SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1971 ) ( 556 )
FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1971) ( 556 )
( El Progreso, 5.03.1971 ).- Definitivamente antes de rematar a presente semana daranse os primeiros toques darredor de perfilar a nova Comisión de Festexos . Parece ser que a deste ano terá lixeiros cambios con relación ás de anos anteriores ,
Don Euxenio Quiroga Vázquez, alcalde de Sárria, quere non ser el quen a presida , senóm nomear un concelleiro, Sexa como sexa, o importante é que as cousas se fagan canto antes e que quen se encarguen de formar neste ano a Comisión que comece axiña as súas xestións.
Por outra parte, se é que este ano queremos ter festiváis taurinos tamén se han ir perfilando.
( El Progreso, 21.03,1971 ).- Xa quedóu definitivamente constituída a Comisión Oficial de Festas do presente ano, que a compoñen os seguintes señores: Presidente de honra. don Euxenio Quiroga, alcalde de Sárria; presidente executivo : don Ricardo González Vázquez ; vicepresidente : don Tomás Castellano Rodríguez ; segredario ; don Manuel Caloto Cabañas ; tesoureiro : don Xosé Rodríguez Trebolle ; vogáis os señores don Xosé López Díaz, don Xosé Díaz Valcárcel, don Manuel Alvaredo Arias ; don Luis Seijas López ; don Xosé Rivas Barreal ; don Venancio Seijas López, don Xosé Xoán Portela García, don Euxenio Sanmartin Carballal, don Anxo López Folgueira , don Antonio Caldeiro Sanmartín , don Mateo Robles Pérez , don Carlos Díaz Balboa e don Manuel Irimia López, A todos eles desexámoslles unha feliz xestión a prol dunhas festas como son as Patronáis de San Xoán en Sárria.
Esperamos en breve irmos adiantando os distintos números que se vaian confeccionando e facendo públicos .
( El Progreso, 1.04.1971 ).- ..... Que o lugar elexido para as festas patronáis de San Xoán causóu moita revoada na vila.Non somente polo lugar onde se encravaron , senón por mudar unha tradición moi antiga. A cousa xa se tiña intentado varios anos, máis sen a forza necesaria..
( El Progreso, 6.04.1971 ).- ENCOL DAS FESTAS PATRONÁIS.- Como nestes últimos días circula un rusmusmús darredeor da nova ubicación das Festas Patronáis , dos que fixemos eco neste espazo, e para sabermos algo en concreto falamos con don Ricardo González Vázquez , presidente da Comisión de Festas para preguntarlle sobor do que efectivamente hai neste delicado asunto-O señor González Vázquez díxonos que o vindeiro xoves saberase definitivamente o verdadeiro ao respecto . Polo tanto pódese pensar que todo o que se dixo non era dende logo con carácter definitivo.
Agora hai que agardar o que nos depara esa importante reunión da que sairán moitos puntos da constitución definitiva do programa a celebrar co gallo das Festas Patronáis de San Xoán.
( El Progreso, 11.04.1971 ).- Continúa sen se saber nada en concreto sobor onde se enclavarán definitivamente as Festas Patronáis de San Xoán. Hai comentarios para todos os gustos. O informador cre ao final todo se vai arranxar e as cousas quedará ao gosto de todos , polo que considero algo esaxerados algúns comentarios e situación. Dende logo dentro do seo da Comisión traballan o seu para chegaren a un feliz acordo: Unha cousa que está á marxe deste problema son as corridas de touros , que segundo informes tamén este ano os haberá en Sárria,
( El Progreso, 15.04.1971 ).- Séguese a falar moito encol da situación das nosas festas patronáis. Coordinación e facer o que máis conveña a estas e ao pobo.
