MEIGAS E TRASGOS DE SÁRRIA : AS ORIXES ( 1971 ) ( 557 )
ASOCIACIÓN CULTURAL " MEIGAS E TRASGOS" DE SÁRRIA; ( 557 ) AS ORIXES ( 1971 )
TEXTOS DE VÍCTOR LÓPEZ VILLARABID
( El Progreso , 18.04.1971 ).- Vimos destacando últimamente as xestións que se estaban levando a cabo darredor da creación dun novo foco de cultura na nosa vila , sendo encamiñadas principalmente ao tema folklórico . Agora o tema xa está en marcha e moi axiña comezan a cobraren as cotas de protección do que se denominará "GRUPOS FOLKLÓRICOS ", Na empresa están enroladas un bon ugrupo de damas locáis ben secundadas por algúns cabaleiros, Á fronte do grupo figura dona Carmela González de López-Vizcaíno , primeiro tenente de alcalde da nosa vila. En días sucesivos informarémolos con máis detalle dos distintos grupos e forma na que se rexirá esta nova sociedade sarriá. Polo de agora podemos adiantar que as organizadoras están sorprendidas da boa marcha que leva esta sociedade . De seguir así probablemente contaremos en Sárria con algo de excepción no que a folklore da nosa querida Galicia se refire. A nosa máis cordial felicitación , desexando un completo bon suceso para a empresa.
( El Progreso, 26.04.1971 ).- REUNIÓN.- Para a mañá do domingo día 12 na Sociedade " A Unión " anunciase unha importante reunión encol da defintiva creación deses " Grupos Folklóricos " dos que dias pasados demos conta. A organización dos mesmos róganos que dende EL PROGRESO convidemos a todos os viciños en xeral a que acodan á cita, xa que se tratarán de ultimar todos os detalles coa fin de conseguiren dotar á nosa vila e comarca desa faceta que tanto se fai notar duns anos a esta parte-
( El Progreso, 25.04.1971 ).- REUNIÓN. Para hoxe ás doce da mañá como no seu dia anunciaramos celebrarase na Sociedade " A Unión" unha xuntanza para acordaren a creación definitiva deses " Grupos Folklóricos " nos que tanto se leva traballando últimamente. É de agardar unha nutrida asistenza a este importante acto. .
( El Progreso, 8.05.1971 ) BURBUJAS.- Seguen a se percurar nomes para as distintas seccións das que compoñerán a nova organización sarriá adicada ao folklore " Meigas e Trasgos ". Agora xa se fixo público como se vai chamar o conxunto de baile e canto infantil no que xa se está traballando e que se chamará " Burbujas". Agardamos que algún destes grupos actúe xa nos renomeados " Domingos Folklóricos de Portomarín.
( El Progreso, 22.05. 1971 ).- Séguese traballando arreo encol da definitiva posta a punto do grupo folklórico. Os ensaios seguen a ser moi concorridos e neles está a se faceren as pertinentes seleccións.Como é sabida estes teñen lugar todos os sábados pola mañá no local do Fogar Xuvenil ( * ) dirixidos por auténticos profesores- ( * ) No baixo da actual Biblioteca "Camilo Gonsar ", entón Círculo Xuvenil " Gregorio Fernández..
( El Progreso , 11,06.1971 ).- A direición dos diferentes ramos das agrupacións folklóricas de recente creación na nosa vila seguen traballando en firme. Especialmente a a sección de baile está a piques de comezar as súas actuacións en público. " Burbuxas " , que será o definitivo nome que estes levarán , serán inaugurados oficialmente o vindeiro día 24 , festividade de San Xoán Bautista, Padroeiro da nosa vila , coa benzón da súa bandeira que a doará o Concello.
Tamén se organizará para o día 25 un concurso de carros do país engalanados , agardando que para entón faga o seu comezo a sección de gaitas . En resume "Burbuxas " pódese converter na verdadeira atración deste ano. Os ensaios seguen a grande ritmo todos os sábados pola mañá nos locáis da Delegación Local de Xuventudes e é de agardar que estes se intesifiquen segundo vaian achegándose os días grandes das festas patronáis.
( El Progreso , 12.06.1971 ) .- A ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA DA SECCIÓN FEMININA DE SÁRRIA.- A recén constituida Agrupación folklórica " Garulaxe de Sárria" envíanos a seguinte nota co rogo de publicación :
" Prósima a se presentar diante dos nosos viciños , polo de agora só nalgunhas das súas facetas , " Garulaxe de Sárria" quere dar conta a todos dun cativo balance do conquerido e dos proxectos que arela e que vos asegura serán inmediata realidade. Podemos dicir que dende o primeiro intre no que xurdéu a idea de formar esta asociación folklórica , callóu tan fonda no corazón sarriao que absolutamente todos apoiaron e apraudiron fervorosamente a tal idea e mesmo cada un enriquecíaa con valiosísimas suxestións, o que non facía senón amosar o anceio de contarmos cunha agrupación de tal índole , estaban na mente de todos e que só faltaba a persoa con empuxe que a fixese xurdir..
As inscicións de asociados comezaron deseguida a se multiplicaren ; non facía falla ir de porta en porta na percura de adeptos : eran sarriaos quen ían ao noso encontro para ofreceren o seu nome e aportación , sendo curioso ollar como, entre as tress módicas cotas que hai estabñlecidas, deixaban ao arbitrio da Comisión o que lle asignaramos a que xulgaramos máis que ás súas persualizadas posibilidades ás necesidades da agrupación. Non só veñen a nós os aquí moradores ; decenas de cartas de sarriaos que están fora, algúns a milleiros de quilómetros, mandáronnos a súa adhesión e aportación económica . Para nós este era o maior estimulante.
Podemos afirmar que de día a día crecen as listas de asociados ; e xa veredes que axiña chegaremos mesmo a superar o número das que teñen as nosas máis prósperar de diversa índole existentes na vila. A nosa asociación está abertaa a todos, e ademáis da sección de socios adultos ( que bautizamos co nome de "Trasgos e Meigas " ) haberá tamén a de socios infantís que coa súa mensualidade, máis que nada simbólica , serviranos de acicate aos maiores para superáamonos.
Formáronse os grupos artísticos de gaitas , o de danzas e a coral. Os dous primeiros funcionan xa e están treinando a plena intensidade dirixidos por expertos profesores; da últim estamos xa a agrupar voces ( de nenos, xoves e maiores de ambos sexos ) e obtendo as partituras para o inmediato comezo dos ensaios.
E parta que ese fogo inicial non decaese , aínda dándonos conta de que a madureza artística non estaba aínda plenamente lograda , decidimos efectuar como quen dí a nosa presentación en sociedade ; e así , coincidindo coas nosas vindeiras festas do San Xoán , daremos varias actuacións que agardamos vos agraden , e celebraremos ademáis un desfile de carros do pais enfeitados ao xeito noso, que se rexirá por unhas bases das que axiña teredes cumpridas novas.
Queremos dicirvos que os nosos proxectos non se limitan ao meramente artístico , xa que haberá sitio para todo o enxebre : concursos literarios na nosa língua, representacións teatráis dos nosos autores, revivenzas de espectáculos ancestráis que van camiño de desapareceren ( pensade nas corridas do galo, nas festas dos maios, tascadeiros , fogueiras do San Xoán.... ). Todo iso haberá de voltar a se representar algunha vez diante dos nosos ollos , pois para iso contamos en primeiro lugar coa vosa cooperación persoal , logo cos voss aportación económica e en todo o caso co voso aprauso e alento. A nosa alegrías non quedará só aquí na cas, sairemos a levala a outros sitios. Entre os compoñentes da asociación non haberá clases ou categorías , nin premiso e disticións para ninguén ; o único que faremos será outorgar todos os anos a caligicación de Meiga ou Trasago de Honra a aquelas persoas que rivalicen en entusiasmo, propaganda e adicación á causa.
Aspiramos a efectuarmos intercambios con outras entidades similares do folklñore galicián ; os emblemas e disitintivos que estamos confeccionando e que orgullosamente adornarán as nosas lapelas., serán o amuleto que nunca apearemos-
A piques está de ser rematado o noso estandarte. ¡ Que el sexa capaz de acubillar aos sarriaos todos !.
( A autoría deste texto, sen dúbida nuingunha, corresponde ao avogado don Antonio Peña Guitián )
( El Ptogreso, 22.06.1971 ).- MEIGAS E TRASGOS- Por certo que os comezos deta Asociación " Meigas e Trasgos" está resultando brillante . Se non son moitos os números que se anuncian no programa de festas, sobresae de todo iso o concurso de carros do país que se celebra o día 26, coincidindo co da Comarca, data na que se agarda visite Sárria un alto funcionario do Goberno.
Agora só falta que as parroquias da nosa comarca se decidan en grande número a presenatren o seu carro ao desfile que se celebrará polas rúas da vila na mañá do mencionado día.
( El Progreso, 24.06.1971 ).- A mañá de hoxe, festa grande, amence un pouco entoldada , mais con temperatura alta, haber´s os típicos desfiles de agrupacións e xigantes e cabezuos ; misa maior na igrexa de Santa Mariña, con entrega de bandeira á nova asociación de bailes e cantos rexionáis " Meigas e Trasgos" , que fai don Euxenio Quiroga Vázquez , alcalde da vila, e recibe o grupo en masa , quen logo serán os artífices principáis e herois da xornada coas súas actuacións.
( El Progreso, 27.06.1971 ).- BON SUCESO DO CONCURSO DE CARROS ENFEITADOS.- Sárria, 26.- No mediodía de hoxe tivo lugar dentro do programa de festas de San Xoán, o concurso de carros do país enfeitados.
O desfile comezóu nio Cruce da Estación e seguiu até a Praia do Chanto e á chegada dos carros actuóu o Grupo de Coros e Danzas recentemente constituido en Sárria. O espectáculo resaltóu un cumprido bon suceso.
O tribunal estivo constituido polo alcalde , don Euxenio Quiroga Vázquez, dona Carmela González Ruiz de López-Vizacaíno , tenente de alcalde, e don Xosé Penela Castedo Os premios foron así distribuídos:
Foi considerado o mellor enfeitado por don Xulio Castro. O de don Román Sánchez López merecéu o premio establecido para o máis típico , e o de don Emilio López Somoza merecéu a distinción do máis orixinal. Tiveron accesits os de don Xosé Luis López Valcárcel e don Álvaro Saco Campos.
( El Progreso, 6.07.1971 ).- Novamente comezan as actividades da "Asociación Floklórica " recentemente creada na nosa vila, Os moitos éxito conqueridos nas pasadas festas patronáis, especialmente no DÍA DA COMARCA, deu maior pulo áinda á direición da mesma .
Para as 8 do serán do vindeiro sábado anuncia asemblea extraordinaria na sociedade " A Unión" , á que convida a toda a veciñan za e moi especialmente aos señores socios. Nesta asemblea tomaranse acordos defintivos para que quede MEIGAS E TRASGOS constituída como unha obra máis dos sarriaos. Agardamos que sexan moitos os que acodan a esta cita.
Tamén hai que acrarar para todos os interesados, que a partires do vindeiro sábado comezarán outravolta os ensaios ás horas e lugar de costume.
Igoalmente hai que destacar que o día 15 de agosto unha sección de MEIGAS E TGRASGOS actuará en Portomarín dentro dos seus Domingos Folklóricos, xornadas estas que revisten a maior brillantez e polos que pasaron os máis famosos conxuntos e grupos de Galicia..
Con todo isto é doado presumirmos que moi axiña o nome de Sárria terá un trampolín máis de lanzamento .
O entusiasmo que reina entre os creadores e simpatizantes deste grupo así o fai presumir.
( El Progreso, 7.07.1971 ).- O que se dí e se comenta.-.... Que a reunión a celebrar en "A Unión" na tarde do vinderio sábado é a obra máis recente e máis importante dos sarriaos e que sen dúbida vai servir para acrecentar o bon nome da nosa vila.
( El Progreso , 14.07.1971.- Como informaramos na tarde do pasado sábado , nun dos departamentos da Sociedade " A Unión", celebrouse unha interesante reunión , primeira oficialmente, da sociedade cultural e folklórica " Meigas e Trasgos" . Nela tratáronse asumntos de suma importancia e fixeron uso da palabra grande número de aistentes, así como dona Carmela González de López-Vizcaíno, don Euxenio Quiroga Vázquez , alcalde da Vila, don Xosé Penela Castedo e don Antonio Peña Guitián, persoas moi ligadas á creación do referido grupo e presidindo nesta ocasión a reunión celebrada.
Alí entre os primeiros asuntos que trataron tamén se tocóu o tema de nomear unha Comisión Xestora que mentres non se nomee a diretiva definitiva , aló polos meses de setembro ou outubro, se ocupará direitamente desta nova sociedade:
COMISIÓN XESTORA.- Carmela González de López-Vizcaíno. Euxenio Quiroga Vázquez. Xosé Penela Castedo. Manuel López-Vizcaíno, Antonio Peña Guitián.
SECCION ECONÓMICA E ADMINISTRATIVA.- Xosé Penela Casgtedo. Alberte López Díaz, Xosé López Valcárcel, Xosé Ferreiro.
SECCIÓN LITERATURA E PROPAGAN DA.- Víctor López Villarabid, Arlindo López Arias, Antonio Peña Guitián.
ARQUEOLOXÍA E COSTUMES.- Antonio Díaz Fuentes, Antonio Peña Guitián, Rosendo Salgueiro.
SECCIÓN GAITAS.- Xosé Penela Castedo, Xosé Antonio Fernández Neira, Paulino Pérezx Sánchez.
SECCIÓN ORFEÓN.- Eduardo Rodríguez Penado. Clementina López-Acevedo de Peña Ezequiel Rodríguez García.
SECCIÓN DANZAS, EQUIPO E MONTAXE.- Ernestina Pumarega Vázquez, MaríaÁnxeles Landín Fernández , Ramona López Muñoz, Xulia Barreal de G.Zaera, Isla Somoza de González-Zaera.
( Data da celebración desta Asemblea: 10 de xullo de 1971 )
Comentarios
Publicar un comentario