Concello do Incio ( 1924 / 1931 )
26 de febreiro de 1930.-- Don XOSÉ GUITIÁN figura como alcalde, e como concelleiros: Xulio Campo Montero, Ramón Freán Pereira, Lino Castro Camba, Manuel Pérez, etc.
Marzo de 1931.- Don XOSÉ GUITIÁN GONZÁLEZ, figura como alcalde.
20 de xuño de 1931.-- Sesión Extraordinaria do Concello.- O Delegado do Gobernador Civil da provincia, desstitui a todos os concelleiros eleitos polos distritos primeiro e segundo nas eleccións para concelleiros celebradas o 31 de maio último, con presenzado Delegado, que era o alcalde de Sárria, don Xoán Mnauel Somoza García e do presidente da Comisión Xestora, don Xosé Díaz González, requerido ao efecto e o Secretario que refrenda. Compareceron os coneelleiros polo primeiro distrito Don Luis González e don Manuel Saco. E don Xulio Campo Montero, Teolindo Losada Vila, Xosé Resco Fernández, Xosé Rodríguez Núñez, Manuel Maceda Fernández, sen que comparecesen os demáis concelleiros eleitos polos propios distritos que foron don Vitorino Armesto Arias, Abel Cortiñas López, Gumersindo Rodríguez Sánchez, Uxío Gallego, Nemesio Quiroga Barreiro, malia a que foran convocados para o acto.
Foi elixido para alcalde, por sete votos emitidos, don XULIO CAMPO MONTERO, e don Manuel Saco López como primeiro Tenente de Alcalde.
17 de outubro de 1931.- Don XULIO CAMPO MONTERO, figura como alcalde e don Teolindo Losada, Xosé Rodríguez, Xosé Resco, Manuel Maceda , Manuel Saco, como concelleiros.
( Non se celebrou sesión por haber liortas na rúa e alteración da orde ).
16 de xaneiro de 1932.- Alcalde en funcións: Don TEOLINDO LOSADA VILA.
16 de abril de 1932.- Alcalde en funcións: don MANUEL SACO LÓPEZ.
14 de maio de 1932.- Alcalde funcións: Don Manuel Saco López. Concelleiros: Teolindo Losada Manuel Maceda, Xosé Rodríguez, Nemeiso Quiroga, Uxío Gallego, Xosé Resco, Gumersindo Rodríguez, Vitorino Armesto , Abel Cortiñas.
28 de xaneiro de 1933.- Alcalde en funcións: Don Manuel Saco López. Secretario: Don Xosé González López. (Non asisten os concelleiros)
24 de marzo de 1933.- Demisión de don Xulio Campo Montero ( Alcalde ) e don Manuel Saco López ( primeiro Tenente de Alcalde ).
25 de marzo de 1933.- Alcalde en funcións: Don Abel Cortiñas López.
7 de xullo de 1933.- Don Xosé Pereiro Veiga ( Alcalde interino ), Don Ramón Freán Pereira ( primeiro Tenente d e Alcalde).
1934.- Alcalde: don RAMÓN FREÁN PEREIRA
27 de xaneiro de 1936.- Alcalde interino: Don Isidro Deville Bellisachi.
1 de agoosto de 1936.-Acta de constitución da Comisión Xestora do Incio.- Na Sala Capitular da Consistorial do Incio, perante don Francisco Gullón Baladrón, xefe de liña da Garda Civil de Sárria, e Delegado da autoridade militar omparece don MANUEL DOMÍNGUEZ SENRA, veciño desta vila, sendo nomeeado polo Sr. Delgado, alcalde deste Concello, posesionándoo do cargo.
6 de agosto de 1936.- O alcalde, don Manuel Domínguez Senra, corrobora o cesamento dos empregados municipais don Manuel Díaz González, don Antonio Díaz López, don Pedro Xoán Caldas, que non se acharon por abandono de destino e de conformidade co Bando da Comandancia Militar de Lugo- Acrodouse destituir ao médico municipal don Antonio Díaz González, ao Secretrio municipal don Antonio Díaz López e ao oficial administrativo don Pedro Xoán Caldas por abandono de destino e nomear médico municipal a don Manuel López Vizcaíno-
5 de xuño de 1937.- Alcalde: Don LUIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ-
2 de abrilde 1939.- Alcalde: Don XOSÉ MENDOZA RODRÍGUEZ
Comentarios
Publicar un comentario