SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1982, 1983 )

                     FESTAS DO SAN XOÁND DE SÁRRIA ( 1982 )

                           PROGRAMA OFICIAL DAS FESTAS  

                                   DÍA 23. COMEZO DAS FESTAS

 Ás  6 da tarde, repenique de campás e o soar de palenque, anunciarán o comezo das Festas de San Xoán  de  1982. De seguido pasarrúas a cargo da Banda da Escola Muicipal de Musica de Sárria  e " Os Agarimos",  grupo rexional , acompañados de xigantes e cabezudos  perorrerán as rúas da vila.

Ás 7 da atrde  inauguración oficial da  II FEIRA EXPOSICIÓN , SAN XOÁN 1982,   presentes  os grupos rexionais  anteriormente citados  e os de Meigas e Ttrasgos CIT.

Ás 6 e media, no Pavillón  Polideportivo Municipal , Trofeu San Xoán de Baloncesto, entre os equipos  S:B. Sarriana. Breogán CB.

A partires das 10 e media  da noite no Alto da Mercé  GRANDE FOGUEIRA DE SAN XOÁN  seguida da QUEIMADA POPULAR , á que a comisión dos festexos  convida a sarriaos e forasteiros.

Ás 12 e media  Primeira Grande Verbena  que amenizará o grupo orquestral "Bahía " , na Praza de  Xoán María López.

A partires  das 11 e media  da noite  a Sociedade Casino , celebrará  baile de gala ,  amenizado pola orquestra "Amistades".

                           DÍA 24, FESTA DO PATRÓN                               

            Será adicao á Comarca  polo Comité da Feira Exposición San Xoán 1982,

Ás 9 da mañá, dianas e alboradas, repenique de campás  e desfile, polas rúas  da vila , dos xigantes e cabezudos , e o grupo rexional "Os Agarimos " e a Banda da Escola Municipal de Músi a de Sárria .

Ás 11 da mañá , MISA SOLEMNE   na Igrexa de Santa Mariña , cantada pola Coral Polifónica de Meigas  e Trasgos CITe a continuación a PROCISIÖN  que  percorrerá  o itinerario de costume.

 De seguido CONCERTO , na Praza de Xoán María López,  a cargo da Banda da Escola Municipal de Musica de Sárria  e á  mesma hora, actuación dos grupos de baile e musica de Meigas e Trasgos CIT , na Sociedade A Unión.

Darredor das 6 da tarde , farán a súa presentación  desfilando polas rúas da vila  para rematar no Campo das Insuas,as Majorettes  e musica  do grupo de Mont  de Marsán, de Francia.

Ás 6 e media,en As Insuas,  TROFEU SAN XOÁN DE FÚTBOL , disputándoo os equipos  SD Sarriana-Barco,, novo terceira división galego.

Pasadas as 7 da tarde  FESTA POPULAR  no Recinto Feiral ,  amenizada  polas Orquestras  "Gran Veracruz " e " Los Trovadores ".

A partires das 12 da  noite, no mesmo lugar e coas mesmas orquestras citadas anteriormente,

SEGUNDA GRANDE VERBENA.

Á 1, grande Sesión de Fogos  de artificio, a cargo da  pirotecnia Zapardiel de Monforte de Lemos.

A Sociedade A Unión  a partires das 7 da tarde , Asalto Baile , Ás 11 da noite , Verbena  Extraordinaria  a cargo da Orquestra " Luz Verde "

                                                    DÍA 25 ADICADO ÓS NENOS

                                       A Feira Exposición tamén adica  esta xornadas aos nenos.

Dende as primeiras horas da maña, desfilarán polas rúas  o quinteto "Os Agarimos" , os xigantes e cabezudos  e as Majorettes de Mont de Marsán co grupo de musica,

Ás 11 da mañá , no Pavillón Muicipal , organizado pola Comisión de Festas  e promoconado por BEgano SA, entrenamento de mino bólidos , e proba oficial , De seguido  Concurso de Pintura Infantil.

