SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1978 )
ENTRADA NÚMERO 500 DO BLOG sarriaacentogalego.blogspot.com SOBRE TEMAS RELACIONADOS COA COMARCA E XENTES DE SÁRRIA ( GALICIA )
******************************************************************************* FESTAS PATRONAIS DE SAN XOÁN NA VILA DE SÁRRIA ( 1978 )
PROGRAMACIÓN OFICIAL
DIA 23- DÍA DA QUEIMADA.
Ás 4 da tarde , no Pavillón Polideportivo , inauguración do torneo de FTBOL-SALA.Tomarán parte no mesmo dúas selecións de Sárria e os equipos lucenses "Boiro 2000" e"Mesón de Alberto".
Ás 6 da tarde, bombas de palenque, anunciarán o comezo dasFestas Patronais de 1978, ao tempo que a Banda Municipal de Sober, inicia o percorrido polas rúas da vila, ao que seguirán os grupos de Meigas e Trasgos CIT , acompañados de xigantes e cabezudos,
Ás 7 e media da tarde. Nos salóns da Biblioteca Publica Municipal, coa asistencia das primeiras autoridades e representacións , pronunciará o PREGÓN DAS FESTAS , don Xosé Xulio Quindós Pardo ( Capelán do Hopsital-Asilo do Mazadoiro )
A partires das 10 e media da noite GRANDE FOGUEIRA DE SAN XOÁN , no Campo da Feira, ao tempo que dará comezo no recinto citado a grande QUEIMADA , coa que a Comisión convida a todos os sarriaos e forasteiros.
A partires das 12 e media da noite, na Praza da Constitución, dará comezo a PRIMEIRA GRANDE VERBENA amenizada pola Orquestra "Sanos" de Vigo.
Á 1 da madrugada PRIMEIRA SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO
Quedará aberta ao publico a IV MOSTRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA , organizada por Meigas e Trasgos CIT , en colaboración coa Caixa de Aforros da Coruña e Lugo. Sala: Rúa Marquesa Casa López ,4.
Apertura da II EXPOSICIÓN -VENDA DE CERÁMICA POPULAR GALEGA organizada pola Agrupación Cultural Ergueitos, no antigo local da Libtraría Freijo- Catro Camiños , 61.
DIA 24.- DÍA DO PATRÓN
Ás 9 da mañá, Dianas e Alboradas , repenique de campás e desfile polas rúas da vila dos grupos que actuaron a noite anterior , darán comezo á celebración do día maior das festas.
Ás 11 da mañá, MISA SOLEMNE , que terá lugar na Igrexa parroquial de Santa Mariña. Será cantada pola Coral Polifónica de Meigas e Trasgos CIT,. Será seguida de Procisión, que percorrerá o itinerario de costume.
A continuación CONCERTO , na Praza de Xoán María López, a Banda Municipal de Sober
Ás 6 da tarde I ENCONTRO DO TROFEU SAN XOÁN DE FÚTBOL-
A partires das 7 da tarde, GRANDE FESTA POPULAR que terá lugar nas Prazas de Xoán María López e da Constitución, amenizadas polas Orquestras "Burdon's " e "Caoba ".
A partires das 12 da noite SEGUNDA GRANDE VERBENA nas prazas antes citadas e amenizadas polas mesmas Orquestras,
Á 1 da madrugada SEGUNDA GRAN SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO patrocinada por "Bodegas Franco-Españolas"
Este domingo, na Sala de Festas Litmar, inaugurando a súa pista de verán, actuará MANOLO ESCOBAR en sesións de tarde e noite.
Nas Sociedades A Unión e Casino , celebraranse os seus tradicionais bailes.
DIA 25. DÍA DO FOLCLORE
Pola mañá, Dianas e Alboradas, desfile das distintas agrupacións polas rúas da vila.
A partires das 12 da mañá, no recinto da Praia do Chanto, comezará GRANDE ROMARÍA CAMPESTRE.Actuación dos distintos grupos de Meigas e Trasgos CIT ,Rondalla Infantil de Pepín.
