ESCOLAS PÚBLICAS DE SÁRRIA ( 1896 / 1875 ). ( 555 )
AS ESCOLAS PUBLICAS DE SÁRRIA ( 1896 / 1975 ) ( 555)
O industrial chocolateiro sarriao asentado en Madrid ,Matías López López , que reunira unha das máis grandes fortunas de España. politico e filántropo deixóu nun codicilo por el outorgado unha xenerosa manda destinada á edificación dunha Casa-Escola, con aula de nenos e aula de nenas e vivendas para os mestres, sinalando onde debería ser ubicada esa institución e as condicións conxestrutivas e distribución de espazos. En especial sinalou que debería quedar equidistante da Vila ( Sárria antiga ) e dos nacentes barrios de San Lázaro-A Estación e Barrio da Ponte Vella.
Como lugar de ubicación foron adquiridos terreos frenteiros á estrada de Sárria a Portomarín ( Rúa do Porvir, hoxe Rúa Marqués de Ugena ) e á Corga de Vales ( hoxe Rúa Pedro Saco ). Para darlle homoxeneidade ao terreo e evitar todo problema derivado coa colindancia coas fincas particulares por leste e norte estableceuse un paso de servidume de tres metros de largura que coincde agora coa Rúa Miguel Cervantes Saavedra ( norte ) e con parte da Rúa Velázquez ( leste ). O terreo non ocupado polo edificio foi destinado a patios de recreo e a hortas dos mestres, onde se abríu un pozo. A entrada principal estaba establecida na Rúa do Porvir e había outra auxiliar na Corga de Vales, fronte da Corga das Castiñeiras ( hoxe Rúa Afonso Gómez ) que facilitaba a entrada dos escolantes que procedían do Barrio da Estación.
As Escolas Publicas, tamén chamadas tempo adiante " Grupo Escolar Matías López" cando se abandoóu a función docente , pasarom a albergar a Casa da Cultura. , ou Centro Cultural , como reza a lápida que preside a entrada principal.
( 9,07.1894 ) Seguindo os desexos do fundador , Matías López López, a Xunta Local de Primeiro Ensino comproulle a Xosé Rivas Goyanes un terreo de 36 áreas de superficie no Prado e Leira de Vales , en escritura pasada perante o notario Xoán López Acevedo, estremando ese soar con hortas de Manuel Franco Pumares ( do Chino ) e Manuela López, @ "Profeta" , e leiros de Xosé Rivas Goyanes, Venancio Vázquez López e Dores Rivas Goyanes, servidume de paso no medio.
En 1895 a futuras Escola de Nenos das Escolas Públicas contaba cos seguintes medios docentes: Libros para Nenos: 12 " Las obligaciones del hombre ", por Escoiquiz ; 18 " Manuscritos", por Flórez González ; 18 de " Ortografía y Sintaxis" , pola Academia ; 12 de "Aritmética", de Liberato Guerra ; 24 "Definiciones de Aritmética , por Fernández ; 12 " El Instructor ( Frases y Cuentos ", por Giménez Aroca ; 72 " Silabarios" 1º, 2º e 3º , polo mesmo , 12 " Historia Sagrada", por Granell ; 12 "Agricultura " , por RAR ; 12 " Libro 2º ", pola Academia ; 24 " Doctrina Cristiana", pola Academia ; 24 " Doctrina Cristiana", por Astete .- Crucifixo. Dosel, Retrato do Xefe da Nación. Reloxo de campana coa súa caixa. Armario de madeira con catro divisións. Cadro de división do tempo e do traballo. Cadro para o Programa Xeral da Escola. Mesa escritorio para o mestre. Bade de riba da mesa. 6 cadeiras para as autoridades ou particulares. Rexistros disciplinarios, de matrícula e asistenza. Libro de contabilidade. Libro de Visitas de Inspector.- 7 mesas de escritura cos seus bancos. Unha sección de banquetas para os non escribentes. 12 pizarras manuáis. 7 encerados de madeira para Aritmética. 3 mapas xeográficos.- 16 cartaces da coleción de lectura. 6 cadros de Historia Sagrada . 20 cadros da Historia de España . 35 tinteiros de chumbo. 6 mans de papel. 32 cartelas. Caixas de prumas metálicas. Unha libra de clarión. 18 exemplares de texto da Doutrina. 28 exemplares de Historia Sagrada. 158 exemplares de textoa diversos de lectura. 24 exemplares de Gramática da RAE. 36 exemplares de Aritmética . 10 de Agricultura da RAR. 30 de Xeografía. 7 de Historia Patria. 10 de Xeometría . 18 manuscritos. Escribanía de metal con tres brazos e campaíña. Bandeira, Escudo e Medalla.
( 22.12.1897 ).- O Concello de Sárria asegura o edificio con La Unión y El Fénix., por 10 anos , cun capital asegurado de 70.000 pesetas do edificio e 6.000 pesetas polo mobliario,
( 1898 ),. Obras de arranxo no edificio ( 31,50 pesetas )
( 6.12.1900 ) O mestre titular reitera a necesidade de que lle nomeen un axudante,
( 1910 ) O mestre auxiliar tiña o soldo de 500 pesetas por ano.
Por Orde de 1.07.1931 foi creada de xeito provisorio a Escola Unitaria de Nenas Nº 2 de Sárria.
( 1925 ) Suspendidas as clases deixando de funcionara as aulas por razón de obras.
( 1930 ) Clausura temporal das Escolas de Sárria.
( 12 .08.1931 ) Por razón das obras necesarias no edificio das Escolas Publicas levantouse acta coa presenza do inspector de ensino Xoán Comas Camps, Pedro Saco Pradeda ( médico ), Xosé Vázquez López ( mestre de obras ) e Ernesto López Martínezm "Acevedo " ( Segredario do Concello ).
( 1931 ) Dotación de material e mobiliario para a Escola : Unha lámina da República, Un cartapacio, escribanía e timbree. 2 encerados de tea pizarra. 1 esfera. 7 mapas Vidal en tea e canas; 30 pizarras e 2 caixas de pizarríns, 100 cadernos Itunoeta. 2 caixas de clarión. Media resma de papel de barba. 2 caixas de prumas. 40 portaprumas e 40 lápices. 12 " Camarada,1ª parte", por Dalmau. 12 " Camarada, 2ª parte ", por Dalmau. 12 "Infancis", por Dalmau . 6 " Europa" . 12 "España, mi Patria". 12 " El primer manuscrito", 6 " Curso de 1ª Enseñanza", por Dalmau. 3 "El Quijote". 1 "Diccionario". 12 " Corazón", 6 "El Mar y la Naturaleza", 6 " Las conquistas del Hombre". Un cadro de paxaros en cartón. Un cadro de pesas e medidas. en tea. un cadro do alcoholismo,en tea. Cartabón, tinta, regla , compás e 20 tinteiros. 1 rexistro. 6 " Geografia humana ". Unha bandeira e escudo, Unha colección de sólidos xeométricos en madeira, 1 selo e tampón. 6 " Libro de la Tierra". 6 " Libro de la Vida". 20 mesas bipersoáis. unha mesa de escritorio. Unha estantería , 2 bancos. Un sillón e dúas cadeiras,
( 20.11.1937 ) Parte do edificio das Escolas Publicas foi destinada a Cuartel do Exército ( aulas e patio cuberto ). Ocupadas as aulas nº 1 de Nenos e nº 2 de Nenas o Alcalde dirixiuse ao Inspector de Ensino Primeiro pedíndolle xirase visita aos locáis habilitados para aulas e que se deixase de dar a situación de abandono do ensino, porque destituido o mestre propietario e cesado o interino xa pedira á Sección Administrativa a provisión de praza de mestre para a Unitaria de Nenos nº 1.
Entre 1952 e 1958 realizáronse obras de reconstrución e readaptación de espazos consecuencia do abandono do Exército do Cuartel ali establecido. Para a realización das obras , por un total de 268.000 pesetas das que 127.000 procederon dunha subvención estatal e as 141.000 restantes púxoas o Concello.
( 1958 ) O Concello acordóu reducir os espazos dos patios de nenos e nenas , enadindo o terreo segregado ás hortas do mestre e da mestra, Foi eliminada a porta auxiliar que daba á Rúa Pedro Saco,
( 1958 ) Mestres e mestras propietarios nas Escolas Públicas de Sárria : Manuel López-Vizcaíno Rodríguez, Manuel Prado Díaz. Ernestina Pumarega, María Pilar Rodríguez.
( 1963 ) O semisoto das aulas das Escolas de Nenos foi destinado a Fogar Xuvenil da Fronte de Xuventudes , sede do Círculo Gregorio Fernández da Organización Juvenil Española. No recanto Surleste do Patio de Nenos fíxo se unha pista de baloncesto, que acabaría fundamentando o xermolo da exitosa práctica dese deporte na vila de Sárria.
A entrada para as aulas inmediatas ao corpo principal do edificio tiñan entrada pola porta principal e dende ali entraban na aula pasando pola porta de entrada das vivendas e seguían polo despacho , que estaba comumicado coa aula. Para darlle entrada directa dende o xardín fixeron unha réplica as escaleiras das aulas e romperon nova porta aproveitando a primeira das fiestras, e así as catro aulas pasaron a ter acceso dende o xardín-
CASA DA CULTURA
BIBLIOTECA CAMILO GONSAR
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL XELA ARIAS
OUTROS USOS DOS ESPAZOS DAS "ESCOLAS PÚBLICAS"
BANQUETES E BAILES
XUIZOS CON XURADO
PREMIOS DA CATEQUESE DA MERCÉ
EXPOSICIÓN 25 ANOS DE PAZ
BIBLIOTECA ESCOLAR
EDUCACIÓN DE ADULTOS.- CLASES NOITURNAS. PASANTÍAS. PEQUENA UNIVERSIDADE. AULAS DE ALFABETIZACIÓN.- AULAS DE EDUCACIÓN DE ADULTOS.
PARVULARIO
CENTRO DE EDUCACIÓN XERAL BÁSICA ( 1969 a 1975 )
CENTRO DE FORMACIÓN PROFISIONAL
INSTITUTO DE ENSINO MEDIO
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
CENTRO DE RECURSOS PEDAGÓXICOS
EQUIPO PSCOIPEDAGÓXICO
SALÓN DE SESIÓNS DO CONCELLO DE SÁRRIA
ARQUIVO HISTÓRICO COMARCAL ( en formación )
SEDE DAS XORNADAS XURÍDICAS ROMÁN GARCÍA VARELA
TRABALLOS DE FORMACIÓN DOS CADASTROS
BIBLIOTECA XURÍDICA ROMÁN GARCÍA VARELA
CURSOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL ARCAS
CURSOS PROGRAMADOS POLO CONCELLO
ACTIVIDADE TEATRAL DA ASOCIACIÓN REBULDEIRA
CURSOS DA UNED
SEDE SOCIAL DA ASOCIACIÓN IRMANDADE SÁRRIA-GUERLEDAN
Comentarios
Publicar un comentario