ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ, ALCALDE DE SÁRRIA ( 1936 ) (554 )
ANTONIO PÀRAMO SÁNCHEZ, ÚLTIMO ALCALDE REPUBLICÁN DE SÁRRIA ( 1936 ) ( 554 )
ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ, avogado, Alcalde de Sárria por designación gubernativa ( 17.02.1936 a 20.07.1936 ) por Izquierda Republicana. Casóu con María änxeles Suanzes Pereiro. Fillos: María Consuelo, Antonio e Xabier Páramo Suanzes . Foi presidente de La Unión ( 1936 ). Fixo fronte ao alzamento militar do 18.07.1936 , establecendo medidas de mantemento da legalidade democrática en Sárria, colaborando co envío de grupos armados para se poñeren ás ordes do gobernador civil, establecendo reténs na garda dos establementos públicos , mantendo esas medidas até a medianoite do día 20, cando declarado o estado de guerra en Lugo, a garda civil de Sárria entróu na Casa do Concello que fora desaloxado pouco antes polo alcalde e as persoas da súa confianza que o acompañaban.
Salvóu a súa vida porque fuxíu cara Vilamaior e Castro de Rei de Lemos, e con posterioridade ao 29 de xullo, data na que a resistenza que nesa parroquia se facía foi eliminada pola ocupación da parroquia por militares e falanxistas , pasóu á clandestinidade , permanecendo agochado moitos anos en Marzán do Saviñao, na coñecida como " Casa dos Escapados" , en Quián ( Reiriz ) e na Casa do Barreiro.
Os falanxistas puxeron prezo á súa cabeza e as continas operacións na súa percura non deron resultado. Seguiron na súa contra actuacións xudiciáis e consellos de guerra , embargaron os seus bens e os falanxistas sarriaos perseguiron, aldraxaron e arbitarriamnte colleron bens dos seus familiares, presentándoo como "perigoso comunista " e promotor de actos revolucionarios perpetrados polo que calicaban de " hordas ". No periodo previo ao golpre militar xa fora obxecto de continas campañas de desacreditación a nivel local, destacando con insinuacións e acusacións falsas o correspondente sarriao do coruñés xornal " El Ideal Gallego ".
A súa casa da Rúa Diego Pazos foi confiscada e ocupada, baixo o nome de "Casa de la Falange" , estabñecendo nela a sede da Fronte de Xuventudes e o comedor de Auxilio Social. Esa ocupación mantívose até que o alcalde Xabier López-Acevedo López corrixíu ese inxusto disfrute reintegrándoo na plena posesión do edificio e da horta posterior.
Cando abandoóu a sitauación de " fuxido " , solucionado todo o derivado da persecución politica e das actuacións da xustiza militar, asentóu en Lugo , exercendo como avogado, ao tempo que participaba na xestión da " Casa Vento" de San Lázaro.
Falece´éu o 24.05.1959.
******************************
Cursóu o bacharelato en Lugo e a carreira de Dereito en Santiago e en Madrid. Nesta cidade , en 1935, foi ferido nunha perna por un disparo que un descoñecido exaltado politico lle fixo cando ía con algúns amigos cara un mitín politico.
** ( 02.1936 ) Manuel Rodríguez, de Barán ( Paradela ) que fora ferido , acusa a Xulio López de actuar inducido por Xulio González Teijeiro e Antonio Páramo Sánchez.
** ( 05.1936 ) Concédenlle licenza de arma de caza.
**(08.1936) Forma parte con Isidro Nieto do Comité Local para a III Volta Ciclista a Galicia-
**( 05.1937 ) Na súa calidade de "ordenador de pagamentos" do Concello de Sárria seguiron na súa contra un sumario baixo da acusación de estafa.
**( 05.1937 ) En expediente de responsabilidade 5 / 1937 do Xulgado Militar Permanente de Monforte ( en ausencia ) foi condeado ao pagamento de 100.000 pesetas.
**(06.1937) A Xunta Provincial de Incautación de Bens abre expediente para esixirlle responsabilidade civil pola súa actividade politica e tamén contra Xoán Tizón Herreros, de Monforte.