Ás 3 e media ta tarde, proxeccións  cienmatográficas  no "Cine Capitol" con entrada gratis. En todos estes actos patrocinados  polo concesionario  de Coca Cola,estarán presentes os grupos de Meigas e Trasgos CIT , ofrecendo varias intervencións musicais  e de danza nos intermedios.

Ás 5 da tarde,  IV Campionto de Billarda  a celebrar no Alto da Mercé  e con importantes premios de prata.

A partires das 6 da tarde , novo desfiles polas rúas da vila  das Majorettes francesas  e o seu grupo musical.

Ás 7, SEGUNDA GRANDE FESTA  no Recinto Feiral , amenizada pola Orquestra"Florida" e a Banda da Escola Municipal de Música  de Sárria.

Ás 12 ,   TERCEIRA GRANDE VERBENA no Recinto Feiral, amenizada pola Orquestra "Florida"

A Sociedade A Unión  celebrará este día  Grande Verbena de Gala  con Cea Americana , e a actuación das Orquestras  "Luz Verde " e "Los Almiarntes"

                                  DÍA 26 ,.  XORNADA REXIONAL

Adicada  pola organización da Feira Exposición  ás  Cámaras de Comercio  de Galicia e aos medios  informativos

Ás primeiras horaa da mañá, desfile do  quinteto "Os Agarimos "  e as Majorettes e  música  do grupo Mont de Marsán, de Francia.

Ás 4 da tarde, no Pavillón Polideportivo  municipal comezarán  24 horas de Fútbol Sala .

Ás 5 , último desfile das Majorettes  francesas polas rúas da vila.

Ás 7,  TERCEIRA GRANDE FESTA  no Recinto Feiral  amenizada polas  orquestras "Marbella"  e "Brasil",

A partires das 12  CUARTA GRANDE VERBENA  amenizada polas orquestras anteriormente citadas  e no mesmo recinto.

Ás 12,  Sesión de Fogos Acuáticos ., no Malecón do Río Sárria ,  a cargo de  Zapardiel. de Monforte de Lemos.

Este día  a partires das 3 e media  da tarde  no Campo de Tiro ( antiga  pranta de Corviam ) , celebrarase a  a tirada local  de tiro ao prato.

Durante toda a tarde  nas Pistas de Tenis  "Tachín" , terán lugar as finais  do torneo Trofeu San Xoán.

                                            DÍA 27  ,. FINAL DE FESTA

                      A Feira Exposición  adica a xornada aos Expositores

Dende as primeiras horas  da mañá, desfiles de Xigantes e Cabezudos  e o quinteto rexional "Os Agarimos"

Ás 12 e media  da mañá no "Cine Capitol" , patrocinado pola Caixa de Aforros de Galicia, actuará o grupo de teatro  "Antroido" e  con entrada gratuita.

Pola tarde, finalñ das "4 Horas de Fútbol Sala"

Ás 7 da tarde, Cuarta e  Última Festa  no Recinto Feiral, amenizada polas Orquestras  " Hispania" e " Los del Valle ,

Ás 12 , Quinta e ültima Verbena no mesmo lugar anteriormente citado  e coas mesmas orquestras , co  que se poñerá fin ás Festas Patronais  de San Xoán de 1982.

Este día,  desde as 10 e media,  terá lugar  a Tirada Aberta , das probas de Tiro ao Prato , Trofeu San Xoán,

                                         ESPACIOS FESTEIROS

PATIO DO COLEXIO FREI LUIS DE GRANADA..- PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DO CHANTO.- ALTO DA MERCÉ.- PRAZA  DE XOÁN MARÍA LÓPEZ.- CASINO DE SÁRRIA.- IGREXA DE SANTA MARIÑA.- CAMPO DE FÚTBOL DE AS INSUAS,. RECINTO FEIRAL ( PRAZA DE  GALICIA,. SOCIEDADE A UNIÓN.- CINE CAPITOL.-  MALECÓN DO RÍO SÁRRIA,. CAMPO DE TIRO  ( antiga planta de Corviam,  en Betote ).- PISTA DE TENIS DE TACHIN ( Vilar de Sárria )

Non se publicou a relación de compoñentes daComisión Oficial de Festas. Un Comité formado por empresarios foi o encargado de levar adiante a II FEIRA  EXPOSICIÓN, SAN XOÁN 1992..

