A VIRXE DE LOIO ( POEMA DE LENCE-SANTAR ) ( 546 )
"A VIRXEN DE LOYO ", POEMA DE EDUARDO LENCE-SANTAR E GUITIÁN ( 1917 ) (546 )
( EL PROGRESO, 12.08.1917 ).- UN ESPACIO A VERSOS
A VIRXEN DE LOYO ( 1 )
( Para o meu querido curmán Ramón Gutián Lapido, Médico do Hospital de San Lázaro, de Santiago )
Santa de preto do Miño, / Chuchada polos viñedos : / ¿ Quen non se lembra de ti ? ¿ Quen non che pide remedios ?./
Eres proce com´os probes, / Ben o vexo, miña Pomba ; / Pro ti mandas máis qu ' os reises. / Qu ´os reises d ' a terra toda./
¿ Quen son os reises pra ti, / Muller pura, xenerosa , / Si ti es a Mai de Dios / D ' a terra e ceyo señora. /
¡ Eres a Reina do Ceyo ! / ¡ Eres a Reina d ' a terra ! / ¡ Eres a Reina d ' os anxos ! / ¡ Eres a Reina excelsa.!/
De Portomarín e Páramo, / De Taboada e Paradela / Van os romeiros a fatos / para verte , miña Reina ./
Van de Meixente tamén, / D ' a Pinza e máis de Belante : / Van todos ledos, moi ledos, / Que todos queren chucharte. /
Vai facer vintedóus anos / Qu ' eu tamén te visitéi / E ben sabes, Virxen pura, / Que de ti non me olvidei./
¡ Naida te pode esquencer !, / ¡ Nadia te pode deixar ! / ¡ Nadia que ben te conozza / Finará sin te rezar !./
¿ Quen é aquela Estreliña / Que reluce n ' a ribeira ? / Nosa Señora de Loyo . / A Santa máis feiticeira. /
Nosa Señora de Loyo / É por todos venturada , / É por todos bendecida / E todos son a alabala. /
Nosa Señora do Loyo / É quitadoiro de epnas , / Que cura todol-os males, / Cura todal-as tristezas, /
A Virxen de Loyo ten / Un Neno branquiño, branco , / Un Neno roxo, roxiño, / Un Nenno qu ' é un milagro. /
Un Neno qu ' é un xerafín, / Un Neno qu ' é un encanto , / Un Neno santo, santiño, / Un Dios tenro de Calvario./
Disimula, miña Dona, / Qu ' hoxe m ' astreva a cantarte : / ¿ Que son eu ? , ¿ Quen os meus versos / Pra poder a ti louvarte ?. /
Miña Santiña de Loyo , / Miña Santa soberana , / Volve os teus olliños, volve, / Pra iste que por ti chama ! ./
Vólveos ti, miña Maíña , / Vólveos ti, miña Abogada , / Qu ' eu sempre, pro sempre, sempre, / Eivos querer co-a yalma. /
¡ Adiós , Virxen amorosa, / Adiós, Virxen Soberana !, / ¡ Nunca te esquenzas de min !/ Miña Santa, miña Santa. /
EDUARDO LENCE-SANTAR E GUITIÁN
Mondoñedo
( 1 ) O venerando e pobre Santuario da Nosa Señora de Loio áchase situado na parroquia de San Salvador das Cortes, Concello de Paradela, no partido xudicial de Sárria, a tres quilómetos da histórica vila de Portomarín.
Na honra da Virxe celébrase pintoresca e animadísima romaría o 15 de agosto.
Comentarios
Publicar un comentario