( El Progreso, 1.05.1971 ).- NOTAS SOBRE AS FESTAS.- Acabamos de recibir unha nota asinada por don Ricardo González Vázquez como presidente da Comisión de Festexos, rogando a súa publicación :" A Comisión queb fora designada oficialmente para a organización dos festexos populares "San Xoán" 1971 desta vila , desxa facer chegar a todos aqueles viciños que tan amablemente aportaran as súas cotas ( xa devoltas nos seus propios domicilios ) e tamén aos que non o fixeran e que no seu momenrto estaban dispostos a facelo , o seu sincero e modesto agradecemento polo interese de colaboracion amosado e a todos eles. considérome na deber de lles dar unha breve explicación encol dos motivos que o induciron á renuncia de tal xestión.
Unha vez constituída a Comisión celebróu reunión para os primeiros acordos de organización, e coa másis sana intención de darlle a estes festexos o pulo desexado, fixéronse os primeiros bocetos , considreando acertada ou desacertadamente que as festas da vila debiánse celebrar no lugar máis céntrico posible da mesma e concentralas ao máximo , xa que, entendemos , non se trata dunhas festas de barrio, como puideran seren as do Barrio da Estación, Ciguñeira, San Lázaro ou Rúa Maior, todos eles cunha distancia similar á zona onde se pretrendía ubicalos , na Rúa Nova e Rúa de Pedro SAco, con capacidade suficiente para cantas atraccións, barracas quixeran participar e coa atribución da Autoridade municipal para a proibición do tráfico rodado nos días que se sinalaran, pois todos sabemos que hai outras boas avenidas na vila que serían idóneas para o seu emprazamento , mais disposicións vixentes da Superioridade non o permiten por se trataren de vías de Obras Públicas con grande densidade de circulación.
Como quer que ao se coñecer este previo acordo prantexouse o illamento total de colaboración nun dos barrios da vila, concretamente o da Rúa Maior, viciños que pretendían a división destes nfestexos celebrando simultáneamente outros independentemente dos oficiáis, pola súa conta ne risco, esta Comisión, sen desexo de polémicas nin retesías que cre redundarían en perxuizo dos mesmos , e máis aínda máis, cecáis do pobo, consideróu mellor retirarse e deixar que os referidos viciños promotores dunha segunda organización de festas, as executen unificadamente e sexa cal for o seu programa e ubicación mereceranos todo respecto."
( El Progreso, 5.05.1971 ).- Séguese a falar moito das Festas do San Xoán . Xa os hai que apuntan verbena para o 23, festa e verbena para o 24, festividade do Padrón da vila e festa campestre no Chanto o día 25. De ser verdade isto somente haberá uns poucos perxudicados.... xa que as festas serán as mesmas . Que todo resulte así, que logo aínda virá a alboiada taurina.
( El Progreso, 23.05.1971 ).- HABERÁ FESTAS DE SAN XOÁN.- Acaban de nos remitir a seguinte sobor das festas patronáis:
" Diante da posibilade de que as nosas Festas Patronáis non se celebraran non presente ano , un grupo de viciños e amigos reunímonos co único desexo de percurar unha posible solución ao problema
( El Progreso, 26.05.1971 ).- Seguen os preparativos- A recadación polo momento non baixan da dos anos anteriores . Ao contrario, suben. A nova de que neste ano teremos touros, ven a favorecer moito o labor dos novos membros que tratan de facer as festas. En fin.posiblemente non se note moito o retraso-.
Estes contactos serviron para reafirmarnos na idea de que unha vila da categoría da nosa non debera renunciar a algo que se veu celebrando ano tras ano , con indudable acerto e con boa vontade por parte de todas as xerazóns de sarriaos.
De todos é coñecido o renome que nos últimos anos veu alcanzando a Festa Maior da nosa vila , grazas por riba de todo, ao afán de superación da que sempre se fixo gala.
Este feito constitúe un reto para todo un pobo , a todo o pobo quremos dirixirnos no ánimo de que todos saberemos facernos á idea do que significa a celebración das festas de San Xoán.
Velaí o noso convencemento de que acharemos colaboración en todas as partes- Colaboración que se vai facer máis necesaria diante da imposibilidade de alcanzarmos o nivel conquerido nos anos anteriores, dadas as circunstancias de falla de tempo e a inexperiencia pola nosa parte.
