SÁRRIA : II REPÚBLICA ( 553 )
SÁRRIA : II REPÚBLICA ( 553 )
SESIÓNS DO CONCELLO DO 14 DE ABRIL DE 1931 A 20 DE XUÑO DE 1936
1931
SESIÓN DE 24 DE ABRIL.- Toma de posesión da COMISIÓN XESTORA: Camilo González Macía, Dalmiro González Zaera, Vicenzo Páramo Losada, Xosé Fernández Vázquez.- Amosan satisfación polo advenimento da República.- Acordan que a Garda Municipal teña unha quenda diurna, con porra, e a noiturna , armada, até as 4 da mañá.
SESIÓN DE 30 DE ABRIL.- Bando pola Festa do Traballo.- Acordo de adquisición de bandeiras republicana e galega.
SESIÓN DO 7 DE XUÑO.- Acordo de dar novos nomes á rúas da vila: Casares Quiroga ( a Rúa do Porvir ), Avenida da Liberdade ( a Alfonso XIII - Estrada de Samos ), 14 de Abril ( Raíña Victoria / San Lázaro ), Capitán Galán ( a Rúa Maior ), Praza Alcalá Zamora ( a Praza da Constitución ). Estudan a creación dunha escola en San Fiz de Reimóndez.
...... Ningunha das rúas con nova denominación chegóu a vela consolidada, e a postulada como Avenida da Liberdade acabóu tendo a denominación oficial de Avenida da República .........................................
SESIÓN DO 5 DE XUÑO.- Proclamación de Concelleiros.- Alcalde : XOÁN MANUEL SOMOZA GARCÍA ( 18 votos sobre 19 )
SESIÓN DO 11 DE XUÑO.- Prófugos. ( Sesións convocadas o 12, 19 e 26 de xuño ) ( Sesións convocadas o 3 e 11 de xullo )
SESIÓN DO 20 DE XULLO.- Estudo encol da Escola de Loureiro.- Decreto sobor da sustitución de persoal feminino por masculino en fondas e bares ( Sesións convocadas o 25 de xullo e 1, 8, 15 e 22 de agosto ).
SESIÓN DO 31 DE AGOSTO.- Interesan a creación de carterías en parroqiuas ruráis.- Acordos de obras: Arranxo de fontes, Travesa dos Fornos, cemiterio, Avenida da Feira , Pavimentación da Rúa Maior.- Contratación de alumeado público e suministro a locáis oficiáis por electricidade.- Acordo de dar un bando sobor do peso do pan.- Adqusición de medidas para gran.
SESIÓN DO 7 DE SETEMBRO.- Licenza a favor de don Ricardo Núñez Rodríguez para a constución dun edificio para Escola, no Pereiro, parroquia de San Fiz de Vilapedre..- Toman nota do remate da Casa Escola de San Martiño de Louseiro. ( Sesións convocadas para os días 12, 19 e 26 de setembro e 3 e 10 de outubro.
SESIÓN DO 19 DE AGOSTO.- Contas de ingresos e gastos.- Axuda económica a Gregorio Fernández Barrio, pobre, de 83 anos, para que vaia aos baños a Lugo : 50 pesetas.- Adhesión á proposta do Alcalde de Santiago de Compostela sobor da liberañlización dos transportes con veículos a motor.- Acordo sobre dotación de fontes no medio rural.- Creación de dúas novas Escolas no Grupo Escolar da vila de Sárria.- Creación de escolas en Vilamaior e Vilapedre.
SESIÓN DO 9 DE NOVEMBRO.- Acordo encol de camiños, pontóns e fontes.- Prego de condicións do alumeado publico e dependnezas oficiáis. - Fixación das festas locáis oficiáis : San Xoán, Día de Galicia e Entroido.- Os viciños piden que a Rúa Maior sexa lastrada de cantaría. ( Convocada sesión para o 5 de decembro )
SESIÓN DO 23 DE NOVEMBRO.- Suscrición con 25 pesetas para a Homenaxe a Xacinto Benavente.- Aportación de 100 pesetas ao Seminario de Estudos Galegos para a Residencia de Estudantes.- Acordo de instalación de calefacción central na Casa do Concello.
SESIÓN DO 30 DE NOVEMBRO.- Xubilación do empregado municipal Manuel Díaz, de 81 anos, por notoria imposiblidade física.- Supresión da consignación económica para o Direitor da Banda de Música " por non haber músicos " .- Arranxo do pararraios da Torre do Reloxo ( torre de Santa Mariña ).- Adquisición dunha cociña económica con caldeiriño de 150 litros para o Asilo de Anciáns ´Hospital Muicipal do Mazadoiro.- Ampliación de prazas de funcionarios municipáis.- Creaación a Escola de Farbán.. ( Conocada sesión para o día 5 de decembro )
SESIÓN DO 14 DE DECEMBRO.- Felicitación a don Rafael Sánchez-Guerra e Saenz polo seu nomeamento como Segredario Xeral da Casa Oficial do Presidente da República.
SESIÓN DO 15 DE DECEMBRO.- Nomeamento de Depositario de Fondos. ( Convocadas sesións para o 19 e 26 de decembro )
SESIÓN DO 31 DE DECEMBRO.- Adxudicación do alumeado público a Xosé Gayoso Fernández ( " Marzán" ) de " Hidroeléctrica Sarriana ".
***********************************************************************************
1932
( Convocadas sesións para os días 2, 9 , 16, 23 e 30 de xaneiro e 6,13 e 20 de febreiro )
SESIÓN DO 27 DE FEBREIRO.- Toman coñecemento de que o Concello non debe entorpecer a propaganda feita por mebros da Igrexa Evanxé.lica.
SESIÓN DO 5 DE MARZO.- Acórdase a creación de novas escolas: Loureiro, Arxemil, Maside, O Mazadoiro, Barbadelo, Calvor , Corvelle, Cesár, Ferreios. Lousadela , Piñeira, Vilar de Sárria... Adquisición dunha bomba de incendios.- Adhesión á petición da Patronal de Lugo para que se cree en Lugo a Faculdade de Veterinaria.
SESIÓN DO 5 DE MARZO.- Acordo de cesión ao Ramo de Guerra dos terreos da CHA DE SANTA MARTA para campo de aviación. ( Convocadas sesións para os días 12 e 19 de marzo e 2 e 9 de abril )
SESIÓN DO 12 DE ABRIL- Acordo de celebración do Día da República ( 14 de Abril ).- Acordo de arranxo de fontes.- Carterías.- Arranxos na Praza de Xoán María López.- Acordan tirar o quiosco da musica da Praza , facer un novo e poñer bancos de fundición.- Acordo de facer beirarrúas na Rúa do Murallón,. Acordo para a elaboración dun Plano de Poboación para a vila de Sárria.- Aceptación das Casas Escola de San Martiño de Louseiro, Lavandeira en Biville e Santiago da Veiga, promovidas pola Sociedade Fillos do Distrito de Sárria en La Habana. ( Convocadas sesións para os días 16 , 23 e 30 de abril ).
SESIÓN DO 16 DE MAIO .- Orzamento. ( Convocadas sesións para 21 e 28 de maio e 4 , 11 e 18 de xuño )
SESIÓN DO 27 DE XUÑO.- Delegación para tomar parte nas discusións de elaboración do ESTATUTO DE GALICIA. ( Convocadas sesións para os días 30 de xuño, 2 ,9 , 16, 23 e 30 de xullo e 6,20 e 27 de agosto )
SESIÓN DO 5 DE SETEMBRO.- Autorizaxión de acometidas do servizo de augas a casas particulares.- Concesión dun premio para o Concurso de Aviación. ( Convocadas sesións para os días 10, 17 e 24 de setembro, 1, 8, 15 e 22 de outubro )
SESIÓN DO 25 DE OUTUBRO.- Proposta de adquisición de árbores para seren chantadas . Propoñen mercar 51.000 pés. Aprobación do arranxo escolar.
SESIÓN DO 31 DE OUTUBRO.- Aportación de 25 pesetas para a Comisión Pro-Museo Escolar en Grupo Escolar "Nakens " .- A Comisión está formada por Manuel Azaña, Álvaro de Albornoz , Marañón e Trifón Gó,mez.
SESIÓN DO 5 DE NOVEMBRO.- Amosan agradecemento ao sacerdote e poeta Amador Iglesias Soto pola súa obra " Canción a Sárria".
SESIÓN DO 12 DE NOVEMBRO.- Acordo de cesión dos terreos da CHA DE SANTA MARTA , con anuncio festivo por disparo de bombas. ( Convocadas sesións para os días 19 e 26 de novembro.
SESIÓN DO 3 DE DECEMBRO.- Acordo de participación na Asemblea Rexional de Municipios de Galicia en Santiago de Compostela. ( Convocadas sesións para os días 16, 19 e 24 de decembro )
SESIÓN DO 31 DE DECEMBRO .- Toma de coñecemento encol do Estatuto de Galicia.
************************************************************************************
1933
( Convocadas sesións para os días 7. 16 e 28 de xaneiro , 4 . 13, 18 e 25 de febreiro, 4, 11, 18, 23 e 27 de marzo e 1,8, 15, 19 e 22 de abril )
SESIÓN DO 29 DE ABRIL.- Alta de casas particulares no servizo municipal de augas.- Amosan desgrado pola creación dunha Escola en Castelo de Loureiro., lograda movendo influenzas e na contra do criterio da Corporación.- Aportación de 200 pesetas para a Comisión de Autonomía de Galicia. ( Na parroquia de San Martiño de Loureiro de Froián , onde se deron enfrontamentos entre veciños , creáronse finalmente dúas escolas).
SESIÓN DO 8 DE MAIO.- Estudo de temas relacionados coas Escolas. ( Convocadas sesións para os díaz 13, 20 e 27 de maio )
SESIÓN DO 5 DE XUÑO.- Aportación de 50 pesetas para a celebración da Volta Ciclista a Galicia.- Aportación de 300 pesetas para as Festas do San Xoán ( 23 e 24 de xuño ) .- Satisfación pola creación do tren rápido gandeiro entre Lugo e Barcelona.- Acordo sobor do arranxo de frenteiras das casas. ( Convocadas sesións para os días 10 e 24 de xuño e 1 , 8, 15 e 22 de xullo )
SESIÓN DO 26 DE XULLO.- Nomeamento de don Luis López Valcárcel como Médico Titular do Concello ( " Don Luis Pintín ).
SESIÓN DE 31 DE XULLO.- Solicitude de establecemento de alumeado público en Céltigos.- Aportación de 25 pesetas para o moimento na honra de Concepción Arenal na cidade de Lugo. ( Convocadas sesións para os días 5, 12 e 19 de agosto ).
SESIÓN DO 26 DE AGOSTO.- Acordo de pavimentación da Rúa Maior . ( Acabouse facendo con formigón entre o cruzamento coa Calexa e a Igrexa de Santa Mariña ).- Convocada sesión para o día 2 de setembro-
SESIÓN DO 3 DE SETEMBRO.- Elección para representantes da Rexión Galega no Tribunal de Garantías Constitucionáis. ( Convocada sesión para o 9 de setembro )
SESIÓN DO 18 DE SETEMBRO .- Renovación da Xunta Pericial de Rústica.- Instancias.- Provisión de praza de funcionario vacante, ( Convocadas sesións para o 23 e 30 de setembro )-
SESIÓN DO 5 DE OUTUBRO.- Pavimentación parcial da Rúa Maior ( Convocadas sesións para os días 7 , 14, 21 e 26 de outubro ).
SESIÓN DO 6 DE NOVEMBRO.- Fixación dos prezos medios do ano 1932 para o pagamento de rendas. ( Convocadas sesións para o 11, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro ).
SESIÓN DO 6 DECEMBRO.- Xestións para a construción dunha Casa Cuartel da Garda Civil en Sárria ( Convocada sesión para o día 9 de decembro ).
SESIÓN DO 18 DE DECEMBRO.- Acordos encol de Gastos. ( Convocadas sesións para os días 23 e 30 de decembro )
SESIÓN DO 31 DE DECEMBRO.- Acordan facer unha rúa na " Corga de Vales ", entre a Rúa do Porvir e a Avenida da República. ( "A Corga de Vales" que foi estrema entre as parroquias de San Pedro de Maside e Santa Mariña de Sárria coincide co trazado da Rúa Pedro Saco, e foi aberta vinte anos despois deste acordo ).
************************************************************************************
1934
( Convocadas sesións para os días 6 e 13 de xaneiro )
SESIÓN DO 3 DE FEBREIRO.- Adxudicación das obras de pavimentación da Rúa Maior ( entre a Calexa e Santa Mariña ) a Xoán Meijide García. ( Convocadas sesións para os días 6, 13, 20 e 27 de xaneiro, ( Convocadas sesións para os días 10, 17 e 24 de febreiro e 3, 8,10., 13, 24 eb 31 de marzo.. 7 , 14, 21 , 28 e 30 de abril e 5 . 12 e 19 de maio ).
SESIÓN DO 26 DE MAIO.- Acordan apoiar a " Festa do Estudante". ( Convocadas sesións para os días 2, 5, 9, 16, 23 e 30 deb xuño , 7, 14,21 e 28 de xullon e 11 de agosto )
SESIÓN DO 18 DE AGOSTO.- Tratan a " Ponte da Reza ", riba do río Sárria entre Céltigos e Oleiros. ( Convocadas sesións para os días 25 de agosto , 1 , 8, 15, 22 e 29 de setembro , 6, 13 , 20 e 27 de outubro , 3 , 10 , 17 e 24 de novembro e 1 e 8 de decembro.
SESIÓN DO 15 DE DECEMBRO.- Solicitude de subvencións para locáis-escola. Desdobramentos de Distrito Escolar
..........................................................................................................................................................................
1935
( Convocadas sesións para os días 5 , 12, 19, 20 e 26 de xaneiro, 2 de febreiro )
SESIÓN DO 9 DE FEBREIRO.- Prórroga do orzamento.- ( Convocadas sesións para os días 12 de febreiro , 9,15 e 16 de marzo )
SESIÓN DO 23 DE MARZO.- Sentemento polo falecemento do concelleiro Manuel Valladares López. .( Convocadas sesións para os días 30 de marzo, 6.13, 20 e 27 de abril e 4, 11, 18, 25 de maio e 1 de xuño )
SESIÓN DO 8 DE XUÑO.- Aportación económica para unha Homenaxe á Garda Civl ( Convocadas sesións para os días 22 e 29 de xuño )
SESIÓN DO 1 DE XULLO .- Acordo de facer as expropiacións de terreos para a estrada do Mazadoiro a Escarlán , pasando por Treilán, Santalla de Arxemil, Frades e A Lama de Goián ).- Convocadas sesións para os días 6, 13, 20 e 27 de xullo, 3, 6 , 10 , 17, 24 e 31 de agosto e 7 de setembro )
SESIÓN DO 14 DE SETEMBRO.- Acordo sobor da Escola de Meixente. ( Convocadas sesións para os días 21 e 28 de setembro , 5, 10,12,19 e 26 de outubro , 2 , 9, 16, 23 e 30 de novembro e 7 de decembro )
SESIÓN DO 14 DE DECEMBRO.- Fixación dos prezos medios do ano 1934 para o pagamento de rendas. ( Convocadas sesións para os días 21 e 28 de decembro )
SESIÓN DO 31 DE DECEMBRO .- Aprobación de contas.
*************************************************************************************
1936
( Convocadas sesións para os días 4, 11, 18 e 25 de xaneiro, 1, 8, 15, 22 e 29 de febreiro e 7 e 9 de marzo.)
SESIÓN DO 15 DE MARZO.- Constitución do novo Concello.- Alcalde : Don ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ ( Antonio de Vento ). - Convocada sesión para o día 17 de marzo. Composición do Concello: Antonio Páramo Sánchez, Pedro García Arcas, Valentín López López, Manuel Durán Fernández, Francisco López Melle , Manuel Díaz Vázquez, Dositeo Piñeiro Valcárcel, Xermán Méndez López, Casiano Quintana López, Xosé Fernández Capón, Xosé López Franco, Remixio López Villar , Xosé López González, Roxelio Tarí Uribe, Francisco Alvaredo Rodríguez, Xosé Ramón Castro López.
SESIÓN DO 22 DE MARZO.- Formación das Comisións Municipáis. Acordos encol de Escolas.- Traída de augas.
SESIÓN DO 12 DE ABRIL.- Subbvencións para Escolas.- Festexos polo Día da Republica.- Acordo sobor do peso do pan.- Queixas pola actitude politica do farmacéutico Antonio Peña Villamarín, proposta de seguir expediente por desafecto,
SESIÓN DO 19 DE ABRIL.- Acordan nomear 14 gardas armados da Policía Urbana., supernumerarios e sen soldo nin gratificación , que garantan a orde pública e sirvan á causa do afianzamento da República , velando as actividades na contra do réxime , facendo extensivo este voto de confianza á ampliación do número de gardas, se se considerase oportuno.- Acordo de facer proxecto dunha nova Praza de Abastos .- Solicitude dun posto da Garda de Seguridade para Sárria.
SESIÓN DO 3 DE MAIO.- Nomeamento de Aparellador e Arquitecto .- Escola de Vilamaior.- Arranxos na Caasa do Concello.- Expediente aos médicos don Pedro Saco Pradeda e don Luis Lópz Valcárcel por abamdono das funcións de asistenza pública.( Convocada sesión para o día 17 de maio )
SESIÓN DO 31 DE MAIO.- Aportación económica para a Campaña do Estatuto de Galicia.- Creación de 4 novas prazas da Policía Urbnna ( Convocada sesión para os días 14 e 21 de xuño )
SESIÓN DO DÍA 9 DE XULLO.- Coñecemento oficial do falecemento do concelleiro do Pedro García Arcas e de Vitorino Cabarcos López , vítimas de crime perpetrado na sociedade " La Unión" )
************************************************************************************
DOCUMENTOS
( Sen data; Chamamento da ORGA á cidadanía )
CIDADÁNS
Os momentos que atravesamos son de proba .Os inimigos tratan de semear a desconfianza nas nosas fileiras , facendo ver que Fulano ou Mengano " cambióu " : mentira.... mentira todo. Todos os nosos seguen en pé como o día 11 de Abril e todos os días se afilian ao noso partido elementos novos que nas pasadas eleccións estiveron uns por compromiso e outros por equivocación a carón do reaccionario cacique monárquico máis nefasto desta provincia e que aínda pretende dentro da Republica seguir mangoneando.
Cidadáns , alerta : non vos deixedes engañar nin que se vos pida o voto polos tartufos da politica, denunciando ás autoridades todas as coaccións que se pretenda facer convosco.
Ao votar, facédeo polos representantes da República , único réxime capaz de solucionaren os vosos problemas agrarios.
Non creades en palabras que non cumpriron en 40 anos de réxime oprobioso e vergoñento caciquismo.
En vós está que isto remate dunha vez.
En nós non haberá arranxo sen contarmos con todos vós.
Pola Organización Republicana Galega de Sárria
O COMITÉ
**************************************************************************************
( Bando : Subhasta de vigas de castiñeiro desbotadas de edificación municipal ).
Bando
Don Xoán Manuel Somoza García, Alcalde-Presidente do Concello de Sárria
Fago público : Que en cumprimento de acordo deste Concello, en sesión de 19 de outubro último , venderanse en pública subhasta , á hora de once do día dous do vindeiro maio nesta Consistorial , catro vigas de madeira de castiñeiro , ao parecer en bon uso , adxudicándose ao mellor postor e entendéndose por tal o que supere o prezo de tasación previa das mesmas, reservándose o Concello o dereito de adxudicación.
Sárria, 25 de Abril de 1932
Xoán M. Somoza Garcíaç
( texto manuscrito )
***************************************************************************************
( 1933 .- Anuncio de homenaxe a Manuel Saco Rivera )
BANQUETE
Na honra de Manolo Saco e para celebrar o seu suceso brillante nas últimas eleccións , terá lugar un
BANQUETE POPULAR
no Salón de Actos das Escolas Nacionáis , ás nove da noite do 30 do corrente,
Será un un acto de exaltación da amizade e camaradaría , sen carácter politico , e por iso agardamos ver nel á inmensa maioría dos sarriaos , sen distinción de ideoloxías, pois como amigos e como paisáns a todos nos enche de orgullo por igoal o seu merecido triunfo.
Sárria, Decembro de 1933.
As tarxetas ao prezo de 15 pesetas pódense recoller nas Conserxerías das tres Sociedades desta Vila até as dez da noite do 29.
***************************************************************************************
CONVOCATORIA DE FOLGA DO TRANSPORTE
( 1935 ) Os obreiros de Transportes de Sárria e a súa zona , diríxense ao público en xeral.
CIDADÁNS : Séndonos xa case imposible o podermos vivir nas condicións liberáis, debido á mala calidade do combustible e o seu elevado prezo e cun Regulamento de Tráfico tan estrito que en todo momento nos esmagan a multas; e por se fose pouco, agora co novo decreto que nos esixe un depósito en metálico de cincocentas pesetas , que serán renovables tantas veces como os Motoristas queiran , e aínda máis o aumento de matrículas ; nestas condicións verémonos no dilema de termo que abandoar o traballo, para formarmos parte do exército da fame dos sen traballo.
Por considerarmos isto un atropelo ao noso dereito , e un perxuizo aos nosos dereitos de traballadores uteis á sociedade na que vivimos ; estamos dispostos , o mesmo que os nosos compañeiros de España , a irmos á folga o día 28 ás oito da noite.
Polo tanto dirixímonos aos industriáis e pobo en xeral, nos preste a súa axuda moral en ben de todos . Agardando vernos compracidos , saúdanvos fraternalmente.
Os Transportistas
Sárria, Novembro de 1935
Imprenta Rodríguez , Porvir 8. Sárria
**********************************************************************************
( FALECEMENTO DE VITORINO CABARCOS LÓPEZ E PEDRO GARCÍA ARCAS )
CONCELLO DE SÁRRIA: ACTA DA SESIÓN DO 9 DE XULLO DE 1936
Coñecemento oficial da morte do concelleiro Sr. García Arcas.
" A presidenza dá conta á Corporación oficialmente do falecemento en 27 de xuño último do Concdlleiro deste Concello D. Pedro García Arcas . vítima de criminal atentado, a man armada na madrugada do 26, adicándolle ao falecido expresivos párrafos ponderando aa súas cualidades persoáis e virtudes cívicas.
Despóis propónlle á Corporación teña esta a ben acordar costear todos os gastos de enterro da vítima, dando conta de que, como postreiro recordo da Corporación , no nome da mesma , adicóuselle unha coroa coa correspondente inscricióm adicatoria. A Corporación en votación nominal acorda de conformidade coa proposta da presidenza.
De seguido , proponlle igoalmente á Corporación que esta inicie a ben una suscrición a favor da viuva e fillos do expresado Concelleiro Sr. García Arcas. Dª Asunción Torres Fernández e Carme, Asunción García Torres, da que participarán en igoal proporción a compañeira de D, Vitorino Cabarcos López ., vitima do propio atentado , chamada Olimpia Sánchez Parada e os fillos que desta tivo chamados Vitorino , Francisco ou Paco e Pilar, tendo para iso en conta que o dito D. Vitorino Cabarcos perdéu a vida ao intentar salvar das mans crimináis non só á outra vítima Sr. García Arcas senón tamén , moi previsiblemente , a outros compañeiros de corporación alí presentes.
Que a recadación que se obteña se vaia ingresando nunha casa bancaria e cerrada que sexa aquela, a cantidade obtida se invirta, por mitade en valores dos que esta Corporación crea máis beneficiosos, unha mitade para os Carme, Asunción e Pedro García Torres, co disfrute durante a menor da idade destes pola nai dos mesmos; se algún destes falecese na súa menor idade, acrecerá a súa parte aos que sobrevivan ; e ao chegar o último dos que vivan e a súa nai se esta non contrae ulterior matrimonio, pois no caso contrario repartirase somente entre os ditos fillos que vivan ; se algún dos fillos falecese deixando sucesión lexítima , reputarase como vivo para o reparto correspondéndolle por representación aos seus fillos a parte que lle correspondería ao seu pai ou nai se vivise ; no caso de que Asunción Torres Fernández quedase encinta e o concebido chegase a ser persoa terá igoal dereito co dos actualmente nados; e a outra metade para os Vitorino, Francisco ou Paco e Pilar fillos da Olimpia Sánchez Parada co mesmo disfrute por esta durante a menor idade de aqueles e con iguáis dereitos e distribución entre nai e fillos e en análogas condicións que as que quedan especificadas para a Asunción Torres Fernández que non se repiten en orde á brevidade .A Corporación dáse por enterada e en votación nominal acorda de conformidade en todas as súas partes, co proposto , fixando na cantidade de tres mil pesetas a aportación deste Concello, para iniciación da suscrición popular á que referenza queda.
A proposta do Concdlleiro 2º Tenente de Alcalde D. Manuel Durán Fernández , la Corporación en votación nominal e por unanimidade acorda conceder a perpetuidade en plena propiedade aos expresados familiares dos Srs. García Arcas e Cabarcos López o terreo que actualmente ocupan os respectivos cadáverres destes, coa condición de que a ocupación ha ser exclusivamente cos cadáveres a que feita referencia queda, pois de non ser os ditos restos quedará automáticamente anulada esta contestación, pasando o terreo de unha e outra sepultura de novo á propiedade do Concello ".
Nota. . Non se coñece en que punto do Cemiterio Municipal foi enterrado Pedro García Arcas, sendo de sospeitar que anos despois do seu enterramento a sepultura fose concedida a terceiras persoas que alzarian nese terreo panteón propio , facendo desaparecer os restos do dito concelleiro. Isto con acto de disposición intencionado e premeditado polos politicos e funcionarios que xestionaban con particularistas actos a concesión de espazos .
O panteón no que están os restos de Vitorino Cabarcos López foi vítima da actuación de persoa que pretendeu borrar a datación da súa morte: A lenda na súa honra labrada na laxe de pedra , con letras e datas en relevo, foi mutilada facendo desaparecer o número " 3 " do relevo " !936 ", coa evidente intención de que non se vinculase o enterramento co vil crime de 26 de xuño de 1936-
*************************************************************************************
( BANDO DE 19 DE XULLO DE 1936 )
BANDO
Don Antonio Páramo Sánchez
Alcalde. Presidente do Concello de Sárria
O movemento criminal na contra do réxime que o pobo sedeu nas urnas , iniciado por determinadas forzas do Exército, esquecendo que se deben ao pobo, pretenderon volverse contra del, alzados en armas , servindo así as instigacións do fascio asasiño, está nestes momentos sofocado.
As forzas leáis , dando exemplo de elevado patriotismo lograron reducir aos sediciosos, acabando para sempre as aspiracións dos que pretendían o glorioso triunfo do 14 de Abril , corroborado pola xesta do 16 de febreiro, amosando así que a maioría dos Españóis , non admite o sistema de oprobio sangue e fame que caracteriza ao fascio, nin as militaradas que tiveron en xaque en distintas épocas da vida publica española, culminando naquel desastre nacional da ditadura de Primo de Rivera.
Para colaborar a esta normalización da vida pública, convén que este pobo continúe pacífico e alerta , frecondándolles a todos os cidadáns segue vixente, o estado de alarma, cuxos artigos non creo necesario recordar de novo.
Como medida de prudencia nas actuáis circunstancias , recoméndase en xeral non se transite pola vía pública , sen urxente necesidade , despóis das dez da noite-
Sárria, 19 de Xullo de 1936
Antonio Páramo Sánchez
( Imprensa Filipe Rodríguez. Porvir 8.Sárria )
**********************************************************************************
**************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario