Don Xosé Regal Varela, Cura de Reiriz ( 1936 )
DECLRACIÓN DE DON XOSÉ REGAL VARELA, CURA DE REIRIZ.- Manifesta.... "Que o 18 de setembro de 1936,varios individuoa da Falanxe Española, dos que o declarante ten por evidencia que eran mandados por orde de Requejo e Zaera, presentáronse no seu domicilio, ordenando que fose franqueada a porta no nome da Falanxe Española, penetrando no mesmo e incautándose de todo o que había no Sindicato xa que a casa na que vive o declarante achábase tamén destinada a este fin , levando aceite, viño, etc. así como obxectos da igrexa, como cera, incenso, etc. , facendo tres viaxes con un camión a Sárria onde descargaron o incautado , levándo tamén diñeiro para o que descerrollaron as navetas. Posto en coñecemento o feito das autoridades , andiveron a buscalo reiteradas veces no seu domicilio, sempre pola noite, provistos de ferramentas para despois de asasiñalo enterralo, se o declarante non se prestaba a asinar un documento no que declaraba que con anterioridade fixera doazón de todo o incautado aos elementos da Falanxe Española.. Que por rumor público oiu que Zaera, Requejo e outros, están complicados nun complot para desposeer ao Xeneralísimo da xefatura daFfalanxe e darlla a Hedilla, con cuxo obxecto fan frecuentes viaxes Zaera e Requejo".
Comentarios
Publicar un comentario