Parroquias desaparecidas


Terra de Sárria: Parroquias desaparecidas.

Ao longo dos séculos   houbo parroquias que foron desaparecendo ao se integraren  o seu espazo xeográfico en outras, sendo de sinalar  que algunhas das igrexas parroquiais perviviron  en  capelas ou en referenzas toponímicas.
A efectos eclesiásticos , en 1890 , suprimíronse parroquias e curatos de pouca entidade poboacional, mais os concellos mantiveronas a efectos adiministrativos e organizativos , tal foi o caso das de San 

Martiño de Requeixo, Santo Estevo do Mato, Santa María da Pena e San Fiz de Vilapedre.

                                          ********************

San Vicenzo    de Maside, integrada en San Pedro de Maside. Lugar de San Vicenzo.
San Paio de Calleiros, integrada en San Miguel de Vilapedre. Lugar de Calleiros.
San Salvador de Nespereira, integrada en San Pedro de Maside. Paraxe na Vilerma/Rosende
Marzán, integrada na actual de Santiago de Barbadelo. Lugar de Marzán.
San Bartolomeu de Calvor, integrada en Santo Estevo de Calvor.
San Pedro da Cova.- Suprimida no século XVIII- Integrada en San Salvador das Cortes
San Pedro de Paradela. ( No lugar de  Bricheiro ). Posiblemnte no sitio da Aira da Casa Brea.
Santa María de Loio.- Integrada en San Salvador das Cortes ( Hoxe hai capela ). Lugar de Loio.
San Lourenzo de Pacios.- En Terra de Lousada  ( Samos )
Santo Isidoro  de Bustofrío, na terra de Lóuzara. Lugar de Santo Sidro ( Lóuzara )
Santa Mariña de Lavaegos, integrada en San Xoán de Lóuzara, agora de Santo André de Gundriz ( Samos )
San Vicenzo de Parada.- En Terra de Lóuzara. Lugar de Parada.
Vilachá, integrada en Santa Marta de Castroncán . Lugar de Vilachá.
Santo Estevo de Barbadelo ou   de Requeixo.- De orixe templario- Integrada en San Pedro de Maside.
Lugar de Santo Estevo.
Bariz.- De orixe  templaria. En Castro de Rei de Lemos. Lugar de Bariz.

Santa Marta de Ribas de Miño.- Integrada en San Fagundo de Ribas de Miño ( Paradela)-Capela-
Santiago de Barboa,  en Toirán ( Làncara ). Lugar de Barboa.
San Vicenzo de Leirado, integrada en San Pedro da Armeá- Lugar de  San Vicenzo. Sinalan unha casoupa como sitio da antiga igrexa.
Santiago de Viance, integrada en San Pedro de Ronfe ( Láncara )
San Mamede de "Castro Mahamut", integrada en San Pedro de Ronfe ( Láncara )
San Miguel do Incio, integrada en San Pedro do Incio. Lugar de San Miguel.  Hai capela.
San Pedro de Santa Comba ( O Páramo ).  Integrada en San Martiño da Torre . Conserva capela de recente restauro.
Santa Cruz de Moscán, integrada en Santa María Madalena de Moscán ( O Páramo )

San Lázaro de Sárria : Nun curto espazo de tempo, darredor de 1890,  a nivel eclesiástico instituiuse cos lugares  novos xurdidos na estrema leste de San Pedro de Maside  na marxe dereita do río Celeiro( San Lázaro, Estación, Estrada  do Mazadoiro).Non tivo consolidación , e ao pouco tempo  eses lugares , xunto cos da parroquia de San Martiño de Requeixo, integráronse na parroquia de San Salvador de Sárria, a efectos eclesiásticos. San Martiño de Requeixo seguiu como parroquia a nivel administrativo municipal.

Aínda que na Idade Media  , especialmente grazas ao Tombo de Samos, nos deixasen memoria de parroquias cuxos nomes non coinciden cos actuais, a realidade xeográfica mantívose,  e se mudaron de nome foi, xeralmente por razón de mudanza na ubicación da igrexa , por maior relevanza  de uns lugares  fronte a outros, por evolucións fonéticas non desexadas , etc.

Eis algúns exemplos de parroquias que cambiaron de nome:

San Xulián de Castelo, hoxe San Xulián de Meixente ( Sárria ).
Santalla de Maside, hoxe Santalla de Arxemil.  ( Sárria )
Santa María de Vilamaior de Paradela, ou Santa María de Vilamaior da Lobataira, hoxe Santa María de Vilamaior ( Sárria )
Santa María de Barbadelo, Santa María de Callais, hoxe Santa María de Albán ( Sárria ).
Santo Estevo de Cerdeiroas, hoxe Santo Estevo de Reiriz ( Samos )
San Xulián de Vilaxuste, hoxe San Xulián de Teivilide. ( Samos )
San Miguel de Montán ou San Miguel da Costa, hoxe Santa María de Montán ( Samos )
Santiago de Pompeán, hoxe Santiago de Renche ( Samos )
 San Cristovo de Río de Sárria, San Cristovo do Rial, hoxe San Cristovo do Real ( Samos )
San Martiño de Río de Sárria, San Martiño do Rial, hoxe San Martiño do Rial ( Samos )
San Pedro de Teilonxe ou San Pedro de Campos, hoxe San Pedro de Froián ( Sárria )
Santo Antoiño de Sárria, Santo Antoiño de  Touville, hoxe Santa Eufemia de Santo Antolín ( Sárria )
San Salvador de Bande, hoxe San Pedro de Bande  ( Láncara)

San Salvador de Sárria , hoxe San Salvador de Francos ( Baralla )
Santa María de Triacastela, hoxe Santa María da Vilavella ( Triacastela)
Santa María de Vila Adrao, hoxe Santa María do Monte ( Triacastela )
San Cristovo de Mesme, hoxe San Cristovo de Cancelo ( Triacastela )


Santiago de Toldaos, conserva a denominación medieval, mais ao desaparecer a igrexa medieval e facerse outra nova en Reádigos, a nivel popular todos falan da " parroquia de Reádigos".

En San Pedro de Maside non hai ningún lugar con ese nome. A denominación procede do "Monte Masiti" medieval.
En Santiago de Barbadelo non hai ningún lugar con ese nome.  A denominación procede do "río Barbatelli" , hoxe río Celeiro.
En Santo Estevo de Calvor non hai ningún lugar con ese nome. A denominación procede da "Villa Calvaria in Castro Astórica ".
Na parroquia de San Miguel de Paradela  o lugar de Pacios ( capitalidade do Concello) pasou a se denominar oficialmente "Paradela".
En Santo André de Paradela ( Sárria ) non hai ningún lugar denominado Paradela nesa parroquia.
En Santa Cristiña de Paradela ( Paradela) , San  Vicenzo de Paradela  e     ningún lugar leva o nome de Paradela.
San Mamede de Castro ( Paradela ) é máis coñecido como San Mamede do Alto.

Creación de parroquias:

Santa Xertrude de Samos, segregada de Santa María de Loureiro do Real ( s. XVIII)

Parroquias creadas a partir de 1890:

San Xosé de  Santalla de Lóuzara, segregada de San Xoán de Lóuzara.
Santo André de Gundriz, segregada de San Xoán de Lóuzara.
Santa Cruz do Incio, segregada de San Xoán de Sirgueiros
A Nosa Señora do Rosario de Sárria , segregada de San Salvador e Santa Mariña de Sárris.


Comentarios

Publicacións populares