Documentos reais datados en Sárria ou con ela relacionados

 ( 27.03.832 ) Afonso II segrega para a Diocese  de Ovedo as igrexas de Valbóniga, Neira, Chamoso, Sárria ; Páramo , Froián, Sardiñeira... Aveancos, Asma , Camba e Deza, que lle serán devoltas a Lugo , Braga e Ourense se repoboaban.

( 01.01.841) Afonso II doa  a don Froila, bispo de Lugo. o castelo de Santa Cristiña, entre Lemos e Sárria.

( 931-951 )Ramiro II  confirma a escritura de 24.05. pola que Visclafredo  fai doazón  a San Martiño e Santa Mariña de Barbadelo.

( 6.08.1120) Dona Urraca dóalle a Samos o lugar de Barxela, a carón do río  da Sárria.

( 20.12.1133 ) Afonso VII doalle San Vicenzo da Armeá ao conde Rodericus Petri.

 ( 30.01.1154 ) Afonso VII devólvelle a Lugo  as igrexa de Neira superior e inferior, con Valonga, Flamosum, Sarriam, Froilanos, ...Páramo..

( 27.07.1228 ) Doazón de Afonso IX  ao Cabido de Lugo, dunha herdade en Ventosela:..."Facta carta apud Villam Nouam de Sarria, XXVIIIª  die jullii,  era MCCLXVI ª ( Tombo Vello de Lugo)

...Afonso IX prohibe prender as bestas de carga de San Xulián de Samos e exímeas do pagamento de portaxe, confirmada logo esta escritura por outra  de 4.01.1231, de Fernando  III.......Datum in Villa Noua de Sarria IIIIª die januarii, era MªCªLXXª

 ( 13.04.1258 ) Afonso X confirma as dúas escrituras anteriores.


(12.07.1298 ) Fernando IV doa a Diego López de Sárria o padroádego sobre San Salvador de Piñeira, coas súas freguesìas , o reguengo  de San Pedro de Láncara e Larín, con Pousadela e Vilambrán  con todos os seus dereitos, reservando para sí El Rei os dereitos de  moeda, fosandeira e xantar, cando estiver nos citados reguengos.

 

Comentarios

Publicacións populares