                                                 FOLLETO COA PROGRAMACIÓN

Portada: Fiestas Patronales de San Juan.  Sarria JUnio 1982.  Vsta xeral de Sárria  tomada dende o Monte Pequeno , de Treilán.- Contido:Saludo del Alcalde ( Arturo Corral Guitián )..,. Galicia ten....( Carmela).. Pregón ( O Tamborileiro Municipal ),. Sárria anti<ga: O Río Sárria ..Programa das Festas.- Balance Deporti<vo (  Víctor López Villarabid ).

Edita: Imprensa Galicia. 16 páxinas, 3 anunciantes.

                                      COLABORACIÓNS EN GALEGO

                                               GALICIA TEN

                                                                    Carmela González Ruiz

Sárria ten unha vila /no seu corazón pousada ,/ deixouna alí unha moza / unha mañá de San Xoán / con meco de namorada; / ao mirala dixo ¡ Sárria ! /te chamarás por xeitosa,/ por meiga , por garimosa,/ tés airiños de muiñeira / nas carballeiras , nas chousas,//

Non sei quetés... ¿  que tés Sárria ? / non sei que tés... ¿ que tés tí ? /  soio sei que se te deixo /  axiña me quero vir,//

Son teus ríos, o teu val, /  teu  castelo ¿ou pode ser ? / o vento que moi baixiño / bícame con agarimo / decídome ¡ ai !  non sei que //

Cando veñas, forasteiro,  / cando pases por eiquí , /  ten coidado queridiño / as silveiras do camiño /  de amor podente ferir.//

Non sei que tés,..... ¿ que tés Sárria ? / non sei que tés ¿ que tés tí ? / soio sei que se te deixo /  axiña me quero vir //

                                             Carmela

**********************************************************************************+

                                                         PREGÓN

                                                                                       Xaime Félix López Arias

Aínda que mudemos de Alcalde /  segue o mesmo pregoeir,o /  pois toco o chifre de balde /  cobrando pouco diñeiro, //

Ano sí e ano tamén /  hai que pregoar as festas  / berrando con berros fortes  / pra espertar  até ás bestas,//

Hai moito xordo mal ceibe /  que prás festas non dá nada , / mais co primeiro foguete /  vai ecargar a empanada//

Co segundo ós convidados  / mete a manteis na  súa casa /  e logo vai presumindo / de ganchete coa Tomasa //

Sei de moitos que na vila / gastan de abondo fachenda /  e prás festas un pataco /  non soltan ¡ mal raio  os fenda ! //

Son de eses que preumen / de rumbosos  e arrogantes /  e polos feitos amosan /  cazar os ratos con gantes //.

¿  Que de novo van dicir  / pois xa teño todo dito ? / Son estas , festas maiores ,/ e das grandes pois repito //

Se queredes ve-los feitos / da vila traballadora /  pola "Feira-Exposición" / levai nenos  e señora. //

Ali de canto os sarriaos /  no ano fan con esforzo / nos días das grandes troulas / veredes con moito gozo.//

E de bailar, de beber , / de mantenza e mantimento /  pra ledicia do bandullo/  abonda cento por cento, //

Non chores, Marica, non, / cando remate a ruada / que pró aono Oitenta e Tres / teñen outra programada ,//

E eu se a paga me dan , / sexa en coñac ou en viño ,/ outro pregón hei botar  / con moito aquel / e moi fino.//

Vila vella, vila vella, / Sárria dos nosos pesares  / polos rabeiros  de Xuño / ten ledicia por mares. //