** ( 1938 ) En expediente seguido " pola súa oposición ao Glorioso Movemento Nacional " embargáronlle os seguintes bens radicantes na parroquia de Santa María de Vilamaior : a metade da Casa de Perico de Vilamaior, Prado do Bacelo, Aira, Chousa dos Pinabetes , Cortiña da Mina, As Caínzas, Leira de Lamalongam Prado dos Espiños, Leira da Cruz, Leira das Viñas, Cortiña da Óniga,. Cortiña do Pacila e Leira de Cima da Lama-
** ( 1958 ) Membro da Comisión Mista da Agrupación de Contribuinte - Grupo de Comerciantes Maioristas de Produtos Cárnicos de Lugo.
áa
** ( 04.1936 ) Elixido compromisario para a elección do Presidente da República.
( La Provincia, 27.09.1929 ).- Antonio Páramo Sánchez obtén o Tiduo de Bacheler.
................................................................................................................................................................
( 1932 ). Traslado do expediente universitario dende a Faculdade de Santiago á Faculdade de Dereito de Madrid.
.......................................................................................................................................................................
( La Libertad, 13.03.1935 ).- PETICIÓN DE INDULTO PARA CONDEADOS A MORTE
Asina , xunto con avogados de toda España un escrito dirixido ao Consello de Ministros pedidno indulto para todos os condeados a morte.
.....................................................................................................................................................................
( Hoja Oficial del Lunes, 21.10.1935 ) ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ FERIDO EN MADRID
Ferido nunha liarada.- Á primeira hora da noite de onte, día 20, uns mozos que paseaban pola rúa de Nicolás María Rivero ( Madrid ) comezaron a debouraren.
A porfía subiu de ton e de sutaque oiuse un disparo e viuse caer no chan a un dos mozos ferido.
Levado rápidamente á Clínica Tamayo , o doutor Jesús Rodríguez procedéu á cura de urxenza, apreciándoselle unha ferida por arma de fogo na coxa dereita , que a atravesóu e outra ferida na coxa esquerda sen orificio de saída.
O ferido chámase Antonio Páramo Sánchez , de vinte e tres anos de idade, natural de Sárria ( Lugo ) , é avogado. domiciliado accidentalmente en Madrid, calle Valverde, 43.
( VIDA GALLEGA, 10.11.1935 ).- Antonio Páramo Sánchez resultóu ferido en Madrid por disparos feitos por un descoñecido , cando con outras persoas para un mitín , e se produciu unha porfía entre mozos de distinto signo politico.
....................................................................................................................................................................
( 9.02.1936 ).- MITÍN DE IZQUIERDA REPUBLICANA
O día 9, ás catro da tarde , e cun cheo rebordante celebróu un mitín Izquierda Republicana no seu local social ( A Ciguñeira ) no que fixeron uso da palabra varios oradores. Fixo a presentación D. Antonio Páramo Sánchez, avogado desta localidade.
Durante o acto reinóu grande entusiasmo. Rematóu o mitín cunhas breves palabras do Sr. Páramo que deu tres vivas á República, a D, Manuel Azañs e a Galicia,
O desfile do numeroso público que acudiu ao mitin fíxose dentro de moita orde e non se rexistróu a menor incidencia.
Co gallo do mitín as xentes dos pobos da contorna acudiron en masa, e en particular os de Paradela, sendo portadores das respectivas bandeiras tricolor.
Por tan rotundo bon suceso damos parabéns a oradores e organizadores.
.......................................................................................................................................................................
( Alborada, 16,02,1936 ),. Félix García Pardo, de Lugo,detido en Sárria por dous gardas de asalto e conducido ao Centro de Izquierda Republicana onde foi interrogado por diversos afiliados do mesmo encol dos motivos da súa visita a Sárria.
................................................................................................................................................................
( El Pueblo Gallego, 18.03.1936 ).- NOMEAMENTO DA COMISIÓN XESTORA MUNICIPAL
O pasado domingo día 15 de marzo verificouse a toma de posesión do novo Concello desta vila, constituiuse con concelleiros interinos designados polo Gobernador Civil da Provincia .
Os nomeamentos recaeron en persoas moi queridas neste municipio e de acendrados sentimentos republicáns , causando a súa designación enorme entusiasmo no elemento esquerdista.
Foi elexido Alcalde D. Antonio Páramo Sánchez , avogado e Presidente de Izquierda Republicana desta vila. Primeiro tenente de Alcalde: Don Valentín López López, propietario e militante de Izquierda Republicana. Segundo tenente de Alcalde : Don Manuel Durán López, obreiro. Terceiro tenente de Alcalde: Don Francisco López Melle, propietario e militante de Izquierda Republicaaa, Cuarto tenente de Alcalde: Don Manuel Díaz Vázquez, propietario e militante de Izquierda Republicana, Concelleiro Síndico: D. Dositeo Piñeiro Valcárcel, propietario, e vicepresidente de Izquierda Republicana.
O Alcalde elexido, don Antonio Páramo Sánchez , pronuncióu unhas breves palabras para agradecer a designación, pedido ao persoal municipal colaboración e cumprimento do deber , dicindo que ven ao Concello con afán xusticieiro e sen ánimo de perseguir, levando sempre como norma directriz a decencia e ética do Partido ao que ten a honra de pertencer e o cumprimento do Programa da Fronte Popular.
....................................................................................................................................................................
( 15.03.1936 ) BANQUETE POPULAR EN SAN FIZ DE VILAPEDRE
Celebrouse o domigno día 15 na parroquia de San Fiz de Vilapedre , organizado polas Xuventudes do Comité parroquial de Izquierda Republicana , para celebraren o triunfo do 16 de febreiro e de homenaxe ás mulleres republicanas . Asistiron numerosos comensáis. O acto foi presidido polo Alcalde de Sárria don Antonio Páramo Sánchez , asistindo unha representación de mulleres republicanas e representantes dos Comités da Fronte Popular do partido xudicial e Concellos.
Pronunciaron brillantes discursos , que foron moi apraudidos , D. Francisco Pardo Camba, D. Ricardo Núñez e D. Antonio Páramo Sánchez.
......................................................................................................................................................................
( 19.04.1936 ) Espléndido remate da Semana Sarriana organizada por Radio Lugo.
Tiveron lugar en Sárria os últimos actos da Semana adicada a tan simpática vila luguesa.
Celebrouse unha velaada a cargo do cadro artístico da Emisora Radio Lugo no Cine-Salón , intervindo ademáis do citado cadro o de declamación , o cadro lírico, cuxos compoñentes foron ao efecto a Sárria, coa súa direitora á fronte señorita de Fontán e o cuarteto musical.
Tamén acudiu a Sárria o Alcalde de Lugo Sr. Lamas acompañado da súa esposa.
Recibiron aos excursionistas o Alcalde sarriao Sr. Páramo e concelleiros daquel Axuntamento, disparándose bombas ao chegaren á vila.
No Salón de Sesións foron agasallados cun "cup". No Hotel Roma houbo un banquete ao que concorreron os referidos cadros e cuartero, autoridades locáis, alcaldes de Lugo e de Sárria e outros convidados . O acto resultóu brillantísimo e foi unha demostración de vivo afecto e compenetración entre as dúas localidades.
...................................................................................................................................................................
( El Progreso, 24.04.1936 ) CANDIDATURA DE ESQUERDA PARA COMPROMISARIOS PARA A ELECCIÓN DO PRESIDENTE DA REPÚBLICA.
Manuel Fernández Boado, Guillerme Otero Villalba, Xoán Tizón Herreros . Antonio Páramo Sánchez, Xacinto Calvo López,, Virxilio Ledo Santandré, Marcelino Fernández Prada , Perfecto Abelairas Castro. A Xunta Provincial do Censo Electoral de Lugo proclama candidato á elección de compromisarios para a elección do Presidente da República a Antonio Páramo Sánchez.
.......................................................................................................................................................................
( Boletín Oficial da Provincia de Lugo, 14.05.1936 ) Obtén licenza de armas de primeira clas.
.......................................................................................................................................................................
( 17.05,1936 ) .- O Alcalde-Presidente do Concello de Sárri asiste en Santiago de Compostela á magna Asemblea que acordóu fixar a data do Plebiscito do Estatuto Galega.
( El Pueblo Gallego, 31.05.1936 ).- Sárria. Campo de acción dos falanxistas .- O Gobernador señor Fernández Vega manifestóu aos xornalistas que lle comunicaron dende a vila de Sárria que na noite de antonte tres falanxistas tirotearon a un cidadán ao sair do Casino.
A Garda Civil practica averiguacións para coñecer quen foron os autores para a súa detención. Recolleuese no lugar do feito dous proxectis que foron depositados.
Feitos semellantes - di o Gobernador - repítense na citada localidade . Hai varios días tencionaron atentar contra a vida do Alcalde e a autoridade está disposta a que estes sucesos non se volvan a repetiren , para o que adopta as medidas necesarias.
...............................................................................................................................................................
( El Ideal Gallego, 26.06,1936 ).- Lugo 25.- Onte tencionóu actuar nesta cidade a "garda" creada polo Alcalde de Sárria para a súa escolta persoal.
Pretendían que se realizasen determinadas dilkixenzas , mais parece ser que as súas intewncións non chegaron a verense realizsas por teren tropezado con persoas que saben o lugar que ocupan e que non se prestaron a seren xoguetes dunha paixonciña política,
Novamente preguntamos, ¿ enterouse o señor gobernador desta provincia ?
....................................................................................................................................................................
( Boletín Oficial da Provincia de Lugo, 18.07.1936 ) Publicación do anuncio de exposición ao público do Orzamento Municipal para 1936.
.........................................................................................................................................................................
***********************************************************************************
( André Páramo C+casas )
6ª DIVISIÓN.- PRAZA DE LUGO .- ANO DE 1936.- XULGADO MILITAR EVENTUAL
CAUSA Nº 185
INSTRUÍDA CONTRA O EX-ALCALDE DA VILA DE SÁRRIA, DON ANTONIO PÀRAMO SÁNCHEZ , POLO ACHÁDEGO DE ARMAS NO SEU DOMICILIO .
Deron comezo estas actuacións en 25 de Xullo de 1936.- Situación do encartado ;
Xuiz Instrutor: O Capitán de Infantería Don Enrique Méndez Iglesias.- Segredario: O Brigada da mesma arma Don Antonio Pérez-Peñamaría Saco-
...............................................
Comandancia Militar de Lugo .- Núm 998.- Adxunto remito á Vª Sª atestado instruido pola Garda Civil, contra do ex-Alcalde da Vila de Sárria desta provincia DON ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ , por depósito de armas no seu domicilio , coa fin de que co carácter de Xuiz Instrutor e auxiliado por Segredario que designe proceda á formación da oportuna causa na contra do mesmo , servíndose acusarme recibo. Lugo, 25 de Xullo de 1936. O Tenente Coronel Comandante Militar. Asinado ( Ilexible ).
Sr. Capitán Xuiz Instrutor, Don Enrique Méndez Iglesias. Caixa de Recluta nº 51.- Praza
...................................................................
Atestado instruido sobre depósito de armas ( 21.07.1936 )
En Sárria, a veintiuno de julio de mil novecientos treinta y seis , Don Mariano Vaquerizo García, Sarxento da Comandancia da Garda Civil de Lugo, concentrado nesta vila pola presente acta fago constar , que en unión dos Gardas segundos Constantino Rodríguez Orozco , Ramón Silvela de la Fuente e Xinés Jodar Sánchez, e Corneta , Xosé López García, foi recoñecido o domicilio do ex-Alcalde deste pobo , Don Antonio Pàramo Sánchez, a presenza da súa nai Consuelo Sánchez Arias , viuva, de corenta e oito anos e viciña da dita vila e o seu tío Xosé Sánchez Arias , maior de idade, en representación de aquel por non se achar no domicilio e das testemuñas Graciano Durán Galindo e Xosé Castro González, maiores de idade, e viciños da mesma vila , achando no tal domicilio as armas seguintes: No cuarto-despacho do Don Antonio unha tercerola sistema Remigton , en bon uso e útil para disparar ; na galería , pranta alta, un trabuco en bon uso e útil para disparar, un fusil antigo, descoñecendo o sistema , co número seiscentos setenta e cinco ; no primeiro cuarto que está á dereita segundo se vai á galería, unha mecha de vinte e cinco centímetros de longo aproximadamente , dous proxectís do revólver do quince e outro do doce e unha bala do seis trinta e cinco de pistola no mesmo cuarto anterior, así unha escopeta inútil.
