Praia Fluvial do Chanto
PRAIA FLUVIAL DO CHANTO.- ( Alcalde: Xabier López-Acevedo López )
A Praia Fluvial do Chanto na, beira dereita do río Sárria, na Ribeira dos Cucos, dacabalo das parroquias de Santa Mariña de Sárria e Santiago de Farbán, foi concebida e impulsada polo alcalde Xabier López López ( que despois legalizou o seu primiero apelido como L
ópez-Acevedo ), que tomou riba del as xestións administrativas previas, a recollida de aportacións de veciños , a percura de subvencións e a encomenda do proxecto ao xove estudante de arquitectura , e sarriao , Antonio González Suárez-Lanos , da familia Florido.
O emprazamnto primeiramente pensado foi O Areal ou Campo do Río, augas abaixo da Ponte de Ferro. Mais o feito de estar inmediato a casa e que dende a beirarrúa da ponte podía dar lugar a que a xente estivese controlando dende o alto da ponte os movementos dos bañistas, restando intimidade, levou a pensar noutro emprazameno máis discreto e de doada accesibilidade.
Foi así como se acabou levando adiane o acondicionamento da marxe esquerda da Presa do Muiño da Ponte Ribeira ( ou Muiño de Solance ) , onde dende anos atrás a mocedade da vila en tempo de verán viña practicadno baños e natación.
O paraxe era coñecido como Ribeira dos Cucos, mais como os xoves bañistas da vila colocaran un chanto dende onde brincaban ao río , e mesmo fixeron algún rudimentario trampolín, déronlle en chamar a" Presa do Chanto", e ese nome acabouse impoñendo, e o topónimo suplantou , a esquerda e dereita do río, as vellas denominacións da Ribeira dos Cucos, O Castreliño, Os Louratos e Prados de Vilasante estendéndose mesmo ata edificios da Rúa Benigno Quiroga.
O primeiro tarreo de que se servían os bañistas era un resío que había entre o río , a cabeza da presa e unha poza froito das riadas , que quedaba da outra banda do camiño que viña da Fonte Ribeira. Nese resío e perto do río había unha fonte de augas ferras, recomendada para aqueles que tiñan que mellorar o seu apetito.Na cabeza da presa había uns matos mestos de arboriñas , que permitían os labores de poñer os traxes de baño e volver a se vestir, o que se facía por quendas para o público masculino e feminino, para evitar olladas indscretas.e garantir a "moralidade".
Cando o Concello decidiu acondicionar os tarreos houbo que eliminar a poza, e fixose un muro de contención por baixo da presa, onde se puxo unha vica metálica. para levar a ela as augas da Fonte, soterrada, Finalmente o cano atoouse e a fonte ficou desaparecida. Tamén se fixo outro muro augas enriba da presa, para evitar a erosión que se producía nas riadas , no que se usaron , entre outras, as pedras da Fonte do Cárcere, e colocaron un trampolín de base de ferro e táboa flexible.
Mentres se facían as obras de ambigú , servizos e duchas puxeron unha caseta de madeira , pintada de branco e azul, para que nela se mudasen as nenas, mozas e mulleres. Para os nenos, mozos e homes fixeron , tecido con ramallos, un espazo sen teito. Para poder nadar no río facíanse labores de limpeza das oucas nas que participaban os bañistas e tamén era labor de todos o facer desaparecer as sumesugas, cravándoas no aramio de espiño do cerro do primero tarreo adquirido para facer a Praia.
Os vendedores dos primeiros tarreos fixérono coa condición de que o Concello de Sárria lles garantise a exclusividade do aproveitamente do servizo de ambigú, e mesmo o dereito de traspaso.
A primeira concesión correspondeulle á familia do Bar A Cepa, pasando anos adiante a mans de Manuel Cela Pérez, que ademáis destinouno a lugar de banquetes ( Salón de Vodas ) e tamén, no que un tanto utópicamente se concebira como "mini" campo de tenis ( unha pequena área de formigón ), e que estaba con peche de alambrada, organizou durante algún tempo bailes ao ar libre. Como para facer a Praia os veciños fixeran aportacións de diñeiro, houbo protestas da xente, e finalmente os bailes cobrando entrada foron suprimidos..
Os tarreos destinados á Praia foron dotados de area, prantáronse árbores ( salgueiros choróns, falsos plátanos ) e incrementáronse con sucesivas adquisicións e houbo que facer labores de recheo nos prados e hortas comprados, que eran moi lamacentos.
Andando o tempo, e para mellorar o aforo das augas da traída municipal, abriuse un pozo dende o que se bombeaba a auga ata os depósitos do Campo da Feira.
Para facilitar o acceso ata a nacente praia, de xeito enteiramente desafortunado, o Concello acordou mudar o emprazamento da Fonte Ribeira, facendo desaparecer o eirado e os asentos, e reducindo o tamaño da fonte, que se pasou para xunto do Matadoiro Municipal. A obra de restauro posterior dista moito de recuperar a fonte no seu esplendor.
A xente deu en levar os coches ata o areal da Praia, e mesmo tiñan por costume aproveitar o acceso rodado para levar os autos ata alí e lavalos Finalmente, con bon criterio, o Concello mandou atrancar o camiño con pedras , evitando así a degradación do espazo.
Dende o comenzo do acondicionameneto a Praia foi moi utilizada, e supuxo que as zonas de baño da Presa do Peago ( Acea de Baixo) , A Ponte Vella , o Pozo das Sete Vigas e a Presa da Veiguiña, deixaron pouco a pouco de ter o favor dos bañistas, porque todos concorrían ao Chanto, agás os postulantes mercedarios, que seguiron a se bañar na Presa do Peago.
Como mozos e mozas se bañaban xuntos , houbo , dende a igrexa de Santa Mariña, serias advertenzas en defensa da "moralidade "nas predicacións dominicais, que non tiveron efecto, e ademáis dos novos traxes de baño femininos, sen volantes , a presenza de estranxeiras locindo biquinis fixo que ninguén tomase aquelas ameazas de situacións pecaminosas en serio, como tampouco tomaron en serio os bandos dos alcaldes, de corte estereotipado, previos ao verán , sinalando a obrigatoriedade facer zonas de baño delimitadas para homes e mulleres, sen contacto entre eles , ou impoñendo o uso de albornoz, ao sair da zona de baño do río.
Velaí algunhas referenzas documentais á xestación e desenvolvemento de dotación da Praia Municipal de Sárria :
( 11.11.1960 ).- PRAIA FLUVIAL.- Acórdase por unanimidade aprobar o proxecto técnico para a construción da Praia Municipal e tamén a maneira de financiación que terá que ser de confirmidade co sinalado no Plan da Comisión Provincial de Servizos Técnicos na proporción de 48.000 pesetas en subvención da Presidenza do Goberno a traveso do dito Plan , 32.000 pesetas en aportación da veciñanza , das que 100.000 restantes ao Concello , das que 10.000 pesetas e as 90.000 pesetas restantes nos tarreos onde haberá de ser edificada a dita praia, e comprometéndose o Concello para o caso de que as aportacións da veciñanza non chegasen a facerse efectivas , a satisfacer as 32.000 pesetas que se prevén por tal concepto".
( 8.04.1963 ).- COMPRA DO PRADO QUE ARRODEA OS TARREOS DA PRAIA MUNICIPAL.- O Sr. Alcalde resumindo os feitos que xa son coñecidos pola maior parte da Corporación , informa esta que se acha á venda o prado que arrodea os tarreos da Praia Municipal, se somete á súa aprobación a conveniencia de adquirilo o Concello en atención ás seguintes razóns:
1ª.- É evidente a insuficiencia dos actuais tarreos da praia para conter a grande afluencia de veciños e público en xeral que a ela acode.
2ª.- Por ter sido incluída a Vila de Sárria no Camiño Xacobeo , declarado de interese nacional , especialmente nos meses de verán e dacordo coas directrices gubernamentais e co innegable interese para o Concello que de iso pode derivarse , é preciso darlle a esta corrente turística facilidades para facer un alto nesta Vila, e un dos procedementos máis actuais , é proporcionarlles un lugar de lecer e descanso , e un tarreo de "camping ". A Praia pode cumprir a primeira función , e coa ampliación da que é actualmente susceptible , poderíase tamén ter un tarreo de "camping" que reúna nun emprazamento de singular beleza natural todos os servizos que esixen o decoro e as disposicións legais , e que xa existen na praia, e ademáis existe a posibilidade de lograr importantes subvencións con destino a esta instalación , mais están condicionadas a que o Concello aporte os tarreos axeitados para a súa instalación .
3ª.- No momento existe a posibilidade de adquisición inmediata dos tarreos que rodean a praia , a un prezo razoable , e no caso de non aproveitar a oportunidade , é indudable que os seus novos propietarios non estarían propicios á cesión quizais en longo prazo e de seguro a maior prezo , sendo tamén posible ao parecer que se destinen a usos incómodos para a Praia, e que impidan a súa futura expansión . De seguido o Sr. Alcalde concédelles aos señores concelleiros a palabra, sendo debatido o tema amplamente, tomándose finalmente por unanimidade o seguinte acordo:
Facultar ao Sr. Alcalde para que xestione a compra do prado que arrodea os tarreos da Praia Municipal, propiedade de D. Antonio Pérez Cabañas, e dunha superfice aproximada de 10 ferrados ( 6.287 m/2 ), por un prezo máximo de 255.000 pesetas, e para outorgar a correspondente escritura de compra ao nome do Concello, caso de levarse a cabo a adqusición.
Tamén se acorda destinar ao pagamento fondos procedentes do superavit obtido no exercizo pasado, a cuxo obxecto será instruído o oportuno expediente de trasferenza de crédito, suplementando as partidas correspondentes do Orzamento Ordinario, na cantidade expresada para a adquisición , e o que se considere necesario para facer fronte aos gastos de escrituración que leva aparellados ".
...............................................................................................................................................................
Polas Festas do San Xoán os tarreos da Praia Fluvial acolleron tiradas ao prato, festexos, feiras de maquinaria agrícola, a festa da empanada, unha xira que pretendía herdar a desaparecida nas Insuas, que non callou, sesións de fogos artificiais acuáticos....
Con ocasión dunha peregrinación da Mocidade española a Compostela, organizada polo Frente de Xuventudes, acamparon no Chanto mozos procedentes de toda Epaña incluindo unha escuadra que viñera da Guinea española.
Euxenio López López, fillo de sarriao, que era Delegado Nacional do Frente de Xuventudes, mandou para o Chanto unhas piraguas de grande tamaño que non afundían, e permitiron que mozos e nenos fixesen navegación polo río, dende a presa ata a volta de Pacios. E tamén se practicou con unha pequena lancha con motor, feita por Manuel Rodríguez Díaz ( Rodim )
A Praia Fluvial foi medrando con sucesivas compras de hortas e leiros da contorna. Abriuse unha rúa de acceso dende a Rúa Benigno Qurioga, negociouse a compra de tarreos par facer un Polideportivo .
Foi desafortunado incidente a "marea negra" producida pola imprudente limpeza dun tanque dun dos camións que collían auga para a fábrica do Oural, en MANOSA, que trasportara fuel-oil, e lavou o tanque enchendo a zona de baño dunha oleosa capa negra, que Esixiu que os bañistas tomasen a obriga de limpar río, beiras e raices dos ameneiros ata co emprego de cepillos de raíz. Tamén foi sonada a incívica acción do dono dun bar da vila que volcou na mesma volta de MANOSA un cargamento de envares de vidro co, que puxo en peirgo a seguridade dos bañistas ao seren arrastrados moitos cristais cortantes corrente abaixo.

Comentarios
Publicar un comentario