Vila nova, vila nova, /  Sárria dos nosos amores , / brincan os corazóns ledos / con cantar de reiseñores, //

Facédelle caso, amigos, / ás palabras do pregón ,/ cantar, comer e brincar /  fan vivir moito millor. //

Sárria ten abertos brazos / pra os de dentro e os de fora ,/  benvidos sexan uns e outros / ben vidos en boa hora, //

¡Viva Sárria ! ¡ Viva Sárria / e o seu gracioso San Xoán / ¡ Viva esa noite famosa  / na que as rosas se desfán, //

                                                                O Tamborileiro Municipal.

***********************************************************************************  

DISCO CRISTAL PUB.- Rúa Calvo Sotelo ( Cruce do Toleiro ) / Rúa da Liberdade.

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA . Rúa Marquesa Casa López.

O CEMENTO GALEGO OURAL

********************************************************************************

                               FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1983  )

                               PROGRAMA OFICIAL DE FESTAS

                                                          DÍA 23

A partires das 6 e media da tarde, co repenique de cmpás, soar de bombas de palenque  e o desfile polas rúas  da vila da Banda  da Escola Muncipal de Musica  de Sárria e o grupo rexional " Os Agarimos", con xigantes e cabezudos , darán comezo as festas  patronais  de San Xoán, de 1983.

Ás 7 e media da tarde , inauguración ofiicial da III  FEIRA-EXPOSICIÓN SAN XOÁN, 83, con asistencia  de autoridades rexionais,provinciais e locais , os grupos musicais  antes citados  e os de Meigas e Trasgos CIT.

A est a mesma hora  quedará tamén inaugirada  a I FEIRA FILATÉLICA  E NUMISMÁTICA  nos locais da Caixa de Aforros de Galicia, organizada por Meigas e Trasgos.

Ás 8 e media , no Pavillón Polideportivo Municipal, disputarase  o Trofeu San Xoán de Baloncesto, entre os equipos CB  Sárria -La Cruz - Estudiantes-Valentino.,  de Lugo.

A partires das 10 e media da noite, no Alto da Mercé GRANDE FOGUEIRA SE SAN XOÁN  seguida da QUEIMADA POPULAR  á que convida a Comisión  de Festexos  a sarriaos e forasteiros.

Ás 12 e media  PRIMEIRA GRANDE VERBENA  co grupo orquestra " Los Navegantes "  , na Praza de Xoán María López.

                                            DÍA 24. DÍA DO PATRÓN

Ás 9 da mañá, dianas e alboradas,  repenique de campás e desfile de xigantes e cabezudos , Os Agrarimos e a Banda da Escola Muncipal de Musica de Sárria polas rúas da vila.

Ás 11. MISA SOLEMNE na Igrexa de Santa Mariña , cantada pola Coral  de Meigas e Trasgos CIT , seguida da PROCISIÓN  que percorrerá  o itinerario de costume.

De seguido CONCERTO na Praza de Xoán María López  a cargo da Banda da Escola Municipal de Musica de Sárria , e á mesma hora , nos Xardíns da Unión , actuación dos grupos de Meigas e Trasgos CIT.

Ás 6 e media da tarde en As Insuas , disputarase o XVI  Trofeu San Xoán de Fútbol, entre os equipos  SD Sarriana - Ponferradina. de Terceira División.

Pasadas as 7 da tarde  FESTA POPULAR no Recinto Feiral , amenizada polas Orquestras  Melodía e Finisterre.

A partires das 12 da noite, no lugar anteriromente citado e as mesmas orquestras  SEGUNDA GRANDE VERBENA ,´

Á   1, grande sesión  de fogos de artificio , a cargo da pirotecnia Zapardiel de Monforte-

Na Sociedade A Unión  a partires da 1 e media  haberá Sesión Vermú, Asalto--Baile ás  8 e media  r drnfer as 12  da noite Gran Verbena coas orquestras QUeimada e Los Trovadores.

