Patrimonio do Concello de Sárria
MÁMOAS, MEDORRAS , ANTAS
MÁMOA......................................................ARXEMIL
MEDORRA DO CRUCEIRO......................ARXEMIL
MEDORRA GRANDE.................................RUBÍN
MODORRA DAS CABIANCAS.................SANTO ANTOLÍN
MEDORRA BRANCA................................
MEDORRAS DO MONTE DA CHÁ....... ..SANTO ANTOLÍN
MEDORRA.................................................REIMÓNDEZ
MEDORRAS DE SANTA MARIÑA.........LOUREIRO DE FROIÁN
CASTROS
CASTRO DAS PAREDES OU DE SAN MIGUEL ( BARBADELO ).- Propiedade particular: Varios propietarios, Coroa con forte muralla, Apareceron restos de cerámica. Está documentada una pía nun penedo, Na aba norte estivo a ermida de San Miguel de Riáticos, citada no Tombo de Samos, Está beira do Camiño Francés, do FFCC e do rego de Cervos ( o medieval Río Bao ), Nas abas hai fermosas carballeiras.
CASTRO DE SAN MARTIÑO ( BARBADELO ).- Propiedade particular.- Varios propietarios, Só queda a referenza toponímica. Perto del estivo o Mosteiro de San Martiño de Barbadelo.
CASTRO DE SAN SILVESTRE ( BARBADELO ).- Na aldea de San Silvestre. Só queda a referenza toponímica. Na contorna están a capela de San Silvestre e a Fonte de San Silvestre.
CASTRO DE BETOTE.- Propiedade particular: Varios propietarios, En parte soporta edificacións e terras de cultivo, Documentadas cerámicas. Inmediatas están a Casa de Castro e a igrexa parroquial. Conserva murallas e trazas dos foxos.
CASTRO DE CALVOR.- Como "Castro Astórica" na " Villa Calvaria", aparece citado na documentaciòn fundacional do Mosteiro de Santo Estevo de Calvor ( 785). En parte ocupado pola igrexa parroquial e o cemiteiro , o resto son fincas de labor .Está documentado o achado dun cilindro ritual custodiado no Convento da Mercé de Sárria. Está a carón do Camiño Francés.
CASTRO DE ALLARIZ ( Lier ).- Aparece citado como "Villa Allarici" en documentación medieval. Unha figura antropomorfa gárdase na Casa do Concello de Sárria.
CASTRO DE CASTELO DOS INFANTES ( SANTIAGO DE CASTELO DOS INFANTES ) .- Nun outeiro elevado, perto da aldea de Castelo, onde estiveron o Castelo e Pazo de Castelo dos Infantes.
CASTRO DE CESÁR.- So se conserva a referenza toponímica.
CASTRO DA CHANCA.- En San Mamede da Chanca.
CASTRO DE CHORENTE.- En San Xulián de Chorente.
CASTRO DE PAPE.- En San Salvador de Cesár.
CASTRO DE CORVELLE.- En Santa María de Corvelle.
CASTRO DE VILARIÑO ( FARBÁN ) .- Ou Castro da Cousela, nel estivo a ermida da Virxe da Cousela.
CASTRO DE OUTEIRO ( GOIÁN ).- Conserva una boa croa. Está perto do Camiño Francés de Lugo a Lemos.
CASTRO DE MONDÍN. ( LIER ) - Conserva una boa croa.
CASTRO DE SANTA ICÍA ( SAN MARTIÑO DE LOUREIRO ).- Na aldea de Santa Icía.
CASTROS DE CASTELO ( SAN MARTIÑO DE LOUREIRO ).- Hai a referenza toponímica de "Os Castros"
CASTRO DE TOSAL ( LOUSADELA ) .- Conserva algúns vestixios dos muros da croa.
CASTRO DE SANTO ESTEVO ( MASIDE ) .- Na aldea de Santo Estevo. Perto do enclave templario de Santo Estevo de Barbadelo ou de Requeixo, no camiño de Sárria a Lugo.
CASTRO DE ROSENDE ( MASIDE / ORTOÁ).- Perto da aldea de Rosende ( Ortoá), onde estivo o Mosteiro de San Salvador de Rosende ( entre Páramo e Barbadelo).
CASTRO DE SAN BREIXO ( PIÑEIRA ) .- Só se conserva a referenza toponímica.
CASTRO DE SANTO ANDRÉ ( SANTO ANDRÉ DE PARADELA ).- Aparecen referenzas toponímicas ó Castro e ó Castelo. Conserva murallas da croa.
CASTRO DE SAN FIZ. ( REIMÓNDEZ ) .- Conserva referenzas toponímicas.
CASTRO DE TREMEADO. ( SAN FIZ DE VILAPEDRE ) - Poidera ser o "Castro Pedroso" da documentación medieval.
CASTRO DE SAN MIGUEL ( SAN MIGUEL DE VILAPEDRE).- A carón da igrexa parroquial. Foi rebaixado. Apareceron nel restos cerámicos románs e un ídolo de pedra.
CASTRO DE TEILONXE ( SAN PEDRO DE FROIÁN ).- Conserva visible a croa e restos dos foxos,
CASTRO DE SAN VICENZO ( SAN VICENZO DE FROIÁN ) .- Na croa están a igrexa parroquial e o cemiterio. Na Idade Media albergou un mosteiro.
CASTRO DE SAN COSME ( SANTA MARÍA DA PENA ). - Documentado na Idade Media. Conserva unas boas murallas e na croa está a ermida de San Cosme.
CASTRO DE SETEVENTOS.- Perto da igrexa parroquial. Conserva una boa croa.
CASTRO DA CASA NOVA ( SANTA MARÍA DE BELANTE ) .- Conserva a referenza toponímica.
CASTRO DE PADRIÑÁN ( SANTA MARÍA DE VILAR ).- Conserva a referenza toponímica.
CASTRO DE CASTROMEIXE ( SAN MIGUEL DE BIVILLE ).- Na aldea de Castromeixe, onde houbo una Casa Torre . Dentro do seu perímetro están as casas da aldea.
CASTRO DE SANTO ADRAO ( SAN MIGUEL DE BIVILLE ) .- No monte de San Marco. Onde estivo o eremitorio de Santo Adrao. Como castro aparece referenciado no Tombo de Samos.
CASTRO DOS PETOS ( VILAR DE SÁRRIA ) .- No lugar do Castro, perto do Montés.
CASTRO DE SAN COSME DO CARBALLAL ( VILAR DE SÁRRIA ) .- Onde hoxe está a aldea do Carballal e na Idade Media houbo un hospital. Está a carón do Camiño Francés.
CASTRO DE SÁRRIA.- Na parte alta da vila. Riba del foi alzada a Fortaleza de Sárria.
CASTRO DOS CASTRELIÑOS.- A carón da Praia Fluvial do Chanto, en Sárria
No Mosteiro da Madalena ( PP Mercedarios) están expostas pezas arqueolóxicas procedentes de castros da COMARCA DE SÁRRIA. No Museu Provincial de Lugo hai pezas castrexas procedentes da zona de Sárria. No Museu do Castro de Viladonga están os torques achados en Vilar do Monte ( Reimóndez ).
PETROGLIFOS
MOSTEIRO ( BARBADELO )
SANTA CRISTIÑA E TRAVESA DE SANTA CRISITÑA ( BETOTE )
SANTO ESTEVO ( MASIDE )
SANTA CRISTIÑA ( SAN MARTIÑO DE REQUEIXO )
SAN CRIBRAO ( SANTA MARÍA DE VILAR )
Os petrogligos de Sárria foron estados polo mercedario Xaime Solla Fontán. Algúns despareceron e outros non teñen doada localización.
RESTOS ROMÁNS
AS CERCAS ( SANTO ANTOLÍN).- Restos dunha vila romana.
AIREXE ( VILAR DE SÁRRIA ).- Restos cerámicos e unha "estela funeraria" que se garda no Museu de Pontevedra.
IGREXAS , MOSTEIROS, ERMIDAS E CAPELAS
SANTA MARÍA DE ALBÁN.- Igrexa románica ( s. XII ).. Na estrada local de Lamarrigueira a Cedrón ( Piñeira)
Adro-cemiterio con sepulturas baixas, agás unha que altera a visión xeral. O viaduto de Albán introduciu un forte impacto visual. Ata hai poucos anos non tiña camiño de acceso.
Nave coberta a dúas augas, No lateral sur ten una seteira e unha pedra saínte. No lateral norte, porta alintelada por un tímpano que oculta no interior un arco de medio punto; mochetas saíntes con rolo anelado, xambas en arista, una seteira. A porta principal ten arco de medio punto, de dúas arquivoltas en arista , abrazadas por una moldura saínte de perfil , interior con billetes; impostas , dereita, simplemene biselada; esquerda ,de listel e franxa biselada con finos billetes . Dúas colunas por lado, acodeladas, de basas torácicas riba de plintos. Capiteis con sinxela onamentación, con follas e dentes de serra; esquerdos, exterior con tres bolas e catro cordas secantes. Tímpano con relevo cruciforme e circular inscritos nun cadrado mochetas saíntes con rolos anelados , xambas en arista. A espadana é sinxela, con oco para un pequeno sino. A ábsida , ou ouso, é máis baixa e reducida que a nave , a dúas augas , rectangular. Lateral sur, ventanal rectangular posteriro , seis modillóns historiados, bolas, rolos e grande busto de hoe, riba dos que descansa una cornixa biselada con bolas ou pérolas , ornato que se extende á parte posterior da ábsida. O lateral norte está coberto pola sacristía . Parte posterior, aspilleira protexida por un arco de medio punto, dunha arquivolta en arista, cinguida ao exterior por unha figura saínte de billetes; impostas biseladas, con bolas ou pérolas , colunas de fustes monolíticos; basas tóricas con garras riba de plintos; capiteis con saínte ornamentación de follas carnosas con froitos. Arco triunfal de medio punto, en arista, e figura de billetes; impostas, dereita con ornato de billetes, a outra con bolas; colunas semiadosadas; capiteis con carnosas follas, algunhas acabadas en bola. Retábulo ( s. XVII ) . Imaxes: Virxe da Asunción, Santiago Peregrino, San Xosé , Santa ;Santo Bispo, peto de ánimas, e lámpada de metal , sinxela, con tres vieiras.
Foi estudada por Francisco Vázquez Saco , Elìas Valiña Sampedro. e Xaime Delgado Gómez.
..................................................................................................................................................................
SANTALLA DE ARXEMIL- Con estreito Adro-Cemiterio. Está perto da estrada do Mazadoiro a San Martiño da Torre ( O Páramo).
Templo de dúas naves e de pequenas proporcións, con características peculiares. A nave principal coberta a dúas augas, cunha trave tirante, porta lateral sur, piso de pezas graníticas. Frontis, un pouco descentrado, xa que a porta abre sobre o centro da nave principal con arco de meio punto de doble arquivolta, sobre o exterior, sainte, elévase una pequena espadana, con un só sino, Presbiterio algo máis elevado ca nave, reducido no lateral sur, a catro augas. Arco triunfal de medio punto, riba de pilastras. A nave lateral norte leva as mesmas augas da nave principal, Tres arcos que descansan en peares soportan a teitume, van na mesma liña que correspondenría ao muro lateral norte da nave principal , Tamén leva arco triunfal, á mesma altura do arco da nave pricipal. O conxunto é de belas proporcions. Retábulo maior , barroco; Santa Ollala, San Roque e Santa, Retábulo lateleral, neoclásico : Santo Antonio, Santo con can e manto, Cristo e dous anxos. Pìa bautismal , galonada, Cruz parroquial de metal. ( Foi estudada por Elias Valiña Sampedro )
.......................................................................................................................................................................
SANTIAGO DE BARBADELO.- Igrexa románica ( s. XII ).Declarada Ben de Interese Cultural (B.I.C.) . Esta beira do Camiño de Santiago. Conta con acceso rodado , desde Farbán, Rego de Cervos por Vilei e Mercado da Serra. Adro-cemiterio con cruces riba do muro da cerca. Frontis de peculiar interese. Portada esbelta, con arco de medio punto, de dúas arquivoltas de arista exterior, e codelo interior con bolas; unha moldura exterior e saínte, con billetes, abraza as dúas arquivoltas; impostas de billetes e dúas colunas acodeladas por lado, de basas comúns, plintos con garras , fustes monolíticos e capiteis con variada ornamentación: lateral esquerdo, con dúas aves afrontadas , o primeiro , o outro on dous animais achegándose a un home; lateral dereito, o exterior con catro figuras humanas, unha sentada e lendo o que lle ofrece outra, o interior dous leóns afrontados e a cabeza dun home riba do lombo de cada un . O tímpano presenta especiais características , con releves na parte exterior e interior do templo, Unha peza pentagonal descansa riba das mochetas facendo de lintel, con figura antropomórfica central, de corpo entrelazado de cordas, extendéndose aos laterais en circos que se cortan e circunscriben tres rosas por lado, diminuindo progresivamente ; a arista decórase con rombos; a parte superior do tímpano presenta o releve dun home cos brazos extendidos , en actitude orante ; a cada lado una rosa inscrita nun pequeno circo, Na parte interior o arco prsenta arquivolta de arista e moldura saínte con bolas, riba de impostas de billetes . O tímpano tamén ofrece ornamentación; cinco rosas na peza pentagonal ; na parte superior, unha cruz , con unha rosa no centro, e outra a cada costado. As mochetas nas que descansa o tímpano adórnanse con pinas. A porta principal ábrese dentro do frontis, nun plano máis saínte, que remata, a mediana altura nunha repisa, con moldura saínte, riba de senllos modillóns con cabezas de animais; a decoración de billetes exténdese a todo o frontis. No muro lateral norte ábrese unha porta de arco de medio punto, en arista, con moldura protectora de dentes de serra e fino trenzado; impostas con rosetas á dereita, con vieiras á esquerda. Colunas de fustes monolíticos , acodeladas, basas común, plintos con garras; capiteis : esquerdo don dous animais afrontados; dereito, con simulacro de catro animais entrelazados dous a dous. Riba da porta lateral norte, aos seus lados, dous ventanais , con arcos de medio punto, dunha arquivolta en arista, e moldura protecora, fustes monoliticos, basas común e capiteis con motivos vexetais e4 de animais, Os dous ventanais presentan cara interior con arcos e colunas semellantes. A torre álzase riba dos muros do ángulo noroeste da nave e por riba de dous arcos interiroes de robustas colunas e forte pear angular. A arcada contigua á porta dá acceso a batisterio; dúas arquivoltas de arista, a do intradós descansa riba de impostas de cordas e capiteis de carnosas follas e animais; fustes esbeltos, semisdosados, o dereito cun anelo que abraza o piar angular e o fuste da coluna do outro arco, con relevo de cordas. Unha escadeira de seis pasos serve de base ás semicolunas do arco posterior, tamén de dúas arquivoltas; impostas de cordas; capiteis con follas carnosas, e anelo na coluna adosada ao muro lateral norte da nave, facendo xogo cos anteriooes. A escada ascende riba do batisterio, dando acceso polo interior do muro ás campás. A nave lateral sur , parece que sufriu reforma na metade superior; este lenzo está protexido por tres robustos contrafortes, dous ata mediana altura , e o terceiro sobe ata a coberta. A capela maior, máis baixa e reducida ca nave, con boa sillaría de granito, é obra do século XVIII; púlpito en piastra norte do arco triunfal. de granito, en arista. Mesa de altar con frontal de coiro, con piastras ao óleo de flores e un cálice. Retábulo barroco, un corpo, bando e ático; no corpo tres fornelas e catro colunas salomónicas; tallas : Santiago Peregrino; San Xoán Evanxelista, con cálice; Sagrario-expositor con releve do Agnus Dei; Virxe Dorosa, Santa Lucía ( s. XVIII). Nos laterais en pequenas fornelas, Cristo, Virxe e Neno con bola ( románica s. XIII) e Santa Lucía, Nun lateral, San Froilán. Cruz parroquial de prata , grosa macolla, galonada, profusa ornamentación en relevo , con Cristo e Santiago. Con acceso dende o adro-cemiterio . adosada á sacrsitía, ai unha dependencia con lareiriña alta e cociña francesa que serviu de albergue a peregrinos de paso. A igrexa foi alterada e restaurada ao sñéculko XVIII e nos anos finais do século XX
Foi estudada por Georgiana Goddard King , Anxo del Castillo . Francisco Vázquez Saco, Elías Valiña Sampedro , Xaime Delgado Gómez e Carolina Casal Chico.
CAPELA DE SAN PEDRO DA TAÍDE.- No lugar de Taíde ( Barbadelo ) a carón da estrada de Nabás ( Ortoá) a Mosteiro Vello ( Castro de Rei de Lemos ). Garda lembranza dun antigo mosteirolo medieval de San Pedro, unha das Casas Maiores dependentes de Barbadelo. Foi alzada no novo emprazamento con posterioridade á queima da que había no interior da aldea en 1936 . 7,00 x 4,85 metros.
CAPELA DE SAN SILVESTRE.- No lugar de San Silvestre ( Barbadelo ), xunto dunha boa fonte. Rente a ela pasa o Camiño de Santiago. Imaxe: San Silvestre.
.....................................................................................................................................................................
SANTA MARÍA DE BELANTE.- Igrexa románica. Adro-cemiterio.
......................................................................................................................................................................
SAN VICENZO DE BETOTE.- Conserva algúns elementos románicos. Adro -cemiterio. Sufreu un incendio que destruiu o interior e o tellado. Restauración desafortunada . Acceso por camiños estreitos.
Nave a dúas augas, con vestixios románicos no lateral norte, modillòns con rolos e motivos xeométricos, ocultos ao exterior por obras posteriores adheridas , sacristía, capela e trasteriro. O lateral sur e frontis sufriron una trasformación total, non quedando vestixios románicos, Frntis con porta lintelada, un ventanal rectangular e esbelta espadana con dous vaos, de boa sillaría de granito, lateraís revocados con cal. Ábsida románica, rectangular, máis baixa e reducida ca nave, a dúas augas , riba de armadura de madeira e sillaría de granito . No lenzo posterir ábrese una fenestra-aspilleira , dunha arquivolta de baquetón, perfiada ao exterior por un semicirco de dentes de serra, cinguido todo o conxunto por unha moldura de billetes; impostas biseladas, con bolas, colunas monlíticas, basas tóricas con garras riba de dados; capiteis con ornamentación de follas en volutas , deteriorados, Modillóns con cabezas humanas e variados motivos xeométricos, Cornixa corrida, biselada de granto. Arco triunfal de medio punto, en arista, obra posterior. Unha fenestra , tamén posterior, no lateral sur da ábsida. No lateral norte da nave ábrese un arco de medio punto que da entrada a una capela coas mesmas augas que a nave, Dende a capela accédese á sacristía e ao trasteiro. Hai una inscrición no muro que dá a sacristía : " HESTA CAPILLA DE NVESTRA 7 SEÑORA FVNDO ALONSO / DIAZ C(A)NPO DOTOLE DOS / FANEGAS DE PAN DE REN / TA Y QVATRO CAPONES I V / N C(A )BRITO CADA SEMANA / DIGAN VNA MISA 1575 AºS. Co incendio desapareceron o retabulo maior, neoclásico, coas imaxes de Cristo e San Vicenzo, e o lateral, renancentista, con bustos de anxelotes, medallóns de San Pedro e San Paulo, Virxe con Neno e mazá na man dereita, San Sebastian, San Ramón, Santo Antonio e San Brais. ( Foi estudada por Elías Valiña Sampedro )

