A Lagoa ou Poza do Pividal ( 1877 )
A LAGOA DO PIVIDAL.- No Camiño de Santago, entre as parroquia de San Pedro do Camiño e San Salvador de Vilar de Sárria ( lugares de de San Pedro e O Carballal ) había unha lagoa ou poza, chamada do Pividal, que especialmente no tempo de inverno dificultaba , e moitas veces impedía , o paso de a pé, con carros ou cabalarías, véndose obrigados a facer arrodeos , polo lamacento que era o tarreo.
En sesión do Concello de Sárria do domingo 24 de xuño de 1877, acordouse:
" Recoñecido polo Cocello o pasadoiro de pedra construído polo contratista Anxo B(V )aliña López
En sesión do Concello de Sárria do domingo 24 de xuño de 1877, acordouse:
" Recoñecido polo Cocello o pasadoiro de pedra construído polo contratista Anxo B(V )aliña López
de Lier, riba da lagoa ou poza do Pividal no camiño que desta vila xira a Triacastela e Castela; resultando que a dita obra se acha construída de pedra pizarra dura e de bon tamaño , colocada á raxola, ou en seccións verticais e coberta de area ; que dúas cuartas e media de altura e seis de largo, e catro canles ou acuedutos de dúas cuartas de luz, sendo a súa longura de de cincuenta e cinco varas galegas,; considerando que a referida obra áchase sólida e esmeradamnte construída , a Corporación acordou recibila definitivamente , e que se abone o seu importe de 68 pesetas e 75 céntimos expedindo libramento a favor do Anxo B (V) aliña con cargo ao capítulo de obras públicas do orzamento vixente".
Comentarios
Publicar un comentario