A Sociedade Casino celebrará igoalmente  o seu extraordinario Baile  de Gala , coa orquestra "Amistad".

                                                   DÍA 25

                 A Feira Exposición adica este día ás Cámaras de Comercio de Galicia 

Ás 9 da mañá,dianas e alboradas , con repenique de campás  e desfi<le  polas rúas da vila  da comparsa de xigantes e cabezudos , Os Agarimos e a Banda da Escola Muncipal de Música de Sárria.

Ás 10 da mañá,  comezará na Agra de Padriñán  a tirada ao prato , de categoría comarcal.

Ás 12 e media, CONCERTO  no Recinto Festeiro,  a cargo da Banda da Escola Municipal de Musica.

Ás 4 da tarde,  darán comezo  no Pavillón Polideportivo  Municipal   as  24 Horas de Fútbol Sala.

Ás 5 da tarde  , no recinto festeiro (Agrupación Escolar ) actuación das Marionetas  "Trécula " de Santiago de Compostela , patrocinada pola  Aula de Cultura  da Caixa de Aforros de Galicia,

Ás 7,  SEGUNDA GRANDE FESTA  no Recinto Feiral, a cargo das Orquest ras Saratoga e  Super Star

A partires das 12,  TERCEIRA GRANDE VERBENA  coas orquestras antes citadas e o grupo folc "Limiar".

Tamén ás 12, no Malecón do Río Sárria,  SESIÓN DE FOGOS ACUÁTICOS. a cargo de Zapardiel de Monfortr.

A Sociedade A Unión  celebrará este día  grande Verbena de Gala , con Cea Americana  e actuación das  orquestras Queimada e Los Trovadores.

                                                               DÍA 26

              Adicado  pola organización da Feira Exposición  aos medios infotmativos e  nenos

Ás 9  da mañá,  dianas e alboradas,  con desfile de xigantes e cabezudos  e as agrupacións dos días anteriores.

Ás  10, no Campo de Tiro " Agra de Padriñán " dará comezo o Trofeu San Xoán, de Tiro ao Prato, con grandes permios e categoría rexional.

Tamén ás 10 da mañá, comezará no Malecón do Río Sárria, para percorrer  varias rúas  da vila  para chegar ao Chanto, a Grande Jinkana Automolista  San Xoán 83.

Ás 12 e media,CONCERTO  no Recinto Feiral, a cargo das Banda da Escola Municipal de Música.

Pola atrde,  final das  24 Horas de Fútbol Sala.

Ás 7 da tarde,  final do Trofeu de Tenis , III Camionato San Xoán, disputado nas Pistas Tachín,

Ás 7 e media, clausura por parte de Meigas e Trasgos CIT  da I Feira de Filatelia e Numismática e inauguración  por esta mesma entidade  da Exposición de Pintura  da artista Mary  Guevara, nos memsmos locais , Sala da Caixa de Aforros de Galicia.

Ás 7 e media,  TERCEIRA GRANDE FESTA  amenizada  polas orquestras Kaiser  e Saratoga.

A partires das 12 da noite, CUARTA GRANDE VERBENA  coas orquestras denantes citadas.

Na Sociedade A Unión, a partires das 8 da tarde, a Banda da Escola Muncipal de Musica , ofrecerá un Concerto.

                                                             DÍA 27 

A Feira Exposición  adiccará a  Xornada sos Expositores  e Confederación Empresariala 

 Dende as primeiras horas da mañá , desfile polas rúas  da vila de xigantes e cabezudos, e o quinteto rexional "Os Agarimos".

A partires das 11 da mañá,  no Pavillón Polideportivo Muncipal,  organizado pola Comisión de Festas e patrocinado por Coca Cola, probas de Mini Bólidos.

