SOLICITUDE DE CREACIÓN DUN CENTRO OFICIAL DE ENSINO MEDIO E PROFESIONAL ( 1963 )
SESIÓN DO CONCELLO DE SÁRRIA (23.12.1963 ).- Solicitude oficial dun Centro de Ensino Medio e Profesional.- Polo Sr.Alcalde deu conta á Corporación de que o Ilmo. Sr. Director Xeral de Ensino Laboral dirixiulle carta do teor seguinte.- Madrid, 27 de Novembro de 1963 Sr D. Xabier López- Acevedo- Alcalde Presidennte do Concello de Sárria ( Lugo ) = Mooi señor meu : O Xefe da Sección de Ensino Laboral deume conta da entrevista que mantivo con Vde. esta mañá.- En relación co motivo da entrevista rógolle que reúna á Corporación da súa dina presidenza para adoptar os seguintes acordos, dos que deberá remitir os correspondentes certificados á mencionada Sección:
1º.- Solicitude du n Centro Oficial de Ensino Medio e Profesional de modalidade Industrial.
2º.- Cesión gratuíta a favor do Padroado Nacional de Ensino Medio e Profesional de un soar de 10.000 m/2 para construir o edificio do Centro.3º.-Compromiso de aportar o primeiro terzo do orzamneto das obras do dito edificio.º.- Compromiso de subvencionar anualmente o Centro con 74.500 ptas.
A esta documentación enadiráselle unha memoria descritiva da economía da Comarca.
Agradando as súas novas , saúdoo con todo afecto.- Asinado: Vicenzo Aleixandre.
Previa a oportuna deliberación , a Corporación, poi unanimidade acorda:
1º-- Solicitar da Dirección Xeral de Ensino Laboral a creación nesta vila de Sárria de un Centro Oficial de Ensino Medio de Modalidade Industrial.
2º.- Ceder gratuitamene a favor do Padroado Nacional de Ensino Medio e Profesional , un soar de dez mil metros cadrados para construir o edificio do referido Centro.
3º.- Comprometerse este Concello a aportar un terzo do orzamento das obras do edificio.
4º.- Comprometerse aualmente este Concello a subvencionar con 74.500 pesetas anuais o espresado Centro".....( Alcalde : Xabier López-Acevedo López ; Concelleiros: Laureano Álvarez Armada, Pedro Viñas López, Luis Daga López, Ramiro Gallego Ares, Xulio Rodríguez González e Xesús Vázquez Rivas ).
Notas:
No ano 1932 falouse por vez primeira, de maneira formal, de solicitar a creación dun Instituto de Ensino Media en Sárria.
En 1963 solicitouse a creación dun Centro Oficial de Ensino Medio e Profesional en Sárria, que se pretendía fose da especialidade de Minería.. O alcalde, e procurador en Cortes, Sr. López-Acevedo, tomou parte persoal e forte compromiso na xestión inicial.
O Concello xestionou a compra tarreos entre O Chanto e Pacios, e acabou adquirindo a "Devesa de Pepe", no Campo do Rolo, que finalmente pasou a acoller o Colexio Comarcal de EXB.
A morte do alcalde, Sr. López-Acevedo supuxo un forte freo ao proxecto de contar cun centro para Ensino Medio, pois a partir de 1939 non se primou o ensino medio, e mesmo foron suprimidos os Institutos abertos en outras localidades da provincia de Lugo.
Despois de diversas presións feitas dende Madrid tomouse a decisión de lograr para Sárria un Colexio Libre Adoptado, concesión que finalmente o Concello cedeu para que levase adiante a dotación dun centro de ensino medio á Orde de Relixiosas da Asunción.
En 1975 botaron a andar op Instituto de Bacharelato e o Centro de Formación Profesional ocupando os locais das Escolas Públicas, na rúa Marqués de Ugena, e parte da Bibiloteca Municipal ( Rúa Pedro Saco ).
Un longo camiño de 43 anos foi necesario para que o Ensino Medio se xeralizase e abrise para todos , permitindo unha oferta de calidade e gratuíta, rematando a era das Academias Privadas iniciada no tempo da II República coas pasantías e coas academias Porvenir, Galicia e Centro SADEL, ás que seguiron a Academia de Telégrafos, Balmes, Comercial, Felipe II e Rosalía de Castro.

Comentarios
Publicar un comentario