É o noso interese é que as festas cheguen a se celebrar os días 23, 24, 25, 26 e 27, axustándose no posible ao que en materia de programación se veu realizando nos últimos anos.
Pensamos que a ubicación das festas poderá realizarse. co conseguinte reparto de días e festexos, nos seguintes lugares ; Ciguñeira , Estación , Matías López, Rúa Maior e O Chanto.
Para iso pedimos a colaboración desinteresada de todos os sarriaos na seguridade de que esta non faltará en ningún momento. A nosa única angueira é conquerir que SÁRRIA non quede neste ano se as súas renomeadas festas de San Xoán. Somos conscientes das dificultades que se nos presentarán , debidas por riba de todo á falla material de tempo e que traerá como consecuencia un estancamento na liña ascendente moi marcada dun tempo a esta parte. Mais confiamos en que , con boa vontade por parte de todos nós sairemos adiante.
Queremos tamén , e xa para rematar,, facermos unha invitación para que todos aqueles que poidan prestarnos a súa axuda persoal , o fagan , coa certidumen de que a súa colaboración contribuirá nunha mellor consecución de todo o que o pobo debe esixir de nós.
En sucesivas notas informativas comunicaremos os logros e propósitos a conquerir ou xa conqueridos.
( El Progreso, 15.05.1971 ).- Consideramos innecesario dicirmos o ben que se recibiu a nova de que efectivamente teremos festas patronáis de San Xoán. Parece ser polas nosas primeiras tomas de contacto , que a colaboración de todos está asegurada. Que así sexa e que os traballos pertinentes se fagan o máis axiña posible.
( El Progreso, 21.05,1971 ) UN RUSMUSMÚS..- Á hora de enviar estas notas chéganos certo rusmusmús encol da posibilidade da creación dunha comisión de festexos que se encargará das patronáis de San Xoán . Como a nova non ten oficialidade ningunha., mantemos as nosas reservas. Agora ben sería unha medida moi apraudida por todos ; o ambiente darredor de deixar a Sárria sen as súas festas patronáis non é moi aprobado que se diga.
( El Progreso, 25,05,1971 ).- Innecesario consideramos o dicirmos o ben que se recibiu a nova de que efectivamente teremos festas patronáis de San Xoán. Parece ser, polas nosas primeiras tomas de contacto , que a colaboración de todos está asegurada, Que así sexa e que os traballos se fagan o máis rápido posible.
( El Progreso, 3.06.1971 ).- COMISIÓN DE FESTAS.- Aínda tendo en conta o que anteriormente destacabamos , a Comisión Organizadora das Festas Patronáis de San Xoán veñen de indicarnos por boca dun dos seus principáis membros que a compoñen, que están moi satisfeitos da axuda que nas ordes todas están a recibiren da veciñanza. Xa van recadadas perto das 100.000 pesetas e aínda resta a metade da vila sen perorrer. Temos que destacar que dende hai anos o orzamento das festas sarriása que está na cifra de 200.000 peseyas algo longas.
Por iso pensamos que as festas deste ano , aínda cos moitos inconvintes, será como os dos anteriores, unhas festas que aínda que para moitos sarriaos non as consideren así, por toda a rexión soan e son consideradas das grandes de Galicia.
( El Progreso, 4.06.1971 ).- FESTAS PATRONÁIS.- Continuanse a recoller fondos para as mesmas, ao tempo que se trata de contratas orquestras e unha famosa banda municipal. Nós tratamos de nos enterar periódicamente de como marcha todo. Dinnos que moi ben, se se exceptúan certos establecementos, bares moi especialmente que aínda continúan salindo coas dúas ou trescentas pesetas. Estes son os poucos e sempre ano tras ano os mesmos polo que a cousa non merece maior alarma, Mentres isto acontece e para facer a contra , outros da mesma razón duplican a cota ou similares. Feito polo que non hai que rachar as vestidura en momento nigún e que as cousas sigan trascorrendo normalmente,
***********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario