SÁRRIA: PREGOEIROS E PREGOEIRAS DAS FESTAS DO SAN XOÁN ( 550 )

PREGOEIROS E  TAMBORILEIROS DE HONRA NAS FESTAS DO SAN XOÁN DE  SÁRRIA ( 550 )

1950.-   Avelino Pousa Antelo.  1953.-  Fr. Ricardo Sanlés / Avelino Pousa Antelo . 1960.- Anónimo ( Os vosos amigos ).  1964.- Xosé Trapero Pardo. 1965.- Manuel Rodríguez Díaz ( Rodim ), 1967.- Xosé Trapero Pardo. 1970.-  Uxío López Prado.  1972.- Euxenio López López-..............

I- 1973.- Manuel María Fernández Teixeiro.II- 1978.- Xosé Xulio Quindós Pardo. III-  1980.- Xosé Trapero Pardo. IV.- 1985.- Ramón Piñeiro López.

                   PREGOEIROS  DO SAN XOÁN / TAMBORILEIROS DE HONRA

1.- 1986. Avelino Pousa Antelo ( Creador do Tamborileiro Municipal ). 2.-  1987. María do Carme Parada López. 3.- 1988. Iolanda Díaz Gallego. 4 .- 1989.Anxo Rodríguez Castedo. 5 .-  1990.  Román García Varela. 6 .- 1991. María Elvira Yebra Villanueva. 7 .- 1992.   Xesús Vázquez Gallego. 8 .-  1993. Xosé Peña Guitián. 9.- 1994. María do Carme Pena Fernández.10.-  1995. Manuel Arturo Pombo Arias. 11.-  1996. María Carretero. 12.- 1997. Valentín Arias López. 13.-  1998.  Xoán Luis López Díaz. 14.- 1999. Raúl López López ( * ). 15 .- 2000. Ernesto Sánchez Pombo. 16.-  2001.Alcaldes de Sárria ( Século XX ). 17.- 2002. Sonia López Sánchez.18.-  2003. Victor López Villarabid. 19.-  2004. Xosé Ramón Gayoso  Bonigno ( ** fora de norma** ). 20.-  2005.Carmela González Ruiz.21. - 2006.   Amando Losada Losada. 22.- 2007 . Manuel Rodríguez Díaz ( Rodim). 23.- 2008. Manuel de las Heras Briones. 24.- 2009. Xesús María  Martínez Rodríguez. 25.- 2010 . Pilar Hombreiro de la Torre . 26. - 2011.  Manuel F. Rodríguez  Fernández. 27 . - 2012. Siro López Fernández. 28 .- 2013. Raúl López López(** 2ª vez  ).29  .-  2014.Cruz Vermella de Sárria. 30. -  2015. Cáritas Interparroquial de Sárria. 31. - 2016.Banda de Música /  Escola Municipal de Música. 32 .-  2017. Anxo Rodríguez Castedo ( ** 2ª vez  ). 33  .- 2018.  Violeta Bernardo Vázquez.  34 . - 2019. Asociación Española Contra o Cancro. -  2020. Festas suspendidas ......... .-  2021. Festas suspendidas......... .35. - 2022.  Oscar Puente Santiago 36.- 2023. Abraham Cupeiro.- 37.- 2024. Xaime Félix López Arias.

( ** ) Segunda vez.

***********************************************************************************

                                                                   PREGÓN  DO ANO 1950

AVELINO POUSA ANTELO ( Publicado no Programa  ) : 

 Repenica, repenica,/ Non deixes folgar a man, / Repenica pregoneiro , / Pol-as  festas do San Xoán,// Grandes festas  relixiosas /  Misa grande con sermón / E no remate d ' a  misa / D' o Señor a proceseón. //  Festas de día e de noite, / Festas de noite e de día  : /  Verbenas deic ' a mañán, Troula desque romp `o día, //  Festas  de San Xoán en Sárria , / Forasteiro, ¿ no-n-as  viches ? /   ¿ Non estiveches n-elas ?..... /  ¡ Non sabes o que perdiches ! // Repenica, repenica  / Tamboril  hastra romper /  Qu ' outras  festas  como elas /  N ' has houbo  nin ha d ' haber .//

                                           PREGÓN RELIXIOSO ( 1953 )

FR.  RICARDO SANLÉS, COMENDADOR DA MERCÉ: ( Publicado no Programa )ç

" O ano 15 do  reinado de Tiberio  César, ou sexa, o 26 da nosa  era, " Xoán Bautista"  aparecéu no deserto pregando  un bautismo  de penitenza  para a remisión dos pecados.

A vida  do fillo de Zacarías  e de Sabela , do Bautista , que en frase  de Xesús  foi " o máis grande dos nados  de muller "  e " en cuxo nacemento  alegráronse moitos " , é un exemplo de fe e de penitencia. Durante a súa permanenza  en lugares desertos  e escasos froitos  levóu unha vida silandeira  e austera.  Aparecía en publico  vestido de peles de camelo , cinguido cunha larga  faixa de pel e comendo dos pobres e escasos  froitos que o deserto  lle podía ofrecer:  lagostas e mel silvestre. A súa habitación era  unha cova caliza  onde permancéu anos e anos .

A súa misión  foi anunciar a Cristo , preparando os corazóns para  recoñecelo como o Mesías  que viña para a redención do mundo.

O exemplo do Bautista  debe ser para nós " ensino"  e " animación" . Ensino  para crermos na providenza  e recoñecermos  a superioridade de Xesucristo. Con belisima frase  dicíao o Precursor . " Convén que El creza  e eu diminúa ".

 E trascorridos os días de xexún  do Señor, cando Xesús pasa  por diante do Bautista, este sinálao co dedo  dicindo " Velaí  o Año de Deus, o que quita o pecado do mundo".

Non o esquezamos:  O  Bautista amósanos  o camiño; Cristo Xesús.

Ben está que toque a música, que as bombas resoen na veiga,  que aparezan as barracas  para mozos e grandes e que o tío-vivo  dea voltas e máis voltas. Todo iso  amostra que estamos alegres.

 O importante con todo  é asimilarmos un anaco desta marabillosa vista do Bautista  e seguirmos  o seu ensino  tan saudable e  os seus exemplos tan  heroicos.  Iso  é o que ten verdadeiro valor  para nós, homes cristiáns.Por iso dixen que debe servirnos de  animación.

E ao nos felicitar neste día , sinto o desexo  de que fagades unha oración pedindo por todos  os que formamos a vila de Sárria, esta fermosa   e acolledora vila , polos que vivimos  nela  e polos ausentes dela , que lembran todos a casa soarenga  e do ceo  ca cobre, do agarimo que a habita, dos ríos, dos prados, do fresco e verde ramaxe dos bosques.....

Os seus desexos , o seu debezo é erstaren  connosco , viren á nosa beira,

Sen dúbida  que hoxe dos seus beizos  xurdirán espontáneas  as notas sentimentáis  da cantiga morriñosa :  Non che nego a bonitura / ceíño desta terriña, / ceíño  d' a terra allea, /  ¡ Quen che me dera n ' a miña ! / ¡Os que pra  aló vades  / con vós me levái !....

************************************************************************************ 

                                          PREGÓN VERSIFICADO : 1953

¡ Ei carballeira.... ! dirán / os rapaces  da bisbarra  / cando veñan  para Sárria /  o día de San Xohán ,/ ¡ Ei carballeira !..... dirán / as rapaciñas solteiras  / que virán moi garuleiras , / con aire ledo e levián . / ¡ Ei carballeira...   ! Quizàis /  digan c ' a lingua pequena / o Sr. Xurxo da Pena  / e Manoel de Farbán . / ¡ Ei carballeira.... ! i-o eco / irá pol ' as carballeiras , / pol ' os soutos verdecentes , / pol 'os  montes e as veigas .../ anunciando de San Xohán / as sempre sonadas festas  / qu ' iste ano  han de ser feitas  / como nunca se farán / Abride , pois, o programa  / e vereis si, canto digo, / non é pouco comparado / c 'o  que dentro hedes achar, / e ,sobre todo pensade  / que n ' istes días de festa / Sárria cos brazos abertos / a todos recibirá.                                      A. POUSA

***********************************************************************************

                                               PREGÓN VERSIFICADO : 1954

                                                               PREGÓN

Son o d ' o ano pasado / ¿ Relembraisme ?.... ¡ Vel ' ahí ! /  Teño o tamboril rachado / de tanto que malléi  n ' il, //  Son cego... de tanto ver  / dende xa fai moitos anos, /  pero oir oio tan ben /  cal se tivera quince anos . //  As pernas téñoas tollidas /  de tanto andar  riba d ' elas ... / ¡ Moito macéi  cando mozo ! /  i-agora non quero séculas. //  Canso e vello como estóu / cando de festa se trata, / c ' as tripas de corazón /  ind ' hei rachar unhas calzas , //  Eramos catro gaiteiros /  orgulo de todo o val,  / quedo eu sol, esmendrallado  / de tanto repinicar. / /  Fai vint ' anos  que toquéi /  nas festas de San Xohán ; /  cando pasen outros vinte /  ¡ ¡ Deos sabe quen quen tocará ! //  Pre.... ¡ que caracio  ! as festas /  son feitas para troulear / que pra sentir angurias /  tempo nos ha de sobrar. //  Poñamos, pois, leda cara /  e redobremos tan forte /  que se escoite este pregón /  dende Lugo hastra Monforte. //  As músecas son xeitosas, / os gaiteiros dos millores, / as festas van ser sonadas /  pra paisanos e siñores. //  Estouparán os foguetes  / facendo eco no val , /  as mozas rebulideiras / non  pararán de bailar / /.............../ Pol ' o mesmo  , tamboril, / repinica hastra  estoupar  : / ¡ Vivan as festas de Sárria /  y - o grorioso San Xohán !.

                                                                                            A. Pousa Antelo

***************************************************************************************

                                                             PREGÓN VERSIFICADO: 1955

**************************************************************************************

                                                             PREGÓN VERSIFICADO   : 1956                                                                                                                                 PREGÓN      

                                                    DAS SONADAS FESTAS DO SAN XOHÁN

Atención poñan señores  / que o pregón bate o tambor , / para que corran a ouvilo / todos postos  de arredor.//  As festas van comenzare  /  o mesmo que noutros anos /  vinde todos a bailare , / que saúde  o baile danos. //  Os de Betote e Farbán , / de  Fontao..... i-outros veciños / se queren catar  bôs viños /  nas festas os beberán //  Pois bebere e trouleare / dalle lor  ao curazón , / acudí , que havos dare / nosa festa boa sazón, //  Meniñas  a mozarría hade nas festas topar  /  e que despois algún día / han ser xoyas no  fogar // Vinde , vinde divertirvos,  /  vinde ás festas do San Xohán : nuncio de boas colleitas  / de patacas e bon pan  / e porta  aberta  ao verán.//  Vinde a Sárria que vos brinda /  farra, baile ,viño e  frores, / e garimosos amores ..... / e cousa millor aínda... ! / empanadas superiores.//

                                                                    O Tamborileiro Municipal ( * Avelino Pousa Antelo  * )

**************************************************************************************                                                              PREGÓN VERSIFICADO:  1958

                                                                      PREGÓN

Veciños........ veciños / de toda a bisbarra  : / acodide ás festas / da vila de Sárrai //  Co-as roupas millores  / que tebndes nas uchas /  vinde pasearvos / da vila nas rúas //  Traede nos petos  / boa presa de cartos , / que en Sárria a maus cheas / podedes gastalos,//  Tanto os forasteiros /  coma os sarrianos, / terán ao seu gusto /  recreios a bao.//  A San Xohán Bautista , /  glorioso patrón,/ en Santa Mariña / farase a función. // Fútbol e outros xogos / nas Insoas veredes / e andare nas rúas / mui lindas mulleres,.//  Fanfarria e foguetes /  non han de mancar, / merendas e bailes /  onde troulear.//  Nas festas de Sárria / ditosos seredes , /  pois hai moito baile / e moitos foguetes.//  A todos, o Alcalde, / dará convidada: /  se quen coma e bea / o seu gasto paga, //  Quen diñeiro ceibe / sen dôr  de ele ter  : / poderá  a fartanza  /  lampar e beber .//  Esto vo-lo anuncia /  pol-a Comisión , / con nobre fachenda /  quen fai o Pregón.

                                                                                       O Tamborileiro Municipal

************************************************************************************** 

                                                           PREGÓN VERSIFICADO :   1959

                                                                     PREGÓN

As festas de Sárria /  han ter este ano, / a mesma guapeza / das que máis gastaron; / más que chover queira / ( coma o ano pasado ), e que neste andemos / mui floxos de cartos. /  pos baile e foguetes / non han de mancarnos, / nen bombas que estouren / coma cañonazos, / nen ricas merendas / na casa ou no campo, / con viño esquisito / pra botar bós tragos, //  Rapazas  fermosas / en Sárria hai a bao ;/ e mozos compridos / e ben campechanos ; / quedarás ás festas / un ambente grato, //  Haberá cucañas, / carreiras en sacos, / fútbol e verbenas / por alto e por baixo,//  Que a Comisión quere / botar este ano /  o resto,, e que todos / veciños i-estranos / na vila de Sárria / as sintan folgados : /  e canten e rían , / e rompan zapatos, /  en leda folia / con gozo bailando,//

                                                                                          O Tamborileiro  Municipal

**************************************************************************************                                                         PREGÓN DO ANO 1960

                                                              PREGÓN

                                SÁRRIA EN FESTAS. AS FESTAS GRANDES. SAN XOÁN

A vós, os que queimades etapas  na dureza do cemento da cidade, no labirinto da fábrica, do outro lado da fronteira , onde a saudade  do pobo é moito na vosa vida, aos que nos coñecedes, a todos,  a nosa CONVIDADA . A convidada , dos vosos, dos que quedan para dicirvos onde queda a vosa casa.

Queremos que se conserve a tradición , co seu encanto ; si, é preciso que deixemos , unha vez máis, as pétalas riba da auga, que bailemos á lucencia da fogueira, que madruguemos  para  cacharmos  ao sol no seu baile . Quéreno os nosos vellos , Non, non son teimas , é a forza sá  dunha tradición . Pedimos unha  participación nas festas campestres  e avogamos  por un rexurdir  do corido nos nosos bailes, da inocencia 

O noso anuncio  de festas soa a bruido de augas, de tardes encantadoras  vividas na apacibilidade das Aceas, xardín natural  e caprichoso  co encanto da sorpresa  en cada un dos recantos  de arrecendos de empanada, de fogaza grande ;  de saboriños  de año trufado pola sabia man  da nai boa. Aquí vos agardamos.

 Cada un dos lugrexos  encerrando o seu encanto. A subida  ao alto da Mercé, a Santa Cristiña , á Cha, para ollarmos un val  que loita por se esluir entre o verde, para  nel a Veiga  cristal de fantasía , onde se saborea o bon  gusto de  xantares, de esmorgas, de señorío.

Tomade o voso novo de augas ferras na fonte nas Insuas que curóu  da vellez aos nosos avós,  Rebuldar nas Insuas onde é frescor é compaña,

Facemos a convidada  coa fonte chea de xamón, da chourizada, de boas  cousas.  Brindamos hospitalidade  a todos, simpatía das nosas xentes novas; así ALEGRÍA.

 Sárria convídate a axeonllarte  diante do seu Padrón para marmurar un prego, a te sentir en familia ; a participar no seu boureo, a vivir en La Unión  a sinceridade dunha mocidade que canta e sorrí á ilusión de amar.

Convidados, sumarédesvos  aos festexos que falan de lembranzas  da nenez , do mellor da vosa vida.

O Pregón alongase  a traveso  dun programa  para vós , sacado do mellor con cariño: musica, deportes , luz , descanso, ledicia.

                                                                     Os vosos amigos

*************************************************************************************  

                                                     PREGÓN VERSIFICADO :   1961

                                                                   PREGÓN.......

Se eu tivera un foguete  / como os que empregan agora /  pra dar a volta ó mundo /  en pouco máis  dunha hora /  habíalle meter drento / o vello tamborileiro /  pra anunciar , do San Xoán , /  as  festas no mundo enteiro.//------ Pro, xa  que non hai foguetes  / como os dos cosmonautas  / haberá abondo dos outros / pra facer festas sonadas,//--------- Dádelle grasa ás canelas, /  rapaciños e rapazas , / que vades poder beilar  / de beilar  tedes ganas, /  Vinde, pois, todos a Sárria / ás  festas do San Xoán, / Eu pódovos  adiantar / que a todos vos gustarán, //

                                                                                                         Avelino Pousa Antelo

**************************************************************************************

                  PREGÓN  DE XOSÉ TRAPERO PARDO  ( 1964 )

                                                              PREGÓN

No aire morno deste mes de San Xoán, poñemos como primeira lumieira das súas festas, este  pregón das patronáis de Sárria.

Dnde a acrópole  onde oraron  monxes e montaron garda  soldados , até a chaira , onde perfuma o aire a flor nova do sabugueiro polas pinas rúas da vila antiga  e polas chas avenidas da nova, un aire de gozo  percorre o ambiente, diante da inminencia  dun feito que todos no seu interior formulan así ;  ¡ VAN COMEZAR AS NOSAS FESTAS DE SAN XOÁN !.

O parece que, como programa, é dicir pouco. Mais é dicir pouco. Pois equivale a lembrar que os sarriaos saben organizaren festas cun elevado senso de alegre prestanza , que saben  recibir  ao amigo "ao xeito" de Sárria", que val  tanto dicir  con cordialidade  que saben ofreceren ao visitante os atractivos necesarios para que nel deixen os festexos un recordo grato.

E  dicir tamén    á provincia enteira  que esta vila vai despregar  toda a sinfonía  e toda a policromía  das súas festas  - que non teñen   par noutras partes - para que rúas e prazas , sociedades de recreo  e campos viciños  sintan o latexo  dunhas xornadas  nas que o relixioso  e o deportivo , a conversa  e o espectáculo dean  un intenso latexo novo  ao conxunto urbán  e ofreceranlle  ao forasteiro e ao amigo unhas horas de inesquecible  lecer.

A poucas datas da súa iniciación, Sárria  manda a todas as partes esta mensaxe do SEU SAN XOÁN . Para a xente mozam promesa e até seguridade de amores novos  ou de novo elo para afirmaren os vellos, Para quen peitean canas, seguridade de ledas evocacións doutras festas.  Para todos , atractivo, gozo, beleza de luz e ritmos suaves ou loucos de música.

Aquí está xa a primeira lumieira das festas.