CONCURSO DE EMPANADAS E GRANDE SARDIÑADA á que convida a Comisión de Festas.Estará patrocinada por Xosé Luis, da Praza de Abastos.Todo este grande festival folclórico-cultural e gastronómico, durará até as últimas horas da tarde.
Ás 6 da tarde II ENCONTRO DO TROFEU SAN XOÁN DE SÁRRIA
A partires das 7, GRANDE FESTA , no Barrio da ciguñeira, amenizada polas Orquestras Lados e Zorba.
A partires das 12 da niite, EXTRAORDINARIA VERBENA no lugar anteriormente citado e coas mesmas Orquestras,
Á 1 da madrugada GRANDE SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO
A Sociedade A Unión celebrará este día Cea Americana e Grande Baile,
DIA 26.DIA DA BISBARRA
Pola mañá, Dianas e Alboradas.
Ao longo da mañá haberá diversas competicións deportiva.
Á 1 da tarde, actuación de grupos folclóricos de Meigas e Trasgos CIT e Rondalla Infantil, no Barrio da Ciguñeira.
A partires das 7 da tarde, GRANDE FESTA amenizada pola Orquestra "Florida " no Barrio da Ciguñeira.
A partires das 12 da noite,GRANDE VERBENA no lugar anteriormente citado e coa mesma Orquestra,
Á 1 da madrugada, GRANDE SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO
DÍA 27.- DÍA DO PULPO
Pola mañá, exaltación do polbo no Campo da Feira, con actuación de grupos folclóricos.
Ás 4 da tarde, GRANDE FESTIVAL INFANTIL coa colaboración especial de Coca Cola e a Comisión de Festas,Haberá importantes competicións, concursos de pitura ao ar libre con valiosos premios.
Ás 7 da tarde ULTIMA GRANDE FESTA nos barrios da Estación e San Lazaro, coa actuación estelar das OrquestrasCopacabana Reys e Ceniza,
A partires das 12 da noite ULTIMA GRANDE VERBENA nos lugares antes citados e coas mesmas Orquestras , co que se poñerá fin aos festexos patronais de 1978.
Á 1 da madrugada, ÚLTIMA SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO
ESPACIOS FESTEIROS
PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DO CHANTO.-SALON DE ACTOS DA BIBLIOTECA
PUBLICA MUNICIPAL.- CAMPO DA FEIRA,. PRAZA DA CONSTITUCIÓN.- SALA DE EXPOSICIÓNS DA CAIXA DE AFORROS DA CORUÑA E LUGO.- ANTIGO LOCAL DA LIBRARÍA FREIJO.- IGREXA DE SANTA MARIÑA,. PRAZA DE XOAN MARÍA LÓPEZ.- SALA LITMAR,. SOCIEDADE A UNIÓN.- SOCIEDADE CASINO.- PRAIA DO CHANTO.-CAMPO DE DEPORTES DAS INSUAS,. BARRIO DA CIGUÑEIRA,.BARRIO DA ESTACIÓN.- BARRIO DE SAN LÁZARO
***********************************************************************************
COMISIÓN OFICIAL DE FESTAS ( 1978 )
Presidente de Honra: Euxenio Quiroga Vázqeuz, Alcalde de Sárria. Presidente: Xosé Luis Loureiro López. Vicepresidentes: Manuel Fernández Vázquez. Xosé Manuel López Pérez. Segredario: Manuel Loureiro López, Vicesegredaria; María Ánxeles López Pérez. Tesoureiros: Henrique Torreiro Morón. María do Carme González Castro.- Vogais: Adolfo Álvarez Losada. Mercé Pérez Pérez. María Tereixa López Cabanas. Ana María López González. Clara Alvaredo López. Charo López Sánchez. Eliseo González Armesrto. Xosé Davide Cobas Fernández. Pedro López Fernández. Benigno Folgueiras. Concelleiro Delegado: Víctor López Villarabid.
