o que fixen foi pedirlle que me concedra un prazo para cavilalo.O papai, dando xa por feita a cousa, inda me alargou máis a man, pois foi o caso que, cadrando que ía ós baños da Cruña un veciño e mailos seus fillos. alo me mandou coeles, anque a cousa non era sen dúbida moi axeitada , xa que o trafego da cidadenon me deixaría ouvir dende as outuras a mensaxe de Deus,Poisben, eiquí me tedes mesturado con tales veciños preparando a viaxe despois de acabar os traballos do verán.
Pra que a molleira do mar aproveitase ben, o aconsellado era dar nove sesións , nin unha máis nin unha menos. E coa arela de aforrar que había entón nas aldeas, non se permitía gastar unha cadela inútile, polo que os vraneantes levaban pró porto todo o necesario pra tales nove días : ovos,manteiga, pataca, chourizos, touciño ; e hasta había quen levaba ... un feixe de leña seca, Logo, veña a meter todo no tren, e xa nos tedes na Cruña. Dun ano pra outro quedaba apalabrada a cass onde se ía a folgar. Nós , metémonos na calle Cordelería, non me acordo en que número.
Os meus fondos pró diverti,ento , viñan sendo unhas oito pesetasb por xunto. Eu tiña debezo de gastalas , fora como fora, pero nin eso puiden pois os meus compañeiros, de gastar...nin se falase. Os nosos baños eran unhas medoñenta molleiras na ourela do mar, ríndose un pouco das "catalinas" , as coales tiñan por "bikini" unha sábana envolvendo os seus coiros dende o èscozo aos calcaños e deitábanse no chan a espera que una ola viñese e as cobrira.
Despois de xantar, botabamos unha seta ata as cinco, e logo... a darlle ó zoco polas rúas ; Que á Torre, á Santa Margarida, ao Campo da Leña. Cando un barco de viaxeiros chegaba ao porto e non custaba a entrada pasabamos a tarde nel. E como no muelle había sempre catro ou cinco charlatás que baduaban as boas coalidais dos produtos que vendían e , xa que o ver aquelo non costaba ren, ali estabamos de pasmós, apretadiños darredor diles, o que era aproveitado polos "carteristas" pra facer das súas; a min mit´ mitáronme a pruma, Á tarde baixam veña a sentarse no Relleno ollando resiñadamnte como entrab a xente no Cine Alfonso ; pois os meus acompañantes nin entraban iles nin me deixaban facelo a min soio. Menos mal que polas notes nos desforrabamos algo ; xa que había en certo lugar un "cabaré" onde autuaban mulleres non vestidas precisamnte de catalina. Nosoutros viámolas dende a rúa, por un ventanuxo que o establecemento tiña para desfumar. Como estaba outo, había que subirse unhos enriba dos outros pra ollar aquelas orxías , pois somente contemprativa era a nosa aititude; pwero , descobeta atrampullada , pechou o dono o gachinelo e pra nós acabouse o espeitáculo.. En xeral, eu aburrinme moito naquelas vacaciós.
Aos nove días xustiños, voltamos todos, traguendo eu dalo de recordo un fato de cpras , das que vendían os cegos . Antre elas estaba unha moi de moda entón chamada "Mari Cruz", que despois cantei polas corredoiras e campos.
Temíalle eu á volta do vraneio : ben sabía que coela tiña tiña que dar unha resposta a meu pai. Precurei demorala todo o que puiden pero....non houbo máis remdio que decirllo: eu non sería crego.
No decirso de vinte ou trinta anos , estívolle botando a culpa ó vraneio na Cruña , que fora asegún il, o que lle cambeara ao neno a vocación, Ben sabe Deus que sentín contrariar o seu ben tencionado proieuto, Se o Vaticán II se tivera xa daquela celebrado, e vendo as novas leis que a Eirexa ditou... quen sabe; entón poidera ser que na miñla casa non se acabara a caste.
A.P.G.
...................................................................................................................................................................
AQUELA SINFONÍA
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
Resoan as pegadas de homildosos pelengrís na rúa vella . O mosteiro chantado como un fito de caridade fala E o castelo silandeiro e derrubado lembranza trai de loita e de irmandiños. .
¡ Ai aquela lonxana e bela sinfonía !
Sinfonía con ecoares de zanfona tanguida cecais por Afonso Gómez , vello xograr de Sárria , daqueles que .falaban de amor e amigo Sinfonía que agarda quen a escriba cos ventos eternos que fungan nos outeiros e as augas manseniñas, outrora torboentas , que labraron na serra agarimoso berce.
¡ Ai, quen soubera tecer tal sinfonía !
Ali estaría o marmurio de laudes e maitines de frades cos longos saiais dos agostiños , os tenros falares das doncelas nos castelos e a lenda dos sete infantes no preludio.
Pregos, amor e lenda....
Cabaleiros camiñando , un aturuxo de ¡ Ultreia ! nos seus labres como aquel fidalgo don Rodrigo Álvarez , terceiro conde desta vila , que fixo, no mosteiro de Loio , promesa da súa espada para adicala ao servizo do Camiño. Aquiles Cabaleiros de Santiago , milicia vixiante, fortes sons teceron naquela sinfonía . Xentes de terras lonxanas deixaron no póo das corgas destas veigas testemuña de fe e de verdade,
O seu rosmar de labres que rezaban ao seu rosmar engadeu unha cantata.
Sofrimento, morte e penitencia.
A vila non é maís que unha estación do viacrucis que ten o seu finar en Cmpostela.
"Nel río, al alba ¡ ai amigo ! lavar hei mia delgada e cervos todos del monte verranmela lavada"
Deste xeito calquer xograr de Sárria poidera cantar a beleza da dona dun castelo.
"Nós, todos fidalgos destas terras, diante de Deus que todo o pode, eiquí no Loio , Mosteiro no louvor da súa Nai , Santa María, prometemos sermos brazo defensor de todos os romeiros que en romaxe van a Compostela",
E no ar pendurada aquela espada foi cruz de vida para aquel conde terceiro,
¡ Ai , aquela e bela sinfonía !
¡ Quen podera ter vagar para escribila calquer día !
.............................................................................................................................................................................
PUBLICIDADE
........................................................................................................................................................................
ACTIVIDADES ACTIVAS EN 1973 - DESAPARECIDAS
No Libro-Programa das Festas do San Xoán de 1973 figuran diversas actividades económicas entón activas que co paso dos anos foron desaparecendo.
CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE LUGO, Rúa Diego Pazos , 20.
ALMACENS VIÑAS.- Rúa Calvo Sotelo, 92-94 ( hoxe Rúa da Liberdade )
MOBLERÍA " LOS ARGENTINOS" Rúa Diego Pazos, 36.
TALLER ELÉCTRICO "TOLEIRO ", Manuel Mondelo. Rúa Calvo Sotelo ( hoxe Rúa da Liberdade ).
TALLERES ELECTRICOS " SIERRA ". Rúa Pedro Saco.
LÓPEZ E RODRÍGUEZ. Fábrica de Mobles. As Insuas.
FERRETARÍA FILLOS DE LUIS DAGA, Rúa Diego Pazos, 11.
CAFÉ-BAR MADEIRA. Rúa Diego Pazos, 34
CLUB.CAFETARÍA- RESTAURANTE LITMAR ,VODAS, BANQUETES, COMUNIÓNS, Avda Calvo Sotelo ( hoxe Rúa da Liberdade ).
ULTRAMARINOS " MARUJA ".- Rúa Matías López, 63,
BAZAR GOYANES. Rúa Calvo Sotelo, 102. ( hoxe Rúa da Liberdade ).
LA FLOR DE SÁRRIA, Bebidas refrescantes, Fábrica de Gasosas. Xaime López,
SALA DE FESTAS "XUNTANZA" Cafetaría, Barra Americana, Mariscos, Vodas e Banquetes, Rúa Portomarín 6-8.
RADIO VÁZQUEZ, Radio.Televisión .Electrodomésticos. Rúa José Antonio, 25 ( hoxe Rúa Xela Arias )
ELOY RIVAS BARREAL , Camisaría, Paquetaría , Mercearía... Rúa Calvo Sotelo , 15 e 19 ( hoxe Rúa da Liberdade ).
MONCHO. Taller de reparacións e M. eléctricos. Rúa Formigueiros
MOXENAS. Taller Mecánico, Estación de Servizo, Rúa Matías López.
LABORATORIO RADIO ONDAS, Televisió. Electrodomesticos. Víctor López Villarabid, Rúa Matías López.45
CONSTRUCIÓNS CARLOS DÍAZ. Obras oficiais e particulares, Rúa Calvo Sotelo, 89 ( hoxe Rúa da Liberdade.
BANCO HISPANO AMERICANO.- Sucursal de Sárria.
FÁBRICA DE FERRAMENTAS E REMOLQUES . FILLOS DE SALVADOR TABOADA. Rúa Matías López, 106.
TINTORARÍA MOURÍN. Rúa Diego Pazos 9.
CAIXA DE AFORROS DA CORUÑA E LUGO.- Rúa Marquesa Casa López
CARNIZARÍA E CHARCUTARÍA MANUEL LÓPEZ. Rúa Calvo Sotelo 41 ( hoxe Rúa da Liberdade )
MOBLES LA FÁBRICA. Rúa Nova, 65, 67.69, 71 e 73. Rúa Matías López, 55-57
ALMACÉNS SANTIAGO ( Simeones ) Cruce da Ciguñeira.
ALMACÉNS JESA ,Tecidos e confecións. Calvo Sotelo, 96 ( hoxe Rúa da Liberdade )
FERROS CIPRIÁN.- Rúa do Porvir 17.
ALMACÉNS NUEVA YORK. Tecidos e confeción. Cruce da Estación.
RELOXOARÍA E XOIARÍA JAVIER. Rúa Diego Pazos, 18.
ALMACÉNS SAN JUJAN. Roupas confecionadas, Rúa Diego Pazos
CONSTRUCIÓNS LUIS PARGA RUBIANES. Rúa Matías López, 156.
CONSTRUCIÓNS FERNÁNDEZ. Rúa Matías López 152.
RADIO MONFORTE. Correspondente en Sárria. Eliseo Pérez.
BANCO PASTOR.- Rúa Calvo Sotelo ( hoxe Rúa da Liberdade )
MOBLES ALBÁN.- Rúa Matías Lópex , 41-43
LA BARRA.- Cafetaría-Restaurante Rúa Diego Pazos 51 ( mudou o nome a Cafetaría-Rsstaurante El Faro".
BANCO DE BILBAO.- Sucursal de Sárria.
PREFABRICADOS DE FORMIGÓN MANUEL GONZÁLEZ ZAERA , Rúa Formigueiros.
SUPERMERCADO GARCÍA. Rúa Diego Pazos , 47.
RICARDO GONZÁLEZ VÁZQUEZ. Taller Mecánico. Rúa Vicenzo Vázquez Queipo 15. Gran Vía , 16.
CAFÉ.BAR POTE, LUIS ARMESTO CATRO. Rúa Diego Pazos 13.
PACO LÓPEZ GARCÍA ,Tapizaría . Confeción de lonas. Rúa Benigno Quiroga, 21.
FÁBRICA DE TRESILLOS.TAPIZARÍA. FERNÁNDEZ. Rúa Marqués de Ugena, 19
MODESTO GONZÁLEZ VALCÁRCEL . Laminado plástico decorativo.
MERCEARÍA. TINTORARÍA OLGUITA. Rúa Calvo Sotelo, 135.
CONSTRUCIÓNS LÓPEZ E LÓPEZ. Barrio Novo
TALLER DE CHAPISTARÍA E PINTURA . ALFONSO MARTÍNZ ( Chapas ) Barrio Novo.Rúa Rías Baixas.
FONTANARÍA E CALEFACIÓN CENTRAL. ANTONIO LÓPEZ RODRIGUEZ ( Antonio da Ponte ) Rúa San Lázaro , 24 e Rúa Nova, 8.
MANOSA.MÁRMOLES DO NOROESTE SA: Pacios ( Farbán ).
Comentarios
Publicar un comentario