Entrada do Camiño de Santiago en Sárria.

                                                        VILA DE SÁRRIA
O CAMIÑO DE SANTIAGO ENTRE A PONTE RIBEIRA E O BARRIO DO ARRABALDO

       Pasada a PONTE RIBEIRA o Camiño de Santiago seguía un ramal cara a dereita que ía ata a parte baixa da Costa , seguindo pola Costa da Fonte ( hoxe  Escaleira da Fonte ) alcanzaba  as casas da parte   traseira de Santa Mariña, ou ben polo Arrabaldo e  Rúa de Ferradores ( parte final da hoxe Rúa Maior) seguía ata chegar á mesma igrexa.

Os peregrinos  que non querían entrar na vila collían o ramal da esquerda ( polo medio da hoxe finca da Casa do Barrio ) e pola Pedreira ,  As Eiras , Fornos de Atrás e Os Esqueiredos, chegaban á Veiga do Pozo ou Veiga de Arriba, seguindo ata os Peares da Rañoá , onde atravesaban o río Celeiro, e seguían cara Portmarín , ben polo Mesón de Maside , Santa Marta, O Pico ,  Barreiros Nabais , Mouzós e O Sisto , ou por Vilei e Mercado da Serra  chegaban tamén ata  o Chao de Domiz.

Esa entrada onde se encontraban  as hortas e cortiñas chamadas da Ponte Ribeira, perto das casas da Ponte ,  e da Fonte Ribeira sufreu numerosas modificacións no século XIX, esencialmente as derivadas da eliminación de un dos arcos da Ponte Ribeira, a apertura da estrada de Valdeorras e a supresión dos dous ramais, para facer un novo acceso e cando  se construiu a Casa-Matadoiro, macelo promovido polo Concelllo, ou máis adiante o Lavadoiro Municipal.

A Familia Ulloa  foi reunindo tarreos  nesa  zona , que por vendas e convenios  acabarían na segunda metade do século XIX en mans de don Xoán María López ( Casa do Barrio ) e dos donos da Casa de Florido.

Explicación das variaciósn dos tarreos  na Horta e Cortiña da Ponte Ribeira feita por Xoán Antonio  Ulloa.
De 1814 a 1853 )

1º.- Por escritura  de 18 de febreiro de 1814, outorgada perante o o escribano  don Gregorio Antonio del Barrio, veciño de Sárria, Xosé López e a súa muller María Carril, veciños do Barrio da Pedreira desta Vila, vendéronlle a Xosé Ulloa  ferrado e medio  en semente  de terra na fondada da finca que entón se chamaba Cortiña Grande con pauto de recobramento en prezo de 640 reais, que se tomou razón na Contadoría de Hipotecas  de Sárria  ao folio  34 do libro 1º, tomo de traslacións de dominio do distrito de Sárria.

2º-- Outra escritura de  de 16 de xaneiro de 1815 , perante  o mesmo escribano  Barrio, os propios Xosé López e María Carril vendéronlle ao don Xosé Ulloa medio ferrado en semente de tarreo na mesma finca da Cortiña Grande, pegado ao ferrado e medio anterior, co mesmo pauto de recobramento en prezo de 320 reais. Téñase presente que cando a venda do ferrado e medio obrigouse o Ulloa a pagarlles aos vendedores medio ferrado de renda aneira.

3º.- Por outra escritura outorgada no ano de 1817, sen que poda fixar o día, pois non teño copia á vista  pero da que deu fe o indicado Barrio os mesmo Xosé López e María Carril, vendéronlle  ao don Xosé Ulloa o dereito de recobramento que se reservaran aos dous ferrados de tarreo na fondada da Cortiña Grande de que fai  mérito as dúas precedentes escrituras  en prezo de 370 reais coa obriga de contribuirlle con outro medio ferrado de centeo de renda aneira.

4º.- Por cédula simple de 6 de febreiro nos mesmos Xosé López e María  Clarril venderonlle  ao Ulloa algún tarreo a poulo que se achaba darredor dos dous ferrados que anteriormente lle enaxenaran. Por outra cédula simple outorgada en 20 de febreiro de 1848 os repetidos Xosé López e María Carril recibiron de don Xoán Antonio Ulloa outros 60 reais por razón do  maior valor que poidese ter o tarreo inculto anteriormente vendido.

5º.- A  estrada provincial feita desde Lugo a Valdeorras , polo ano 1853 e o camiño veciñal que sae da estrada  con direción á Ponte Ribeira e á Fonte pública desfiguraron completamente esa finca que se chamaba Cortiña Garnde e efectivamene compoñía unha soa finca co nome de Cortiña Grande, a casa que construiu don Xoán Alfonsín  o seu patio , horta, a casa que  tamén construiu don Manuel Díaz a súa horta, máis tarreo que alí ten don Xoán Alfonsín, a casa que construíu don Xoán María López e a horta e finca que lle está unida, a casa a eira  que tamén construiu don Francisco González Florido e a cortña e hrta que se chama da Ponte Ribeira da que son dono  dono eu , o Ulloa. Arranxouse pois esta cortiña e horta cos dous ferrados e tarreo inculto que queda dito que adquiriu o don Xosé Ulloa e que se vai expresar, O Camiño que baixaba desde Sárria á Ponte Ribeira e á  fonte, pasaba pola alcantarilla que existe entre a casa do don Antonio Martínez e a de don Francisco González  e seguía confinando  co muro do patio de Martínez  e da cortiña e lamelo de Francisco Varela e logo daba a volta  con direción  á ponte e fonte confinando  cos dous ferrados de tarreo adquiridos polo don Xosé Ulloa. O camiño houbo que suprimilo porque era moi fondo pois as fincas de ámbalas dúas beiras  estaban moi altas, e sería costosísimo , senón impracticable, o recheo con motivo da taxea  ou alcantarilla repetida . Con este motivo  houbo que abrir o novo camiño que desde a estrada vai á ponte e fonte pública e cuxo camiño  dividiu os dous ferrados e tarreo a poulo  que comprara o Ulloa , deixándoo en dúas porcións dando por indemnización o Concello, segundo consta da certificación  que o mesmo expediu en 11 de agosto de 1853, o antigo camiño vello.

6º.- Por escritura pública de 10 de xuño de 1853, perante o escribano de número de Sárria, D. Fancisco López e Pérez, eu, don Xoán Antonio Ulloa, e os Xosé López  e a súa muller María  Carril, fixemos permuta , cedendo eu en favor destes parte dos dous ferrados de tarreo que quedaran á dereita marchando cara a ponte  e eles en  satisfación  cedéronme outra igual parte de tarreos  á esquerda  e o camiño antigo que lles corresponderon por indemnización en prezo de 640 reais e pecharlles de chantos o tarreo que lles quedaba á dereita do camiño ou satisfacerlles por ese peche  200 reais e efectivamente pagueilles  os 200 reais, pois deseguido  dispuxeron  dese tarreo que é parte da hórta  que pertence hoxe a don Xoán María López. O camiño antigo comprendía bastante extensión ,  pois fronte ao río incorporei unha boa praza e téñase en conta que o calellón  por onde discorría a auga da alcantarilla é meu , pois pertencía ao Xosé López e María  Carril, tanto que lle permitín ao don Francisco González  introducir nel un canto da casa  e facer o común  porque o apreciaba.   Para encher o camiño vello fixen grandes desmontes  e gastos , construín  un cano pola miña conta  cando  non me acomode  invertilas na finca  para levar as augas da alcantarilla, cando non me acomode invertilas  na finca ao Lamelo de Francisco Varela. Abrín o pozo ou fonte que existe na horta  , facendo o  acueduto  para sacar as augas á flor do muro e fabriquei todos os muros. Isto constitúe a Horta e Cortiña da Ponte Ribeira , cuxo tarreo antes se chamaba  Cortiña Grande.

( Notas de don Xoán Antonio Ulloa)

Esta Horta da Ponte Ribeira da Casa de Ulloa, foi máis adiante  propìedade de dona Concepción Ulloa Lois, viuva de don  Camilo García Vaamonde, quen a deixu á súa morte aos Padres Mercedarios (1920). Estes vendérona  e comprouna a familia Florido. E na actualidade ( 2017 ) pertence ao farmacéutico  sarriao don Xosé Luis Rivas López.

O Camiño da Fonte, aberto en 1853, foi ancheado coas aportacións   dos propietarios da Casa Florido e da Casa do Barrio, como treito primeiro da Rúa do Peregrino onde foi colocada a escultura de María Carrtero "Homenaxe ao Peregrino".

Comentarios

Publicacións populares