SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1977 )

                              FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1977 )                    

                                   PROGRAMA OFICIAL DE FESTAS

                                  DIA 23.DÍA DA QUEIMADA

Ás 4 da tarde.FUTBITO. : Comisión Festas A-   OJE A ;  Comisión Festas B- Val Sárria b

Ás 8 da tarde.-Bombas de palenque anunciarán o comezo das Festas Patronais.De seguido desfilarán polas rúas da Vila, a BANDA MUNICIPAL DE SOBER, os grupos folclórico de Meigas e Trasdos  CIT , Xigantes e Cabezudos.

10 da noite,  GRANDE FOGUEIRA DE SAN XOÁN no Campo da Feira, á mesma hora e no citado recinto, a Comisión de Festas convida  aos sarriaos e forasteiros  a degustaren a típica    QUEIMADA , patrocinada por Sdegas OURO de Ribadavia.

Na Praza do Concello dará comezo a primeira  GRANDE VERBENA  a cargo da Orquestra Show Gales de Pontevedra.

1 da madrugada.-Primeira sesión de fogos artificiais.

Apertura da  EXPOSICIÓN DE CERÁMICA POPULAR , organizada pola  Agrupación Cultural "Ergueitos" Estrada de Samos: "Edificio El Puente"

Aperura da III Mostra de Antigüidades e Artesanía , organzada por Meigas e Trasgos CIT  en colaboración coa Caixa  de Aforros da Coruña e Lugo. Rúa Marquesa Casa López 4,

                                        DÍA 24. DÍA DO PATRÓN

Ás 9 da mañá.- Dianas e alboradas , repenique de campás  e desfile polas rúasda Vila da Banda Municipal de Sober  e Grupos de Meigas e Trasgos CIT.

11 da mañá.- MISA SOLEMNE  cantada pola Coral Polifónica de Meigas e Trasgos seguida da procisión  que percorrerá o itinerario de costume.

De seguido CONCERTO na Praza de Xoán María López  a  argo da Orquestra Internacional Barcelona e  a Banda Municipal de Sober.

12 da mañá: FUTBITO:  Val Sárria a  -  Rayo Monforte.   Calasancio-OJE de Sárria  B

6 da tarde.- TROFEU SAN XOÁN DE FÚTBOL  entre os equipos CD Coruña  e CD Lugo-

7 da tarde.- GRANDE FESTA POPULAR  amenizada polas Orquestras Barcelona  e Show Gales , na Praza Xoán María López e Praza do Concello.

12 da noite GRANDE VERBENA  amenizada polas Orquestras antes citadas , nas mesmas Prazas.

1:30 da madrugada.- GRANDE SESIÓN DE FOGOS ARTIFICIAIS patrocinada  por "Bodegas Franco Españolas"

Nota: As sociedades A Unió  e O Casino celebrarán os seus tradicionais bailes,

                                 DÍA 25 . DÍA DA CULTURA POPULAR GALEGA

Pola mañá .- Dianas e Alboradas,  a continuación desfile das agrupacións Faíscas do Xiabre e  Froito Novo.

12:30 da mañá, para ledicia  e grandes e neos , na Praia do Chanto Teatro de bonecos do Carballiño .

1:30 da tarde.- GRANDE SARDIÑADA DE IRMANDADE  , convite da Comisión de Festas  a todos os sarriaos e forasteiros , patrocinada pola Peixaría JOSÉ LUIS  da Praza de Abastos. Coa  actuación dos grupos de gaitas  Faíscas do Xiabre de Catoira e  Froito Novo de Melide.

4:30 da  tarde RECITAL:  Antón e o seu boneco Facundo . Faíscas do Xiabre  Pilocha  ( Movemento popular Galego ) , Xosé Manuel. Suso Vaamonde.

6 da tarde.- Trofeu San Xoán de Fútbol entre os equipos SD Sarriana-Club Lemos.

7 da tarde.-GRANDE FESTA   amenizada polas Orquestras Luz Verde  e Show Gales , no Cruce da Estación.

12 da noite.- EXTRAORDINARIA VERBENA  no lugar  antes citado  e amenizada polas mesmas  Orquestras.

1 da madrugada.- Grande sesión de fogos de artificio

                                                    DÍA 26. DÍA DA BISBARRA         

Pola mañá, Desfile da  Banda  Municipal de Sober e Grupos de Meigas e Trasgos CIT

12 da mañá-.- FUTBITO.  Final do Camionato  e reparto de premios  aos equipos contendentes.

1 da  tarde  CONCERTO  na Rúa Diego Pazos  a cargo das Orquestras  Luz Verde e Nueva Banda , e no intermedio, Baile Rexional Galego polo grupo de Baile e Danza  de Meigas e Trasgos CIT

4 da atrde.- Campionato de Billarda, con Coelxio Nacional Frei Luis de Granada  con grandes premios en metálico.

6 da tarde.- Trofeu San Xoán de Fútbol enter dúas Selecións,  Vellas Glorias do Fútbol Nacional. Ao remate do partido  seranlles entregadas aos  compoñenets  das selecións  senllas  Medallas de Prata Conmemorativas , obsequio das Bodegas Marqués de Monistrol.

7 da tarde.- Na Rúa Diego Pazos  GRANDE FESTA POPULAR amenizada polas Orquestras  Luz Verde e Nueva Banda.

12 da noite:  Última GRANDE VERBENA  das festas do San Xoán coas mencionadas Orquestras.

1 da madrugada.- Última sesióm de fogos de artificio.

                                      ESPAZOS FESTEIROS

CAMPO DA FEIRA.- PRAZA DO CONCELLO.- PRAZA XOÁN MARÍA LÓPEZ.- PRAIA DO CHANTO.- CRUCE DA ESTACIÓN.- CAMPO DE DEPORTES DAS INSUAS. A UNIÓ.O CASINO

******************************************************************************************

                          COMISIÓN OFICIAL DE  FESTAS ( 1977 )

Presidente de honra: D. Euxenio Quiroga Vázquez.Alcalde de Sárria.  Presidente: D. Xosé Luis Loureiro López. Vicepresidente primeiro:  D, Eliseo González Armesto.  Vicepersdente  segundo: D, Adolfo Alvaredo Arias. Segredario: D. Xosé Manuel López Pérez. Vicesegredario>D. Farncisco López López. Tesoureiro: D. Xosé María Paz Fernández.  Vicetesouteira: rta. Mª Amparo Pedrero Santos.  Contadora: Srta. María Amparo Pedrero Santos.  Contadora segunda  :Mª Elena Yebra Cabarcos.  Contadora terceira: Srta, María Xesús  Arias López. Contadora cuarta: Maruxa López Boado< Vogais: Srta. María do Pialr Martín López, Srta. Mercé Pérez Pérez, Srta, Sabela Neira Cachorreiro. Srta. Lupe Díaz López, D. Manuel Loureiro López. Corodenador: Aurelio Seijas López. Conceleliro Delegado: Víctor López Villarabid.

***************************************************************************************

                 LIBRO PROGRAMA DAS FESTAS DO SAN XOÁN ( 1977 )

 Portada: Sárria. Fiestas de San Juan Junio 1977. Fotografía: Vista parcialda vila dende o alto do Campo da Feira. Contido: Comisión Oficial de Festas.-Salutación ( Euxenio Quiriga Vázquez, Alcalde de Sárria ).- El Deporte Sarriano ( Villarabid ).- Antonio Díaz Fuentes , deputado a Cortes.- Un esperado plan ( Villarabid ).  Las fiestas de Sárria ( Bocelo ).- Programa Oficial de Fiestas.-  Saluda ( Xosé Luis Loureiro López, Presidente ). Desde las Ramblas. Meigas e Trasgos de Sárria ( Xosé Manuel Saavedra Sánchez ).-  O Vello Señor San Xoán ( Xaime Félix López Arias ).- Couxsas de Onte. Os maciñeiros  ( Antonio Peña Guitián). Xosé Díaz Fuentes ( Villarabid ). El Precursor ( Fernando Serra Adroher ).- Pórtico de la Madalena (  Xaime Félix López Arias ). Un tema actual (  Villarabid)

Editado por Imprensa Galicia.-  90 páxinas,  76 anunciantes.

***************************************************************************************

                                              COLABORACIÓNS EN GALEGO

                                               O VELLO SEÑOR SAN XOÁN

                                                                                                       Xaime Félix López Arias

Poucos saben da importancia  que noutros tempos tivo a vila de Sárria a escultura. Do mesmo xeito que nos temñpos  medievales poido haber unha escola sarriá  de xograres, o século XVI viu  frolecer  unha escola  de entalladores e pintores sarriaos , cuia obra, pouco ou nada estudiada  tería o seu coroamento en Gregorio Fernández, fillo , o que tiña o seu obradoiro en Valladolde.

Neste tempo de fwestas adicadas ó Bautista é boa ocasión para lembrar  a un daqueles entalladores,GOZALVO ÁLVAREZ,  cuios obradoiros estaban no barrio  das PedreirasDe Gozalvo Álvarez acabo de identificar  dúas imaxes procednetes da igrexa de San Salvador  e que agora se gardan na mosteiro  da Madalena.

Sabíase da existencia  do artista gracias  ó testamento de D.  Antonio Díaz de Guitián , dos Cervelas,  no que se fala do encárrego dun retábulo pra San Salvador , alo por mil e quiñentos  e oitenta e dous. Este testamento foi estudado por  Vázquez Saco , dano por perdidas as imaxes de  "Señor San Salvador " "Señor San Xoán Bautista" e  "Señor San Miguel".

Dende as miñas brincadeiras infantís poloa corredores e celas  do mosteiro da Madalena  sabía eu, polos informes  do comendador Rvdo. Benxamín  Fernández Villar , da procedencia da parroquial  de dúas imaxes, San Xoán e San Miguel, que estaban entón xunto da cela dos comendadores.

Á lus  do traballo de Vázquez Saco pódese asegurar con toda  certeza  que o San Xoán gardado polos mercedarios  foi tallado polo artista sarriao  Gozalvo Álvarez , arredor do ano 1582,  recibindo  polo retábulo e imaxes  douscentos reás,  dúas fanegas de pan e  un coche de ceba.

E agora unha pregunta. Se un primitivo San Xoán recibiu  culto na igrexa de San Salvador . ¿ cando pasou a Santa Mariña ?  Unha hipótese  que quezáis non erra  serí que tamén había unha imaxe  do San Xoán, na igrexa de Santa Mariña , pois tense falado dunha  doble titularidade na parroquia. ( * )

O vello Señor San Xoán nado das mans de Gozalvo Álvarez  parece pidir dos veciños  un volver os ollos cara atrás  para mellor conocernos a nós mesmos. Artistas e artesáns da madeira  sempre os houbo en Sárria e iso soio pode nacer dunha tradición centenaria. ¿ Pra cando vai ser o Museo onde teñan cabida  os Gozalvo älvarez,  Gregorio Fernández, pai,   De la Fuente Villaarta, Benito Fernández...  e tantos outros  que agardan soio.un nome nos arquivos  a que alguén  dea vida á súa obra ?

¿ Sería moito pedir  que na procesión do San Xoán  de calquera ano saira outravolta o "Señor San Xoán Bautista", o vello santo da escola sarriá ?.

                                                                              Xaime F. López Arias

( * ) Na igrexa de Santa Mariña estaba establecida a Capelanía de San Xoán Bautista, con altar e imaxe propios     E un baixorrelevo  do altar maior  do Mosteiro da Madalena nunha columniña representa ao Bautosta. Era esta unha  devoción arraizada  nos tres templos  sarriaos, o que cecais explique que , como común obxecto de culto, pasase a ser padrón da Vila.

***************************************************************************************

                                                  COUSAS DE ONTE. OS MACIÑEIROS

                                                                                                                   Antonio Peña Guitián

Tentado estiven de lle dicir ón tío  abó que ma casa había, que me deprendese a maciñeiro ( Si, xa sei que noutrow sitios se lles chama menciñeiros, pro no meu lugarciño, e tamén ao redor, o que se dí é maciñeiro, sobre todo si se trata de curar ón animal, xa que o das persoas  son máis conocidos por curandeiros). A causa  estaba en que había algúns traballo de labranza que se me daban mal. E como meu bistío tiña xa a súa "parroquia"no ofiico, e iste parecíame  doado de adepreder.vin a miña salvación neso. Ao fin non foi mester ise emprego. xa que máis tarde  botaronme ao estudio.

Cando penso que o meu logar.con solo catro casas, tiña crego.muiñeiro, zapateiro, tecedeiras, ferriro, barbeiro e máis que sei eu, o pensar que  en tan pouco anos todo iso veuse abaixo fonda mágoa me dá. Pois non me negaredes  que o ver todos os servicios, non podía menos de dar grande seguranza aos que na aldea tiraban pola vida.

Pra exercer meu bistío o cárrego de maciñeiro, contaba  por istrumental un fleme e por fonte de sabecia un manual de Terapéutica  Veterinaria. E abondáballe coeso, pois o que faltaba suplíao coa ouservación e a práitica, xunguidas á  intuición ou ollo clínico . Onde adequirira ises ouxetos  non llo preguntei nunca; cecais llos mandara  algún dos irmáns de carriera que tiña mundo adiante.

A súa especialidade eran as sangría . Debera de  asimilar moi ben eso de que ó corpo quen o pon mal son os "humores" que temos nel; e como o máis  doado de botar fora é o sangue, veña  a darlle so fleme. Tal cras de bisturí  tiña varias folliñas, a usar según o logar onde se iba cravar-Había sangrías de orella  e sangrías  de rabo: as máis adlitadas era  as  derradeiras.

Sin esceución , chmábame de axudante s min, dábame unha variña. o dono tiña  conta da súa res i entón o doutor cravaba o fleme no sitio comenenet, e seguro do acerto  sentábase a  botar un pitodepois de me decir, poño por caso. " medio litro";  co que eu entendía cal era a cantidade que había que desangrar , e pra faciliatr o  drenaxe , eiquí me tedes coa man esquerda  suxetando o rabo e coa dereita golpenado xuto da ferida co fin de que o sangeu  non se coallase e a súa sabida non se detivese. O fleme tamén nos v aalía, en casos, pra furar unha res que estivese infrada  de comer moito trebo, e ante o perigo de que coa "presión" estoupase, cravábámoslle  a . e  si il non tiña folla pra dar saída aos gases.

Ás  veces  traguiamos arreses que habían collidoo que o mestre lle chamaba "o asiento". Apricábaselle   un réxime  de mantenza axeitado; pois o que se diz  recetar, nunca llo vin facer, seguramente tendo  en conta a pouca fe dos paisanos nas meiciñas. Cando se presentaba  un caso escuro mandábame polo libro e si il  non tiña entón os anteollos á man era eu o que lía cantoao casoviña- Nunca un can cobrou polos seus servicio. inda que na seitura non faltaba quen viñese  tirar do fouciño pra pagar o favor.

O maciñeiro de que vos falo non levóu a súa  sabencia pra o outro mundo. Pois cando iba camiño de vello e supuxo que nadie da casa  seguiría ise oficio. adeprendeullelo a tres persoas da redonda: ou sexa , que hastra  fundou "escola", Craro que os discípulos cobraban, sobor todo as "salidas". Un dos  alunos exerce  hoxe tal ofiico na República Domingana e, ao parecer , fai cartos no choio. Si os tales atinaban moito ou non, en non o sei, pero o que si se pode  decir e que respondían a unha necesidade  da vida rural; xa que mentras  os albeites estaban lexos, cobraban ou si cadrba  desprazábanse de mala gana, os maciñeiros tíñanse  sempre a man, ao pé do cañón coma quen dí,

Pois craro que no exercicio da prpfesión tivemos as nosas anéidotas:  Había un certo pobo unha muller que de cando en vez lle daban rautos de tolemia, iesta consistía en derrubar todo canto atopaba, dar  testadas nas  paredes, e cousas  así que non había  maneira de suxetala. Seu pai. pensando  - e o mellor non lle faltaba razón - que o que é filla lle pasaba  era que tiña  sangue demáis. consultou cos médicos o de darlle unha sangría, pero istes non  aceptaron o trato. E un bon día chegou xunto do meu tío co proieuto da sangueira ;  e o maciñeiro, coa retranca  que costumaba  ter, díxolle que solo facía sangrías  de rabo, e as mulleres, quil  soupera, non o tiñan.

Moito remecín na casa o vran pasado por ver de atopar o fleme e maís o libro: como si nada. Ao fim puiden saber  que tales istrumentos os levara o aluno das Américas. Dixéronme  que dentro de poucos meses  iba voltar dali; non me esqueceréi , non, de pedirlle que os devolva, sexa como sexa; pois quero ter no meu poder as ferramentas do ofiico que estiven a ponto de coller.

Sárria, San Xoán de 1977

                                                                             Antonio Peña Guitián

*************************************************************************************

                        ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESAPARECIDAS

SERVICIO NEUMÁTICOS "NAITE " Estrada de Monforte, 127.Sárria

CAFÉ BAR CANCELA. José Antonio 16 / Xela Arias. Sárria

O MESÓN DA CARRETA. Cociña seleta nacional e internacional  Calvo Sotelo 161 / Rúa da Liberdade

CAFÉ BAR LOS BOCADILLOS . Cruce  do Avenida. Sárria

PRODUCTOS WILOSKA SA . Manuel Álvarez "Gino", Formigueiros. Sárria

TALLER DE BARNIZADO SOMOZA Y LÓPEZ, Matías López 93. Sárria.

BAR RIVERA . Vázquez Queipo 19. Sárria

LIBRERÍA CERVANTES. Fotocopias. Cruce Catro Camiños. Sárria.

BAR PIÑEIRA. Rúa Maior 21 .Sárria

CARNICERÍA LA ESTACIÓN . Calvo Sotelo, 41 / Rúa da Liberdade. Sárria

TRANSPORTES HORACIO. Riosol 29. Sárria

AUTOSERVICIO CHOLO .Lavado.Engrase.Pintura. Accesorio, Rùa Portomarín.Sárria.

MUEBLES CALVO. Formigueiros , 89, 74 / Matías  López, 150.

CARNES Y PESCADOS CARROZAS Diego Pazos, 30. Sárria

MODAS PERFUMERÍA MARUXA  Diego Pazos 30. Sárria.

**********************************************************************************

Comentarios

Publicacións populares