CONCELLO DO INCIO ( 1924 / 1931 ) ( 547 )
NOTAS TOMADAS DOS LIBROS DE ACTA DO CONCELLO DO INCIO ( 1924 / 1939 ) ( 547 )
André Páramo Casas
SESIÓNS DO CONCELLO DO INCIO
DIREITORIO DE PRIMO DE RIVERA
16 de febreiro de 1924.- Por maioría absoluta é nomeado alcalde D. MANUEL DÍAZ GONZÁLEZ. ( En xuño de 1929 foi nomeado Médico municipal do Incio ).
26 de febreiro de 1930.- Alcalde: D. XOSÉ GUITIÁN GONZÁLEZ. Concelleiros: Xulio Campo Montero, Ramón Freán Pereira , Lino C astro Camba, Manuel Pérez.......
Marzo de 1931.- Alcalde: D. XOSÉ GUTIÁN GONZÁLEZ.
20 de xuño de 1931.- Sesión extraordinaria do Concello: O Delegado do Gobernador Civil da provincia destitúe aos concelleiros eleitos polos distritos primeiro e segundo nas eleccións para concelleiros de 31 de maio. Delegado: O Alcalde de Sárria , D. Xoán Manuel Somoza García. Presentes o Presidente da Comisión Xestora, D. Xosé Díaz González e o Segredario. Concelleiros do primeiro distrito: D. Luis González, D. Manuel Saco, D. Xulio CAmpo Montero, Teolindo Losada Vila, Xosé Resco Fernández, Xosé Rodríguez Núñez e Manuel Maceda Fernández. Non compareceron os demáis concelleiros eleitos doutros distritos: D. Vitorino Armesto Arias, Abel Cortiñas Lóepz, Gunersindo Rodríguez Sánchez, Euxenio Galelgo, Nemesio Quiriga Barreiro. É elixido Alcalde por sete votos D. XULIO CAMPO MONTERO. E D. Manuel Saco López primeiro tenente de Alcalde.
......................................................................................................................................................................
II REPUBLICA ESPAÑOLA
17 de outubro de 1931.- Alcalde : D. Xulio Campo Montero. Concelleiros: Teolindo Losada, Xosé Rodrígyez, Xosé Resco, Manuel Maceda e Manuel Saco ( Non se celebróu a sesióm por haber tumiltos e alteración da orde na rúa.
16 de xaneiro de 1932.- Alcalde en funcións: D. TEOLINDO LOSADA VILA.
16 de abril de 1932.- Alcalde en funcións: D. MANUEL SACO LÓPEZ.
14 de maio de 1932.- Alcalde en funcións: D. Manuel Saco López. Concelleiros: Teolindo Losada, Manuel Maceda, Xosé Rodríguez, Nemesio Rodríguez. Euxenio Gallego, Xosé Resco, Gumersindo Rodríguez, Vitorino Armestos e Abel Cortiñas.
28 de xaneiro de 1933.- Alcalde en funcións: D. Manuel Saco López. Segredario Municipal: D. Xosé González López ( Non se celebróu sesión por falla de concelleiros" )
24 de marzo de 1933.- Demisión de D. XULIO CAMPO MONTERO ( Alcalde ) e D. Manuel Saco López ( Primeiro Tenente de Alcalde ).
25 de marzo de 1933.- Alcalde en funcións: D. ABEL CORTIÑAS.
7 de xullo de 1933.- Sesión plenaria para a constitución do Concello". Alcalde interino: D. XOSÉ PEREIRA VEIGA.Primeiro Tenente de Alcalde: D. Ramón Freán Pereira.
1934.- Alcalde : D. RAMÓN FREÁN PEREIRA.
17 de febreiro de 1935.- Alcalde: D. Ramón Freán Pereira. Concelleiros: D. Xosé Pereiro , D. Gumersindo González........
11 de xaneiro de 1936.- Alcalde: D. Ramón Freán Pereira. ( Non se celebróu sesión por falla de concelleiros )
27 de xaneiro de 1936.- Alcalde interino: D. Isidro Deville Bellisachi-
7 de marzo de 1936.- Sesión ordinaria ( Non se celebróu porque só concorréu o Primeiro Tenente de Alcalde.
9 de abril de 1936.- Sesión ordinaria. -Alcalde interino: D. Isidro Deville Bellisachi.- Concelleiros: D. Xosé Resco, Euxenio Gallego, Gumersindo Rodríguez, Abel Cortiñas, Nemesio Quiroga e Xosé Rodríguez. Nomeamento de pedáneos de Hospital , Vilasouto e Viso.
6 de xuño de 1936.- Alcalde interino: D. Isidro Deville Bellichasi .- Por unanimidade acordouse admitir o envío do retrato oficial do Excmo. Sr. Presidente da República, D. Manuel Azaña, que costóu 7 pesetas sen o marco.
20 de xuño de 1936.- ( Non se celebróu por falla de concelleiros )
16 de xullo de 1936.- ( Non se celebróu sesión por falla de concelleiros )
.......................................................................................................................................................................
LEVANTAMENTO MILITAR
1 de agosto de 1936.- Constitución da Comisión Xestora do Concello do Incio.- Don Francisco Gullón Baladrón, Xefe de Liña da Garda Civil de Sárria, como Delegado da autoridade militar, posesiona do cargo de alcalde a D. MANUEL DOMÍNGUEZ SENRA, veciño da Cruz do Incio.
6 de agosto de 1936.- Alcalde: D. MANUEL DOMNÍNGUEZ SENRAD. Destitución de empregados e funcionarios municipais . por abandono de destino. D. Manuel Díaz González ( médico ); D. Antonio Díaz López ( Segredario ) e D. Pedro Xoán Caldas ( oficial admninsitrativo ) de conformidade co bando da Comandancia Militar de Lugo. Nomeamento de médico municipal a favor de D. Manuel López Vizcaíno ( de Loureiro de Froián-Sárria ).
5 de xuño de 1937.- Alcalde : D. LUIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ.
1938.- Alcalde: D. Luis González Rodríguez.
2 de abril de 1939 .- Alcalde : D. Xosé Mendoza Rodríguez.
.........................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario