Festas do San Xoán de Sárria ( 1949 )
PROGRAMA DAS FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA NO ANO 1949
DIA 23.-
Ás 7 da tarde, anuncio das festas, con repenique xeral de campás, salvas de bombas de palenque e desfile por toda a vila das agrupacións musicais.
De 9 a 10.- Saúdo ás autoridades e sociedades, pola Banda de Alongos, e á mesma hora "Os Montes" e " A Unión Musical Sarriana, interpretarán escollidas pezas do seu repertorio , na Praza de D. Xoan Maria López.
Ás 11 e media da noite.- Primeira estraordinaria verbea na mencionada Praza, Rúa Maior e Praciña do Concello, cuxas vías locirán un artístico alumeado eléctrico.
Á 1 e media.- Primeira sesión de fogos artificiais.
DÍA 24
Ás 9.- Unha salva atroadora de bombas.
Ás 10.- Dianas e Alboradas.
ÁS 11.- En Santa Mariña, Misa Solemne, a toda orquestra e voces, con sermón a cargo do M.I.Sr. D. Xosé Varela Sánchez, Coengo da SICB de Lugo e de seguido Procisión Eucarística, que percorrerá o itinerario acostumado.
Ás 6 da tarde.- No Campo de Ribela, sensacional partido de Foot Ball, entre os equipos , "Racing Club" de Vilalba, e o local "Sárria, F.C.".- Amenizará este encontro o sesteto rexional "Os Montes ".
De 6 a 7 e media.-. Paseo de Moda na Praza de D. Xoán María López , a cargo da Banda de Alongos.
De 7 e media a 10.- Na mesma Praza , Bailes Populares , actuando A Unión Musical Sarriana e "Os Montes ".
Ás 11 e media da noite.- Segunda grande verbea nos lugares do día anterior.
Á 1, 30.- Segunda sorprendente sesión de fogos de artificio.
DIA 25
Ás 9.- Salva de bombas.
Ás 10.- Dianas e Alboradas.
De 12 a 2.- Concerto nos lugares seguintes: Praza de D. Xoán María López, Banda de Alongos: Cruce da Estación., Os Montes ; Ciguñeira; Unión Musical Sarriana.
Ás 4 da tarde.- Na Praza de D. Xoán María López, celebraránse diferentes Concursos , con premios en metàlico, que se rexerán por régoas especiais.
De 6 a 8 .- Paseo de Moda, na referida praza, a cargo da Banda de Alongos,
De 8 a 10.- Bailes populares, polo sesteto "Os Montes" e A Unión Musical Sarriana.
Ás 11 e media.- Terceira monumental verbea , nos mesmos sitios que as anteriores e con intervención de todas as agrupacións musicais.
Á 1 e media.- Derradeira sesión de fogos artificiais.
DÍA 26
Ás 9.- Unha salva atroadora de bombas.
Ás 10.- Dianas e Alboradas.
De 12 a 13.- Conertos nos puntos seguintes: Catro Camiños, polo sesteto Os Montes; Cruce Matìas López- Diego Pazos, Banda A Unión Musical Sarriana.
Dende as 4 da tarde.- GRANDE ROMARÍA GALEGA, no fermoso Parque das Insuas, amenizado pola Banda local e o sesteto "Os Montes" .
Ás 11 e media da noite.- Cuarta e derrradeira verbea, nas prazas de D. Xoán María López e do Concello; dando así fin aos festexos do presente ano.
NOTAS DA COMISIÓN.-
1ª.- As sociedades de Recreo , celebrarán nos seus salóns diversos festivais e "A Unión" terá unha Verbea de Gala na noite do 25. Estes festivais serán amenizados pola Orquestra Melody, procedente da "Boite Galera" de Madrid.
2ª.- A Comisión reserva o dereito de alterar ou modificar o presente programa , se calquera circunstancia o aconsellase.
3ª.- Rógase ao vecindario que, para maior realce dos festexos, engalanen os balcóns das súas casas, así como tamén concorran as Srtas. ás verbeas ataviadas co Mantón de Manila.
4ª.- Interesamos do comerzo en xeral que, coa fin de que a dependenza poda asistir á festa, peche os seus establecementos na tarde do 25.
5ª.- Para o festival da Romaría galega, foi cedido xenerosamente o Parque das Insuas, polo seu propietario Sr. Saco Rivera.
*********************************************************************************
AS CONTAS DAS FESTAS DO SAN XOÁN DE 1949
Aportación do Concello : 5.000 pesetas. Veciños e industriais: 18.852 pesetas
Ingresos
Maiores aportacións: Gremio de Panadeiros ( 1.425 pesetas ); Gremio de Carniceiros ( 500 pesetas );Pedro Losada ( 200 pesetas ); Luis González Barral- Cortiñas ( 200 pesetas ) ; Empresa CISSA ( 200 pesetas ) ; Fillos de Antonio Sánchez-Vento ( 200 pesetas ) ; Almacéns Santiago ( 250 pesetas );
Sociedade Casino ( 500 pesetas ); Banco Pastor ( 150 pesetas ) ;Eloi González Zaera ( 200 pesetas ) ; Emilio Zaera ( 150 pesetas ); Xermán Vázquez ( 200 pesetas ) ;Feculeras Españolas ( 200 pesetas ) Sociedade Xeral Galega de Electricidade ( 150 pesetas ).
Gastos de pousada
Hospedaxe de Músicos: Manuel Torrón ( 720 ptas, 6 gaiteiros ); Avelina García-Ribereña ( 690 ptas., 12 músicos ); Hotel Burgalesa ( 280 ptas, 4 músicos ) ; Viuva de David Portela-Tropezón ( 230 pta, 4 músicos ) ; Benigno López Rodríguez-Madeircolo ( 115 pesetas, 2 músicos ) Xulia López Rodríguez ( 280 ptas, 5 músicos ) ; Xoán López López-- Cura/Reboiro ( 15 pesetas., 1 músico ) ; Viuva de Monteagudo ( 60 ptas., 5 músicos ); Manuel López López-Vilanova ( 250 ptas, 5 músicos ); Hotel Novo ( 182 ptas, Director da Banda de Alongos ); Antonio López -Vilaesteva ( 462 ptas, operario pirotécnico ). Total gasto de hospedaxes: 3.284 ptas.
COLOCACIÓN DOSPOSTOS E BARRACAS ( Rúa Maior, Praza Xoán María López, Murallón )
1 Bar ,á dereita do palco da música.Francisco Rego: 50 ptas.
1 Churrería, á esquerda do palco da música; Dimas Vega. 75 ptas.
Teatro Barriga Verde; na fronte da entrada da Praza, Xosé Silvent Martínez. 200 ptas.
1 Bar, a continuación do tiro de Pardo.Marcelino Martínez. 50 ptas.
1 Bar, na parede do Cura ,ata a ventá. Xesús García . 25 ptas.
1 Tiro. na parede do Cura, continuación.Isidoro Salgado.100 pesetas.
1 Churrería, fachada dereita da igrexa. Arximiro González.75 ptas.
1 grupo voadores. no sitio antigo dos cabaliños. Arximiro Glez. 25 ptas.
1 noria de 4 barcas. Continuación cabaliños. Arximiro Glez. 25 ptas.
1 tiro de escopetas.Arximiro González
1 Columpio. Constantino González. Fondo Praza, despois Barriga Verde. 50 ptas.
1 Carrusel eléctrico. Fondo Praza-centro.Xosé Pardo. 250 ptas.
1 Tiro.Parede Cura, entre Arximiro e Salgado.Xosé Pardo. 100 ptas.
1 Posto fotografía. Beira da Casa de Tomás. Francisco Amaya.-( condonado )
1 Posto Rosquiñas. entre o 5º e o 6º balcóns do Casino,Balbina Rodríguez, de Fafián ( condonado )
1 Posto Rosquiñas. entre o 5º e 6º balcóns do Casino. Pilar Fernández. ( condonado )
1 Caseta Rosaura, Garaxe Xabier Saco. Enrique Frieira Jurado.( condonado )
2 Postos de Bisutería. Xesús Lázaro e Rafael Pimentel. Acera Casino. ( condonado )
1 Chur ería.fachada dereita da igrexa.Raimundo Gómez. 50 ptas.
Total por barracas e postos: 1.075 ptas.
**********************************************************************************
Publicado no Libro Programa das Festas do San Xoan ( 1949 )
SÁRRIA E SAN XOÀN, por don Francisco Vázquez Saco.
Na historia local do noso pobo sucédese todos os anos a páxina das festas de San Xoán, que tradicionalmente se celebran como as patronais e máis solemnes da vila.
Máis dunha vez acuciounos o desexo de averiguarmos a súa antigüidade e sempre atopamos a insuperable dificultade da falta de fontes.
A ilustrar este capítulo da nosa historia endereitan os seguintes datos, recollidos en vellos papeis , e que poden servir de punto de partida a investigadores máis afortunados .
Na antiga igrexa de Santa Mariña, preciosa reliquia románica, desaparecida a finais do século último ( XIX ) para edificar a actual, estaba fundada dende moitos anos atrás, a Capelanía de San Xoán.
Ata os últimos anos do século XVI desempeñara este cargo o presbítero don Pedro Díaz de Mourillón, a cuxo falecemento , o Dr. Garibay, provisor do Bispado de Lugo, anunciou a vacante, con emprazamento para cubrila de todos os que se cresen con dereito , a teor das condicións fundacionais, O tal decreto leva a data de 21 de outubro de 1595.
A provisión da vacante producida por Díaz de Mourillón deu lugar a un longo pleito que se conserva no Arquivo do Provisorato de Lugo, estante 17, A , nº 3º.
Do legaxo correspondente só interesan algúns datos ao noso obxecto, e son os que trascribimos a continuación.
"... Un dos litigantes, o Presbítero Diego Díaz, "por quanto para garda do meu dereito e claridade da miña xustiza teño necesidade de un treslado de dous letreiros que están de un lado do altar do Señor San Xoán á man do Evanxello, e me temo que alguén os borrrará... ou caerá o xiz no que están escritas, por onde despois non se poderán ver nin declarar tan ben como agora , pide ao notario de Lugo D. Alonso López de Cañas, lle dea un traslado sinado dos ditos letreiros e letras deles .."
A parte que nos interesa da escritura notarial , dí así:
" ...En cumprimento do qual , eu o dito Alonso López de Cañas, xuntamente co dito Xohán López e con Gómez Ares de Páramo, escribanos de El Rei noso señor e veciños da dita vila de Sárria, e con Francisco Alonso, veciño da cidade de Lugo, e con Pedro Díaz de Guitián e Xoán Díaz de Páramo, testemuñas instrumentais , fumos á igrexa de Santa Mariña, , e cunha vela de cera acesa para que mellor se poideran ler as letras dos ditos letreiros do que no dito requerimento se fai mención, e habendolles lido tres ou catro veces os ditos letreiros de enriba letra por letra nos que se poido, ler e entender,. din un letreiro após do outro desta maneira:
" Esta capela mandou facer Fernán González que santa groria haxa, crego que foi da dita capela e dotouna a súa liñaxe e mandou para aquí ( ... está gastado.... , e logo prosigue.... ) catro fanegas de pan para sempre xamais.E un cálice de prata de un marco de ouro Está enterrado aquí ao pé , e foi a catro ( ...está borrado e non se le ata onde di... ) era do nacemento do noso Señor Xesu Cristo de mil e quinientos e oito anos ".
O outro letreiro dí desta maneira: "Sepultura dos antecesores de Rodrigo Alonso de Veiga, crego desta capela, que a dotaron e edificaron".
Como se ve a parte que o notario non puido ler no primeiro fragmento da inscrición non afecta gravemente á cuestión cronolóxica, O ano 1508 existia xa a Capelanía , xa que nesa data foi enterrado Fernán González, "crego que fou da dita capela".
Enádase que a mencionada capela fora dotada , non polo crego capelán, senón pola súa liñaxe.
Por, poucos anos que Fernán González a desempeñara , hai que retrotraer a data da fundación ao século XV.
Iso mesmo corroboran as diversas testemuñas que depuxeron no pleito iniciado en 1595, ao que aludimos enriba, Moitos deles afirman que " dende máis de cen anos a esta parte, os descendentes dos fundadores, nomeaban ao máis propíncuo e conxunto ao último posuidor".
Non temos datos para aquilatarmos máis a data da fundación; mais non é pouco poder localizar no século XV una capelanía e un altar adicado na igrexa de Santa Mariña a San Xoán Baptista.
Agora ben ; esta fundación foi froito das devoción popular de Sárria ao santo Precursor, ou, polo contrario, as festas que anualmente se lle adican son posteriores á Capelanía ?.
Non podemos contestar a estas preguntas, mentres non aparezan novos documentos.
Ningún coñecemos no que se faga mención explícita das festas de San Xoán, anterior ao ano 1611.
En 4 de xullo do dito ano o Concello de Sárria outorgaba un contrato con Xoán Ribela, gaiteiro de Santa María de Merza ( Pontevedra ) ,polo que este se obrigaba a concorrer " co seu instrumento de gaita, nas festas de Corpus, San Xoán e as Pascuas de todo o ano "... e "regocixalas , así as danzas que se fixeren como as mascaradas e outros regocixos".
**********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario