Manuel Carrozas Varela
MANUEL CARROZAS VARELA
Coñecido en Sárria por " Carrozas e "O Lexionario" foi un militante da Falanxe Española das JONS , cuxo estado mental levouno a condutas criminosas e a participar en represalias, paseos e outras actuacións que se poden encadrar como propias da tristemente famosa " Escadra Negra ".
Autor material da morte de Vitorino Cabarcos e das graves feridas que causaron a morte de Pedro García Arcas , cando fortemente armado na medianoite do día 26 de xuño de 1936 entróu da Sociedade La Unión ( Rúa Matías López ) , na percura do mecánico dentista Tarí Uribe, e ao ser interpelado por Cabarcos , sen provocación nin aviso, disparou contra el causándolle a morte e deseguido cravóu un puñal no corpo de García Arcas, fuxindo cara a rúa onde o estaba agardando un coche que partiu con el cara un lugar descoñecido, permanecendo agochado até con posterioridade ao Bando de declaración do Estado de Guerra dado en Lugo o 20 de xullo, facendo alarde da súa pertenza á Falanxe.
ANTECEDENTES
( El Heraldo de Galicia, 25.12.1921 )
Como promotores dunha liorta na que recibiu un tiro de escopeta na perna esquerda Xosé Luis López Fernández, detivo a Garda Civil de Sárria aos viciños daquela vila Francisco Díaz Armesto, MANUEL CARROZAS VARELA, Valentín Castro e Xosé Piñeiro Seijas. Outros mozos que tomaron parte na liaraza fuxiron, O Xulgado atende no asunto.
.....................................................................................................................................................................
( 1934 ) Manuel Carrozas Varela, pensionista que causóu baixa no Exército.
Dirección Xeral da Débeda e Clases Pasivas .- Sección militar.
Hai unha póliza de 8ª clase co número A.66067735 , O Diario Oficial do Ministerio da Guerra número 97 de 27 de abril último, inserta a seguinte Orde: "Excmo. Sr. Visto o expediente instruído na praza de Lugo a instancia de D. Luis Carrozas Saco, veciño de Sárria, na dita provincia , pai do soldado de Enxeneiros , licenciado por inútil, por demente, MANUEL CARROZAS VARELA, para acreditar o dereito que a este poida corresponder á pensión de 2,50 pesetas diarias que para alimentos concede a orde circular de 5 de novembro de 1920 (C.L,C, nº 497 ), por este Ministerio resolveuse asignarlle ao citado soldado Manuel Carrozas Varela, a pensión de 2,50 pesetas diarias a partires de primeiro de Outubro de 1930 , dado que foi baixa no Exército na fin de Setembro do dito ano, con suxeición ao disposto antes citada , cuxa pesión será aboada pola Delegación de Facenda de Lugo, e que a percibirá o pai do incapacitado D. Luis Carrozas Saco, como representante legal seu. O que comunico á V.E.para o seu coñecemento. Trasládollo a Vde. para o seu coñecemento e o do seu fillo Manuel Carrozas Varela, significándolle que con esta dta danse as ordes oportunas para que pola Delegación de Facenda citada sexa aboada a Vde, a pensión mencionada dende a dita data, Madrid 18 de maio de 1933,O Xefe de Sección. Asinado: Ilexible. Señor Don Luis Carrozas Saco, residente en Sárria (Lugo ) Queda tomada razón ao nº 36 folio 630 do rexistro da súa clase. Lugo 4 de setembro de 1933,O Xefe de Negociado, asinado, ilexible.- Hai un selo en tinta que di.- Clases pasivas , ano 1934.- Revista anual.-4 de xullo de 1934. Asinado, ilexible.
.....................................................................................................................................................................
( La Voz de la Verdad , 30.06.1936 ) Nomeamento de Xuiz Especial para instrución de sumarios polas mortes de Vitorino Cabarcos López e Manuel Carrozas Varela.
Pola Sala de Goberno da Audiencia Territorial da Corña, foi nomeado Xuiz especial para entender en varios sumarios por feitos ocorridos no partido xudicial de Sárria o xuiz de instrución de Santiago de Compostela, don Evaristo Mouzo Vázquez, entrementras sustituirao , o xuiz municipal don Agostiño Fernández.
...................................................................................................................................................................
O 19 de xullo de 1936 o Xuiz Especial Evaristo Mouzo Vázquez asina a orde de comparecencia de Manuel Carrozas Varela por razón das mortes violentas derivadas da súa entrada na Sociedade La Unión.O día 20 foi declarado o estado de guerra na cidade de Lugo e ao día seguinte o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica a requisitoria para a súa entrada en prisión. Nese momento xa estaba tendo participación na sublevación como un dos falanxistas que dende Carrigueiros baixaran a colaborar coas forzas sublevadas.
BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO ( 21.07.1936 )
REQUISITORIA
CARROZAS VARELA, MANUEL, de 28 anos de idade, natural e veciño desta vila, fillo de Luis e Manuela , comparecerá no prazo de dez días , perante este Xulgado especial que actúa nas oficinas do Xulgado de Instrución de Sárria, a prestar indagatoria e constituirse en prisión , acordada no Sumario que na súa contra e na doutro máis se instrúe cos números 96 e 97 acumulados, deste ano 1936, perante este Xulgado de Sárria, sobre HOMICIDIO, ASASIÑATO E ATENTADO, baixo apercebimento de que se non comparece será declarado rebelde e sofrirá o perxuizo a que a tal declaración dea lugar.
Dado en Sárria a 19 de xullo de 1936.- O Xuiz de instrución especial.- Evaristo Mouzo.- O Segredario xudicial especial.- Ubaldo Rivas.,
Dous días despois de publicada a anterior requisitoria Manuel Carrozas Varela facendo constar no oportuno traslado á Comandancia Militar de Lugo que xa fora declarado rebelde e que estaba reclamado polo Xulgado de Instrución de Sárria.
DESPOIS DO BANDO DE ESTADO DE GUERRA
COMANDANCIA MILITAR DE LUGO.- Núm 974 ( ä marxe : Acompaña un coitelo de monte con funda)
O comisario Xefe de Investigacón desta Capital, en escrito de data de hoxe, dí o seguinte: teño a honra de poñer ao seu dispor a MANUEL CARROZAS VARELA, de 28 anos, solteiro, sen oficio nin domicilio , natural de Sárria, nesta provincia , fillo de Luis e Manuela, presentado nesta Comisaría ás 5,45 horas de hoxe polos gardas Serxio Rancaño e Guillerme Blanco, por resistenza e insultos, debendo significarlle que a este individuo síguenselle sumario no Xulgado de Instrucción de Sárria pola posesión ilícita de armas no que foi declarado rebelde en oficio de 16 do actual e que está reclamado polo mesmo Xulgado de Sárria por homicidio frustrado nas persoas daquela localidade Victoriano( Victorino )Cabarcos e Pedro García Ares ( Arcas ) respectivamente.
O que lle traslado á V,S ,a fin de que co carácter de Xuiz Instructor proceda á formación da oportuna causa contra o expresado individuo; significándolle que se acha detido no Cuartel de San Fernando. Acúseme recibo.
O mesmo día 23 o Xuiz Instrutor eventual comunica que non se lle puido tomar declaración porque ao tratar de levala a cabo houbo coñecemento de que desaparecera do Cuartel no que estaba detido.
Lugo, 23 de xullo de 1936.
O Coronel Comandante Militar. Alberte Cas,
Sr. Capitán Xuiz Instructor D. Ricardo Areñas- Praza-
Ricardo Areñas Molíns, Capitán de Infantería do Centro de Mobilización e Reserva número quince, Xuiz Instrutor eventual nomeado para a tramitación desta causa, ten a honra de expoñer:
Que deron principio estas actuacións como consecuencia de orde desa Comandancia Militar e do actuado dedúcese: Segundo declaración dos Gardas que procederon á detención de Manuel Carrozas Varela, ao observar que o dito individuo facía ademán de colocar ou gardar unha arma na cintura, infundiulles sospeita e por iso requerírono para que identificara a súa persoa , contestándolles que non tiña por que, que era máis autoridade que eles, por ser o Xefe da Falanxe Española de Sárria e que os Gardas eran uns "merdas" ; polo que , se viron precisados e detelo. Estas declaracións figuran nos folios dous volto, 3 e volto; non podendo tomàrselle declaración ao encartado, porque ao pretender facelo non se encontraba no cuartel, lugar no que fora posto ao dispor deste Xulgado segundo consta de orde de proceder, e interesado máis tarde por oficio dirixido a esa Comandancia, segundo consta na súa providencia e o lugar no que se encontraba non se recibiu contestación ningunha.
Neste estado as actuacións, o Xuiz que a remite a VS para a resolución que estime oportuno e como consecuencia da súa orde de vinteseis de Xullo prósimo pasado,
Lugo, 1º de Agosto de 1936.- O Capitán Xuiz Instrutor. Ricardo Areñas.
Comentarios
Publicar un comentario