¡ Imos  acender na noite de San Xoá,  chea de tradicións e perfumada de recordos , a fogueira brillante das de Sárria, nas que poñerán tamén o seu misterio e o seu encanto os "ollos meigos" das sarriás , luces marabillosas dun "lume novo" anovado a traveso dos tempos !.

                                                                                               Trapero Pardo

*************************************************************************************

                                 PREGÓN DE MANUEL RODRÍGUEZ DÍAZ ( RODIM): 1965 

                                                                     PREGÓN

Unha vez máis a nosa vila disponse  a celebrar   as tradicionáis festas de San Xoán.

É a nosa intención que estas liñas sexan o pregón optimista  e cordial de xornadas inmediatas  de alegría, que axiña  invadirán  o noso ambiente.  Porque  se ben é certo , que Sárria  se caracteriza  polo seu ambiente alegre  e acolledor  ao longo de todo o ano  nos días das súas Festas Tradicionáis  alcanza maior entusiasmo proporcionando xornadas  inesquecibles  a quen nos horan  coa súa presenza  e aos que nos sentimos orgullosos  de termos nacido aquí.

 Sárria divírtese nas súas Festas Patronáis tomando  un aspecto novo  e  alabarante  coas súas  rúas  invadidas por  multitude  de luces multicolores  , refrexo fiel do noso entusiasmo e alegría.

É indiferente  que a calidade  de determinados  números  festeiros  poida variar dun ano a outro- O que importa  é divertírense , mais animados  sempre  dun espiritu e alegría sans.

Non nos queda máis  que expresarmos  a nosa máis sincera gratitude  á industria, comerzo e viciños de Sárria a  todos os que  nos prestaron a súa desinteresda e valiosa colaboración.

                                                                                                      M.R.D.

*************************************************************************************

                                                 PREGÓN VERSIFICADO : 1966 

                                                    (  Reproducen o Pregón do ano 1953 )      A Pousa.

*************************************************************************************

                               PREGÓN DE XOSÉ TRAPERO PARDO (  1967 )

                                                               PREGÓN

Fíxose  costume  o facer  pregón dunha festa. Porén pregón, como o dia  a súa  etimoloxía , equivale  a dar coñecemento previo dunha cousa. ¿ E será preciso  que Sárria faga louvor  das súas festas  de San Xoán , se ano a tras ano, con unha tradición  xa secular , veu delas dando novas  tan difundidas  que en todo o ámbito provincial teñen xa sona,  arraigo , prestixio  e atractivo suficeinte  para que  co seu só nome  teñan  logrado  iso que  todos  procuran, é dicir  a popularidade ?,

Non sería necesario , pois,  que á fronte deste programa  de festas puxeramos  o pregón das de San Xoán de Sárria, se o costume non impuxera, como servidume, esta obriga.

Máis  non queremos nós lanzarmos  como un grito estridente  o anuncio  desas festas , senón poñer nelas  o  que teñen de evocación  e de grata celebración, lembrando sinxelamente  o marco no que se desenvolven - Sárria, vila branca , outeando os verdores  dun val  extenso e fértil- e poñendo o acento  nesa especial distinción coa que a vila se  nos amosa , para dar ás súas festas  un especial carácter  mediante  a que  adquiren, por así dicilo, persoalidade propia.

Dende os chaos  , por onde o río corre,  até a acrópole  onde se alzóu o castelo e rezaron, e aínda rezan , moradores  do  convento , as rúas  van ascendeno , selando un testemuño dun vello senso señorial, cos brasóns cos que se amosan as edificacións.

E nestes días  todas esas rúas  fan festa. Que, dada  a configuración  de Sárria, son  festas  por todo o alto  e por todo o chao, facendo bulir nos salóns  e nas prazas, na terra  e no aire a  música e a lumieira , o ledo parolar  e o demorado paseo , do que son flor e gala - xardín sempre fecundo do amor -  as mozas , que teñen tamén nos seus ollos luz e festa. Festa e luz , que cecáis prendan na alma xemelga, que até Sárria  chegue nestes días  descoidada , mais que  achará aquí  o que ha perdurar  toda unha vida.

Deberiamos cecáis dicirmos , como en todos os pregóns : ¡ Acodide  ás festas  de San Xoán de Sárria !. Mais non será necesario.

Porque como  dende hai moitos anos  ven ocorrendo , abondará  con dicirmos  que Sárria celebra as súas  festas  para que nas  terras luguesas  se sinta o desexo, e até a necesidade ,  de acodir a elas.

¡ Todos saben que Sárria sabe celebrar , dende o cume do vello castro, até a planura  de rúas direitas , as festas patronáis  con un senso propio, no que andan mesturados  o número festeiro , o concerto musical  e a cordialidade  dos sarriaos !.  Que cecáis  estea nela  principalmente  o maior atractivo  do San Xoán de Sárria.

                                                                                                 Trapero Pardo

**************************************************************************************

                                                  PREGÓN DO ANO 1970

                                                          PREGÓN  

Xa de novo, un ano máis, dende os píncaros da nosa vila, soltan os seus sons as campás e, o retumbo dos tambores do eco , anuncian  cheas de ledicia a chegada das festas de SAN  XOÁN-

E a ilusión brila nos ollos das mociñas e fenden os ventos os aturuxos  que sain da gorxa dod mozos ; os vellos rin retranqueiros  e mercan  sedas as nais das rapaciñas casadeiras.

"¿ Gústache ... ?  ¡ Ai Maruxiña que fermosa has de  ire ". Din as mais , cheas de cariño.  " ¡ Meus catros alo van ". Din os pais , retorcendo o fuciño. "¡  Bo ! e despois de todo  , ¡ sonche as festas de San Xoán... ! ". Din todos a unha.

E voltarán a alumarse as tebras, rachadas por luces multicolores ; teremos un recordo ou  unha aperta prós nosos seres queridos  e,  a lus dos foguetes, envoltas nos panos da enfancisa, voltarán a nós  as vellas aventuras e a múseca porá  a uns  no mundo de fai moitos anos e , pra outros , será un fermoso presente.  Dempois cando todo seña hestoria , será o comenzo de unha nova etapa , coas mesmas parolas  que fai anos e co mesmo fondo e deseio ." De  hoxe  nun ano... ".

Citámosvos  pois equí neste encontro ,  a todos, sarriáns  e non sarriáns, vellos, mozos ou nenos. Equí recibiremosvos  cos brazos en crux e unha sonrisa nos beizos. Vinde todos os que con nós  queirades  disfrutar  de unhes días de sana ledicia, honrando o noso SAN XOÁN.

Xa se sabe que non haberá as mesmas  atraciós que fai vinte anos , faltarán recordos  que moito amades, pro, en troque  , atoparedes outras novas , que terán a mesma finalidá e como aquelas  estarán tamén cheas de beleza.

As campás inda siguen  dicindo co seu enadeado badaleio : Festas de San Xoán, festa de SAN XOÁN, festas de SAN XOÁN.... O sol xa  vai na buraca  pro elas seguirán , correndo de boca en boca e de ouido en ouido, como volvoretas portadoras de ilusión.

                                          ¡ Ei  carballeira !

                                                                                                            E. L. Prado ( Uxío López Prado )

 ********************************************************************************************** PREGOEIROS E PREGOEIRAS  DAS FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA QUE LERON OS SEUS  PREGÓNS  EN ACTOS PÚBLICOS ( NA SOCIEDADE LA UNIÓ, CASA DA CULTURA E CASA DO CONCELLO.

                                                               I

                                               PREGÓN  DO SAN XOÁN DO  ANO 1972

                              EUXENIO CASIMIRO LÓPEZ LÓPEZ

                                Presentación :  ¡ Grazas !

Ademáis do saúdo que a Comisión de Festas  que me honro en presidir dirixe  por medio deste Programa , quero,  na esperanza de non incorrer  en impropias repeticións , expresar  , a todos e cada un , a palabra coa que se encabeza esta páxina : GRAZAS.

Porque é moito o que teño que agradecer  a todos: Alcalde e Corporación Municipal, diversas Autoridades provinciáis , aos incansables  membros da comisión festeira, a moitas entidades que só facilidades deron e, como non, ao comerzo e industria e ao pobo en xeral , que coas súas aportacións contribúe a que os festexos  acaden  o seu debido esplendor.

Mais esta gratitude  acada a súa nota emocionada cando se trata  de facela presente  ao noso querido paisán  D. EUXENIO LÓPEZ E LÓPEZ , Direitor Xeral de Formación Profisional e Extensión Educativa, por se ter dignado  aceptar  o convite  que lle fixen para que fose PREGOEIRO  DAS FESTAS DE SAN XOÁN 1972, imponnos a obriga  de loitar para conseguirmos  que os festexos alcancen  o alto nivel que o Pregoeiros e iniciador dos mesmos simboliza  coa súa presenza.

                                                                                             Sárria, xuño de 1972

                                                                              Víctor L. Villarabid ( Presidenza da Comisión de Festas )

                                   ..................................................................

                                    EUXENIO CASIMIRO LÓPEZ LÓPEZ

Nacéu en Ourense , sendo  fillo  de sarriao, e sempre tivo grande relación con Sárria. Pertencéu  á carreira xudicial, foi Gobernador Civil , Delegado Nacional de Xuventudes e Direitor Xeral de Ensino Primario-

Ao seu impulso debeuse a creación  en Sárria do  Colexio Nacional Mixto Comarcal  ( Actualmente CEIP Frei Luis de Granada ) e a Escola Fogar, derivados  do proceso de concentración escolar na vila  de escolar do medio rural  nos concellos de Sárria, Samos e Láncara. Ao mesmo tempo foron  creados  os colexios comarcáis  de Carballo ( A Coruña ), Viana do Bolo ( Ourense ) e Forcaréi ( Pontevedra ), que foron os primeiros  que levaron aparellada a xeralización do trasporte escolar e os comedores escolares de Galicia ,

Foi nomeado FILLO ADOPTIVO  DE SÁRRIA e o seu retrato forma parte  da GALERÍA DE SARRIAOS ILUSTRES.

                                                 ........................................................

O pasado día 8 de xaneiro,  Sárria e a súa comarca, sumándose xente de toda Galicia, rendéu unha cálida homenaxe  a don Euxenio López López, nomeándoo Fillo Adoptivo de Sárria.

Unha das facetas máis destacables entón, resultaba ser , o que esta xusta homenaxe , cando xa o amigo "Genín"  nada tiña que ver no mundo da política, foi algo que honróu  entón  aos habitantes desta comarca. E ao mesmo  tempo, que era un pobo agradecido con quen tanto o axudara.

                       Foi unha data histórica o pasado día 8 de xaneiro.

**************************************************************************************                                                                    II

                                             PREGÓN DO  SAN XOÁN DO ANO 1973       

                             PEQUENO PREGÓN  PRÁS FESTAS  DO SAN XOÁN DE SÁRRIA

                                                                                   POR MANUEL MARÍA

Sárria é unha das terras luguesas  e galegas  máis defiñidas e fermosas. Tamén das máis fértiles . A vila érguese no cume dun monte i esparéxese polo val. No cume do monte está ben asentado o convento da Mercede , o torreón do castelo que xa non pon  medo i  a gracia románica  da eirexa do Salvador . Un pouco máis abaixo  álzase a torre da eirexa de Santa Mariña, lixeira i esguía, como se lle quixera marcar o rumbo ás aves vagamundas. Na veiga o rumor do río- ¿ Sárria ou Ouribio ? -  homilde, ledo e cantareiro, que sabe de cabadas e sementeiras, arrolando coa súa música , doce e pequeniña , o arboredo  que se espella nas súas augas .

Sárria  é unha vila ancorada no seu pasado que ten vontade de facer o seu porvir. Esto nótaselle  no seu comercio , na súa industria - algunha dela moi importante -  e nas súa instituciónd  o "Casino" e " La Unión", tan popular, tan fondamente afincada no vivir de Sárria i en "Meigas e Trasgos"  , tan intelixentemente  dirixida  e que tanto leva feito  pra erguer o nivel cultural da vila , con escelentes resultados.  Os compoñentes de " Meigas e Trasgos "entenden a cultura como ten que ser : algo concreto enraizado nunha  terra e nun tempo  e non algo astrato , sin raigañas  e sin unha base auténticamente popular. O  esprito de Sárria está aberto ó mundo. Por algo a vila está ó pé do Camiño de Santiago que foi por onde  entróu nas Hespañas , na Edade Media, o esprito de Europa i a súa cultura. Según Alfredo Brañas en Sárria houbo unha importante escola poética aló polo século XIII. O nome do xograr Afonso Gómez é dabondo siñificativo . Os versos do poeta sarriano , aínda nos días de oxe, firen  como espiñas de toxo bravo e montesío. Dende Afonso Gómez deica don Francisco Vázquez Saco , pasando polos antecesores de fray Luis de Granada e do P. Sarmiento nas veciñas terras de Samos , por Matías López e polo cronista Diego Pazos, hai unha chea de nomes ilustres que son o mellor espoñente  do esprito destas xentes  e destas terras. Que son a testimuña  irrebatibel de como os  sarrianos  tiveron sempre aberta  a súa sensibilidade á beleza  i a súa intelixencia ao saber.

Sárria  celebra , dende vello,  as festas  do San Xohán. A noite  de San Xohán é unha - por non  decir a máis - das noites máis misteriosas  e poéticas de todo o ano . As fogueiras purificadoras  érguense no  cume dos montes , nos recodos  dos camiños  e nas encrucilladas das aldeas. O orballo da noite  de San Xohán ten virtudes  máxicas. O resprandor  das fogueiras cega os nosos ollos. O seu lume queima as morallas do esprito. Entón é o intre xusto  no que un ten pureza  dabondo pra abrir  o seu corazón á ledicia festeira. A ledicia é un don que é preciso ganar. Daquela as rapazas son máis fermosas  i os mozos máis comprensivos  e xenerosos; os homes feitos  adeprenden  a sorrir, os vellos  sinten rexurdir  a espranza i os nenos  non paran de brincar.  É entón, deste xeito,  cando a vida se fai maravillosa . Cando un sinte degaros de vivir. A musica acada toda a súa pureza  i a súa linguaxe fálanos dun xeito novo. Todo o povo de Sárria  esquence, por uns dias, a loita diaria contra a vida , pra ofrecer nestes primeiros días  do vrau recén estrenado , noviño do trinque, a propios  i a estranos , a súa cordial hospitalidade. Foi un poeta destas terras, Félix Vergara Vilariño, o que escribiu estes  versos:

             ¡ Ouh Sárria ! /  bandeira de lecer /  ergueita / ós catro ventos;  / magnolia  / que perfumas / a miña tristura / inefábel. / Pronunciar / o teu nome / é decir: / xente sinxelas. val garimoso , / río solermiño..... /

Un poeta sempre ten razón. Vide, pois,  meus amigos, ás festas  do San Xohán  de Sárria. A paisaxe da vila encherá de beleza  os vosos ollos. A cordialidade i a simpatía  dos sarrianos  quedará sempre no voso afeto. A beleza das mociñas  e das mulleres  desta terra  será  un soño que soñaredes  arreo. A ledici das festas faravos  compaña por moito tempo. Cecáis pra toda  a vida.

************************************************************************************

                                                                     III

                                         PREGÓN   DO SAN XOÁN DO ANO 1978

                DON XULIO DO HOSPITAL.- SEMBLANZA DUN SARRIAO DE ADOPCIÓN  

DON XOSÉ XULIO QUINDÓS PARDO, coa carga inmensa  da súa bondade  e humanismo profundo, recalóu un día  na Sárra durmiñenta  e morriñosa  da década dos cincuenta.

Sárria gañouno. Nunha vintena de anos de convivencia , dende o seu cas reitiro da  cela da capelanía, a súa presencia  servíu para facer o ben nun labor calado , máis de xestos ca de palabras...

( ¡ Que tristeiros  eran aqueles enterros dos velliños ! )  Case furtivamente  . cecías para non molestarnos,  a cruz alzada , o cadaleito levado  polos empregados do Concello , don Xulio e un pequeno acompañamento .  ¡ Que sós  os deixamos pasar entón !. Subían paseniño a pina Corga do Convento... )

Non prodigaba as súas saídas, o seu lugar  estaba, e segue a estar, no medio deses anciáns  aos que inmisericordes arrecantamos entre paredes,  porque estorban nos nosos fogares.

Home culto no máis amplo senso da palabra , sen a fachenda ao uso, os seus libros  a súa capacidade de traballo poideron ,  se a sinxeleza  de espíritu  non fose tan grande , nel , levalo a escalar postos no escalón eclesial. Estaba agusto en Sárria  e a Sárria viñan a falar con el, inmensa forza a da palabra, xentes que nel achaban a fortaleza e o amigable consello.

O Asilo  pechóu as súas  portas  e comezóu o éxodo. Don Xulio tamén se foi e de primeiras non nos prodecatamos  da súa ausencia. Se se tratase doutra persoa  teríase celebrado  unha homenaxe desas que se estilan  e con ambiente de tres garfos e outras argalladas, máis non o perdoaría don Xulio . Tamén  sabemos que non nos perdoará estas liñas recordatorias.

O  seu labor entre a xuventude  sarriá, que tantos camiños abríu , faríao acreedor de eterno agradecimento, se a memoria colectiva dos pobos non fose tan fraca. O seu desinterese e humanidade serviron de exemplo e orientación  a moitos e por iso será a súa palabra  o preludio das festas deste vano.

Hai anos,  da súa pruma  sairon colaboracións recollidas en libros-programas , nos que falaba de Xoán, o Precursor , o que preparóu os camiños  e o Pregón co que abrirá as festas de 1978 será o adro gozoso cara unhas xornadas de alegría.

Sárria perdera a don Xosé Xulio e agora volta a gañalo, aínda que somente  sexa por unhas horas . Aínda que a verdade é que creo que nunca o perdéu  de todo, neste rencontro  vese que  é así, está pronto, aínda que lle custa dabondo. vir a Sárria nos ofrecer o Pregón. ¡ GRAZAS !.

 Sárria , fidalga de pro, non esquece a quen lle deu algo do seu ser e axudóu a conformala dende o grito do seu labor calada.

                                                    A COMISIÓN DE FESTAS

(  O Pregón do San Xoán de 1978 foi pronunciado por don Xosé Xulio  Quindós Pardo, Capelán do Hospital-Asilo do Mazadoiro, natural de Cervantes,  no Salón de Actos  da Biblioteca Publica Municipal  de Sárria- Rúa Pedro Saco ).

 ************************************************************************************  

                                                                           III

                                              PREGOEIRO DO ANO  1980

                                                 XOSÉ TRAPERO PARDO

                                                          DIA 21 DE XUÑO

Ás sete : PREGÖN  que pronunciará o xornalista D. Xosé Trapero Pardo.Ao remate concerto  pola Banda  da Escola de Música,

 ************************************************************************************

                                                                           IV  

                                      PREGOEIRO DO  SAN XOÁN  DO ANO 1985       

                                                       RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

( Láncara,   /  Santiago de Compostela )

( O Pregón  foi lido no Parque da Sociedade Cultural " La Unión"

*************************************************************************************

                              REGULAMENTO DE HONRAS DO CONCELLO DE SÁRRIA

    " Artigo 44.- Con ocasión das Festas de San Xoán serrá nomeado / a  un /unha  Tamborileiro / a  de Honra, á quen lle corresponderá  facer o Pregón das Festas, e presidir  co Alcalde  todos os actos oficiáis  que se programen.

A nominación  recaerá en persoas, asociacións  ou entidades  que pola súa  especial vinculación  con Sárria  e a súa vida social, cultural, económica , asistencial ou  educativa  teñan contribuido  á defensa  e difusión   dos valores  propios da comunidade  local,  ou que polo seu altruismo e  méritos persoáis  se fagan acreedores  dos seus concidadáns.

Como expresión desta  homenaxe seralles entregada, preferentemente, unha  representación artística  da figura do " Tamborileiro  Municipal" tradicionalmente  unida a esta celebración  festiva , e que constitúe o icono representativo das Festas Populares".

                                    ..........................................................................

                                                                      1

                                              PREGOEIRO DO SAN XOÁN  DO ANO 1986   

                                                  PRIMEIRO TAMBORILEIRO MUNICIPAL    

                                                            DON   AVELINO POUSA ANTELO

Nacéu  en A Barcala  ( A Coruña ) o 4 de maio de 1914.Fíxose  mestre de primeiro ensino  e xerente de Cooperativas, Puxo escola  eb traballóu en diversos lugares de Galicia, en Zaragoza e en Tenerife.Organizóu e dirixiu a Escola Primaria  de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros ( Ortoá-Sárria ) e ensinóu  nos Cursiños de Formación Agropecuaria  para Mestres ruráis da provincia de Lugo, que axudóu a programar.

Colaborador incansable na prensa e na radio, entre outros xornáis en El Progreso e  El Pueblo Gallego, pronuncióu  conferencias en Galicia ,Madrid, Canarias, Euskadi ,  Cataluña , Arxentina, Cuba, Urugay, Brasil......, procurando  a reafirmación da identidade galega  para soerguer  o país e promovendo o cooperativismo  para desenvolver  o mundo agrario.

Foi dirixente das Mocidades Galeguistas antes da Guerra  de 1936 / 1939 e presidiu o Partido Galeguista despóis da Ditadura. Participóu na campaña a prol do Estatuto Galego  de 1936 e  tamén  na elaboración  estatutaria  e no plebiscito deb 1981, Promovéu a Fundación Castelao da que foi presidente.

Publicacións :  " Temas de Agricultura" , " ¿ Valen ou non as Cooperativas de Explotación  Comunitaria para  o campo galego ?", " Reforma das estruturas agrarias de Galicia ",  " Capitalismo e cooperativismo  na Galicia rural",  " Aqueles mozos dos anos 30...",  " Unha escola para a Galicia rural. A Escola  Agrícola da Granxa  de Barreiros  ( Sárria- Lugo ) ",  " Memorias dun galego inconformista ", " Fiestra", "Galicia  tarefa urxente".

Distincións: Premios de xornalismo Ramón Mourente e Sánchez Hardinguey, Alexandre Bóveda, San Martño "polo labor de toda unha vida" ;  Irmandade Ramón Valcarce ;Socio de Honra de Nova Escola Galega ; Socio de Honra do Seminario de Educadores  para a Paz ;  "Medalla Castelao á lealdade galeguista",  Insignia  de ouro e esmalte da Unión de Cooperativas; Recoñecemento da Escola Normal de Santiago " por vivir  con intensidade o seu labor diario como mestre" ; Padriño de Honra  de varias promocións de Diplomados de Ciencias da Educación; Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela; Pedra de Honra  no Campo da Feira de Negreira ; Parque Avelino Pousa Antelo en Teo; Tamborileiro de Honra en Sárria,,,,

Mentres dirixiu a Escola de Barreiros promovéu diversas actividades de tipo cultural e dirixiu un grupo de música  e danzas populares  coñecido como " Os Argalleiros de Barreiros". Ademáis  organizóu un grupo teatral escolar.

Colaborador  asiduo do Libro-Programa das Festas de San Xoán foi o creador do "Tamborileiro Municipal" e doutro personaxe, "O Vello dos Contos" ) , cos que a partir de entón  introduciu  a presencia da lingua galega nesa publicación, No ano 2008  foi galardoado  en Láncara no VII Premio  Ramón Piñeiro de "Facer País ".

                                 Falecéu en Teo o 20 de agosto de 2012

************************************************************************************                                                                        2     

                                         PREGOEIRA DO SAN XOÁN  DO ANO 1987

                                             TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA  

                                                            DONA  MARÍA DEL CARMEN  PARADA

Natural de Sárria, filla de Raimundo Parada Lolo e Pilar López  Melle, da Casa Cubano de Vilar de Sárria. Casóu a con Segundo Mariño,  director da Emisora 

 Radiocadena de Vigo. Nai de dous fillo. 

Foi  redactora da revista " Marca" , en Madrid, e colaboradora , atá a súa desaparición , das revistas " Gaceta Ilustrada" e " El Español". 

Redactora de " El Pueblo Gallego " atá o ano 1972 e dende ese ano  a 1975 redactora de " Faro de Vigo", mentres foi direitor  Álvaro Cunqueiro. Dende 1975 foi redactora  de " La Voz de Galicia" , na súa Delegación de Vigo.

Realizóu numerosas viaxes   e reportaxes, como enviada especial e é autora  dun coñecido liro  culinario tiduado " Recetas de Cociña Galega". A gastronomía é unha das súas afeizóns.

Preparóu un libro sobor dos pazos de Galicia  e outro adicado ao Camiño de Santiago.

O nomeamento de " Tamborileira Municipal de Honra " que  nas  festas do San Xoán de 1987 lle foi entregado é proba  do recoñece,mentoi  dos méritos dunha filla de Sárria  que, na cidade olivica,  leva adiante  o seu labor de xornalista e escritora  co máis fondo sentimento de galeguidade.

*************************************************************************************

                                                                             3

                                           PREGOEIRA  DO SAN XOÁN DE 1988

                                                    DONA YOLANDA DÍAZ GALLEGO

Yolanda Díaz Gallego nacéu en Sárria o 2 de xaneiro de 1934- Logo de estudar o Bacharelato  e Peritaxe Mercantil emigróu a Uruguay coa súa nai e irmáns , onde ficarían atá o ano 1978.

Neses  vinte e cinco anos pasados  no Uruguay  a súa actividade cultural  e social foi moi grande. Fundadora do "Teatro Popular Galego" de Montevideo, onde foi a súa primeira actriz, colaboradora da emisión en galego  " Sempre en Galicia", conferenciante, participóu no Primeiro  Congreso  da Emigración  Galego en Ultramar, publicóu moitos artigos de  prensa , foi membro da  Delegación do Padroado Rosalía  de Castro,  da Comisión  de Cultura di Centro Galego de  Montevideo, segredaria xeral  do Padroado  da Cultura Galega no Uruguay, membro da  comisión que conseguiu  para algunhas  rúas de Montevideo  a denominación con  egrexias figuras galegas.

No ano 1975 foi encargada  da colocaciòn en Rianxo  dun busto de Castelao , doazón da colectividade  galega e tamén  colaboróu nas xestións  para a colocación  dun monolito  adicado a Rosalia de Castro  en Montevideo.

Dende 1978  vive en Barcelona, onde  presta  a súa valiosa colaboración  ás colectividades galegas da  cidade e da área metropolitana.

Dende a  súa fundación no ano 1983 é Presidenta de O Penedo -Fogar Galego".

Viaxeira incansábel por terras de América  e Europa, a súa imaxe é a dunha muller que, dende a emigración, traballa por Galicia. E , dende logo , esta muller nada en Sárrias , ten dado amostras  dun grande amor pola Terra, aínda por riba  das dificultades dos longos anos de pedra da nenez e da mocedade , que a levaron a pasá-lo mar . Esa imaxe  rexa e forte de quen ergue  a bandeira da galeguidade, ben merece que na súa vila nadal se lle renda  homenaxe de admiración.

                                                         ¡ Benvida !.

                                                             Adenda

Colaboradora na publicación da Historia de Galicia de Otero Pedrayo . Medalla do Centro Galego de Barcelona ( 2012 ) . Tivo destacada actividade no irmandamento de Sárria  co Distrito de Sarría-San Gervasi  e das xuntanzas Sarriá-Sárria-Sarriá de Ter-Callosa d' en Sarriá que se celebraron en Barcelona.  Creadora do grupo de teatro Zarabanda integrada no Penedo-Fogar Galego e despóis  na asociación " Saudade".  En 2023 publicóu " Decidín desvelar o proceso".

*************************************************************************************

                                                                            4

                                                    PREGOEIRO DO  SAN XOÁN  1989

                                            ILMO SR. D. ANXO  RODRÍGUEZ CASTEDO 

                                            TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

Nacéu  en Sárria  o 22 de agosto de 1947. Seguiu estudos en Sárria e en Lugo.

Dos seus  tempos de mocedade  tódolos sarriaos  recordamos a súa  integración e traballo en grupos xuvenís , e en especial  a coordenación  de actividades teatráis  que, dalgún xeito,  viñan a encher o  valeiro cultural  daqueles tempos.

Licenciado  na Universidade  Pontificia   de Comillas, Licenciado  pola Universidade  Complutense  ( Filosofía e Letras ) , Diplomado en Psicoloxía  Pedagóxica . Diplomado en Psicoloxía Industrial . Cursiños  Monográficos de Doutorado , C.A.P. ( Universidade Complutense )  e estudos de postgraduado  na Universidade da Sorbona , son os rasgos que perfilan  a traxectoria dun  sarriao que   polos seus propios méritos  está chamado  a altas responsabilidades . Logo de traballar catro anos  no ensino privado,  foi Xefe do Departamento de Psicoloxía  e Orientación do antigo   Ministerio de Mariña. Dende febreiro de 1978  a febreiro de 1983 foi  Xefe de Sección  e Orientación e Traballo  Social  do Instituto Nacional   de Aistencia Social , Subdirector   Xeral  de Coordenación  na Dirección Xeral de Acción Social, responsable  do Instituo Nacional   de Asistencia Social (  1983-1985 ) , pasa en maio   de 1985 a desempeñar  o cargo  de Direitor   Xeral do Instituto   Nacional  de Servizos Sociáis ( INSERSO ), agora dependnete do  Ministerio de Asuntos Sociáis,

Participóu en  diversos Congresos e Seminario  sobre educación, emprego , orientación escolar  e profesional , servizos sociáis   e rehabilitación de minusválidos.

Amáis tivo participación  en Congresos , Seminarios  e cursos tanto en España como  no estranxeiro.

É autor  de estudos e publicacións , merecendo destacar  os seguintes: 

Evaluación  de Programasy Servicios  Sociales  para el bienestar  Social. Universidad  Internacional  Menéndez Pelayo. Santander.

Los  Servicios  Sociales. Principios  Sociales , Principios Ideologicos y Criterios de Actuación de una política socialista  de Servicios Sociales, Centro de Estudios de la Administración.

La Violencia  y los Medios de Comunicación  de Masas.

Los Minusválidos  en una Sociedad Injusta,

Los servicios Sociales, Organización  y Gestión, Centro de Estudios de la Administración.

El Psicólogo y los Servicios Sociales. Funciones  y Ámbitos de Intervención . Funciones y Ámbitos de Intervención, Colegio Oficial de Psicólogos de Galicia.

É membro do Protectorado da ONCE, da Comisión Interministerial  para a concesión de Auxilio  e Recoñecemento  da Condición de Refuxiado , da Comisión de seguemento  de Inversións do Ministerio  de Traballo e seguridade social , da Comisión de Contas e Balances  da Seguridade Social  e Secretario   Nacional de Rehabilitación  Internacional.

Tódolos sarriaos  somos coñecedores  de que por tras de  tantas responsabilidades  hai aínda moito daquel "Gelucho"  estudoso, sorridente , emprendedor , cheo de inquietudes , que era quen de arrincar , nesta vila preguiceira,  a outros rapaces  para tarefas  de proxección social.

Coa súa presenza enchía  os períodos  vacacionáis , unha Sárria  que ía de vagar.

Esta vila hospitalaria e fidalga , que na ruta xacobea tivo  a súa razón de ser, ve agora, polo desexo feito realidade  por Rodríguez Castedo, potenciado ese  sentimento de acollida. O Centro que para  atención  de Diminuidos  Psíquicos  e Físicos vai a ser axiña realidade  na nosa vila, recibiu o pulo, o apoio e  a forza  deste sarriao  que co seu pregón  vai abrir as portas  do San Xoán 1989.

TAMBORILEIRO DE HONRA  é neste ano  Anxo Rodríguez Castedo. Nestas datas  ledas Sárria  e o pobo de Sárria queren amosarlle  aplauso e gratitude.

Aínda  na lonxanía dos anos  e das situacións , Sárria segue a estar  presente  na acción e no corazón,

                                                     ¡    Grazas   !

************************************************************************************

                                                                             5

                                             PREGOEIRO DO SAN XOÁN  DO ANO  1990       

                                                TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA  

                                                  ILMO. SR. D. ROMÁN GARCÍA VARELA

                                  Nacéu en Sárria o día 23 de decembro de 1940.

Obtivo a Licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1962. Ingresóu na Carreira Xudicial no ano  1966-  Exercéu como Xuiz, entre outras prazas, na de Ateca, Amurrio, San Clemente, A Estrada e Granollers. No ano  1979 ascende a Maxistrado , desempeñando funcións da citada categorí  en Vitoria-Gasteiz e Madrid-

Foi promovido a Maxistrado do Tribunal Supremo o 12 de abril de 1989. O 27 de abril de 1989 tomóu posesión do  cargo de Xefe de  Servizo de Inspección  do Consello Superior do Poder Xudicial.

Colaborador  en diversas publicacións diarias  ( El País, La Voz de Galicia... )é tamén autor de diversas publicacións xurídica.  Foille concedida a Cruz Distinguida de San Raimundo de Peñafort e a Medalla Castelao.

Creador das Xornadas Xurídicas " Ayuntamiento de  Sárria ", que agora levan o seu nome , fixo posible que as persoas máis representativas da vida xurídica  española  á fronte de altas institucións , da xudicatura e do mundo universitario   impartan en Sárria  maxistráis leccións   con participación de profesionáis  , dirixidas tamén  a estudantes universitario. 

Román García Varela, moi vencellado a Sárria  por pertencer  a unha das familias  de máis antiga   e rexa  raigame  na vila , amosóu  sempre  un forte sentimento de sarrianidade, recibindo   o nomeamento de Tamborileiro de Honra  e  como "Fillo Predileto de Sárria "  o seu retrato figura na Galería de Sarriaos Ilustres.

**********************************************************************************                                                                                      6                                          

                                                      PREGOEIRA  DO SAN XOÁN  DO ANO 1991

                                                       TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA

                                                   DONA  MARÍA ELVIRA  YEBRA VILLANUEVA

Nacéu en Sárria o 3 de setembro de 1957, filla de Luis Yebra  e de  Milagros   Villanueva. Estudóu  na Academia Felipe II ,no Colexio das Xosefinas de Lugo e no Instituto de Bacharelato de Sárria. Licenciada  en Ciencias da Información  pola Universidade Complutense,  é tamén  Técnica en Relacións Públicas.

Comezóu a súa carreira profisional no diario " Ya " de Madird, alternando  este traballo cos seus estudos. Durante  varios veráns  fixo prácticas  na Delegación de " El Ideal Gallego" en Lugo. Tamén  colabora  nas revistas  "La Gaceta Iliustrada" e " Debate Escolar".

En 1979 entróu a traballar  no gabinete de prensa  da sé central  da UCD , onde participóu  en numerosas  xornadas  de traballo en tódalas  provincias españolas. Na Campaña do 82  acompañóu  aos candidato á presidencia  do Goberno, Landelino Lavilla, polo país ocupàndose dos medios de comunicación.

En 1983 colabora coa Fundación Konrad  Adenauer  a traveso da  Fundación Humanismo e Democracia . Neste ano  traballa para o Partido Liberal e para Federación  Española  do Consumidor, ao tempo que comeza coas súas colaboracións  na sección de cultura  do diario "ABC". A fináis  deste mesmo ano é nomeada xefe de prensa  do Presidente da Xunta de Galicia, tendo por iso  que se trasladar a Santiago de  Compostela. No ano 1985é nomeada Direitora  de Relacións Externas da Xunta de Galicia en Madrid. Durante este ano crea o Clube de Periodistas  Galegos de Madrid e a Federación Cultural de Gastrónomos Galegos.

Alterna o seu traballo  na Xunta  co do diario "ABC", onde é nomeada xefe  da sección  de Vida Social. No verán de 1986 é enviada especial de "ABC" en Marbella.

Está na posesión  dos galardóns  " T " de triunfador  e a Venus de Marbella, sendo a creadora do premio "Galego do Ano".

En 1990  deixa a Xunta de Galicia  para se facer  cargo da Delegación  de "ABC" para a Costa do Sol. Neste mesmo ano  crea o " Club Internacional de Marbella " que  entra en funcionamento  en 1991, e que está  por ela presidido , contando con cento  trinta socios. NestEs momentos  está a crear a Asociación de Empresarios Galegos da Costa do Sol.

                                                            ADENDA

Novela: " El fuego del flamboyán" ( 2016  ).-   " La última condesa nazi" (  2021 )         

  ************************************************************************************

                                                                         7

                                       PREGOEIRO DO SAN XOÁN  DO ANO  1992

                                        TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                                           DON XESÚS VÁZQUEZ GALLEGO

Nacéu en Sárria  o 21 de outubro de 1940, no seo dunha familia de  fonda sarrianidade . Estuda mediciña e Santiago de Compostela e dende 1974 foi Xefe de Servizo de Rehabilitación  do Hospital Xeral o Servizo Galego de Saúde, en Lugo.

Especialista en Traumatoloxía  e Cirurxía Ortopédica. Especialista  en rehabilitación, Direitor e Profeos  da Escola  Universitaria de Enfermaría do Complexo Hospitalario  Xeral-Calde de Lugo....

Membro numerario da Sociedade Española de Traumatoloxía  e Cirurxía Ortopédoca e da Sociedade  Española de Rehabilitación , da Federación Española de Medicina  Deportiva e da "Socitè  Française  de Reeducation  Fonctionelle  , de  Réadaptation  et de Médecine Phisique ". Tamén  membro da Xunta Direitiva  da Sociedade Española de Rehabilitaciób e Vicepresidente  da Asociación Galega  de Medicina Deportiva.  Foi presidente da Sociedade  Galega de Rehabilitación.

Nos anos  estudiantís tivo  activa presencia  nas actividades  asociativas  e tamén destaca  pola súa presencia  nos órgaos médicos  colexiáis de A Coruña e Lugo. Foi  concelleiro e tenente de alcalde  do Concello de Lugo.

É un dos mellores  especialistas en Medicina Deportiva, sendo seleccionado  como Médico Olímpico para as Olimpiadas Barcelona 92.

Ten publicado moitos libros , entre os que destacan: "Cinesiterapia  en el tratamiento  en el tratamiento de la escoliosis ", " El masaje terapéutico ", " Como ponerse en forma", " Tradiciones, Mitos, Creencias y Curanderismo  en Medicina Popular de Galicia ", " Medicina Física  en el Fútbol". Ë colaborador  en moitas revistas e xornáis, onde revalida a súa condición de valioso especialiesta.

Como pintor afeizoado  e autor de obra  de recoñecida calidade.

Sárria está sempre moi presente na actividade do Dr. Vázquez Gallego, quen en numerosas ocasións  ten amosado o seu amor  pola vila nadal, sendo de destacar   a aportación de traballos do seu tío don Francisco Vázquez Saco, que de xeito desinteresado, ven facendo para o Arquivo Comarcal, podendo  ser considerado, con toda xustiza, como un dos seus impulsores.

Ao nomealo TAMBORILEIRO  MUNICIPAL DE HONRA  Sárria  quere amosarlle de xeito publico o agradecemento polas atencións e agarimo que para Sárria e os sarriaos ten sempre.

 ************************************************************************************ 

                                                                  8

                              PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 1993

                                TAMORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA 

                                    MEDALLA DE OURO " CASTELAO"

                                        DOUTOR XOSÉ PEÑA GUITIÁN                      

 Nacéu en Armillán, parroquia de San Vicenzo de Toldaos, no Concello de Láncara. Os estudos de primeiro ensino fíxoos na Escola de Monseiro. o Bacharelato en Lugo e a Licenciatura en Medicina  en Santiago de Compostela.  Doutor pola Universidade Complutense  de Madrid, Os estudos  de Especialidade  efectuounos co Prof.  Suárez Perdiguero en Santiago. Amplióu  estudos en Bruxelas, París  e Giessen  ( Alemania ). Na carreira académica  obtivo en 1966 , por oposición , a praza de Catedrático de Pediatría  e é Xefe  do Departamento  de Pediatría do Hospital Xeral de Galicia desde 1972. Direitor da Escola de Puericultura de Galicia  desde 1961. Decano da Faculdade de Medicina ( 1978 / 79 ).

É Académico Numerario electo da Real Academia de Medicina  de Galicia , Presidente electo e  de Honra  da Sociedade de Pediatría de Galicia , Presidente da Asociación Española de Pediatría ( reelexido ), Membro electo do Clube Europeo  de Investigación en Pediatría, Membro electo  do Grupo Latino de Pediatría, Membro do Comité Europeo para o tratamento da Sida pediátrica ( grupo Penta )  e experto  en terapéutica  pediátrica da Asociación Internacional de Pediatría.

Ten pronunciado máis de 200 conferencias en España  e no Extranxeiro. Ten máis de 200 publicacións científicas  en revistas nacionáis e extranxeiras e presentóu máis  de 250 comunicacións científicas  en Congresos e Simposios , dentro e fora de España. O seu maior orgullo  é ter dirixido  a formación da meirande  parte dos pediatras de Galicia.

Posúe a Orde Civil de Sanidade  ( Encomenda ) e foi distinguido  polo Presidente da Xunta de Galicia  coa Medalla de Ouro " Castelao" en 1993.

Co nomeamento  de " Tamborileiro Municipal de Honra" , Sárria quere  amosarlle ao doutor  Peña Guitián  o fondo sentimento de admiración  que, entre os seus coterraños, desperta  co seu importante labor.

***********************************************************************************

                                                                            9

                                       PREGOEIRA  DO SAN XOÁN  DO ANO  1994

                                       TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA

                                 DONA MARIA DO CARME PENA FERNÁNDEZ

Es tudóu o bacharelato na Academia Felipe II de Sárria. Licenciada en  Medicina e  Cirurxía pola Universidade de Santiago  ( 1972 ). É tamén  Especialista en Cirurxía Plástica e Reeparadora ( Universidade de Madrid, 1976 ), ten o tíduo de Médico de Empresa  ( Escola Nacional do Traballo,  1977 ) e obtivo o Doutorado  en Medicina  e Cirurxía  pola Universidade de Oviedo (  1985 ).

Un amplo  exercizo profisional en Vigo, Bilbao e Madrid, ten a súa revalidación  como médica adxunta e posteriormente  Xefa de Servizo  de Cirurxía  Plástica do Hospital Ntra. Señora de Covadonga  de Oviedo , estando actualmente en situación de excedencia voluntaria. Na actualidade é Cirurxana Plástica. Estética e Microcirurxía  , en Oviedo.

Traballóu en hospitáis de Glasgow e Milano.

É membro  da Comisión Nacional  da Especialidade de Cirurxía  Plástica , socia fundadora  e vogal  da Unidade de Cirurxía  Plástica, Estética   e Microcirurxía , Delegada Nacional  da Sociedade Internacional de  Microcirurxía para Reimplantes . En decembro de 1978  realizóu con éxito  o primeiro reimplante  de dedo en España . Ten no seu haber  a iniciación  e posta en funcionamento  das Técnicas  Microcirúrxicas  en Asturias.

Son moi numerosos os traballos  publicados en revistas nacionáis  e estranxeiras , e participóu como poñente, profesora  e instrutora  en numerosos congresos , symposiums ou mesas redondas.

Sárria , onde  pasóu os seus primeiros  anos, e onde ,como membro dunha familia de forte raigame na localidade , bebéu as esencias dunha sólida formación , é punto de referencia  para quen hoxe é figura  sobranceira no campo da Microcirurxía.

**************************************************************************************

                                                                       10         

                                  PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO   ANO 1995

                                          TAMBORILEIRO  MUNICIPAL DE HONRA

                                         DON  MANUEL ARTURO POMBO ARIAS

 MANUEL ARTURO POMBO ARIAS ( Sárria, 1.05.1943 ). Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago e Doutor  pola mesma coa calificación de sobresaínte  cum laude ;  especialista en Pueicultura  e Pediatría  e en Endocrinoloxía  e Nutrición, áreas sobor das que realizóu  estudos en diferentes centros españóis e extranxeiros ; catedrático de Pediatría  da Faculdade de Medicina de Santiago ;  Xefe de Servizo de Pediatría  e Direitor  da Unidade de Endocrinoloxía  e Crecemento do Departamento  de Pediatría do  Hospital Xeral de Galicia  de Santiago de Compostela; 

Manuel Pombo Arias  foi  un dos  principáis impulsores da especialidade de Endocrinoloxía Pediátrica en España. Foi membro  fundador e Presidente de Honra  da mesma, e  Membro de Honra de diferentes Sociedades Científicas. Amáis , formóu  parte da Xunta Direitiva da Sociedade Española de Endocrinoloxía , foi vicepresidente da Sociedade de Pediatría  de Galicia dende  1983 e é membro correspondente da Academia  de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Forma parte de varias sociedades científicas extranxeiras ( European Society  for Paedratic Endocrinology, Lawson Wilkins  Pedriatic Endocrine Society dos Estados Unidos, Growth Hormone  Reesearch  Society , International  Council for Control Iodine  Deficiency  Disorders ) . Formóu parte do Consello Nacional da especialidade de Pediatría. Membro de diferentes comisións  asesoras relacionadas coa Pediatría e a Endocrinoloxía  e do Comité Editorial  de varias publicacións científicas. Dirixiu 17  tesinas e teses doutoráis , ten presentado máis de 200  comunicacións  en cogresos e en reunións científicas nacionáis e extranxeiras  e publicóu máis de 200 traballos, dos que moitos apareceron nas revistasa de máis recoñecido prestixio internacional. É autor  de 10 libros ou monografías, sendo  de destacar o " Manual de Pedria Práctica " ( Editorial Díaz de Santos , Madrid )  o primeiro editado en España encol deste  tema ,  e" Two  Decades of Experience  in Growth" ( Raven Press, New York ). Pronuncióu máis dun cento de conferencias en España e no estranxeiro.  Entre outros galardóns , recibiu premios da Real Academia  de Medicina e Cirurxía  de Galicia . Recibiu o premio "Suárez Perdiguero " de investigación en nutrición infantil ( 1990 ).

Manuel Pombo foi presidente do Comité organizador  de diversas reunións científicas e promotor dun grande número  de Cursos e simposios encol da Endocrinoloxía Pediátrica  aos que foron convocados expertos de moi diferentes  países. No seu Servizo  realizaron estancias de formación investigadores  doutros centros nacionáis e extranxeiros . Na actualidade dirixe un Tratado internacional  encol da Endocrinoloxía Pedriática  que vai aparecer  proximamente  e recentemente foi becado para  realizar unha estancia no National  Institute of  Child  Healt  an Human  Development  ( Bethseda , EEUU ) que vai  efectuar  nos vindeiros meses.  

 *************************************************************************************                                                                         11

                                   PREGOEIRA DO SAN XOÁN DO ANO 1996

                                           TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE  HONRA

                                                    DONA MARIA CARRETERO

Escultura  e artista multidisciplinar  do espacio exterior , ten realizado  numerosas exposicións  tanto individuáis colectivas , sendo  un dos seus máis  recentes  traballos  o " I Encontro  de Escultura  Ibérica  Actual " achegando  a escultura española e portuguesa.

Desde 1991  é  a única  española membro do Comité   Internacional  de Espacios Exteriores  ISC de  Washintong, Estados Unidos.

Aínda que nacéu en Madrid  ( 1963 ) , síntese  cidadá  do mundo e galega de pro, dada a súa vinculación  familiar con Sárria , onde permanecéu longos períodos de tempo , e onde  pensa establecer  unha das súas  residencias  habituáis  en Galicia.

Traballóu con arquitécticos  de grande prestixio  en numerosos proxectos e participóu en bienáis  internacionáis de escultura e arquitecrura , entre as que destacan :

-  Bienal de Arquitectura  de Buenos Aires. Argentina 91.

- Fujisanki Bienale. Tokio 1993.

- Bienal  de Escultura de San Francisco . Estados  Unidos 1994.

Durante o mes de xuño  estará en Rhode Island ,  Estados Unidos , representando  a España   nun Comité Internacional  de Espacios Exteriores  e dando a coñecer  a " Homenaxe ao Peregrino"  na vila de Sárria.

Ten recibido  numerosas  distincións  , entre as que se encontran a Primeira e Terceira  Medallas " Salón de Otoño  de Madrid".

A súa obra  encóntrase  representada  en prestixiosas  coleccións  nacionáis e internacionáis , públicas e privadas-

Entre  as súas obras destacadas  , encóntrase unha peza monumental na Residencia  de Estudiantes  da Universidade  Carlos III-

Obras monumentáis en Parques Públicas  de Madrid ,  Poligonos Industriáis  e espazos históricos como a Muralla  de  Alcalá de Henares , do  S. XV , entre  outras,  avalan  a traxectoria desta escultura, que moi axiña verá instalada a súa obra " Peregrino  de Sárria" , na  Rúa do Peregrino, á beira do río Sárria.

As  súas  raíces sarriás  e o forte simbolismo da súa obra  que , neste ano 1996 , lle  rindamos homenaxe  ao seu bon facer , porque esa monumental  escultura  vai ser o mellor símbolo do xesto de acollida que desde sempre caracterizóu  a  Sárria.

 ************************************************************************************ 

                                                                           12

                                       PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 1997

                                            TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                                            DON  VALENTÍN ARIAS LÓPEZ

 Valentín Arias López  nacéu na aldea da Vilerma-Maside . Sárria , o ano 1934.

Foi alumno  da Escola  de Orientación Agraria  da Granxa de Barreiros  ( Ortoá ) , De  1955  a 1965 dirixiu este centro e colaboróu  co Servizo de Extensión Agraria  en Sárria. Logo, tivo ao seu cargo  o establecemento  de explotación  froitíferas en Chantada  e Outeiro de Rei.

Desde 1969  reside en Vigo , como profesor de EXB  nun centro vigués, Ensinóu lingua galega  a  un milleiro de profesores  de primaria , de bacharelato , universitarios , médicos , funcionarios  de Xustiza , da Facenda, etc.

Traballóu  na Fundación Penzol, dirixiu a Editorial Galaxia, relaciónase profesionalmente con Edicións  Xeráis  de Galicia,  Edicións do Cumio, etc.

Loitóu  contra o franquismo  desde  os presupostos do nacionalismo democrático de esquerdas.

Colaboróu  asiduamente  en case toda a prensa galega, deu charlas e promocionóu  conferencias  prácticamente en toda Galicia , en Salamanca, Barcelona , As Palmasb de Gran Canaria, Xenebra ... sempre a prol da educación  , a cultura e a lingua galega.

Participa  nas  campañas  de fomento  da lectura organizadas pola Consellería  de Cultura da Xunta de Galicia.

É autor  do primeirro  libro  de lectura escolar en galego , de varias publicacións  destinadas  á aprendizaxe  da língua galega , coautor do primeiro libro galego de ciencias  naturáis  e sociáis  para uso na escola, traballa no primeiro diccionario enciclopédico galego .

Cofundador  da Asociación de Tradutores  Galegos - que preside actualmente -  dirixiu a traducción  galega do " Enxeñoso Fidalgo  don Quixote da Mancha "  e traduciu  á nosa lingua  ( do castelán,  do portugués , do italiano e do francés )  medio cento  máis  de libros  : a serie denominada  As aventuras de Tintín, de Hergé, A  volta ao mundo en 80 días , de Verne, Marcelino, pan e viño, de Sánchez Silva , Contos á máquina,  de Rodari,  Trobadores e xograres , de Remesende, A fractura de miocardio , de Fansten , O Estranxeiro, de Camus... É responsable  da forma galega  dunha dúcia de milleiros de páxinas  correspondentes aos máis diversos  xéneros.

Gañador  do premio de traducción  " Ramón Cabanillas " da Xunta de Galicia  , pola traducción da obra  " O   Can de Barkeville ". Foi  Premio Nacional  de Literatura Infantil .

É autor  de diversos  traballos  publicados  no Libro-Programa  das festas  do San Xoán  nos Libros Programa dos anos sesenta  e  nos máis recentes  anos.

 ************************************************************************************* 

                                                                        13

                                      PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 1998

                                             TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                                                         DON   XOÁN LUIS LÓPEZ DÍAZ

Xoán Luis López Díaz nacéu en Sárria o 16 de xullo de 1952.Estudóu en Sárria  e Lugo e licenciouse  en Ciencias  Políticas   e Socioloxía  na Universidade  Complutense de Madrid.

- Funcionario de Carreira da Administración do Estado e da Xunta de Galicia.

- Desempeñóu  funcións de técnico no Departamento de Emprego  do Ministerio de Traballo de Madrid.

-  Técnico no mesmo departamento no INEM  ( A Coruña ).

-  Xefe de Negociado  de Formación Ocupacional en A Coruña.

-Xefe da Unidade  Provincial de Control de Emprego en A Coruña.

- Responsable  da Unidade  Estatística  do INEM-A Coruña.

- Xefe de Servizo  de Promoción  da  Dirección  Xeral  de Comerzo e Consumo  da Xunta  en Santiago de Compostela.

- Xefe de Sección de Control Administrativo  de Concertos no SERGAS  - A Coruña.

- Xefe do Servizo de Turismo en Lugo.

A constante  vinculación de Xoán Luis López Díaz coa súa vila nadal. os  fortes  elos de amizade  mantidos malia  a que a súa vida profisional o teña levado a outros lugares , a preocupación  constante  por canto a Sárria e á súa comarca se refire, son motivos máis que suficientes  para que, como TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA  abra as nosas Festas Maiores.

*************************************************************************************

                                                                           14

                                             PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 1999

                                                TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA 

                                                                  DON  RAÚL LÓPEZ

Raúl López nacéu en Sárria hai 48 anos. Aquí pasóu  a súa infancia  e parte da súa xuventude , atá que en 1978 contrae matrimonio  cunha  lucense  e traslada a súa residencia a Lugo.  Ten  dous fillos  e é empresario do transporte de viaxeiros por estrada.

Cursóu bacharelato nas academias da vila, obtendo as correspondentes  títulos no Instituto Masculino de Lugo.

Dende moi novo  colabora co seu pai  no negocio familiara  de transporte  de viaxeiros, con  quen aprende  todo o relacionado  co mundo do motor , que o apaixoa. Acostumado  desde nena a sacrificar o placer do ocio a prol  da satisfacción  que produce  un "traballo rematado e ben feito" e dotado  dunha grande tenacidade , inicia a súa andadura  profisional aos 18 anos, como profesor de autoescola.

Forma parte da sociedade creadora da Autoescola Siji  e ao mesmo tempo  fai inversión  na empresa familiar , mellorando a flota  e pasando de facer  servizos de "feiras e mercados" aos discrecionáis   que en "autopullmans de luxo " pasearían por todo  o país  o nome de RAÚL SÁRRIA  , que con tanto orgullo  dispuxera o seu pai Raúl López Loureiro.

No ano 1978 decide a  compra  da EMPRESA MONFORTE   S.A., inversión  á que o seu pai, xa enfermo de gravidade, se amosa temeroso e escéptico , aínda  que lle dá o seu apoio, facéndolle saber  a confianza plena  na capacidade xestora , intelixencia  e tesón do fillo. Nese mesmo ano contrae matrimonio  e pouco despóis  falece o seu pai.

