A PONTE VELLA DE VILAR DE SÁRRIA ( 1630 )
A PONTE VELLA DE VILAR DE SÁRRIA (1630 )
( Versión en galego dun documento do ano 1630 )
Na Fortaleza da Vila de Sárria a vinte e catro días do mes de xullo de mil seiscentos e trinta anos perante a Súa Mercé o Licenciado Francisco de Vega e Arteaga, Meiriño e Xustiza Maior do Marquesado e perante min escribán o dito Rodrigo Sánchez e Somoza , procurador xeral do susdito, para proba do seu pedimento presentou por testemuña a Bartolomeu Buelta de Teza, veciño da Vila, de quen recibiu xuramento e el fíxoo segiundo de dereito se require e prometeu de dicir verdade e absolvendo o xuramento
Di que sabía e que é verdade que esta Vila de Sárria ten ademais da Ponte Ribeira outras tres pontes, a unha que din a Ponte Vella , "que está no río da Sárria" , e a outra que dín do Mazadoiro e a outra que lle chaman da Áspera , que amabalasdúas están no río que se chama do Mazadoiro, que todas elas son moi necesarias para o trato e comerzo das persoas que pasan do Reino de Castela a Santiago, Cidade de Lugo, Vila de Monforte , Cidade de Ourense e outras partes e coa grande avenida que veu no pasado inverno esborralláronse e arruináronse a maior parte delas e se non se acode ao reparo antes de que entre o inverno non caerán de todo e non se volverán a facer con seis mil ducados e agora pódense arranxar con catrocentos e sabe tamén que esta dita Vila e o seu Concello non ten propios ningúns cos que recompoñer a ponte , porque só ten a portaxe que anda arrendada en cento cincuenta reais , e cando outra vez houbo necesidade de obrar na dita Ponte Vella, houbo que sacar e sacouse a cantidade de cincocentos Ducados a censo e vai pagando os réditos vencidos , e sábeo porque o ten visto como veciño que é da dita Vila.
E isto di ser a verdade e o que sabe e en todo se afirmou e ratificou e asinouno do seu nome, e é de idade de máis de cincuenta anos-
O Licenciado Vega.- Bartolomeu Buelta de Teza.- Perante mín , Simón Sánchez Somoza.
Comentarios
Publicar un comentario