Preguntados os familiares citados , contestan que coñecedores da persoa do seu sobriño e profisión que desempeña, estes últimos días era moita a xente que concorría ao se bufete en calidade de consulta profisional, sen que nestas visitas se lles fixeran preguntas que foran alleas á súa profisión ou asuntos administrativos municipáis , relacionados exclusivamente esas consultas como indicado coa profisión de Avogado e Alacalde, por ter aos seus familiares ocupados na profisión comercial que teñen noutro edificio situado no Lázaro e a cen metros de distancia desta casa rexistrada, supoñendo ( que poideron ser introducidas na súa casa e do que non puido apercibirse bo Señor Páramo por ter o seu despacho a carón do portal e as persoas que entraban a se consultaren facíano individualmente e coa porta do bufete choída para que non poidese ouvir a xente que agardaba estas consultas profesionáis e para gurdaren o respeto debido á vida profisional que todo Avogado debe gardar, deducindo de todo isto e acreditándose polo tanto a facilidade coa que algunha xente se puido introducir sen ser vista e poñer as ditas armas no lugar onde foron achadas e que estes familiares, nai e tío, non viron esas armas nin as recoñecen da súa propiedade . Que a nai non vive no domicilio do seu fillo , que só cando este se ausenta ten a chave única e exclusivamente para custodiar o edificio. Dándose por rematado este rexistro ás oito horas do citado día co resultado indicado, achándose de conformidade e sen faceren reclanación ningunha os familiares do dono do domicilio rexistrado, que asinan todos os que nela interviron coa forza e instrutor que certifica,
José Sánchez.- Consuelo Sánchez.- Graciano Durán.- Constantino Rodríguez Orozco.- Ramón Silvela de la Fuente.- Ginés Jodar Sánchez.- José López García--José Castro.- Mariano Vaquerizo García.
...............................................................
............Practicadas pola forza activas xestións para a detención do ex-Alcalde Don Antonio Páramo Sánchez a quen lle acharon as armas que se reseñan neste atestao no seu domicilio desta vila de Sárria, resultaron infrutuosas pois resulta que dende as dúas da mañá de hoxe que foi deposto do cargo de Alcalde , desapareceu descoñecéndose o seu paradoiro.
E para facelo constar exténdese a presente en Sárria a vinte e un de xullo de mil novecentos trinta e seis, asinando a forza instrutora.
Ginés Jodar Sánchez.- José López García.- Constantino Rodríguez Orozco.- José López García.- Mariano Vaquerizo García.
.............................................
Dilixenza de entrega.- En Lugo a vinte e dous de Xullo de mil novecentos trinta e seis, Fíxose entrega ao Señor Comandante Militar da Praza do presente atestado que consta de dous folios útiles , instruido encol do depósito de armas , en estado de guerra, quedando as sinaladas nestas dilixenzas depositadas e ao dispor da dita autoridade na Casa-cuartel de Sárria.
E para facelo constar exténdese a presente que asina a forza instrutora.
Giné Jodar Sánchez.- Ramón Silvela de la Fuebte.- José López García.- Constantino Rodríguez Orozco.- Mariano Vaquerizo García.
........................................
Providencia Xuiz Sr. Méndez.-En Sárria a vinte e seis de Xullo de mil novecentos trinta e seis. Ditíxase orde ao Comandnate do Posto da Garda Civil desta vila coa fin de que se proceda á detención do Sr. Ex-Alcalde Don Antonio Páramo Sánchez, poñéndoo ao seu dispor no cárcere do partido.
Mándao e asina a Sª.Sª e dou fe.
Méndez.- Antonio P. Peñamaría.
Nota .- De seguido cumprimentouse. Dou fe. ( Peñamaría )
...........................................................
Providencia Xuiz Sr. Méndez.- En Sárria a vinte e tres de Xullo de mil novecentos trinta e seis< Diríxase oficio ao Cpmandante do Posto da Garda Civil coa fin de que ordene comparezan neste Xulgado o Sarxento Don Mariano Vaquerizo García e os gardas Constantino Rodríguez Orozco , Ramón Silvela de la Fuente e Ginés Jodar Sánchez e corneta José López García.
