SÁRRIA: IRREGULARIDADES NO CONCELLO ( 1939 ) ( 552 )
SÁRRIA: IRREGULARIDADES NO CONCELLO ( 1939 ) (552)
André PÁRAMO CASAS
* O Concello de Sárria é sometido a un fondo exame no que se advirten irregularidades que esixen a súa intervención. Hai cinco vacantes : A do Segredario ( excedente ), a de Interventor ( falecido hai meses ) e as de tres empregados incorporados ao Exército.
* Isto confirma a razón que asiste ao denunciante D. Luis Saco, funcionario de inmellorables antecedentes : Dase o caso de que o alcalde actual, D. Fernando Taboada de Zuñiga , negouse a recoñecelo como tal empregado fundándose no prtexto de que o nomeamento non figura no Libro de Actas. ofrecéndolle por toda retribución a cantidade de 4 pesetas diarias, o que se considera unha bulra nun país que hai un ano viu promulgado o " Fuero del Trabajo" e como xornal medio dun braceiro está fixado o de 7 pesetas.
Interrogados ao respecto , o Sr. Alcalde e o Segredario accidental ( D. Xesús Puche ) coincidiron en que as condicións moráis e prfesionáis do Sr. Lois son excelentes.
* O Alcalde só adica unha hora ( de 12 a 13 ) para asinar, o que é insuficiente.
* A actual Xestora tomóu posesión o 21 de outubro de 1938 e o seu abandono demostra que até a data non confecionaron o orzamento e o Segredario manifestóu que tiñan un avance do mesmo, polo que hai que se rexir polo de 1937, xa prorrogado, con multitude de deficiencias, Idéntica anormalidade se amosa nas sesións que reflicte o Libro de Actas. A que aparece asinada últimamente é a do 15 de novembre . e se ben o 15 de decembro de 1938 se volvéu a reunir . interrompida sen motivo que o xustifique. As causas derivan da falla dun Segredario competente e na falla de persoal para as oficinas e na incapacidade do Alcalde só atento a xenreiras e liortas insustanciáis. Isto produce tamén saídas fraudulentas de mercancías cuxa exportación está proibida e que teñen acceso desde Sárria ao Incio. dende onde se levan a Castela.
* Hai tres concelleiros de historial esquerdista e que son instrumento de Saco : O Alcalde ( Agrario de Saco ); Modesto Pardo ( antigo socialista ) e Delfín Yebra ( esquerdista antigo ). Os tres formaron parte da primeira corporación da República, o 5 de xuño de 1931 ( 1 ).
* Convén, pois, a renovación parcial do Concello , se ben é un asunto delicado e de tramitación lenta , pos en Sárria existen elementos de auténtica dereita , sempre apartados de toda acción politica, que ven con repulsa esta Corporación - restos do vello tinglado caciquil - aos que se precisa incorporalos á vida activa municipal. Esta atracción non é doada , porque "Sárria´eun pobo enveleñado pola miuda e mesquiña politica imperante até o 18 de xullo de 1936 , e porque a herdanza dun Concello desorganizado e entrampado para politicos de boa fe. Porén pódese achar un grupo selecionado que parcial ou totalmente , se fagan cargo do Concello, e lle imprima normas austeras, para o seu funcionamento futuro.
Lugo , a 17 de marzo de 1939. III Ano Triunfal
Nota.- ( 1 ) Dende a morte de don Manuel Saco Pradeda o 14.04.1937 e en 25.08.1938 , do seu fillo , don Manuel Saco Rivera , que fora deputado a Cortes, a perda da influencia da familia Saco na politica local e comarcal de Sárria desaparecera totalmente , e o Alcalde S. Taboada de Zuñiga , emparentado por vía matrimonial coa esposa de D. Manuel Saco Pradeda, carecía de forza, capacitación e valores persoáis para alongar os vellos poderes que por décadas exercera a Casa Saco. Resulta inexpicable que na análise das irregularidades do Concello de Sárria se queira derivar a súa orixe cara unha familia, que descabezada pola morte dos seus máis representativos membros, ningunha forza politica tiña no ano 1939. O único varón , membro desa familia, D. Xabier Saco Rivera, que nos primeiros meses do alzamento militar fora xefe local das milicias falanxistas, despóis de ser apartado desas funcións por decisión das autoridades militares, nese ano de 1939 carecía de todo peso para influir na marcha da politica municipal de Sárria e o mesmo sucedéu nos anos seguintes, pois non pasóu de ser concelleiro de nomeamento gubernativo en 1941. Nin de xeito público nin dende as sombras se pode advertir que o derradeiro membro da familia exercese poder caciqul.
********************************
CARA A FALANXISTACIÓN DA COMISIÓN XESTORA MUNICIPAL
Sesión Extraordinaria do Concello de Sárria do 27 de xullo de 1939.
Toma de posesión da nova Comisión Xestora nomeada polo Gobernador Civil para o Concello de Sárria
Alcalde: D, Manuel López Mosteiro. Comisión de Facenda: Alfredo López, Manuel Martul, Ramiro Fernández. Comisión de Gobernación: Ramiro Fernández, Basilio López, Xosé González Pérez. Comisión de Fomento: Xosé Vázquez Gayoso, Antonio Rodríguez López; Xosé Tourón Prado ; Comisión de Abastos: Xesús López Vázquez, D. Antonio Rodríguez Sampedro, Manuel Boado Vázquez.
Para a celebración de sesións ordinarias sinalan os día 8 e 22 de cada mes ás 16 horas. Por unanimidade acordan dirixiren atentos saúdos telegráficos aos Sres. Gobernador Militar e Civil e Xefe Provincial de Falanxe expoñéndolles a súa incondicional adhesión.
Sesión de 1 de decembro de 1941
O Gobernador Civil propón renovar a Xunta Xestora na súa totalidade por levar moito tempo os actuáis concelleiros e polas queixas que na contra do Alcalde recibe, por neglixencia no cumprimento no cumprimento dos servizos, " e sustituílos por persoas pertencentes a F.E.T. e inmellorables informes da Xefatura do Movemento e da Garda Civil.
Alcalde: D, Román López Rubín. Primeiro Tenente de Alcalde: Xabier Saco Ribera. Segundo Tenente de Alcalde: Xosé Gayoso Fernández. Terceiro Tenente de Alcalde: Xosé Vázquez Gayoso. Xestores : Serafín Martul, Ventura Asensio, Anxo Torres Gallego, Euxenio González López, Emilio Zaera Gayos, Ramiro Fernández Díaz, Xesús López Vázquez, Antonio Rodríguez López, Antonio Toirán González,
Comentarios
Publicar un comentario