SÁRRIA : AGREGACIÓN DE COUTOS ( 1827 ) ( 548 )
AGREGACIÓN DE COUTOS Á XURISDICIÓN DE SÁRRIA ( 1827 )
Entre 1820 e 1823 o Concello Constitucional de Sárria, Cabeza de Partido, estivo formado polas parroquias da antiga Xurisdición de Sárria, á que se uniron algúns coutos que foran de señorío .
Suprimido o réxime liberal a nacente estructura municipal desaparecéu e foron recuperados os coutos e xurisdicións preexisntentes na Terra de Sárria, co seu complicado sistema de xuices e meiriños, creándose nalgúns casos como primeira autoridade a figura do Alcalde Real.
A creación de concellos amplos amosara a inutilidade de manter moitos dos minúsculos coutos , dándose o caso de que algunhas parroquias , por exemplo San Martiño de Louseiro, estivesen repartidas entre varios coutos que foran de señorío.
E así catro anos despóis da supresión do primeiro Concello Constitucional de Sárria acordouse que os coutos de Castelo dos Infantes, Cesár ( a parte non pertencente a Samos ), Viládiga ( en San Martiño de Río ), " Froián " ( San Sadurniño ), " Caritel" ( a parte de San Pedro de Froián que pertencera a Samos ) ," Arxivide " ( a parte de Cesár pertencente a Samos ) , " Requeixo" ( a parte que non era da Xurisdición de Sárria e " Fafián ", pasasen a formar parte da Xurisdición de Sárria . Tamén se tratóu de incluir un inexistente Couto de "Incibroza ", que por erro evidente se quixo que se unise a Sárria, debendo querer referirse aos coutos do Incio e A Broza ( este no Saviñao ) moi arredados de Sárria e que pertenceran á Orde de Malta .
O Expediente de Agregación ( 1827 ) "
Iniciase con oficio ( anexo ) que sinalan que se unirán á Xurisdición de Sárria os Coutos de " Castillo de los Infantes" ( Castelo dos Infantes ), " Villadega" ( Viládiga ) , " Froyán" ( San Sadurniño de Froián", " Caritel" ( O Caritel, en San Pedro de Froián ) , " Requeijo" ( Requeixo , só unha parte da parroquia de San Martiño de Requeixo ), " Fafián" e "Incibroza " ( errro ). Polo Real Concello ( de Lugo ) asinan Fernando Núñez Teijeiro, Xosé Lorenzo López, Xoán de Prado. Segredario: Xoán Serrano e Somoza.
Manifesta a Agregación de Coutos . Recibido en 9 de Marzo de 1827.
Nota.- O cesamento de Xuíces que contén o oficio antecedente enténdese somente en canto a estes , mais non en canto aos Procuradores Xeráism , que onde os haxa, deben seguir nas súas funcións como até aquí. De orde do Concello : Xoán Serrano e Somoza.
Axuntamento da Vila de Sárria, Marzo 11 de 1827
Tendo recibido nesta data a Orde do Ilustre Concello de Lugo de 27 de febreiro deste ano que se pon por principio deste acordo, pola que a sabedoría do Real Acordo do reino tivo a ben agregae a esta Xurisdición de Sárria os Coutos do Castelo dos Infantes, Cesár, Viládiga, Froián, O Caritel, Arxevide, Requeixo, Fafián, "Encibroza" = Non constando a existenza do último , e preventiva do cesamento Ide xuíces. Sen perxuizo de oficiar ao Ilustre Axuntamento da Capital para que aclare o Couto de "Encibroza", e de formar expediente encol dos remates de Arbitrios desinados ao equipo e Armamento de Realistas. Acordóu o Señor Presidente librar oficios con inserción do inicial aos Xuíces Cesantes dos expresados Coutos a efectos de que llo fagan entender aos seus Domiciliarios e que fagan as reclamacións en Xustiza por esta Audiencia concorrendo á mesma o dazaoito de corrente a Xunta Plena e seren enterados das Reáis Ordes recibidas, remitindo inmediatamente todos os Documentos Xudiciáis, extraxudiciáis e correspondentes ao Ramo de Policía , fixando os editos adxuntos nos sitios públicos sinalados na circular de 22 de febreiro prósimo pasado co propio sinalamento de día e audiencia. Así o acordóu co Axuntamento, Xunta de propios , de que dou fe = Pedro González.- Manuel Dosío- Manuel López de Castro.- Pedro Fernández Armesto.
Nota.- No mesmo día libráronse os oficios correspondentes aos Xuíces cesantes de Castelo, Cesár, Viládiga, Froiá , O Caritel, Arxevide, Requeizo e por se ignorar o de Incio e Broza, acordouse a consulta ao Ilustre Axuntamento de Lugo que dí : despóis de exordiar co Presidente,
Acaba de recibir oficio do Ilustre Axuntamento da Cidade de Lugo por verea data 25 de febreiro último no que sinala os Coutos que a sabedoría do Real Acordo tivo a ben agregar a esta Xurisdición de Sárria ; e entre eles inala o de " Enci e Broza" , cuxa existenza se ignora a non ser que se trate da Xurisdición do Incio e Broza, que é coñecido = Precavendo toda dúbida e equivocación sucesiva , antes de oficiar a este acordouse participarllo por testemuño ao Ilustre Axuntamento da Capital coa fin de que se sirva expresar o que teña por convinte , evacuando canto aos demáis o que prevé a citada orde = É copia . Pedro González . Manuel Dosío. Manuel López de Castro. Pedro Fernández de Armesto.
Nos oficios expedidos aos Xuíces cesantes despóis de copiar o da Capital de 25 de febreiro díse á letra o que segue= Na copia dun deles que se une e rubrica para coñecemento do expediente.- González.- Sío.-López.- Pedro Fernández.
Xudicatrura de Sárria.- Señores Xuíces cesantes de Castelo dos Infantes, Cesár, Froiá, O Caritel, Fafián, Requeixo, Viládiga. Encibroza.
Polo veredeiro do Ilustre Axuntamento da Cidade de Lugo acabo de recibir Diferentes reáis ordes entre elas as que á marxe sinala os mesmos Coutos que se cita e o máis que á letra sgue ....................................
............................................. trascrición do oficio .........................................................................................
En cuxo cumprimento acordéi librar o presente a Vmde. Para que cumpra en todo o seu contido , facendo entender a eses Domiciliares este cesamento, e que qurendo rcclamar en Xustiza algunha cousa o faga por esta Audiencia segundo e na conformidade que se dispón na Orde inserta. Dispoñendo inmediatamente a entrega de todos os Documentos xudiciáis e extraxudiciáis e correspondentes ao Ramo de Policía, coa debida conta e razón ; fixando no sitio máis público o Edito adxunto e remitindo certificación de telo feito, convocando para os remates de arbitrios que compreende aos baturáis coa fin de que concorran o Domingo dazaoito do corrente á Audiencia desta Vila a se cercioraren das Últimas e reáis ordes circuladas en Xunta plena e avisando de quedar enterado sen deter ao condutor.. Agardando do celo da Vmde, o pronto e exacto desempeño de todo o prevido
Comentarios
Publicar un comentario