***********************************************************************************
LIBRO-PROGRAMA
, Portada: Festas Patronales de San Juan. 23,24,25,26 y 27 de JUnio. Sárria 1978. Fotografía da imaxe de San Xoán ( Vello ) de Gozalvo Álvarez, procedente do antigo retábulo maior de San Salvador de Sárria, Pregón ( O Pregoeiro do Concello ).. Salutación ( Euxenio Quiiroga, Alcalde de Sárria ).- Comisión Oficial de Fiestas,. Don Julio del Hospital ( La Comisión de Fiestas.- Saluda ( El Presidente. Xosé Luis Loureiro López ). Dous poemas de Félix Vergara Vilariño sobrte temas sarrianos.- Mirando hacia adelante ( Antonio Díaz Fuentes ).- Programa das Festas,. Paz y Alegría ( Diálogo ) Con el corazón en la mano ( Fernando Serra Adroher ).- Una obra significativa para Sárria. " El campesino lucensse y el señorío eclesiástico ". de Luis Roriguez ( V.LV, ).- Una comarca monumental y turística ( Víctor López Villarabid ). Lembranzas do XIX,Sárria: Ano 1822 ( Xaime Félix López Arias )..- Con perdón ( Xaime Félix López Arias ).- Ciudad íntima ( Mario López Gay ).. Balance del deporte sarriano ( s Víctor Lóepz Villarabid ). El Club Anduriña ( Villaravid ).*************************************************************************************
COLABORACIÓNS EN GALEGO
PREGÓN
Xaime Félix López Arias
Eu chámome Xan Palletas / e non hai no mundo enteiro / que poda ser destas festas / sin cobrar, millor pregoeiro//.
Principian o Vintedóus / os festexos de San Xoán / e pros probes dos ramistas / tódolos traballos van.//
O Vintetrés pola noite / repartirase augardente, / como a cousa vai de balde / todos lle botan o dente.//
¡Veñan todos ! ¡ Veñan todos ! / pois non hai millor ruada, / mais veñan con xeito, amodo / senon non nos toca a nada,//
Ó repartir a queiamda / acenderán a fogueira , / lume vai e lume ven / eu pillarei borracheira. //
Logo botarei un pé / Praza da Constitución / se me ves alí, rapaza, / por favor, non digas ¡ non ! .//
Vintecatro de mañán / lavarei cara e cañotos / con auga feita de rosas / ao xeito de quen quer votos.//
Misa, procesión, concerto / e pote, que é o importante / eu hei de ser coma todos / por iso nacín mangante.//
Pola tardiña ó partido / e cando acendan lumieiras / andarei de praza a praza / mirando prás churrusqueiras. //
Deitareime alo ás quinientas / cos callos esfarelados / ¡ Estase visto que o mundo / non vos é prós desgraciados ! //
Vintecinco, volta ó conto / hastra que queden foguetes :/ Xa mo dicía meu pai / ¡coidadiño onde te metes !. //
Arrastradiño de todo / por tanta festa e verbena ,/ cando remate esta xeira / estaréi que darei pena ! //
Mais a pesares de todo / pensemos solo no bon : / hai que esqucerse de mágoas ,/ iso cae de caixón.//
¡Veñan todos ! ¡ Veñan todos ! / a nosa vila está en festas / veñan con xdito e a mlood / a facer sumas e rmetsas. //
Moitos intres de agarimos / entre todos sumaremos : / , bágoas, teimas e penas / da conta rebaixaremos,//
Pra rematar o pregón / que de balde vos botei / berrade todos comigo / un anceio que é de lei: //
Prendido no corazón / branco e azul de ledicia / nas efstas e nos traballos / ¡ Viva por sempre Galicia "
O PREGOEIRO DO CONCELLO
*************************************************************************************
DOUS POEMAS DE FÉLIX VERGARA VILARIÑO SOBRE TEMAS SARRIANOS
I
¡ Val de Sárria verdexante, terra rexa coma o pan.Canción do vento nos trigos / corazón de carballal !
Eu fun nómada e romeiro / nos teus vieiros de soidá.... //
E fun de Pena a Betote , / e fun de Aldixe a Momán / camiñando silandeiro / espido de señardá / E fun a Samos / ¡Oh , Samos , / vella groria monacal / labrada en pedra caliza / a forcia de suarn namáis ! / E fun a Torre de Barrio / no bosco Sobrodoval / , e fun a cas de Vilerma , / e fun ó castro de Goián./ ¡ Canta terra, cantos eidos / de paisaxes vedenar / andiven a percorrer / ó longo do longo val ! / ¡ Que gusto mirala veiga ! / ó fenecer o serán / dendes do vello castelo, / vixía de todo o val ! a vila egrexia e lanzal, /pombeiro de soños e anceios / a frolecer na mañá .//
¡ Val de Sárria verdexante, / terra rexa coma o pan, / canción de vento nos trigos, corazón de carballal.//
II
ROMANCE DO CASTELO DOS INFANTES
¡Castelo do val de Sárria, / na cabeceira da vila, / -vello farol apagado- / a fita´la lonxsnía ! / ¿ Onde van aqueles heroes / que ós teus pés combatían ? . ¿ Onde vai Ruiz de Castro, / onde dona Estefanía ?.../ ¿ Onde vai Alfonso Gómez / a as súas feroces cantigas ? / O tempo foi dando tombos /polos camiños dos días / e o sangue trocouse pan / na farturenta campiña. / Morreron os cabaleiros / que denantes defendía...//
O tempo foi dando voltas; /do pasado nada fica./ ( Ó teu rente a vida espállase / amosando louzanía : / ¡ Ai das fazañas escritas ! )" /Sólo ti,xigante egexio , / a fita-la lonxanía, / aínda sigues en pé / i erres lembranza infinita. //
Félix Vergara
Nota: Neste composición Fiz Vergara Vilariño por por adicación do poema a denominación " Castelo dos Infantes ", cando en realdade está a se refeiro á Torre da Fortaleza que está "na cabeceira da vila "na parro<quia de San Salvador de Sárria. -
O Castelo dos Infantes, que deu nome á parroquia de Santiago de Castelo dos Infantes, está nun outeiro , á dereita do río Sárria, que foi anexa de Santa Mariña de Sárria.e formou unha xurisdición propia, independente da de Sárria, da que formaban parte ademáis Vilagade ( Viliádiga ), Larín e outros lugares.
Nese castelo sitáuae a lenda dos Sete Infantes.
************************************************************************************
LEMBRANZAS DO XIX : ANO 1822
Xaime Félix López Arias
A memoria dos pobos esmorece axiña. Pasan os tempos e a lembranza de homes e feitos vaise esluindo notrafego cotián. Somemtes algunha follas cobertas de póo nos estantes de calquera mal chamado arquivo nos pode facer revivir homes e estampas xa pasadas-
Froitp de moitos intres adicados ó coñecemento do pasado da nosa vila son estas lembranzas dpo XIX . que principian coas aportacións máis antigas que hastrea dagora , `poiden achar . referidas tpdas elas ós libros de actas dos acordos do Concello de Sárria no ano 1822. O desamor ós propios valores fai que non se dea unha continuidade nas fontes docuemntais, mais a pesares de tales chatas en anos sucesivos verán a luce outros datos non menos interesantes.
Xa nos seus comeznzos o Arquivo Comarcal é de desexar que tódolos amantes das cousas sarriás faciliten datos e documentos que permitan, no seu día, levar adiante un Servicio de Publicacións Sarriás e sirvan de base pra tesinas de historiadores vilegos.
Centrándonos xa no nos traballo miremos cara o ano 1822, ano de fervenzas liberales, que deron en Sárriao primeiro grande pulo do XIX.
Cronolóxicamnte os feitos relevantes foron como agora se conta:
2 de xanairo: Toman posesión como alcaldes constitucionais don Pedro López Valcarce e don Manuel Pardp-
5 de xaneiro : Posesión dos conelelrios: Xoán Díaz de Freijo. Agostiño Lóepz de Silba, Xoán Fernández Batallón, Bieito de Arcos, Xosé Torres, Matías Lóepz e D. Inacio Fernandez- O Concello axuntarase sábados e martes. O Duque de Alba concede facultades ó Concello pra encher os foxos da Fortaleza ( Oficio de 1 de xaneiro ).
6 de xanairo: Adxudícase a sisa do viño a Sebastián de Armesto e Xosé Díazen 12.000 reais.
12 de xaneiro : Noemamneto de Segredario a favor de don Xoán Araújo e Taboada, coa dotación anual de 200 ducados.
Neste mes de xaneiro hai moitas comunicacións sobor da constitución dos concellos constitucionáis de Láncara,Somoza de Vilouzán, Samos. Lóuzara, Reboiro, O Incio , Somoza Maior de Lemos, Guntín ( de Lemos )., Castro de Rei de Lemos, Paradela, Pinza e Biville e Vilapedre
16 de febreiro: Don Cipriano Sabedra, cura reitor de Santa Mariña e 86 veciños máis da Vila. pidem se estabeleza unha ESCOLA nas aulas onde se ensinaba Gramática, dotándoa cos medios dlos Hospitais de San Lázaro e Santo Antón Abade- O mestre, MANUEL VÁZQUEZ, de Vilar de Sárria, dera escola dendo o 7 de novembro de 1820, e pra completar o soldo solicítase parte da consignación dos Ramos. Esta petición foi trasladad o 7 de bebreiro, e pedíuselle determinación á Deputación provincial de Galica, con sede na Coruña.
12 de marzo_ Oficio sobre celebarcióm o día 19, en San Salvador, dunha función relixiosa pra celebrar a promulgación da Constitución. Asistirán os párrocos , a comunidade de Agostiños e o alcalde e segredario do ano 1820: Manuel Xosé de Camba e Xosé María Pérez Feixóo.
16 de marzo: Comunicacións ós concellos da Somoza de Vilouzán e Castro de Rei de Lemos-
26 de marzo: A Deputación aproba o expediente da Eascola. O mestre terá que sofrir exame.
30 de marzo: Noemase a Xunta das Escolas. E membro dela o cururxán Pedro González Seijas.
12 de abril: Pídeselles ós párrocos relación mensual sw nacementos, mortes e casamentos.
2 de maio: Aniversario do Día da Independencia, no convento de Santo Agostiño ( A Madalena ) con descarga de pólvora seca.
7 de maio: Oficios ós Concellos de Castro de Rei de Lemos, Samos, O Incio, Reboiro a Pinza e Biville e Paradela.
8 de maio: Véndes viño avinagrado. Fíxanse os prezos: O de Valdeorras a 7 cartos, o de Quiroga a 6 e medio e o de Monforte a 6.
18 de maio: O mestre ten que pasar exame " E PARA QUE NO SUCESIVO NON SE IÑORE O DÍA NO QUE SE PRINCIPIOU A POÑER A ESCOLA NESTE ANO, EN VIRTUDE DO MANDADO POLO SEÑOR XEFE POLITICO, ACORDOUSE ESTAMPALO AQUÍ PARA ETERNA MEMORIA : DONMANUEL VÁZQUEZ PRINCIPIOU A POÑER ESCOLA DE PRIMEIRAS LETRAS NA VILA DE SÁRRIA AOS NENOS QUE QUIXERON CONCORREREN DA VILA COMO DE FORA DELA EN 22 DE ABRIL DE 1822"-
21 de maio: Multa ó alcalde de Reboiro por non mandar o parte de presos. O prezo do viño de Quiriga fíaxse a 8 cartos o aguartillado.
4 de xuño: É obriga do Concello pagar o gaiteiro, e dar cera a particulares e cregos que concorren á festa do CORPUS CHRISTI. Asiste a Garda Nacional. Prezos dalgúns produtos: fanega de pan, 21 cartos; un carneiro, 7 e medio; un cabrito, 6 ; un par de capóns, 8 ; un leitóncebado, 28 ; 1 pita, 2 ; 1 libra de,manteiga 2 ; 1 libra de cera en entena, 6: 1 fanega de trigo, 20 ; e 1 fanega de millo, 20.
15 de xuño: Collocase o letreiro da PRAZA DA CONSTITUCIÓN, na parede da casa de "Joseph Noboa ", que deberá poñelo il, ( Xosé de Noboa sería despois alcalde ).
18 de xuño:O carcere interin corresponde ao Sr. Conde de Lemos, pideselle permiso para notificar con seguridade outra casa.
Orzamento do Concello: Xiz 11.000 reais; Alcalde carcereiro: 548 reais; Segreadio: 2,200 reais; Pregos condutor valixa a Lugo: 480 reais: Outros pregos: 300 reais; Gastos escritorio: 500 reais; TotaL: 15.028 reais de veludo.
Outro orzamento: Xuiz: 2.200 reais; Segredario: 300 reais; Escritorio: 300 reais: Aluguer da Casa Consistorial: 300 reais: Dotación do Mestre: 2.200 reais: Arranxo da Casa do Concello: 1.200 reais: Composición de rúas e pontes: 2.000 reais; Reapsar obras de comodidade e adornO: 1.000 reais:Porteiro: 548 reais- Total: 9.748 reais de veludo.
2 de xullo: Hai que dar parte dos cregos que ó remate da misa non explican a Constitución ós fregueses.
8 de xullo: Reclámanse os documentos e cretos do Hospital de Santo Antón Abade. Hai unha partida militar acantonada na vila.
20 de xullo: Decrétase a venda libre do Sal-
Os acontecementos politicos daquil tempo traguerían máis adiante unha marcha atrás na que Sárria, sen dirirxentes, camiñou desorteada, mais iso é xa outro conto, par ser falado, se teñen paciencia, no ano vindeiro.
Xaime F. López Arias
****************************************************************************************
ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESAPARECIDAS
MAQUINARIA AGRICOLA E FORESTAL COMERCIAL LOPEZ. Aquilino López Mémdez. Calvo Sotelo , 154 / Rúa da Liberdade .- Sárria.
NEUMÁTICOS MANOLO DAS RODAS . Viuva e Fillos de Manuel López. Matías Lóepz, 80. Sárria
TALLERES ROMÁN. Román Díaz García.- Mecanizado de Pezas e Reparación de Maquianria Inditrial. Campo do Toleiro-Camiño de Mendrós.
BANCO DEL NOROESTE. Rúa Diego Pazos. Sárria
SERVICIO NEUMÁTICOS NAITE.- Estrada de Moforte 127 Sárria.
COMERCIAL CARREIRA. Venda de Maquinaria Agrícola. Rúa Calvo Sotelo, 67 / Rúa da Liberdade
LIBRERÍA CERVANTES.- Cruce de Catro Camiños.
CAIXA DE AFORROS DE GALCIA.- Rúa Marquesa Casa López. 4.
VENDA MAQUINARIA AGRÍCOLA. MENORES DE FURELA. Calvo Sotelo 67/ Rúa da Liberdade . Rúa Matías López 81.
CARNICERÍA LA ESTACIÓN. Rúa Calvo Sotelo,41 / Rúa da Liberdade. Sárria.
CONSTRUCCIONES JUAN VÁZQUEZ VÁZQUEZ. Rúa Gregorio Fernández 21
TALLERES SANMARTIN. Venda e reparación de tractores. O Mazadoiro. Sárria.
ALMACENES GALLEGO. Piensos. Estrada de Monforte.
CARNICERIA MARINO. Praza de Abastos-Sárria
ESTACION DE SERVICIO MOXENAS. Rúa Matías López-
BAR PIÑEIRA. Rúa Maior, 21. Sárria
COMERCIAL FELPETO.Maquinaria Agrícola en xeral. Rúa Gregorio Fernández- Sárria.
****************************************************************************************
***************************************************************************************
***************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario