Río Sárria, por Luis Macía Vázquez
Recuperación dun topónimo.-Río Sárria ( El Progreso, 2 de abril de 1978 ).
En "Actas de las I Jornadas de Metodología Aplicada de las Ciencias Históricas-Historia Medieval", Santiago 1975, aparece unha interesante colaboración de Santiago Jiménez Gómez, da Universidade de Santiago, titulada "Análisis de la Terminología Agraria en la Documentación Lucense del Siglo XIII", da que trascribimos o párrafo seguinte:
"......Vendo duo molendina sub uno tecto quos ego feci in fluvio de rio Sarria quae stant inter predictum fluvium de Sarria et carrile quod venit de Pena Partita, quorom sesegam ( 1 ) et plazam concilium de Triacastella mihi dedit...."Nota 52:A.H.N., Lugo, carp.1327, doc nº 5 ".
A úa tradución pode ser como segue: "Vendo dous muiños baixo dun teito ( ou tellado ), que os fixen eu na corrente do río Sarria , que están entre o antedito Sarria e o carril que que ven desde Pena Partida, dos que me deu o Concello de Triacastela o soar e o asento das lousas do pé do muiño".
É de ouservar que farse "Fluvio de río Sarria", traducida literalmente sería : " río de río Sarria" é dicir, río -chamado - río Sarria, e ademáis na contorna de Triacastela ( Pena Partida ) e a moi curta distancia do seu nacemento , recibe xa este nome de "río Sarria".
O documento carece de data na trascrición de Jiménez Gómez, pero é indudable que debe levarse a finais do século XII ou no XIII, xa que o seu autor manifesta: "Decidinme a utilizar os fondos da Catedral de Lugo procedentes do A.H.N. , sobre os que estaba en proxecto a miña tese doutoral, decidníme utilizar para este achegamento o século XIII, máis concretamnte , desde os aos finais do século XII aos finais do XIII".
Resulta , pois, indiscutible que a denominación " río Sarria" dada ao da nosa comarca, é antiquísima, remontándose, cando menos ao século XII ou XIII, e moi probablemente , a data aínda moi anterior , xa que esta denominación continuou século tras século ata os nosos días como pode comprobarse na nota 2.
Polo tanto vai sendo hora de abandoar esa ficción toponímica que, parece ser, quixo impoñerse polos anos cincuenta ou sesenta, deixando no olvido un nome cunha tradición de séculos, quizais de milenios ( 3 ) , de tan recio avoengo como o de río Sarria", para deixar paso ao novísimo de "río Oribio". Ben entendido que o nome de Oribio non é probablemente de menor antigüidade e tradición ( 4 ) , pero circunscrito a unha serra e a un cume, sen relación nin que teña que ver co do río Sarria máis que pola circunstancia de que na súa aba mana unha das numerosas fontes que o forman, o mesmo que ocorre na Albela e A Meda.
Certo é que en Samos, os ribeiregos chamanlle"río de Samos" ao seu treito de río, como é costume moi extendido en Galicia de que cada comarca ou concello chame co seu propio topónimo ao río que a baña, e isto trae consigo tamén unha lexítima e respectable tradición , que non se pode discutir, pero cando nos referimos ao río como tal, dende o seu nacemento nas abas da Albela, A Meda e nO Iribio, ata a súa afluecia ao río Neira no punto onde estreman os tres termos municipais de Láncara, O Páramo e O Corgo, teremos que darlle o seu verdadeiro , auténtico e histórico nome de "río Sarria".
NOTAS.-
( 1 ) "Sésigas" en galego significa "asento das lousas na que se coloca o pé do muiño".
( 2 ) Na repoboación que o bispo Odoario fixo na provimcia de Lugo ( século VIII ), na dotación segunda o que segue:..." Convén a saber ... Como tamén na ribeira da "Sarria"Villa Mediana e Villa de Atrayso... ( o subraiado é do trascritor).
No mapa de Galicia", do Pai dominicano Fernando de Ojea, do século XVII, figura o noso río coa única denominación de "río Sarria", desde o seu nacemento á súa confluencia co Neira.
No Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España .y sus posesiones de Ultramar", de Pascual Madoz.Tomo XIII.Madrid , 1849, na pàxina 871, lese: "Sarria, r. na provincia de Lugo e un dos fluentes do Neira", e na páxina 872 :".. o Sarria recorre o centro do terr., nace de varios arroxos e vertentes dos montes da Meda, Albela e serra do Iribio , que reunidos pasan polo N. de San Cristovo do Real, San Martiño do Real, Renche , continuando o seu curso polo S. de Samos..."
R.Otero Pedrayo, en "Guía de Galicia", Vigo, 1954, di ( pax. 20 ). "En Láncara recibe ( o Neira )... pola esquerda ao Sárria de ampla volta tendida polo val deste nome , flanqueado polos montes Meda e serra de Iribio ou Oribio, e cara o Miño polas alturas do Páramo e Pico Cebreiró....."
( 3 ).- Recórdese que os seurros xa estaban establecidos na comarca sarriá, á que deron nomeo mesmo que ao río, probablemente , moitos séculos antes da chegada dos celtas aló polos anos 500 ou 600 antes de X.C.
( 4 ).- Desde logo os románs xa coñecían e explotaban o Iribio.

Comentarios
Publicar un comentario