SANTO ESTEVO DE CALVOR.- Recorda ao antigo mosteiro de Santo Estevo ( s. VIII ). Nave elevada a dúas augas, riba de madeira, con sete vigas trantes, No lateral norte vestixios de algúns modillóns, sen cornixa,dúas aspilleiras con derrame interior, dúas pedras saíntes a media altura, porta de arco de medio punto, sen impostas. No lateral sur outras dúas aspilleiras, con derrame exterior e interior, Frontis con porta alintelada e arco de descargue , dous ventanais laterais , óculo, espadana de dous vaos. Presbiterio, na mesma liña da nave, máis elevado , a catro augas, Arco trinfal con arista, impostas saíntes, riba de piastras. Dous ventanais laterais, outro elevado, na testeira, riba da sacristía, que está na parte posterior, con doble aceso dende o presbiterio. As partes máis nobles do edificio presentan boas pezas graníticas. Os ventanais están protexidos por boas reixas de ferro, Non muros lateraiss nótanse as pegadas das reformas que este templo, románico nun principio, sufreu. O conxunto actual é de boas proprorcións e é maioitariamente obra de dúas actuacións no século XIX, e obras de restauro posteriores. Retábulos e esculturas: Retábulo maior, barroco, dun só corpo, con colunas salmónica : Santo Estevo; Virxe con Neno e coroa ( século XIII),San Francisco de Asís,Santo con espada e libro, sagrario mutilado. Retábulo lateral: barroco Crucifixión: Cirsto, Virxe , San Xoán Evanxelista. Retábulo lateral norte: neoclásico. Pía da auga bendita: capitel de tradición visigótica procedente do antigo mosteiro, semellante ao que se garda en Seteventos, Cálice, pìa baustismal galonada, peto e ánimas.
Esta igrexa foi estudada por Elìas Valiña Sampedro e recóllese documentación sobor dela no "Boletìn do Seminario de Estudos Sarriaos nº 20 ".
CAPELA DA VIRXE DA ASUNCIÓN DA AGUIADA.- Construída no s. XVIII no lugar da Aguiada ( Calvor ).Está na beira do Camiño de Santiago. Capela a dúas augas, una trabe tirante, pequeno cabido , porta alintelada con reixas de ferro. Retábuulo: AVirxe da Asunción, Santo Antonio, Virxe con coroa de madeira, Ecce Homo . Cálice de prata.
CAPELA DA CAL.- Na Casa da Cal ( Calvor )
CAPELA DA VIRXE DO CAMIÑO DE PERROS.- Está no Souto de Perros na beira do Camiño Francés, no treito Samos a Sárria. Edificio de 12,30 X 5,00 metrso, a tres augas, cun pequeno cabido e espadann dun vao, porta alintelada e dous ventanais aos lados, Sacristía na parte posterior. Retábulo sinxelo, neogótico, Virxe co Neno, s. XVIII ee una Santa
CAPELA DE PINTÍN.-

SAN MAMEDE DO CAMIÑO.- Ten Adro-cemiterio darredor. Nave rectangular, cuberta a dúas augas riba de armación de madeira con tres trabes tirantes, Unha porta lateral, ao sur. Frontis con porta alintelada, óculo e espadana de dous vaos, Presbiterio máis reducido ca nave, á mesma altura a cuberta a tres augas. Arco triunfal de medio punto, con impostas e piastras, Granito nas partes máis nobles, portadas, arco triunfal ,etc. Retábulo renancentista, con influenzas barrocas, século XVII, Imaxes: Santiago peregrino, Cristo, Santo Antonio e San Roque. Foi restaurada.

SANTIAGO DE CASTELO DOS INFANTES.-

SAN SALVADOR DE CESÁR.- Adro-cemiterio
CAPELA DA VIRXE DOS REMEDIOS.- Santuario no Alto de Cesár.Está no Campo dos Remedios, onde se celebraron feiras mensuais cada día Oito a finais do século XIX.

SANTA MARÍA DE CORVELLE.- Conserva algúns elementos románicos e pinturas do século XVI.

SAN MAMEDE DA CHANCA.-

SAN XULIÁN DE CHORENTE.- Conserva algúns elementos románicos.
CAPELA DE SAN MARCO DO FERRADAL.-
CAPELA DE SANTO ANTÓN DE VILAVERDE.- Alzada no século XVIII.
SAN XOSÉ OBREIRO DO OURAL.- Templo moderno. Imaxe do artista sarriao Xosé Luis Moreira.

SAN XOÁN DE FAFIÁN.- O templo está arredrado do lugar, cara o sur, e ten adro-cemiteiro darredor. É una humilde peza rural. A nave ( 5,00 X8,00 ) está coberta a dúas augas , con dúas traves tirantes. Tribuna alta aos pés. Porta lateral norte. Frontis con porta alintelada , espadana de dúas troneiras e dúas campás e una terceira troneira no cimacio e tres pináculos. Pórtico pechado, con acceso frontal, e lateral norte coberto a tres augas riba de trave tirante.O presbiterio é máis baixo e reducido ca nave, a tres augas e cunha trave tirante, arco triunfal de medio punto. Sancristía ao lado sur. Retábulos: O maior , renacentista, con un corpo e ático , dourado, tres fornelas; catro colunas de estrías verticais, helicoidais no terzo inferior. Sagrario con relevo de custodia e dúas colunas de estrías: San Xoán Batista ( 0,85 ), titular; Virxe con Neno ( 0,90 , peana de tres querubíns, boas pezas dos s. XV-XVI , Altar lateral sur: escea da Paixós : Cristo ( 1,15), Virxe ( 0,87 ), Sanx Xoán Evanxelista ( 0898 ), bon conxunto , do século XVI. Sancristía: Santa ( 0,65 ), Santiago ( 0,90 ), policromado, co brazo esquerdo mutilado. Cálice de prata ( 0,37 ) liso. Na porta de acceso á sancristía, no limiar interior, de madeira, está grabada a seguinte inscrición: " ERI VIII HA ª RCIªS REGNATE RE " / ( " Era milésima oitavo kalendas marcias reinante o rei ". O rei era Sancho II , no seu segundo reinado.Pía batismal ( 0,80 ), tosca, pé circular con ampla base na que aparece unha figura humana cos brazos abertos, Pía de auga abenzoada ( 0,45 ), riba de pear cadrado ( Elías Valiña Sampedro ).

SANTIAGO DE FARBÁN.- Alzada no s. XVIII, por supresión do templo primitivo que estaba perto da Fonte do Cristo ( Casa Redondo ). Ten amplo Adro-Cemiterio con interesante cruceiro.
Igrexa barroca , a dúas augasm, riba de armación de madeira, con apoio nun amplo arco que se eleva no centro da nave, riba de piastras adosadas aos muros laterais. Unhs porta de acceso en cada lateral, no lateral sur un moderno mosaico representa a San Pedro Nolasco, obra do mercedario Padre Sanmillán. O Presbiterio , máis elevado e reducido ca nave , a catro augas, Retábulo neogótico , sinxelo : Cristo Crucificado, a Virxe e San Xoán Evanxelista. A Virxe e San Xoán cecais procedan de altar da igrexa da Madalena; Santa Catarina ( con roda e cabeza de home aos seus p`res, procedente o do Mosteiro da Madalena; Santiago peregrino ( 0,86 ) titular , porcednete do altar maior da Madalena, sendo da autoría de Gregorio Fernández , 1568 ( pai ) ; Santo Antonio ( 0,74 ) policromado ; Inmaculada ( 0,92) esbelta, sinxela, moderna. Outras imaxes: San Roque, grande, e San Roque, pequena. Hai un fermoso exvoto que conta un miragre acontecido cando se estaban a facer as obras da igrexa. A sancristía está na parte posterior do presbiterio. Na fachada principal indicando situación dun peto , lese grabado na pedra " Anímas Benditas" e perto do óculo hai un letreiro relativo ao cruceiro. ( Elías Valiña Sampedro ).

SAN SADURNIÑO DE FERREIROS.- Conserva unha interesante pía bautismal.

SAN MARTIÑO DE FONTAO.- Adro. Novo cemiterio.

SAN XULIÁN DE FRADES.-

SAN PEDRO DE FROIÁN.-

SAN SADURNIÑO DE FROIÁN.-
........................................................................................................................................................................
SAN VICENZO DE FROIÁN.-Adro-cemiterio.
.........................................................................................................................................................................
SAN MIGUEL DE GOIÁN.- Santuario. Conserva algúns elementos románicos e unha interesante pía bautismal. Adro-cemiterio.
CAPELA DE ESCARLÁN.-
CAPELA DA SERRA DO MONTE.- Adicada a San Caetano,
...........................................................................................................................................................................
SANTA MARÍA DE LIER.- Adro-cemiterio.
............................................................................................................................................................................
SAN MARTIÑO DE LOUREIRO.-

SAN MARTIÑO DE LOUSEIRO.- Adro-cemiterio e camposanto anexo.
CAPELA DO PAZO DO BARRIO.- No interior ten varios enterramentos da familia Rivera, propietaria do pazo.

SANTO ESTEVO DE LOUSADELA.- Igrexa románica.

SAN PEDRO DE MASIDE.- Nun incendio ardeu un dos retábulos barrocos.

SANTO ESTEVO DO MATO.- Non está destinada ao culto.

SAN SALVADOR DO MATO.-
CAPELA DE MANÁN.- Está ruinosa.

SAN XULIÁN DE MEIXENTE.-

SANTIAGO DE NESPEREIRA.- Adro-cemiterio.
CAPELA DA VIRXE DOS ABELEDOS.- No lugar da Ermida, perto de Vilar de Lamas ( Nespereira ). Anteriormente estaba no curral da Casa de Baixo, e foi trasladada á Aira. É propiedade do bispado de Lugo.

SANTA MARÍA DE ORTÓÁ.- Adro-cemiterio.

SANTO ANDRÉ DE PARADELA.- Igrexa románica
Foi estudada por Georgiana Goddard King.

SAN SALVADOR DA PENA..- Adro-cemiterio.

SANTA MARÍA DA PENA.- Pinturas murais.
CAPELA DE SAN COSME.- No Castro de San Cosme ( Santa María da Pena )

SAN SALVADOR DA PINZA..-.
CAPELA DE MORGADE.-
CAPELA DE VALIÑAS.-

SAN MIGUEL DE PIÑEIRA.- Conserva
CAPELA DE SAN XOÁN DE COUSO.- Está no medio dunha finca particular .Roubaron a imaxinería. Tiña un curioso sino de ferro.
CAPELA DE SAN PAIO.-

SAN MARTIÑO DE REQUEIXO.- Igrexa románica
CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CARME.- Na Residencia de Anciáns do Barrio do Mazadoiro.

SAN FIZ DE REIMÓNDEZ.- De orixe románica.

SANTA MARIÑA DE RUBÍN.-

SANTA EUFEMIA DE SANTO ANTOLÍN.- Santo Antoiño de Touville.

SAN SALVADOR DE SÁRRIA.-Na Rúa Maior nº 2. Igrexa de traza románica con elementos góticos.
CAPELA DO CEMITERIO.-
MOSTERO DE SANTA MARÍA MADALENA
CAPELA DE SAN LÁZARO
...............................................................................................................................................................
SANTA MARIÑA DE SÁRRIA.- ( 1885 )Na rúa Maior.
CAPELA DA VIRXE DO PERPETUO SOCORRO.- En "Villa Andrea"
ORATORIO DA CASA QUIROGA.-

NOSA SEÑORA DO ROSARIO.- Templo moderno na rúa Formigueiros.
CAPELA DA VIRXE DA ASUNCIÓN.-

SAN PEDRO DE SETEVENTOS.- Igrexa románico. Conserva pinturas do século XVI. Adro-cemiterio.

SANTIAGO DA VEIGA.-

SAN XULIÁN DA VEIGA.-

SAN MIGUEL DE BIVILLE.- Conserva elementos románicos

CAPELA DE SAN MARCO.- No Monte de San Marco, baixo do Monte do Páramo.

SANTA MARÍA DE VILAMAIOR..- Santa María de Vilamaior de Paradela ou da Lobataira.
CAPELA DE SANTO ILDEFONSO DO TUMBIADOIRO.- No xardín do Pazo do Tumbiadoiro ( Vilamaior )
....................................................................................................................................................................
SAN FIZ DE VILAPEDRE.- Igrexa románico.
CAPELA DE SANTA BÁRBARA DE TREMEADO.-

SAN MIGUEL DE VILAPEDRE
CAPELA DA CASA DE OSORIO.-

SANTA MARÍA DE VILAR.-

SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA.- Románica. Adro-cemiterio.
SARTEGOS MEDIEVAIS
ALBÁN.- Perto da igrexa apareceron dous sartegos.
SAN MARCO.- En Biville A carón da ermida, hai tres sartegos tallados na pena.
TORRE DA FORTALEZA.- Hai un sartego, cecais procedente de San Salvador , da Madalena ou de algunha das capelas de perto da Fortaleza.
ARQUITECTURA DE USO CIVIL
PAZO DE PERROS.- Na parroquia de Santo Estevo de Calvor, lugar de Perros. Presenta brasóns.
PAZO DE SAN SADURNIÑO.- Na parroquia e antigo couto de San Sadurniño de Froián.Conserva un fermoso brasón.
CASA DO FIDALGO.- En Santa María de Lier. Brasonada.
CASA DE RIBA DE SAN MARTIÑO.- Na parroquia de San Martiño de Requeixo. Presenta brasós dos Saavedra de Gaibor.
CASA DA TORRE DE DOMIZ .- Na parroquia de San Xulián de Meixente.
CASA DA TORRE DE PERUSCALLO.- No lugar de Peruscallo en Santa María de Belante.
CASA DO CONDE DE OUTEIRO.- No lugar de Outeiro, na parroquia de San Miguel de Goián. Os escudos propios foron trasladados a Pantón, e puxeron dous de pouco rigor .
TORRE DA FORTALEZA.- Único resto da Fortaleza de Sárria, derrubada entre os anos 1843/1860. ë unha das torres de flanco, protectora da porta principal e ponte levadía. Conservada grazas ao empeño de don Manuel Pérez Batallón, que comprara a metade da finca que ocupara a antiga fortaleza. Na escaleira presenta dous escudos. dos Castro e Osorio.
PAZO DO TUMBIADOIRO.- Na parroquia de Santa María de Vilamaior.
CASA DE OUTEIRO OU DE COBREROS.- Na parroquia de San Xulián da Veiga de Sárria. Presenta brasón.
CASA DO BARRIO.- En San Martiño de Louseiro.. Destinado a casa de turismo rural.
CASA DO MOSTEIRO.- En Santiago de Barbadelo
CASA DO PIORATO.- En Santiago de Barbadelo
CASA DA CORGA.- En Santiago de Barbadelo
CASA CASQUEIRO.- No lugar de Vilar, parroquia de Santiago de Barbadelo.. O portón está ruinoso.
CASA CANDEDO DE VILAR DE LAMAS.- Na parroquia de Santiago de Nespereira. Consérvase un brasón .
PAZO DE VILASANTE.- Na parroquia de San Martiño de Fontao, lugar de Vilasante. A edificación é do século XVIII. Tiña capela. Presenta brasóns . Coñecida como Casa de Lamela, por pertencer a partir do século XIX aos Quiroga de Lamela
CASA DE OSORIO.- En San Miguel de Vilapedre.
CASA DO MESÓN.- En San Miguel de Vilapedre, na estrada de Nadela a Valdeorras, hoxe de Nadela a Ourense por Monforte.
CASA GUERRA.- Na Rúa Maior 10. Alzada a
finais do século XIX, nun soar que fora da Casa Noboa. Presenta brasón riba da porta principal. Estivo nela o Rexistro da Propiedade. Albergue de Peregrinos "Don Álvaro".
CASA VAAMONDE.- Casa do Concello. Na Rúa Maior 14-Praza da Constitución 1. Alzada a finais do século XIX, posiblemente fose proxectada polo arquitecto sarriao Daniel García Vaamonde, que foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela.
CASA GALLEGO.- Na Rúa Maior 20. Foi sede da sucursal da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de A Coruña y Lugo, do Rexistro da Propiedade, de establecementos comerciais , da Policía Local e de Protecciónn Civil.
CASA PUCHE.- "Casa da Obra Pía dos Guitián".Na Rúa Maior 16. Aquí estivo ata as décadas finis do século XVI o Hospital Vello de Sárria, e foi sede tamén da Obra Pía dos Díaz de Guitán ( Obra Pía dos Guitián ), onde estaba a Tulla benéfica e se administraban fondos para casamento de doncelas pobres. Tiña tres portas en arco, tivo capela e unha cámara para servizo dos cregos que viñan a Sárria.. Conta cunha fachada modernista, alterada para dotala de garaxe, e na cornixa conserva un pequeno escudo, posiblemente brasón dos Díaz de Guitián.
CASA REBOIRO.- Na Rúa Maior 18.
CASA GALLEGO.- Na Rúa Maior
CASA MARZÁN.- Na Rúa Maior 22 e 24.
CASA DA BOTICA.- Na Rúa Maior
CASA BUXÁN.-Na Rúa Maior
CASA DE CENTEAIS.- Na Rúa Maior
XULGADO.- Na Rúa Maior 1
CASA DOS ARMESTO.- Ou "Casa do Puro".
CASA GRANDE.- Na Rúa Maior ( hoxe nº 21 a 31 )
CASA MACÍA ( 1 ).- Na Rúa Maior
CASA MACÍA ( 2 ).- Na Rúa Maior
CASA YÁÑEZ.- Na Rúa Maior. Albergou a Administración de Correos.
CASA CASTRO.- Na Rúa Maior. Albergou a Fábrica de Chocolates de Víctor Castro. Albergue de Peregrinos Obradoiro.
CASA NEIRA.- Na Rúa Maior. Tamén coñecida como Casa de Solance.
CASA SACO.- Na Rúa Maior.
CASA SACO-CASINO.- Alzada na segunda metade do século XIX na Rúa Maior. A casa do Casino convertiuse en albergue de peregrinos.
CASA DE ULLOA.- Na Rúa Maior, no treito séculos atrás coñecido como Rúa de Ferradores.
CASA REITORAL.- No Calellón de Santa Mariña.
CASA FREIXO.- Na Rúa Maior, no vello Arrabaldo
CASA DE PAZOS.- Na Rúa Marqués de Ugena ( ata 1958 treito final da Rúa Maior), no vello Arrabaldo de Sárria.
VILLA ANDREA.- Na Rúa Matías López. Alzada polo industrial e politico Matías López López.
VILLA AURELIA.-Na Rúa Matías López. Foi alzada por Venancio Vázquez López, indusrial e politico sarriao afincado en Madrid. Dende 1931 é a sede da Sociedade Cultural e Recreativa "La Unión"
CASA XESÚS BATALLÓN.- No Cruce do Avenida. Unha desafortunada parcelación deu lugar a dous soares onde se alzaron edificios, e trasladaron a escaleira exterior da entrada ao lateral da rúa Matías López.
CASA DO MALLORQUÍN.- No Cruce da Ciguñeira.
CASA DA CULTURA.- "Escolas Pùblicas" ( 1896 ). Doazón do filántropo Matías López López, falecido en 1891.
CASA DE VENTO.- No Cruce de San Lázaro-Rúa do Porvir
CASA SARRY DE TREILÁN.- "Casa da Fábrica", no lugar de Treilán, na parroquia de San Martiño de Requeixo. Foi fábrica de peles curtidas promovida polo vascofrancés Xoán Sarry.
CASA DA FÁBRICA DE REQUEIXO.- Foi fábrica de peles curtidas.
CASAS REITORAIS
CASA REITORAL DE CHORENTE.-
CASA REITORAL DE SAN PEDRO DE FROIÁN.-,.
CASA REITORAL DE SAN FIZ DE REIMÓNDEZ.-
CASA REITORAL DE LIER.-
CASA REITORAL DE PERROS.-
CASA REITORAL DE SETEVENTOS-
CASA REITORAL DE SAN XULIÁN DA VEIGA.-
CASA REITORAL DE SAN SALVADOR DO MATO.-
CASA REITORAL DE BETOTE.-
CASA REITORAL DE LAMELAS.-
CASA REITORAL DE MEIXENTE.-
CASA REITORAL DE PIÑEIRA.-
CASA REITORAL DA PINZA.-
CASA REITORAL DE LOUSADELA
CRUCEIROS , CRUCES
CRUCEIRO DO RESÍO DA AIREXE DE PIÑEIRA.- Obra dun membro da Familia Canteiro de Cedrón.
CRUCEIRO DO ADRO DE SANTIAGO DE FARBÁN.- Francisco Castiñeira. Restaurado despois de resultar derrubado pola canipa dunha árbore.
CRUCEIRO DA CASA DE SARRY EN TREILÁN.- No xardín da Casa Sarry ( San Martiño de Requeixo )
CRUZ DO ADRO DE SAN MIGUEL DE VILAPÈDRE
CRUZ SAN XULIÁN DA VEIGA.- Moderna, no camiño da Airexe ás Cruces. Sinala o punto ata onde chegan as procisións.
CRUCEIRO DO MIRADOIRO DO CÁRCERE.- Obra do artista lucense Manuel Mallo
CRUCEIRO DE SAN LÁZARO DE SÁRRIA.-
CRUCEIRO DO ADRO DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA.- Doazón de Sara Abel de Piedra, da familia Saco, á vila de Sárria. Procede dunha finca familiar en Madrid e o artista que a fixo está relacionado co a Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Conserva policromía e as imaxes de Cristo Crucificado e a Virxe Dorosa. A carón do cruceiro hai chantado en terra un busto de Cristo coa coroa de espiñas.
CRUCEIRO DO MUIÑO DA NOGUEIRA.- Na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria. Dotación de Álvaro López-Vizcaino Rodríguez e Carmela González Ruiz, foim instalado no muiño da Nogueira, na beira dereita do río Sárria, augas abaixo da Ponte Vella... É da autoría de Xoán Mallo
CRUZ CHALÉ DA RÚA CASTELAO.-
CRUCEIRO CHALÉ DA RÚA CASTELAO
CRUZ DE CALVOR
CRUZ DE PAU DE LOUREIRO
CRUZ DE SAN PEDRO DE FROIÁN
CRUZ DE SAN SADURNIÑO DE FROIÁN
CRUZ DAS PROCISIÓNS DE CHORENTE.-
CRUZ DE FAFIÁN.-
CRUCES PEQUENAS DE FAFIÁN.-
CRUZ DO ADRO DE LOUSEIRO.-
CRUCES DO VIACRUCIS NA CERCA DA CASA BATALLÓN.-
CRUCES NO MURO DA CASA DO CAMPO DA FEIRA.-
CRUCES DO VIACRUCIS DE GOIÁN
CRUCES DE CEMITERIO E ADRO DE BARBADELO- Resto dun antigo viacrucis.Chamou a atención de Georgina Goddard King.
FONTES
FONTE DE SAN VICENZO DE MASIDE.- No lugar de San Vicenzo, parroquia de San Pedro de Maside.
FONTE DE PACIOS DE CALVOS.- Tiña remates que desapareceron.
FONTE DO DEMO.- En Morgade ( San Salvador da Pinza )
FONTE DE SAN SALVADOR.- Alzada en 1860 por Manuel Pérez Batallón, sustituindo á anterior que quedaba dentro da horta da súa casa.
FONTE RIBEIRA ( s. XVIII ) No Barrio da Ponte ( Santa Mariña de Sárria )
FONTE DO CRUCE DA ESTACIÓN.- É unha das fontes instaladas en 1920 cando se inaugurou a primeira traída de augas dende Rego de Cervos.
FONTE DE SAN PEDRO DE FROIÁN.-
FONTE DE RENTE.- No Souto de Rente ( Barbadelo )
FONTE DO CRISTO.- En Santiago de Farbán
FONTE DE VALMAO.- En Santa María de Vilar, beira da estrada de Nadela a Monforte.
PONTES HISTÓRICAS
PONTE RIBEIRA.- Propiedade do Concello de Sárria. Atravesa o río Sárria. No Camiño de Santiago ( Camiño de Castela ou Camiño de Triacastela ) . Era a entrada á vila de Sárria e o Rexemento percibía dereito de "pontaxe " correndo coa obriga de arranxala , o mesmo que facía nas outras tres pontes, Foi coñecida como Ponte de Sárria e Ponte Vella. Está na parroquia de Santa Mariña de Sárria.
PONTE VELLA.- No río Sárria ( Camiño de Aranza .Antes coñecida como "Ponte de Vilar de Sárria" ( no Camiño de Aranza ). Na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria.. Propiedade da Xunta de Galicia.
PONTE DA ÁSPERA.- No río Celeiro. No Camiño de Santiago ( Camiño de Portomarín ). Entre as parroquias de San Salvador de Sárria e San Pedro de Maside.Propiedade do Concello de Sárria.
PONTE VELLA DO MAZADOIRO.- Ponte do Mazadoiro.No río Celeiro ( No antigo camiño francés de Sárria a Lugo pola Ponte de Neira ). Estaba na parroquia de San Pedro de Maside. Coa chegada do ferrocarril pasou a dar acceso á Estación e ao Barrio do Mazadoiro. É a popularmente mal chamada "Ponte de don Fermín ", polo feito de que ao seu carón estaba a casa de don Fermín Somoza, quen a herdou do seu pai, industrial procedente da Furela, que a alzara despois de 1880. Propiedade do Concello de Sárria.
PONTES DOS S, XIX, XX, XXI
PONTE DO FERROCARRIL EN VILAPEDRE.- No río Sárria, alzada entre 1875 e 1880 para o camiño de ferro. Na parroquia de San Miguel de Vilapedre.
PONTE CASTELAO.- No río Sárria. Alzada en 2014 sustituíndo a outra construída cando se abríu a Rúa Castelao. Na parroquia de Santiago de Farbán.inari
PONTE DO CHANTO.- No río Sárria.. Permite o paso de persoas dende a Praia Fluvial á Zona Deportiva dos Prados de Vilasante e Zona Escolar.
PONTE ALFONSO IX.- No río Sárria. Promovida polos propietarios do Hotel Alfonso IX para darlle acceso dende o Paseo do Malecón.
PONTE DO MUIÑO DO TOLEIRO.- No río Sárria. Rúa do Toleiro.. Era pontón particular de acceso ao Muiño do Toleiro ( parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria ) riba de peares de pedra e taboeiro de madeira riba de traves. Estaba complementado cou un pontigo riba do rairo do muiño.
Adquirido polo Concello foi anovado con dous proxectos do arquitecto sarriao Roberto López Piñeiro. En 2014 foron derrubados os dous segmentos, tradicional e moderno, para sustituílo por unha pasarela de formigón promovida pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
PONTE DO TOLEIRO.- Tamén coñecida como Ponte de Ferro. Construída cando se abriu a estrada da Estación de Sárria a Samos. Está riba do río Sárria, t entre as parroquias de Santa Mariña de Sárria e San Salvador de Vilar de Sárria. Orixinariamente tiña un arco para o camiño de beira do río, estrutura de ferro e outro arco riba do rairo do Muiño do Toleiro. Sustituída a platafoma de ferro por outra de formigón puxeron un pear central no río, e poucos anos depois foi ancheada para regularizala coas liñas da rúa. As denominacións populares de " Ponte de Torrón " e "Ponte do Litmar " non poden sustituir á de Ponte do Toleiro, por ser a histórica recibida por pasar pola Insua do Toleiro.
PONTE DO CANEIRO.- No río Sárria. Construída para liberar a Ponte Vella do paso de veículos., a carón desta,
PONTE DE SAN LÁZARO.- No río Celeiro.
PONTE DE CELEIRO.-
PONTE ALBORADA.- No río Celeiro., para dar acceso ao Edificio Alborada dende a Rúa Santo Eufrasio
PONTE DA ESTACIÓN.- No río Celeiro. Primeiramente foi de ferro e construiuse cando se abriu a estrada da Estación de Sárria a Samos ( década de 1890 ). Ancheada antes de 1980 as traves foron sustituídas por plataforma de formigón
PONTE NOVA DO MAZADOIRO.- No río Celeiro.
VIADUTO DO MAZADOIRO.- No río Celeiro
VIADUTO DE SÁRRIA.- No río Celeiro
PONTÓN DO NEO.-
PONTE DO NEO.- No río Loio.
PONTE DE RÍO SECO.- No río Seco-rego de Goille., na parroquia de Santo André de Paradela, estrada provincial de Santa María ao Mosteiro Vello.
PONTE.- Antes do Oural.
PONTE DE MANÁN.- No río Sárria
PONTE DA REZA.- No río Sárria
PONTE DE CORVELLE.-No río Proveiros.
PONTE DE CANCELEIRAS.- No río Sárria
PONTE DE PERROS.- No río Sárria
PONTE DE BARXA.- No río Sárria
PONTE DE FAFIÁN.- No río Sárria, no camiño de Arxivide, perto do Muiño de Regueiro.
PONTE DA ACEA DE RIBA.- No río Sárria
PONTE DA ACEA DE BAIXO.- A carón do Muiño da Acea de Baixo, na parroquia de Santiago de Farbán. Era un pontón de madeira no camiño de Filloi a Fafián. complementado con un pontigo riba da Cal do Peago..Foi sustituído por plataforma de formigón.
PONTE DE SANTIAGO DA VEIGA.- No río Sárria.
PONTE DE FERREIROS.-
POMBAIS
CASA DO BARRIO
CASA DE PARDO
CASA DE FREIXO
CASA DE SARRY
CASA AGRACEIRA DE SANTA MARTA
PAZO DO TUMBIADOIRO.-
CASA DE GUTIÉRREZ DE GUITIÁN.-
HÓRREOS
PAZO DO TUMBIADOIRO
CASA GAIOSO DA ERMIDA
CASA DE BAIXO DA ERMIDA
CASA DOSÍO DE SANGUÑEDO
HÓRREOS DE LAVANDEIRA
PALCOS DA MÚSICA
SANTIAGO DE BARBADELO.-
SAN PEDRO DE TAÍDE.-
SAN PEDRO DE FROIÁN.-
ESCULTURAS, CONXUNTOS ESCULTURAIS
HOMENAXE AO PEREGRINO.- Escultura de María Carretero.
A MAN DA UNIÓN.- Escultura de Xosé Díaz Fuentes
PRAZA DA PONTE VELLA.- Pequenas esculturas de Xosé Díaz Fuentes
PARELLA DE BAILE.- Do artista sarriao Poy. Estivo instalada na Ponte do Muiño do Toleiro.
PARQUE DO MAZADOIRO.- Escultura de Xosé Díaz Fuentes
ÁREA DE CALLÁS.- Dúas esculturas de Xosé Díaz Fuentes
O PEREGRINO INSTITUTO GREGORIO FERNÁNDEZ.- Escultura realzada por alumnos do IES reciclando materal metálico, baixo a direción do profesor Hospido.
ESPAZOS NATURAIS
PARQUE DO BOSQUE.-
PARQUE DO CHANTO.-
INSUA DO TOLEIRO.-
RIBEIRA DAS AMENEIRIZAS.-
INSUA DA VEIGUIÑA.-
MAZO DE ARXEMIL.-
CARBALLEIRAS DE FRADES.-
A FOZ DAS ACEAS.-
CAMPO DOS REMEDIOS.-
CASTRO DE CALVOR.-
CASTRO DE SAN MIGUEL.-
CAMPO DE RENTE.-
CHAO DE DOMIZ.-
MONTE DE SAN MARCO.-
MONTE DE SANTA CRISTIÑA.-
MONTE DO CONDE.-
MONTE DE LAGOELA.-
SOUTOS DO NEO.-
MONTE DE SOBRE DO VAL--
MONTE DA CHA DE SANTA MARTA.-
CASTRO DE SAN COSME.-

Comentarios
Publicar un comentario