Ás 5 da tarde, proxecións cinematográficas  no Colexio Nacional de EXB

A partires das 7 da tarde,  CUARTA E ÚLTIMA FESTA  actuando as orquestras Sonora Tropical e o espectáculo musical Disco Show,

Ás 12 da noite,QUINTA E ÚLTIMA VERBENA coas orquestras citadas anteriormente, co que quedarán clausuradas  as festas patronais  de SAN XOÁN , de Sárria, de 1983.

Tamén , neste día  será clausurada a III Feira  Exposición San Xoán  83.

                                         ESPACIOS FESTEIROS

PATIO DO COLEXIO FREI LUIS DE GRANADA.-  SALA DE EXPOSICIÓNS DE CAIXA GALICIA.- PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DO CHANTO.- ALTO DA MERCÉ.- PRAZA XOÁN MARÍA LÓPEZ.- IGREXA DE SANTA MARIÑA.-  SOCIEDADE A UNIÓN. SOCIEDADE CASINO.-  CAMPO DE FÚBOL DAS INSUAS.- RECINTO FEIRAL ( PRAZA DE GALICIA.).- AGRA DE PADRIÑÁN ( parroquia de Santa María de Vilar ).- SALÓN DO COLEXIO FREI LUIS DE GRANADA,. MALECÓN DO RÍO SÁRRIA.- PARQUE DO CHANTO.-

************************************************************************************

                                      COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS

(  O  Folleto-Programa non recolleu a relación de compoñentes  da Comisión das Festas

************************************************************************************** 

                                            FOLLETO PROGRAMA

Portadas U Sárria, Debuxo: Un mozo do bombo no que se le Fiestas Patronales de San Juan 1983. 23-27 de Junio.  Saludo del Alcalde ( Arturo Corral Guitián ).- Pregón. O Tamborileiro Municipal ( Xaime Félix López Arias ).- Sárria antigua ( imaxes de Afonso XIII na Madalena e Campo de Aviación da Cha de Santa Marta ).-  Programación dos Fetexos.- Balance Deportico ( Víctor López Villarabid ).

Edita: Imprensa Galicia. 16 páxinas. 5 anunciantes.

*************************************************************************************

                               COLABORACIÓNS EN GALEGO

                                           PREGÓN

                                                                                  Xaime Félix López Arias

Pregoeiro do  pregón / que tódolos anos vai, / quero falarvos das fFstas /  que nesta vila vos hai // 

Son festas  , ¡ e vaia festas ! /  de  bombas de sete estalos, / que sirvn pra festexar / mortes de inocentes galos / mercados aló no Vinte /  e en salsa ben afogados. //

Se queredes ver pasear /  a moita xente mangante /  facendo a súa dixestión / andarán por Vilasante, //

Ali hai Feira Exposición /  e chigres e tenderetes. /  alegres sons dos gaiteiros / e estoupar de foguetes.//

Son festas, / ¡ e vaia festas ! / para os bons e para os maos ,/  que sirven pra festexar / morte de inocentes años.//

Se queredes ver brincar /  á moi leda garulaxe /  pra aló da Ponte Ribeira  / levade esquelete e traxe .//

Salsa , rock e quintagaita  / metidas nun mesmo cesto /  permitirá....achegarse / ¡ pois din que o importate é,,,,está ! //

Hai fútbol e baloncesto ,/  carreiras  ¡ e non hai touros ! /  máis non teñades vós pena /  que non han faltar bons cornos ,//

De seguro hai ocasións /  en calquera de estes días /  pra darlle quentura ós corpos /  despois da longa invernía, //

Son festas , ¡ e vaia festas ! / de antiga devoción ,/  dende vello tivo o Santo  / a nota de que era bon.//

Mirádeo ben, rapaciños, /  non todo vos é bailar / ó San Xoanciño de Sárria / algo lle haberá que rezar  / e pedídelle todos xuntos /  que nos faga cavilar / o xeito de que os cartiños /  se poñan a traballar /  e que a pantasma do paro /  non veña eiquí aniñar / e se abran moitas portas... / ¡ Non todo vai ser pechar ! //

E eu coma bon pregoeiro.  / pois son de bon conformar / para o remate da festa / ben forte hei aturuxar,//

"¡ Vivan as xentes da vila  / e tamén as da aledea  ! / ¡ Vivan os corazós ledos  / de toda a xente galega ! "

                                                                           O Tamborileiro Municipal

*********************************************************************************

                                             PUBLICIDADE   NO FOLLETO

 DISCO  CRISTAL PUB. Cafetería. Discoteca, Restaurante . Calvo Sotelo / Rúa da Liberdade

 MADERAS ISIDRO EMILIO DÍAZ BALBOA Gran Vía Alfonso IX 5-7

CONSTRUCCIONES VÁZQUEZ Y BELON S.L.   Rúa Riosol

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA . Rúa Marquesa Casa López 4-

OURAL O CEMENTO , O Oural.Sárria ( Lugo )

*************************************************************************************

         RETESÍA DO  " ANÓNIMO DO PEDREGAL" E O TAMBORILEIRO MUNICIPAL

O día 23  coñecido o pregón versificado contido no Libro-Programa das Festas do San Xoán o " Anónimo do Pedregal   publicóu unha folla solta  cun poema de dazasís versos  no que  atacóu  o publicado polo Tamborileiro Muncipal.

            Dixo o Tamborileiro: .....

 "Se queredes ver  pasear / a moita xente mangante , / facendo a súa dixestión /  andarán  por  Vilasante... "

             Picado de honra  nese mesmo día 23  o "Anónimo do Pedregal"  botóu á rúa  un pasquín  co seguinte texto :

"  ¿ Oesme tí, porcallán ? / Poetastriño insultante , / Pregoeiro do San Xoán , / ¿ Quen pasea Vilasante ? ;  / Xente toda moi decente, /  formal e traballadora , / uns currantes do  presente, / outros currantes de outrora . / Literato principiante , / poetiso do carallo, / eu tamén estóu no allo /  e non son ningún mangante , así que haxa un respeto./  ¿ Que che parece rapaz  ? / Se temola festa en paz / será máis sano  e correcto ".

 De mañán cedo, o Día do Padrón, 24 de xuño o "Tamborileiro Municipal " deulle resposta  con décimas que remataban con cada un dos   versos    do " Anónimo"  :

" Un vate non nominado / ataca ao Tamborileiro / e eu cativo e enteiro  / descoñezo o meu pecado  ; triste de min  ¡ malpocado !, / con vella pruma na man , /  os versos que me desfán / quixera  eu refacer /  nunha mañán de lecer , / ¿ "Oesme tí, porcallán ? ".

" Eu son limpo como a prata / e honrado a carta cabal  / e non me parece mal /  que outros metan a pata ,/  pois o cuspe nunca mata  / e como eu son mangante, / coa ialma ceibe e paseante , / aínda que o sinta no fondo, / eu a tí non che respomdo / poetastriño insultante" /

"  Son eu pobre pregoeiro, / nado fun mestre de escola, /  con bon senso de parola  / sexa de fala ou tinteiro /  Nunca fun langureteiro, / vivo namáis no verán,/ non teño verbas de can  / e teño por grande honor /  ser ben pago e con amor / "Pregoeiro do San Xoán" /.

" Non hei eu facer batalla , / pois veño de boa xente , / por máis que finques o dente  / son vento e fume de palla. / O demo que todo argalla / fixo de tí un arrogante , e meténdote a xigante ,/ en moi cativo papel /  preguntas, cara de mel, /  " Quen pasea Vilasante ? " /.

" Xofre, solimán  e noxo  / das túas verbas destilas  / e con banas aniquilas / espiñas de fero toxo . / Non quero teimas de coxo /  e sei quen é boa xente  / por máis que arregañe o dente , / a cantos me coñeceron  / e o seu aprauso me deron  / "xente toda moi decente" /

"Sobrado estás de decencia, /  de educación por ferrados; / e teño os beizos pechados, / se me din unha indecencia. / Sempre coidéi imprudencia / falar de ametralladora , / antes e tamén agora  / levéi un xeito de vida  / aberta e moi ben sentida , " formal e traballadora", /

"Polas festas do San Xoán  / de mangante tamén fago / e co meu bandullo vago/ vou camiño de Fafián , / como os outros que ali van, / e aínda que eu non o mente, /   son coa gula clemente : / e pois de traballador  te alabas  / a panza ben ocultabas / " a currantes do presente" /.

" ¿ Que se me dá, meu fistor, / que brinquen, corran ou salten, / apreixen, abracen, palpen  / ou biquen a un señor, / amosando fera dor  / quen viron xa outra aurotra / e gastan cachaba agora,  / se eu as festas cantéi / e fixen o que era lei, / " doutros currantes outrora" /.

" Non son novel nin navato, / a miña pruma xa é vella , / non escribo con chavella / nin cans con chourizos ato,/ Non son nin parvo nin fato, / eu son das Letras amante, / non exerzo de moinante / e non desprezo me chamen, aínda que me cuspan e baben, / "literato principiante" /.

"Estóu de volta de insultos / e non devolvo os esgarros / Ao cuá-cuá  de moitos parros  / doulle de balde os indultos / e teño por moi incultos /  aos que falan como escallo ./ Trabucácheste  de mallo : / Daréi voces ao tuntún : Ë-lo tí eu non o fun ,/ "poetiso do carallo".

"Tíldasme de poetastro / e eu agradezo o cumprido  / pois eu  co meu bon sentido /  nunca me nomeéi de astro ./ De primeiro no Cadastro / e dando ben pouco o callo  / pola  túa  face de almallo / téñote por recoñecido  /  por poeta consentido: / "Eu tamén estóu no allo". /

" No allo estás  e mal pensas /  e falo con desimulo, / pois semella  falso pulo, / polo mal que repenicas , / e vexo no que me expricas , / ¡ non hai cousa que me espante ! / que o teu non é o cante . / Eu dende hai anos escribo / aínda que de escribir non vivo: " e non son ningún mangante", /

" Todos  pidéchedes velo:  /   Era un humilde pregón . / Non sei se era mao ou bon, / pois eus sigo a Pousa Antelo . / Nunca en botalo recelo  /  e co mundo non me meto / e pose tí nun espeto /  con ganas de me queimar / Eu son de bon conformar  / " así que haxa un respeto"./

" Ou eu non sei escribir, /  ou ti non me sabes ler. / É doado comprender  o que agora vou dicir  / sen voltar a repetir: / Falo  como eu sei e praz,  /  son da xentiña fugaz  / ¿ Para que , latricacadelos , / cravas  en min teis coitelos  ? / "Que che parece , rapaz  ? "./

" Só existo no papel , /  com bon Municipal. / Retira o teu adibal , / que non me pillas con mel / e axiña esquezo o teu fel. / Polas falas, meu rapaz, / vexo de todo es capar . / a xulgar pola túa guerra  : / ¡ Bebe de viño unha xerra," se témo.la festa en paz ! " /

" Paseia quen o desexa , / e xa que comigo te metes / con dourados alfinetes,  /  denantes que se remexa  / o caldo  ou eu me vexa / en pretérito imperfecto ,/ pois  que ti es xa tan recto  / que  che deixe do pregón / testemuño e doce son  " será máis sano e correcto " /.

Agora  nesta resposta , / moi donda para un principiante , / foiseme o folgo  e o aguante , /  fíxome a vida encosta , / e ninguén por ela aposta  / e morreréi deste mal./  Preparade corda e cal , / morréu o Tamborileiro /  meu enterro verdadeiro , /  López Arias, vai nun real."

                    ( Trascrición do dito por un amigo do Tamborileiro Municipal  )




Comentarios

Publicacións populares