O carácter  emprendedor e a visión empresarial  deste sarriao  son merecentes  da homenaxe  das xentes da súa vila nadal, que  aparte da súa actividade  é coñecido pola súa participación  activa no mundo deportivo lucense , como Presidente  do C.B. Breogán Universidde, equipo  co que  acada, neste ano, o ascenso á Liga A.C.B.

************************************************************************************* 

                                                                            15      

                                           PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO  2000

                                               TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                                                  DON  ERNESTO SÁNCHEZ POMBO

ERNESTO SÁNCHEZ POMBO , fillo de galegos, con raíces familiares na comarca de Sárria, nacéu en San Sebastián en 1954.

Licenciado  en Ciencias da Información pola Universidade  Complutense  de Madrid, desenvolvéu  toda a súa vida profisional  en Lugo,  atá que en abril  de 1999 se traslada á sede  central de " La Voz de Galicia" para se facer cargo da direición do periódico. Pasando días atrás a dirixir o Proxecto Editorial do Grupo Voz.

En 1977 comeza a súa traxectoria como xornalista en " El Progreso" de Lugo , compaxinando  o seu labor de colaborador fixo co de comentarista de Radio Lugo, da Cadea Ser. Por espazo de dez anos exerce de correspondente de El País para esta provincia. Tras a súa incorporación  á plantilla  de El Progreso, en 1982 , é nomeado  redactor xefe , e pasa a ocupar o posto  de direitor  adxunto  do diario lucense en 1991, na súa nova xeira de reconversión.

O Grupo Voz incorpórao ao seu staff en 1996, en calidade  de Delegado Provincial  para Lugo e Asturias onde, amáis  de se responsabilizar  direitamente  das edicións de Lugo, A Mariña e Lemos, encárgase tamén  da programación  de Radio Voz de Lugo. Durante algún tempo dirixiu  e presentóu  nesta  cadea a tertulia  política , " Camiño de volta", con audiencia en toda Galicia.

Sendo vicepresidente da Asociación de Prensa de Lugo, participóu  nas negociacións para a criación  do Colexio Profisional de Xornalistas de Galicia, recentemente constituído.

Autor e coautor  de diversas obras , entre elas " Cien años" e " La memoria ajena", tamén é responsable  da posta en marcha  de varias  publicacións, entre elas  a da Cámara Oficial de Comerzo de Lugo, cuxa oficina de prensa  creóu e dirixiu.

Tivo  unha decidida participación na posta en marcha da delegación de La Voz de Galicia  en Sárria e da emisora de Radio Voz Sárria.

O seu decidido labor de colaboración con múltiples iniciativas sarriás, fai que sexa o noso Tamborileiro de Honra  no ano en que o século XX morre.

************************************************************************************

                                                                              16

                                            PREGOEIROS  DO SAN XOÁN DO ANO 2001

                                                ALCALDES  DE SÁRRIA NO SÉCULO XX

Alcaldes Constitucionáis:  Modesto Rivas Viñas.- Camilo González Cabarcos.- Amadeo Macía Vázquez.- Annxo Fernández  López.-  Castor Fernández López.- Manuel  Gutiérrez  Castro.- Antonio Sánchez Teijelo.

Diteitorio Militar:  Xosé  Álvarez Méndez ( Garda Civil ).-  Manuel Valiña Somoza.-  Fermín Somoza García.- Pedro Xoán López Armesto.-  Cándido Xusto López López.

II República:  Camilo González Macía.- Xoán Manuel Somoza  García.- Antonio Páramo Sánchez.

Ditadura franquista : ( 1936 )  Francisco  Gullón Baladrón ( Garda Civil ).-  Pedro González  Vázquez ( Garda Civil ).-  Fermín Somoza  García.-  Castor  Fernández López.- Casiano Rodríguez Fernández.- Valentín López Vázquez.- Matías  Vázquez Rodríguez.-  Fernando Taboada de Zuñiga.- Antonio Viñas López.- Alfredo López Vázquez.... ( 1939 ) Manuel López Mosteiro.-  Román López Rubín.-  Manuel López López.- Antonio Carrozas Varela- Antonio  Peña Villamarín.-   Xosé Gayoso.- Alfredo López Vázquez.-  Manuel López-Vizcaíno Rodríguez.- Xabier López-Acevedo López.- Xesús Vázquez Rivas.- Euxenio Xosé  Quiroga Vázquez...... ( 1979 )

Concellos Democráticos:  Manuel Lence López.- Xosé Luis López López.- Aturo Corral  Guitián.,- Claudio Melquíades  Garrido Martínez.

                      ................................................................................... 

                    OS ALCALDES  E O CONCELLO DE SÁRRIA  NAS FESTAS DO SAN XOÁN

Aínda que  as Festas do San Xoán de Sárria non tiñan o carácter de  festa oficial do Concello  os alcaldes  e concelleiros sarriaos  foron pouco a pouco incrementando a  axuda municipal que se enadía  ás aportacións  que os ramistas  recollían porta a porta pola vila.

A partir de 1939 o concello tomóu as rendas da organización das festas coa formación  dunha Comisión Oficial baixo a presidenza,  efectiva ou de honra, do Alcalde e coa fixación  dunha   aportación con cargo ao orzamento municipal. Finalmente a Comisión de Festas  foi seguindo diferentes etapas   con participación  de representacións das entidades culturáis, do comerzo e da industria , que acabaron  repetindo funcións por varios anos até que en 1963 o sistema entróu en crise. Ao non se dar formado unha comisión de  varóns voluntarios, con toda presa, e poucos días antes do día do Padrón . un grupo de mulleres  encargouse   da  organización dos festexos.

O papel dos Alcaldes sarriaos  nas Festas do San Xoán , aparte da colaboración coas aportacións   económicas para a organización das festas e na recollida de axudas  dos veciños,  estivo  na presenza  nos actos  oficiáis do día 24: Recepción de autoridades  e representacións na Casa do Concello,  presenza corporativa na Misa Maior e na Procisión  e  participación no "viño español" co que a Comisión de Festas agasallaba ao concello  e  representacións  nos salóns do Casino.

Outra  maneira de participación nos festexos   foi en varias ocasións  o convite oficial a figuras politicas provinciáis ( gobernador civil,  alcalde de Lugo... ) para a Cea Americana organizada pola sociedade " A Unión".

Dende o  ano 1979  o xeito de organización das festas  mudóu sustancialmente ao tomar o Concello  a dirección   e presidenza  da comisión levada adiante por  un concelleiro, auxiliado  por algún outro edil e contando coa axuda de colaboradores  saídos de clubes e asociacións. Esta nova maneira de organización fixo  dar por rematada a  postulación dos ramistas por rúas e casas, encomendando esa tarefa a dous policías locáis que recibían unha pequena comisión sobre a recadación  polo seu traballo.

Finalmente  o Concello  acabóu fixando  os fondos precisos para a organización das festas  , abandoando  o sistema tradicional   das aportacións voluntarias  de veciños, comerzo e industria.

Como  actuacións  de interese persoal dalgúns alcaldes, con relación ás festas do San Xoán , hai que sinalar :

a)  Sendo alcalde Manuel López-Vizacíno Rodríguez tratóu de revitalizar   a FOGUEIRA  da Noite do San Xoán,  co acendido   de grandes  fogueiras   no Monte Pequeno de Treilán, Seteventos e dous puntos máis das beiras do Val de Sárria.

b) O alcalde  Xabier López-Acevedo López  inicióu  a formación  dunha fogueira na parte alta do Prado de Batallón , que se viu consolidada e mantida en anos sucesivos.

c) O alcalde  Xesús Vázquez Rivas tivo activa participación  na  adquisición de dous xigantes e varios cabezudos  que servirán  máis adiante como base para o equipo de PAMPÓNIGAS  .

**********************************************************************************+                                                                       17

                                  PREGOEIRA  DO SAN XOÁN   DO  ANO 2002 

                                  TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA 

                                             DONA  SONIA LÓPEZ SÁNCHEZ

Sonia López Sánchez nacéu en Vilar de Sárria en 1977. É filla de Miguel Sánchez e Araceli Sánchez.

Cursóu estudos en Sárria e A Coruña  e malia a súa xuventude  é a sarriá  máis  coñecida na actualidade , tanto pola súa participación  activa no mundo da moda  como pola presencia nos medios audiovisuáis.

Miss Lugo e Miss Galicia no ano 1998, esa designación abriulle as portas das pasarelas de moda  e das programacións favoritas, facéndose  acreedora da estima de cantos  a coñecen e tratan, pola súa simpatía e sinxeleza.

Esta xentil sarriá , que á súa beleza une a preparación  e ampla visión de miras propias da muller moderna, fai sempre  gala da súa  sarrianidade , sendo a  máis activa  embaixadora  dos nosos valores, alí onde se encontra , colaborando desinteresadamente  en cantos eventos sociáis e culturáis da comarca se lle pide a súa presencia.

*  Copresentadora de Luar.Temporada 98  /99.TVG.

*  Presentadora Galas Xacobeo 99.- Viaxdeiros na lembranza.- Pontevedra.TVG,

*  Concertos Pop-Rock. Praia de Baltar -Sanxenso.TVG

*  Presentadora "  Galicia Cidade Única "  Vilalba.  Verán do 2000.- TVG

*  Presentadora " Mar a Mar" . Catro  galas desde Cambados a  Sada ( Xunto con  Xosé Luis Blanco Campaña ).TVG

*  Presentadora magazine  nocturna para  a Asociación Galega de Televisións  Locáis ( 14 televisións  ) ASGATEL.  Veráns 2000 e 2001

**  Condutora  espacio de moda  Programa "Tardes  de Verán "  Produtora Getmusic  para TVG.  Verán 1998

*  Colaboradora en Tertulia  Programa "Tardes de Verán " . Produtora Gestmusic  para TVG. Verán 2000

*  Presentadora  de "Desde Galicia para o mundo". Ano 2000.  Sete programas  en TVE-2 

Ten participado en pasarelas  en " Moda  do Norte " . Portugal / Noviaespaña- Barcelona / Ifema Madrid /  Gala de la Piel Galicia / Campus Stellae- Galicia  / Pontus Veteris ( Galicia ),

Representante  da nova Galicia que se abre ao século XXI , Sonia López Sánchez  amosa de cote os seus sentimentos de sarrianidade e galeguidade , razóns que moveron  á Comisión de Festas e ao Concello  a propoñela  como pregoeira  do San Xoán 2002  e darlle o nomeamento de " Tamborileira Municipal de Honra" , ao que se fan acreedores  que con san  orgullo  fan a loa  da  súa Sárria nadal.

************************************************************************************** 

                                                                             18

                                              PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2003

                                                    TAMBORILEIRO  MUNICIPAL DE HONRA

                                                        DON VÍCTOR LÓPEZ VILLARABID 

Nacéu en San Miguel de Vilapedre ( 1936 ) . Delegado de El Progreso na  comarca de Sárria, medio no que ingresóu como correspondente  en 1964.

Entre   os anos 1961 a 1964 foi responsable  da  Emisora Radio Sárria de Ondas Populares  ingresóu no Colexio  Profisional  de Xornalistas de Galicia no momento da súa creación. Colabora ao mesmo tempo  en diversos medios informativos escritos e de radio.

Autor  de numerosos traballos  relacionados   coas peregrinacións xacobeas  é tamén autor  de varios libros -guía adicados  a Sárria, Portomarín , Paradela, Samos e o  Camiño de Santiago, tendo outros en prensa.

Gañador de premios  xornalisticos  : Meigas e Trasgos , Belén de Begonte, Día da Provincia, "Xacobeo 93 ",  Xornadas Gastronómicas, etc. Foi premiado  en certames fotográficos  e realizóu  exposicións recollendo a súa obra gráfica.  Varias das exposicións fotográficas   estiveron adicadas, coincidindo coas festas do San Xoán, aos concellos das Terras de Sárria.

En sesión  de 23  de agosto de 1986 o veciño  concello miñoto nomeouno  Cronista Oficial de Portomarín.

Dentro da súa variada actividade  profesional   tomóu parte  na fundación  da Federación  de Libreiros de Galicia, desempeñando a vicepresidencia  durante doce anos, e ocupóu o mesmo c argo  na Cooperativa de Libreiro. Formóu parte, representando a Galicia, da CEGAL, Confederación  Española  do  Gremio Asociado de Libreiros. Foi m embro da Cámara de Comerzo  e Navegación  de Lugo,  durante sete anos, en representación da comarca de Sárria. Como empresario, xunto coa súa esposa Rocío Rodríguez Núñez., promovéu a recuperación da imprenta que fora fundada por Felipe Rodríguez  consolidada , xunto cunha librería, baixo a denominación Librería-Imprenta Galicia. Ademáis    puxo en marcha  unha tenda  especializada en receptores de televisión  e abríu unha tenda   , " Sargadelos",  especializada na  venda de cerámica  desa recoñecida factoría  da Mariña luguesa.

Foi  concelleiro   con responsabilidades  na implantación da recollida de  lixo  e  como comisionado  levóu a presidencia das Festas do San Xoán nos anos 1972  e  1973, integrándose ademáis en varias ocasións   como ramista  en sucesivas comisións festeiras.  Baixo da súa dirección, e con numerosas aportacións de artigos  e gráficas,    sairon durante décadas   Libros-Programa das festas sanxoaneiras.  E   fixo posible que os números extraordinarios de El Progreso  polas festas do San Xoán     alcanzasen grande riqueza de contidos.

Participante activo   no movemento social e cultural da vila , formóu parte  de diversas asociacións (  Acción Católica, Asemblea Local da Cruz Vermella, Padroado Rosalía de Castro,  sociedade deportivas  e  asociacións xacobeas  ) nas que ocupóu cargos direitivos  , tanto na Sociedade Deportiva Sarriana, como na Presidencia do Centro Cultural Meigas e Trasgos- CIT de Sárria.

O seu labor profesional como  correspondente-delegado  de El Progreso , tanto  na publicación de novas como en artigos de opinión , converte a Villarabid  nunha  das voces máis representativas da Sárria do noso tempo , estando a súa pluma e a súa cámara presentes en cantos  feitos relevantes  teñen acontecido nos últimos  sesenta anos.

É sen dúbida  un dos sarriaos  que ten levado o nome de Sárria  a máis partes , e nas súas colaboracións  xornalisticas pódese  seguir o pulso vital  da nosa comarca.

*************************************************************************************

                                                                        19

                                             PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2004

                                                  DON   XOSÉ RAMÓN  GAYOSO BONIGNO

Xosé  Ramón Gayoso Bonigno  nacéu na Coruña  o 25 de abril de   1956.  É  un coñecido presentador da Televisión de Galicia  ( TVG )  e un dos personaxes públicos  máis coñecidos de Galicia.

Licenciado  en Dereito   na Universidade  de Santiago de Compostela. Grabóu en 1978 un disco  con Álvaro Someso , con quen formara o  grupo " Keltía" , producido  por CBS , e a metade das cancións  estaban interpretadas en galego.

Con posterioridade   estableceuse en Madrid  onde traballóu nun bufete especialziado en asuntos matrimoniáis.

Traballa na Televisión de Galicia  dende o mesmo día da súa inauguración o día 25   de xullo de 1985. O seu primeiro programa presentouno  xunto con Mercedes Bouzón.

Dende entón  ten presentado   programas como  " Entre Nós",  " Boa Noite",  " Lúa Nova " ,  " O veciño do xoves ", "Corazonada",  " Adiviña quen ven esta noite"  e " Pensando en tí " , mais foi  con " Luar" , iniciado  en 1992, cando  a súa popularidade  alcanzóu os cumios máis altos.

                                .........................................................................

A Comisión de Festas  de 2004  convidouno   a que dese  o Pregón, con base á súa popularidade ,  e deixando  de seguir   o criterio  establecido  de facer a encarga  a quen teña   vencellos   direitos   con Sárria  e as  Festas do San Xoán.

**************************************************************************************                 

                                                                              20 

                                               PREGOEIRA DO SAN XOÁN  DO ANO 2005

                                                   TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA

                                                   DONA  CARMELA GONZÁLEZ RUIZ    

Carmela González Ruiz, creadora e  dinamizadora do Centro Cultural "Meigas e Trasgos" -CIT  desenvolvéu unha  actividade plena  e enriquecedora da vida social e cultural sarriá, durante varios lustros, levando adiante co seu contaxioso entusiasmo moitas programacións que hoxe conforman o noso quefacer colectivo.

As festas do San Xoán, baixo o seu impulso persoal , enriquecéronse coas actuacións da  Coral Polifónica ,  coa presenza dos grupos de gaiteiros  e das " Burbuxiñas"  ( cestiños con flores e arcos floridos ) e "Garulaxe de Sárria"  no desfile procisional, cos seus pasarrúas e certames de gaitas, coas actuacións dos grupos de danza en " La Unión" , cos días de exaltación do traxe galego, co "Carreto"  cos carros engalanados, con mostras e exposicións  de antigüidades ou a inesquecible ".... Sárria de onte a hoxe", que foi o xermolo do Arquivo Histórico Comarcal...

Foi ademáis  impulsora de iniciativas como a de " Embelecer Sárria" , que conseguiu  que moitas amas de casa adornasen con flores as fachadas das súas casas, as  actuacións coráis e de música popular da Romaría  da Virxe dos Remedios, as Xornadas Gastronómicas ( porco, cabrito, troita.... ), as Cabalgadas de Reis. o Antroido na Rúa, a " Noite Meiga" , ciclos de conferencias, aa Bienáis de Arte, os certames literarios e de fotografía,

Ao  seu persoal  e teimudo empeño   débese o achar fondos para a adqusición dun terreo  e a constución, no Chanto, do Lar Social, onde se pode visitar  un Museo que recolle a obra de moitos artistas galegos.

Animada en todo momento  polo apoio do seu esposo  don Álvaro López-Vizcaíno Rodríguez,  a súa presenza en actos benéficos, culturáis e de participación cidadá  fixeron dela obrigada referenza ao falar de Sárria.

Autora da música e letra de " Galicia ten..."  declarada himno oficial do Concello, ben merece o agradecemento  dos sarriaos  pola súa entusiasta adicación a "facer Sárria",

A Pregoeira  do San Xoán 2005, dona Carmela, contribuiu  como poucos  ao afianzamento da nosa sarrianidade.

Nota.- Foi concelleira e tenente de alcalde en Sárria. É da súa autoría a cantiga que acompaña á moi recoñecida "Danza da Noite Meiga.                                    ************************************************************************************** 

                                                                  21

                                       PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2006

                                       TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                                        SEGREDARIO DO CONCELLO DE SÁRRIA

                                          DON AMANDO LOSADA LOSADA

Nace  en Vilaesteva ( O Saviñao )  o día  27  de maio de 1936. Estudóu bacharelato no colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos , e a carreira de Dereito en Santiago de Compostela.

Oposita ao Corpo Nacional de Segredarios  de Concello e presta servizo  en propiedade  en Begonte,  Pol, O Vicedo, Láncara e Sárria, e como acumulados en Becerreá, Palas de Rei, Guntín de Pallares, Portomarín, O Incio e Samos.

A súa calificación técnica e profisional deixan impronta nos diversos concellos onde desenvolve a súa actividade, impregnado ademáis o seu actuar de fortes sentimentos de galeguidade e compromiso social, aos que non foron alleos o ensino e exemplo do seu tío, o avogado Amando Losada, loitador pola democracia e os  dereitos cidadáns, defensor do Camiño Xacobeo, que en Palas de Rei mantivo aceso o lume da acción cidadá nos difíciles anos da ditadura.

No ano 1988 é nomeado Delegado da Consellería da Presidencia en Lugo, onde a súa experiencia  municipalista, mentres o goberno do Tripartito estivo vixente, o levóu a unha activa colaboración coas iniciativas dos concellos lugueses, e en especial co de Sárria, non sendo alleo ao bon suceso das obras  de adaptación e ampliación da Casa Vaamonde, conseguindo a dignificación  dun edificio  anacrónico e obsoleto  , que pasóu  a ser a anovada Casa do Concello.

En 23 de xuño de 1975 toma posesión como Segredario  do Concello de Sárria , e nas alcaldías de don Euxenio Quiroga Vázquez  , don Manuel Lence López , don Arturo Corral Guiián , don Claudio M. Garrido Martínez e don Xosé Antonio García López , a leal colaboración prestada , a axuda técnica e os elos  de amizade tecidos, fixeron posible a consolidación   de relacións froitíferas , a modernización e ampliación de plantillas, cun proceso modélico de transición cara  os novos xeitos de facer politica   e de entender  a participación cidadá  nos procedementos administrativos . A súa   capacidade e rigor xurídico , sobexamente coñecidos,  foron estímulo para os compañeiros  da administración local  e unha verdadeira garantía  para aqueles  que a el reorreron  en busca de consello ou asesoramento.

Comprometido coa reañidade sarriá , asumiu a presidencia da  Cruz Vermella de Sárria , durante moitos anos , conseguindo a incardinación  desta institución na realidade social da comarca  coa implantación  de servizos sanitarios  e sociáis, organización de cursos formativos , consecución de locáis en Callás  e na Rúa Anxel Fole, formación de voluntariado e do servizo social sustitutorio , etc. que foron empeño persoal seu, contando coa colaboración  de outros activos membros da sociedade sarriá.

Membro fundador da Asociación  de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo, xunto con outros sarriaos e lucenses , aportóu moito do seu saber  xurídico para a súa consolidación  e tamén no proceso de formación da Asemblea e Alcaldes e Corporacións do Camiño de Santiago en Galicia  e outras actividades  de promoción e defensa  da ruta xacobea .

Estes 31 anos de actividade  profesional  en Sárria, nos que participóu activamente  na vida cultural e social da vila, trouxeron, como feliz consecuencia  fonda, a amizade  con moitas persoas da localidade.

Cando chega a hora  da actividade profisional , como Tamborileiro de Honra  do ano 2006, don Amando Losada Losada  recibe a homenaxe  dos sarriaos  por un labor de anos a prol da mellora  da nosa comuniadade , coa satisfación da obra ben feita  e recoñecemento  da súa aportación á modernización do  noso Concello.

 Dende a privilexiada atalaia  do despacho segredarial , foi testemuña   das tres décadas  de maior  cambio na nosa historia , a carón de cinco alcaldes, e deu fe , levantando as actas  de corporacións comprometidas  con Sárria , do nacemento  da Sárria  que mira o futuro con optimismo, seguindo a cálida lumeira  da Democracia e a Liberdade.

                                                               XAFA

*************************************************************************************

                                                               22

                               PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2007

                                    TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                                         DON MANUEL RODRÍGUEZ DÍAZ

Manuel Rodríguez Díaz, " RODIM " nacéu en Sárria  o 19 de novembro de 1938 no seo da famila da Casa do Roxo do Barrio de San Lázaro.   Dende a súa infancia  amosóu grande interese  por todo o relacionado coa arte en xeral.

Cando só contaba dez anos realizóu  os seus primeiros debuxos  a carbón e prumiña . A partir de entón  a súa vocación artística  foise consolidando atá dar  os seus primeiros  pasos na pintura , como autoddacta , iniciándose na técnica  do óleo  conxuntamente co seu amigo, tamén pintor,  Ramón Castro. Como muralista  fixo obra no baptisterio de Santa Mariña, nas paredes do Bar Polo e na galería da súa casa familiar en Vilaverde  de Chorente

Na década dos cincuenta , cando aína era estudante de bacharelato, realizóu a súa primeira exposición   colectiva en Sárria , xunto con outros mozos da súa mesma idade.  Posteriormente participa en  actividades  culturáis e deportivas, organizadas naquela  época pola Delegación Nacionañ da Xuventude, e despóis de participar en cursos nacionáis , enoméndaselle a direición  dunha sección cultural e deportiva , o Círculo Xuvenil Gregorio Fernández  e que  desenvolve o seu actuara  na   súa vila nadal e na provincia de Lugo. Baixo o seu pulo  fanse actividades  como marchas e acampamentos, baloncesto, revistas oráis, motonáutica, atletismo, edición de prensa xuvenil, actuacións musicáis, unha banda de cornetas e tambores.... Baixo o seu patrocinio e colaboración gráfica  sairon  á  rúa, editadas a ciclostil, as publicacións " Candil " e " Eco".

Recibe  a Medalla  Nacional da Xuventude  en recoñecemento  ao seu labor  cultural e deportivo , realizado con xoves da comarca.

Realiza máis adiante  algunhas experiencias  con diversas técnicas pictóricas , motivo polo que se desprazóu a Madrid co gallo de asistir a un curso de pintura mural ao temple (  técnica clásica )  que máis tarde abandoa  para se decantar polo óleo , que na actualidade continúa practicando á espátula  cunha técnica persoal moi depurada.  Por algún  tempo  deixóu a pintura  para se adicar ao ensino do debuxo  en Centros Privados de Ensino Medio.  Foi Concelleiro, en dúas ocasións, no Concello de Sárria.

En 1978 fundóu  o Clube Náutico de Portomarín, no que permanecéu como presidente  atá o ano 1993 , data na que comeza de novo a pintar. Programóu e dirixiu cursos para a formación de patróns  náuticos.

En 1979  foi nomeado Cabaleiro  da Serenísima Orde da Alquitara , na vila de Portomarín.

Actualmente  imparte clases de pintura  para adultos , nos Obradoiros Municipáis  do Concello de Sárria , ao tempo  que expón a súa obra na súa galería privada, en diversas capitáis de España  e últimamente no estranxeiro .

Colaborador do Arquivo Histórico Comarcal  fixo doazón de documentos , publicacións e fotografías-.

Participóu  como ramista  e colaborador, moi activamente  na organización das Festas de San Xoán, e na programación  de acontecementos deportivos, e son da súa autoría numerosos cartéis anunciadores das festa patronáis, facéndoo  merecente do recoñecemento e agradecemento dos sarriaos por tan desinteresada colaboración.

Por iso  foi elixido PREGOEIRO DO SAN XOÁN 2007.

 ************************************************************************************* 

                                                                23

                                      PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2008

                                   TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                                     DON MANUEL DE LAS HERAS BRIONES

Nacéu en Lugo en 1948  e pasóu a súa infancia e primeira mocidade na Fonsagrada , onde o seu pai  exercía  como médico.

Estudóu bacharelato en Lugo e a carreira de  Medicina en Santiago de Compostela , lugar de nacemento da súa familia. Interno  dos Departamentos de Antropoloxía , Microbioloxía  e Cirurxía  Xeral , realizóu  ademáis  o rotatorio  no Hospital de Pontevedra , onde inicia a súa colaboración coa Cruz Vermella Española.

Exercéu en Navarra e Monterroso  e en 1980 pasóu a residir na vila de Sárria , onde durante cinco anos foi  Coordinador do Centro de Saúde  , exercendo como  médico xeneralista. Posúe  o Master en Xestión  Sanitaria  pola Faculdade de Medicina de Santiago  e é especialista en  Medicina Familiar e Comunitaria.

Casado con dona María Dolores Camino Sánchez, tamén  profesional da Medicina ,  ten tres fillos,  Manuel María, María Dolores e María Cristina , constituindo unha familia de recoñecida sarrianidade e aberta a todas as inquedanzas da nosa comunidade .

Xa dende novo  sentiu grande interese  pola animación socioculural  e foi  frecuente a súa presenza en Sárria, onde tiña numerosos amigos, para participar  na organización dos Festiváis do Nadal e  outras actividades. Residindo en Monterroso foim dinamizador das actividades culturáis no Liceo Recreativo desa localidade ,  e ao pasar a morar en Sárria esa preocupación cultural  traduciuse en colaboración  coas asociacións culturáis  e centros recreativos, sendo de sinalar  o seu ben facer  en actividades como a do " Antroido na rúa" e o " Enterro da Sardiña", onde sempre tivo unha participación destacada.

No ano 1982, cun grupo de amigos e afeizoados, creóu o Clube de Tiro " San Juan", que na "Chousa de Padriñán"  ten a mellor expresión do labor levado adiante , de maneira tal  que o número de  deportistas  adscritos vai en aumento  e as xoves xerazóns alcanzan postos  moi destacados nas diversas  competicións nas que interveñen, logrando ademáis  que a cea anual  do Clube  constitúa  un dos máis importantes actos da vida social sarriá.

Coincidindo coas Festas  do San Xoán   o Clube de Tiro  ven desenvolvendo unha programación moi suxerente  que contribúe ao realce  destas xornadas de lecer .

A desinteresada colaboración  de don Manuel de las Heras Briones nas actuacións  da Asemblea Local da Cruz Vermella  é salientable  e baixo a súa direición   organizáronse numerosos cursos  para a capacitación de persoal  sanitario  dirixido a auxiliares de clinica . Isto fala ben  do seu espíritu de humanidade  e de cooperación do que sempre  ten dado probas.

Certamente a autodefinción  que del mesmo ten feito,  " Nada do humano me é alleo" , fala ben  ás claras  dos sentimentos de bondade , civismo e solidariedade  que animaron sempre  o seu curso vital.

Sarriao xeneroso , neste ano 2008,  recibe a homenaxe  dos seus veciños.

**************************************************************************************

                                                              24

                                  PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2009

                                   TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                               DON XESÚS MARÍA  MARTÍNEZ  RODRÍGUEZ

 Nace  en Noia,  provincia da Coruña ,  o 16 de xullo de  1944.  Realizóu os estudos de  Bacharelato Elemental no Instituto de Ensino Medio de Santiago de Compostela. Inicia e finaliza os seus estudos de Bacharelato Superior e Preuniversitario no Colexio dos Xesuitas, Santiago Apóstolo de Vigo. Realiza os seus estudos de Licenciatura en Ciencias Químicas na Universidade compostelá.

No ano 1968 inicia os traballos da súa  Tese Doutoral na Cátedra de Enerxía Química, que interrumpe en maio do ano 1969, para incorporarse como técnico en prácticas na fábrica de Cementos Noroeste, no Oural.

 En xaneiro de 1970  incorpórase na plantilla da fábrica como Xefe de Producción, posto no que se mantén atá que no mes de xaneiro do ano 1976, é nomeado Direitor  da Fábrica do Oural.

En 1985 é nomeado Direitor Industrial de Cementos  Cosmos SA, con responsabilidades sobre as factoría  do Oural e de Toral de los Vados ( León ).

No ano 1992 , coa adquisición  por parte de CIMPOR  dos activos de Corporación Noroeste, accionista maioritario  de Cementos Cosmos SA, continúa desenvolvendo  as funcións  da Direición Industrial  das fábricas de CIMPOR  en España.

No ano 2005 incorpora baixo da súa direición a fábrica de Materiales del Atlántico ( MATSA ), situada en Narón.

Vencellado profesional e familiarmente  a Sárria,   e dende os seus postos de responsabilidade,  amosóu sempre a mellor  disposición para a colaboración con todas as iniciativas veciñáis , deportivas , asistenciáis  , culturáis e sociáis promovidas tanto  na localidade do Oural  como nas demáis da comarca de Sárria, mantendo sempre  unha liña de compromiso  con esas iniciativas , o que ven sendo  unha constante nos sucesivos equipos direitivos.

Con ocasión dos 50 anos de funcionamento  da fábrica cementeira do Oural, e na persoas de don Xesús María  Martínez Rodríguez, nomeado " Tamborileiro de Honra" das Festas do San Xoán do ano 2009 , quérese significar o agradecemento  de Sárria para todos aqueles  que fixeron e fan realidade  un proxecto industrial que soubo poñer en xogo recursos humáns  e de potenciación da riqueza  do noso sochán  e que en definitiva  servíu de motor e elemento dinamizador para toda a comarca.

*************************************************************************************                        

                                                                   25       

                                           PREGOEIRA DO SAN XOÁN DO ANO 2010 

                                           TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA

                                           DONA PILAR HOMBREIRO DE LA TORRE  

Dona Pilar Hombreiro de la Torre nacéu en La Habana, filla de emigrantes galegos,  sendo a súa nai natural de Maside, o que explica que aquí asentase.

Con moito esforzo, adicación  e sentido da responsabilidade  seguiu os estudos de comadrona  e practicante na Universidade  de Santiago , denominacións que hoxe sonan arcaicas ao seren  sustituidas  terminoloxías moito máis asépticas  e en nada definidoras  do que foi o seu traballo cotián  a cabalo do apostolado  e dun altruismo hoxe menos patente . Só con vinte anos  consegue praza  na vila de Sárria , onde, agás  un curto período de excedencia, alcanza 45 anos de exercizo profisional.

Aquela Sárria atrasada e chea de prexuizos acolle con certa desconfianza a presenza dunha muller nova, que ama a súa profisión e ten que loitar  contra as limitacións mentáis daqueles a quen ofrece o seu ben facer,

Son anos de recorrer congostras , de asistir  a parturentas e enfermos, en curtirse  en evacuacións  de urxenzas con rudimentarios medios, loitando contra a distancia  e a falta de colaboración , recorrendo a pé  as parroquias e lugares máis afastados, ao tempo que, con sucesión de horas boas  e horas acedas vai xurdindo unha familia  á que  hai que furtarlle horas, porque os nacementos  e as doenzas non teñen horario.

Milleiros  de nenos e nenas son recibidos por dona Pilar, porque aínda non hai un sistema  hospitalario xeralizado, e as clínicas particulares  quedan lonxe, nas cidades, e non son asequibles para todos. No seu labor colabora e goza da enteira confianza dos médicos sarriaos, participando nas campañas de vacinación, que permiten a erradicación  de moitas enfirmidades  que neses tempos duros da posguerra son azoute para as familias  e se ceban en moitos daqueles nenos  e nenas  que saudóu ao nacer e facendo un labor de seguimento nos doentes nas longas convalecencias nos domicilios particulares da vila e da máis afastada das aldeas da comarca.

Poucos profesináis poden presumir de ter  axudado a nacer a membros de tres xeracións  familiares. O longo vínculo de 45 anos de traballo ben feito, permite a dona Pilar, ser testemuña activa na chegada  á vida de milleiros de sarriaos.

Os tempos mudaron e a asistencia aos partos e a axuda aos enfermos tomaron outros roteiros  : Centros de Saúde, Hospitáis  e clínicas con medios  materiáis  e labor en equipo  sustitúen  ao case heroico labor persoalizado dos vellos profesionáis , e por iso, na historia de Sárria , dona  Pilar Hombreiro de la Torrel, sen dúbida, figurará  como a persoa  que máis veciños e veciñas axudóu a traer ao mundo, o que non é pequeno mérito, se temos  en conta a carencia de medios coa que tiveron que loitar os profesináis da medicina atá que se abriron mentes e camiños e se xeralizóu un sistema público de saúde aberto  a todos os cidadáns.

Neste ano 2010  recibe o nomeamento  de Tamborileira Municipal de Honra como expresión de agradecemento  de todos aqueles nenos e nenas nados nas catro décadas e media do seu exercizo profisional como " comadrona " , e porque nos anos da divulgación da penicilina e doutras medicacións que permitiron salvar tantas vidas, como " practicante ", entróu a todas horas, do día e da noite,  en miles de fogares, onde tamén levóu adiante o seu labor didáctico  de dar normas de conduta e normas de mellora da saúde individual e colectiva.

Ser muller e profisional  activa, neses xa lonxanos anos de escurantismo e prexuizos, dá duplo mérito ao seu labor.Dona Pilar Hombreiro de la Torre abríu camiño a cantos despóis dela asumen o labor que ela inicióu , cando era unha "rapaciña", madura, seria e responsable, á que aínda lle faltaban  cinco anos para a súa maioría de idade legal-

                   Eran outos tempos. Grazas.                                           ( XAFA )

************************************************************************************

                                                                           26

                                                  PREGOEIRO DO SAN XOÁN 2011

                                              TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA

                                           DON MANUEL F. RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Natural de Sárria, don Manuel F. Rodríguez Fernández  é licenciado  en Ciencias  da Información (  Universidade Complutense  de Madrid  ) e Doutor  en Ciencias da Información  pola Universidade de Santiago de Compostela.

Entre 1982  e 1992 traballóu en diversos medios  de comunicación :  Radio Cadena Española, El Progreso de Lugo, Antena 3 de Radio Galicia, La Voz de Galicia, Diario 16 e COPE de Santiago.

Dende 199 2 é técnico cultural da SA de Xestión do Plan Xacobeo , da Xunta de Galicia. Foi membro fundador  da Asociación de Periodistas  e Estudosos  do Camiño de Santiago (APECSA )  e dende o 2003 profesor de Comunicación Audiovisual  e Publicidade  da Faculdade  de Ciencias da comunicación da USAC, sendo ademáis membro  do Comité  Asesor do Arquivo Sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.

É autor das seguintes publicacións; " Manuel García Barros. O home, o xornalista, o mestre, o escritor·. Xunta de Galicia.Santiago de Compostela.1996. " Os Anos Santos Composteláns do século  XX, Unha mirada desde os xornáis  santiagueses". Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA),Santiago de Compostestela, 2001. " Noticias  de Galicia na radio de fin de século".  Edicións Lea. Santiago de Compostela, 2003, " Los Años Santos Compostelanos  del siglo XX, Crónica de un renacimiento". Xunta de Galiciam Santiago de Compostela, 2005. " Comarca de Verín". Fundación comarcal  de Verín, Santiago de Compostela. 2008.

Participa  na direición de diversos proxectos editoriáis  ( Enciclopedia del Camino de Santiago, Diccionario de Cultura Jacobea ;  Galicia pola radio. A historia falada ). En colaboración con outros autores participóu nas seguintes publicacións ;  "A ruta de Arousa. A irresistible chamada do mar", " Santiago de Compostela",  " A prensa , a radio e a prensa da Galicia autonómica ",  " A información de Galicia na radio de Galicia ", "  Los Caminos de Santiago  en Galicia", " El cierre en la prensa ;  armonía y actualidad ", "A derradeira lección dun  mestre" e ten en preparación " El cuento de Xubi".

Outras actividades ; Direitror das I Xornadas sobre o presente e o futuro da Radio en Galivcia" ( 1991 ) e do Congreso " Galicia  pola radio. Desde os anos trinta á actualidade" ( 2008 ) ; Comisario da  Exposición " Galicia pola radio.A historia falada 1933-2008" ( 2009 ) ;  Comisario da Exposición " Galicia nas ondas" (1933- 2010 ) Vigo. Participa en grupos de investigación en Comunicació Audiovisual da USAC ; publica artigos  en publicacións periódicas especializasa ; colabora con temas xacobeos no xornal El Correo Gallego e participa  como conferenciante  sobre o Camiño de Santiago e os medios de comunicación  en Galicia , en distintos congresos , xornadas, cursos de verán e encontros en España, Portugal  e América ( 2000-2011 ).

Activo participante  en numerosas  iniciativas relacionadas co Camiño de Santiago  e sarriao exercente , foi designado Pregoeiro  das Festas do San Xoán  do ano 2011, e polo tanto nomeado Tamborileiro Municipal de Honra.

************************************************************************************* 

                                                                               27

                                                     PREGOEIRO DO SAN XOÁN 2012

                                               TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA 

                                                       DON SIRO LÓPEZ FERNÁNDEZ 

Siro López Fernández nacéu en Sárria o 20 de marzo de 1956. Xornalista. Traballa na  Cadea COPE  e en televisión, sendo contertulio habitual do programa "Estudio Estadio"  en Teledeporte.

Desde os 10 anos  viviu coa súa familia en Barcelona  onde estudóu e se graduóu  en xornalismo na Faculdade  de Ciencias da Información de Bellaterra da Universidade Autónoma  de  Barcelona.

Foi direitor de deportes de Telemadrid , entre 2000 e 2010 e desde 2004 presentador  da sección de deportes dos Telenoticias desa canle, xefe de prensa do Real Clube Deportivo da Coruña, redactor e narrador de baloncesto no equipo de José María García en Antena 3 Radio, xefe de deportes para A Coruña e Santiago de Onda Cero e posteriormente redactor-xefe  de " Don Balón" e dirixe a wb chamada " Defensacentral.com".

                                    ****************************

Foi un dos tertuliáns fundadores  de " Punto Pelota ", onde  permanecéu  entre 2008 e 2013. Desde 2014 colaboróu  como contertulio  no programa de Atresmedia  " El Chiringuito dejugones " e no programa  " Tiki-Taka" en Energy,  colaborando tamén en  " Deportes Cuatro".

Foi narrador principal  dos partidos de España na Copa do Mundo 2014 e no Eurobasket  de 2015.

Entre outubro de 2014 e febreiro de 2015 presentóu a tertulia deportiva de medianoite " La goleada" de 13TV,

*************************************************************************************                                                                        28

                                            PREGOEIRO DO SAN XOÁN 2013

                                             DON RAÚL LÓPEZ LÓPEZ ( 2ª vez )

Empresario de transporte de viaxeiros.  Raúl López Louteiro, pai de Raúl López López,  inicia en 1936  a actividade de transporte de viaxeiros cunha camioneta  e posteriormente adícase aos viaxes discrecionáis a feiras e mercados ( "Raúl Sárria" ) Nos anos 1970 comeza a súa actividade de transporte escolar. En 1975 toma as rendas da empresa familiar Raúl López López.

 En 1977, xunto con outros socios ,  adquire  a Empresa Monforte e créase  RUACASA (  Rutas a Cataluña SA ) para o servizo regular entre Lugo e Barcelona. Obtivo ademáis as concesións de liñas Cataluña-Galicia e Galicia-País Vasco, dando lugar ao nacemento en 1991 da empresa VIBASA, composta polas sociedades  Mombús , a catalá Molist e a vasca Cuadra.

De  1999 en diante  adquiren  as empresas  Transportes La Unión, Autobuses de Pontevedra, Gómez de Castro, Miño, etc, creándose  o grupo  Transmombus, formado nun 66 %  por Monbús e nun 34 % por Caixa Nova. Logróu consolidarse como a primeira  compañía en Galicia  polo número de viaxeiros.

Deu forza á súa presenza no territorio nacional  e comunitario  coa adquisición de participacións en empresas Monfobús, Autobuses Urbanos de Lugo, Empresa Monforte, Gómez de Castro, Autobuses de  Pontevedra, Autos Arcade, Transportes La Unión, Viuda de J. Domínguez, Autoindustrial ,  Castromil, Aguas de Incio, Eurolines Peninsular, Alsina, La Directa, Rialsa, Tralusa, Autobuses Alcalá  e Hispano Igualadina.

Monbús presta servizo de transporte de  viaxeiros regular, servizos discrecionáis e transporte escolar e urbán, ademáis  da actividade de aluguer de autobuses e coches de alta gama con condutor , renting  a curto e longo prazo, etc,

Mombús ten presenza en oito comunidades autónomas españolas, centrando a súa actividade  espeialmente en Galicia, Cataluña, Comunidade de Madrid e País Vasco.

Dende as súas orixes Monbús destacóu polo seu apoio e patrocinio ás actividades deportivas, axudando  a clubes lucenses e sarriaos , tanto de fútbol como de baloncesto  e colaborando tamén no equipamento de instalacións  deportivas,

Monbús   , en 2009, asociouse coa  empresa Blus:Sens no patrocinio  da   ACB  Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto ( Obradoiro CAB  ) , que a partir  dese momento  pasóu a se chamar Blus: Sens -Monbús.

Desde a tempada  2012-2013  tamén patrocina  ao Clube Deportivo Lugo da Liga Adelante. Monbús contnuóu  como patrocinador do Obradoiro CAB, esta vez da man do Grupo Leche Río, pasando o equipo  a recibir  a denominación oficial  de Río Natura Monbús.

A colaboración cos clubes sarriaos, CB Sárria e SD sarriana  e en equipamentos e dotacións nas sedes de xogo , da man de Raúl López López, é moi salientable e  amosa   a súa probada sarrianidade. 

**********************************************************************************                                                                

                                                                                29

                                                          PREGOEIRA  DO SAN XOÁN 2014

                                                 TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA

                                                ASEMBLEA LOCAL DA CRUZ VERMELLA

 Coincidindo co 150 aniversario da fundación da Cruz Vermella ,  e como recoñecemento  ao seu altruista labor, personificado en Sárria  no quefacer diario da súa Asemblea Local, nas Festas do San Xoán 2014 recibe  a distinción  de TAMBORILEIRA   MUNICIPAL DE HONRA, como sinal de agradecemento  polos perto de 125 anos de presenza activa na Vila e Terras de Sárria,

Institución altruista, defensora dos valores  humáns e constante no apoio aos máis necesitados, tiña en 1898 como Presidente na vila a Camilo García Vaamonde e, malia a  que a perda de documentación non permite unha continuidade  no coñecemento do labor social da Asemblea , sabemos que en 1928  tiña por  Presidente a  don Antonio González Macía  e como segredario a Antonio Puche e que colaboraron activamente , por exemplo, para que os nenos máis necesitados poidesen participar  en colonias escolares de verán  na costa coruñesa,

A mocidade da época organizba representacións teatráis e outros actos para achegaren fondos para os benéficos fins da Asemblea, e a xuventude e entusiasmo de Rosa María de Oñate fixeron que a influenza da Cruz Vermella  se extendese  por toda a comarca.

Máis adiante a Festa da Bandeiriña  foi actividade que fixo coincidir coa festa oficial do Concello, Corpus Christi ,  e sempre gozóu do favor  das empresas e veciños de Sárria.

Recórdase tamén o traballo , á fronte da institución e a nivel local, de dona Clementina López-Acevedo López e don Laureano Álvarez Armada.

Os  últimos 40 anos apuntan cada vez máis a compromiso e accións sociáis no ámbito comarcal, actuacións iniciadas  baixo a presidencia de don Amando Losada Losada e continuadas pola actual Asemblea Local presidida por don Xaime Capellá Pérez.

Dende as sucesivas sedes en Callás, Rúa Anxel Fole e Rúa da Liberdade a Cruz Vermella levóu e leva adiante unha presenza activa, contando coas aportacións de voluntarios e voluntarias , e colaboradores, con accións de carácter social e asistencial que gozan de xeral recoñecemento : primeiros auxilios , cursiños divulgativos e formativos, ambulancias, atención á infancia  e persoas co mal de alzheimer, presenza preventiva en actos  ludicos e deprtivos, cea de  irmandade, atención a inmigrantes e peregrinos, reparto de alimentos......

 A cidadanía sarriá  , testemuña do labor calado da Asemblea Local da Cruz Vermella en Sárria , amósalle o seu agradecemento con ocasión das Festas do San Xoán a cantos, dende hai máis dun século, fixeron posible esta presenza e aos que hoxe a manteñen.

                                                          Tamborileira de Honra

(  Como símbolo da ASEMBLEA LOCAL  DA CRUZ VERMELLA EN SÁRRIA , na sede da institución  figura a obra do artista RUBÉN SANTIAGO, que foi membro voluntario da mesma  no servizo sustitutorio, como obxector  de conciencia , que titulada " Homenaxe  á Asemblea Local" )

*********************************************************************************** 

                                                                   30

                                      PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2015

                                    TAMBORILEIRA  MUNICIPAL DE HONRA

                                     CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE SÁRRIA

Don Xosé Regal e don Máximo  Salinas Valencia , no seu desexo  de destacaren o valor  do esforzo  común de cantos  forman parte  do colectivo, fuxindo  de personalismos  e falsas honras declinaron a súa presenza  neste balcón abrideiro  de ilusións festivas  e fixeron recaer  nos voluntarios  e colaboradores de Cáritas  Interparroquial  a gozosa  misión de pregoarmos  a chegada do verán  e das nosas  festas populares , nas que, xuntos amosamos  as mellores  expresións dos valores persoáis e colectivos.

Coa ocasión dos cincuenta anos  de actividade  de Cáritas Interparroquial de Sárria , Concello e ramistas  concederon a honra  de pregoar as Festas  do San Xoán  a unha institución católica , asistencial, caritativa  e sen afán de lucro , fortemente arraigañada   nesta nosa comunidade, que se sostén  grazas ás aportacións  das xentes de Sárria e de outros benfeitores , e que fai posible o seu labor  co traballo das voluntarias e voluntarios que adican moito do seu tempo  a un traballo solidario.

Cáritas Interparroquial de Sárria, formada inicialmente polas parroquias de San Salvador , Santa Mariña de Sárria, San Salvador de Vilar de Sárria  e Santiago de Farbán , dependentes da Diocese de Lugo, medróu coa integración  da parroquia da Nosa Señora do Rposario, e nestes últimos anos  a súa actividade vense  intensificando  como consecuencia das exixenzas  case que de emerxenza social , propias deste tempo de crise  que estamos a atravesar , nestes anos das vacas fracas, nas que ti, Sárria, estás a amosar os teus mellores sentimentos.

Ti ,Sárria  , es  vila aberta  nos camiños, aberta nos corazóns  de xentes  de mans  desprendidas  e xenerosoas... Sárriatí que sostiveches  atá cinco hospitáis ao longo dos séculos e once máis na comarca, para consolo dos necesitados aos que nunca lles negaches axuda...

A tí, Sárria, sempre presta para o xesto  da solidariedade , hoxe queremos devolverche  as imaxes  do teu esforzo  e da túa desinteresada  colaboración...

Sabemos que, cando as ledas musicas e os foguetes  anuncian festas , parece un contrasentido  falarmos de marxinación  de pobreza  de necesidades angurentas...

Sabemos que  estamos en tempos difíciles e que semella  pouco indicado nestas horas propias para a ledicia , pintarmos o cadro nada idílico dos dramas persoáis e familiares que non podem alcanzar  a atención das súas máis mínimas necesidades .

Non queremos falar de caridade  de salón ou de esmolas  que poideran  semellar farisaicas, quremos falar de xestos de xustiza, dos xestos de desprendemento e compromiso cos que moitos sarriaos responden, diante deste  panorama difícil e de carenzas xeralizadas, a esa pregunta á que nos enfrontamos cando a ferida viva da pobreza aparece diante de nós con toda a súa  crueza :

                                        " ¿ E logo que temos que facer ?....

                                            ....................................................

Cáritas Interparroquial de Sárria  : Construindo espazos de esperanza. Precisamos da vosa  axuda.

                                           .....................................................

                   ( O Pregón foi lido  polas  voluntarias  Elvira Pallares Gallego  e Ana López López )

************************************************************************************* 

                                                               31

                                    PREGOEIRAS  DO SAN XOÁN DO ANO 2016

                                TAMBORILEIRAS  MUNICIPÁIS  DE HONRA

                      BANDA DE  MÚSICA DE SÁRRIA /  ESCOLA DE MÚSICA DE SÁRRIA  

A BMS  que hoxe coñecemos , con case cento cincuenta anos  de historia , canaliza as inquedanzas musicáis dun grande número de sarriaos, A súa irmá pequena, a ESMUSA , acolle a máis de dous centos de nenos e nenas aos que ensina a se expresaren a  traveso dun instrumento. Unha vez trascorrido  o periodo de formación inicial pasan a se integraren na banda infantil e máis tarde chegará  o momento agardado... o momento  de compartiren atril e vivenzas  con compañeiros  de todas as idades, estudantes de grao profesional, de grao superior, cos seus propios  profesores  e con musicos  para os que a BMS é sinxelamente un vincallo  coas súas orixes, coas súas amizades, co seu pobo.

A actual BMS  ten as súas orixes  en 1870  na parroquia de Farbán, Nos anos  1950, despóis de pasar por diferentes nomes, mesmo de se transformar  noutras formacións, o Concello de Sárria, con Xosé Gayoso como alcalde,  faise cargo dunha banda que reuniría a músicos  de Sárria, Farbán e Vilapedre para o que posteriormente contrataría a don André Piquero como direitor.

Despóis de  desaparecer  entre 1961  e 1979  a corporación municipal do entón alcalde  don Manuel Lence , xunto coa "Asociación de Amigos da Banda de Música " conseguen poñela a funcionar, contando nos primeiros tempos coa axuda do mestre Méndez , direitor que fora da Banda de Música de Lugo, e moi axiña contrataron a don Enrique García Rey, direitor que ademáis de levar a batuta tería  a difícil tarefa de crear  unha escola  de educandos  que nutrise e garantise o futuro  dunha banda en Sárria.

Nacéu  entón a Escola de Música, que tanto don Manuel Gato Soengas, anos máis tarde, como don Xosé  Antonio González Rodríguez ( actual  direitor )  souberon  traer atá os nosos días e que, hoxe por hoxe , con máis de tres centos de matrículas no último  curso e unha banda que supera  os cincuenta atrís , están no mellor dos momentos.

Banda e Escola , tan intimamente ligados ás festas do San Xoán, ao recibiren a encomenda de daren o Pregón  que abre estes días de xolda e lecer, reciben a sincera homenaxe dos sarriaos e sarriás, que recoñecen así  o labor de cantos homes e mulleres, nenas e nenos, engaiolados pola Musica, nos viñeron e veñen ofrecendo   a flor do seu esforzo  desde 146 anos atrás, Labor que ten o seu mellor froito  nos nenos e nenas que na Escola de Música andan a se formaren nun exemplo de responsabilidade de responsabilidade e constanza.

¡ Grazas a todos vós,  porque nos dades a regalía dos belos e harmoniosos sons das musicas de todos os tempos, de todos os aires  e de todas as terras !.

************************************************************************************** 

                                                             32

                               PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2017

                                                ( POR SEGUNDA VEZ )

                                       DON ANXO RODRÍGUEZ CASTEDO

                                          FILLO PREDILETO DE SÁRRIA

Don Anxo Rodríguez Castedo, por segunda vez Pregoeiro do San Xoán de Sárris, por uns días recuperará  a lembranza das súas vivenzas  de neno e de mozo naquela Sárria un tanto grisenta  das décadas  posteriores á posguerra, compartindo connosco  as horas festivas da nosa Festa Maior. 

Anos aqueles nos que xa se abríu  á acción  solidaria nas programacións que el lideraba con mozos e mozas  da vila , e que foron  escola viva para a súa decidida  aposta  e preocupación por resolver problemas sociáis.

Falamos aquí  do veciño que merecéu o recoñecemento de Fillo Predileto da súa vila, porque a nenez e a adolescencia  son a patria inesquecible, á que sempre volvemos , porque é a columna  que nos sostén e o lume que nos vivifica.

A súa  opción  persoal  e a súa firme acción politica e social  de anos levárono a alcanzar postos de responsibilidade  e é cousa ben sabida que o seu benfacer e compromiso estiveron por trás  de actuacións  de tan bon suceso como as levadas adiante a prol das persoas diminuidas, os programas de viaxes do  Imserso, ou a promoción do Fondo de Apoio ás Dependenzas.

Foi Direitor Xeral do Imserso, segredario xeral do Consello Económico e Social (  CES ) , responsable  da elaboración do Plan Xerontolóxico Nacional e do Libro Branco sobre a Atención ás Persoas en Situación de Dependenza, e finalmente, responsable  de Sepides desde onde se impulsan  iniciativas para o desenvolvemento de proxectos  de infraestruturas e servizos de apoio á dependenza,

Na Galería de Sarriaos  Ilustres, no Salón  de Plenos do Concello de Sárria, figura o seu retrato amosando así a admiración  e agradecemento  que por el sentimos os seus coterraños.

(  Nota:   Recibiu, por segunda vez, a encomenda de  facer  o Pregón das Festas do San Xoán )

*************************************************************************************

                                                                 33

                                   PREGOEIRA  DO SAN XOÁN DO ANO 2018

                                    TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA

Profesora de Ensino  Primario e graduada en Artes Aplicadas  na especialidade de  cerámica e escultura.

Nacéu en Sárria o 7 de outubro de 1853 e en Sárria desenvolve  a súa actividade profesional e artística.

Formóu parteb da Corporación Municipal Sarriá  e participa en actividades e institucións  culturáis e feministas.

Dende 1996 dirixiu e colaboróu  activamente na criación dos tapices floráis  que polo Corpus viñeron a sustituir  a vella tradición  de poñer espadanas e fiuncho para o paso da procisión eucarística  , algúns ano coincidente coa procisión de San Xoán.

Obras da súa autoría foron colocadas na Praza Xoán María López de Almance , na Gran Vía Alfonso IX , no Museu de Arte Contemporánea de " Meigas e Trasgos" e na Ruta Fiz Vergara Vilariño en Lóuzara.

Participóu en exposicións individuáis  no Espai Culturl Pere Prune, de Barcelona;Sociedade Cultural e Recreativa " A Unión" ( 1998 ) ;  Hotel Alfonso IX, de Sárria ( 1999 );  Galería Sargadelos, de Monforte de Lemos e Capela do Fogar de Santa María ( 2002 ).......

Recibiu diversos premios e entre outras exposicións colectivas tomóu parte nas do Centro Sociocultural Uxío Novoneyra, de Lugo; Casa da Cultura de Sárria; Galería Almirante, de Lugo ; Finalista  da XXVII  Bienal de Meigas e Trasgos ; Primeiro Premio de Escultura XXVIII  Bienal de Arte Galega de Meigas e Trasgos ;  Galería Burela, de Burela;Finalistana V Mostra Unión Fenosa,de A Cooruña ( 1997 ),  Finalista do Premio de Escultura Cidade de Lugo ( 1998 );  Finalista do V Certame de Arte Galería Burela ( 2000 ) ;  Segundo premio  de Escultura , no Certame de Arte Galería Burela ( 2001 );  Primeiro Premio no VII Certame de Arte Galería Burela ( 2002 ) ; Muséu Ramón María Aller, de Lalín ( 2003 );  Seleccionada  na VI  Bienal Laxeiro, de Lalín ( 2003 ).

Como Tamborileira Municipal de Honra  e Pregoeira das Festas de San Xoán do ano 2018 Violeta Bernardo García recibe o recoñecemento e admiración do seu pobo nadal e das súas xentes por toda unha vida e un labor constante a prol dunha Sárria sempre anovada e ao tempo mantedora das súas mellores tradicións.

Unha vila na que o "feminino singular" está sempre presente.

************************************************************************************* 

                                                           34       

                            PREGOEIRA  DO SAN XOÁN DO ANO 2019

                              TAMBORILEIRA MUNICIPAL DE HONRA

                          ASOCIACIÓN  ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

A Asociación Española contra o Cancro é unha asociación sen ánimo de lucro formada por pacentes,  familiares, persoas voluntarias  e profesionáis relacionados coa oncoloxía , que desenvolve  a súa actividade en toda España. O seu principal obxectivo  é diminuir  o impacto causado polo cancro  e mellorar a calidade de vida dos pacientes.

Foi fundada  en 1953, máis os seus primeiros pasos  déronse en 1951 ,  pola acción de Xosé  Biosca  facéndose cargo dos tratamentos  de persoas con poucos recursos  económicos  e adquiriu a primeira bomba de cobalto  para tratamento  radioterápico  e cedéu  12 unidades encolóxicas.

Foi declarada  Asociación  de Utilidade Publica en 24 de abril de 1970.

En 1979  comeza a ofrecer  mamografías  en 1983 , creóu o Programa  de Diagnóstico Precoz , con  campañas de detección precoz  e cribado de cancro de mama.

En 2013 creóu o Observatorio  do Cancro  para coñecer a realidade  do cancro e aportar  información real  a autoridades  e pacentes.

En 1971 creouse a Fundación Científica  para dar pulo á investigación  co obxecto  de aumentar os índices  de supervivencia , financiando máis de 500  proxectos de investigación  con máis de 1.000 investigadores .

En 1991 deseñaron o plan de apoio a rexistros hospitalares ( RH + ) e dende 2007 apoia a investigación do cancro infantil.

Servizos gratuitos para pacentes e  familiares.- Voluntariado: Asesoramento médico-nanitario, Atención psicoloxica, Actuacións sociáis, Apoio material e ortopédico, Asistenza xurídico.laboral,Axuda á inserción laboral, Atención á vulnerabilidade, Axuda administrativa, Adaptación de vivendas, Pisos e residenzas para pacentes a tratamento, Orientación familiar e axuda para a realización  de vontades anticipados.

Colaborando coa organización lucense  da Asociación, e coincidindo co Día de San Xoán,  nos últimos anos , voluntarias, instalaron  mesas petitorias e sairon con boetas polas rúas da vila   recollendo as aportacións da veciñanza,   figurando como sucesivas  coordinadoras Carmela González Ruiz,  Rocío Rodríguez Núñez , Ana López López e  María Paz López González.

Tamén foron programadas  reunións informativas, conferencias e coloquyis  para dar a coñecer  aspectos relacionados  coa enfirmidade  e as actuacións programadas pola Asociación.

O labor  realizado  e a presenza da Asociación en todos os días grandes das festas de San Xoán  fan posible   que a xenerosidade dos sarriaos   sexa enteiramente colaborativa . E a Asociación Española contra o Cancro , polo seu benfacer e altruismo, faise acreedora  do nomeamento de Tamborileira Municipl de Honra, e así na persoa  da súa delegada local, María Paz López González, Sárria rende homenaxe  a todos os voluntarios, pacentes, familiares e investigadores   que son o capital humán loitador contra  esa doanza , abrindo camiños de esperanza a prol da desexada erradicación.

************************************************************************************** 

                                 PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2020

Como consecuencia da pandemia  da COVID que supuxo  fortes limitacións nos desprazamentos   e nas concentracións  de persoas non se puideron  celebrar as festas  da vila. Ocasión extraordinaria esta que se sumóu á suspensión dos festexos dos anos 1937 e 1938  por causa  da guerra civil. Tampouco houbo festas do San Xoán no ano 1941, sen que o publicista don Antonio Peña Villamarín poidera dar razón do motivo  de non se celebrar.

*************************************************************************************

                                  PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2021

Suespendidas formalmente as Festas do San Xoán non houbo designación de Pregoeiro e únicamente se programaron algúns actos  suxeitos ás restricións impostas por mor  da pandemia da Covid. 

**************************************************************************************

                                                                  35

                                PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2022

                                 TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE  HONRA

                                         DON OSCAR PUENTE SANTIAGO 

OSCAR PUENTE SANTIAGO é licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid e avogado en exercizo  dende 1995  até a súa toma de posesión como Alcalde de Valladolid en 2015, cargo que segue desempeñando na actualidade logo de ser reelexido en 2019. Previamente, dende 2007 ,fora concelleiro do Ayuntamiento vallisoletán formando parte  do Grupo Municipal Socialista.

Foi elexido vogal  da " Junta de Gobierno de la Federación Española  de Municipios  y Provincias "  e representante desta  no " Foro Local  para la Agenda Urbana Española " . É ademáis  vicepresidente primeiro da " Organización Iberoamericana de Cooperación Internacional" e Vicepresidente do " Foro de Desarrollo Económico de Eurocitis"-

 Dende 2021 é segredario  xeral do PSOE de Valladolid, no que comezóu a militar en 1990.

O alcalde de Valladolid  fai decote gala da súa ascendencia sarriá , tal e como ocorréu, por exemplo,  no seu discurso  de investidura como rexedor en 2015, no que lembróu que o seu pai Oscar Puente Varela, nacéu o 27  de decembro de 1939 no lugar de O Mazo, así denominado por estar rente a unha antiga fragua, que pertence á parroquia de Santalla de Arxemil.

Na súa visita realizada a Sárria en 2017, na que tivo a oportunidade de coñecer os restos  da casa nadal paterna, asinóu no Libro de Ouro do Concello, onde expresóu que "aquí están las raíces de mi familia, profundas como las de los carballos del sitio do Mazo" e que " esta tierra ha estado y estuvo siempre estará  en mi corazón".

Ademáis o Alcalde de Valladolid  soe lembrar  o nexo existente entre Sárria e a cidade castelá que se establece  a traveso dese grande imaxineiro que foi Gregorio Fernández, sarriao de nacemento e que desenvolvéu boa parte da súa carreira artística en Valladolid, onde se conservan as súas mellores obras e onde falecéu en 1636. E en Valladolid  don Dinís de Castro e Portugal  acordóu  a fundación e dotación do hospital de peregrinos de Santo Antón Abade alzado fronte á igrexa de San Salvador de Sárria.

( ** ) Oscar Puente Santiago integrouse no Goberno de España, presidido por  don  Pedro Sánchez , como Minstro de Transportes ).

************************************************************************************** 

                                                                36

                                 PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2023

                                   TAMBORILEIRO MUNICIPAL DE HONRA 

                                              DON ABRAHAM CUPEIRO

ABRAHAM CUPEIRO ( Sárria, 1980 )  é un multiinstrumentista  con grande prestixio internacional que recupera e constrúe  instrumentos esquecidos  no tempo para crear novas sonoridades  Toc da perto de 100 instrumentos  que  pertencen  á súa colección de máis de 200 de todo o mundo  e de distintas épocas. Deles, darredor de 50 foron construidos coas súas propias mans. A súa formación é clásica , pero desde moi pequeno  sentíuse atraído   por  todo  tipo de músicas e forma parte de grupos de folk, jazz ou música antiga.

Estudóu trompeta  no Real Consevatorio Superior de  Música  de Madrid  e un Master  de Interprteación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona. 

Abraham Cupeiro  destaca por ser  unha das poucas persoas  que toca o Karnyx  ( trompeta celta da Idade de Ferro  ) . Foi invitado para  probar o Karnyx de  Tintinagc , o único que aparecéu no mundo .  Rescatóu  do esquecemento instrumentos  enraizados  na cultura clásica occidental  como o Aulós  grego ou  o Corno Romano.  Ademáis é impulsor  dun instrumento presente  na tradición galega, a corna, instrumento que xa tocaba o seu avó e que xa aparece mencionado nas ilustracións de Alfonso X. O  seu interese por este instrumento medróu grazas a Carlos Tallón , un veciño de Sárria, que lle cedéu unha corna  orixinal atopada na inmensidade  da foresta  preto da súa vila nadal.

Nos últimos anos ofrecéu uns 259 concertos compartindo escenario  con prestixiosas orquestras  como son a Orquestra Sinfónica  de Galicia,  a Real Filharmonía de Galicia , a Royal  Philarmonic de Londres, a Mahler Chamber  Orchestra, a Filarmónica de Gran Canaria, Orquestra Sinfónica de Bilbao,  a Orchestre National de Bretagne, a Kymi Sinfonietta ou a  Vaasa City, entre  outras.

Para Abraham Cupeiro escribiron  música  diferentes compositores como Wladimir Rosinski,  Bernd  Rodiman, Enrique Rueda ou Mark Pogolski , entre outros.

" Os Sons Esquecidos " foi o seu primeiro traballo discográfico  proxecto gravado coa  Filarmónica de Galicia baixo o selo Warner  Classics.  Tras a súa estrea  foi presentado con  distintas orquestras  de España, Europa e América.  En 2018 estreóu o seu proxecto " Pangea" , gravadso en 2019  coa Royal  Philarmonic  de Londres  nos estudos Abby Road da devandita cidade. O album publicouse  en 202o en Rarner Classics.

Cupeiro foi elixido por Patricia  Kopatchlinskaja , unha das mellores violinistas  da actualidade, para o proxecto "Les Adieux " , que foi interpretado  Philarmonic  de Berlín, ou na  Laeiszhalle de Hamburgo. Compuxo a banda sonora  da película  "María Solinha "  e colabora coa compañía "4th  Street  Music", sita en Los Ángeles e dirixida polo oscarizado  Hans Zimmer . Así mesmo  colabora  habitualmente nos desfiles de Adolfo Domínguez  realizando perfomances  en directo. E tamén traballa  para o proxecto  de divulgación científica  " Neuston 3 "  que trata de sensibilizar aos cidadadáns sobre a importancia do Océano nas nosas vidas.

A carreira musical de Abraham Cupeiro  non esixistiría sen a Banda de Musica de Sárria  e sen Meigas e Trasgos , agrupacións  fundamentáis nos seus primeiros tempos de formación  e onde aprendéu a amar e a respectar tanto a música  académica coma a popular.

**************************************************************************************

                                                                           37

                                            PREGOEIRO DO SAN XOÁN DO ANO 2024

                                      SEGUNDO  TAMBORILEIRO MUNICIPAL

                                         DON   XAIME   FÉLIX  LÓPEZ   ARIAS

 Xaime Félix Arlindo  López Arias nacéu na Hermida-Nespereira  ( 1949 ) , residente Sárria  dende 1957 , foi profesor de  ensino   de adultos  en Noceda - As Nogáis e no Centro de EPA e o IES " Gregorio  Fernández " ( entre 1969 e 2010 ) e exerce como avogado.

Cursóu por libre, no Colexio Felipe II   estudos de bacharelato e maxisterio ( de deles só un ano por oficial na Escola de Maxisterio de Lugo ),de Graduado Social ( pola Escola de Santiago de Compostela )  e de Dereito ( UNED , entre 1973 e 1978 ).

Foi Concelleiro. Delegado de Promoción Cultural  ( 1973 a 1979 ) e Segredario  da Asemblea de Alcaldes e Corporacións  do Camiño de Santiago  en Galicia.

Ten publicado  numerosos artigos de opinión  e divulgación en "Candil",  " El Clavo" ( Lugo ),  " El Ideal Gallego",  " La Voz de Galicia",  " El Progreso", " Libro-Programa das Festas de San Xoán",  " ¡ Aleluia !!ª,  "Atavis et Armis" ( Madrid ), " Casagrande",  " Corga" ( O Corgo ) e "Libredón" ( Santiago de Compostela ).

Tivo ou ten actividade  e exercéu responsabilidades  nas asociacións "Meigas e Trasgos-CIT de Sárria". " Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo",  " Asociación  Culturas Arcas", " Irmandade Sárria-Guérlèdan ", " Foro Xurídico Sarriao Diego Pazos", " Asociación  Galega de Amigo do Camiño de Santiago" e "Asemblea Local da Cruz  Vermella".

É autor  das obras: " O Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria", " A Primeira  Deputación Provincial de Lugo ( 1822/1823)", " O Trasno da Cervela",  " As augas toldas" ,  " Cuco-Rei",  " Sárria ", "Fole en Sárria", " Libro de Ouro de La Unión"  e " Matías López. De Sárria a El Escorial" ( con Gregorio Sánchez Meco ) e editóu  " Primeira  aceifa ", obra na que recolle  traballos  literarios do seu pai  Xesús López González " El Patriarca del Loyo".

Ten inéditas   as obras: " Versión en galego do Tombo de Samos", " Os Hospitáis de Sárria", " San Pedro de Portomarín: Xurisdición e vila", e outras.

Recibiu premios como a Camelia de Ouro, en Vilagarcía de Arousa, accesits no Pedrón de Ouro ( relatos ),  " Convivio" de Guimaraes ( Portugal );  Meigas e Trasgos ( prosa );  Xogos Floráis de Betanzos  ;  "Premio á Sarrianidade" ( A Unión  ) e  "O Caxado de Avelino" ( Teo ). O seu traballo de investigación " O Camiño Francés de Viduedo a Lugo" foi premiado nun  certame xornalistico  convocado por El Progreso. 

Dentro das programacións  de ensino de adultos  tivo presenza    na promoción de  Cursos Abertos no Centro de EPA  , en especial no Curso de Xeografía e Historia Comarcáis , de onde sairon studos  sobre as parroquias de Sárria e as publicacións  " Río Sárria",  " Seurros" ( 3 números ), " Boletín do Seminariod e Estudos Sarriaos Francisco Vázquez Saco" ( 23 números ) e " O Tamborileiro". Estes cursos foron complementados  con diversas exposicións  referidas á historia da comarcs  e co Grupo Excursionista e o Grupo  Sendeirista  programáronse  visitas a cidades de España e Portugal e roteiros pola comarca e Galicia, ademáis da peregrinación por etapas  dende Sainte Jean Pied-de-Port até Fisterra.

 Entre os anos 1991 e 2011 , coa proposta das asociacións culturáis  da vila de Sárria, foi Cronista Oficial, promovendo  a dotación  de sináis identificadores do Concello ( escudo e bandeira      ), a celebración do Oitavo Centenario da Vila de Sárria ( 1994 ) e a promoción  e aporttación de fondos para a formación do Arquivo Histórico Comarcal ( en formación )  ubicado na Casa da Cultura.

Na actualdiade  a súa actividade investigadora  está recollida  no "Tesauro Sarriense " con datos ordeados alfabéticamente  de persoas, institucións , referenzas de hemerotecas  e publicacións da Terra de Sárria ( máis de 4.500 páxinas )  e ademáis sostén o blog de divulgación " sarriaacentogalego" ( con máis de 450 artigos )  e a publicación de " Fornos de Atrás" ( El Progreso ) e " Cousas Xacobeas " ( en Xornal de Lemos).

Como sanxoaneiro formóu  parte de varias comisións das Festas do San Xoán . Cos compañeiros ramistas da Comisión de 1971  interviu na organización  da primeira Queimada Popular  da noite de San Xoán, hoxe tradición consolidada. Colaboróu e aportóu o contido literario dos Libros-Programas  das Festas do San Xoán, aos que  aportóu  numerosos artigos  relativos á historia sarriá  e da bisbarra. Seguindo o ronsel aberto  por Avelino Pousa Antelo aportóu un total de 34  Pregóns versificados  polo " Tamborileiro Municipal ",  segundo encargado desa misión , seguida agora pola" Tamborileira Municipal "  María Elena López González. Colabora  na exaltación das novas Pampónigas  xurdidas da man de Verónica Quintela, ás que ten adicado unha  "décima"  a cada unha delas.

Como Pregoeiro das Festas do San Xoán 2024  o seu nome únese ao daqueles  que nas xornadas  das festas patronáis de anos pasados  recibiron o recoñecemento dos sarriaos e sarriás  pola súa contribución á exaltación da sarrianidade  e dos nosos valores como comunidade.

************************************************************************************

Comentarios

Publicacións populares