Mandouno e asina a Sª Sª e dou fe ( Méndez.- Antonio P- Peñamaría )
Nota.- De seguido cumprimentouse, dou fe ( Peñamaría )
.............................................................
Providencia Xuiz Sr. Méndez.- En Sárria a trinta de Xullo de mil novecentos trinta e seis. Por ter recibido orde telefónica á vinte horas, de ter que asistir na Praza de Lugo ás oito horas do día de mañá, como vogal, a un Consello de Guerra, suspéndese momentáneamente o curso destas actuacións.
Mandouno e asina a Sª Sª; dou fe ( Méndez.- Antonio Pérez Peñamaría )
......................................................................
Declaración da naii do ex-Alcalde desta vila, Dª Consuelo Sánchez Arias.- En Sárria a dous de agosto de mil novecentos trinta e seis , perante o Sr. Alcalde, digo , Sr. Xuiz e presente Segredario comparecéu Dona Consuelo Sánchez Arias , quen advertida de que ía prestar declaración e das penas sinaladas na Lei ao reo de falso testemuño, prometéu ser veraz nas súas manifestacións e ao ser preguntada polas xeráis da Lei, dixo:
Chamarse como queda dito, nai do Ex-Alcalde desta vila Don Antonio Páramo Sánchez , maior de idade, viuva , natural e viciña desta vila.
Preguntada convenientemente declara: Que encontrándose na mañá do día vinte e un de Xullo na casa que posúen no Barrio de San Lázaro, recibiu aviso da Garda Civil para que comparecese na cas na que vivía o seu fillo , e unha vez nela abriu a porta, e xunto coa forza entraron , procedéndose deseguido ao rexistro, aparecendo as armas e municións que se recoñecen no atestado do folio dous e tres, armas que nunca vira na súa casa sendo ela a primeira sorprendida. e rematado procedeu a pechar a Casa , ausentándose para a outra casa que deixa citada , mais dende a mañá do día vinte e un na que saira non voltóu á casa na que vivía o seu fillo, até que foi requerida pola Garda Civil na mañá do día vinte e un. Que tanto ao seu fillo Antonio como ao seu fillo Xulio, non volveu a velo dende a mañá do día vinte, nin ten coñecemento de onde se poden achar. Que as chaves da Casa na que vivía o seu fillo mandolullas este dende o Concello ás dúas da tarde , aproximadamente, do día vinte.
Preguntada se ten algo máis que dicir, dixo: Que non, que o dito é a verdade, afirmándose e ratificándose no seu contido, previa lectura, asinando coa Sª Sª, do que dou fe.
Enrique Méndez.- Consuelo Sánchez.- Antonio P-Peñamaría
.....................................................................
Providencia Xuiz Sr. Méndez.- En Sárria a dez de Agosto de mil novecentos trinta e seis.- Trasládese o Xulgado a Monforte en vista de se achar detido naquel cárcere o irmán do ex-Alcalde desta vila, Don Xulio Pâramo Sánchez, coa fin de lle recibir declaración.
Méndez- Peñamaría
....................................................................
Señor Auditor:
Don Enrique Méndez Iglesias, Capitán de Infantería con destino na Caixa de Recluta número cincuenta e un, Xuiz Instritor nomeado pola Comandancia Militar de Lugo, para a tramitación desta Causa á Vª Sª en cumprimento do disposto no artigo 532 do Código de Xustiza Militar, ten a honra de formular o seu ditame da forma seguinte:
Principiaron estas actuacións en vinte e cinco de Xullo último. en virtude de orde da Comandancia Militar de Lugo,a contra do ex-Alcalde de Sárria, Don Antonio Páramo Sánchez, polo achádego de armas no seu domicilio, o día vinte e un de Xullo último,ao ser rexistrado pola Garda Civil.
A nai e irmán do citado ex-Alcalde, declaran aos folios 8 volto e 9 e 9 volto e 10.manifestando que as armas achadas no seu domicilio non pertencían ao mesmo, pois el non usaba máis armas ca unha pistola e na casa non existían máis armas ca unha escopeta de caza e cecáis sexa verdade, pois segundo se desprende doutro sumario, aquel era o lugar onde se depositaban as armas e municións que como Alcalde requisaba; e que de seguro foron abandoadas por careceren de municións para as mesmas.
Ao folio 4 volto, obra provindencia, acordando a degención do repetido ex-Alcalde Don Antonio Páramo Sánchez, por crelo o único responsable, detención que até esta data non se puido efectuar.
O Xuiz que suscribe ten a honra de elevar á Vª Sª o actuado, en virtude de instrucións recibidas, para a resolución que estime procedente.
Sárria, once de Agosto de mil novecentos trinta e seis.
.......................................................................................................................................................................
( Boletín Oficial da Provincia de Lugo, 3.05.1937 ) Acordan instruir expediente de responsabilidade civil contra Antonio Páramo Sánchez no Xulgado Militar Permanente de Monforte de Lemos.
.......................................................................................................................................................................
( Boletín Oficial da Provincia de Lugo, 17.05.1937 ) Citación a Antonio Páramo Sánchez para que concorra ao Xulgado de Instrución de Sárria en sumario por " estafa " por ter exercido a función de Ordenador de pagamentos do Concello de Sárria ).
.....................................................................................................................................................................
REQUERIMENTO POR EMBARGO DE BENS
( Boletín Oficial da Provincia de Lugo, 27.07.1938 ) .- Requerimento dos tíduos de propiedade dos bens embargados a Antonio Páramo Sánchez : Casa de Perico de Vilamaior, Prado e Devesa do Bacelo , Aira, Chousa dos Pinabetes, Cortiña da Mina, Leira das Caínzas, Leiro de Lamalong , Prado dos Espiños, Leira da Cruz, Leira das Viñas, Cortiña de Oniga , Cortiña do Pacial, Leira de Cima do Lameiro. Representa unha cota de 1 / 24 parte.
........................................................................................................................................................................
( Boletín Oficial da Provincia de Lugo, 6.06.1940 ) Expediente de Responsabilidade Civil nº 5 / 1937 do Xulgado Militar Permanente de Monforte , de orde da Comisión Permanente de Incautación de Bens de Lugo ( Resolución de 25.05.1938 ) Antonio Páramo Sánchez condeado ao pagamento de 100.000 pesetas en cocpeto de responsabilidade civil pola súa actuación politica.
...................................................................................................................................................................
( El Progreso, 29.01.1955 ) REPRESENTANTE DO GREMIO FISCAL DE EXPORTADORES DE XAMÓNS E LACÓNS.
Aprobase , pola Deputación Provincial, o concerto solicitado por D. Antonio Páramo Sánchez , con suxeición ás mesmas normas e condicións do anterior e baixo da denominación " Gremio Fiscal dos Exportadores de Xamóns e Lacóns de Gado Porcino" da provincia de Lugo para o mesmo ano 1955. ( Aprobado pola Deputación Provincial por solicitude do Delegado Provincial de Sindicatos por un total de 240.000 pesetas ).
.....................................................................................................................................................................
NO CABODANO DO FALECEMENTO DE D. AMTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ
( El Progreso, 31. 05, 1960 ). Notas necroloxicas.- No primeiro cabodano do falecemento de don Antonio Páramo Sánchez
Cúmprese un ano do falecemento de don Antonio Páramo Sánchez , distinguido avogado e intelixente industrial.
A recta persoalidade humana e social do señor Páramo Sánchez obriga ao recordo, e os que tivemos a honra de sermos os seus amigos somos tamén testemuñas da súa boahomía , a súa capacidade profisionañ no foro e nos negocios , actividades que el sabía compaxinar brillando nunhas e noutras, do seu trato amable e cordial, como compre a un home que foi cabaleiro á española e que en todos os actos amosóu un xusto sentido cristián de vida.
Ao lembralo hoxe en vida e ao recordar a datan da súa morte, elevamos unha fermosa oración pola súa alma e reiteramos o noso máis sentido pésame aos seus familiares, todos eles moi distinguidos amigos nosos.
Descanse en paz a alma do bon amigo Antonio Páramo Sánchez.
......................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario